Ensinanza aprendizaxe Código: MD75010303 Data 1-9-09 Nº. Revisión: 2 Páxina 1 de 10 PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO MATERIA/ MÓDULO CULTURA CLÁSICA CURSO / CICLO 3º ESO CURSO ACADÉMICO 2015-2016 NOELIA CENDÁN TEIJEIRO (en substitución de Inés Rodríguez PROFESOR López) 1ª AVALIACIÓN Unidades 1, 2, 3, e 4 UNIDADE DIDÁCTICA 1: A MAZÁ DA DISCORDIA. CONTIDOS O mito: cosmogonía, teogonía e antropogonía. A mazá da discordia. A nereida Tetis. As vodas de Tetis e Peleo. Paris. II. As pegadas do mundo clásico: A vida de Timareta. A muller en Grecia. Nacemento e infancia. O matrimonio. A vida de casada. Responsabilidades da muller casada. A clasificación das linguas. As linguas indoeuropeas. A familia do indoeuropeo. As linguas non indoeuropeas. As linguas romances. Literatura: a épica grecolatina UNIDADE DIDÁCTICA 2: AQUILES O mito: Aquiles. Aquiles, o de pés lixeiros. O talón de Aquiles. Aquiles en Esciro. A cólera de Aquiles. A morte de Patroclo. A morte de Aquiles. II. As pegadas do mundo clásico: Eu fun un soldado romano. O exército. A vida no campamento. A organización da lexión romana. Os catafractas. Eu fun a muller dun soldado Historia da escritura. Do pictograma ao alfabeto.os alfabetos. O alfabeto grego. Soportes e tecnoloxías da escritura. Léxico grecolatino: composición e derivación dos étimos gregos πῦρ,
θεός e ἄνθρωπος e do étimo latino ignis. Estudo da locución latina in extremis. Literatura: A lírica grecolatina. UNIDADE DIDÁCTICA 3: HELENA O mito: Helena. A muller máis fermosa da Terra. O peso da beleza. O rapto de Helena. A guerra de Troia. A caída de Troia. A morte de Aquiles. II. As pegadas do mundo clásico: O mundo dos mortos. A alma de Patroclo. O barqueiro do Hades. As mansións do Hades. O Tártaro. Quen foron os gregos? Xeografía e historia. Características da relixión grecolatina. Léxico grecolatino: composición e derivación do étimo grego γυνή e do étimo latino humus. Estudo das locucións latinas vox populi e non plus ultra. Literatura: o drama grecolatino. UNIDADE DIDÁCTICA 4: ODISEO O mito: Odiseo. A illa de Feacia. Os cícones, os lotófagos e o cíclope. Circe e a visita do Hades. As Sereas, Escila e Caribdis. A ninfa Calipso. A chegada a Ítaca. II. As pegadas do mundo clásico: Co escudo ou sobre él. A educación espartana. A batalla das Termópilas. Gorgo. Léxico grecolatino: composición e derivación dos étimos gregos ἀνήρ e πολύς. Literatura grecolatina: os xéneros literarios en prosa.
2ª AVALIACIÓN Unidades 5, 6, 7 e 8 UNIDADE DIDÁCTICA 5: ENEAS Temporalización: 4 sesións O mito: Eneas. Eneas recibido por Dido. A derradeira noite de Troia. A huida. Dido e Eneas. Eneas no Hades. A fin da viaxe. Eneas e as guerras do Lacio. Iulo. II. As pegadas do mundo clásico: Coñécete a ti mesmo. A consulta á pitia. Quen foron os romanos? Xeografía e historia. III. Lingua e literatura grecolatina Léxico grecolatino: composición e derivación do étimo grego λόγος. Composición de palabras a partir do sufixo ico. As orixes da filosofía UNIDADE DIDÁCTICA 6: PERSEO Temporalización: 4 sesións O mito: Perseo. Unha choiva de ouro. A cabeza de Medusa. O camiño ata a illa das Gorgonas. Medusa. Andrómeda. II. O mundo clásico: Carta dunha matrona romana. Infancia, adolescencia e matrimonio. A vida de casada e a maternidade. O tempo de ocio. Composición e derivación do étimo grego γράφω. Estudo das locucións latinas a priori e a posteriori. O esplendor da filosofía grega. UNIDADE DIDÁCTICA 7: HERACLES Temporalización: 4 sesións O mito: Heracles.
