Consellería de Economía e Facenda Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable 175
176
DE ACTIVIDADE O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Ente Público creado pola Lei 2/98, ten como principal obxectivo prestar diferentes servizos, nas áreas de informática, ós Servizos Centrais da Consellería de Economía e Facenda, ás Intervencións Delegadas, ás Delegacións Territoriais, ás Áreas de Recadación, ós corenta e dous Rexistros da Propiedade que actúan como Oficinas Liquidadoras da Consellería de Economía e Facenda e ás distintas Consellerías e Organismos Autónomos en áreas de Contabilidade, Retribucións de Persoal ou Tributarias. Ó longo do ano 2007 as actuacións que levou a cabo o CIXTEC estiveron enmarcadas no desenvolvemento de novas funcionalidades e na adecuación dos Sistemas Informáticos para potenciar a modernización dos procedementos internos da Consellería de Economía e Facenda, nos procedementos utilizados por outros Centros Directivos que utilizan procedementos da Consellería de Economía e Facenda e en achegar a administración ó cidadán, a través da internet, coas diferentes Oficinas Virtuais. Todas estas actuacións permitiron dispoñer de novos procedementos informatizados no ámbito da Xunta de Galicia o cal supuxo un importante incremento de usuarios dos Sistemas de Información da Consellería de Economía e Facenda, pasando de 3.906 no ano 2006 a 4.612 no ano 2007 supoñendo un Δ 27,6%. ÁREA DE SISTEMAS E COMUNICACIÓNS No ano 2007 pechouse o anel gigabit de Santiago de Compostela, engadindo o IGAPE, intervencións delegadas e outros organismos dependentes da Consellería que se atopan en San Lázaro. Este anel de alta velocidade está dotado de redundancia para evitar cortes no servizo por posibles avarías. Así mesmo, reestruturouse a rede privada virtual incluíndo as seguintes melloras de rendemento: 177
Aumentouse o ancho de banda considerablemente, de 6 a 160 Mb/s para a conexión coas OLDH s e recadadores, e de 20 a 60 Mb/s para a conexión a Internet. Aumentouse a seguridade e a fiabilidade, ó utilizar protocolos MPLS que melloran as características de encamiñamento e dispoñibilidade das liñas, independizando da Internet as comunicacións entre a Consellería e as OLDH s e recadadores. - Software Antispam. Procedeuse a eliminar o SPAM na entrada do correo reducindo de maneira significativa o correo non desexado. - Engadiuse, así mesmo, un control antivirus adicional ó proporcionado polo CIXTEC; os beneficios non repercuten só na seguridade, senón tamén no aproveitamento do ancho da banda. - Virtualización. Para poder conseguir un mellor aproveitamento e unha independencia do hardware, instaláronse máquinas virtuais nos distintos contornos, conseguindo unha alta dispoñibilidade xeográfica ó albergar as máquinas no Centro de Respaldo. Liberáronse moitos servidores acadando a reutilización dos mesmos e facilitando así a súa renovación. - O Sistema de Impresión, precisaba un redeseño pola elevada carga que debía soportar ó elevarse considerablemente o número de usuarios dos distintos Sistemas. - Fixéronse melloras nos dous compoñentes principais deste sistema: Gener e Merge. Isto fixo que aumentara a fiabilidade do sistema, conseguindo unha total estabilidade. - O 1 de xaneiro do ano 2008 entrará en produción unha nova aplicación de inventario e un novo Portal de Entidades Financeiras. - O proxecto contempla a automatización e tramitación, por vía telemática, de todos os expedientes que inician as entidades coa Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. 178
Sistema de Información Contable. No ámbito do Sistema de Información Contable puxéronse en produción diferentes funcionalidades. - Xestión de persoal na Dirección Xeral de Orzamentos: este novo desenvolvemento amplía o módulo de Orzamentos incluíndo a elaboración completa do Anexo de Persoal. Isto permite o seguimento do cadro de persoal e posibilita as simulacións con múltiples escenarios. - Tratamento da vinculación de aplicacións orzamentarias nun proxecto contable: vinculación de aplicacións orzamentarias dentro dun mesmo proxecto. Incorporouse un novo sistema de validacións relativo ás vinculacións no Xumco2 contemplando a nova vinculación intraproxecto e mantendo os tratamentos da vinculación sen proxecto e a vinculación entre proxectos. - Incorporación dos plans de actuación á Orzamentación 2008: na orde de elaboración do orzamento 2008 inclúense os plans de actuación e as líñas de actuacións sectoriais de carácter transversal. Desenvolveuse a asociación de proxectos orzamentarios a plans e liñas de actuación. Desenvolvéronse as validacións correspondentes. - Novas validacións na Orzamentación 2008 respecto á coherencia de eixos e obxectivos, indicadores e territorialización: incorporouse ós programas a relación de eixos e medidas ou categorías de gasto cos obxectivos final e intermedio; implementouse un novo conxunto de validacións das áreas xeográficas asociadas ós proxectos orzamentarios que permite o control por comarca, concello, zona, etc. nas clasificacións funcionais que se necesite e cando o proxecto analizado estea incluído nalgún plan ou liña de actuación; estableceuse unha serie de novas validacións respecto ó conxunto de indicadores admitidos en xeral e, en particular, en relación ós plans e liñas de actuación, ou ós eixes e medidas ou categorías de gasto. 179
