PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS. NIVEL BÁSICO (A1 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1

Σχετικά έγγραφα
PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal Página 1

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

4º ESO BEGOÑA MARTIN, ESTHER VAZQUEZ ACADAR TÓDALAS COMPETENCIAS, LINGUÍSTICA, SOCIAL, DIXITAL E O MUNDO FÍSICO

Procedementos operatorios de unións non soldadas

ΕΛΛΗΝΙΚΟ ΑΝΟΙΚΤΟ ΠΑΝΕΠΙΣΤΗΜΙΟ ΕΚΠΑΙΔΕΥΤΙΚΟ ΥΛΙΚΟ ΓΙΑ ΤΑ ΚΕΝΤΡΑ ΔΙΑ ΒΙΟΥ ΜΑΘΗΣΗΣ

Inmigración Estudiar. Estudiar - Universidad. Indicar que quieres matricularte. Indicar que quieres matricularte en una asignatura.

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

O galego e ti. unidade 1

PROGRAMACIÓN DE FRANCÉS

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Για να ρωτήσετε αν κάποιος μπορεί να σας βοηθήσει να γεμίσετε μια φόρμα

Ισπανικά Μέση Γενική Εκπαίδευση. Διαδίκτυο

SERVICIO DE IDIOMAS PROGRAMACIÓN GRIEGO MODERNO Nivel Inicial I

ΠΡΟΣ: ΚΟΙΝ.: συγκρότηση Επιτροπής για την επιλογή ελευθέρων βοηθηµάτων Ισπανικής γλώσσας

Académico Introducción

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Inmigración Documentos

Inmigración Documentos

Κυρ. Ιωάννου Οδ. Δωριέων 34 Τ.Κ 8068, Λάρνακα. Adam Smith 8 Crossfield Road Selly Oak Birmingham West Midlands B29 1WQ

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

SERVICIO DE IDIOMAS PROGRAMACIÓN GRIEGO MODERNO Niveles Inicial II

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

IV FESTIVAL LEA. Concurso entre escuelas de aprendizaje del español

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

PROGRAMACIÓN CURSO

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

PRESENTACIÓN DA MATERIA/ MÓDULO

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Onde posso encontrar o formulário para? Onde posso encontrar o formulário para? Για να ρωτήσετε που μπορείτε να βρείτε μια φόρμα

Το ίκτυο Βιβλιοθηκών του Τµήµατος Κοινωνικού Έργου της Caja Madrid. La Red de Bibliotecas de Obra Social Caja Madrid

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

CIENCIAS DA NATUREZA:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. CURSO

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Departamento de Física e Química

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

ΕΦΗΜΕΡΙΣ ΤΗΣ ΚΥΒΕΡΝΗΣΕΩΣ

H a b i l i d e s c o m u n i c a t i v a s e n g a l e g o p a r a o m u n d o l a b o r a l MANUAL

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PRUEBA INICIAL DE CLASIFICACIÓN CURSO Documento para adjuntar a la Solicitud de plaza

ΕΙΣΑΓΩΓΗ INTRODUCCIÓN

La experiencia de la Mesa contra el Racismo

preguntas arredor do ALZHEIMER

Índice de contidos DEPARTAMENTO DE GREGO PROXECTO DIDÁCTICO CURSO

Κυρ. Ιωάννου Οδ. Δωριέων 34 Τ.Κ 8068, Λάρνακα. Adam Smith 8 Crossfield Road Selly Oak Birmingham West Midlands B29 1WQ

Sección de Griego Moderno

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Tema de aoristo. Morfología y semántica

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Resorte: estudio estático e dinámico.

