BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Μέγεθος: px
Εμφάνιση ξεκινά από τη σελίδα:

Download "BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO"

Transcript

1 Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE 3630 Real decreto 190/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo. O Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo, ten por obxecto a ordenación do mercado de trigos españois por grupos e graos en función do uso industrial óptimo para cada trigo, así como das condicións de entrega e doutras variables das cales dependerá o rendemento industrial do gran. Pese á súa recente aprobación, cómpre introducir unha serie de modificacións no mencionado real decreto co fin de dar resposta a diversas cuestións técnicas que aconsellan a súa modificación. En primeiro lugar, e dado que o sector necesita dispor de métodos analíticos de referencia rápidos e fiables para determinar os valores dos parámetros indicativos de grupo e grao, modifícase a norma de calidade do trigo para permitir o uso, na determinación de certos parámetros indicativos de grupo e grao, de métodos baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR). En segundo lugar, e en vista da experiencia adquirida desde a entrada en vigor do citado real decreto, faise necesario modificar a clasificación en grupos dos trigos brandos. Co fin de facer menos estritos os criterios de clasificación en grupos, modifícanse os valores límite do parámetro que relaciona a tenacidade e extensibilidade dunha masa (P/L). En terceiro lugar, e tendo en conta que os operadores puxeron de manifesto a existencia, nalgúns casos, de dificultades para calcular o índice xeral de calidade (IXC) das mostras, procédese a eliminar o dito índice da clasificación en grupos para os trigos duros. Porén, para que os operadores poidan coñecer o valor teórico do IXC das variedades de trigo duro, substitúese o anexo II do Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, por un novo anexo que inclúe a clasificación das variedades de trigos duros en función do seu IXC. En cuarto lugar, para que os operadores poidan dispor dunha maior información, engádese a posibilidade de indicar opcionalmente para os trigos duros dos grupos 1 e 2, a continuación da categorización en grupos, se se trata dun trigo de «alta cor» ou de «alta calidade de glute» en función dos valores obtidos para estes parámetros. En quinto lugar, actualízase a clasificación teórica de variedades de trigos brandos en grupos, establecida no anexo I, co fin de incorporar as novas variedades ensaiadas e adecualo aos novos cambios introducidos na clasificación de trigos brandos. Finalmente, procédese a efectuar as oportunas rectificacións e correccións respecto a unha serie de erros que se advertiron no real decreto que se modifica. Entre elas, modifícase a Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva, para indicar correctamente o método que se deberá empregar para a determinación do glute. Na elaboración desta disposición foron consultadas as comunidades autónomas e as entidades representativas dos sectores afectados e emitiu informe favorable a Comisión Interministerial para a Ordenación Alimentaria (CIOA). Así mesmo, someteuse ao procedemento de información en materia de normas e regulamentacións técnicas e de regulamentos relativos aos servizos da sociedade da información, previstos na Directiva 98/34/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de xuño, así como no Real decreto

2 Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx /1999, do 31 de xullo, que incorpora a dita directiva ao ordenamento xurídico español. Na súa virtude, por proposta do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 15 de marzo de 2013, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo. O Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo, queda modificado como segue: Un. Modifícase o artigo 2 «Parámetros utilizados» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «a) «W»: forza panadeira. b) «P»: tenacidade. c) «L»: extensibilidade. d) «IXC»: índice xeral de calidade. e) «Pr»: contido de proteínas. f) «IG»: índice de glute. g) «IC»: índice de amarelo. h) «Pe»: peso específico.» Dous. Engádese un número 4 ao artigo 4 «Nomenclatura normalizada na clasificación de trigos» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «4. Opcionalmente poderase indicar, para os trigos duros dos grupos 1 e 2, a continuación da categorización en grupos, se se trata dun trigo de «alta cor» ou de «alta calidade de glute» en función dos valores dos parámetros recollidos na seguinte táboa: PARÁMETROS Alta calidade de glute... IG 75 Alta cor... IC 19 ou contido β-carotenos 8 ppm» Tres. Modifícase a táboa de clasificación dos trigos brandos en grupos, do artigo 6 «Grupos e graos establecidos para os trigos brandos» da norma de calidade do trigo, que queda redactada como segue: «PARÁMETROS Proteína W P/L Índice de caída (segundos) Degradación proteolítica Grupo ,8 250 < W < 300 1,5 250 < W < < 15 4 > 10 < 100 0,6 5 O resto.»