- Certificación de saldos de crédito: o listado de saldos de créditos facilita a realización das incorporacións de crédito no peche e apertura do exercicio encardinando o Xestor, a Intervención Xeral e a Dirección Xeral de Orzamentos. Novos servizos a través da Oficina Virtual: - Delegación de permisos para operar na Oficina Virtual: esta transacción web permite que unha persoa física ou xurídica, autenticada con certificado dixital, autorice a outro NIF a realizar determinada operación de consulta ou modificación de datos residentes na contabilidade da Xunta de Galicia ou dalgún dos seus organismos autónomos. - Mantemento da conta bancaria: proporciónase unha transacción web na que as persoas físicas e as xurídicas, autenticadas con certificado dixital na oficina virtual de preceptores da Consellería de Economía e Facenda, poidan dar de alta, de baixa ou modificar as contas bancarias nas que desexen percibir os pagos da Xunta e de cada un dos seus organismos autónomos. - Implementar a multiplicidade de Programas Operativos de Fondos Europeos: a execución do orzamento 2007 realízase nun novo marco comunitario onde o Programa Operativo Integrado para Galicia no período 2000 a 2006 deixa de ser único e debe convivir -nos anos 2007 e 2008- cos novos programas operativos definidos para o período 2007-2013 nos distintos fondos europeos. - Xestión de certificación anual de IRPF: automatizáronse os cadres das certificacións dos Modelos 111 e 190. Elaborouse o Modelo 190 inicial e definitivo de 2006 para Xunta, Consello de Contas e Consello da Cultura Galega. - Cambios no formato dos ficheiros de transferencias bancarias: codificouse a posibilidade de emitir os ficheiros de transferencias bancarias que se remiten ós bancos pagadores en formato específico do Banco de España e en Norma 34-1 do Consejo Superior Bancario 180
respectando o formato actual de Norma 34. Implementouse, ademais, a posibilidade de remisión por EDItran. Estase procedendo á adaptación do Módulo de Subvencións co obxecto de: - Implementar o ordinal de NIF na fase D ademais da xestión da información de Subvencións requirida pola Intervención, que permitirá capturar a información sobre subvencións nunha única base de datos e mediante un sistema único, a información relativa ó Rexistro Público de Subvencións e base de datos de subvencións de Galicia. Capturarase a información de Xunta e OOAA integrada na contabilidade e tamén se recabará a información doutros entes cuxa contabilidade non reside en Xumco2 contemplando a remisión de información de Subvencións á base TESEO-net. - Co fin de dispor de datos segundo a metodoloxía aplicada polo Sistema Europeo de Contas (SEC-95), automatizaranse e centralizaranse as tarefas relativas á remisión polos xestores, á Intervención Xeral, de informes trimestrais e importes de previsións para o peche do exercicio. A achega de información poderá realizarse a través da intranet o da Internet. - Consulta de corredores, corredurías: desenvolveuse este novo servizo na oficina virtual que permite á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro informar sobre mutualidades de previsión social, Corredores, Corredurías de Seguros, Axentes, Sociedades de Axentes e Axentes de Banca vinculados dende a mesma base de datos, asinando dixitalmente as declaracións económico contables anuais. - Xestión do Punto Único de Información: a necesidade de proporcionar ós cidadáns un punto único de información sobre mutualidades de previsión e sobre corredores e corredurías de seguros esixe que se dote ó Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros dun mecanismo que remita automaticamente ó PUI (Punto Único de Información) as variacións relevantes que se produzan na súa base de datos. 181
- Segundo e sucesivos trámites de audiencia. Múltiples notificacións por trámite de audiencia coa posibilidade de reimpresión de documentos de cada unha das notificacións xa efectuadas por liquidación. - Documentos Sucesorios. Incluirase a Xestión dos Documentos Sucesorios dentro das actuacións do módulo do Imposto de Sucesións. Trátase dun novo tipo de expedientes de aceptación de herdanza con posibilidade de xerar unha transmisión automática ou unha sucesión asociada ó expediente. - Novo Regulamento de Recadación e Xestión de Aprazamentos. Realización da fase de análise dos procedementos necesarios para adecuar dende os requirimentos do novo Regulamento Xeral de Recadación. Con relación ó sistema de xestión de Aprazamentos terase en conta o novo Regulamento Xeral de Recadación que incluirá as seguintes funcionalidades: xestión dos pagos relativos a aprazamentos/fraccionamentos, automatización dos procesos de cálculo dos xuros de aprazamento, implantar a xestión de recursos presentados polo contribuínte contra os aprazamentos incluíndo os recursos contra a inadmisión a trámite,nova comunicación dos aprazamentos coa Caixa Xeral de Depósitos, cambios nas débedas en executiva, inclusión da consecuencia de inadmisión a trámite dunha solicitude de aprazamento. Modificación dos acordos denegatorios. Calendario de pagos por parte do contribuínte. Presentación de garantías parciais sobre prazos. - Fase II de Notificacións. Nesta fase incorpóranse de forma paulatina ó novo sistema de notificacións, mediante firma dixitalizada e impresión centralizada do correo externo, todos aqueles procedementos notificadores relativos á xestión do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos 182
documentados así como a análise xeral dos requirimentos nos departamentos afectados polo sistema de Xestión Tributaria. - Sistema de Información Contable en Xeito, devolución de ingresos indebidos. Ó longo do ano 2007 realizouse a fase de análise dos procedementos para levar a cabo a implantación dun sistema central de información contable, o cal comprende o desenvolvemento dos seguintes procesos que se implantarán no transcurso do exercicio 2008: Procesos de fiscalización, toma de razón e contraído das autoliquidacións e as débedas notificadas ós contribuíntes. Xestión de aprazamentos e fraccionamentos. Xestión dos recursos presentados polo contribuínte, retencións, suspensións, etc. que causan un cambio no estado da débeda nun momento determinado. Aplicación dos ingresos ás débedas existentes. Adecuación dos procesos de contabilidade con cadres dinámicos entre o Sistema de Información Tributaria e o Sistema Orzamentario e Contable. Modificación dos procesos de xestión para diferenciar a información que se refire á xestión dos impostos, da información que se refire á xestión das débedas. - Inspección. Análise dos procedementos necesarios para a informatización total do departamento de Inspección nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda. Nesta fase leváronse a cabo os labores de análise que comprenden os futuros desenvolvementos na parte de valoracións e informes e os procedementos inspectores. 183