Nro. 01 Septiembre de 2011

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Signos de puntuación (Σημεία στίξης)

Negocios Carta. Carta - Dirección

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

DOCUMENTOS DE APOYO AL CURRÍCULO DE EEOOII

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

PROXECTO LECTOR DO CENTRO

ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΗΝ ΙΣΠΑΝΙΚΗ ΓΛΩΣΣΑ

AXENDA BÁSICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DA FACULTADE DE DEREITO Curso º Cuadrimestre

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Lógica Proposicional

DISPOÑO CAPÍTULO I. Disposicións xerais

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

TRABAJO PRÁCTICO N 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-Aoristo-Futuro

Una visión alberiana del tema. Abstract *** El marco teórico. democracia, república y emprendedores; alberdiano

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

ΥΠΟΥΡΓΕΙΟ ΠΑΙΔΕΙΑΣ, ΈΡΕΥΝΑΣ ΚΑΙ ΘΡΗΣΚΕΥΜΑΤΩΝ ΚΡΑΤΙΚΟ ΠΙΣΤΟΠΟΙΗΤΙΚΟ ΓΛΩΣΣΟΜΑΘΕΙΑΣ

CAPÍTULO 6: EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Y RELATIVO

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

INGLÉS 2016/2017. Página 1 de 17

Investigacións a partir da lectura do libro Los Diez Magníficos

P R O G R A M A C I O N D E F Í S I C A E Q U Í M I C A C U R S O

A actividade científica. Tema 1

TAREFAS PARA RECUPERAR AS MATERIAS NON SUPERADAS EN XUÑO 2º DE ESO

Vocabulario unidad 4: La casa

XEFA DE DEPARTAMENTO: CARMEN VILARIÑO AGRAS

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

PREPARACIÓN EN LA ESCUELA LIBRO DEL PROFESOR PARA EL EXAMEN N I V E L C 1

Transcript:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS NIVEL BÁSICO (A1 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas

INDICE 1. Nivel BÁSICO... 2 1.1 Definición de nivel... 2 1.2. Obxectivos xerais... 2 1.2.1 Comprensión oral... 2 1.2.2 Comprensión escrita... 2 1.2.3 Expresión e interacción oral... 2 1.2.4 Expresión e interacción escrita... 2 1.3. Básico 1... 3 1.3.1 Obxectivos específicos... 3 1.3.2 Contidos: Secuenciación e temporalización... 4 1.3.3 Recursos didácticos... 8 2. Avaliación (Ver documento Avaliación na web)... 9 Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 1 de 10

1. Nivel BÁSICO 1.1 Definición de nivel De acordo co R. D. 1629/2006 e a Lei Orgánica de Educación, a programación para o nivel básico 2 (BA 2) ten como referencia o nivel A2 (nivel plataforma) do Consello de Europa. Este nivel está definido no Marco Común europeo de referencia para as linguas (MCER) e especifica que o alumno que ten superado A2 (usuario básico) É capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente, relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.) Sabe comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran mais que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas e habituais. Sabe describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu contorno, así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas. Segundo se establece no decreto que regula este tipo de ensino, o nivel básico: Ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de maneira eficaz e apropiada en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos. Este nivel de uso do idioma permitirá igualmente actuar en situacións sinxelas de comunicación como intermediario entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de forma directa 1.2. Obxectivos xerais 1.2.1 Comprensión oral Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada. 1.2.2 Comprensión escrita Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles relevantes en textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura sinxela e clara, nunha variedade de lingua estándar. 1.2.3 Expresión e interacción oral Producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotiá, tanto en comunicación cara a cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de forma comprensible, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación. 1.2.4 Expresión e interacción escrita Escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos que se pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais. Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 2 de 10

