Índice de contidos DEPARTAMENTO DE GREGO PROXECTO DIDÁCTICO CURSO

Σχετικά έγγραφα
PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. CURSO

PROGRAMACIÓN CURSO

XEFA DE DEPARTAMENTO: CARMEN VILARIÑO AGRAS

RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE GREGO IES PONTEPEDRIÑA CURSO

PRESENTACIÓN DA MATERIA/ MÓDULO

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Procedementos operatorios de unións non soldadas

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

4º ESO BEGOÑA MARTIN, ESTHER VAZQUEZ ACADAR TÓDALAS COMPETENCIAS, LINGUÍSTICA, SOCIAL, DIXITAL E O MUNDO FÍSICO

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Departamento de Física e Química

PROGRAMACIÓN DE FRANCÉS

Grego I. Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO IES Ribeira do Louro

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

I.E.S. SALVADOR MADARIAGA. CURSO RESUMEN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LOE (2º E 4º ESO) DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS. NIVEL BÁSICO (A1 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

CIENCIAS DA NATUREZA:

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

INGLÉS 2016/2017. Página 1 de 17

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras

Programación Didáctica do. Curso

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

CURSO 2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO VII DEPARTAMENTO: VENTO MADEIRA XEFE DE DPTO.

Curso IES As Telleiras

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

Académico Introducción

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal Página 1

VII I. NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Mariola Gil Lago José María Belló García Ana Herraiz Allijas 2. DESCRITOR E COMPETENCIAS

- Situación xeográfica e socio-económica-cultural Tipoloxía do Centro... 7

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

PLANETA PLAST 1. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS RECURSOS E MATERIAIS Para facer o modelo de planeta...2

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CONTIDOS MÍNIMOS

Curso PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: ESO, Bacharelato.

AVALIACIÓN 2ª 2º BACHARELATO

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

SERVICIO DE IDIOMAS PROGRAMACIÓN GRIEGO MODERNO Nivel Inicial I

IES Castelao O Calvario - VIGO. Departamento de MATEMÁTICAS

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Lógica Proposicional

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

O galego e ti. unidade 1

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

SERVICIO DE IDIOMAS PROGRAMACIÓN GRIEGO MODERNO Niveles Inicial II

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Το ίκτυο Βιβλιοθηκών του Τµήµατος Κοινωνικού Έργου της Caja Madrid. La Red de Bibliotecas de Obra Social Caja Madrid

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DE GALICIA 2004

PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO. CS de AUTOMOCIÓN

O SABER FILOSÓFICO 1. A ORIXE DA FILOSOFÍA

P R O G R A M A C I O N D E F Í S I C A E Q U Í M I C A C U R S O

AXENDA BÁSICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DA FACULTADE DE DEREITO Curso º Cuadrimestre

PROGRAMACIÓN OFICIAL DA MATERIA PERCUSIÓN

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

δικαιοσύνης διδασκαλεῖα. ἀλλ οἱ µὲν δυνάµενοι τρέφειν τοὺς παῖδας

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

A SOCIEDADE ACTUAL: ESTRUTURA, DIVERSIDADE CULTURAL E ORGANIZACIÓN POLÍTICA.

H a b i l i d e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l MANUAL

Resorte: estudio estático e dinámico.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Transcript:

DEPARTAMENTO DE GREGO PROXECTO DIDÁCTICO CURSO 2017-2018 Índice de contidos INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN...3 CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE...4 OBXECTIVOS...4 OBXECTIVOS XERAIS...4 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS...5 CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE...6 GREGO I...6 BLOQUE 1º.- Xeneralidades...6...6...6 Estándares de aprendizaxe...6 BLOQUE 2º.- Morfoloxía...6...6...6 Estándares de aprendizaxe...7 BLOQUE 3º.- Sintaxe...7...7...7 Estándares de aprendizaxe...8 BLOQUE 4º.- Civilización e cultura...8...8...8 Estándares de aprendizaxe...8 BLOQUE 5º.- Textos e tradución...9...9...9 Estándares de aprendizaxe...9 BLOQUE 6º.- Léxico...10...10...10 Estándares de aprendizaxe...10 GREGO II...10 BLOQUE 1º.- Xeneralidades...10...10...10 Estándares de aprendizaxe...10 BLOQUE 2º.- Morfoloxía...11...11...11 Estándares de aprendizaxe...11 BLOQUE 3º.- Sintaxe...11...11...11 Estándares de aprendizaxe...11 1

BLOQUE 4º.- Civilización e cultura...12...12...12 Estándares de aprendizaxe...12 BLOQUE 5º.- Textos e tradución...12...12...12 Estándares de aprendizaxe...13 BLOQUE 6º.- Léxico...13...13...13 Estándares de aprendizaxe...13 TEMPORALIZACIÓN...14 GREGO I...14 1ª Avaliación:...14 2ª Avaliación:...14 3ª Avaliación:...14 GREGO II...15 Ao longo de todo o curso...15 1ª Avaliación:...15 2ª Avaliación:...15 3ª Avaliación:... 15 GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA...16 GREGO I...16 GREGO II...17 PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN...17 GREGO I...17 GREGO II...18 CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN...18 GREGO I...18 GREGO II...19 INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE...19 ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES. 19 ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR A CAPACITACIÓN DO ALUMNADO MATRICULADO EN GREGO II SEN TER CURSADO GREGO I...19 CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS...19 CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN...20 PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES...20 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR...20 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC...21 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA...22 MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS...22 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS...22 MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROPIA PROGRAMACIÓN...23 2

