INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.17 Área Funcional de Ribadeo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

Σχετικά έγγραφα
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.14 Área Funcional de Sanxenxo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.10 Área Funcional de Burela. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.15 Área Funcional de Verín. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.11 Área Funcional de Lalín. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.13 Área Funcional de Monforte. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.7 Área Funcional de Lugo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.4 Área Funcional de Santiago de Compostela. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.2 Área Funcional de A Coruña. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Procedementos operatorios de unións non soldadas

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.3 Área Funcional de Ourense. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ANÁLISE DO SECTOR DO TRANSPORTE E DA LOXÍSTICA

Plan Estratéxico Zonal do Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

POBREZA E CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL. A pobreza e a súa medición: renda, prezos e desigualdade

Resorte: estudio estático e dinámico.

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

INFORME SOSTIBILIDADE AMBIENTAL

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Análise da cadea forestal-madeira

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VILAR DE SANTOS. Documento para aprobación inicial

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA EN GALICIA: EFECTOS SOBRE A XERACIÓN DE EMPREGO

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

Funcións e gráficas. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Funcións páx. 4 Concepto Táboas e gráficas Dominio e percorrido

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

Inecuacións. Obxectivos

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Funcións e gráficas. Obxectivos. 1.Funcións reais páx. 4 Concepto de función Gráfico dunha función Dominio e percorrido Funcións definidas a anacos

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

0 ANTECEDENTES E ÁMBITO DE INFLUENZA DO PROXECTO SECTORIAL ANÁLISE OBXECTIVA DO ENTORNO DEFINICIÓN DE OBXECTIVOS...

Atlas de ondas. de Galicia

Balance Enerxético de Galicia, 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

Sistemas e Inecuacións

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

a) Calcula m de modo que o produto escalar de a( 3, 2 ) e b( m, 5 ) sexa igual a 5. ( )

Lexislación e Territorio

Balance Enerxético de Galicia, 2006 BALANCE ENERXÉTICO

Exercicios de Física 04. Óptica

ÍNDICE. 1. Introdución Metodoloxía Diagrama de fluxos enerxéticos Enerxía primaria galega... 10

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

Exercicios de Física 01. Gravitación

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARES (A CORUÑA)

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Catálogodegrandespotencias

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

A SITUACIÓN DAS MULLERES NO ÁMBITO RURAL GALEGO

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

DELIMITACIÓN DAS ÁREAS METROPOLITANAS FUNCIONAIS DA CORUÑA E VIGO

MEDIDAS EXPERIMENTAIS DE DIVERSOS CAMPOS MAGNÉTICOS Xosé Peleteiro Salgado Área de Física Aplicada. Facultade de Ciencias. Ourense

Nro. 01 Septiembre de 2011

A circunferencia e o círculo

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

4. TRATAMENTO ANAEROBIO DE AUGAS RESIDUAIS URBANAS EN PLANTA PILOTO

Proxecto INFORME ECONÓMICO E FINANCEIRO. Informe económico e financieiro

Proxecto INFORME ECONÓMICO E FINANCEIRO. Informe económico e financieiro

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DE GALICIA 2004

ESTEREOTIPOS, ACTITUDES SEXISTAS E VIOLENCIA DE XÉNERO

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

Balance Enerxético de Galicia, 2003 BALANCE ENERXÉTICO

PROBLEMAS E CUESTIÓNS DE GRAVITACIÓN

Proxecto CONSOLIDACIÓN FINANCEIRA E CAMBIO DE MODELO DE CRECEMENTO E EMPREGO. Informe económico e financieiro

PAU XUÑO Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Transcript:

ANEXO III.1.17 Área Funcional de Ribadeo Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

1 Medio físico... 4 1.1 Medio físico...5 2 Estrutura socioeconómica... 6 2.1 Poboación...7 2.1.1 Cuantificación, distribución e densidade...7 2.1.2 Caracterización da poboación...8 2.1.3 Dinámica da poboación...9 2.2 Economía e emprego... 14 2.2.1 Estrutura económica... 14 2.2.2 Índice de dinamicidade... 16 3 Estrutura Territorial... 17 3.1 Modelo Territorial... 18 3.1.1 A estruturación do territorio... 18 3.2 Sistema de comunicacións... 19 3.2.1 Comunicacións... 19 3.3 Infraestruturas básicas... 20 3.3.1 Abastecemento... 20 3.3.2 Saneamento... 20 3.3.3 Gas... 21 3.3.4 Electricidade... 21 3.3.5 Telecomunicacións... 21 4 Planeamento urbanístico... 22 4.1 Planeamento vixente... 23 4.1.1 Figuras de planeamento vixentes... 23 4.1.2 Grao de cumprimento do Planeamento... 23 4.1.3 Planeamento en tramitación... 24 5 Dinámica Residencial... 26 5.1 Caracterización intercensual do parque de vivendas... 27 5.1.1 Cuantificación e evolución... 27 5.1.2 Análise do parque residencial por usos... 28 5.1.3 Caracterización do parque residencial por outras variables... 31 5.2 Dinámicas recentes do sistema inmobiliario (2001-2007)... 33 5.2.1 Cuantificación e evolución... 33 5.2.2 Vivenda libre e de protección pública... 36 5.2.3 Evolución dos prezos da vivenda... 37

5.3 Fogares... 39 5.3.1 Cuantificación e caracterización dos fogares... 39 5.3.2 Evolución do esforzo no acceso á vivenda... 40 6 Proxeccións e estimación de necesidades de vivenda... 42 6.1 Proxeccións e estimación de necesidades de vivenda... 43 6.1.1 Rexistro de demandantes de vivenda de protección pública... 43 6.1.2 Proxeccións de poboación... 45 6.1.3 Proxeccións de fogares... 47 6.1.4 Determinación das necesidades de vivenda... 47 6.1.5 Determinación das necesidades de vivenda de protección pública... 49 Anexo Cartográfico... 52

Medio físico 1

1.1 Medio físico A área funcional localízase ao nordeste da comunidade e é o límite con Asturias. Fórmana unicamente 3 municipios: Ribadeo, Barreiros e Trabada cunha extensión aproximada de 260 km2. Desde o punto de vista físico a súa maior característica é a rasa cantábrica e a ría de Ribadeo. A área funcional sitúase principalmente en terreos xistosos formados por louseiras uniformes con niveis de cuarcitas e area miúda, conformando un relevo cunha relativa suavidade con cristas de cuarcitas. Presenta dúas unidades morfolóxicas ben definidas: unha plataforma litoral, a rasa cantábrica, mentres que o resto do territorio é unha sucesión de outeiros que non chegan a alcanzar os 600 metros de altura. Os cumes máis importantes son os de Penalongo, Mondigo (570 metros) ou San Fernando (511 metros). Estes cumes montañosos serven de divisoria de augas entre os ríos que verten as súas augas cara ao río Eo e aqueles que verten directamente sobre o mar Cantábrico. A área tamén se caracteriza pola presenza de diferentes serras pero de escasa altitude, todas elas formadas sobre substrato de rochas metamórficas. A continuación comentamos as principais características da área funcional: A rasa cantábrica: é unha fronte costeira aberta, orientada en dirección leste-oeste con rochedos e cantís mariños de escasa altura. Esta plataforma de abrasión mariña emerxeu durante o terciario pero esténdese en gran medida polo litoral asturiano. A intensa erosión exercida polo mar sobre a rasa, formada por materiais como os xistos e lousas, e o seu alto grao de fracturación dos materiais favorecen a formación de covas mariñas, arcos e illotes como se pode observar na praia de Augasantas. A ría de Ribadeo: englóbase dentro das rías de carácter mixto e caracterízanse na maior parte das ocasións por ser rías de embude que están moi influenciadas pola tectónica. Fórmase na desembocadura do río Eo, ten uns 10 quilómetros de lonxitude e unha anchura constante duns 800 metros; é un pouco máis estreita cerca da boca, onde se aproveitou para a construción da ponte que comunica con Asturias. Esta ría sofre de procesos continuos de colmatación e ten un fondo composto principalmente por lama. As zonas de area sitúanse naquelas máis expostas á corrente. 5 1. Medio Físico