Así mesmo, levouse a cabo o mantemento evolutivo nas seguintes actuacións. - ALIS 2.6. Repartos de usufrutos sucesivos e simultáneos e nova Lei de Dereito Civil de Galicia. - Domiciliación bancaria de aprazamentos/fraccionamentos. Comunicación por medio do sistema EDITRAN coas entidades bancarias que admiten domiciliacións de aprazamentos / fraccionamentos. - Creación dunha sexta delegación territorial sita en Santiago de Compostela para dar servizo os procedementos de xestión recadatoria. - Posibilidade de cambio automático no número de documento dos ingresos por posibles erros bancarios. - Aplicación de ingresos a Varios a Investigar cando non estea definido o concepto orzamentario de destino. - Posibilidade de liquidación de máquinas recreativas multixogador. - Presentación, vía telemática, de débedas en executiva por parte de Augas de Galicia, Portos de Galicia, FOGA, e os concellos de Rianxo e Boiro. - Modificación dos criterios de facturación mensual ás Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario. - Plataforma de conexión co Colexio de Notarios. Neste período fixéronse as modificacións necesarias propostas por este colectivo para a presentación e liquidación do imposto de transmisións. Anulación de débedas de menos de tres euros. Novas funcionalidades da Oficina Virtual Tributaria. - Notificacións. Aviso mediante SMS ou correo electrónico de notificacións pendentes. 184
Acuse de recibo vía Web mediante firma electrónica e visualización das débedas pendentes por contribuínte. Verificación e visualización dos documentos notificados. A implantación do novo sistema de notificacións permitirá a verificación e visualización de todos os documentos xerados polo Sistema de Información Tributaria (Xeito). Consulta dende a Oficina Virtual Tributaria das débedas contraídas polo contribuínte e o seu pagamento, se se desexa. De igual xeito, enlazarase co módulo de certificados de débedas para que, unha vez satisfeita a débeda, o contribuínte poida obter un certificado de estar ó corrente coa administración autonómica. Pago de taxas utilizando a actual pasarela de pago de liquidacións notificadas pola administración. Casinos. Presentación e pago das liquidacións derivadas do imposto sobre esta materia. Bingo. Presentación e pago das liquidacións derivadas do imposto sobre esta materia. Caixa Xeral de Depósitos. Presentación telemática de avais coas sociedades de garantía recíproca (AFIGAL e SOGARPO). Ó longo do ano 2008 o CIXTEC, ademais dos novos procedementos informáticos a mecanizar e da necesaria e adecuación dos existentes a novas normativas nos distintos Sistemas de Información, iniciará tres plans estratéxicos que contribuirán a darlle un pulo importante á modernización da Administración. - Plan para Tecnoloxías da Información en Software Libre. Permitirá incorporar ferramentas de software libre e estándares abertos nas distintas plataformas tecnolóxicas supoñendo un importante aforro de custes, facer máis transparente a Administración ó permitir a accesibilidade dende diferentes navegadores e plataformas, utilización de distintos 185
sistemas operativos e ferramentas de ofimática con diferente software sen custo e, facilitar a creación de emprego ó desenvolver a programación en sistemas operativos en software non privativo con código aberto. - Plan para a implantación de Xestión Documental Electrónica. Esta actuación ten como finalidade a axilización da Xestión Administrativa coa supresión do documentos en soporte papel constituíndo expedientes electrónicos que poderán ser xestionados dende os distintos centros da Consellería de Economía e Facenda ou doutras Consellerías integradas nun único Xestor Documental. A implementación desta nova tecnoloxía producirá, como efecto inmediato, a eliminación de elevadas cantidades de papel, evitará documentos duplicados, facilitará a presentación mediante rexistro telemático, buscas dinámicas por contidos e integración en todos os procedementos da firma dixital. - Plan para Integración mecanizada dos Recursos Humanos. Ó longo do ano 2008, e encadrado coas tecnoloxías dos anteriores plans, levarase a cabo o deseño dunha base de datos dixital de expedientes de persoal, integrando de maneira telemática os procedementos e fluxos de información entre os distintos centros directivos e habilitacións da Xunta de Galicia coa Dirección Xeral da Función Pública e a Consellería de Economía e Facenda. Nesta integración contemplarase, en varias fases, a xestión de expedientes, rexistro de persoal, seguimento da oferta pública de emprego, provisións de concursos, integración das estruturas orgánicas e RPT s e acción social. Dixitalizarase en orixe os documentos, permitindo levar a cabo os trámites a través de internet. Todos os Sistemas de Información da Consellería estarán afectados por estes plans e, contemplando as novas plataformas tecnolóxicas antes descritas, levarase a cabo ó longo do ano 2008 o desenvolvemento de novas funcionalidades nos Sistemas Contables, Tributarios, de Xestión de Persoal e de Microinformática. 186