1.3. Básico 1 A hora de describir de forma xeral este nivel temos que acudir á descrición que o MCER fai do nivel correspondente A1: É capaz de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato. Pode presentarse a si mesmo e aos outros, pedir e dar información persoal básica sobre o seu enderezo, as súas pertenzas e as persoas que coñece. Pode relacionarse de forma elemental sempre que o seu interlocutor fale devagar e con claridade e estea disposto a cooperar. (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Aprendizaxe, Ensino, Avaliación. Consello de Europa. Anaya, 2002, p.27) Este curso de carácter xeral ten unha duración de 130 horas de asistencia obrigatoria e supón, como mínimo, unha dedicación equivalente de preparación e seguimento fóra da aula. 1.3.1 Obxectivos específicos Este curso vai dirixido a persoas interesadas en aprender español que, ou ben non teñen coñecementos previos da lingua española, ou que, aínda que levan un tempo en situación de inmersión nunca se someteron a ningún tipo de instrución formal. Este nivel Básico 1 diríxese a alumnos que estuden por primeira vez no centro. Ademáis está indicado de xeito preferente para aqueles alumnos que pola súa procedencia (chineses, rusos, árabes, africanos) ou pola súa recente chegada ao noso país precisan unha atención mayor que a que lles ofrece o nivel basico integrado. 1.3.1.1 Comprensión oral Comprender palabras e expresións básicas e habituais referidas a asuntos cotiás, se a pronuncia é pausada e clara. Entender fórmulas de contacto social moi básico. Comprender información breve sobre cuestións persoais en conversacións moi sinxelas. Identificar diversos lugares: países, ciudades, etc. partindo da información xeral que se da deles. Entender cifras, prezos e horas. Recoñecer inormación na que se describe a varias persoas, sempre que a pronuncia sexa clara e pausada. Entender a información referida a horarios e aos días da semana. Entender instruccións e seguir indicacións breves e sinxelas para localizar un lugar. 1.3.1.2 Comprensión escrita Comprender textos cortos e sinxelos se pode recoñecer nomes familiares, palabras e frases básicas sempre que poida volver a ler o texto. Entender palabras e frases nos letreiros máis comúns. Interpretar mensaxes sinxelas en felicitacións, postais e tarxetas. Entender formularios e cuestionarios sinxelos para proporcionar os datos máis relevantes sobre eles mesmos. Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 3 de 10

Comprender informacións sobre persoas (lugar de residencia, edad, profesión, gustos, etc. Entender información puntual básica en carteis e folletos, por exemplo, con horarios, prezos e comidas. Captar o contido dun folleto con información sinxela e descripcións básicas dun lugar, especialmente con apoio visual. Entender a información relevante en textos sinxelos e breves como correos electrónicos o sitios webs, sempre que se poida volver a ler o texto. 1.3.1.3 Expresión e interacción oral Utilizar frases sinxelas para falar do lugar no que vivo e das persoas que coñezo: Presentarme Falar de algunhas cousas que quero facer durante o curso. Describir a unha persoa que coñezo. Dar información sobre o que fago na miña vida cotiá. Resumir e explicar ao resto da clase a información que recolleu despois dun traballo en grupo. Describir o meu barrio e o meu pobo. Participar nunha conversa de forma sinxela sempre que a outra persoa esté disposta a repetir o que se dixo, a formulalo con outras palabras ou a falar a unha velocidade menor, e que lle axude a expresar o que intenta dicir. Presentarme e utilizar fórmulas de contacto máis comúns para saudar e para despedirse. Cubrir as súas necesidades en diversas situacións, como facer compras sinxelas, se pode recurrir a xestos para expresar o que quere dicir. Dar e pedir información persoal sobre temas cotiás. Falar con outras persoas para tomar decisións sobre horarios e lugares. Facer e respostar preguntas, reaccionar ante afirmacións sobre asuntos de inmediata necesidade ou moi habituais. 1.3.1.4 Expresión e interacción escrita Escribir textos breves, por exemplo unha postal, coa axuda dun diccionario e dar información sobre a súa vida cotiá ou sobre a de outras persoas. Confeccionar un cartel con información persoal dos seus compañeiros. Escribir un texto breve no que se explica o que se quere facer no curso. Escribir un texto sinxelo no que se describe un país que coñezo ben. Completar un texto con información persoal sobre outra persoa. Contestar un correo electrónico con información sobre a súa vida cotiá. Completar unha ficha sobre un lugar onde vive ou que coñece ben: o nome, a ubicación e a descripción. 1.3.2 Contidos: Secuenciación e temporalización Os contidos neste curso están distribuídos en once unidades didácticas, cada unha delas dividida en oito apartados: tema, tarefa final, obxectivos, funcións comunicativas, contidos lingüísticos, tipos de texto, contidos socioculturais e contidos estratéxicos. Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 4 de 10