Estrutura socioeconómica 2

2.1 Poboación 2.1.1 Cuantificación, distribución e densidade Mapa.2.1. Distribución da poboación en 2007. Fonte: IGE. Cuantificación e distribución da poboación A área funcional de Ribadeo está composta por 3 concellos: Barreiros, Ribadeo e Trabada. Conta cunha poboación de 14.401 habitantes, dos que o concello de Ribadeo, con 9.704 habitantes, é o máis poboado e o concello de Trabada, con 1.451, o único concello interior, o menos poboado. Densidade de poboación por Km2 A área funcional de Ribadeo presenta unha densidade de poboación de algo máis de 54 hab/km 2. Este é un valor inferior á media galega (93,7 hab/km 2 no ano 2007) e algo superior á media da provincia de Lugo (36 hab/km 2 ). Este valor máis elevado da área funcional está condicionado polo gran volume de poboación do concello de Ribadeo. A densidade de poboación da área funcional de Ribadeo, tendo en conta só a poboación do concello de Ribadeo, situaríase arredor de 37 hab/km 2, valor similar ao da media provincial. A nivel de concellos, os valores extremos corresponden co concello de Ribadeo que presenta no ano 2007 unha densidade de poboación de 89,1 hab/km 2 e o concello de Trabada cunha densidade de 17,6 hab/km 2. Dinámica poboacional Facendo unha análise da evolución da poboación 1991-2007, na área funcional de Ribadeo, percíbese como só o concello de Ribadeo está a gañar poboación, mentres que Barreiros e Trabada perderon no período un 15% e 29% respectivamente. 1.000 750 500 40,0% 30,0% 20,0% 7 2. Estrutura socioeconómica 250 0-250 -500-750 -1.000 10,0% 0,0% -10,0% -20,0% -30,0% -40,0% Mapa 2.2. Densidade de poboación en 2007. Fonte: IGE. Barreiros Ribadeo Trabada Absoluto Poboación % Poboación Gráfica 2.1. Evolución da poboación de 1991 a 2007 por concellos. Fonte: IGE.

>85 80-84 75-79 70-74 65-69 60-64 55-59 50-54 45-49 40-44 35-39 30-34 25-29 20-24 15-19 10-14 5-9 <5 6% 5% 4% 3% 2% 1% 0% 1 % 2 % 3 % 4 % 5 % 6 % Mulleres 1996 Homes 1996 Homes 2007 Mulleres 2007 Gráfica 2.2. Pirámides de poboación 1996 e 2007. Fonte: IGE. 2.1.2 Caracterización da poboación Estrutura da poboación Na pirámide poboacional para a área funcional de Ribadeo para o ano 1996 observamos como se parte dunha pirámide onde a base está reducida respecto ao que debería para ser un pirámide poboacional ben comportada. Esta diminución débese ao descenso da natalidade que se produce a partir do 1977, ano a partir do cal se produce o fin do denominado baby boom. Na pirámide de 2007 experiméntase un ensanchamento da base da pirámide de poboación, apuntando un incremento da natalidade. Tamén se pode observar un fenómeno que será habitual como é a redución na pirámide do tramo que vai dos 55 aos 59 na pirámide de 1996, que inclúe os nacidos da posguerra e que dez anos despois, na gráfica do 2007, será para o tramo dos 65 aos 69. Tamén se pode comprobar como na parte superior da pirámide tamén se produce un aumento, debido tanto ao aumento da esperanza de vida como aos emigrantes retornados. Índice de envellecemento 1 No que respecta ao índice de envellecemento, a área funcional de Ribadeo presenta a mesma diverxencia territorial, en consonancia co anteriormente observado. O concello de Ribadeo é onde se concentra unha proporción de xente nova superior respecto da poboación maior de 64 anos, presentando este concello o menor índice de envellecemento, a pesar de que é superior o seu valor a 100. Na gráfica 2.3 represéntanse conxuntamente os datos do índice de envellecemento coa poboación representada en logaritmo en base 2 para facilitar a representación da escala-. A conxunción das dúas variables amosa certa correlación: os concellos con maior poboación son os que presentan, como norma xeral, un menor índice de envellecemento e os de maior índice de envellecemento menor poboación. A xente en idade de traballar desprazarase cara ás zonas máis dinámicas e tenderá a despoboar os núcleos máis afastados e peor comunicados. 8 2. Estrutura socioeconómica Mapa. 2.3. Índice de envellecemento. Fonte: IGE. 1 Índice de envellecemento: Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos [Ienv = (P>64 / P<20)*100]

Índice de envellecemento 350 300 250 200 150 100 50 0 Trabada Barreiros Ribadeo 14 12 10 8 6 4 2 0 Logaritmo en base 2 da poboación CONCELLO T.B.M. T.B.N. Ribadeo 12,3 7,5 Barreiros 14,1 5,0 Trabada 15,6 4,3 Táboa 2.1. Taxas brutas de natalidade e mortaldade 2006. Fonte IGE. 2.1.3 Dinámica da poboación Taxa bruta de natalidade 1 Índice de envellecemento Logaritmo en base 2 da poboación Gráfica 2.3. Índice de envellecemento. Fonte: IGE. A taxa bruta de natalidade para o ano 2006 está en consonancia co valor do índice de envellecemento e aqueles concellos cun menor valor do índice presentarán, á súa vez, un maior valor da taxa bruta de natalidade. Polo tanto, Ribadeo no 2006 ten a taxa de natalidade máis baixa da área funcional. Pola contra, Trabada é o concello co valor da taxa bruta de natalidade máis baixo. 9 2. Estrutura socioeconómica 1 Taxa bruta de natalidade: Número de nados por 1.000 habitantes

Mapa. 2.4. Taxa de natalidade 2006. Fonte: IGE. 10 Número medio de fillos por muller 1 A área funcional segue a tónica xeral galega de baixa natalidade e toma o índice sintético de fecundidade o valor de 0,95 (cando o valor de mantemento da poboación é 2,1). É unha área funcional cun valor próximo á media do valor de Galicia. Isto, no longo prazo, é dificilmente sostible e producirá uns crecementos vexetativos negativos cando a poboación da base da pirámide se atope na idade reprodutiva. Analizando por concellos obsérvase que, de novo, o concello de Ribadeo é onde se atopa o valor máis alto. Este feito é debido en grande parte á maior dinamicidade deste concello respecto dos outros concellos da área. Taxa bruta de mortaldade 2 Se observamos o mapa 2.6 da taxa bruta de mortaldade pódese ver como se produce unha certa consonancia coa tendencia reflectida na taxa bruta de natalidade. Os municipios cunha maior taxa de natalidade son os que presentan, neste caso, unha menor taxa de mortaldade, o que se reflectirá no crecemento vexetativo. 2. Estrutura socioeconómica Mapa. 2.5. Número medio de fillos por muller, 2006. Fonte: IGE. 1 Número medio de fillos por muller ou Índice Sintético de Fecundidade (ISF): Número esperado de fillos por muller ao longo da súa vida fértil 2 Taxa bruta de mortaldade: Número de defuncións por cada 1.000 habitantes

Mapa. 2..6. Taxas de mortaldade, 2006. Fonte: IGE. 11 CONCELLO VALOR ABSOLUTO TASA Ribadeo -34-5 Barreiros -49-9 Trabada -28-11 Táboa 2.2. Crecemento vexetativo. Valores absolutos e taxa. Fonte: IGE. Crecemento vexetativo O crecemento vexetativo da poboación é o diferencial entre o número de nacementos e defuncións nun período de tempo determinado. O que implica isto é que concellos con baixas taxas de natalidade e altas taxas de mortaldade presentarán crecementos vexetativos negativos. Nesta tesitura atópanse os 3 concellos da área funcional de Ribadeo, dos que o concello de Ribadeo é o que presenta o menor crecemento vexetativo negativo e o concello de Trabada o que presenta unha taxa de crecemento vexetativo negativo máis elevado. 2. Estrutura socioeconómica Mapa.2.7. Taxas de crecemento vexetativo por 1.000 habitantes, 2006. Fonte: IGE.

