USO DO DICIONARIO. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω

Σχετικά έγγραφα
TRABAJO PRÁCTICO N 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-Aoristo-Futuro

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

GRAMÁTICA GRIEGA ARTÍCULO

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema de aoristo. Morfología y semántica

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Procedementos operatorios de unións non soldadas

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

LA CONJUGACIÓN EN GRIEGO ANTIGUO

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

TEMA DE PRESENTE. *βάλ-y-ω > βάλλω, *θιλέ-y-ω > θιλέω, *πρακ-y-ω > πράηηω, etc. ὀθλι-ζκ-άν-ω, etc.

-νω. - νω. -σκω. - σκω

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN.

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

LA TERCERA DECLINACIÓN O DECLINACIÓN ATEMÁTICA

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

Lógica Proposicional

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

Filipenses 2:5-11. Filipenses

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

EL ARTÍCULO PRIMERA DECLINACIÓN FEMENINOS

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

1 3ª declinación: sustantivos e adxectivos 2 Historia de Grecia: Época Clásica

A 1ª DECLINACIÓN. ADXECTIVOS DA 1º CLASE.

DECLINACIÓN ATEMÁTICA (TERCERA DECLINACIÓN) Desinencias

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

1.ª DECLINAÇÃO. Somente nomes femininos e masculinos, não há neutros. Os nomes femininos têm o

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

2.-Relaciona grupos sintácticos que están en el mismo caso: γυπός πυραμίδων αἰθíοπες γῦπες μύρμηκι μάστιξι αἶγας κῆρυξ

Académico Introducción

VERBOS II: A idéia de tempo, em grego, refere-se à qualidade da ação e não propriamente ao tempo,

El tema de perfecto REDUPLICACIÓN

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

Sistemas e Inecuacións

TEMA 8 - PRAGMA PROPOSICIONES COMPLETIVAS IAENUS 1

EL AORISTO. El aoristo, que equivale a nuestro pretérito indefinido, presenta varios tipos: Pasivos con -θη-. ἔλυθην (λύω)

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

TEMA DE AORISTO. Estos grupos son los siguientes:

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

Lección Sustantivos en -ο 1.2 Función de los casos

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS SEGUNDA DECLINACIÓN:

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA II

1ª Ev GRIEGO.notebook. Griego II. Unidad 1: Morfología

Tempos e modos verbais da conxugación temática 2 A xustiza e a guerra na Antiga Grecia

Los Determinantes y los Pronombres

VARIANTES DE LAS DECLINACIONES. EL FUTURO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (II).

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Expresións alxébricas

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

EL AORISTO ejercicios. 1 ἀόριστος

TAREAS DE VERANO. GRIEGO 1º BACHILLERATO

1ª y 2ª DECLINACIONES. PRESENTE INDICATIVO ACTIVO. CASOS. ORACIONES SIMPLES Y COMPUESTAS COORDINADAS.

Grego I. Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

1ª y 2ª DECLINACIONES. ADJETIVOS. ADVERBIOS. PREPOSICIONES PRESENTE INDICATIVO MEDIO. CASOS. COMPLEMENTOS CIRCUNSTANCIALES.

Problemas resueltos del teorema de Bolzano

Signos de puntuación (Σημεία στίξης)

LA 3ª DECLINACIÓN (I). EL INFINITIVO. ORACIONES COMPLETIVAS. a) Morfología nominal: Introducción a la 3ª declinación. Temas en oclusiva.

TEMA DE PERFECTO ELEMENTOS DEL TEMA DESINENCIAS REDUPLICACIÓN. PERFECTOS EN -κ PERFECTO ASPIRADO ALTERNANCIA VOCÁLICA PERFECTO MEDIO-PASIVO

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος

A circunferencia e o círculo

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

1ª DECLINACIÓN Femeninas Singular Plural

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA

AORISTOS. π δρα-ν del Presente ποδιδρ σκω huir βη-ν del Presente βα νω andar γνω-ν del Presente γιγν σκω conocer φυ-ν del Presente φ ω nacer

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

COMPARATIVOS Y SUPERLATIVOS. EL AORISTO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (I).