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN O Departamento Didáctico de Grego imparte un curso máis os dous niveis da materia no bacharelato. O feito de impartir unha disciplina escollida por un relativamente pequeno número de alumnos obríganos a ofrecer unha metodoloxía que colme as súas expectativas sen descoidar a consecución dos obxectivos programados. Como occidentais é preciso facer consciente ao alumnado da súa herdanza cultural grega; hai que salientar aquilo que, partindo do pasado, mantén vixencia dalgunha maneira na actualidade. Coñece-lo pasado greco-romano facilitará a comprensión do presente. A formación dos alumnos e alumnas de Grego debe centrarse en dous aspectos que se complementan: o históricocultural e o lingüístico. A lingua é un obxectivo per se pero tamén é un vehículo para introducirmos no coñecemento do mundo clásico. A análise e reflexión das estruturas morfosintácticas da lingua grega favorecerá un uso máis correcto da lingua propia e das restantes do currículo. Pero non podemos quedarnos nas estruturas formais, hai que chegar a unha lectura e análise comprensiva de textos que, escolmados e adaptados de xeito oportuno, facilitarán a exemplificación das estruturas morfolóxicas, sintácticas e léxicas e mostrarán os alicerces lingüísticos, históricos e culturais da nosa civilización pois Grecia somos nós e a lingua e a cultura grega viven nas nosas culturas e nas nosas linguas. En resumo: o estudio do Grego ten como primordial finalidade introducir ao alumnado no coñecemento básico da lingua grega antiga nos seus aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos, co obxecto de lle permitir acceder directamente a algúns dos textos orixinais máis importantes da tradición literaria helénica, a través dos cales chegou ata nós gran parte do legado clásico. Permite, tamén, iniciarse no coñecemento directo do pensamento e a cultura grega antiga, base da civilización occidental. Por outra banda, a través do estudo morfosintáctico do grego antigo é posible comprender máis e mellor conceptos lingüísticos esenciais para avanzar no coñecemento e o uso correcto, tanto da lingua propia como doutras linguas estudadas polo alumnado. A materia organízase en seis bloques referidos tanto a cuestións lingüísticas como a temas culturais: O primeiro bloque parte da relación entre o grego antigo e outras linguas indoeuropeas. Partiremos da xeografía da civilización grega, tamén estudaramos a influencia dos acontecementos históricos na evolución diacrónica da lingua ata chegar ao grego actual. Tres bloques dedicarémolos aos aspectos lingüísticos. Comezaremos con algúns elementos básicos da lingua (sistemas de escritura, alfabeto grego, pronunciación e transcrición); logo atenderemos á gramática: morfoloxía e sintaxe. Introduciremos ao alumnado no concepto de flexión (distinguindo declinación temática e atemática), estudando a estrutura interna das palabras e os seus elementos formais. Na parte sintáctica ocuparémonos das principais e máis características estruturas oracionais gregas. A finalidade será analizar e comprender textos orixinais gregos de gradual complexidade e adaptados aos contidos que o alumnado manexe en cada momento. Outro apartado ocuparase do estudo da civilización centrándose nos fitos máis importantes da historia grega e nos aspectos máis salientables da súa organización política e social e da súa identidade cultural, visibles no mundo familiar, laboral, científico-técnico, festivo, relixioso, mitolóxico e artístico, coidando sempre establecer as opoirtunas relacións e comparanzas entre o mundo grego antigo e a nosa contemporaneidade. Resérvase un espazo específico para os textos: técnicas de análise, tradución, comprensión e comentario. Do léxico ocuparase outro apartado atendendo á etimoloxía e aos helenismos, para pór de manifesto o mantemento das raíces grecolatinas nas linguas modernas e para capacitar ao alumnado cara unha mellor comprensión da súa propia lingua, matizando o significado de termos coñecidos e/ou descubrindo outros para mellorar o seu vocabulario. 3

CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE O estudo do grego contribuirá ao desenvolvemento das competencias clave recollidas no artigo 3, punto 1 do decreto 86/2015, de 25 de xuño de 2015, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Traballaremos de xeito especial a competencia lingüística para lograr un aceptable dominio da lingua grega pero tamén coa finalidade de mellorar a capacitación noutras linguas (a materna e as demais estudadas polo alumando) en particular e da linguaxe en xeral. A análise morfosintáctica e tradución de textos gregos supoñen unha importante ximnasia mental, estimulan a memoria, o pensamento lóxico, o razoamento e os hábitos de disciplina no estudo, fundamentais para a competencia de aprender a aprender. O temario de civilización e cultura, situando no espazo e no tempo os principais feitos do universo grego, permiten exercitar as competencias matemática e científico-tecnolóxica. Así mesmo o estudo das realidades socio-políticas e relixiosas gregas comparadas coas nosas actuais (democracia, dereito de cidadanía, constitucionalismo, diversidade, papel da muller...) potencia as competencias cívico-sociais. Co estudo das máis importantes manifestacións artísticas (tanto literarias como plásticas) e festivas (relixiosodeportivas) gregas contribuiremos á competencia en expresión e conciencia cultural. A confección de traballos colaborativos en grupo a partir de buscas de información na rede e selección crítica de materiais e recursos facilita a práctica da competencia dixital. Tamén o traballo en grupo responsable e proactivo incrementa a iniciativa e o espírito emprendedor. En resumo: co grego abarcamos todas as competencias favorecendo a expresión, o pensamento, a lóxica e a disciplina mental do alumnado máis aló dos contidos específicos da materia. Co grego educamos cidadáns máis libres e críticos cultivando o espírito humanista que transcende os utilitarismos e inmediateces da sociedade consumista. OBXECTIVOS OBXECTIVOS XERAIS Os contemplados para o bacharelato 1 : a) Exercer a cidadanía democrática e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores constitucionais, estatutarios e polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madureza persoal e social que permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade. d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. 1 Decreto 86/2015 de 25 de xuño (DOG nº 120 de 29/06/2015), Título II, capítulo I, artigo 26. 4

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida (no noso caso a de humanidades e ciencias sociais) l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables. o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado OBXECTIVOS ESPECÍFICOS O ensino do Grego ten como finalidades: O coñecemento e a utilización dos rudimentos morfolóxicos, sintácticos e léxicos que permitan a interpretación, formal e crítica, de textos sinxelos. O coñecemento do léxico cotián e científico-técnico das linguas actuais a partir das súas orixes gregas. A reflexión sobre os elementos e estruturas do Grego que perduran e axudan a comprensión das linguas actuais máis usadas. O estudio xeral (a partir de textos representativos) dos diversos xéneros literarios gregos. A apreciación dos valores (éticos, estéticos, literarios, políticos...) máis salientables do mundo grego que forman parte do patrimonio universal. A utilización crítica das máis diversas fontes de información na procura dun mellor coñecemento da lingua e cultura grega. É primordial acadar un coñecemento elemental da lingua grega que permita acceder a textos orixinais e mellora-la aprendizaxe e uso da lingua propia amais de coñecer, de primeira man, o pensamento grego e descubrir a súa vixencia no mundo dos nosos días. 5

CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE GREGO I BLOQUE 1º.- Xeneralidades A lingua grega e o seu marco xeográfico. Familias lingüísticas. O indoeuropeo. Diacronía da lingua grega. Dialectos gregos. Sistemas de escritura. Orixes, evolución e caracteres do alfabeto grego. Clasificación dos fonemas. Pronunciación. Principios xerais de transcrición. Signos diacríticos e de puntuación. Dominio de mapas e da xeografía grega. Explicación e coñecemento das nocións de familia lingüística e indoeuropeo e dos principais grupos lingüísticos indoeuropeos. Relación das nosas linguas co indoeuropeo. Coñecemento da orixe, as etapas, a evolución e a división dialectal do grego. Coñecemento dos sistemas de escritura distintos ao alfabeto, a orixe do alfabeto grego, a súa influencia e a relación con outros sistemas de escritura actuais. Escritura e e pronunciación do alfabeto grego. Recoñecemento da clasificación dos fonemas, as principais normas de transcrición e o valor, uso e colocación de acentos, espíritos e demais signos diacríticos. Estándares de aprendizaxe Localizar nun mapa o marco xeográfico do nacemento da lingua grega e a súa expansión. Explicar a orixe da lingua grega e a súa relación coas outras linguas indoeuropeas. Explicar o concepto de familia lingüística. Definir o concepto de indoeuropeo. Enumerar e localizar nun mapa as principais ramas da familia de linguas indoeuropeas. Establecer a filiación das linguas de Europa sinalando nun mapa a zonas de orixe e expansión. Coñecer a diacronía da lingua grega, o alfabeto, as variedades dialectais e ter nocións básicas do grego actual. Recoñecer distintos tipos de escritura. Explicar a orixe e a evolución do alfabeto grego, escribilo e lelo. Clasificar os fonemas. Coñecer, na teoría e na práctica o valor e uso e colocación de acentos, espíritos e demais signos diacríticos. Coñecer e aplicar as normas de transcrición. BLOQUE 2º.- Morfoloxía A flexión. O grego, lingua flexiva. Categorías variables e invariables. Formantes das palabras. Declinacións gregas: enunciado e paradigmas. Flexión pronominal. Conxugación temática e atemática. Formas verbais persoais e nominais. Coñecemento e comprensión do concepto de flexión/declinación. Distinción e clasificación das categorías de palabras segundo o seu enunciado. Coñecemento, identificación e distinción dos formantes das palabras. 6

Coñecemento das declinacións, encadrando as palabras dentro delas, declinándoas correctamente e analizando e traducindo formas nominais e pronominais. Conxugación correcta das formas verbais estudadas, analizándoas morfoloxicamente e traducíndoas. Diferenciación entre formas persoais e non persoais do verbo e recoñecemento das categorías gramaticais presentes nelas. Estándares de aprendizaxe Distinguir lingua flexiva/non flexiva. Distinguir palabras variables e invariables, como se distinguen e clasifican. Identificar e distinguir nas palabras os seus formantes, sinalando e diferenciando lexemas e afixos. Enunciar correctamente diversos tipos de palabras en grego, distinguíndoas segundo o seu enunciado e clasificándoas segundo a súa categoría e declinación. Declinar palabras e sintagmas en concordancia, aplicando para cada palabra o paradigma de flexión correspondente. Analizar desde o punto de vista morfolóxico substantivos, adxectivos, determinantes e sintagmas de concordancia, e traducilos correctamente as nosas linguas. Declinar e/ou conxugar correctamente palabras propostas segundo a súa categoría, e explicar e ilustrar con exemplos as características que diferencian os conceptos de conxugación e declinación. Clasificar verbos segundo o seu tema, e describir os trazos polos que se recoñecen os modelos de conxugación. Explicar o uso dos temas verbais gregos e identificar as formas derivadas de cada un deles. Conxugar os tempos verbais en voz activa e medio pasiva, aplicando os oportunos paradigmas. Analizar morfoloxicamente e traducir formas verbais gregas e comparar o seu uso no grego e na lingua á que se traducen.. Cambiar de voz formas verbais identificando e manexando con seguridade os seus formantes. Distinguir formas persoais e nominais dos verbos, explicar os trazos que permiten identificalas e definir criterios para clasificalas. BLOQUE 3º.- Sintaxe Sintaxe casual Elementos da oración e concordancia. Oración simple: atributivas e predicativas. Oración composta. Sintaxe das formas nominais do verbo: construcións de infinitivo e participio. Análise e tradución de frases, oracións e pequenos textos. Coñecemento e análise das funcións das palabras na oración. Coñecemento e identificación dos nomes dos casos gregos e as súas funcións na oración, e tradución axeitada dos casos ás nosas linguas. Coñecemento do concepto de concordancia nominal (caso, xénero e número) e verbal (número e persoa). Recoñecemento dos elementos da oración: suxeito, predicado, atributo, complementos... Recoñecemento e clasificación dos tipos de oración simple. Distinción entre oracións simples e compostas. Coñecemento das funcións das formas nominais do verbo nas oracións (infinitivo e participio concertado e non concertado) Coñecemento, comprensión e utilización dos elementos morfolóxicos da lingua grega, e iniciación na interpretación e na tradución de textos de dificultade progresiva. Identificación e relación dos elementos sintácticos da lingua grega que permitan a análise e a tradución de textos sinxelos. 7