- Sistema de Información Contable. - Rexistro de Facturas e asociación das facturas ós documentos contables: O Sistema de información Contable Xumco2 proporcionará un Rexistro de Facturas cos seguintes obxectivos: Rexistrar cada unha das facturas que se presenten á Xunta ou a calquera dos seus organismos Autónomos, directamente ou a través das diferentes habilitacións. Determinados documentos contables estarán relacionados coas súas facturas. O rexistro informará das facturas non relacionadas con documentos contabilizados. O Xumco2 controlará os importes facturados pendentes de contabilizar. Garantirase un único pago por factura. Poderase asociar unha imaxe da factura e contemplarase a xestión de factura electrónica a cada factura rexistrada. - Módulo de Financiamento Afectado O obxecto último do módulo de financiamento afectado é permitir a interrelación de ingresos e gastos da Xunta de Galicia por modalidades de financiamento e por agregación das ditas modalidades. Co fin de proporcionar para cada data os totais e os saldos por modalidade de financiamento -e por agregación de ditas modalidades-, facilitarase á Dirección Xeral de Orzamentos e á Intervención Xeral: - Subsistema do Módulo de Ingresos que permita o desglose por modalidade de financiamento dos ingresos arqueados. - Subsistema do Módulo de Gastos que permita a explotación dos datos de gastos por modalidade de financiamento, Programa Operativo, eixes, medidas, categorías, actuacións, operacións, etc. 187
- Módulo de Financiamento Afectado propiamente dito, que relacione os dous subsistemas anteriores e informe, ó nivel de detalle necesario, de saldos e balances das categorías de ingreso e gasto. - Módulo de Habilitación Proporcionarase unha ferramenta que permita unha xestión completa e homoxénea para todas as habilitacións da Xunta e OO.AA. cuxa contabilidade reside no Sistema de Información Contable. O sistema deberá adaptarse ás estruturas e procedementos de xestión do Xumco2 actualmente para o desglose nos perceptores finais das operacións contables dende a fase D de execución orzamentaria ata a fase K. - Deberanse contemplar os distintos condicionamentos e particularidades que se impoñen á xestión en función do tipo de pago librado ás habilitacións, isto é, en firme e a xustificar. Tratamento en particular, dos requisitos de xestión propios dos pagos a xustificar fan necesaria a implementación dun sistema de xestión para o control e rexistro de facturas da habilitación que debe relacionarse adecuadamente cos documentos contables que libran fondos que posteriormente se xustificarán. Facilitarase a xestión das facturas electrónicas cos provedores. - Facilitaranse procedementos para xestionar os saldos de tesourería das contas de habilitación en consonancia cos procedementos de control de créditos por aplicación orzamentaria antes descritos cos que están intimamente relacionados e proporcionaranse medios de conciliación bancaria. - Proporcionarase a cada habilitación a posibilidade de levar unha xestión independente do resto das habilitacións dos datos relevantes dos seus perceptores, mantendo unha base de datos única para todo o Sistema de Información Contable. Novos servizos do Xumco2 a través da Oficina Virtual: 188
- Mantemento das cesións de crédito As altas, baixas e modificacións das cesións de crédito das persoas físicas ou xurídicas respecto ós seus créditos coa Xunta de Galicia ou algún dos seus organismos autónomos con carácter xenérico ou específico a favor de cesionario, rexístrase actualmente nas distintas Intervencións. Preténdese facilitar os trámites das cesións de crédito proporcionando un procedemento seguro autenticación con certificado dixital e sinatura dixital- a través da Oficina Virtual do Preceptor. - Proporcionarase unha transacción web na que as persoas físicas ou xurídicas autenticadas con certificado dixital na oficina virtual de preceptores da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia poidan dar alta, modificar ou cancelar as cesións de crédito rexistradas polas distintas Intervencións na aplicación Xumco2 de contabilidade da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos. - Poderán manterse diferentes cesións de crédito para cada un dos distintos identificadores achegados por un determinado NIF. Permitirase o mantemento de cesións xenéricas para unha ou máis dunha Consellería, ademais das específicas dunha referencia. - Permitirase que o mantemento das cesións se realice por quen, autenticado co seu certificado dixital persoal, fora previamente autorizado a realizar esta operación concreta de alta, baixa ou cancelación da cesión de crédito polo titular do dereito. Ó longo do exercicio 2008 está previsto realizar os seguintes traballos na Xestión Tributaria - Novo Regulamento de Recadación e Xestión de Aprazamentos. Implementación dos procedementos necesarios para adecuar o Sistema de Información Tributaria ós requirimentos do novo Regulamento Xeral de Recadación. 189
- Posta en marcha do novo sistema de xestión de Aprazamentos baseado no Regulamento Xeral de Recadación. Novas funcionalidades a implementar - Xestión dos pagos relativos a aprazamentos/fraccionamentos mediante domiciliación bancaria nunha conta do contribuínte suprimindo a notificación de cartas de pago e efectuando os cargos automáticos en conta bancaria. Desenvolverase un procedemento informático para o intercambio e consolidación desta información coas Entidades Financeiras. - Automatización dos procesos de cálculo dos xuros de aprazamento cando exista un cambio ó principio do exercicio nas porcentaxes. Isto evitará as notificacións e/ou pagos de aprazamentos con xuros xa calculados segundo as porcentaxes de exercicios anteriores. Automatización dos procesos de cálculo dos xuros de aprazamento cando se produce un pago da débeda anterior ó vencemento da mesma. - Implantar a xestión de recursos presentados polo contribuínte contra os aprazamentos incluíndo os recursos contra a inadmisión a trámite. - Nova comunicación dos aprazamentos coa Caixa Xeral de Depósitos especialmente das garantías e avais permitindo dende o módulo de Aprazamentos coñecer a existencia dos devanditos avais; a contía e o estado dos mesmos así como ordenar a súa devolución ou execución con reflexo na Caixa Xeral de Depósitos. - Para as débedas en executiva (SCR) teranse en conta os cambios nos procedementos e no cálculo da recarga motivados polo novo Regulamento Xeral de Recadación. Introducirase o novo concepto de Data de Inicio do Período Executivo, ademais de modificar o sistema de comunicación coas zonas de recadación. - Inclusión da consecuencia de inadmisión a trámite dunha solicitude de aprazamento; notificación da dita inadmisión contra a cal cabe recurso. 190