Saldos migratorios A dinámica migratoria da poboación na área funcional de Ribadeo pódese observar na gráfica 2.4 detallando por anos en valores absolutos os diferentes saldos. Hai que dicir que o IGE non proporciona datos da emigración exterior no período 1992-2001, polo que nese período o saldo do exterior que aparece está sobrevalorado. A partir do ano 2002 xa existen datos da emigración exterior. Da gráfica 2.4 pódese sacar a seguinte lectura -tendo presente que en termos absolutos os saldos poboacionais non son moi elevados-: O saldo dentro da mesma comarca é positivo en todo o período. O saldo coa provincia e co resto de Galicia presenta un comportamento irregular. O saldo co resto de España é positivo en todo o período coa excepción do ano 1999. O saldo do estranxeiro é positivo durante todo o período (tendo en conta as reservas dos datos ata 2001), e este comezou a medrar dende o ano 1997. Este saldo poboacional do estranxeiro é significativo. Esta poboación situarase nos tramos en idade de traballar. Esta dinámica fai que a pirámide poboacional se ensanche lixeiramente nos tramos en idade de traballar, como se observou na gráfica 2.2. Composición del saldo poblacional 250 200 150 100 50 0-50 S.M. do estranxeiro S.M. de Doutra CCAA S.M. doutra provincia de Galicia S.M. doutra comarca da mesma provincia S.M.da mesma comarca 12 2. Estrutura socioeconómica -100 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 Gráfica 2.4. Saldos migratorios totais entre 1992 e 2006. Fonte: IGE.

Saldos poboacionais Os saldos poboacionais proporcionan un resumo en termos de ganancia ou perda poboacional, en termos totais, dos diferentes concellos. A natureza dos saldos vexetativos expresa con claridade a concentración de poboación máis nova na zona máis dinámica da área funcional, o concello de Ribadeo. Se ben o proceso anterior ten que ver cun proceso de longa duración ao que xa se fixo mención e que poderiamos caracterizar como estrutural. O comportamento dos saldos migratorios tamén fala doutros procesos máis conxunturais que só poderán ser entendidos a partir do estudo do dinamismo económico e outros procesos sociais. 13 2. Estrutura socioeconómica

2.2 Economía e emprego 2.2.1 Estrutura económica Caracterización do emprego No período 2003-2007, período de crecemento da economía galega e española, o número de afiliados na área funcional de Ribadeo experimenta unha evolución crecente, pasando dos 4.199 no 2003 aos 4.906 no 2007, como se pode observar na gráfica 2.5. Facendo unha correlación entre o incremento de número de afiliados e os saldos poboacionais observamos que para o período 2003-2007 danse de alta preto de 700 afiliados para un saldo positivo de máis de 300 persoas. Estes datos o que están a indicar é a existencia de recursos ociosos ou parados que se están incorporando ao mercado de traballo. 5000 4800 14 4600 4400 4.906 4.789 4200 4.461 4.272 4000 4.199 3800 2003 2004 2005 2006 2007 Gráfica 2.5. Número de afiliados. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. 2. Estrutura socioeconómica A gráfica 2.6 permítenos facer unha análise máis polo miúdo destes números. Compróbase unha vez máis que non existe unha correlación perfecta entre a xeración de emprego en termos absolutos e relativos. O concello de Ribadeo é o concello con máis creación de emprego. Este maior crecemento, en valores absolutos, non se traduce a termos porcentuais, onde o concello de Barreiros presenta no período un crecemento superior ao 20%. No concello de Trabada, en lugar de crecer o número de afiliados, redúcese de maneira lixeira, polo grande peso do sector primario no emprego como deseguido se comprobará.

Primario 19% 750 30% Terciario 54% I+E 10% 500 250 20% 10% 0 0% Construcción 17% Gráfica 2.7. Afiliados por sector económico, 2007. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. -250 Ribadeo Barreiros Trabada -10% 15 Absoluto afiliados 2003-2007 % afiliados 2003-2007 Gráfica 2.6. Crecemento do número de afiliados Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. A tendencia predominante das economías actuais é de redución do peso do sector primario e un maior peso do secundario e principalmente do terciario, característica típica de economías desenvolvidas. Na gráfica 2.7 vese como esta área ten un peso do sector terciario dun 54% mentres que o secundario dun 27%, do que un 17% pertence á construción e un 10% á industria e enerxía. O sector primario é bastante significativo cun peso do 19%. Polo tanto non se pode falar dunha área cunhas porcentaxes típicas de economías desenvolvidas. Facendo unha análise sectorial por concellos (mapa 2.8) compróbase que a predominancia é do sector terciario en Barreiros e Ribadeo, pero non acontece o mesmo con Trabada, onde o sector predominante é o sector primario. 2. Estrutura socioeconómica Mapa 2.8. Predominancia dun sector produtivo. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións CONCELLO 2000 2001 2002 Ribadeo 104 103 104 Barreiros 101 100 101 Trabada 93 95 96 Táboa 2.3. Indicador de rendas. Fonte: IGE. Indicador de renda municipal Na táboa 2.3 pódense observar os valores tomados polos indicadores de rendas municipais para os diferentes municipios pertencentes á área funcional de Ribadeo para o período 2000-2002. É destacable que sexa unha área bastante homoxénea, onde non existen grandes diferenzas entre os concellos.

Mapa 2.9. Índice de dinamicidade. Fonte: Otero, R. e Gómez, S. 2007. 2.2.2 Índice de dinamicidade O Índice de dinamicidade socioeconómica e funcional (IDSF) -elaborado por Otero, R. e Gómez, S. é un índice lineal, no que se introducen diferentes indicadores da dinamicidade do concello proporcionados polo Censo de Poboación e Vivenda correspondentes a: poboación, instrución, mobilidade laboral, terciarización e atracción poboacional. Polo tanto é un índice sintético que tería que amosar relación coas análises demográficas e socioeconómicas realizadas por tratarse dunha aglutinación. As categorías municipais definidas polo IDSF son as seguintes: 1º INTERVALO: -8,79 / 0,86. Concellos rurais ou rurbanos vilas- de baixa e moi baixa dinamicidade. 2º INTERVALO: 0,87 / 4,71. Concellos rurais ou rurbanos vilas- dinámicos. 3º INTERVALO: 4,72 / 27,4. Concellos urbanos ou suburbanos dinámicos ou moi dinámicos. Tendo en conta a categorización anterior, no mapa 2.9 vese como os concellos rurais ou urbanos dinámicos son Barreiros e Ribadeo, concellos costeiros, mentres que Trabada é un concello rural ou rurbano de baixa ou moi baixa dinamicidade. Isto é perfectamente coherente con todas as análises demográficas e socioeconómicas feitas ata o momento, o que é lóxico ao ser este índice un resumo. 16 2. Estrutura socioeconómica

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA SOLO Estrutura Territorial 3

3.1 Modelo Territorial 3.1.1 A estruturación do territorio A área funcional de Ribadeo está composta por 3 concellos, que ocupan unha extensión total de 263,99 Km2, o que supón un 2,7 % da provincia e un 0,9% do total autonómico. CONCELLO Área Población Barreiros 72,40 3.245 Ribadeo 108,91 9.703 Trabada 82,68 1.451 TOTAL 263,99 14.399 Táboa 3.1. Área en Km2 e poboación en 2007. Fonte: IGE, SITGA. 18 Mapa 3.1. Localización xeográfica. Fonte: SITGA. 3.Estrutura territorial

3.2 Sistema de comunicacións 3.2.1 Comunicacións As vías de comunicación xogan un papel importante no desenvolvemento dunha área funcional, non só favorecendo os accesos e desprazamentos internos-externos (xeralmente trátase de movementos pendulares por motivos laborais, comerciais, educativos, de ocio, culturais, etc), senón porque tamén actúan como atraentes sobre as actividades industriais, comerciais e residenciais. De feito, os usos residenciais están directamente condicionados pola existencia dunha infraestrutura de comunicación que facilite o seu acceso. As principais vías de comunicación son: a A-8 ou autovía do Cantábrico, que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do Mar Cantábrico, comezando en Bilbao e acabando en Baamonde (Lugo) e a A6, que chega desde Madrid e a meseta para despois enlazar coa N-634 e N-640 que chegan ata Ribadeo e Barreiros. Están comunicados por autobús, mediante varias combinacións con Oviedo, Gijón, Avilés, Lugo, A Coruña, Madrid, Santiago, Tui, Bilbao e Burgos. Mediante tren, existe unha estación en Ribadeo que comunica diariamente as poboacións de Ferrol e Avilés. Ademais dispoñen de un porto deportivo e de un pequeno aeródromo en Vilaframil. 19 3.Estrutura territorial Mapa 3.2. Infraestruturas de comunicación básicas. Fonte: SITGA.