3 Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 3 Catro. Modifícase a táboa de clasificación dos trigos duros en grupos, do artigo 7 «Grupos e graos establecidos para os trigos duros» da norma de calidade do trigo, que queda redactada como segue: «PARÁMETROS Proteína Peso específico (kg/hl) Vitrosidade Grupo > > > 60 4 O resto.» Cinco. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «Para determinar os valores dos parámetros indicativos de grupo e grao utilizarase, cando proceda, a última actualización das normas polas que se establecen os seguintes métodos analíticos de referencia:» Seis. Modifícase a letra b) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «b) Proteína: o método de referencia será o establecido no punto 4 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. O resultado expresarase en porcentaxe sobre materia seca. Poderán, así mesmo, utilizarse outros métodos equivalentes ou baseados en tecnoloxía de infravermellos (NIR), ben que, en caso de litixio, prevalecerá o método de referencia.» Sete. Modifícase a letra e) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «e) Peso específico: o método de referencia será o UNE-EN ISO «Cereais. Determinación da densidade volumétrica, denominada masa por hectolitro. Parte 3: método de rutina». Poderanse utilizar outros métodos equivalentes ou métodos baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR), pero en caso de litixio prevalecerá o método de referencia.» Oito. Modifícase a letra f) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «f) Humidade: o método de referencia será o establecido no punto 2 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. Poderanse utilizar outros métodos equivalentes ou baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR), pero en caso de litixio prevalecerá o método de referencia.» Nove. A letra i) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo substitúese pola seguinte: «i) Calidade de glute: para a súa determinación utilizarase o índice de glute. O método de referencia para o cálculo do contido de glute será o establecido no punto 12 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados. O resultado obtido expresarase como índice de glute.»

4 Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 4 Dez. Engádese unha letra m) ao artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo: «m) Índice de amarelo: o método de referencia será o establecido na norma UNE-CEN/TS 15465:2009 EX.» Once. Engádese unha letra n) ao artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo: «n) Contido de β-carotenos: o método de referencia será o establecido na norma UNE-EN ISO «Fariñas e sémolas de trigo duro. Determinación do contido de pigmento amarelo».» Doce. O anexo I da norma de calidade do trigo substitúese polo seguinte: «ANEXO I Clasificación teórica (*) de variedades de trigos brandos GRUPO VARIEDADE 1 Alabanza, Babui, Badiel, Bitacora, Bologna, Cajeme 71, Califa Sur, Catedral, Crespon, Estero, Farak, Galera, Gazul, Greina, Jerezano, Patanegra, Perico, Pinzon, Sensas, Siena, Vejer, Yecora e Zarco. 2 Abate, Alcala, Anapo, Antequera, Atomo, Atrevido, Aubusson, Aviso, Azuaga, Balneo, Bancal, Calden, Carles, CCB Ingenio, Cezanne, Chambo, Conil, Ecija, Escacena, Farmeur, Galeon, Granota, Guadalupe, Guru, Idalgo, Illico, Indor, Inoui, Kalango, Mane Nick, Mapeña, Matanza, Mecano, Nogal, Palesio, Pan Regio, Provinciale, Sogood, Soissons, Starpan, Subtil, Tejada e Tejon Nick. 3 Abderraman, Acienda, Adagio, Aguila, Altria, Andalou, Andelos, Anforeta, Anza, Apache, Artur Nick, Astral, Atilio, Avelino, Bandera, Bastide, Berdun, Bokaro, Botticelli, Bramante, Buenno, Callobre, Camargo, Caramba, Cartaya, CCB Legion, Chatelet, Equilibre, Etecho, Exotic, Gades, Galpino, Garcia, Innov, Isengrain, Kumberri, Kuneo, Lubrican, Manda, Masaccio, Onan, Osado, Peñalon, Pistolero, Platero, Plethore, Raffy, Rodrigo, Sarina, Scaleo, Terron, Trebujena e Trocadero. 4 Chamorro, Craklin, Marius, Odiel e Paledor. Sen asignación (**) Abental, Academie, Aerobic, Ambos, Amiro, Andino, Aragon03, Arezzo, Asteroide, Baner, Betres, Bolero, Brigio, Campeador, Charger, Cortex, Crousty, Dollar, Escualo, Esperia, Fiel, Fiorenzo, Fiuza, Hekto, Horzal, Kilopondio, Maltus, Manal, Montcada, Mv Emese, Mv Suba, Negev, Negrillo, Ombu, Ovalo, Pane247, Premio, PR22R58, Resulton, Rudo, Salama, Santoyo, Serio, Sollario, Taber, Tigre, Torero, Trapio, Tremie, Tribel, Trimax e Valbona. (*) Trátase dunha clasificación teórica. A clasificación final dunha variedade poderá diferir da reflectida na táboa pola influencia que teñen o ambiente e as prácticas agronómicas sobre os parámetros de calidade. (**) Non existen datos para a asignación ou non cumpren os requisitos dos grupos anteriores.»