PRIMEIRO CUATRIMESTRE UNIDADE 1: EN ESPAÑOL TEMA : LINGUA E COMUNICACIÓN Tarefa final: realizar carteis coas instruccións máis importantes para comunicarse en español e para aprendelo e facer unha pequeña listaxe/axenda coas direccións electrónicas dos compañeiros da clase. Obxectivos: entrar en contacto coa lingua e a sua aprendizaxe, recoñecer os sonidos do español e familiarizarse co alfabeto. Funcións: saudar e despedirse; preguntar sobre palabras (como se escriben, que significan );preguntar e expresar coñecemento ou descoñecimento sobre o significado das palabras; repetir ou solicitar repetición ou aclaración; deletrear e solicitar que se deletree algo; pedir a alguén que fale máis despacio ou máis alto. Contidos lingüísticos: o sustantivo: xénero e número; números do 1 ao 10; o abecedario; correspondencia entre algúns sons e letras: /k/ c + a, o, u, qu + e, i ; /θ/ z + a, o, u, c + e, i ; /x/ j + a, e, i, o, u, g + e, i ; /g/ g + a, o, u ; gu + e, i ; o artigo determinado: concordancia en xénero e número co sustantivo; direccións electrónicas: @, punto, guión, guión bajo. Tipos de texto: carteis. Contidos socioculturais: coñecementos variados do mundo hispano: cine, xeografía, literatura, etc. Estratexias: deducir o significado de palabras pola similitude con outras de outras linguas; activación de coñecementos previos; asociacións semánticas e afectivas das palabras; comparación dos sons do español coas súas linguas maternas; memorización mediante cancións. UNIDADE 2: MUCHO GUSTO TEMA : IDENTIFICACIÓN PERSOAL Tarefa final: facer un álbum dos alumnos da clase con algúns datos persoais como: nome, apellido, profesión, nacionalidade, dirección e linguas que falan. Obxectivos: entrar en contacto persoal básico cos compañeiros. Funcións: dar e pedir datos persoais (nome e apelidos); presentarse e presentar a alguén; dar e entender os motivos polo que se aprende español. Contidos lingüísticos: formas do singular dos verbos: ser, hablar, trabajar, llamarse, dedicarse e vivir; tratamento: tú ou usted; léxico das profesións; nacionalidades e linguas; as partículas interrogativas: cómo, de dónde, qué, dónde. Tipos de texto: formulario de datos persoais, tarxetas de presentación, viñetas, correo electrónico. Contidos socioculturais: persoaxes famosas do mundo hispano, apelidos latinos, os nomes máis comúns en España, productos latinoamericanos. Estratexias: subrayar todas as palabras que entenden; reflexionar e inducir por qué as entenden; acudir a palabras similares nas súas linguas. UNIDADE 3: DE FIESTA CON MI FAMILIA TEMA : RELACIÓNS HUMANAS E SOCIAIS. Tarefa final: traer unha foto da nosa familia e describila na clase + crear unha familia para unha serie de televisión Obxectivos: ampliar o contacto persoal cos compañeiros, engadindo máis información persoal. Funcións: intercambiar información persoal sobre idade, estado civil, familia, datas importantes e aparenza física. Contidos lingüísticos: cuantificadores numerais; os verbos da segunda conxugación: aprender, tener; e da terceira: ir, vivir, venir; o artigo indefinido un/una/unos/unas; a negación; vocabulario de parentescos; meses do ano; posesivos; adxetivos de carácter; Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 5 de 10