3.3 Infraestruturas básicas Mapa 3.3. Infraestruturas de abastecemento. Fonte: Augas de Galicia. 3.3.1 Abastecemento O plan de abastecemento de Galicia (aínda en elaboración), inclúe o conxunto de instalacións comúns para a captación, condución, tratamento, almacenamento, transporte e distribución da auga de consumo humano empregadas para abastecer a unha determinada poboación. O sistema de abastecemento de auga potable que se consome hoxe en día en cada concello baséase no aproveitamento do recurso dos diferentes ríos da comarca; os leitos fluviais que bañan estes concellos son o do río Masma e o do río Eo. Dentro da Área Funcional de Ribadeo atopamos o sistema máis potente de abastecemento no concello detrabada no río Eo, cunha captación actual de 120 L/S que proporciona auga para un volume de poboación de 12.820 persoas. A previsión é acadar no ano 2023 un volume de auga suficiente para abastecer a 14.430 persoas. Tamén é importante a captación do concello de Barreiros no río Masma de 73 L/S. Desde o punto de captación parte o colector que abastece de auga a ETAP-existente e de aí reparte cara aos principais depósitos. No caso do concello de Trabada, a captación do río Eo é compartida co concello de Ribadeo a través dunha rede de colectores que interconectan os principais depósitos destes concellos. As ETAP en funcionamento dentro do ámbito sinalado son 2 en Trabada, 2 en Ribadeo e 3 en Barreiros. Por concellos, a capacidade dos respectivos depósitos vai desde os 2.700 m 3 de Trabada ata os 5.000 de Ribadeo e de Barreiros. Obsérvase que existe unha maior densidade de colectores nos concellos de Ribadeo e Barreiros. 3.3.2 Saneamento 20 3.Estrutura territorial Mapa 3.4. Infraestruturas de saneamento. Fonte: Augas de Galicia Dentro da Área Funcional de Ribadeo, o transporte de augas residuais ata a EDAR realízase mediante un colector interceptor que recolle as augas que transportan os colectores tributarios. O dito colector dispón de impulsión, nos pozos que o necesiten, se o sistema por gravidade non é suficiente. Obsérvase a independencia de cada concello respecto ás augas residuais. A EDAR de maior capacidade desta área funcional é a de Barreiros, de tipo biolóxico; ten unha capacidade de depuración de 8.000 habitantes e verte á costa, claro que está aprobada xa a nova EDAR de Ribadeo cunha capacidade de 25.000. A rede de saneamento existe nas comarcas costeiras de Ribadeo e Barreiros.

3.3.3 Gas O gasoduto de transporte primario que une Portugal con Asturias cruza esta área funcional por Barreiros e Ribadeo, e está previsto o desenvolvemento da rede, a través de Gas Galicia, para dar servizo ás vivendas destes dous concellos. Mapa 3.5. Concellos con subministración de Gas. Fonte: Gas Galicia SDG 3.3.4 Electricidade Dentro da Área Funcional de Ribadeo, atopámonos coas seguintes redes: - Redes de Transporte (liñas de alta a 400 ou 220 kv) non hai dentro desta área funcional. - Rede de reparto (entre 150 e 110 kv) que enlaza a subestación de Mondoñedo con Asturias (cruzando por Trabada) e en Barreiros enlaza tamén coa subestación de Foz. - A Rede de Distribución, constituída por liñas de media tensión a 20 ou 15 kv, é a encargada de conectar as subestacións de distribución con outras de menos rango ou con transformadores locais. Na área funcional existen diversos parques eólicos. 3.3.5 Telecomunicacións Galicia dispón dunha serie de redes de telecomunicacións fixas e móbiles, que dan servizo a través de distintos operadores. En redes fixas operan as empresas: - Telefónica, que chega con telefonía a case a totalidade da comunidade galega, e ofrece ADSL (banda ancha) ao 100% do territorio (a poboacións con máis de 1000 habitantes). - R: nesta área funcional non chega con banda ancha. En redes móbiles, os datos dispoñibles só achegan información sobre as localizacións dos operadores GSM (Movistar, Orange, Vodafone e Yoigo) para a prestación do seu servizo coas tecnoloxías GSM/GPRS; a cobertura que nesta área funcional prestan é boa. 21 3.Estrutura territorial

Planeamento urbanístico 4

4.1 Planeamento vixente 4.1.1 Figuras de planeamento vixentes Mapa 4.1. Ano de aprobación do planeamento por concellos. Fonte: COAG. Na área funcional contabilízanse só 3 termos municipais, cada un coa súa propia figura de planeamento. Na táboa seguinte e no gráfico da situación do planeamento: Barreiros posúe como figura de planeamento Normas Subsidiarias de Planeamento, Ribadeo un Plan Xeral de Ordenación Urbana e Trabada, Delimitación de Solo Urbano. NOMBRE PLANEAMENTO APROBACION INCIDENCIAS Barreiros N.S.P. 1994 Suspendido Ribadeo P.X.O.U. 1977 Anulado Trabada D.S.U. 1978 Táboa 4.1. Planeamento vixente e incidencias por concello. Fonte: COAG. Ademáis, na táboa 4.1 obsérvase que se suspendeu o planeamento de Barreiros (para adaptarse á nova ordenación xurídica vixente) e se anulou o plan xeral de 1993 de Ribadeo (pasando a estar vixente o anterior, de 1977). Ademais destas incidencias, o grao de actualización do planeamento é baixo, xa que o único instrumento vixente no que non se produciron incidencias data de 1978. Por tanto, é claro que os instrumentos actualmente vixentes non responden á realidade municipal, ben por motivos de inadaptación xurídica ou por antigüidade. 4.1.2 Grao de cumprimento do Planeamento O grao de execución do planeamento estudouse en dúas clases de solo (urbano e urbanizable) e mediante dous parámetros: a superficie de solo e a superficie de teito (superficie construída). Ademais categorizouse nos usos globais presentes na Área Funcional: Industrial e Residencial. Na táboa seguinte cuantifícase en metros cadrados (de solo ou de teito, segundo corresponda) a totalidade da Área Funcional de Ribadeo indicando ademais se se executou ou non o planeamento. 23 4. Planeamento urbanístico Mapa 4.2. Planeamento vixente en cada concello e o seu estado actual. Fonte: COAG.