5 Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 5 Trece. O anexo II da norma de calidade do trigo substitúese polo seguinte: «ANEXO II Clasificación teórica (*) das variedades de trigos duros en función do seu IXC IXC (**) VARIEDADE IXC 105 Canciller, Carpio, Cimbel, Aceres, Don Isidoro, Levante, Don Oro, Duramonte, Don Sebastian, Cannizzo, Sculptur, Catervo, Don Jaime, Averroes, Ayllon, Catasta, Ducados, Don Jose, Don Rafael, Calero, Concadoro, Saragolla, Athoris, Burgos, Latinur, Vitrosol, Pedroso, Claudio, Glucodur, Grecale, Boniduro, Don Valentin, Gigadur, Vítrico, Imhotep, Duilio, Boabdil, Alacon, Bolo, Ciccio, Aliron, Euroduro e Simeto. 100 IXC < 105 Bronte, Antología, Don Francisco, Ariesol, Don Javier, Italo, Quijano, Don Juan, Ancalei, Vivadur, Bolido, Alfaro, Ismur, Debano, Molino, Astrodur, Estopa, Duroi, Ramirez, Core, Colosseo, Taranto, Asdrubal, Maestrale, Garrido, Serafo Nick, Vitromax, Moncayo, Amilcar, Regallo, Semolero, Mimmo, Prospero, Khandur, Kiko Nick e Beldur. 98 IXC < 100 Calcas, Carioca, Ginseng, Pladur, Avispa, Don Pedro, Iride, Pelayo, Donduro, Durbel, Mexa, Vitronero, Don Ricardo, Nefer, Hispasano, Licinius, Durcal, Krucial, Seneca, Canyon, Gallatera, Durtres, Guallardo, Severo, Mellaria, Lusodur, Dorondon, Solea, Sula, Arcobaleno, Roqueño e Vitron. (*) Trátase dunha clasificación teórica. O IXC dunha mostra poderá diferir dos valores reflectidos na táboa. (**) O IXC calculouse como porcentaxe da media do «IXC» para as variedades testemuña (Amilcar, Avispa, Gallareta e Simeto) igualada a 100 e resultante de efectuar a seguinte operación: (Pr x 40%) + (IG x 30%) + (IC x 20%) + (Pe x 10%).» Disposición derradeira primeira. Modificación da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. O anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva, queda modificado do seguinte modo: «O método establecido no seu número 12 «Glute» substitúese polo descrito na norma UNE-EN ISO «Trigo e fariña de trigo. Contido de glute. Parte 2: determinación de glute húmido por medios mecánicos».» Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día 1 de xullo de Dado en Madrid o 15 de marzo de JUAN CARLOS R. O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, MIGUEL ARIAS CAÑETE BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/ ISSN: X

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS EXERCICIOS DE REFORZO RECTAS E PLANOS Dada a recta r z a) Determna a ecuacón mplícta do plano π que pasa polo punto P(,, ) e é perpendcular a r Calcula o punto de nterseccón de r a π b) Calcula o punto

Διαβάστε περισσότερα

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Tema: Enerxía 01/0/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Nome: 1. Unha caixa de 150 kg descende dende o repouso por un plano inclinado por acción do seu peso. Se a compoñente tanxencial do peso é de 735

Διαβάστε περισσότερα

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral, Tema 3. Espazos métricos Topoloxía Xeral, 2017-18 Índice Métricas en R n Métricas no espazo de funcións Bólas e relacións métricas Definición Unha métrica nun conxunto M é unha aplicación d con valores

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 304 Sábado 17 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA E PARA AS ADMINISTRACIÓNS TERRITORIAIS 11952 Real decreto 678/2016,

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 215 Sábado 4 de setembro de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 13704 Real decreto 1088/2010, do 3 de setembro, polo

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 010 MATEMÁTICAS II Código: 6 (O alumno/a deber responder só aos eercicios dunha das opcións. Punuación máima dos eercicios de cada opción: eercicio 1= 3 punos, eercicio = 3 punos, eercicio 3 =

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II Código: 26 (O alumno/a debe responder só os exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O? EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS Representa en R os puntos S(2, 2, 2) e T(,, ) 2 Debuxa os puntos M (, 0, 0), M 2 (0,, 0) e M (0, 0, ) e logo traza o vector OM sendo M(,, ) Cal é o vector de

Διαβάστε περισσότερα

Un. O artigo único queda modificado no sentido de engadir un apartado 3 1

Un. O artigo único queda modificado no sentido de engadir un apartado 3 1 ORDE DE XXX DE XXX DE 2015 POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DO 11 DE ABRIL DE 1997, POLA QUE SE DETERMINAN OS CRITERIOS A SEGUIR POLAS CÁMARAS OFICIAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Διαβάστε περισσότερα

Resorte: estudio estático e dinámico.