Estándares de aprendizaxe Analizar morfolóxica e sintacticamente frases e textos sinxelos identificando correctamente as categorías gramaticais dos seus compoñentes e explicando as funcións que realizan no contexto. Enumerar correctamente os nomes dos casos da flexión nominal grega, explicar as súas funcións dentro da oración exemplificando a sutilizar exemplos súa tradución. Coñecer e aplicar a concordancia entre nomes e determinantes, así como entre verbos e suxeitos. Analizar correctamente casos e funcións para poder recoñecer cada elemento da oración. Comparar e clasificar diferentes tipos de oracións simples, identificando e explicando as súas características. Comparar e clasificar diferentes tipos de oracións compostas, diferenciándoas das simples e explicando as súas características. Identificar as funcións das formas de nominais do verbo dentro da oración, exemplificando o seu uso. Recoñecer, analizar e traducir as construcións das formas nominais do verbo, relacionándoas con construcións análogas noutras linguas coñecidas. Identificar e relacionar elementos morfolóxicos da lingua grega para analizar e traducir textos sinxelos. Identificar na análise de frases e textos de dificultade graduada elementos sintácticos propios da lingua grega, relacionándoos para traducilos cos seus equivalentes nas nosas linguas. BLOQUE 4º.- Civilización e cultura A historia de Grecia e os seus períodos. Familia, política e sociedade. Traballo e ocio. Ciencia, técnica, espectáculos e festividades. Mitos e crenzas. Coñecemento dos principais episodios históricos gregos, situándoos no seu período e realizando liñas de tempo. Coñecemento e comparación das principais formas de organización política e social da antiga Grecia. Coñecemento da estrutura e dos papeis asignados aos distintos membros dunha unidade familiar grega. Identificación das principais formas de traballo e de lecer da antigüidade. Coñecemento dos principais deuses, heroes e mitos. Establecemento de semellanzas e diferenzas entre os mitos e heroes antigos e actuais. Coñecemento e comparación das características do pensamento e prácticas relixiosas gregas coas actuais. Relación e establecemento de semellanzas e diferenzas entre as manifestacións deportivas gregas e actuais. Estándares de aprendizaxe Describir o marco histórico no que se desenvolve a civilización grega, sinalando os principais períodos e identificando en cada un as conexións máis importantes con outras civilizacións. Poder elaborar eixes cronolóxicos e liñas de tempo nas que se representan os feitos máis relevantes, consultando diversas fontes de información. Distinguir as etapas da historia grega, explicando os seus trazos esenciais e as circunstancias que interveñen na súa evolución. Saber enmarcar determinados feitos históricos na civilización e no período histórico correspondente, póndoos en contexto e relacionándoos con outras circunstancias contemporáneas. Describir os principais sistemas políticos comparándoos entre eles e cos actuais, establecendo semellanzas e diferenzas. Describir a organización da sociedade, caracterizando as clases sociais e os papeis asignados a cada unha, relacionando estes aspectos cos valores cívicos da época e comparándoos cos actuais. Identificar e explicar os papeis que desempeña cada un dos membros da familia, analizando a través deles estereotipos culturais da época e comparándoos cos actuais. 8

Identificar e describir formas de traballo, relaciónaas cos coñecementos científicos e técnicos da época, explicando a súa influencia no progreso da cultura occidental. Describir as principais formas de lecer e a súa finalidade, os grupos aos que van dirixidas e a súa función no desenvolvemento da identidade social. Poder nomear, na denominación grega e latina, os principais deuses e heroes da mitoloxía grecolatina, e sinalar os trazos que os caracterizan, os seus atributos e o seu ámbito de influencia. Identificar dentro do imaxinario mítico deuses, semideuses e heroes, e explicar os principais aspectos que os diferencian. Recoñecer e exemplificar o mantemento do mítico e da figura do heroe na nosa cultura, analizando a influencia da tradición clásica e sinalando as semellanzas e as principais diferenzas entre ambos tratamentos, asociándoas a outras características culturais propias de cada época. Recoñecer referencias mitolóxicas directas ou indirectas en diferentes manifestacións artísticas, e describir, a través do uso que se fai destas, os aspectos básicos que en cada caso se asocian á tradición grecolatina. Enumerar e explicar as principais características da relixión grega, en relación con outros aspectos básicos da cultura helénica e establecendo comparacións con manifestacións relixiosas doutras épocas e culturas. Describir e analizar os aspectos relixiosos e culturais que sustentan os certames deportivos da antiga Grecia e a presenza ou ausencia destes nos seus herdeiros actuais. BLOQUE 5º.- Textos e tradución Introdución ás técnicas de tradución directa, inversa e ao comentario de textos. Análise morfosintáctica. Comparación das estruturas gregas coas das linguas actuais. Lectura comprensiva e comentario de textos en grego e na lingua propia. Produción de breves textos en lingua grega. Coñecemento e aplicación da fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e léxico básicos da lingua grega para a interpretación e a tradución coherente de frases ou textos de dificultade progresiva. Utilización correcta de manuais e dicionarios, e recoñecemento e análise da información que proporcionan. Aplicación dos coñecementos adquiridos para a retroversión de frases ou textos de dificultade progresiva. Comentario lingüístico e literario dos textos propostos. Comparación das estruturas gregas coas das linguas actuais, establecendo paralelismos e diferenzas. Análise e comentario, a través dunha lectura comprensiva, do contido e da estrutura de textos gregos orixinais, adaptados ou traducidos. Realización pequenos coloquios en grego con frases sinxelas e de dificultade progresiva. Redacción de breves textos en lingua grega de produción propia. Estándares de aprendizaxe Utilizar adecuadamente a análise morfosintáctica de textos de dificultade graduada para traducilos correctamente. Usar correctamente o dicionario para localizar o significado das palabras descoñecidas, identificando entre varias acepcións o sentido máis axeitado para a tradución do texto. Utilizar mecanismos de inferencia para comprender textos de forma global. Traducir do grego ás linguas propias frases e textos sinxelos. Utilizar os coñecementos adquiridos para facer comentarios dos textos. Comparar estruturas gregas coas da lingua propia, establecendo semellanzas e diferenzas. Elaborar mapas conceptuais e estruturais dos textos propostos, localizando o tema principal e distinguindo as súas partes. Manter sinxelos diálogos en grego sobre algún tema previamente acordado. Redactar frases sinxelas ou pequenos textos en grego sobre un tema proposto. 9

BLOQUE 6º.- Léxico Vocabulario básico grego. Termos de alta frecuencia. Principais prefixos e sufixos. Formantes das palabras. Palabras patrimoniais, cultismos, semicultismos e neoloxismos. Identificación de lexemas, prefixos e sufixos gregos usados nas nosas linguas. Helenismos. Familias etimolóxicas e semánticas. Coñecemento, identificación e tradución do léxico grego: palabras de alta frecuencia e principais prefixos e sufixos. Análise dunha palabra nos seus compoñentes e coñecemento do seu significado en grego para aumentar léxico e o coñecemento das linguas actuais. Identificación dos helenismos máis frecuentes do vocabulario común e a súa relación cos étimos gregos. Identificación e coñecemento dos elementos léxicos e os procedementos de derivación e composición no grego para entender mellor os procedementos de formación de palabras nas linguas actuais. Conexión das palabras da mesma familia etimolóxica ou semántica. Estándares de aprendizaxe Deducir o significado de palabras gregas non estudadas a partir de palabras da propia lingua ou do contexto. Identificar e explicar as palabras de alta frecuencia e os principais prefixos e sufixos, e traducilos á propia lingua. Identificar e distinguir en palabras propostas os seus compoñentes, sinalando e diferenciado lexemas e afixos, e buscando novos exemplos. Descompor os compoñentes das palabras e recoñecer o significado dos elementos de orixe grega. Identificar os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e explicar o seu significado a partir dos étimos gregos orixinais. Identificar a etimoloxía e coñecer o significado das palabras de léxico común das linguas actuais. Relacionar distintas palabras da mesma familia etimolóxica ou semántica. GREGO II BLOQUE 1º.- Xeneralidades Dialectoloxía grega: dialectos literarios e lingua común Diacronía da lingua grega: do grego clásico ao grego actual Coñecemento da orixe, clasificación e localización xeográfica dos dialectos antigos e literarios. Comprensión da relación directa e evolución entre o grego clásico e o actual. Recoñecemento da evolución da lingua grega ata chegar á actualidade nos aspectos fonético, morfosintáctico e léxico. Estándares de aprendizaxe Delimitar o contexto xeográfico, histórico e artístico dos dialectos, situando lugares ou restos arqueolóxicos relevantes. Comparar termos do grego clásico e actual, observando semellanzas e diferenzas e analizando a través delas as características xerais da evolución Coñecer e dominar de xeito básico a fonética e o léxico do grego moderno. 10