100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% Residencial Ejecutado URBANIZABLE Industrial Gráfica 4.1 Grao de execución do Planeamento en solo urbanizable na área funcional. Fonte: COAG. Trámites previos 50% Contratación 50% Gráfica 4.2. Estado do Planeamento en tramitación. Fonte: COAG. SUELO TECHO Superficies en m2 Ejecutado Superficies en m2 Ejecutado Clasificación Uso del Suelo SI Total general Clasificación Uso del Suelo SI Total general URBANO Residencial 1.951.848,5 1.951.848,5 URBANO Residencial 0,0 0,0 Total URBANO 1.951.848,5 1.951.848,5 Total URBANO 0,0 0,0 URBANIZABLE Residencial 31.622,3 31.622,3 URBANIZABLE Industrial 717.742,9 717.742,9 Industrial 717.742,9 717.742,9 Residencial 25.297,9 25.297,9 Total URBANIZABLE 749.365,2 749.365,2 Total URBANIZABLE 743.040,8 743.040,8 Total general 2.701.213,7 2.701.213,7 Total general 743.040,8 743.040,8 Táboa 4.2. Cuantificación do grao de execución do planeamento en solo urbanizable. Fonte: COAG. Como se observa na anterior táboa, tanto no solo urbano como no urbanizable a totalidade dos solos encóntranse desenvolvidos, e por tanto todo o teito construído. Unha vez máis, a conclusión que se obtén é que o planeamento non se encontra adaptado ás necesidades dos municipios, xa que non é operativo para definir novos crecementos (a totalidade do teito construíble encóntrase cuberto). 4.1.3 Planeamento en tramitación Dous dos tres municipios encóntranse neste momento en proceso de revisión do planeamento vixente. Estes municipios adoptan como figura de ordenación urbanística a do Plan Xeral de Ordenación Municipal (P.X.O.M.) Inclúese a continuación unha táboa co estado de tramitación dos municipios con data do 22 de novembro de 2007. Os fitos que se consideraron na tramitación son os que seguen: Contratación: indica que se iniciou o procedemento de redacción do novo instrumento. Avance: o avance de planeamento foi presentado. Trámites previos: o documento encóntrase nos trámites previos á aprobación inicial, como pode ser o Informe Previo á Aprobación Inicial, o informe de Avaliación Ambiental Estratéxica ou a suspensión de licenzas. Aprobación Inicial: o concello efectuou a aprobación inicial. Aprobación Provisional: pechouse o proceso de información pública e o pleno municipal aprobou o plan. Incidencias na Aprobación Definitiva: produciuse algún tipo de incidencia na Aprobación Definitiva, ben a súa anulación parcial, a súa denegación ou suspensión ata a corrección de defectos. 24 4. Planeamento urbanístico

Na gráfica 4.2 e na táboa seguinte obsérvase que o estado de tramitación está nos seus pasos iniciais, xa que aínda ningún dos dous municipios acadou a aprobación inicial. NOMBRE INSTRUMENTO EN TRAMITE ESTADO TRAMITE EQUIPO REDACTOR Barreiros Ribadeo P.X.O.M. Trámites previos EPTISA Trabada P.X.O.M. Contratación MLM Miramontes y F Manzanedo Táboa 4.3. Planeamento en tramitación por concellos. Fonte: COAG. 25 4. Planeamento urbanístico

Dinámica Residencial 5

5.1 Caracterización intercensual do parque de vivendas 9.000 8.000 7.000 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0 7.083 7.225 7.306 7.396 7.511 7.668 7.765 7.991 8.142 8.339 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5.1. Crecemento do parque de vivendas na área funcional de Ribadeo. Fonte: INE. Mapa 5.1. Numero de vivendas visadas entre 2001 e 2007 por cada mil habitantes. Fonte: COAG. 5.1.1 Cuantificación e evolución O parque de vivendas da área funcional de Ribadeo acumulou case 1.500 vivendas construídas no período intercensual (1991-2001). Na gráfica 5.2 reflíctese a distribución espacial deste crecemento onde os maiores incrementos absolutos e relativos prodúcense en Ribadeo, seguido de Barreiros. O concello de Trabada presenta un incremento do número de vivendas reducido, case nulo. 1200 1000 800 600 400 200 0 1163 Ribadeo Incremento absoluto 429 Barreiros Incremento porcentual 15 Trabada 35% 30% 20% 15% Gráfica 5.2. Crecemento do parque de vivendas por concellos entre o ano 1991-2001. Fonte: INE. Un incremento tan importante do parque de vivendas, que en termos porcentuais é superior ao 20%, non se pode explicar en función do crecemento poboacional, xa que este foi negativo nun 4,2%. É necesario introducir entón a variable dos fogares xerados na Área Funcional para poder explicar o comportamento aludido. A área funcional experimentou un crecemento do número de vivendas superior ao 20%, mentres a súa poboación se reduciu nun 4,2%, evidenciando que a presión demográfica non é o único factor que incide na evolución do parque de vivenda na área. Pola contra, este incremento vén dado en gran parte pola variación na composición dos fogares, que como se ten analizado no capítulo correspondente, vén experimentando unha progresiva redución do número de persoas por fogar, pasando no caso da Área Funcional de Ribadeo de 3,13 a 2,85 habitantes por fogar no período intercensual de referencia. Este factor actúa como multiplicador do crecemento demográfico, xa que os fogares creceron un 11,3% a pesar de rexistrar un decremento poboacional. A evolución do número de fogares ofrece unha mellor aproximación ao incremento do parque 25% 10% 5% 0% 27 5. Dinámica residencial

25% 20% 15% 10% 11,3% 20,4% de vivendas, pero ao trasladar a termos absolutos estes ritmos de crecemento compróbase que o incremento do número de fogares, con 504 no período intercensual, non logra explicar completamente a existencia de 1.415 novas vivendas (gráfica 5.4): a evolución do saldo de fogares só explica un 36% do incremento do parque de vivendas (a relación entre estas dúas magnitudes sitúase arredor de 2,8 novas vivendas por incremento dun fogar no saldo de fogares). Este factor apunta a que unha importante cantidade de vivendas construídas non están destinadas a cubrir un uso de vivenda principal. 5% 5.1.2 Análise do parque residencial por usos 0% -5% -10% -4,2% 1991-2001 Poboación Fogares Vivendas Gráfica 5.3. Incremento relativo de poboación, fogares e vivendas para 1991 e 2001. Fonte: INE. 2.000 1.500 1.000 500 0 504 1.415 500 400 300 200 100 0 Barreiros Ribadeo Trabada S Principal S Secundaria S Vacia Lineal (S Principal) Lineal (S Secundaria) Lineal (S Vacia) Gráfica 5.5. Vivendas principais, secundarias e baleiras por 1.000 habitantes por concello (2001). Fonte: INE. 28 5. Dinámica residencial -500-1.000-620 1991-2001 Poboación Fogares Vivendas Gráfica 5.4. Incremento absoluto de poboación, fogares e vivendas para 1991 e 2001. Fonte: INE. Na gráfica 5.5 amósase para o ano 2001 o número de vivendas por cada mil habitantes e por usos. Esta gráfica amosa as diferenzas no tamaño medio do fogar entre os diferentes concellos da área funcional de Ribadeo, evidenciada polas diferenzas no número de vivendas principais por cada 1.000 habitantes. Así, Barreiros presentaría o menor valor do tamaño medio do fogar en 2001, mentres que Trabada contaría co maior número de membros por fogar. Tamén se constatan algúns aspectos como a fortísima proporción de vivenda secundaria de Barreiros, onde existen máis vivendas secundarias que principais, o que non acontece no concello costeiro de Ribadeo. A vivenda baleira é proporcionalmente lixeiramente en Ribadeo que en Barreiros. Trabada destaca por contar cun parque de vivenda equilibrado, cun alto valor do número de membros do fogar, propio de concellos non costeiros cun forte peso do sector primario.

300 250 200 150 100 50 0 44 96 105 71 54 75 39 55 Principal 46 33 62 78 No principal 88 60 54 46 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5.6. Distribución das vivendas construídas en principal e non principal na Área Funcional de Ribadeo. Fonte: INE. Δ % poboación 5% 0% -5% -10% -15% -20% -25% 145 106 R2 = 0,957-15% -10% -5% 0% 5% 10% 15% 20% 25% Δ % vivenda principal Gráfica 5.8. Correlación do incremento da vivenda principal e a poboación nos concellos da área funcional. Fonte: INE. 83 52 126 89 Observando os datos de vivenda principal e non principal ano a ano (gráfica 5.6 e 5.7), a década 91-01 rexistra unha irregular proporción de vivenda principal respecto ao total de vivendas construídas, pero a partir de 1997 parece estabilizarse arredor do 40%. En canto ao volume total de vivendas, entre 1991-1995 existe unha tendencia de redución anual do número total de vivendas construídas, para a partir de 1996, retomar o crecemento, coas excepcións de 1998 (reduciuse o número de vivendas construídas) e 1999 (superouse o dobre do número de vivendas construídas). A correlación do incremento de vivenda principal respecto ao crecemento da poboación móstrase sobre unha recta de regresión cun valor moi elevado (R2=95,7%). Isto indícanos un elevado axuste desta magnitude, explicándose por tanto a evolución na vivenda principal polos incrementos poboacionais da área funcional. Que a recta non pase por debaixo da orixe está a indicar unha vez máis o fenómeno da redución do tamaño medio do fogar, xa que para incrementos próximos ao 20% das vivendas principais, o crecemento da poboación é nulo, xa que están a aumentar os fogares sen aumentar a poboación. Por outra banda, a segunda compoñente do parque de vivenda, a non principal, ten tamén un comportamento irregular, presentando un mínimo no 1994 con 39 vivendas, e un máximo en 1999 con 145 vivendas. De todos os xeitos, a vivenda non principal toma valores máis importantes na última parte da década dos 90, o que indica o inicio da chamada burbulla inmobiliaria. 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 44 96 105 54 71 75 39 55 Principal 46 33 62 78 No principal 88 54 60 145 46 106 83 126 52 89 0% 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5.7. Distribución das vivendas construídas en principal e non principal na área funcional de Ribadeo: INE 29 5. Dinámica residencial