Resorte: estudio estático e dinámico. ESTUDIO DO RESORTE (MÉTODOS ESTÁTICO E DINÁMICO ) 1 Resorte: estudio estático e dinámico. 1. INTRODUCCIÓN TEÓRICA. (No libro).. OBXECTIVOS. (No libro). 3. MATERIAL. (No libro). 4. PROCEDEMENTO. A. MÉTODO

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 139 Luns 9 de xuño de 2014 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E TURISMO 6084 Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 309 Xoves 26 de decembro de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS XEFATURA DO ESTADO 13617 Lei 23/2013, do 23 de decembro, reguladora do factor de sustentabilidade

Διαβάστε περισσότερα

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Procedementos operatorios de unións non soldadas Procedementos operatorios de unións non soldadas Técnicas de montaxe de instalacións Ciclo medio de montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas 1 de 28 Técnicas de roscado Unha rosca é unha hélice

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a Física P.A.U. ELECTOMAGNETISMO 1 ELECTOMAGNETISMO INTODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. Calcúlase a resultante polo principio de superposición. Aplícase a 2ª lei

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Martes 31 de marzo de 2015 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS XEFATURA DO ESTADO 3443 Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española. FELIPE

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 294 Martes 6 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE 11577 Real decreto 597/2016,

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA Maemáicas II EXERCICIOS DE ÁLXEBRA PAU GALICIA a) (Xuño ) Propiedades do produo de marices (só enuncialas) b) (Xuño ) Sexan M e N M + I, onde I denoa a mariz idenidade de orde n, calcule N e M 3 Son M

Διαβάστε περισσότερα

Α Π Ο Φ Α Σ Η Η ΥΠΟΥΡΓΟΣ ΑΓΡΟΤΙΚΗΣ ΑΝΑΠΤΥΞΗΣ & ΤΡΟΦΙΜΩΝ

Α Π Ο Φ Α Σ Η Η ΥΠΟΥΡΓΟΣ ΑΓΡΟΤΙΚΗΣ ΑΝΑΠΤΥΞΗΣ & ΤΡΟΦΙΜΩΝ ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ΥΠΟΥΡΓΕΙΟ ΑΓΡΟΤΙΚΗΣ ΑΝΑΠΤΥΞΗΣ & ΤΡΟΦΙΜΩΝ ΓENΙΚΗ /ΝΣΗ ΦΥΤ. ΠΑΡΑΓΩΓΗΣ /ΝΣΗ ΠΑΠ ΦΜΚ Τµήµα ηµητριακών Αρµόδιος: Άννα Φουλίδη Τηλ.: 210-2125107 Αθήνα, 13 /05/2010 Αριθ. Πρωτ.: 40835 ΘΕΜΑ

Διαβάστε περισσότερα

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016 Tema 1. Espazos topolóxicos Topoloxía Xeral, 2016 Topoloxía e Espazo topolóxico Índice Topoloxía e Espazo topolóxico Exemplos de topoloxías Conxuntos pechados Topoloxías definidas por conxuntos pechados:

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS PROBLEMAS M.H.S.. 1. Dun resorte elástico de constante k = 500 N m -1 colga unha masa puntual de 5 kg. Estando o conxunto en equilibrio, desprázase

Διαβάστε περισσότερα

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente - Concordar En términos generales, coincido con X por Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Uno tiende a concordar con X ya Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Comprendo

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II PAU Código: 6 XUÑO 01 MATEMÁTICAS II (Responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio = 3 puntos, exercicio 3= puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 238 Sábado 1 de outubro de 2016 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE ECONOMÍA E COMPETITIVIDADE 8967 Orde ECC/1556/2016, do 28 de setembro, pola que se

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Martes 8 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 4292 Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, pola que

Διαβάστε περισσότερα

Informe de Intercomparación do equipo automático de PM2,5 co método gravimétrico en aire ambiente en A Coruña no 2014 LMAG

Informe de Intercomparación do equipo automático de PM2,5 co método gravimétrico en aire ambiente en A Coruña no 2014 LMAG Informe de Intercomparación do equipo automático de PM2,5 co método gravimétrico en aire ambiente en A Coruña no 2014 LMAG Este informe foi realizado polo equipo de Calidade do Aire do Laboratorio de Medio

Διαβάστε περισσότερα

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: CÁLCULO DIFERENCIAL. Deriva: a) y 7 6 + 5, b) y e, c) y e) y 7 ( 5 ), f) y ln, d) y ( 5 5 + 7) 8 n e ln, g) y, h) y n. Usando a derivada da función inversa, demostra que: a)

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 79 Xoves 1 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN 5296 Real decreto 404/2010, do 31 de marzo, polo que se regula

Διαβάστε περισσότερα

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO Suplemento núm. 13 Luns 2 outubro 2006 1777 Disposición adicional quinta. Tarifas específicas de subministración eléctrica de regas agrícolas. Malia o disposto na disposición transitoria única do Real

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. 2. Dada a ecuación lineal 2x 3y + 4z = 2, comproba que as ternas (3, 2, 2

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. 2. Dada a ecuación lineal 2x 3y + 4z = 2, comproba que as ternas (3, 2, 2 EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS Dds s ecucións seguintes indic s que son lineis: ) + + b) + u c) + d) + Dd ecución linel + comprob que s terns ( ) e ( ) son lgunhs ds sús solucións

Διαβάστε περισσότερα

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 3082 Martes 23 outubro 2007 Suplemento núm 26 HAC/3626/2003, do 23 de decembro, polos que se recollen no anexo XI da presente orde Disposición derradeira décimo segunda Entrada en vigor Esta orde entrará

Διαβάστε περισσότερα

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA ESTUDO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO PLAN PARCIAL S-34-R FALCOA CONCELLO DE VIGO OUTUBRO 2012 20079P002R0 [índice] [1] INTRODUCIÓN...

