PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Σχετικά έγγραφα
PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Departamento de Física e Química

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

Procedementos operatorios de unións non soldadas

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CONTIDOS MÍNIMOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

Curso PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: ESO, Bacharelato.

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO

Programación Didáctica do. Curso

P R O G R A M A C I O N D E F Í S I C A E Q U Í M I C A C U R S O

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO IES Ribeira do Louro

CIENCIAS DA NATUREZA:

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Curso IES As Telleiras

PLANETA PLAST 1. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS RECURSOS E MATERIAIS Para facer o modelo de planeta...2

O MÉTODO CIENTÍFICO. ten varias etapas 2. BUSCA DE REGULARIDADES. cifras significativas

I.E.S. SALVADOR MADARIAGA. CURSO RESUMEN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LOE (2º E 4º ESO) DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

IES Castelao O Calvario - VIGO. Departamento de MATEMÁTICAS

A actividade científica. Tema 1

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

MATEMÁTICASDE 1º DE ESO

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

4º ESO BEGOÑA MARTIN, ESTHER VAZQUEZ ACADAR TÓDALAS COMPETENCIAS, LINGUÍSTICA, SOCIAL, DIXITAL E O MUNDO FÍSICO

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

PROGRAMACIÓN DE FRANCÉS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Física e Química 4º ESO

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Resorte: estudio estático e dinámico.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

A ciencia estuda o universo

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

AVALIACIÓN 2ª 2º BACHARELATO

PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO. CS de AUTOMOCIÓN

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal Página 1

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

ONDAS. segundo a dirección de vibración. lonxitudinais. transversais

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

PAU MATEMÁTICAS II APLICADAS ÁS CCSS

As nanopartículas metálicas

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

13 Estrutura interna e composición da Terra

Programación didáctica do Departamento de Tecnoloxía. IES Pontepedriña (S. de Compostela) Curso 2018/19

Ámbito Científico - Tecnolóxico ESA MÓDULO 4. Unidade Didáctica 5 USO E TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

DISPOÑO CAPÍTULO I. Disposicións xerais

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

FÍSICA. = 4π 10-7 (S.I.)).

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Índice de contidos DEPARTAMENTO DE GREGO PROXECTO DIDÁCTICO CURSO

Prevención de riscos laborais

TAREFAS PARA RECUPERAR AS MATERIAS NON SUPERADAS EN XUÑO 2º DE ESO

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

PRÁCTICA Nº 4. o movemento

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. CURSO

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

PAU Setembro 2010 FÍSICA

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS. NIVEL BÁSICO (A1 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE GREGO IES PONTEPEDRIÑA CURSO

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

PROGRAMACIÓN OFICIAL DA MATERIA PERCUSIÓN

Transcript:

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico 2012-2013 SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA I.E.S DO CASTRO - VIGO

ÍNDICE 1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS 2.- METODOLOXíA. 3.- OBXECTIVOS, CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADOS POR NIVEIS. 4.- MATERIAIS CURRICULARES E RECURSOS. 5.- TEMPORALIZACION E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 6.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.- MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA. 8.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 9. PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES. 2

1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS No presente ano académico 2012-13 o Seminario de Bioloxía e Xeoloxía está integrado polos seguintes membros: Alejo Reigosa Roger; encargado da docencia en tres niveis do Bacharelato Internacional (bioloxía 1º NM, Sistemas ambientais e bioloxía 2º NS) e un 2º Bach. LOE, desempeñando as funcións de Xefe de Departamento. Ana Mª Arias Martínez; encargada da docencia nos cursos que se indican máis adiante e da xefatura de estudios. Ofelia Bermúdez Bargo; encargada da docencia nos cursos que se indican. Nuria Abalde García; encargada da docencia nos cursos que se indican. Marta Ramada Zamora; encargada da docencia nos cursos que se indican e titora de 2º ESO B. A B C D Primeiro Ofelia Nuria Nuria A+B Ofelia Segundo Marta Marta Marta A+B Marta Terceiro Marta Ofelia Ofelia Cuarto Ana Ana Ofelia 1ºBac.BioXeo Ofelia Ofelia 1ºBac.C.M.C. Marta Nuria Nuria Nuria 1ºBac.AtnEdu. Nuria 2º Bach. Bio Ana/Alejo 2º B. CTMA Nuria A Bioloxía do BI que se imparte no centro para o Programa de Diploma ten o nivel de NM no 1º curso (4 horas lectivas máis 1 hora de prácticas). Sistemas ambientais do Programa do Diploma impártese ó nivel medio (6 horas máis unha de prácticas, porque os dous cursos se imparten nun só) e para segundo curso: Bioloxía NS, nivel superior (4 horas máis unha de prácticas). Están ubicados nos grupos 1º E e 2º E, respectivamente. 2.- METODOLOXÍA Ainda que este aspecto está especificado nos contidos de cada nivel, podemos dicir que, en xeral, o traballo desenvolverase en base ás seguintes actividades: Exposición xeral de contidos por parte do profesorado, resaltando os fundamentais con esquemas e sínteses. Resolución de problemas e cuestións relacionados con cada tema, consultando as fontes de información precisas. Experiencias na aula e laboratorio utilizando diferentes materiais e modelos. 3