II. III. Heracles, fillo de Zeus. Mégara. Os doce traballos de Hércules. Deianira. Iole. Morte e apoteose de Hércules. O mundo clásico: Vida dun gladiador. A orixe dos gladiadores. Entrenamento e tipos de gladiadores. Os combates. Lingua e literatura grecolatina Composición y derivación del étimo latino gradior. A filosofía helenística. UNIDADE DIDÁCTICA 8: JASÓN O mito: Xasón. Infancia e adolescencia de Xasón. A expedición dos argonautas. A Cólquide. O regreso. Medea. II. O mundo clásico: «Cheguei, vin e vencín». Xulio César. A carreira política de Xulio César. A guerra civil e a fin de César. Composición e derivación do étimo grego πόλις e do étimo latino bellum. Estudo das locucións latinas referendum, quοrum y casus belli. Matemáticas e física. 3ª AVALIACIÓN Unidades 9,10 e 11 UNIDADE DIDÁCTICA 9: TESEO O mito: Teseo. Un oráculo de Delfos. Teseo, príncipe de Atenas. O labirinto do Minotauro. Ariadna en Naxos. O destino de Ariadna. A amazona. A paixón de Fedra. A desmesura de Teseo. Os deuses do Olimpo.
II. III. As pegadas do mundo clásico: «Xuro, xúrote pai, que xamais compoño versos». Monólogo de Xulia. Carta dende o Ponto. Lingua e literatura grecolatina Composición e derivación do étimo grego βίος. Estudo das locucións latinas deficit, superavit e plus. A desaparición do latín como lingua falada. UNIDADE DIDÁCTICA 10: ORFEO O mito: Orfeo. Orfeo e Eurídice. A volta do Hades. A ensinanza de Orfeo. A morte de Orfeo. II. As pegadas do mundo clásico: Alexandre Magno. Olimpia, a nai de Alexandre. A educación de Alexandre. A conquista de Asia. O helenismo Composición e derivación do étimo grego κράτος e do étimo latino colo. Estudo das locucións latinas grosso modo y inter nos. Xeografía e astronomía. A historia do calendario. Historia natural e medicina. UNIDADE DIDÁCTICA 11: EDIPO O mito: Edipo O enigma da Esfinxe Edipo rei A búsqueda do asesino de Laio A identidade de Edipo O cadáver de Polinices II. As pegadas do mundo clásico: Lembranzas de Adriano Principio e fin O esplendor de Adriano Antínoo e a etapa final. A Hispania romana. A conquista da Península Ibérica. A romanización. Composición y derivación del étimo griego σκοπέω y del étimo latino specio. O urbanismo. A arquitectura grega e romana. A escultura e outras artes plásticas.
1. Localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos máis relevantes das culturas grega e latina. 2. Recoñecer e identificar aspectos diversos da cultura grecolatina relativos á lingua, á literatura, á filosofía, á ciencia, á técnica, ao dereito, á Administración do Estado, ao urbanismo, á arquitectura, ás artes plásticas, valorando a súa unidade e, ao mesmo tempo, a diversidade. 3. Valorar a mitoloxía clásica, especialmente a grega, como elemento unificador da cultura grecolatina e inspirador da cultura ao longo da historia europea. Identificar en formas de relixiosidade actuais elementos que estean presentes nos mitos ou ritos propios da relixión grecorromana. OBXECTIVOS 4. Valorar a conciencia de pertenza a un contorno social e cultural, identificando elementos de continuidade da cultura clásica na propia, respectando a diversidade de identidades culturais. 5. Identificar as raíces clásicas de valores actuais nos ámbitos da educación, o pensamento, o dereito, a política, valorando os elementos que hai que preservar e os elementos a revisar. 6. Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos, lingüísticos e científico-técnicos, entre outros, tanto na cultura occidental como noutras culturas pasadas o presentes. 7. Coñecer os xéneros literarios grecolatinos máis importantes. 8. Identificar, agrupar e comprender os rastros das linguas clásicas nos diferentes eidos da lingua actual. - Grecia e Roma nos seus marcos histórico e xeográfico. - A sociedade grega e a sociedade romana: manifestacións artísticas e culturais. - Os xéneros literarios. Autores máis representativos. CONTIDOS MÍNIMOS - A herdanza do mundo clásico. A romanización. - O grego e o latín no marco das lenguas indoeuropeas. - Definición de mito y mitos principais tratados no currículo. - Adquisición de un vocabulario básico de orixe grecolatino. - A pegada dos romanos na nosa Comunidade Autónoma
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos, aspectos históricos ou culturais. Identifica aspectos históricos e/ou culturais, previamente traballados, en textos variados. 2. Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e os seus feitos máis relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as relacións con outras culturas coetáneas. Identifica en textos e sitúa no espazo e no tempo, feitos relevantes da historia das culturas clásicas, previamente traballados. 3. Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e Roma e a súa continuidade no mundo de hoxe. Describe a organización sociopolítica de Grecia e de Roma, así como establecer comparacións coa existente na actualidade. SISTEMA DE AVALIACIÓN 4. Localizar no espazo xeográfico as civilizacións grega e romana, así como recoñecer os elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico na Gallaecia e Hispania. Localiza en mapas o espazo das civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos máis relevantes na Galicia e na España actual. 5. Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso científicas de todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración. Identifica mitos en manifestacións literarias de calquera outro tipo, 6. Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais. Recoñecer o vocabulario grecolatino nas linguas modernas. Recoñece elementos comúns a todas as linguas estudiadas vocabulario. no 7. Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario. Recoñece os elementos básicos dos xéneros literarios clásicos, acudindo as aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas. 8. Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica. Identifica e relaciona as achegas do mundo clásico nos eidos do