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS INTRODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: a) Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. b) Calcúlase cada forza. c) Calcúlase a resultante polo principio

Διαβάστε περισσότερα

Proxecto Financiado con Fondos FEDER

Proxecto Financiado con Fondos FEDER INFORME DA ASISTENCIA TÉCNICA: ESTUDO DE INTERCALIBRACIÓNS DE EQUIPOS DE PARTICULAS DA REDE DE CALIDADE DO AIRE DE GALICIA NA ZONA SUR/EIXO ATLÁNTICO DE GALICIA Proxecto Financiado con Fondos FEDER Este

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 182 Venres 29 de xullo de 2016 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 7303 Real decreto 299/2016, do 22 de xullo, sobre a protección da saúde

Διαβάστε περισσότερα

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS Química P.A.U. ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS CUESTIÓNS NÚMEROS CUÁNTICOS. a) Indique o significado dos números cuánticos

Διαβάστε περισσότερα

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 9 1. Formato da proba Formato proba constará de vinte cuestións tipo test. s cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.5

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. ) Clul os posiles vlores de,, pr que triz A verifique relión (A I), sendo I triz identidde de orde e triz nul de orde. ) Cl é soluión dun siste hooéneo

Διαβάστε περισσότερα

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO VII. RETS E PLNOS NO ESPZO.- Ecuacións da recta Unha recta r no espao queda determinada por un punto, punto base, e un vector v non nulo que se chama vector director ou direccional da recta; r, v é a determinación

Διαβάστε περισσότερα

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes 1.- Distancia entre dous puntos Se A e B son dous puntos do espazo, defínese a distancia entre A e B como o módulo

Διαβάστε περισσότερα

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2 36 ELECTROTECNIA O exame consta de dez problemas, debendo o alumno elixir catro, un de cada bloque. Non é necesario elixir a mesma opción (A ou B ) de cada bloque. Todos os problemas puntúan igual, é dicir,

Διαβάστε περισσότερα

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES PROBLEMAS ÁCIDO/BASE DÉBIL 1. Unha disolución de amonuíaco de concentración 0,01 mol/dm³ está ionizada nun 4,2 %. a) Escribe a reacción de disociación e calcula

Διαβάστε περισσότερα

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos) 21 MATEMÁTICAS (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 Dada a matriz a) Calcula os valores do parámetro m para os que A ten inversa.

Διαβάστε περισσότερα

Sistemas e Inecuacións

Sistemas e Inecuacións Sistemas e Inecuacións 1. Introdución 2. Sistemas lineais 2.1 Resolución gráfica 2.2 Resolución alxébrica 3. Método de Gauss 4. Sistemas de ecuacións non lineais 5. Inecuacións 5.1 Inecuacións de 1º e

Διαβάστε περισσότερα

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos) 1 MATEMÁTICAS (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos) Opción 1. Dada a matriz a) Calcula os valores do parámetro m para os

Διαβάστε περισσότερα

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos VIII. ESPZO EULÍDEO TRIDIMENSIONL: Áglos perpediclaridade de rectas e plaos.- Áglo qe forma dúas rectas O áglo de dúas rectas qe se corta se defie como o meor dos áglos qe forma o plao qe determia. O áglo

Διαβάστε περισσότερα

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico. Polinomios Contidos 1. Monomios e polinomios Expresións alxébricas Expresión en coeficientes Valor numérico dun polinomio 2. Operacións Suma e diferenza Produto Factor común 3. Identidades notables Suma

Διαβάστε περισσότερα

Monetaria e a transición ó euro afectan ó contido do Este real decreto díctase ó abeiro da autorización

Monetaria e a transición ó euro afectan ó contido do Este real decreto díctase ó abeiro da autorización 518 Luns 1 abril 2002 Suplemento núm. 4 culturais que saísen de forma ilegal do territorio dun Estado membro da Unión Europea. Posteriormente, a Lei 18/1998, do 15 de xuño, modificou aqueloutra co obxecto

Διαβάστε περισσότερα

Expresións alxébricas

Expresións alxébricas Expresións alxébricas Contidos 1. Expresións alxébricas Que son? Como as obtemos? Valor numérico 2. Monomios Que son? Sumar e restar Multiplicar 3. Polinomios Que son? Sumar e restar Multiplicar por un