Nos mapas 5.2 e 5.3 mostrase o incremento da vivenda principal e secundaria por cada mil habitantes entre os anos 1991-2001. Só o concello de Trabada rexistrou unha redución da vivenda principal, mentres que Barreiros e Ribadeo aumentaron o número de vivendas principais a causa do incremento do número de fogares. En canto á vivenda secundaria, os tres concellos gañaron vivendas secundarias. Destaca o fortísimo incremento da vivenda secundaria do concello de Barreiros que presenta, como se ve no mapa 5.4, case a metade da vivenda secundaria. En cambio en Ribadeo o incremento da vivenda secundaria é baixo, sendo tamén un concello costeiro e de interese turístico como é o concello de Barreiros. En termos por cada mil habitantes, incluso o concello de Trabada rexistrou incrementos superiores a Ribadeo. Do mapa 5.4 destaca o baixo nivel de vivenda baleira rexistrada no concello de Trabada, xa que é un concello onde o sector primario ten grande relevancia. Mapa 5.2. Incremento de vivendas principais por cada 1.000 habitantes entre 1991 e 2001. Fonte: INE. 30 5. Dinámica residencial Mapa 5.4. Estrutura do parque residencial por uso da vivenda para o ano 2001 e vivendas totais en 2007. Fonte: INE/ COAG. Respecto da antigüidade da vivenda non principal, no concello de Barreiros dáse a circunstancia de que moita vivenda construída nos últimos anos é vivenda secundaria. É unha vivenda non susceptible de poñer no mercado. Xusto neste concello, tamén se dá a circunstancia de que a vivenda baleira é un parque moi antigo. No caso de Ribadeo, tanto a vivenda secundaria como baleira é un parque de recente construción. Mapa 5.3. Incremento de vivendas secundarias por cada 1.000 habitantes entre 1991 e 2001. Fonte: INE.

31 2.500 2.000 1.500 Mapa 5.5 e 5.6 Antigüidade das vivendas secundarias (esquerda) e vivendas baleiras (dereita) segundo o censo de Poboación e Vivendas 2001. Fonte: INE. 5.1.3 Caracterización do parque residencial por outras variables Tipoloxía 5. Dinámica residencial 1.000 500 0 2002 2003 2004 2005 2006 2007 A evolución das construcións segundo a súa tipoloxía entre 2002 e 2007 (gráfica 5.9) segue un ritmo ascendente constante, cunha presenza superior ao 90% de vivendas colectivas (entre as que predominan as colectivas abertas fronte ás colectivas pechadas). O máximo histórico prodúcese en 2007, con preto de 2.000 novas construcións. Tenencia Colectiva Abierta Colectiva Cerrada Unifamiliar Aislada Unifamiliar En Hilera Unifamiliar Pareada Gráfica 5.9. Tipoloxías das vivendas construídas na área funcional. Fonte: COAG. En canto ao réxime de tenencia, no período de 1.991 a 2.001, é reseñable o incremento, tanto en termos relativos como absolutos, das vivendas con pagos pendentes, e doutros tipos de tenencia. En contraposición, o número de vivendas en aluguer vese reducido, así como as vivendas en propiedade completamente pagadas. As vivendas en propiedade por doazón, en termos absolutos non sofren grandes modificación pero en termos relativos perden peso xa que o volume total de vivendas aumentou na área funcional.

6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0 1991 2001 Otros Alquiler En propiedad por herencia o donación En propiedad con pagos pendientes En propiedad totalmente pagada Gráfica 5.10. Réxime de tenencia das vivendas na área funcional. Fonte: INE. 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% 1991 2001 Gráfica 5.12. Estado das vivendas na área funcional. Fonte: INE. ruinoso malo deficiente bueno Estado 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% 1991 2001 Gráfica 5.11. Réxime de tenencia das vivendas na área funcional nos anos 1991 e 2001. Fonte: INE. Otros Alquiler En propiedad por herencia o donación En propiedad con pagos pendientes En propiedad totalmente pagada En termos relativos detéctase unha mellora do estado do parque de vivendas, debido ao forte incremento de vivendas experimentado. A porcentaxe de vivendas ruinosas é baixa, pero incrementouse entre os anos 1991-2001. O que si se rexistra é unha diminución das vivendas en estado malo. Posiblemente parte destas vivendas que no ano 1991 foron cualificadas como en mal estado, no censo de 2001 pasaron á consideración de ruinosas, de aí o forte incremento relativo sufrido por esta categoría. 32 5. Dinámica residencial

5.2 Dinámicas recentes do sistema inmobiliario (2001-2007) 25% 20% 15% 10% 5% 0% -5% -10% -4,2% 11,3% 1991-2001 20,4% 5.2.1 Cuantificación e evolución O sistema inmobiliario experimentou unha forte agudización das tendencias que se marcaban ao final do século vinte. Móstranse a continuación as gráficas comparativas da etapa aludida anteriormente xunto cos datos máis recentes destas dinámicas. Obsérvase como o diferencial entre os incrementos de poboación, fogares e vivendas experimenta un significativo incremento no período máis recente. As gráficas 5.13 e 5.14 amosan as tendencias, e nas gráficas 5.15 e 5.16 indícanse os valores absolutos das dúas épocas aludidas. 2.000 1.500 1.000 500 504 1.415 3.500 3.000 2.500 2.000 1.500 2.891 33 Poboación Fogares Vivendas Gráfica 5.13. Incremento proporcional da poboación, fogares e vivendas no intervalo de1991 a 2001. Fonte: INE. 70% 62,2% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% -10% -2,3% 23,4% 1991-2007 Poboacion Fogares Vivendas Gráfica 5.14. Incremento proporcional da poboación, fogares e vivendas no intervalo de 1991 a 2007. Fonte: INE / COAG. 0-500 -1.000-620 1991-2001 1.000 Poboación Fogares Vivendas Poboación Fogares Vivendas Gráficas 5.15. e 5.16. Incremento da poboación, fogares e vivendas no intervalo de1991 a 2001 (esquerda) e 2001 a 2007 (dereita). Fonte: INE / COAG. 500 0 280 535 2001-2007 Obsérvase claramente que nos últimos sete anos (2001-2007) o incremento de vivendas é moi superior ao rexistrado na anterior década (1991-2001), duplicando a construción de vivendas nun período temporal inferior. Non obstante, o incremento de poboación non acompañou os valores de vivendas, e incluso se pode observar como o incremento de fogares tampouco medra na mesma liña. Como se observa na xeneralidade das áreas funcionais dinámicas, no período 2001-2007 o incremento de poboación vén moi marcado polos novos fluxos migratorios, neste caso estranxeiros e de España, que tenden a positivar o saldo migratorio e que engaden poboación con necesidades primarias de vivenda. 5. Dinámica residencial