Saídas ó campo ou praia para o estudio de diversos ecosistemas manexando no seu caso guías e chaves dicotómicas para a identificación de rochas, minerais e seres vivos. Visitas a museos, espacios naturais e outras instalacións de interese. Uso de medios audiovisuais (Internet, Videos, DVD, diapositivas e transparencias) como introducción ou reforzo para os contidos do tema. Realización de traballos monogáficos individuais ou en grupo en col de temas do seu interese e informes prácticos para entregar por escrito ou expoñer oralmente na clase. 3.- OBXECTIVOS, CONTIDOS, E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADOS POR NIVEIS. Programación de Ciencias Naturais de 1º curso de E.S.O. UNIDADE 1: A Terra, un planeta habitado OBXECTIVOS Recoñecer as características comúns dos seres vivos. Aprender os criterios de clasificación, así como cales son os principais taxóns ou niveis de clasificación dos seres vivos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar as características que diferencian os seres vivos dos non vivos 2. Sinalar os requirimentos básicos dos seres vivos para poder vivir. 3. Clasificar empregando criterios válidos e coñecer a clasificación xerárquica dos seres vivos. 4. Coñecer o concepto de especie e a nomenclatura que se emprega para designalas. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento da actividade inicial en grupo e a súa posterior exposición oral fomenta as habilidades sociais para comunicar conclusións e formular argumentos e razoamentos (C1 e C3). - A análise de datos e gráficas desenvolve a capacidade de entender e empregar representacións para a comprensión de coñecementos do mundo natural (C2 e C3). - O recoñecemento da influencia dos factores externos sobre os seres vivos expón o respecto ao medio ambiente (C3 e C5). - A clasificación e identificación de seres vivos estimula unha visión analítica do contorno que permite obter o máximo de información do mesmo (C3 e C7). - Ao propor pescudas para buscar información, poténciase a habilidade de procura, recollida e procesado da información (C1 e C4). CONTIDOS Características diferenciais dos seres vivos. Compoñentes moleculares da materia viva. Condicións que fan posible a vida na Terra. Hábitat e factor ambiental. Medio acuático e medio terrestre. Criterios para clasificar. Clasificación dos seres vivos. Especie: concepto e nomenclatura. UNIDADE 2: Animais I. Os vertebrados OBXECTIVOS Coñecer as características que identifican aos animais. Distinguir as características morfolóxicas xerais dos vertebrados. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 4

1. Describir as diferenzas máis importantes entre animais vertebrados e invertebrados. Distinguir as características morfolóxicas xerais dos vertebrados. 2. Recoñecer as características principais dos animais vertebrados. 3. Dominar a clasificación dos vertebrados e sinalar exemplos de cada grupo. 4. Relacionar distintas formas do corpo e das extremidades coa adaptación ao medio e coa forma de desprazarse. COMPETENCIAS BÁSICAS - A realización de claves dicotómicas axuda a estruturar o coñecemento de alumno, reforzando os contidos propios da competencia científica, así como das habilidades para o estudo (C3 e C7). - A aplicación da anatomía comparada desenvolve habilidades metodolóxicas propias da competencia científica (C3). - As actividades de procura de información reforzan as habilidades para a procura e tratamento da información (C1 e C4). CONTIDOS Os animais. Características xerais. Os vertebrados. Características xerais. Os peixes. Características xerais e funcións. Os anfibios. Características xerais e funcións. Os réptiles. Características xerais e funcións. As aves. Características xerais e funcións. Os mamíferos. Características xerais e funcións. Os seres humanos. Características diferenciais respecto dos mamíferos. Adaptacións dos vertebrados ao seu medio. UNIDADE 3: Animais II. Os invertebrados OBXECTIVOS Recoñecer os animais invertebrados e distinguilos dos vertebrados. Caracterizar os invertebrados segundo os seus trazos morfolóxicos e funcionais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir as características máis importantes dos animais invertebrados. 2. Coñecer a clasificación dos invertebrados e sinalar exemplos de cada grupo. 3. Describir as características principais de cada grupo de invertebrados. 4. Relacionar distintas formas do corpo e das extremidades coa adaptación a diferentes medios e coa forma de desprazarse. COMPETENCIAS BÁSICAS - A realización de cadros de resumo sobre a organización externa dos grupos de invertebrados potencia o desenvolvemento de habilidades para o estudo (C7). - A observación da mosca da froita permite o desenvolvemento de habilidades características da competencia en ciencias e tecnoloxía (C3). - As actividades en grupo permiten o desenvolvemento das habilidades sociais (C5). - O desenvolvemento de claves e a clasificación de organismos reforzan habilidades para o estudo e mostran habilidades propias da disciplina (C7 e C3). CONTIDOS Conceptos Poríferos e cnidarios. Características xerais. Anélidos. Características xerais. Moluscos. Características xerais e clasificación. Artrópodos. Características xerais e clasificación. Equinodermos. Características xerais. Diversidade dos invertebrados en función dos diferentes medios que habitan. UNIDADE 4: As plantas e os fungos OBXECTIVOS Coñecer as características dos organismos que se inclúen no reino vexetal. Determinar as características dos organismos que se inclúen no reino fungos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar as características que diferencian as plantas dos animais. 2. Coñecer os órganos principais das plantas e as funcións que realizan. 5