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II Código: 26 (O alumno/a debe responder só os exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21 PRIMEIRA PARTE (Parte Común) (Nesta primeira parte tódolos alumnos deben responder a tres preguntas. Unha soa pregunta de cada un dos tres bloques temáticos: Álxebra Lineal, Xeometría e Análise. A puntuación

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 010 MATEMÁTICAS II Código: 6 (O alumno/a deber responder só aos eercicios dunha das opcións. Puntuación máima dos eercicios de cada opción: eercicio 1= 3 puntos, eercicio = 3 puntos, eercicio

Διαβάστε περισσότερα

Campaña de análise de Metais en aire ambiente no 2017

Campaña de análise de Metais en aire ambiente no 2017 Campaña de análise de Metais en aire ambiente no 2017 Pb Cd Ni As Este informe foi realizado pola Rede de Calidade do Aire de Galicia cos datos proporcionados polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia,

Διαβάστε περισσότερα

Expresións alxébricas

Expresións alxébricas 5 Expresións alxébricas Obxectivos Crear expresións alxébricas a partir dun enunciado. Atopar o valor numérico dunha expresión alxébrica. Clasificar unha expresión alxébrica como monomio, binomio,... polinomio.

Διαβάστε περισσότερα

ELECTROTECNIA. BLOQUE 3: MEDIDAS NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS (Elixir A ou B)

ELECTROTECNIA. BLOQUE 3: MEDIDAS NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS (Elixir A ou B) 36 ELECTROTECNIA O exame consta de dez problemas, debendo o alumno elixir catro, un de cada bloque. Non é necesario elixir a mesma opción (A o B ) de cada bloque. Todos os problemas puntúan do mesmo xeito,

Διαβάστε περισσότερα

S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN. 260 280 260/280 ng/µl

S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN. 260 280 260/280 ng/µl CUANTIFICACIÖN 26/VI/2013 S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA - ESPECTROFOTÓMETRO: Cuantificación da concentración do ADN extraido. Medimos a absorbancia a dúas lonxitudes

Διαβάστε περισσότερα

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 18 Xoves 21 de xaneiro de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 927 Real decreto 2032/2009, do 30 de decembro, polo

Διαβάστε περισσότερα

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN PROBLEMAS 1. A luz do Sol tarda 5 10² s en chegar á Terra e 2,6 10³ s en chegar a Xúpiter. a) O período de Xúpiter orbitando arredor do Sol. b) A velocidade orbital

Διαβάστε περισσότερα

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS PAAU (LOXSE) XUÑO 005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS Código: 61 O alumno debe resolver só un exercicio de cada un dos tres bloques temáticos. Puntuación máxima de cada un dos exercicios: Álxebra

Διαβάστε περισσότερα

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior. ABAU CONVOCAT ORIA DE SET EMBRO Ano 2018 CRIT ERIOS DE AVALI ACIÓN FÍSICA (Cód. 23) Elixir e desenvolver unha das dúas opcións. As solución numéricas non acompañadas de unidades ou con unidades incorrectas...

Διαβάστε περισσότερα

Problemas resueltos del teorema de Bolzano

Problemas resueltos del teorema de Bolzano Problemas resueltos del teorema de Bolzano 1 S e a la fun ción: S e puede af irm a r que f (x) está acotada en el interva lo [1, 4 ]? P or no se r c ont i nua f (x ) e n x = 1, la f unció n no e s c ont

Διαβάστε περισσότερα

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais CADERNO Nº NOME: DATA: / / Os números reais Contidos. Os números reais Números irracionais Números reais Aproximacións Representación gráfica Valor absoluto Intervalos. Radicais Forma exponencial Radicais

Διαβάστε περισσότερα

XUÑO 2018 MATEMÁTICAS II

XUÑO 2018 MATEMÁTICAS II Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso áuniversidade XUÑO 218 Código: 2 MATEMÁTICAS II (Responde só os exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio

Διαβάστε περισσότερα

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema) Exame tipo A. Proba obxectiva (Valoración: 3 puntos) 1. - Un disco de 10 cm de raio xira cunha velocidade angular de 45 revolucións por minuto. A velocidade lineal dos puntos da periferia do disco será:

Διαβάστε περισσότερα

Resolución R 5/2014 Prezo do visado do proxecto de edificación

Resolución R 5/2014 Prezo do visado do proxecto de edificación Resolución R 5/2014 Prezo do visado do proxecto de edificación Pleno: D. Francisco Hernández Rodríguez, presidente D. Fernando Cachafeiro García, vocal En Santiago de Compostela, a 11 de setembro de 2014.

Διαβάστε περισσότερα

Ámbito científico tecnolóxico. Estatística. Unidade didáctica 4. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Ámbito científico tecnolóxico. Estatística. Unidade didáctica 4. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial Educación secundaria para persoas adultas Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial Módulo 3 Unidade didáctica 4 Estatística Índice 1.1 Descrición da unidade didáctica... 3 1.