- Modificación dos acordos denegatorios incluíndo os novos prazos para o pago do principal da débeda e a liquidación de xuros, entre outras modificacións. - Permitirase a posibilidade de proposición dun calendario de pagos por parte do contribuínte. - Incluiranse novas funcionalidades que permitan a presentación de garantías parciais sobre os prazos dun fraccionamento, incluso cando o devandito prazo reflicta varias liquidacións, tanto en voluntaria como en executiva. - Fase II de Notificacións. Nesta fase iranse incorporando de forma paulatina ó novo sistema de notificacións, mediante firma dixitalizada e impresión centralizada ó correo externo, todos aqueles procedementos notificadores xestionados directamente dende o Sistema de Información Contable, tales como: notificacións do departamento de inspección, acordos de aprazamento/fraccionamento, acordos de compensación de débedas e acordos de resolución de Recursos. - Procederase, así mesmo, á modificación dos actuais acordos de liquidacións e trámites de audiencia nos impostos de Sucesións e Doazóns. - Sistema de Información Contable en Xeito, devolución de ingresos indebidos. - Neste período realizarase a programación e implantación deste sistema de información contable no que a análise foi realizada durante o exercicio 2007, traballará conxuntamente cos módulos afectados polo novo Regulamento Xeral de Recadación e dará servizo ó resto dos procesos existentes en Sistemas de Información Contable. - O novo sistema sustentarase na implantación dun modelo baseado, con apuntes de valores positivos e negativos, en contas que representen as 191
liquidacións, de maneira que todas as actuacións que se realicen durante toda a xestión quedarán reflectidas nas devanditas contas. Entre os procesos que se verán afectados pola implantación do devandito sistema inclúense os seguintes: - Os procesos de fiscalización, toma de razón e contraído das autoliquidacións e as débedas notificadas ós contribuíntes. - A xestión de aprazamentos e fraccionamentos. - A xestión dos recursos presentados polo contribuínte, retencións, suspensións, etc. que causan un cambio no estado da débeda nun momento determinado. - A aplicación dos ingresos ás débedas existentes. - A adecuación dos procesos de contabilidade con cadres dinámicos entre o Sistema de Información Tributaria e o Sistema Orzamentario e Contable. - A modificación dos procesos de xestión para diferenciar a información que se refire á xestión dos impostos, da información que se refire á xestión das débedas. Novas funcionalidades da Oficina Virtual Tributaria. - Pago de Liquidacións. Desenvolvemento dunha nova pasarela para o pago telemático das liquidacións practicadas pola administración, similar á desenvolvida para o pago de autoliquidacións. - Pago das débedas notificadas ó contribuínte, providencias de embargo, prazos, etc.; contemplando, así mesmo, a posibilidade de realizar un pago parcial dunha débeda e incluso pagos que comprendan varias débedas. - Posibilitar o pago con tarxeta de crédito ou de débito tanto para as liquidacións como para as autoliquidacións e as taxas. - Aprazamentos. 192
Dende a Oficina Virtual permitirase efectuar solicitudes de aprazamento de débedas contraídas coa administración autonómica e solicitudes de aprazamento no momento de realizar a declaración dos impostos que se poden levar a cabo dende a Oficina Virtual Tributaria. - Outras Funcionalidades. - A presentación telemática por parte do contribuínte de solicitudes de compensación de débedas. - A presentación telemática de solicitudes de devolución de ingresos indebidos. - Servizos Web. Proporcionar servizos a outras entidades ou organismos co fin de subministrar información en tempo real e permitir a presentación e pago telemático de liquidacións directamente dende aplicacións de terceiros, así como a comprobación do pago das mesmas. - ICA. Presentación e pago das liquidacións relativas ó Imposto de Contaminación Atmosférica. - Presentación, vía telemática, de débedas en executiva por parte da Dirección Xeral de Transportes e da Consellería de Industria. - Plataforma de conexión co Colexio de Notarios. Neste exercicio faranse as probas de integración de datos e posterior posta en marcha da presentación e liquidación do imposto de transmisións dende os notarios a través do Colexio de Notarios. - Novos procedementos de gravación e comprobación automática de valores dos bens por parte dos servizos de valoracións sen ser necesaria a valoración do facultativo. - Censo nacional. Mediante acordos coa Axencia Tributaria neste período tense previsto o acceso á totalidade do censo nacional de contribuíntes. Así mesmo, levarase a cabo un proxecto piloto de Xestión documental para a elaboración dun expediente tributario electrónico na Delegación de Lugo, co obxecto de estendelo ó resto das Delegacións Territoriais da Consellería de Economía e Facenda. 193
194
ESTADOS FINANCEIROS 195
196
ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA - 2008 ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN SOCIEDADE: CIXTEC DEBE Miles de euros HABER REDUCCIÓN DE EXISTENCIAS AUMENTO DAS EXISTENCIAS APROVISIONAMENTOS 0 VENDAS NETAS 0 GASTOS DE PERSOAL 4.997 Vendas nacionais 0 Soldos e salarios 3.731 Exportacións 0 Seguridade Social a cargo da empresa 1.089 Prestación de servicios 0 Indemnizacións 0 INGRESOS ACCESORIOS DA EXPLOTACIÓN 0 Contribucións a sist. complementarios de pensións 0 Alugueiros 0 Outros 177 Outros 0 AMORTIZACIÓNS 4.650 INGRESOS FINANCEIROS E ASIMILADOS 4.650 Do inmobiliz ado material 1.650 Dividendos 0 Do inmobilizado inmaterial 3.000 Xuros 0 De gastos de establecemento 0 Diferencias positivas de cambio Inv.financ.temporais 0 VARIACIÓN DAS PROVISIÓNS DO INMOBILIZADO 0 Diferencias positivas de cambio Inv.financ.permanentes 0 Outros 0 VARIACIÓN DAS PROVISIÓNS DE TRAFICO 0 Ingresos para distribuir en varios exercicios, aplicados 4.650 Variación das provisións de existencias 0 SUBVENCIÓNS