3. Saber como realizan as plantas as súas funcións vitais e as estruturas implicadas en cada proceso. 4. Coñecer a clasificación das plantas e as características principais de cada grupo. 5. Recoñecer as características dos fungos. 6. Identificar as diferentes formas de vida que presentan os fungos. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento de esquemas e cadros de analoxías favorece a organización no estudo (C7). - A procura de información, no libro ou en Internet potencia o emprego de diferentes recursos (C4). - A realización de actividades nas que se propón a interpretación de datos, desenvolven habilidades para empregar e entender os datos, en función dos cales se poden desenvolver razoamentos e conclusións (C2 e C3). CONTIDOS As plantas: características xerais. Órganos vexetativos: a raíz, o talo e as follas. Funcións. Estrutura da flor. A semente e os froitos. Anxiospermas. Características xerais e exemplos. Ximnospermas. Características xerais e exemplos. Os fentos e as carrizas. Características xerais. As plantas e o medio. Os fungos. Características xerais, estruturas e formas de vida. UNIDADE 5: A Terra no universo OBXECTIVOS Coñecer as características dos modelos xeocéntrico e heliocéntrico. Saber as características fundamentais dos compoñentes do sistema solar. Entender as ideas actuais sobre a posición da Terra no universo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir as principais diferenzas entre o sistema xeocéntrico e o heliocéntrico. 2. Identificar as propiedades fundamentais do Sol e os planetas, así como as súas características orbitais. 3. Enumerar outros corpos do sistema solar. 4. Comprender o modelo actual sobre a posición da Terra no universo e as características fundamentais da Vía Láctea. COMPETENCIAS BÁSICAS - O emprego de modelos explicativos que interpretan sucesos astronómicos contribúe ao desenvolvemento de habilidades propias das ciencias (C3). - A comprensión dos contidos de astronomía e a súa relación coas diferentes culturas permite o desenvolvemento dun pensamento crítico fronte a formulacións non científicas como a astroloxía e as supersticións (C3, C5 e C8). - O emprego de táboas comparativas de datos sobre os planetas axuda a organizar a aprendizaxe (C3 e C7). - A comparación entre as escalas espazo-temporais en astronomía fronte ás propias das persoas ou da humanidade amosa a amplitude real que abrangue a humanidade fronte a formulacións non científicas (C3 e C8). - Os cambios ao longo da historia nos modelos explicativos do universo amosan unha evolución da ciencia e con ela da sociedade (C3 e C5). CONTIDOS A bóveda celeste. O sistema xeocéntrico. O sistema heliocéntrico. O sistema solar: - O Sol. - Os planetas terrestres. - Os planetas xigantes. - Movementos planetarios. - Satélites: a Lúa. - Asteroides e cometas. Galaxias: a Vía Láctea. UNIDADE 6: Un planeta moi singular: a Terra. A medida do tempo. 6

OBXECTIVOS Coñecer a forma da Terra, os movementos de rotación e translación terrestres e as súas consecuencias. Establecer as consecuencias das posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa. Identificar a estrutura da Terra e as características principais das distintas capas terrestres. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Recoñecer a forma da Terra e as probas que a determinaron. 2. Distinguir as características dos movementos de rotación e translación terrestres e interpretar as súas consecuencias fundamentais. 3. Relacionar as posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa coas fases lunares e as eclipses. 4. Identificar as distintas capas da Terra e coñecer as súas características principais. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento dun mapa conceptual amosa o método de estudo empregado para elaborar os resumos do libro (C7). - A verificación empírica da forma terrestre mediante experimentos e observación revela o proceder normal dentro das competencias científicas segundo o método científico (C3). - O coñecemento de calendarios de diferentes culturas, baseados todos en sucesos astronómicos, reforza a comprensión da dimensión intercultural na sociedade actual (C5). - O emprego de modelos tanto do interior terrestre como dos movementos da Terra respecto doutros astros serve como ferramenta tanto no desenvolvemento científico como na aprendizaxe de ciencias (C3 e C7). CONTIDOS A forma da Terra. A rotación e translación terrestres. As consecuencias dos movementos terrestres: O día e a noite. As estacións do ano. Fases da Lúa. As eclipses. As capas da Terra: atmosfera, hidrosfera e a xeosfera. Estrutura da xeosfera. O calendario. UNIDADE 7: Minerais: moitos e moi útiles OBXECTIVOS Diferenciar os minerais das rochas e coñecer as propiedades características dos primeiros. Identificar diferentes minerais polas súas características. Coñecer os procedementos de extracción de minerais e dos seus metais constituíntes. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer e diferenciar os conceptos de mineral e rocha. 2. Aprehender as principais propiedades características dos minerais. 3. Identificar diferentes minerais constituíntes das rochas en función das súas propiedades. 4. Identificar menas metálicas en función das súas propiedades. 5. Coñecer os procedementos de extracción de minerais e dos metais que conteñen. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento da actividade inicial fomenta as habilidades sociais para traballar en grupo, básicas na sociedade actual (C5). - A actividade experimental de medida da densidade traballa a adquisición de habilidades no emprego de ferramentas e datos para a obtención dun resultado (C3 e C7). - A relación entre o coñecemento dos minerais e o seu uso na sociedade amosa a importancia dos avances científico-tecnolóxicos no desenvolvemento da humanidade (C3 e C5). - A lectura sobre os efectos do amianto nas persoas pon de manifesto os riscos que implica o desenvolvemento tecnolóxico, así como as necesidades de que a sociedade o controle (C3 e C5). CONTIDOS Concepto de mineral. Concepto de rocha. Propiedades características dos minerais. Minerais que constitúen as rochas. Minerais metálicos. Prospección e extracción de minerais. Minas. Extracción dos metais que conteñen os minerais. UNIDADE 8: Diversidade e utilidade das rochas 7