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

RECAPITULACIONES. MODOS SUBJUNTIVO, OPTATIVO E IMPERATIVO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (III).

O FUTURO E O AORISTO DE INDICATIVO. SINTAXE DA VOZ PASIVA. CONXUNCIÓNS COORDINANTES.

La conjugación. Un verbo, para ser tal, necesita tener cinco accidentes gramaticales:

La reduplicación es una característica fundamental del tema de Perfecto. La REDUPLICA-

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS TERCERA DECLINACIÓN TEMAS EN CONSONANTE OCLUSIVA

Expresións alxébricas

Tema 2 Solucións páx. 41

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

CAPÍTULO 6: EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Y RELATIVO

Catálogodegrandespotencias

Τ ο οριστ ικό άρθρο ΕΝΙΚΟΣ Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλ ητική Αρσενικός ο του το(ν) Θηλ υκός η της τη(ν) Ουδέτερο το του το ΠΛΗΘΥ ΝΤΙΚΟΣ

At IP Barão de Geraldo

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

TEMA DE PERFECTO. 1.) La reduplicación. λύ-ω λε-λυ-

Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλητική Αρσ. γλ υκοί γλ υκών γλ υκούς γλ υκοί Θηλ. γλ υκές γλ υκών γλ υκές γλ υκές Ουδ. γλ υκά γλ υκών γλ υκά γλ υκά

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS

EL ADJETIVO GRIEGO

UNIDAD. Los mitos. Heracles. n la presente unidad estudiarás la importancia del mito. Como resumen y ejemplo de esta

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Transcript:

USO DO DICIONARIO 1. A mellor forma de usar correctamente un dicionario é estar familiarizado con el. Le a introdución ao dicionario (Observaciones para el uso del diccionario) e familiarízate coas abreviaturas que se empregan, que aparecen explicadas ao comezo. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω 2. O ENUNCIADO DE SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. Un substantivo enúnciase co nominativo singular, a terminación do xenitivo singular e o artigo: ψυχή -ῆς ἡ; θεός -οῦ ὁ; βιβλίον -ου τό, etc. Adóitase antepoñerlle á desinencia de xenitivo aquela parte da desinencia da palabra que se considere necesaria para a súa correcta declinación: σῶμα -ατος τό; φύλαξ - ακος ὁ; πόλις -εως ἡ, etc, chegando mesmo a aparecer a palabra enteira en caso xenitivo, ben por ser necesario: θρίξ τριχός ἡ, ben por comodidade: φλέψ φλεβός ἡ. Se un substantivo se declina unicamente en plural (pluralia tantum), atoparemos o seu enunciado en plural: Ἀθῆναι -ῶν αἱ. Se un substantivo presenta xénero masculino e feminino, atoparemos os dous artigos no seu enunciado: παῖς παιδός ἡ ὁ. Enunciado dos adxectivos 2-1-2: καλός -ή -όν 2-2: ἄδικος -ον 3-1-3: γλυκύς -εῖα -ύ Un adxectivo enúnciase cun nominativo singular de cada xénero e en grao positivo: 3-3: ἀληθῆς -ές καλός -ή -όν, ἀληθής -ές, etc. Nos adxectivos con comparativo e superlativo irregular, estes graos tamén veñen enunciados expresamente no dicionario: βελτίων -ον e βέλτιστος -η -ον de ἀγαθός -ή -όν; χείρων -ον e χείριστος -η -ον de κακός -ή -όν.