40% 35% 34,7% 250 30% 25% 20% 15% 10% 5% 0% 2,0% 10,8% 2001-2007 Composición del saldo poblacional 200 150 100 50 0-50 S.M. do estranxeiro S.M. de Doutra CCAA S.M. doutra provincia de Galicia S.M. doutra comarca da mesma provincia S.M.da mesma comarca Poboacion Fogares Vivendas Gráfica 5.17. Incremento proporcional da poboación, fogares e vivendas no intervalo de 2001 a 2007. Fonte: INE / COAG. 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0-1.000-340 1.039 1991-2007 Poboación Fogares Vivendas 4.306 Gráfica 5.18. Incremento da poboación, fogares e vivendas no intervalo de1991 a 2007. Fonte: INE / COAG. -100 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 Gráfica 5.19 Estrutura do saldo migratorio entre 1992 e 2006. Fonte: IGE. É precisamente a partir do ano 2000 cando se produce un incremento moi importante dos saldos, o que ocasiona que se pase dun decrecemento de 620 persoas na década dos 90, a outro positivo de 280 durante os 6 anos seguintes. Porén, o ritmo no descenso do número de persoas por fogar, que forma parte dunha tendencia estrutural de ciclos moito máis longos que os que regulan os saldos poboacionais, mantense de forma lineal, polo que o incremento relativo de fogares só pode acadar en 6 anos o diferencial acadado en toda a década anterior, a pesar de darse neste último período un incremento poboacional, cando na década dos 90 se sufriu unha perda poboacional. Con todo, a variable que experimenta unha subida case do dobre da rexistrada nas outras dúas continúa sendo a vivenda. Se para a década dos 90 se observaba unha capacidade de absorción da vivenda principal próxima ao 35% do parque construído, esta capacidade de absorción queda por debaixo do 20% no período 2001-2007 a xulgar polos datos achegados pola gráfica 5.16 (2.900 novas vivendas para só 535 novos fogares). Se optamos por presentar os datos dos dous períodos analizados conxuntamente (1991-2007), obtense unha panorámica da transformación das variables definitorias do modelo socio inmobiliario que caracteriza a área funcional, e que se resume no seguinte: durante os últimos 17 anos, para un decrecemento poboacional de - 2,3% increméntase o número de fogares nun 23,4% e o de vivendas nun 62,2%. En termos absolutos, observamos que os novos fogares xerados no período 1991-2007 só poderán absorber o 25% das novas vivendas construídas, o que supón un claro indicador da importancia da vivenda non principal no desenvolvemento inmobiliario vivido na área funcional durante o período analizado. 2003 2004 2005 2006 34 5. Dinámica residencial

2.500 2.000 1.500 1.000 500 0-500 1991 1992 1993 1994 1995 1996 Principal 1997 1998 Non Principal Gráfica 5.20. Evolución anual da vivenda principal e non principal da área funcional entre 1991 e 2007. Fonte INE/COAG. 100% 80% 60% 40% 20% 0% -20% 1991 1992 1993 1994 1995 1996 Principal 1997 1998-40% Gráfica 5.21. Evolución anual da vivenda. Proporción da principal e non principal da área funcional entre 1991 e 2007. Fonte INE/COAG. 1999 2000 No Principal 1999 2000 2001 2001 2002 2002 2003 2003 2004 2004 2005 2005 2006 2006 2007 2007 16.000 14.000 12.000 10.000 8.000 6.000 4.000 2.000 0 14.741 4.248 6.924 14.121 4.953 1991 2001 2007 8.339 14.401 5.488 11.230 POBLACION FOGARES Gráfica 5.22. Incremento proporcional da poboación, fogares e vivendas nos anos 1991, 2001 e 2007. Fonte: INE/COAG. O anterior queda perfectamente reflectido na gráfica 5.23, que amosa o número de vivendas construídas ao longo dos dous períodos considerados, ofrecendo unha plasmación estatística do impresionante boom inmobiliario acontecido desde o arranque do ano 2004. 2500 2000 1500 1000 500 0 140 1991 159 1992 146 1993 94 1994 79 1995 140 1996 142 1997 106 1998 Gráfica 5.23. Evolución anual da vivenda construída da Área Funcional de Ribadeo entre 1991 e 2007. Fonte INE/COAG. Se segregamos os datos de construción total en función do seu uso, comprobarase o anteriormente comentado ao respecto da capacidade de absorción da vivenda total pola principal, que pode cifrarse nunha media de 70-80 vivendas por ano. Consecuentemente, todo o construído por enriba desa cifra, representa a parte do mercado que apunta á vivenda secundaria ou á vivenda como activo financeiro, elementos que en última instancia explican o incremento de demanda propio do ciclo alcista recente, materializado especialmente en 2004-2007, anos en que a vivenda principal chega a niveis mínimos por debaixo do 20%. 251 1999 135 2000 215 2001 46 2002 113 2003 293 2004 704 2005 1314 2006 TOTAL 1960 2007 35 5. Dinámica residencial

5.2.2 Vivenda libre e de protección pública O ritmo de construcións de vivenda libre e de protección pública está ligado á situación económica pola que atravesa o estado nun momento determinado. A área funcional de Ribadeo é unha área pequena, na que o ritmo de construción de vivenda protexida foi moi irregular, caracterizada por promocións illadas e de pequenas dimensións. Dentro da vivenda de protección pública, ten máis relevancia a Vivenda de Promoción Pública (VPP), con 112 vivendas entre os anos 1992-2005, das cales 80 corresponden ao ano 2000, que representan máis dun 60% do total de vivendas construídas, e as 32 restantes ao ano 1994. De Vivenda de Protección Autonómica (VPA) construíronse na área funcional de Ribadeo 89 vivendas no período 1992-2005, que se concentran no período 2003-2005. 100% LIBRE VPA VPP 36 Mapa 5.7. Produción de vivenda libre entre 2001 e 2007 por mil habitantes. Fonte: COAG /INE. 800 700 600 500 400 300 200 100 0 1992 1993 1994 1995 1996 1997 LIBRE VPA VPP 1998 Gráfica 5.24. Construción de vivendas por tipo de protección (VPA: Vivenda de Protección Autonómica, VPP: Vivenda de Promoción Pública). Fonte: COAG / IGVS / INE. 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 80% 60% 40% 20% 0% 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 Gráfica 5.25 Proporción de vivendas construídas por tipo de protección (VPA: Vivenda de Protección Autonómica, VPP: Vivenda de Promoción Pública). Fonte: COAG / IGVS / INE. En termos absolutos, das 2.623 vivendas construídas na área funcional de Ribadeo, 201 corresponden a vivenda de protección pública, o que representa case un 8% do total. Por períodos, a vivenda protexida representa case un 10% da vivenda total construída no período 1992-2001, mentres que para o período 2002-2005, período do comezo do boom inmobiliario, esta porcentaxe baixa a un 5%. 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 5. Dinámica residencial

5.2.3 Evolución dos prezos da vivenda Os prezos de venda da vivenda libre en bloque amósanse no mapa 5.8, que evidencia o comportamento dispar rexistrado nos distintos concellos da área funcional. En termos absolutos, destaca claramente Barreiros, cunha media en 2007 de 2.000 /m 2, seguido de Ribadeo con arredor dos 1.700 /m 2. Destaca que Barreiros, a pesar de que nas análises sociodemográficas non se presenta como un concello máis dinámico que Ribadeo, presenta un prezo da vivenda maior. Isto dáse polo efecto de ser unha zona turístico-costeira que gañou en centralidade a Ribadeo. Para o concello de Trabada non se dispoñen de datos, o que xa é de por si significativo da baixa dinamicidade inmobiliaria do concello. En termos porcentuais, é Barreiros (que parte de baixos niveis) o que rexistra maiores incrementos, próximos ao 350% entre 1999-2007, seguido de Ribadeo (arredor do 200%). 2.500 37 Mapa 5.8 Prezos da vivenda nova libre construída en 2007. Fonte: TINSA. 2.000 1.500 1.000 500 1999 2002 2005 2007 5. Dinámica residencial - Barreiros Ribadeo Gráfica 5.26. Evolución de prezos de vivenda nova entre 1999, 2002, 2005 e 2007 (concellos con datos homoxéneos). Fonte: TINSA. Descompoñendo a evolución dos prezos nos seus compoñentes, compróbase que nas condicións estruturais do mercado inmobiliario de auxe da construción de vivendas, as presións á alza dos prezos trasládanse de forma preferente aos prezos do solo, xa que o diferencial do custo de construción entre concellos é moi reducido. Xa que ante un aumento da demanda moi xeneralizable en termos espaciais, o elemento diferencial clave vén sendo a centralidade, este factor reflíctese efectivamente no prezo do solo, e transmítese ao mercado a través da repercusión do prezo do solo sobre o prezo da vivenda.