OBXECTIVOS Coñecer as principais características que permiten diferenciar as rochas. Identificar polas súas características as rochas máis importantes. Aprender o emprego que se fai das rochas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer as características texturais das rochas. 2. Recoñecer pola súa textura os principais tipos de rochas. 3. Determinar os principais usos das rochas. 4. Saber que minerais ou rochas se empregan na elaboración de obxectos de uso cotián. COMPETENCIAS BÁSICAS - A diferenciación, clasificación e recoñecemento de rochas ofrece unha metodoloxía propia da competencia científica, que implica unha visión analítica e razoada da realidade (C3 e C7). - Empregar mostras reais de rochas no desenvolvemento dos contidos alimenta a curiosidade e o interese pola ciencia en concreto e polo estudo en xeral (C3 e C7). - A análise do texto científico pon de manifesto as características básicas da literatura científica, desenvolvendo ademais a lectura comprensiva (C1). - A lectura e a análise do texto Reducir, reutilizar e reciclar de Onte e hoxe da ciencia fomenta a actitude crítica e participativa do alumno na sociedade (C5 e C8). - O estudo do consumo desigual de rochas no mundo, así como dos seus efectos ambientais, favorece a análise crítica dos modelos actuais de desenvolvemento e as súas consecuencias, tanto no ámbito persoal como no social (C5 e C8). - A procura de información en Internet, libros ou prensa potencia a habilidade para a selección de información e as súas fontes, e a adquisición dunha actitude crítica e reflexiva sobre ambas (C1 e C4). CONTIDOS Conceptos de textura e composición das rochas. Rochas cristalinas. Rochas volcánicas. Rochas sedimentarias. Rochas con foliación. Usos das rochas. Diversos usos para diversas rochas. Materiais utilizados na construción dunha casa. UNIDADE 9: A auga na Terra: a hidrosfera OBXECTIVOS Coñecer a singularidade da Terra en canto á presenza de auga, a súa orixe e distribución. Coñecer as características das augas oceánicas e continentais e a dinámica da auga na natureza. Coñecer as principais propiedades da auga, os seus usos, os problemas derivados destes e os tratamentos que se realizan sobre ela. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer as causas da presenza de auga líquida abundante na Terra, a orixe da auga e a súa distribución. 2. Coñecer as principais características das augas oceánicas e continentais. 3. Comprender os principais procesos que interveñen no ciclo da auga. 4. Coñecer as principais propiedades da auga e os seus usos fundamentais 5. Entender os procesos de contaminación da auga así como os procedementos de depuración e potabilización. COMPETENCIAS BÁSICAS - O emprego de datos, a construción de gráficas e a interpretación de esquemas gráficos potencian habilidades para a análise e interpretación de datos e argumentos científicos (C2 e C3). - A utilización e realización de mapas conceptuais favorece a adquisición de estratexias para a aprendizaxe (C3 e C7). - A procura de información, ben no dicionario científico ben en Internet desenvolve as habilidades para a busca, obtención e procesamiento da información (C4). - A realización de experimentos sobre o ciclo da auga, ademais de reforzar a aprendizaxe dos contidos (C7), amosa unha metodoloxía de traballo propia das ciencias experimentais (C3). - O desenvolvemento de contidos en relación ao uso e contaminación da auga relaciona os avances científico-tecnolóxicos co desenvolvemento da sociedade actual e os seus efectos no contorno (C3 e C5). 8