xénero e número dos adxetivos; posición dos adxetivos; números ata 100. algunas partes do corpo como ojos e pelo; cores dos ollos; verbo llevar+ gafas. Tipos de texto: formulario de datos persoais; tarxetas de presentación. Contidos socioculturais: modelos de familia en España, Las Fallas de Valencia e outras festas importantes do mundo hispano. Estratexias: de aprendizaxe, neste caso coñecer e elexir estratexias para memorizar mellor as diferentes desinencias verbais do sistema verbal español; facer unha lista de verbos nos seus cuadernos onde ir apuntando de forma clasificada segundo a conxugación os verbos que vaian saindo ó longo do curso. UNIDADE 4: BUEN FIN DE SEMANA! TEMA: TEMPO LIBRE E OCIO. Tarefa final: elaborar unha enquisa sobre o tempo libre e decidir qué facemos esta fin de semana Obxectivos: falar sobre hábitos de ocio e tempo libre; contrastar gustos e preferenzas sobre actividades culturales e deportivas; propoñer a alguén unha actividade de fin de semana e acordala xuntos; comprender documentos con información sobre tipos de espectáculos e outras actividades de tempo libre Funcións: expresar gustos e intereses; preguntar sobre gustos; contrastar gustos; Contidos lingüísticos: verbo gustar; contrastar gustos a mí también, a mí tampoco; cambios vocálicos no presente dos verbos irregulares (eie; oue): quiero/prefiero/puedo/juego e verbos con forma irregular na primeira persoa go/-zco: hago/salgo/conozco; léxico de actividades de tiempo libre; entoación nas propostas; algún marcadores de frecuencia: nunca/dos veces por semana/los fines de semana; negación en español: posición e combinación no+nunca. Contidos socioculturais: O parque do Retiro en Madrid e os hábitos culturais dos españois. Tipos de texto: páxina web, anuncios, cartel, notas e guía do ocio. Estratexias: de aprendizaxe de vocabulario novo: memorizar a través de antónimos, diferencias conceptuais nalgunhas palabras aprendidas entre a súa lingua e o español. UNIDADE 5: CALLE MAYOR TEMA: BENS E SERVIZOS Tarefa final: facer unha presentación oral da súa cidade favorita, simular un rol-play para quedar cun compañeiro para facer algo en Vigo e propoñer unha ruta turística por Vigo. Obxectivos: describir unha cidade; pedir información nunha oficina de turismo; preguntar e dar información de horarios; preguntar e dar a hora; pedir e dar información sobre a ubicación de lugares; usar os transportes públicos; coñecer as características dos barrios nos que vivimos; discutir sobre as vantaxes e as carencias dos diferentes barrios da nosa cidade. Funcións: describir barrios e cidades; falar do que máis nos gusta dun lugar; pedir e dar información sobre a ubicación de lugares; falar dos servicios dun barrio; citarse para quedar e aceptar/rexeitar a proposta e proponer unha alternativa. Contidos lingüísticos: léxico de servizos na cidade; números de 100 a 100.000; verbo ir; forma impersoal hay; cuantificadores: ningún/ ninguna/ ninguno/ un/ una/uno; algún/alguna/alguno/algunos/algunas; resaltar un aspecto: lo que más/menos ; ser/estar/hay; edificios e servicios públicos; direccións na rúa; contraste na pronuncia entre as oclusivas dentais /t/ y /d/ e as correspondencias ortográficas; preposicións locais: al lado de, cerca/lejos de, a la derecha/izquierda de/ enfrente de, entre, detrás/delante de; medios de transporte; sistema horario; verbo estar para localización. Tipos de textos: artigos periodísticos; presentación oral; planos e mapas, blogs, pequeña guía turística. Contidos socioculturais: a estructura dunha ciudade no mundo hispano; os barrios de Vigo e os seus problemas; calidade de vida nas ciudades españolas; Madrid Visión: monumentos máis importantes de Madrid. Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 6 de 10