Nos artigos dos substantivos atopamos: Tras o enunciado do substantivo, atopamos en primeiro lugar, o significado máis xenérico e usado: πίθος -οὐ ὁ, tinaja; despois virán outros significado máis precisos. Tras un significado, podemos atopar, entre corchetes, datos que expliquen ese significado: πίθος -οὐ ὁ, tinaja [en gral. de barro y metida en tierra, para vino, aceite, etc], así como exemplos do seu uso entre parénteses: πίστις -ἐως, ἡ, confianza, fe (πίστιν φέρειν τινί, πίστιν ἔχειν περί τινος, creer a uno). Tras os significados, adoitan incluírse, se os hai, expresións feitas ou significados adverbiais: πούς ποδός ὁ, pie, pierna, garra...; κατὰ πόδα, παρὰ πόδα, al momento; κατὰ πόδας, corriendo; ἐπὶ πόδα, lentamente, paso a paso...; ἐκ ποδῶν, lejos, fuera... etc. Nalgúns substantivos inclúense, ao final, encabezados por F., as formas dialectais, de morfoloxía difícil ou raras desa palabra: πούς ποδός ὁ, pie, pierna, garra... F. dat. ποδί, ac.πόδα; gen. dat. du. ποδοῖν; dat. pl. ποσί, ép. poét. ποσσίν, πόδεσι y πόδεσσιν. En xeral, os artigos dos adxectivos son máis curtos cós dos substantivos, pero poden chegar a incluír todos os puntos vistos nos substantivos, aos que hai que engadir a posibilidade de incluír a dobre barra ( ) tras o seu significado: como adverbio: ὅμοιος -α -ον, semejante, igual... ADV. ὅμοιον ὅμοια ὁμοίως, igualmente, del mismo modo. como substantivo: ποσός -ή -όν, de algún tamaño, en alguna cantidad SUS. n. la cantidad, el tamaño. 3. O ENUNCIADO DOS PRONOMES. Os pronomes enúncianse co nominativo de cada un dos xéneros: ὅδε ἥδε τόδε, τίς τί, etc. Algunhas das formas pronominais poderemos atopalas expresamente (ταῦτα, τοῦ, ὑμᾶς, etc.), pero é conveniente coñecer ben os paradigmas. Nos artigos dos pronomes podemos atopar:

Nalgúns dicionarios, atopamos primeiro entre corchetes as formas de xenitivo: οὗτος αὕτη τοῦτο *gen. τούτου ταύτης τούτου+. A clasificación do pronome en VERSALIÑA: PRON. y ADJ. DEMOSTR. O seu significado máis xeral: οὗτος αὕτη τοῦτο: este, esta, esto. Construcións co significado xeral: οὗτος αὕτη τοῦτο (κατὰ τοῦτο τῆς ἀκροπόλιος, por esta parte de la ciudadela; εἰς τοῦθ ὕβρεως, a tal grado de insolencia). Separados con dobre barra ( ), outros valores desa mesma forma: τίς τί [xen. τίνος+ PRON. INTERR. quién? cuál? ADJ. Cuál, qué. ADV. τί cómo, por qué, para qué, cuánto. Expresións: en οὗτος αὕτη τοῦτο atopamos, entre outras, πρὸς ταῦτα, así pues; καὶ ταῦτα, y eso que, a pesar de que; ἐκ τούτου, a causa de esto, después de esto; πρὸς τούτοις, además; etc. Ao final do artigo podemos atopar explicadas algunhas formas pouco frecuentes, de morfoloxía difícil ou dialectais. Así en τίς τί atopamos: F. gen. ép. y jón. τέο, τεῦ, át. tamb. τοῦ, etc. 4. O ENUNCIADO DOS VERBOS. Os verbos enúncianse coa primeira persoa do singular do presente de indicativo. Con isto poderemos distinguir: verbos rematados en -ω (verbos temáticos): πτύω. verbos rematados en -μι (verbos atemáticos): τίθημι. Obteremos o tema de presente dun verbo quitando a desinencia -ω / -μι: παιδεύ-ω, γράφ-ω, γιγνώσκ-ω, etc. Nos atemáticos, atoparemos o tema de presente alongado en voz activa: τίθη-μι (tema τιθε-), δίδω-μι (tema διδο-), δάμνη-μι (tema δαμνα-), etc. Poderemos clasificar os verbos temáticos (-ω) en función do tema de presente: Vocálicos (tema de presente rematado en vogal):