CONTIDOS A auga na Terra. Orixe e distribución. A auga dos océanos. A auga nos continentes. O ciclo da auga. As propiedades da auga. Os usos da auga. Potabilización. Contaminación da auga. Depuración de augas residuais. UNIDADE 10: A atmosfera terrestre OBXECTIVOS Coñecer a composición e estrutura da atmosfera, así como a súa orixe e evolución. Coñecer a importancia do aire para os seres vivos, os principais fenómenos meteorolóxicos e os métodos para predicilos. Coñecer os principais efectos da contaminación atmosférica e os procedementos para evitalos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer a composición e estrutura da atmosfera. 2. Entender a orixe e evolución da atmosfera e valorar a súa importancia para a vida. 3. Enumerar os principais fenómenos meteorolóxicos que determinan o tempo e o clima e os métodos para a súa predición. 4. Comprender os fenómenos de contaminación atmosférica e a necesidade de evitala. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento de actividades en grupo, nas que se dá pé ao debate e á posta en común, incrementa as habilidades sociais dos alumnos, así como a capacidade de expresarse en público (C1 e C5). - O coñecemento e manexo de instrumentos de meteoroloxía, así como a análise e interpretación de mapas meteorolóxicos, posibilita a comprensión de sucesos cotiáns e a predición de fenómenos naturais, aumentando o respecto e o interese pola ciencia como instrumento da sociedade (C3). - O estudo do quecemento global ou a contaminación ambiental e as súas implicacións ambientais expón a responsabilidade polas actuacións privadas de cada cidadán e a acción conxunta da sociedade (C5 e C8). - A capacidade de buscar e seleccionar información poténciase coa realización de actividades onde se demanda ampliar información sobre certos contidos do tema (C1, C3 e C4). CONTIDOS Concepto de atmosfera. A composición da atmosfera e as súas variacións. A estrutura da atmosfera. A orixe e evolución da atmosfera. A atmosfera e os seres vivos. A dinámica atmosférica. O vento, a presión atmosférica, as nubes e as precipitacións. O tempo atmosférico e clima. Predición meteorolóxica. A contaminación do aire e os seus efectos. Medidas para evitala. UNIDADE 11: A materia a base do universo OBXECTIVOS Describir as propiedades da materia coas magnitudes e unidades que a caracterizan. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Saber que é materia e determinar algunha das súas características. 2. Coñecer as diferentes magnitudes e unidades que caracterizan a materia. COMPETENCIAS BÁSICAS - O estudo das diferentes unidades de medida serve para amosar a necesidade de unificar criterios, a partir de convenios internacionais (C3 e C5). - O desenvolvemento de actividades prácticas relacionadas coas propiedades da materia permite verificar razoadamente os coñecementos adquiridos, e con iso estimular unha disposición a razoar e avaliar sobre a base de razoamentos de carácter científico (C2 e C3). - O desenvolvemento dos contidos de química amósalles unha nova linguaxe científica, a formulación química, básico para entender e expresar moitos contidos en ciencia (C1 e C3). 9

- A procura de información en Internet potencia as habilidades no emprego das ferramentas informáticas, ademais do seu uso responsable (C4). CONTIDOS A materia. Propiedades xerais da materia: masa e volume. Magnitudes fundamentais e derivadas. SI. Unidades de lonxitude. Medida. Unidades de superficie e volume. Medidas. Unidades de masa. Medida. Concepto de densidade. Medida. A temperatura. Medida. UNIDADE 12: Cambios de estado na materia OBXECTIVOS Distinguir os tres estados da materia, as características de cada un deles, así como as formas en que poden cambiar de estado. Saber que a materia está formada por átomos e explicar as distintas formas de organización destes nas substancias, tanto para formar moléculas como cristais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Indicar as características de cada un dos tres estados de agregación da materia, así como os cambios de estado, e explicalos tendo en conta a teoría cinética. 2. Sinalar as distintas formas de clasificar a materia en función da súa uniformidade e composición. 3. Distinguir os conceptos de átomo e molécula como partes constitutivas da matéria 4. Coñecer algúns datos sobre os elementos químicos máis importantes. COMPETENCIAS BÁSICAS - Ao amosar experimentalmente as diferentes características e comportamentos de sólidos, líquidos e gases, así como a súa utilidade práctica, búscase lograr unha maior curiosidade e interese dos alumnos (C3 e C7). - A clasificación dos diferentes tipos de materia expón unha visión analítica da realidade, por medio da cal lógrase obter a máxima información do contorno (C3). - O desenvolvemento dos contidos de química amósalles unha nova linguaxe científica, a formulación química, básico para entender e expresar moitos contidos en ciencia (C1 e C3). - O obter información a partir doutras fontes afai ao alumno a empregar máis fontes de información, e permite crear interese en ampliar os seus coñecementos (C1 e C4). CONTIDOS Diferentes estados da materia. Sólidos. Características. Líquidos. Características. Gases. Características. Transformacións da materia. Cambios de estado. Interpretación cinética dos estados da materia. Átomos e elementos químicos. Propiedades dos elementos: Elementos do universo. Elementos da codia terrestre. Elementos nos seres vivos. Moléculas e cristais. Fórmulas. PROGRAMACIÓN DE AGRUPAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS DE 1º CURSO DE E.S.O. Obxectivos 1. Producir mensaxes científicas sobre a materia e a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade utilizando o vocabulario e os conceptos precisos. (Obx. 1, 3) 2. Mellorar a comprensión a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade mediante a aplicación das leis e conceptos propios das Ciencias da Natureza. (Obx. 3, 5) 3. Participar activamente na planificación de actividades sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, fundamentalas e discutilas de forma crítica valorando a importancia do traballo en equipo para a 10