Διαβάστε περισσότερα

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 61 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS O alumno debe resolver só un exercicio de cada un dos tres bloques temáticos Puntuación máxima de cada un dos exercicios: Álxebra 3 puntos; Análise 3,5 puntos;

Διαβάστε περισσότερα

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa TRIGONOMETRIA. Calcular las razones trigonométricas de 0º, º y 60º. Para calcular las razones trigonométricas de º, nos ayudamos de un triángulo rectángulo isósceles como el de la figura. cateto opuesto

Διαβάστε περισσότερα

Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico

Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico 1 Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico Carmen Rodríguez Iglesias Departamento de Matemática Aplicada Facultade de Matemáticas Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra

Διαβάστε περισσότερα

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E CONFIRMACIÓN Mª Luisa Barreal López_Directora Técnica LIGAL

Διαβάστε περισσότερα

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11267 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DECRETO 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu

Διαβάστε περισσότερα

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::... Eletromagnetismo Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística Lista -.1 - Mostrar que a seguinte medida é invariante d 3 p p 0 onde: p 0 p + m (1)

Διαβάστε περισσότερα

4.4.- Documentación de formalización. 5.- Execución do contrato Comprobación da implantación Programa de traballo 5.3.

4.4.- Documentación de formalización. 5.- Execución do contrato Comprobación da implantación Programa de traballo 5.3. PREGO MODELO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATOS DE OBRAS, SEN ADMISIÓN DE VARIANTES, E ESIXENCIA DE CLASIFICACIÓN

Διαβάστε περισσότερα

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico Problemas 1. Dúas cargas eléctricas de 3 mc están situadas en A(4,0) e B( 4,0) (en metros). Caalcula: a) o campo eléctrico en C(0,5) e en D(0,0) b) o potencial

Διαβάστε περισσότερα

SATÉLITES TERRESTRES E AS SÚAS ÓRBITAS OBXECTIVOS

SATÉLITES TERRESTRES E AS SÚAS ÓRBITAS OBXECTIVOS SATÉLITES TERRESTRES E AS SÚAS ÓRBITAS OBXECTIVOS Aplicar as ecuacións básicas para determinar algúns dos parámetros orbitais dun satélite. Coñecer os diferentes tipos de satélites terrestres en función

Διαβάστε περισσότερα

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo. Estatística Contidos 1. Facer estatística Necesidade Poboación e mostra Variables 2. Reconto e gráficos Reconto de datos Gráficos Agrupación de datos en intervalos 3. Medidas de centralización e posición

Διαβάστε περισσότερα

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 61 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS O alumno debe resolver só un exercicio de cada un dos tres bloques temáticos. BLOQUE DE ÁLXEBRA (Puntuación máxima 3 puntos) 1 0 0 1-1 -1 Sexan as matrices

Διαβάστε περισσότερα

Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA

Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA PROBLEMAS TERMOQUÍMICA 1. O nafaleno (C₁₀H₈) é un composto aromático sólido que se vende para combater a traza. A combustión completa deste composto para producir

Διαβάστε περισσότερα

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos V. PROBABILIDADE E ESTATÍSTICA 1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos 1 Experimento aleatorio. Concepto e exemplos Experimentos aleatorios son aqueles que ao repetilos nas mesmas condicións

Διαβάστε περισσότερα

Balance Enerxético de Galicia, 2006 BALANCE ENERXÉTICO

Balance Enerxético de Galicia, 2006 BALANCE ENERXÉTICO BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2006 1 ÍNDICE 1. Introdución 2. Metodoloxía 3. Diagrama de fluxos enerxéticos 4. Enerxía primaria galega 5. Enerxía primaria importada 6. Enerxía primaria total 7. Transformación

Διαβάστε περισσότερα

DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx

DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49305 I. Disposicións xerais Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio DECRETO 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento

Διαβάστε περισσότερα

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz: NÚMEROS COMPLEXOS Páxina 7 REFLEXIONA E RESOLVE Extraer fóra da raíz Saca fóra da raíz: a) b) 00 a) b) 00 0 Potencias de Calcula as sucesivas potencias de : a) ( ) ( ) ( ) b) ( ) c) ( ) 5 a) ( ) ( ) (

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2012 FÍSICA

PAU XUÑO 2012 FÍSICA PAU XUÑO 2012 Código: 25 FÍSICA Puntuación máxima: Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica) Problemas 6 puntos (1 cada apartado) Non se valorará a simple anotación dun ítem como solución

Διαβάστε περισσότερα

DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx

DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39441 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia

Διαβάστε περισσότερα

CADRO RESUMO DE CARACTERÍSTICAS OBXECTO NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN...