A EXPLOTACIÓN 7.413 Variac. Prov. de perdas Ctos. Incobrables 0 Da Comunidade Autónoma 7.413 Variacións outras provisións de tráfico 0 Doutros Entes Públicos (con detalle) 0 OUTROS GASTOS DE EXPLOTACIÓN 7.216 Doutros (especificar) 0 Servicios exteriores 7.216 TRABALLOS REAL. EMPR. PARA O SEU INMOBILIZADO 4.800 Impostos sobre beneficios 0 INGRESOS ORDINARIOS 16.863 Outros tributos 0 PERDAS DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS 0 Outros gastos de xestión corrente 0 Dotación ó fondo de reversión 0 GASTOS FINANCEIROS E ASIMILADOS 0 De obrigas e bonos 0 De préstamos e créditos 0 Por descontos de efectos comerciais 0 Dif. negativas de cambio Inv.Financ. temporais 0 Dif. negativas de cambio Inv.Financ. permanentes 0 Outros 0 Gastos para distrib. en varios exercicios, aplicados 0 VARIACIÓN PROV. INVEST. FINANCEIROS 0 A longo prazo 0 A curto prazo 0 SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLA EMPRESA 0 GASTOS ORDINARIOS 16.863 BENEFICIO DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS 0 RESULTADOS NETOS DE SUBVENCIÓNS -7.413 +BENEFICIO DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS 0 +SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLA EMPRESA 0 -SUBVENCIÓNS Á EXPLOTACION 7.413 -PERDAS DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS 0 197
SOCIEDADE: CIXTEC ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA - 2008 ORZAMENTO DE CAPITAL ORIXE DE FONDOS Miles de euros APLICACIÓN DE FONDOS RECURSOS XERADOS POLAS OPERACIÓNS 0 PROVISIÓNS PARA RISCOS E GASTOS 0 Cash-flow actividades ordinarias 0 ACCIONISTAS POR DESEMBOLSOS NON ESIXIDOS 0 Amortizacións 4.650 GASTOS DE ESTABLECEMENTO E FORMALIZACIÓN DE DEBEDAS 0 Provisións netas de explotación (debe-haber) 0 Gastos de constitución, primeiro establecemento e ampliación de capital 0 Gastos e ingresos para distribuir en varios exercicios, aplicados -4.650 Gastos, emisión de débeda e outros gastos financeiros diferidos 0 Resultado ordinario antes de subvencións -7.413 Subvencións netas á explotación 7.413 ADQUISICIÓN DE INMOBILIZADO 6.838 Diferencias de cambio netas de explot.temp.(debe-haber) 0 Inmobilizado material 1.050 Diferencias de cambio netas de explot.perm.(debe-haber) 0 Terreos e cons truc cións 0 Gastos e ingresos extraordinarios 0 Instalacións técnicas e maquinaria 0 APORTACIÓNS DE CAPITAL 0 Da Comunidade Autónoma 0 Outras instalacións, utensilios e mobiliario 30 Doutros entes públicos 0 Anticipos e inmobilizacións materiais en curso 0 De sociedades públicas 0 Outro inmobilizado material 1.020 Doutros (especificar) 0 Inmobilizado inmaterial 5.788 SUBVENCIONS DE CAPITAL 6.838 Gastos de investigación e desenvolvemento 5.090 Da Comunidade Autónoma 6.838 Propiedade industrial 0 Doutros entes públicos 0 Fondo de comercio, dereitos de traspaso 0 Doutros (especificar) 0 Outro Inmobilizado inmaterial (especificar) 698 OUTROS INGRESOS PARA DISTRIBUIR EN VARIOS EXERCICIOS FINANCIAMENTO ALLEO A LONGO PRAZO 0 Préstamos da Comunidade Autónoma 0 Inmobilizado financeiro 0 Préstamos doutros entes públicos 0 Empresas do Grupo 0 Crédito oficial 0 Empréstitos e outros pasivos análogos 0 Empresas asociadas 0 Préstamos de empresas do grupo 0 Outros investimentos financeiros 0 Préstamos de empresas asociadas 0 ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS PROPIAS Préstamos doutras empresas 0 REDUCCIÓN DE CAPITAL Acredores a longo prazo das Administracións públicas 0 DIVIDENDOS E OUTROS REPARTOS DE BENEFICIOS 0 Acredores a longo prazo excepto das Admóns. públicas 0 A Comunidade Autónoma 0 ALLEAMENTO DE INMOBILIZADO 0 A outros entes públicos 0 Inmobilizado material 0 A sociedades públicas 0 Inmobilizado inmaterial 0 Alleamento inmobilizado financeiro 0 A outras (especificar) 0 Empresas do grupo 0 CANCELACION OU TRASPASO A CURTO PRAZO DE DEBEDA 0 Empresas asociadas 0 Préstamos da Comunidade Autónoma 0 Outros investimentos financeiros 0 Préstamos doutros entes públicos 0 ALLEAMENTO DE ACCIÓNS PROPIAS Crédito oficial 0 CANCELACION ANTICIPADA OU TRASPASO A CURTO PRAZO Empréstitos e outros pasivos análogos 0 DE INMOBILIZACIONS FINANCEIRAS 0 Préstamos de empresas do grupo 0 Empresas do grupo 0 Préstamos de empresas asociadas 0 Empresas asociadas 0 Doutras débedas 0 Outros investimentos financeiros 0 De provedores de inmobilizado e outros 0 TOTAL ORIXES 6.838 TOTAL APLICACIÓNS 6.838 DIMINUCIÓN CAPITAL CIRCULANTE AUMENTO CAPITAL CIRCULANTE 0 O.K. VARIACIÓN DO FONDO DE MANIOBRA -Aumento das existencias 0 -Aumento de accionistas polos desembolsos esixidos 0 -Aumento debedores excepto Admóns.públicas 0 -Aumento debedores das Admóns.públicas 0 -Aumento contas financeiras 0 -Aumento axuste pola periodificación de activos 0 ACTIVO CIRCULANTE 0 -Reducción das existencias 0 -Aumento acred. curto plazo excepto Admóns.públicas 0 -Aumento acredores curto plazo das Admóns.públicas 0 -Aumento axuste pola periodificación de pasivos 0 PASIVO CIRCULANTE 0 VARIACIÓN FONDO DE MANIOBRA 0 198
SOCIEDADE: CIXTEC ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA - 2008 BALANCE DE SITUACIÓN Miles de euros ACTIVO 2.006 2.007 2.008 δfm 08/07 Accionistas (socios) por desembolsos non esixidos 0 0 0 Gastos de establecemento 0 0 0 Inmobilizado inmaterial neto 11.338 14.500 17.288 Inmobilizado material neto 5.387 6.000 5.400 Provisións do inmobilizado non financeiro 0 0 0 Inmobilizado financeiro neto 0 0 0 Accións propias 0 0 0 Gastos para distribuir en varios exercicios 0 0 0 Accionistas por desembolsos esixidos 0 0 0 Existencias 23 23 23 Debedores ordinarios 10 5 5 0 Debedores administracións públicas 2.998 0 0 0 Contas financeiras 458 1.100 1.100 0 Axustes por periodificación 5 5 5 TOTAL ACTIVO 20.220 21.633 23.821 PASIVO 2.006 2.007 2.008 Fondos propios 17.811 19.912 19.912 Subvencións en capital 0 0 2.188 Diferencias positivas de cambio 0 0 0 Outros ingresos para distribuir en varios exercicios 0 0 0 Provisións para riscos e gastos 1 1 1 Acredores a longo prazo 0 0 0 Acredores a curto prazo, ordinarios 2.201 1.500 1.500 0 Acredores a corto prazo, administracións públicas 207 220 220 0 Provisións para operacións de tráfico 0 0 0 0 Axustes por periodificación 0 0 0 TOTAL PASIVO 20.220 21.633 23.821 199