pensamento, ciencia e técnica, ao mundo actual. 9. Valorar criticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, disposicións e costumes. Valora e analiza a permanencia do legado clásico na actualidade, así como a evolución co paso do tempo. 10. Manexar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións ou a vida cotiá en Roma. Manexa recursos e elabora un pequeno traballo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a capacidade de exposición posterior na aula. Valorarase o grao de planificación e a selección da información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así como a presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos. INSTRUMENTOS E PORCENTAXE DE VALOR Os instrumentos ou medios utilizados para valorar o proceso de avaliación continua son os seguintes: - Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. - Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, o cal debería incitar a que o alumno traballe de forma continua na materia. - Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc.). - Caderno de clase. - Lectura de textos adaptados e ambientados no mundo grecorromano e de traducións de textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Os alumnos e o profesor decidirán de forma consensuada as datas para facer os exames, e a nota final de cada avaliación sairá de: 1. Proba/as obxectivas escritas 50% da nota final (5 puntos). 2. Caderno, realización das tarefas encomendadas, participación na clase, actitude e comportamento terá un valor do 20% da nota final (2 puntos), que se reparten do seguinte xeito:
Caderno 10% (1 punto). O alumno deberá presentar o caderno de traballo con todas as actividades realizadas e correctamente presentadas. Presentación inadecuada dos contidos (-0,1), ausencia de marxes (-0,1), realización dos exercicios a lápiz (-0,1), faltas de ortografía (-0,01), exercicios sen facer (-0,1). Traballo diario 5% (0.5). O alumno deberá realizar as actividades propostas. Descontarase da nota 0,01 por cada exercicio solicitado e non realizado e por cada vez que non traia o material de traballo. Actitude 5% (0.5). O alumno amosará unha actitude respectuosa cara ao profesor, aos compañeiros e cara á materia. Por cada falta de puntualidade restarase 0,01, por cada conduta disruptiva na aula 0,01 e 0,25 se a falta é grave. 3. Traballos extraordinarios a partir de lecturas ou temas de cultura contará o 30% (3 puntos). As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considéranse cualificacións positivas aquelas superiores ou iguais a 5. Se a nota media da avaliación ten un decimal de 0.5 ou superior, farase o redondeo á alza. En cada avaliación farase como mínimo unha proba escrita e unha posterior proba de recuperación. Esta última terá lugar ao comezo da avaliación seguinte para que non interfira con probas de avaliación doutras disciplinas. Ao final do curso o alumno deberá ter superadas como mínimo dúas avaliacións e unha delas será a última, dado o carácter continuo que ten a avaliación desta materia. En cada proba escrita figurará o valor de cada pregunta. Para que dita proba sexa considerada válida deberá ter unha presentación adecuada e ser perfectamente lexible. Requírese unha expresión escrita correcta e ausencia de faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá 0,1 menos na puntuación). ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN Durante o curso pódese dar que algún alumno vaia descolgándose da marcha xeral; isto fai que perda o interese pola materia e ademais diminúa o seu rendemento. Nestes casos para os que teñan problemas en asimilar determinados conceptos ou que non podan seguir o ritmo normal da clase, se ten pensado realizar: - Unas follas personalizadas, onde aparezan actividades que reforcen os conceptos mal asimilados. - Tratamento individualizado de cada caso, a fin de acadar os obxectivos xerais. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA SETEMBRO Será unha proba escrita, na que figurará o valor de cada pregunta. Para que dita proba sexa considerada válida deberá ter unha presentación adecuada e ser perfectamente lexible. Requírese unha expresión escrita correcta e ausencia de faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá 0,1 menos na puntuación). Entrará toda a materia impartida. A cualificación será a acada exactamente nesta
proba. Ofertarase a posibilidade de entregar un traballo sobre a materia.