BLOQUE 2º.- Morfoloxía Flexión nominal e pronominal: formas menos usuais e irregulares. Conxugación verbal: conxugación atemática. Modos verbais. Análise morfolóxica. Identificación, análise, tradución directa e inversa de calquera tipo de formas nominais, pronominais e verbais Coñecemento das categorías gramaticais. Coñecemento, identificación e distinción dos elementos formantes das palabras. Realización da análise morfolóxica completa dun texto grego. Estándares de aprendizaxe Recoñecer, declinar e/ou conxugar con destreza e coa axuda do dicionario formas nominais, pronominais e verbais e identificar a súa equivalencia en galego e/ou en castelán. Nomear, describir e caracterizar as categorías gramaticais. Identificar e distinguir os elementos constitutivos (lexemas, afixos) das palabras, sinalando e diferenciando e recoñecer e identificar helenismos e os seus formantes. Coñecer a morfoloxía das palabras dun texto, detectando correctamente coa axuda do dicionario os elementos que conteñen información gramatical. BLOQUE 3º.- Sintaxe Sintaxe nominal e pronominal. O uso dos modos verbais Tipos de oracións e construcións sintácticas. As oracións compostas: parataxe e hipotaxe. Recoñecemento dos valores dos casos e dos usos sintácticos do sistema pronominal. Recoñecemento dos usos das preposicións e dos complementos circunstanciais. Coñecemento e identificación dos usos modais propios da lingua grega. Recoñecemento e clasificación das oracións e das construcións sintácticas. Recoñecemento dos nexos subordinantes e dos tipos de oracións subordinadas. Coñecemento das funcións das formas nominais do verbo. Aplicación dos coñecementos sobre elementos e construcións sintácticas da lingua grega para interpretar e traducir textos gregos clásicos. Estándares de aprendizaxe Recoñecer os valores dos casos gregos e os usos dos pronomes nos textos propostos. Recoñecer os valores das preposicións e identificar os complementos circunstanciais. Coñecer, identificar e traducir con corrección os usos modais propios da lingua grega. Recoñecer e clasificar oracións e construcións sintácticas. Recoñecer, clasificar, analizar e traducir con corrección os nexos subordinantes. Identificar formas nominais do verbo en frases e textos, traducilas con corrección e explicar as súas funcións. Coñecer, analizar e traducir con corrección as construcións de participio, relacionándoas con construcións similares noutras linguas. Recoñecer, distinguir e clasificar os tipos de oracións e as construcións sintácticas gregas, relacionándoas con construcións similares noutras linguas. Identificar na análise de frases e textos de dificultade graduada elementos sintácticos propios da lingua grega, relacionándoos para traducilos cos seus equivalentes en galego e castelán. 11

BLOQUE 4º.- Literatura Principais xéneros literarios: épica, lírica, teatro, historiografía, oratoria e fábula. Coñecemento das características dos xéneros literarios gregos, os seus autores e obras máis salientables, e a súa influencia nas literaturas posteriores. Análise, interpretación e contextualización (dentro do posible) dos textos mediante lectura comprensiva, distinguindo xéneros, características básicas e estrutura, Coñecemento dos fitos esenciais da literatura grega como alicerce da literatura e da cultura europea e occidental. Relacións, paralelismos e diverxencias entre literatura clásica e posterior. Coñecemento dos autores e obras fundamentais. Estándares de aprendizaxe Describir as características esenciais dos xéneros literarios gregos e identificalas nos textos propostos. Realizar eixes cronolóxicos e liñas de tempo situando autores, obras e outros aspectos destacables da literatura grega. Distinguir o xénero literario, características e estrutura dos textos propostos. Investigar a conservación dos xéneros e os temas literarios da tradición grega mediante exemplos da literatura contemporánea, e analizar o uso e vixencia deles Relacionar e observar os paralelismos e as diverxencias entre a literatura grega e a posterior. Coñecer aos autores máis representativos da literatura grega, ubicándoos no seu contexto cultural e citar e resumir as súas obras máis salientables. BLOQUE 5º.- Textos e tradución Traducir e interpretar textos gregos. Manexar o dicionario. Comentar e analizar filoloxicamente textos (sobre todo en prosa) de grego clásico orixinais,. Coñecer o contexto social, cultural e histórico dos textos traducidos. Identificar as características formais dos textos. Coñecemento, identificación e relación dos elementos morfolóxicos da lingua grega na interpretación e tradución dos textos. Manexo racional do dicionario procurando os termos e acepcións máis apropiados para a tradución axeitada dos textos. Realización da tradución, a interpretación e o comentario lingüístico, literario e histórico dos textos propostos, sobre todo de grego clásico. Coñecemento do contexto social, cultural e histórico dos textos traducidos. Identificación das características formais dos textos. 12