SOCIEDADE: CIXTEC ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA - 2008 CADRO DE FINANCIAMENTO Miles de euros 2.006 2.007 2.008 Máis : RECURSOS XERADOS POLAS OPERACIONS (antes de subvencións) -5.206-8.792-7.413 Menos : AUMENTOS DAS NECESIDADES OPERATIVAS DE FONDOS 722-2.315 0 Existencias 4 0 0 Debedores excepto Administracións Públicas 8-5 0 Axustes pola periodificación de activos -2 0 0 Accionistas polos desembolsos esixidos 0 0 0 Debedores das administracións públicas 2.058-2.998 0 Acredores de administracións públicas -26-13 0 Acredores excepto administracións públicas -1.320 701 0 Axustes por periodificación pasivos 0 0 0 Igual : FONDOS XERADOS POLAS OPERACIÓNS -5.928-6.477-7.413 Máis : RECURSOS EXTERNOS OBTIDOS 11.933 12.723 14.251 Contribucións de capital 0 0 0 Subvencións en capital 5.546 5.849 6.838 Subvencións á explotación 6.387 6.874 7.413 Outros ingresos para distribuir en varios exercicios 0 0 0 Financiamento alleo a longo prazo 0 0 0 Alleamento de inmobilizado 0 0 0 Alleamento de accións propias 0 0 0 Cancelación ant. traspaso a curto prazo inmobilizacións financeiras 0 0 0 Igual : TOTAL FONDOS OBTIDOS 6.005 6.246 6.838 Menos : DOTACIÓNS -5.547-5.604-6.838 Accionistas por desembolsos non esixidos 0 0 0 Gastos de establecemento e formalización de debedas 0 0 0 Imobilizado material 1.449 1.602 1.050 Inmobilizado inmaterial 4.098 4.002 5.788 Inmobilizado financeiro 0 0 0 Adquisición de accións propias 0 0 0 Reducción de capital 0 0 0 Dividendos e outros repartos de beneficios 0 0 0 Cancelación ou traspaso a curto prazo de debedas a longo prazo 0 0 0 Provisións para riscos e gastos 0 0 0 Igual : TOTAL CONTAS FINANCEIRAS XERADAS 458 642 0 Máis : CONTAS FINANCEIRAS (SALDO INICIAL) 0 458 1.100 Igual : CONTAS FINANCEIRAS (SALDO FINAL) 458 1.100 1.100 200
SOCIEDADE: CIXTEC ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA - 2008 CONTA DE PERDAS E GANANCIAS Miles de euros 2.006 2.007 2.008 Vendas Netas, prestación de servicios e outros ingresos de explotación 0 Máis : Variación de existencias de productos terminados e en curso 0 0 Máis : Traballos realizados pola empresa para o seu inmobilizado 3.294 3.800 4.800 Igual : VALOR DA PRODUCCIÓN 3.294 3.800 4.800 Menos : Aprovisionamentos 0 0 0 Menos : Gastos externos e de explotación 5.321 6.090 7.216 Igual : VALOR ENGADIDO DA EMPRESA -2.027-2.290-2.416 Menos : Outros gastos 0 0 0 Menos : Gastos de persoal 4.360 4.584 4.997 Igual : RESULTADO BRUTO DA EXPLOTACIÓN -6.387-6.874-7.413 Menos : Dotacións para amortización de inmobilizado 4.600 4.900 4.650 Menos : Dotacións ó fondo de rev ersión 0 0 0 Menos : Insolvencias de Créditos e Variación provisións de Tráfico 0 0 Igual : RESULTADO NETO DA EXPLOTACIÓN -10.987-11.774-12.063 Máis : Ingresos financeiros e outros ingresos a distribuir imputados 4.600 4.900 4.650 Menos : Gastos financeiros 0 0 0 Menos : Dotacións para amortizacións e provisións financeiras 0 0 0 Igual : RESULTADO ACTIVIDADES ORDINARIAS -6.387-6.874-7.413 O.K. Máis : Resultado proc. do inmobilizado e ingresos e gastos excepcionais 0 0 Menos : Variación das Provisións do inmobilizado 0 0 Igual : RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS E SUBVENCIÓNS -6.387-6.874-7.413 Máis : Subvencións netas á explotación 6.387 6.874 7.413 Igual : RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS 0 0 0 Menos : Impostos sobre sociedades e outros 0 0 0 Igual : RESULTADO DESPOIS DE IMPOSTOS (BENEFICIO OU PERDA) 0 0 0 201
202
FICHAS ORZAMENTARIAS 203
204
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 640 SOLDOS E SALARIOS 3.730.609,31 642 COTIZACIÓN SEGURIDADE SOCIAL 1.088.773,18 6440 FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO DE PERSOAL 103.831,74 6441 ACCIÓN SOCIAL Ó PERSOAL DO CENTRO 73.543,98 TOTAL 4.996.758,21 Comprende todos os gastos de nóminas dos traballadores, Seguridade Social a cargo da empresa, incluíndo as actualizacións do cadro de persoal ós novos complementos recollidos no IV Convenio Colectivo, así como a subida salarial do 3,0% para o exercicio 2008. Así mesmo recóllense os gastos de Formación e Perfeccionamento do persoal do Centro e Acción Social para os traballadores 6040 COMPRAS DE MATERIAL INFORMÁTICO INVENTARIABLE 102.000,00 Adquisición de material informático, tóner, OPC s e calquera outro susceptible de conformar un grupo de existencias. 6070 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS ENTIDADES(ENCADERNACIÓN) 35.700,00 Traballos de encadernación de libros encargados a empresas especializadas. 205
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 6221 REPARACIÓNS DE CONSTRUCIÓNS 40.800,00 Previsión para facer fronte ós gastos de reparacións e conservación do Centro. 6222 REPARACIÓNS EN DEPENDENCIAS EXTERIORES 10.200,00 Previsión para levar a cabo reparacións en dependencias distintas do Centro. 6223 REPARACIÓNS E CONSERVACIÓN MAQUINARIA (propia e arrendada) 5.100,00 Previsión para reparación e conservación de maquinaria propia do Centro ou arrendada. 6224 REPARACIÓNS MOBILIARIO E EQUIPOS DE OFICINA 10.200,00 Orzamentación para reparación do mobiliario e equipos de oficina do Ente. 206
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 6227 REPARACIÓNS E CONSERVACIÓN EQUIPOS PARA PROCESOS INFORMACIÓN 51.000,00 Gastos previstos para as reparacións e conservación en equipos para procesos de información. 6228 REPARACIÓNS E CONSERVACIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS 391.680,00 Mantemento e actualización de aplicacións informáticas propiedade do CIXTEC. 6229 REPARACIÓNS E CONSERVACIÓN ELEMENTOS DE TRANSPORTE 1.020,00 Mantemento e reparacións dos vehículos que compoñen o parque móbil do CIXTEC. 6230 SERVIZOS PROFESIONAIS INDEPENDENTES 18.360,00 Servizos de profesionais, Auditorías de contas definitivas e interinas así como outro tipo de informes técnicos de avogados, arquitectos. 207