700 600 500 400 300 1999 2007 200 100 0 Barreiros Ribadeo Gráfica 5.27. Evolución do prezo de repercusión do solo entre 1999 e 2007 (concellos con datos homoxéneos). Fonte: TINSA. 38 Mapa 5.9. Valor de repercusión do solo en 2007. Fonte: TINSA. Na gráfica 5.27 pode verse a evolución do prezo de repercusión do solo nos anos 1999 e 2007. Nela compróbase que é o concello de Barreiros o que experimentou unha subida moito máis forte do prezo de repercusión do solo, o que indica a maior centralidade que acadou, que se traduce nuns prezos finais da vivenda superiores.. 5. Dinámica residencial

5.3 Fogares 5.3.1 Cuantificación e caracterización dos fogares Os fogares da área funcional de Ribadeo incrementáronse de maneira notable dende o ano 1991 ata 2007,en máis de 1.000 fogares ata os case 5.500, que en termos relativos é un incremento do 23,4%. Este aumento tan importante dos fogares debeuse a un dobre efecto como se pode apreciar na táboa 5.1-: Por un lado ao incremento da poboación que experimentou a área funcional de Ribadeo E por outro a un proceso de redución do número de membros dos fogares, proceso estrutural en Europa e España nos últimos lustros Evolución do nº de fogares na Área Funcional 1991 2001 2007 Nº Fogares 4.449 4.953 5.488 en % 11,3% 10,8% TMF 1 3,31 2,85 2,62 Poboación 14.741 14.121 14.401 39 Táboa 5.1. Evolución dos fogares. Fonte: elaboración propia a partir de datos do INE (Censo e ECVF) 5000 4000 3000 2000 1000 0 1991 2001 7 ou máis persoas 6 persoas 5 persoas 4 persoas 3 persoas 2 persoas 1 persoa 1 TMF: Tamaño Medio do Fogar Se se caracteriza os fogares con base no número de membros nos anos 1991 e 2001 (que corresponden con datos do Censo), pode apreciarse o efecto de redución do tamaño medio do fogar. Sofren un forte incremento, en termos absolutos e relativos, os fogares unipersoais, e redúcense os fogares de 7 ou máis membros. Isto non é debido principalmente ás novas formas de convivencia como cabería esperar-, senón ao maior envellecemento da poboación como se detalla na alínea 2.3 Os fogares galegos: Evolución e estrutura territorial do Tomo I do Plan. 100% 80% 60% 40% 20% 7 ou máis persoas 6 persoas 5 persoas 4 persoas 3 persoas 2 persoas 1 persoa 5. Dinámica residencial Gráfica 5.28. A composición dos fogares entre 1991 e 2001. Fonte: INE. 0% 1991 2001 Gráfica 5.29. A composición dos fogares entre 1991 e 2001. Fonte: INE.

5.3.2 Evolución do esforzo no acceso á vivenda 25,00% 20,00% 15,00% 10,00% 35,00% 30,00% 25,00% 20,00% 15,00% 5,00% 0,00% 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 AF_Ribadeo Galicia Gráfica 5.31. Evolución do esforzo no acceso á vivenda usada. Área Funcional de Ribadeo e media de Galicia. Fonte: Elaboración propia sobre datos de BDE, INE e TINSA 10,00% 5,00% 0,00% 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 AF_Ribadeo Gráfica 5.30. Evolución do esforzo no acceso á vivenda nova. Área Funcional de Ribadeo e media de Galicia. Fonte: Elaboración propia sobre datos de BDE, INE e TINSA Na gráfica 5.30 de esforzo no acceso á vivenda nova, evidénciase como o esforzo na área funcional permaneceu por debaixo da media de Galicia entre os anos 1998-2005 e de maneira máis ou menos estable. A partir do ano 2005 comeza un proceso de converxencia e de incremento no esforzo, para situarse no ano 2006 o esforzo na área funcional lixeiramente por enriba da media galega. O valor máximo do esforzo no acceso á vivenda na área funcional, como en Galicia, é no ano 2007 situándose por enriba do 30%. Galicia 40 5. Dinámica residencial No referente á vivenda usada, o esforzo no acceso á vivenda da área funcional sitúase por debaixo da media galega para, a partir do ano 2005, comezar un período de converxencia. Debemos destacar os baixos valores no esforzo da área funcional de Ribadeo entre os anos 2002 e 2004. Isto é debido aos baixos prezos que rexistra a vivenda usada nestes anos que, dado o escaso número de observacións, non son estatisticamente significativos. Por concellos, é o concello de Barreiros o que rexistra un maior nivel de esforzo, situándose no ano 2007 por enriba do 35%, en consonancia co maior prezo da vivenda. Ribadeo, para o ano 2007 sitúase arredor do 30%.

40% 35% 30% 25% 20% 15% 10% 1998 2002 2007 5% 0% Barreiros Ribadeo Trabada 41 Gráfica 5.32. Evolución do esforzo no acceso á vivenda por concellos por anos (1998, 2002 e 2007). Fonte: Elaboración propia sobre datos de BDE, INE e TINSA. 5. Dinámica residencial

INSTITUTO INSTITUTO GALEGO GALEGO DA DA VIVENDA E SOLO 6.1 sd Proxeccións e estimación de necesidades de vivenda 6

6.1 Proxeccións e estimación de necesidades de vivenda 6.1.1 Rexistro de demandantes de vivenda de protección pública Un dos indicadores das necesidades de vivenda de protección pública vén da información que proporciona o rexistro único de demandantes de vivenda de protección pública do IGVS. Este é un indicador importante, xa que a xente que demande unha vivenda de protección ten que estar inscrita. Este indicador hai que tomalo con certas reservas, xa que: leva implantado relativamente pouco tempo e existe certa parte da poboación que non o coñece, para apuntarse hai que ir a unha das grandes cidades, co que hai que ter en conta o efecto desincentivo que isto supón para familias que viven afastadas da cidade. Na área funcional de Ribadeo as solicitudes de vivenda de protección pública concéntranse nos concello de Ribadeo e Barreiros, como cabería esperar, xa que son os concellos máis poboados (mapa 6.1). En cambio, no concello de Trabada o número de solicitudes é moi reducido. 43 6 Proxección e estimación de necesidades de vivenda Mapa 6.1. Número de solicitudes de vivendas por concello en 2008. Fonte: IGVS. No mapa 6.2 recóllese o número de solicitudes por concellos de orixe. Os datos moi baixos que amosa están a indicar a baixa percepción dos residentes dos concellos de necesitar unha vivenda de protección pública, aínda que hai que ter en conta as reservas realizadas.

Mapa 6.3. Relación de solicitantes entre solicitudes por concello en 2008. Fonte: IGVS. Mapa 6.2. Número de solicitantes de vivendas por concello en 2008. Fonte: IGVS. A pesar do baixo nivel de observacións, é unha análise interesante poñer en relación o número de solicitantes co número de solicitudes (mapa 6.3). Naqueles concellos nos que o valor está por enriba de 1, está a indicar que existen solicitantes que non fan solicitudes no concello no que residen. En cambio, no caso de que o valor sexa inferior a 1, non se pode chegar a ningunha afirmación, xa que cada solicitante pode realizar ata 4 solicitudes, pero pode realizar tamén unha soa solicitude. Neste caso, en Trabada hai 2 solicitantes, en cambio só hai unha solicitude. Polo que un destes, ou os dous solicitantes non ten interese en adquirir unha vivenda no seu concello de residencia. No caso de Ribadeo e Barreiros non se pode chegar a ningunha afirmación. 44 6 Proxección e estimación de necesidades de vivenda