Estándares de aprendizaxe Utilizar de xeito adecuado a análise morfosintáctica dos textos gregos para traducilos con corrección. Utilizar con seguridade, autonomía e racionalidade o dicionario para a tradución de textos, e identificar en cada caso o termo ou acepción máis axeitado na lingua propia en función do contexto e do estilo empregados polo autor do texto proposto. Aplicar os coñecementos adquiridos para realizar os oportunos comentarios lingüístico, literario e histórico dos textos. Identificar o contexto social, cultural e histórico dos textos propostos, partindo de referencias tomadas dos propios textos e asociándoas cos coñecementos adquiridos previamente. Recoñecer e explicar a partir de elementos formais o xénero e o propósito dos textos. BLOQUE 6º.- Léxico Helenismos máis frecuentes do léxico especializado e común. Ampliación de vocabulario básico grego: linguaxe literaria e filosófica. Etimoloxía e orixe das palabras da propia lingua. Descomposición das palabras nos seus elementos. Recoñecemento dos helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do léxico especializado, remontándoos aos étimos orixinais gregos. Identificación da etimoloxía e coñecemento do significado das palabras de orixe grega da lingua propia ou de outras, obxecto de estudo de léxico común e especializado. Coñecemento, identificación e tradución do léxico grego. Relacionar palabras da mesma familia etimolóxica ou semántica. Recoñecemento da etimoloxía e evolución das palabras da propia lingua. Recoñecemento e identificación dos elementos léxicos e dos procedementos de formación do léxico grego, da derivación e da composición, para entender mellor os procedementos de formación de palabras nas linguas actuais. Estándares de aprendizaxe Identificar os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do léxico especializado, e explicar o seu significado a partir dos étimos gregos orixinais. Deducir e explicar o significado de palabras da propia lingua ou doutras estudadas, a partir dos étimos gregos dos que proceden. Explicar o significado de termos gregos mediante termos equivalentes en galego e castelán. Deducir o significado de palabras gregas non estudadas a partir do contexto ou de palabras da lingua propia ou doutras que se coñezan. Comprender e explicar a relación entre termos pertencentes á mesma familia etimolóxica ou semántica. Recoñecer e distinguir cultismos, termos patrimoniais e neoloxismos a partir do étimo grego, e explica as distintas evolucións producidas. Descompoñer palabras tomadas tanto do grego antigo como da lingua propia nos seus formantes, e explicar o seu significado. Dividir unha palabra nos seus formantes e coñecer o seu significado en grego, para aumentar o caudal léxico e o coñecemento da lingua propia. No segundo curso perfeccionaranse e completaranse os coñecementos do curso precedente. Hai que profundar e ampliar os coñecementos léxicos e morfosintácticos, completa-la visión da conxugación verbal e das estruturas sintácticas máis complexas. No eido da tradución os textos serán dunha relativa complexidade, potenciando a análise dos aspectos literarios e conceptuais da civilización grega (con especial atención aos xéneros historiográfico e filosófico). A vixencia, universalidade e actualidade do pensamento grego e os seus valores será convenientemente resaltada. Potenciaremos aqueles aspectos que optimicen o éxito dos nosos alumnos nas probas de avaliación final de bacharelato atendendo ás directrices que emanen das autoridades educativas tanto nacionais como autonómicas e que lamentablemente nestas datas, xa iniciado o curso, aínda están en proceso de negociación. 13

TEMPORALIZACIÓN GREGO I 1ª Avaliación: Do indoeuropeo ao grego moderno. Breve historia da lingua grega. Alfabeto e signos ortográficos. Fonética e fonoloxía fundamentais. Lectura. Nocións xerais de morfoloxía e sintaxe. Valor e uso dos casos. O artigo. A declinación temática. Xeneralidades da conxugación temática. A declinación dos temas en α. O verbo εἰμί. Adxectivos da primeira clase. Tema de presente da conxugación temática. A oración simple. Contexto xeográfico e histórico de Grecia. Arqueoloxía e textos. Estruturas político-sociais gregas. A πόλις. 2ª Avaliación: A declinación atemática. Adxectivos da segunda e terceira clase. Graos do adxectivo. Sintaxe do comparativo e do superlativo. Temas de futuro, aoristo e perfecto da conxugación temática. A declinación pronominal. Formación de palabras. Composición e derivación. A oración pasiva. Oracións simples e compostas. Hipotaxe e parataxe. A oración subordinada adxectiva. Relixión e mitoloxía. Festas e xogos. Breve historia da literatura grega a través dos seus xéneros. A educación. A vida cotiá. A familia. A situación da muller. 3ª Avaliación: Os verbos consonánticos. Esquema da conxugación atemática. Adverbios, preverbios e preposicións. Sintaxe das formas nominais do verbo. A oración subordinada completiva. Outros tipos de subordinación. Os períodos condicionais. Principais estilos artísticos gregos. Orixes do pensamento filosófico e científico. A arte grega. A helenización. Contactos dos Gregos coa Península Ibérica. O Occidente Peninsular nas fontes gregas. As fundacións gregas de cidades galegas. Pegadas do mundo grego na cultura actual. 14

Un contido común ás tres avaliacións fai referencia ao léxico grego e a súa evolución. Partiremos dun vocabulario básico e do estudio de helenismos científicos, filosóficos e técnicos actuais coa súa etimoloxía, non esquecendo os procedementos de derivación e composición, de transcrición de palabras gregas á lingua propia e de comparación de termos entre linguas, establecendo diferenzas e semellanzas. Valoraremos a curiosidade por descubrir sufixos e prefixos que, nas linguas actuais, crean termos científicos, técnicos ou da lingua xeral. Potenciaremos, así mesmo ao longo do curso, a interacción entre o grego e as linguas actuais incentivando exercicios de práctica escrita e oral (redacción de textos breves ou emisión de diálogos en grego, de temática previamente escollida e dificultade graduada) GREGO II Ao longo de todo o curso: Análise morfosintáctica. Manexo do dicionario. Tradución, interpretación, contextualización e comentario de textos gregos orixinais, sobre todo prosa clásica (de progresiva dificultade). Identificación das características formais dos citados textos. Helenismos máis frecuentes do léxico especializado e común. Ampliación de vocabulario básico grego: linguaxe literaria e filosófica. Etimoloxía e orixe das palabras da propia lingua. Descomposición das palabras nos seus elementos. 1ª Avaliación: Repaso e ampliación da flexión nominal e pronominal. Formas irregulares. Revisión e ampliación da conxugación verbal. Verbos atemáticos Profundar na sintaxe nominal e pronominal. Tipos de oracións e construcións sintácticas. Principais xéneros literarios I: épica, lírica e teatro 2ª Avaliación: Diacronía da lingua grega: do grego clásico ao grego actual Valores temporais e modais do verbo. As oracións compostas: parataxe e hipotaxe. Principais xéneros literarios II: historiografía, oratoria e fábula. Dialectoloxía grega: dialectos literarios e lingua común 3ª Avaliación: Insistir e repasar o feito nas dúas avaliacións precedentes e singularmente: Resolución de probas de estrutura e complexidade similares ás propostas como modelo para a avaliación final de bacharelato. Pegadas gregas na cultura e linguas modernas. 15

GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA GREGO I Breve historia da lingua grega Alfabeto e signos ortográficos. Fonética e fonoloxía fundamentais. Lectura. Nocións xerais de morfoloxía e sintaxe. Valor e uso dos casos. O artigo. Flexión nominal e pronominal. Os adxectivos. Graos do adxectivo. Sintaxe do comparativo e do superlativo. Xeneralidades da conxugación temática. Conxugación dun verbo modelo. Os verbos consonánticos. O verbo εἰμί. A oración simple. A oración pasiva. A oración composta. Hipotaxe e parataxe. As oracións subordinadas substantiva e adxectiva. Outros tipos de subordinación. Adverbios, preverbios e preposicións. Técnicas básicas de tradución e comentario de textos. Comparación das estruturas morfosintácticas máis comúns do grego e doutras linguas. Vocabulario de alta frecuencia. Derivación e composición. Helenismos. Termos científico-técnicos. Xeografía e historia de Grecia. Estruturas político-socias. A πόλις. Evolución das principais formas de goberno. Relixión e mitoloxía. Festas e xogos. Breve historia da literatura grega a través dos seus xéneros. A educación. A vida cotiá. A familia e a situación da muller. Principais estilos artísticos gregos. Orixes do pensamento filosófico e científico. A helenización. Contactos dos Gregos coa Península Ibérica. Pegadas do mundo grego na cultura actual. Para acadar unha cualificación positiva o alumno, ao rematar este primeiro curso, deberá ser capaz de: Ler con soltura textos gregos breves, recoñece-los signos ortográficos da lingua grega e transcribir vocábulos gregos á lingua materna, establecendo os oportunos paralelismos e diverxencias entre os sistemas lingüísticos grego e propio. Recoñecer sufixos e prefixos e identifica-las regras básicas de derivación e composición. Ver nos helenismos das linguas actuais indelebles pegadas do grego. Recoñece-los elementos lingüísticos esenciais da lingua grega (flexión nominal, conxugación verbal, funcións sintácticas...) establecendo a relación dos citados elementos cós da súa propia lingua. Traducir aceptablemente frases e textos breves e sinxelos, partindo do vocabulario coñecido ou facilitado previamente. Realizar exercicios de relectio de textos previamente traballados na aula. Contextualizar a lingua grega, aprecia-la orixe e influencias mutuas entre ela e as linguas modernas para inferir características da linguaxe humana e o seu funcionamento. Comprender un texto traducido de calquera xénero literario, saber comentalo (partes, ideas clave...) e criticalo. Contextualizar os aspectos máis sobranceiros da historia grega, identifica-las principais manifestacións culturais helénicas e recoñece-las súas pegadas na nosa civilización. Manter breves diálogos e redactar en grego frases sinxelas ou pequenos textos sobre algún tema previamente acordado. Realizar pequenos traballos orixinais sobre aspectos do mundo grego partindo de múltiples fontes plasmando oralmente ou por escrito resultados e conclusións. 16

GREGO II Repaso e ampliación das flexións nominal e pronominal. Formas irregulares. Revisión e ampliación da conxugación verbal. Verbos atemáticos. Profundar na sintaxe. Casos e preposicións. Valores temporais e modais do verbo. A hipotaxe. Técnicas de tradución. Uso do dicionario. Análise morfosintáctica, tradución, interpretación, contextualización e comentario de textos gregos orixinais, sobre todo prosa clásica. Vocabulario de alta frecuencia. Derivación e composición. Helenismos das nosas linguas. Etimoloxías. Diacronía da lingua grega. Dialectoloxía, literatura grega e κοινή. Principais xéneros literarios, autores e obras representativos. Influxos dos modelos literarios gregos nas letras occidentais. Para supera-la materia o alumno, ao concluír este segundo ano de grego, deberá estar capacitado para: Identificar e analizar, nos textos orixinais, os elementos morfosintácticos necesarios para a súa interpretación. Identificar, nos textos orixinais, termos que sexan orixe de helenismos actuais. Deducir etimoloxías e formantes das palabras. Traducir, comentar e contextualizar textos, sobre todo de prosa clásica, de similar complicación aos propostos para as probas de avaliación final do bacharelato, con axuda do dicionario. Distinguir os trazos característicos de cada xénero literario, comentar textos e critica-los valores que transmiten e a súa vixencia. Facer traballos e investigacións sinxelas a partir do uso racional de todo tipo de fontes de información, salientando a importancia do mundo clásico para a mellor comprensión do presente. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN GREGO I Para acadar unha cualificación positiva o alumno, ao rematar este primeiro curso de lingua e cultura grega, deberá ser capaz de: Ler con soltura textos gregos breves, recoñece-los signos ortográficos da lingua grega e transcribir vocábulos gregos á lingua materna, establecendo os oportunos paralelismos e diverxencias entre os sistemas lingüísticos grego e propio. Recoñecer sufixos e prefixos e identifica-las regras básicas de derivación e composición. Ver nos helenismos das linguas actuais indelebles pegadas do grego. Recoñece-los elementos lingüísticos esenciais da lingua grega (flexión nominal, conxugación verbal, funcións sintácticas...) establecendo a relación dos citados elementos cos da súa propia lingua. Traducir aceptablemente frases e textos breves e sinxelos, partindo do vocabulario coñecido ou facilitado previamente. Realizar exercicios de relectio e incluso paráfrases sinxelas de textos previamente traballados na aula. Contextualizar a lingua grega, aprecia-la orixe e influencias mutuas entre ela e as linguas modernas para inferir características da linguaxe humana e o seu funcionamento. Comprender un texto traducido de calquera xénero literario, saber comentalo (partes, ideas clave...) e criticalo. Contextualizar os aspectos máis sobranceiros da historia grega, identifica-las principais manifestacións culturais helénicas e recoñece-las súas pegadas na nosa civilización. Manter breves diálogos e redactar en grego frases sinxelas ou pequenos textos sobre algún tema previamente acordado. Realizar pequenos traballos orixinais sobre aspectos do mundo grego partindo de múltiples fontes plasmando oralmente ou por escrito resultados e conclusións. 17