Estratexias de comprensión oral: interrumpir al interlocutor y repetir la información importante; de aprendizaxe: acompañar o vocabulario de presposicións de lugar con iconas que marquen as direccións. SEGUNDO CUATRIMESTRE UNIDADE 6: EL MENÚ DEL DÍA TEMA: SAÚDE E COIDADOS FÍSICOS + ALIMENTACIÓN. Tarefa final: 1 preparar un menú do día nun bar de tapas e simular unha situación neste bar e 2 preparar e presentar diferentes menus especiais. Obxectivos: describir pratos; poder manexarse en restaurantes; coñecer algúns pratos hispanos; falar de hábitos de alimentación; pedir nun restaurante. Funcións: pedir comidas e bebidas nun restaurante; describir pratos; facer, aceptar e rexeitar propostas; quedar; valorar unha comida; pedir e dar información sobre pesos e medidas da comida; expresar desexos e preferencias Contidos lingüísticos: léxico de alimentos: as comidas do día, grupos de alimentos, as comidas; otro/a/s; un poco más de; momentos do día: sustantivos e verbos (por la mañana-el desayuno-desayunar); recursos para pedir nun restaurante: uso da preposición de+ primero/segundo/postre. Tipos de texto: menús, enquisas, anuncios publicitarios Contidos socioculturais: o tratamento en español: uso de usted/ustedes; tipos de restaurantes; hábitos gastronómicos do mundo hispano; pratos típicos; os bares en España; horas e hábitos alimenticios recursos para aceptar/rexeitar unha proposta; Estratexias: de comprensión oral: prever o que se vai decir a partir da situación comunicativa; de aprendizaxe: memorizar palabras relacionándoas con debuxos feitos por nos mesmos, fixarse nos números que nos rodean e intentar decilos en español cando os atopemos na nosa vida cotidiana. UNIDADE 7: DE CAMPO Y PLAYA TEMA: CLIMA, XEOGRAFÍA E CONDICIÓNS ATMOSFÉRICAS+ VIAXES E TRASNPORTES. Tarefa final: elexir os tres mellores lugares do mundo, facer unha pequena presentación aos compañeiros e organizar unha viaxe Obxectivos: describir espazos naturais e lugares de vacacións; falar de plans e intencións; comprender e dar información sobre o tempo atmosférico e o clima; reservar un aloxamento por escrito. Funcións: describir espazos naturais e lugares de vacacións; preguntar e informar sobre plans e intencións; describir o tempo atmosférico e o clima; reservar un aloxamento por escrito. Contidos lingüísticos: léxico do tempo atmosférico: hace/hay/lluve/nieva, etc; os puntos cardinales; léxico de tipos de aloxamentos; medios de transporte; perífrasis de futuro: ir+a+infinitivo; actividades de lecer; verbo modal querer+infinitivo; preposicións de lugar: dea/ desde- hasta, en + medio de transporte Tipos de texto: billetes de avión, autobús, reserva de hotel, anuncios, enquisas, noticias, ofertas de viaxes. Contidos socioculturais: lugares de interés turístico do mundo hispano; hábitos de vacacións dos españois; medios de transporte populares en España. Estratexias: de comunicación: sustituir o nome dunha palabra que non coñecemos pola descripción dun obxeto; de aprendizaxe: usar os erros como recurso de aprendizaxe. UNIDADE 8: SE ALQUILA PISO TEMA: VIVENDA, FOGAR E CONTORNA + ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA. Tarefa final: 1 elaborar as normas de convivencia con outros 2 compañeiros de piso e 2 negociar cambios no piso que van compartir. Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 7 de 10