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 62301 SERVIZOS PROFESIONAIS CONVENIOS 12.240,00 Servizos profesionais referentes á asesoría xurídica prestada ó CIXTEC, segundo convenio asinado coa Dirección Xeral de Asesoría Xurídica. 6240 TRANSPORTES 11.220,00 Transportes de material informático ás distintas Delegacións de Economía e Facenda e Oficinas liquidadoras de distrito hipotecario. 6250 PRIMAS SEGUROS 7.140,00 Cantidades previstas devengar pola entidade en concepto de primas de seguros en concreto a cobertura de gastos de primas de seguros de coches oficiais. 6270 PUBLICIDADE E PROPAGANDA 10.200,00 Gastos ocasionados con motivo da publicación en periódicos e outras publicacións dos anuncios relativos a oposicións ou concursos, que esixe a Lei 10/1996 de 5 de novembro. 208
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 6280 ENERXÍA ELÉCTRICA 59.160,00 Previsión para o gasto de abastecemento de electricidade a consumir durante o exercicio. 6281 AUGA 2.040,00 Previsión para o gasto por consumo de auga no CIXTEC. 6290 COMPRAS MATERIAL OFICINA ORDINARIO 51.000,00 Compra de material de oficina non susceptible de inventariar que van ser consumidos ó longo do exercicio orzamentario. 6291 PRENSA, REVISTAS E LIBROS 2.040,00 Gastos de compras de libros e revistas especializadas en materias informáticas que permitan a actualización de coñecementos. 209
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 62920 SERVIZOS LIMPEZA E ASEO 5.100,00 Arrendamento de bacteriostáticos e depósitos hixiénicos instalados no Centro. 62921 SERVIZOS EXTERIORES: LIMPEZA E ASEO 42.840,00 Orzamentación para atender os gastos de limpeza e aseo de carácter diario do Centro derivados de expediente de contratación. 6293 SEGURIDADE 153.000,00 Orzamentación para atender os gastos de vixilancia das instalacións do CIXTEC. 6294 DIETAS: AXUDAS DE CUSTO 8.160,00 Ten como finalidade sufragar os gastos ocasionados por manutención e aloxamento das comisión de servizos realizadas polo persoal do Ente. 210
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 6295 LOCOMOCIÓN 27.540,00 Atender os gastos ocasionados polos desprazamentos realizados polo persoal do Ente con motivo das comisións de servizos. 62971 COMUNICACIÓNS TELEFÓNICAS 907.800,00 Previsión de gastos para atender os distintos tipos de comunicacións de carácter telefónico que requiren os distintos servizos do CIXTEC. 62972 COMUNICACIÓNS POSTAIS 110.600,00 Dotación prevista para sufragar os gastos xerados polo envío de diferentes comunicacións postais a organismos oficiais ou particulares. 62990 OUTROS GASTOS DIVERSOS 30.600,00 Nesta conta recóllense gastos de natureza heteroxénea non recollida noutras contas. 211
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 62991 GASTOS TRANSPORTE PERSOAL DA EMPRESA 15.300,00 Gastos de desprazamentos do persoal do CIXTEC non comprendidos en ningunha das aplicacións anteriores.(autoestradas, combustibles, etc...) 62992 OUTROS SERVIZOS: ALUGAMENTO AULAS 510,00 Recóllense os gastos de alugueiro de aulas e locais necesarios para o desenvolvemento das distintas probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal do CIXTEC. 62993 SERVIZOS INFORMÁTICOS PRESTADOS Ó CIXTEC 153.000,00 Previsión de gastos ocasionados pola prestación de servizos por parte de terceiros de carácter informático ó Centro. 62994 SERVIZOS EXTERIORES: COPIAS DE IMPRESORAS 91.800,00 Gastos ocasionados pola facturación das copias das impresoras en réxime de arrendamento localizadas no Centro. 212
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 62995 DIETAS POR PARTICIPACIÓN EN TRIBUNAIS 8.313,00 Pagamento de dietas por asistencia a tribunais de oposicións segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnización por razón de servizo ó persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. 62996 OUTROS SERVIZOS: FORMACIÓN PERSOAL CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA 1.020,00 Gastos para a formación de persoal da Consellería de Economía e Facenda que deba afrontar o CIXTEC. 62997 CONVENIOS CON OUTRAS ENTIDADES : BOLSAS ESTUDOS 0,00 Axudas concedidas a bolseiros en virtude de Convenios ou acordos asinados con outras Entidades ( Universidades, etc...) 6300 TRIBUTOS LOCAIS 357,00 Gastos ocasionados polo pagamento das obrigas esixidas á Entidade como contribuínte. En concreto tributos relacionados co uso dos vehículos de motor. 213
FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN 6449 ALUGUER PRAZAS APARCAMENTO E AUTOBUSES DESPRAZAMENTOS DO PERSOAL 38.760,00 Alugamento de prazas de aparcamento para o persoal do CIXTEC no aparcadoiro próximo ó Centro, e no de San Caetano. Pagamentos de importes de autobuses para traslado dos traballadores ata o Centro de Traballo. 214
I INMOBILIZADO INMATERIAL FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTOS DE CAPITAL 210 GASTOS I+D NOVOS DESENVOLVEMENTOS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS 5.090.000,00 Desenvolvemento de novos módulos do sistema de información de xestión recaudatoria (Xeito2). Desenvolvemento de novos módulos do sistema contable(xumco2) Desenvolvemento dos novos módulos de nómina 215 A.I: LICENZAS INFORMÁTICAS E PRODUTOS DE SOFTWARE 623.000,00 Adquisición de licencias de produtos de microinformática, antivirus, licencias de ferramentas de desenvolvemento de aplicacións informáticas. Adquisición de produtos software destinados ó CIXTEC e a outros organismos. 219 OUTRO INMOBILIZADO INMATERIAL 75.000,00 Traballos sobre páxina web da Consellería. 215
II INMOBILIZADO MATERIAL FICHA DE ORZAMENTO ORZAMENTOS DE CAPITAL 226 MOBILIARIO E EQUIPOS OFICINA 30.000,00 Adquisición de mobiliario e equipos de oficina con destino ás dependencias do CIXTEC para novas dotacións e renovacións de material. 227 EQUIPOS PARA PROCESOS DE INFORMACIÓN 1.020.000,00 Adquisición de equipos de comunicacións (Router s, Hub s), impresoras, ordenadores persoais e distintas ampliacións en Sistemas Centrais de almacenamento e Servidores Centrais. 216