o Non contractos (temas de presente rematado en -ι- / -υ-): παιδεύω, χρί-ω, etc. o Contractos (temas de presente rematado en -α- / -ε- / -ο-): τιμά-ω, ποιέ-ω, δηλό-ω, etc. Consonánticos (tema de presente rematado en consoante): o Oclusiva Labial (tema de presente rematado en oclusiva labial ou -πτ-): γράφ-ω, κλέπτ-ω, etc. Dental (tema de presente rematado en oclusiva dental ou -ζ-): ψεύδ-ω, νομίζ-ω, etc. Gutural (tema de presente rematado en oclusiva gutural ou -ττ- / -σσ-): πλέκ-ω, πράττ-ω, etc. o Líquida / Nasal (tema de presente en -λ- / -ρ- / -μ- / -ν-): ἀγγέλλω, αἴρ-ω, νέμ-ω, τέμν-ω, etc. Os verbos media tantum ou depoñentes (verbos que carecen de forma activa) enúncianse coa primeira persoa do singular do presente de indicativo medio. Hai que ter en conta que, nos media tantum temáticos, a desinencia -μαι irá precedida da vogal temática -ο-: βούλ-ο-μαι ; non así nos media tantum atemáticos: δύνα-μαι. Enunciado de verbos Temáticos: -ω. Atemáticos: -μι. Media tantum: -μαι Podemos atopar no dicionario formas verbais que non se enuncian coa primeira persoa do presente de indicativo; son formas pertencentes a verbos defectivos ou impersoais: - Defectivos: εἴωθα, adoitar; ἔοικα, parecer; δέδια, temer; οἶδα, saber. - Impersoais: δεῖ, é preciso; δοκεῖ, parece ben; ἔνεστι, é posible; προσήκει, convén; χρή, cómpre. Nos artigos dos verbos atopamos: En primeiro lugar, atopamos o significado xeral da forma enunciada: ἐρείδω, apoyar. Máis adiante, poderemos atopar significados máis

precisos e en contextos máis concretos: ἐρείδω, apoyar, fijar, asegurar, clavar, etc. Despois, e entre corchetes, podemos atopar as distintas construcións dese verbo: ἐρείδω, apoyar [algo, ac.; en algo o contra algo, ἐπί, y dat. o gen., πρός y ac.]. Entre parénteses, podemos atopar exemplos explicativos: ἐρείδω, apoyar..., encallar (ἡ πρῷρα ἐρείσασα ἔμεινεν, la proa quedó encallada). Separados con dobre barra ( ), outros valores de voz ou intransitividade: ἐρείδω, apoyar... INTR. apoyarse, lanzarse... MED. apoyarse... PAS. estar apoyado, puesto, fijo... Ao final do artigo, podemos atopar explicadas algunhas formas, en xeral, pouco frecuentes, de morfoloxía difícil ou dialectais: ἐρείδω, apoyar... F. Impf. ép. ἔρειδον, fut. ἐρείσω, aor. ἤρεισα, etc. Para atopar unha forma verbal determinada é recomendable separala en morfemas (aumento, reduplicación, preverbio, vogal temática, desinencias, morfemas modais...), e, tras identificar o tema, reconstruír a forma na que se enuncia o verbo: Ex. ἐπελαμβάνετο ἐπ-ε-λαμβάν-ε-το ἐπι-λαμβάνω. Moitas formas de verbos compostos atópanse máis facilmente consultando as formas simples dos verbos respectivos: παρήσειν παρ - ήσειν ἥσειν: inf. fut. de ἵημι παρίημι. É frecuente atopar directamente as formas difíciles ou irregulares dalgúns verbos; especialmente, o infinitivo e a primeira persoa do singular dos aoristos radicais: τεκεῖν aor. inf. de τίκτω. 5. PREPOSICIÓNS No artigo dunha preposición podemos atopar: Valor adverbial. As preposicións foron, na súa orixe, adverbios que, aos poucos, se foron especializando como reforzo dos casos nos seus usos concretos; de aí que no artigo das preposicións atopemos en primeiro lugar este valor adverbial, que practicamente só se usa en textos de Homero; por exemplo: εἰς o ἐς ADV. dentro. Valor preposicional. Tras o signo, atopamos os valores como preposición. O emprego con cada caso está separado tamén por, e