resolución de problemas con maior eficacia. (Obx. 4 e 5) 4. Analizar a relación existente entre ciencia, técnica e sociedade describindo de forma crítica as implicacións das actuacións dos seres humanos sobre o medio ambiente, os seres vivos, o consumo e a saúde. (Obx. 6, 8) 5. Participar na tomar unha decisión sobre problemas locais e globais aos que nos enfrontamos utilizando os coñecementos das ciencias da natureza. (Obx. 7) 6. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre a Terra no Universo, as materiais terrestres e os seres vivos e a súa diversidade para comprender a necesidade de racionalizar a xestión dos recursos do noso planeta e desenvolvendo actitudes relacionadas co desenvolvemento sustentable. (Obx. 1, 7, 8). 7. Entender o coñecemento científico como unha interacción de diversas disciplinas que profundizan en distintos aspectos da realidade e que ao mesmo tempo se atopa en continua elaboración, exposta a revisións e modificacións. (Obx. 9) CONTIDOS 1. A terra, un planeta habitado. Ser vivo ou non vivo? A materia dos seres vivos. Un lugar para vivir. A diversidade dos seres vivos e o medio. Dous medios: acuático e terrestre. Qué é é clasificar? A clasificación que fan os científicos. Qué é unha especie? 2. Animais. Os vertebrados. Qué é un animal? Características dos vertebrados. Os peixes: o dominio do medio acuático. Os anfibios: vertebrados de doble vida. Os reptis: verdadeiros vertebrados terrestres. As aves: máquinas para voar. Os mamíferos: vertebrados con pelo. Os seres humanos somos mamíferos. Os vertebrados no seu medio. 3. Os invertebrados. Os animales máis sinxelos. Vermes anelados. Anélidos. Animais con cuncha. Moluscos. Artrópodos. Arácnidos, crustáceos e miriápodos. Artrópodos. Insectos. Equinodermos. Invertebrados en todos os ambientes. 4. As plantas e os fungos. Qué é unha planta? As flores. As sementes e os froitos. Plantas con sementes pero sen froitos. Plantas sen flores e sen sementes. As plantas e o medio. Os fungos non son nin animais nin plantas. 5. A terra no universo. Ideas antigas sobre o universo. O sistema solar. As órbitas planetarias. Satélites, palnetas ananos e corpos menores. Máis aló do sistema solar. 6. Un planeta moi singular: a Terra. A forma da Terra. En continuo movemento. O día e a noite. Por qué hai estacións?. As fases da lua. As eclipses. Un planeta orixinal. O calendario. 7. Minerales: moitos e moi útiles. Minerais, rochas e civilización. Una grande diversidade de minerais. Outras propiedades características. Minerais que constituen ls rochas. Menas metálicas. As minas e os seus productos. 8. Diversidade e utilidade das rochas. Diversidade de rochas, diversidade de usos. Cómo se observa unha rocha. Rochas cristalinas. Rochas dos volcans. Rochas formadas por fragmentos. Rochas formadas por láminas. Para qué utilizamos as rochas. De qué está feita a miña casa? 9. A auga na Terra. A hidrosfera. A Terra, único planeta con auga líquida. A distribución da auga na Terra.. A auga dos océanos. A auga nos continentes. Auga en continuo movimiento. A auga, unh substancia moi especial. A auga que usamos. A auga contamínase co uso. A depuración das augas. 10. A atmósfera terrestre. A atmósfera e o aire. Estructura da atmósfera. Orixe e evolución da atmósfera. A atmósfera, un medio para a vida. A máquina térmica. O tempo atsmosférico e o clima. A contaminación do aire. 11. A materia a base do universo. Que é a materia? Magnitude unidade e medida. A lonxitude. A superficie e o volume. A masa. A densidade. A temperatura. 14. Cambios de estado na materia. Diversidade da materia.. Características dos sólidos. Características dos líquidos. Características dos gases. A materia cambia de estado. Interpretación cinética dos estados da materia. A materia está formada por átomos. Propiedades dalgúns elementos. Átomos, moléculas e cristais. Criterios de Avaliación 1. Distinguir as características dos movementos de rotación e translación terrestres e interpretar as 11