CADRO RESUMO DE CARACTERÍSTICAS OBXECTO NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN... PLIEGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ O SERVIZO DE VIXILANCIA E CONTROL AMBIENTAL DO VERTEDOIRO DE AREOSA E DAS PLANTAS DE TRANSFERENCIA DE RU DE SOGAMA, A ADXUDICAR POR PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO,

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II PAU XUÑO 2013 Código: 36 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II (O alumno/a debe responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1 = 3 puntos,

Διαβάστε περισσότερα

PAAU (LOXSE) Xuño 2006

PAAU (LOXSE) Xuño 2006 PAAU (LOXSE) Xuño 006 Código: FÍSICA Elixir e desenvolver unha das dúas opcións propostas. Puntuación máxima: Problemas 6 puntos (1,5 cada apartado). Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica).

Διαβάστε περισσότερα

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato Estrutura atómica 2 1

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato Estrutura atómica 2 1 As leis ponderais e volumétricas, estudadas no anterior tema, analizadas á luz da teoría atómica que hoxe manexamos resultan ser unha consecuencia lóxica da mesma, pero non debemos esquecer que historicamente

Διαβάστε περισσότερα

ÍNDICE. 1. Introdución Metodoloxía Diagrama de fluxos enerxéticos Enerxía primaria galega... 10

ÍNDICE. 1. Introdución Metodoloxía Diagrama de fluxos enerxéticos Enerxía primaria galega... 10 00 ÍNDICE 1. Introdución.................... 5 2. Metodoloxía................... 7 3. Diagrama de fluxos enerxéticos..... 8 4. Enerxía primaria galega.......... 10 5. Enerxía primaria importada........

Διαβάστε περισσότερα

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo. XEOMETRÍA NO ESPAZO Vectores fixos Dos puntos do espazo, A e B, determinan o vector fixo AB, sendo o punto A a orixe e o punto B o extremo, é dicir, un vector no espazo é calquera segmento orientado que

Διαβάστε περισσότερα

Inecuacións. Obxectivos

Inecuacións. Obxectivos 5 Inecuacións Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Resolver inecuacións de primeiro e segundo grao cunha incógnita. Resolver sistemas de ecuacións cunha incógnita. Resolver de forma gráfica inecuacións

Διαβάστε περισσότερα

Balance Enerxético de Galicia, 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012

Balance Enerxético de Galicia, 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012 febreiro 2014 1 ÍNDICE 1. Introdución 2. Metodoloxía 3. Diagrama de fluxos enerxéticos 4. Enerxía primaria galega 5. Enerxía primaria importada 6. Enerxía primaria total

Διαβάστε περισσότερα

DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx

DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx. 26885 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia

Διαβάστε περισσότερα

MINISTERIO DE FOMENTO

MINISTERIO DE FOMENTO 1822 Venres 1 outubro 2004 Suplemento núm. 11 disposicións necesarias e establecerán os prazos para a execución do establecido neste real decreto lei. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Διαβάστε περισσότερα

Atlas de ondas. de Galicia

Atlas de ondas. de Galicia Atlas de ondas de Galicia Edita: XUNTA DE GALICIA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MeteoGalicia, Área de predición numérica) Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) Ano: 2009

Διαβάστε περισσότερα

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel Tema 5 Reflexión e refracción Coeficientes de Fresnel 51 Introdución Cando a luz incide sobre a superficie de separación de dous medios transparentes de índice de refracción diferente, unha parte entra

Διαβάστε περισσότερα

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 8 1. Formato da proba Formato A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.50

Διαβάστε περισσότερα

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 8 1. Formato da proba Formato A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.50

Διαβάστε περισσότερα

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE MATEMÁTICA II 06 Exames e Textos de Matemática de Pepe Sacau ten unha licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 40 Internacional

Διαβάστε περισσότερα

ΕΦΗΜΕΡΙΣ ΤΗΣ ΚΥΒΕΡΝΗΣΕΩΣ

ΕΦΗΜΕΡΙΣ ΤΗΣ ΚΥΒΕΡΝΗΣΕΩΣ 23915 ΕΦΗΜΕΡΙΣ ΤΗΣ ΚΥΒΕΡΝΗΣΕΩΣ ΤΗΣ ΕΛΛΗΝΙΚΗΣ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑΣ ΤΕΥΧΟΣ ΔΕΥΤΕΡΟ Αρ. Φύλλου 1740 13 Δεκεμβρίου 2005 ΑΠΟΦΑΣΕΙΣ Αριθμ. 65918 Συμπληρωματικά μέτρα εφαρμογής του καθεστώτος της ειδικής πριμοδότησης

Διαβάστε περισσότερα

FÍSICA. 2.- Cando se bombardea nitróxeno 14 7 N con partículas alfa xérase o isótopo 17 8O e outras partículas. A

FÍSICA. 2.- Cando se bombardea nitróxeno 14 7 N con partículas alfa xérase o isótopo 17 8O e outras partículas. A 22 FÍSICA Elixir e desenvolver unha das dúas opcións propostas. Puntuación máxima: Problemas 6 puntos (1,5 cada apartado). Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica). Non se valorará a simple

Διαβάστε περισσότερα