Obxectivos: describir unha casa/piso; falar de tarefas domésticas, hábitos e rutinas no fogar; establecer normas de convivencia. Funcións: describir unha casa/piso; nombrar os mobles e electrodomésticos; facer cumpridos e reccionar; negociar algo; pedir permiso e responder ás peticións doutras persoas; ofrecer algo e responder a un ofrecimento; falar de obrigas e prohibicións. Contidos lingüísticos: mobles, partes da casa, electrodomésticos; cores: concordancias de xénero e número adxetivo-sustantivo; demostrativos: ese/esa/eso-esos/esas; perífrasis impersoal hay+que+infinitivo; verbos de actividades cotiás; pasiva reflexa se+puede para falar de permiso ou posibilidade; está+ prohibido; marcadores: primero/después/al final. Tipos de texto: anuncios inmobiliarios; conversación na casa con invitados; artigos; Contidos socioculturais: comportamentos de visita na casa: regras de cortesía; a situación da vivenda en España; tipos de vivendas en España; estilos arquitectónicos do mundo hispano. Estratexias: de aprendizaxe: escribir os nomes dos obxetos sobre post-its e pegarllos para memorizalos. UNIDADE 9: ESTUDIAS O TRABAJAS? TEMA : EDUCACIÓN E TRABALLO Tarefa final: debatir a mellor oferta de traballo para un candidato e facer un catálogo de persoas que buscan traballo Obxectivos: familiriazarse co léxico do mundo laboral; redactar un CV breve; comprender ofertas de traballo Funcións: describir unha ocupación; pedir e dar información sobre requisitos para un traballo; expresar opinións sobre traballos ou estudos; informar sobre coñecementos e habilidades profesionais; expresar acordó/desacordo. Contidos lingüísticos: léxico do mundo laboral: profesións, lugares de traballo, actividades laborais, estudos, requisitos laboais; datos persoais e laborais; abreviaturas: C/, Avda. etc; estar+ de acuerdo+ con; comparativos de superioridad, inferioridad e igualdad; números ordinais; creo que/para mí; también/tampoco; perífrasis impersoal (no) hay+que+infinitivo; marcadores temporais do pasado recente: nunca/alguna vez/dos veces; uso do Pretérito Perfecto para falar de datos do currículum: he estado dos veces en el extranjero. Tipos de texto: tarxetas de visita, ofertas de cursos, ofertas de traballo, currículum viate Contidos socioculturais: horarios; comparar hábitos laborais dos españois con outras culturas; a situación laboral en España; sistema de titulacións en España. Estratexias: de comprensión: aprender a concentrarse nas palabras importantes para entender o sentido xeral dos textos; evitar comprender palabra por palabra. UNIDADE 11: RECUERDOS Tema: identificación persoal. Tarefa final: inventar unha biografía corta e sinxela Obxectivos: empezar a falar sobre o pasado Funcións: falar de datas e momentos importantes nas nosas vidas; preguntar por experiencias do pasado; contar viaxes e outras actividades pasadas. Contidos lingüísticos: léxico de momentos importantes na vida dunha persoa: nacer, casarse, tener un hijo, etc; datas: meses do ano; marcadores temporais do pasado: ayer/anteayer/la semana pasada/hace+tiempo/en+año/meses del año; preposicións temporais: en+ meses; anosprimeira persoa do pretérito indefinido dos verbos máis frecuentes; contraste Pretérito Perfecto/Indefinido; pronomes de obxeto directo: lo/la/los/las. Tipos de texto: biografías cortas. Contidos socioculturais: biografías de persoaxes populares no mundo hispano; Estratexias: de comunicación: sustituir o nome dunha palabra que non coñecemos pola descripción dun obxeto; de aprendizaxe: usar os erros como recurso de aprendizaxe. 1.3.3 Recursos didácticos Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 8 de 10

Arbones, Carme et alii: Así me gusta 1. Madrid, En clave ELE, 2008. Conejo, Emilia; Tonnelier, Bibiana: Cuadernos de gramática española A1. Barcelona, Difusión 2008 Martín Peris, Ernesto; Sans Baulenas, Neus: Gente 1. Barcelona, Difusión, 1997 Miquel, Lourdes; Sans, Neus: Como suena 1. Barcelona, Difusión, 1996 Miquel, Lourdes; Sans, Neus: De dos en dos. Barcelona, Difusión, 2000. Moreno, Concha; Moreno, Victoria; Zurita, Piedad: Nuevo Avance 1. Madrid, SGEL, 2009. Palomino, Mª Ángeles: Dual. Pretextos para hablar. Madrid, Edelsa, 1998. Rodríguez Rodríguez, María: Escucha y aprende. Madrid, SGEL, 2003 Verdía, E. et alii: En acción 1. Madrid, En clave ELE, 2004. 1.3.3.1 Tipoloxía de textos Oral Anuncios (instrucións e indicacións). Contactos sociais. Conversas á cara. Transaccións. Presentacións. Escrito Fichas, formularios e cuestionarios. Listaxes (lista da compra, cousas que se deben facer) Horarios. Catálogos, páxinas amarelas, guías e folletos. Etiquetas. Billetes e entradas. Correspondencia persoal (cartas, tarxetas postais, correos electrónicos, telefax, invitacións, felicitacións, tarxetas de visita). Anuncios (instrucións e indicacións). Carteis, letreiros e sinais. Menús. Textos literarios moi sinxelos. Manuais de instrucións. Notas e mensaxes. 1.3.3.2 Libros de texto AGENCIA ele 1. Nueva edición.curso de español. Libro de clase. Editorial SGEL, 2017. AGENCIA ele 1. Nueva edición. Libro de ejercicios. Editorial SGEL, 2017. 2. Avaliación (Ver documento Avaliación na web) Programación didáctica. Departamento de Español para Estranxeiros Páxina 9 de 10