atopamos entre parénteses exemplos dos significados dados; por exemplo: παρά ADV. al lado PREP. de gen. junto a a lo largo de, de la parte de (ὁ παρά τινος ἥκων, el que viene de parte de alguno, el mensajero)... PREP. de dat. junto a, con, en casa de (παρ ἑαυτῷ, en su casa...), etc. Hai que lembrar ademais que as preposicións adoitan tamén aparecer como prefixos ou preverbios na formación de substantivos e verbos derivados. Os compostos así formados aparecen no dicionario separados por un guión, que só está para que nos decatemos de que é derivado, pois nun texto o guión non se escribiría. Isto provoca unha serie de fenómenos: Se o preverbio remata en vogal e o substantivo ou verbo simple empeza tamén por vogal, o preverbio perderá a súa (coa excepción de πρό, ἀμφί, περί): βουλή -ῆς, ἡ ἐπι-βουλή -ῆς, ἡ; γίγνομαι ἐπι-γίγνομαι / βάλλω ἐπι-βάλλω, ἐλαύνω ἐπ-ελαύνω. Se un preverbio que, de resultas de perder esa vogal final, pasa a rematar en -τ- ou -π-, se xunta cunha forma básica que, en orixe tiña espírito áspero, prodúcese a aspiración das consoantes anteditas τ θ, π φ. ἐπί + ἕλκω ἐπ + ἕλκω ἐφ-έλκω. κατά + ἵζω κατ + ἵζω καθ-ίζω. No paradigma dun mesmo verbo pode suceder que esta elisión da vogal final do preverbio ocorra nuns tempos e non noutros, por efecto do aumento ou a reduplicación (que sempre se aplican xusto antes da raíz do que sería o verbo simple, despois do preverbio): Pres. λύω Impf. ἔλυον / Pres. κατα-λύω Impf. κατ-έ-λυον. Pres. ἔχω Fut. ἕξω / Pres. μετ-έχω Fut. μεθ-έξω. No caso da preposición ἐκ hai que ter en conta que esa é a forma ante consoante e que cando vai seguida de vogal muda en ἐξ. Ten o mesmo comportamento cando vai como preverbio. Pres. λύω Impf. ἔλυον / Pres. ἐκ-λύω Impf. ἐξ-έλυον. Os preverbios ἐν e σύν asimilan o -ν ante certas consoantes que eran iniciais nas palabras simples:

o ἐν, σύν ἐγ- συγ- (ante gutural κ-, γ-, χ-): ἐν + χειρίζω ἐγχειρίζω, συν + γράφω συγ-γράφω, pero imperfecto συν-εχείριζον, συν-έ-γραφον. o ἐν, σύν ἐμ- συμ- (ante labial π-, β-, μ-): ἐν + βάλλω ἐμβάλλω, συν + βάλλω συμ-βάλλω, pero imperfecto ἐν-έβαλλον, συν-έ-βαλλον. o σύν συλ- (ante λ-): συν + λαμβάνω συλ-λαμβάνω, pero imperfecto συν-ε-λάμβανον. o σύν συρ- (ante ρ-): συν + ράπτω συρ-ράπτω, pero imperfecto συν-έ-ραπτον. o σύν συ- (ante σ-): συν + σκευάζω συ-σκευάζω, pero imperfecto συν-ε-σκεύαζον. - o - O - o - En xeral, se non damos reconstruído o lema da palabra a partir da forma que temos no texto que esteamos a traducir, é conveniente ás veces buscalo directamente no dicionario, pois pode ser unha forma invariable (preposición, adverbio, interxección, conxunción, partícula) ou que, formando parte do paradigma dunha palabra variable, nos remita a ela: así por exemplo se temos no texto as palabras τριχί ou ἔβη non as imos atopar seguindo os anteriores criterios, pero se os buscamos así no dicionario veremos τριχός gen. de θρίξ e ἔβην aor. 2º intr. de βαίνω. Só teremos que buscar eses lemas.