En cada avaliación teremos un mínimo de dúas probas xerais escritas (cara mediados e ao final do trimestre) acordes aos contidos explicados. Nelas combinarase teoría (lingüística, histórico-cultural) e práctica (declinación de sintagmas, conxugación verbal, análise morfosintáctica de frases sinxelas, relectio de textos traballados e corrixidos na aula, breves diálogos e redaccións en grego...). As actividades a realizar na aula ou na casa (exercicios prácticos, resumos, esquemas, traducións, lecturas...) valoraranse sobre a marcha para comprobar o traballo individual ou en pequeno grupo dos alumnos. Farase tamén un seguimento especial das chamadas de clase que permitirá unha diagnose específica e periódica de cada alumno, da súa evolución e interese pola materia impartida. GREGO II Para supera-la materia o alumno, ao concluír este segundo ano de grego, deberá estar capacitado para: Identificar e analizar, nos textos orixinais, os elementos morfosintácticos necesarios para a súa interpretación. Identificar, nos textos orixinais, termos que sexan orixe de helenismos actuais. Deducir etimoloxías e formantes das palabras. Traducir, comentar e contextualizar textos, sobre todo de prosa clásica, coa axuda do dicionario, comprendendo o seu sentido xeral. Distinguir os trazos característicos de cada xénero literario, comentar textos e critica-los valores que transmiten e a súa vixencia. Facer traballos e investigacións sinxelas a partir do uso racional de todo tipo de fontes de información, salientando a importancia do mundo clásico para a mellor comprensión do presente. En cada avaliación teremos un mínimo de dúas probas xerais escritas (cara mediados e ao final do trimestre) acordes aos contidos explicados e textos traducidos. Nelas combinarase teoría (lingüística, histórico-cultural) e práctica (tradución e relectio). As actividades a realizar na aula ou na casa (esquemas, traducións, lecturas...) valoraranse sobre a marcha para comprobar o traballo dos alumnos e ter unha diagnose específica e periódica de cada alumno, da súa evolución e interese pola materia impartida. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN GREGO I A cualificación final de cada avaliación dependerá non só dos exames e probas escritas senón tamén das notas obtidas ao longo do trimestre (exercicios e chamadas na clase, tarefas realizadas; lecturas...) e da actitude amosada. A cualificación recollerá sempre o grao de saber, saber facer e querer facer. Nos contidos o apartado práctico gramatical suma un 80% e o de civilización e cultura un 20% da nota. As probas xerais e comúns de cada avaliación supoñen un 70% da nota global reservándose o 30% restante para o traballo e actitude diaria. Para superar unha avaliación será necesario obter como mínimo a metade da porcentaxe establecida para cada apartado. No mes de xuño programamos unha recuperación última para o alumnado con unha ou dúas avaliacións suspensas. O alumno coas tres avaliacións suspensas deberá presentarse á convocatoria extraordinaria. A materia para a proba de setembro está marcada polos contidos mínimos que se recollen noutro apartado deste mesmo proxecto didáctico, na súa valoración terase en conta exclusivamente o que o alumno faga no exame. Na valoración das múltiples probas, exercicios, controis... contarán contidos mais tamén formas: corrección na expresión oral e escrita, faltas de ortografía, aspecto na presentación dos traballos. 18

GREGO II A cualificación final de cada avaliación dependerá non só dos exames e probas escritas senón tamén das notas obtidas ao longo do trimestre (traducións e chamadas na clase, tarefas realizadas; lecturas...) e da actitude amosada. Nos coñecementos a tradución suma un 70%, as cuestións sobre o texto traducido (morfosintaxe, helenismos, etimoloxías, formantes das palabras, contexto histórico-literario) un 20% e as preguntas de teoría o restante 10%. As probas xerais e comúns de cada avaliación supoñen un 70% da nota global reservándose o 30% restante para o traballo e actitude diaria. Para superar unha avaliación será necesario obter como mínimo a metade da porcentaxe establecida para cada apartado. A superación da última proba de cada avaliación supón, de xeito automático, a recuperación dos anteriores controis desa mesma avaliación. A superación da última avaliación supón o aprobado do curso. A última proba da convocatoria ordinaria e, no seu caso, da extraordinaria, terán unha estrutura similar á prevista para a proba de avaliación final do bacharelato. Na valoración de tódalas probas, exercicios, controis... contarán contidos mais tamén formas: corrección na expresión oral e escrita, faltas de ortografía, aspecto na presentación dos traballos. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE Cómpre valorar o funcionamento da programación e a actuación docente a partir dunha serie de preguntas sobre: os materiais e recursos utilizados (accesibles, atractivos, suficientes...), a planificación (actividades axeitadas, nivel de dificultade...), a participación e implicación do alumando e das familias, o manexo das TICs ou a inclusión da transversalidade e das actividades interdisciplinares mediante a elaboración de cuestionarios, enquisas, follas de rexistro, diarios de aula... que permitan unha análise da situación e resultados das aprendizaxes do alumando ao longo do curso para, detectados erros ou eivas, adoptar as medidas correctoras necesarias que melloren o cumprimento dos obxectivos previstos. ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES O alumnado de 2º BAC co grego I pendente realizará tres controis liberatorios de materia: o primeiro sobre flexión nominal e pronominal antes de finalizar o primeiro trimestre, o segundo sobre conxugación verbal a finais de xaneiro e un terceiro de sintaxe e tradución e/ou relectio antes do remate do segundo trimestre. Os temas de civilización e cultura serán cualificados a partir da realización de pequenos traballos de investigación. De non superar algunha ou a totalidade destas probas ou traballos faríase unha recuperación da materia non aprobada na primeira semana de maio. ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR A CAPACITACIÓN DO ALUMANDO MATRICULADO EN GREGO II SEN TER CURSADO GREGO I De existir alumnado nesta circunstancia, nos días inmediatos anteriores ao inicio do curso escolar, deberá acreditar a súa capacitación mediante a realización dunha proba específica similar ás propostas para os alumnos coa materia de Grego I pendente e que terá como base os contidos mínimos da materia. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS Dentro dos diversos bloques nos que se divide a materia ocupan lugar sobranceiro os contidos gramaticais por ser a lingua chave imprescindible para coñecer o pensamento do pobo que a usa. Dentro deles convén mesturar morfoloxía nominal e verbal e sintaxe para que, canto antes, o alumno poida traballar con frases e textos que, dentro do posible, exemplifiquen a teoría gramatical e sexan suficientemente suxestivos para espertar curiosidade. Son tamén fundamentais as referencias ás semellanzas do grego co latín e o galego par ir creando un esquema lingüístico xeral. Nunca sobrará a realización de exercicios de declinación e conxugación que permitan unha axeitada fixación dos aspectos teóricos. O traballo cos textos debe abarcar non só as estruturas formais (morfoloxía, sintaxe) se non tamén os contidos culturais e literarios. 19