súas consecuencias fundamentais relacionando as posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa coas fases lunares e as eclipses..(c. AV. 1) 2. Comprender o modelo actual sobre a posición da Terra no universo e as características fundamentais do sistema solar e a Vía Láctea. (C. AV. 2) 3. Describir algunhas propiedades da materia como a masa, volume, densidade utilizando experiencias sinxelas que lle permitan investigar as súas características, empregando estratexias propias do traballo científico (manexo de instrumental de laboratorio). (C. AV. 3) 4. Describir a composición e estrutura da atmosfera analizando aspectos relacionados coa súa orixe, evolución, importancia para a vida e a necesidade de evitar a súa contaminación. (C. AV. 5) 5. Explicar as principais características, propiedades e usos da auga así como os principais procesos que interveñen no ciclo da auga. (C. AV. 6) 6. Analizar os procesos de contaminación da auga así como os procedementos de depuración e potabilización da mesma. (C. AV. 6) 7. Diferenciar os conceptos de mineral e rocha a partir das súas propiedades características identificando os mesmos no medio e as súas principais aplicacións. (C. AV. 7) 8. Identificar as funcións vitais dos seres vivos recoñecendo os diferentes niveis de organización. (C. AV. 8) 9. Describir as características dos diferentes grupos de seres vivos que conforman os cinco reinos: monera, protoctista, fungos, animais e plantas. (C. AV. 8) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO PROXECTO CURRICULAR (e a súa relación coas C. básicas do anexo I do currículo oficial) 1. Utilizar os procedementos propios do método científico: formulación de hipóteses, elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso, deseños experimentais e recompilación dos resultados para a análise de situacións e fenómenos do mundo físico, natural e da vida cotiá. (CB. 3, 7, 8) 2. Expresar opinións fundamentadas con claridade e precisión sobre as implicacións do desenvolvemento tecnocientífico para as persoas e o medio ambiente utilizando conceptos e procedementos sobre a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade. (CB. 1, 3, 4, 7, 8) 3. Aplicar coñecementos relacionados coa Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade para participar, fundamentadamente, na necesaria tomar unha decisión sobre os problemas locais e globais. (CB. 3, 7, 8) 4. Manexar instrumentos de observación da natureza individualmente e en grupo para comprender mellor o seu funcionamento desenvolvendo actitudes responsables de coidado e respecto para o medio ambiente e os seres vivos que o habitan. (CB. 1, 3, 5, 8) Programación de Ciencias Naturais de 2º curso de E.S.O. Obxectivos OBXECTIVOS DO PROXECTO CURRICULAR 1. Analizar informacións de natureza científica aplicando conceptos relacionados coa enerxía, as súas diversas formas de transferencia, a calor, a luz e o son, así como os problemas asociados á obtención e uso dos recursos enerxéticos. 2. Utilizar conceptos relacionados coa transferencia de enerxía interna na Terra, as características funcionais dos seres vivos e as relacións entre eles e o medio físico para expresar con precisión, utilizando a linguaxe escrita e oral, mensaxes de natureza científica. 3. Interpretar táboas, gráficas e diagramas que acheguen información relevante para a resolución de problemas sobre materia e enerxía. 4. Explicar fenómenos naturais relacionados coa materia, a enerxía e a súa transferencia valorando a importancia dos datos para a obtención de conclusións. 5. Aplicar as leis e conceptos propios das Ciencias da Natureza para mellorar a comprensión de fenómenos naturais relacionados coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, 12

a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas. 6. Planificar e realizar traballos relacionadas coas Ciencias da Natureza utilizando diferentes fontes bibliográficas e as tecnoloxías da información e das comunicacións na recompilación, selección, elaboración e síntese de informacións. 7. Integrar as características básicas do traballo científico na formulación de problemas relacionados con fenómenos naturais, discusión do seu interese, formulación de conxecturas, deseños experimentais etc. Utilización correcta dos materiais e instrumentos básicos dun laboratorio e respectando as normas de seguridade no mesmo. 8. Planificar e realizar individualmente e en grupo diversas actividades sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, fundamentalas e discutilas de forma crítica valorando a importancia do traballo en grupo para a resolución de problemas con maior eficacia. 9. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre os ecosistemas e os seres vivos de Galicia para valorar e participar na súa conservación e mellora con criterios de sustentabilidade reflexionando sobre as interaccións ciencia, tecnoloxía e medio. 10. Mostrar unha actitude crítica cara á sobreexplotación dos recursos de Galicia e asumir un comportamento favorable en relación ao aforro enerxético, valorando de forma positiva as achegas da ciencia na busca de solucións para o logro dun desenvolvemento sostible. 11. Comprender o coñecemento científico como unha interacción de diversas disciplinas que afondan en distintos aspectos da realidade e que ao mesmo tempo se atopa en continua elaboración, exposta a revisións e modificacións. 12. Identificar os trazos característicos do medio natural de Galicia, desde o punto de vista xeolóxico, zoolóxico e botánico, enumerando os principais espazos protexidos da nosa comunidade. 13. Valorar o patrimonio natural de Galicia e a necesidade da súa conserva e mellora aplicando os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza. 14. Distinguir hábitos positivos que favorezan unha mellor saúde, tanto individual como comunitaria, desenvolvendo, ao tempo, estratexias para facer fronte aos riscos da nosa sociedade no ámbito da alimentación, do consumo de drogas e da transmisión de enfermidades. OBXECTIVOS DA MATERIA 1. Comprender e utilizar as estratexias e conceptos básicos das Ciencias da Natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. 2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global. 3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes - oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia etc.- con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. 4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e do medio, así como para contrastar as opinións persoais. 5. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos procedentes das Ciencias da Natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións ao redor de problemas locais e globais aos que nos enfrontamos. 6. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, coa tecnoloxía e coa 13

sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos que se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non desenvolvidos, e á necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sostible. 7. Valorar o carácter tentativo e creativo das Ciencias da Natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates que superan dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. 8. Ser capaces de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS E A SÚA RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS A materia de Ciencias da Naturaleza mantén unha vinculación esencial coa competencia básica nº 3: coñecemento e interacción co mundo físico. Así, todos os nosos enunciados incorpórana de forma implícita. Pero a súa contribución é decisiva para o desenvolvemento das restantes. Destacamos, a continuación, as relacións coas competencias básicas recolleitas nos currículos oficiais. COMPETENCIAS BÁSICAS DO CURRÍCULO OFICIAL 1. Comunicación Lingüística 2. Matemática 3. Coñecemento e interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Social e cidadá 6. Cultural e artística 7. Aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO PROXECTO CURRICULAR 1. Aplicar estratexias propias do método científico como formulación de conxecturas e obtención de conclusións, incluíndo, no seu caso, deseños experimentais e análise dos resultados para o estudo de situacións e fenómenos do mundo físico e natural de Galicia relacionados co fluxo de enerxía e as súas formas de transferencia. (C.B. 3, 7, 8) 2. Utilizar conceptos e procedementos relacionados coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas con coherencia, claridade e precisión. (C.B. 3, 7, 8) 3. Expresar opinións fundamentadas, de forma oral e escrita, sobre as implicacións do desenvolvemento tecnocientífico para as persoas e o medio de Galicia, materializando o aprendido sobre a circulación da materia e o fluxo de enerxía na natureza. (C.B. 1, 3, 4, 7, 8) 4. Aplicar coñecementos específicos da materia (enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de 14

recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas), participando, fundamentadamente, na valoración crítica de problemas e situacións locais e globais. (C.B. 1, 3, 5, 7, 8) 5. Expoñer datos e conceptos relevantes que permitan a resolución de problemas e cuestións relacionadas coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas. (C.B. 3, 7, 8) 6. Interpretar claves dicotómicas, táboas, gráficas, diagramas e informacións numéricas que permitan completar informacións relacionadas coa materia e a enerxía. (C.B. 2, 3, 4, 7, 8) 7. Seleccionar informacións relevantes, relacionadas coas Ciencias da Natureza, utilizando diferentes fontes de consulta e as tecnoloxías da información e a comunicación, para construír coñecementos mostrando unha visión actualizada da actividade científica. (C.B. 1, 3, 4, 5, 7, 8) 8. Coidar e respectar os ecosistemas de Galicia e seres vivos que os habitan nas experiencias desenvolvidas individualmente e en grupo para comprender mellor o seu funcionamento. (C.B. 1, 3, 5, 8) Contidos do proxecto CURRICULAR Bloque 1. A vida en acción: as funcións vitais. As funcións vitais dos seres vivos. Recoñecemento das semellanzas de composición entre os seres vivos. A célula e a teoría celular. Observación ao microscopio óptico de preparacións celulares. Desenvolvemento de hábitos de coidado no uso e limpeza do microscopio. Nutrición autótrofa e heterótrofa. Diferenciación das clases de nutrición heterótrofa animal. O sistema dixestivo nos animais. A respiración nos animais. Identificación de diferentes aparatos respiratorios de animais. Mecanismos de intercambio de gases en ambientes acuáticos. Mecanismos de captación de osíxeno en ambientes terrestres. O transporte de nutrientes e refugallos: sistema circulatorio. 15

Identificación dalgúns sistemas circulatorios de animais. A excreción: sistema excretor dos animais. Elaboración de debuxos e esquemas sobre os diferentes aparatos dos animais. A transformación do alimento en nutrientes: a fotosíntese. O transporte no interior da planta. A transpiración nas plantas. Diferentes órganos colaboran na nutrición. Recoñecemento da importancia da fotosíntese para o desenvolvemento da vida na Terra. O comportamento animal. As funcións de relación. O estímulo e a resposta. Identificación de órganos sensoriais de animais. Valoración da importancia que teñen as funcións de relación para a supervivencia. Recoñecemento de diferentes aparatos locomotores en animais. Interpretación de esquemas, debuxos, fotografías ou diapositivas de diferentes aparatos locomotores e órganos sensoriais. A comunicación entre receptores e efectores. O comportamento das plantas. Investigación das respostas de plantas aos cambios do medio. A reprodución asexual nos animais. Identificación de distintos tipos de reprodución asexual nas plantas. A reprodución sexual nos animais. Análise das vantaxes e inconvenientes da reprodución sexual en animais e plantas. Diversidade na reprodución sexual. Diferenciación da fecundación interna da externa. A reprodución sexual nas plantas con sementes. Observación e descrición de ciclos vitais en animais e vexetais. Recoñecemento das vantaxes da reprodución sexual ao aumentar a diversidade dentro das poboacións. Valoración da importancia da diversidade ao facilitar a perpetuación das poboacións que a presentan. Rexeitamento da experimentación con animais vivos e das prácticas coleccionistas. Percepción da importancia dos hábitos saudables no ámbito da alimentación, consumo e na prevención de enfermidades. Bloque 2. Medio: o medio natural. A biosfera e a exosfera. Os factores ambientais e as adaptacións ao medio. O biótopo e a biocenose. Análise da influencia dos factores bióticos e abióticos nos ecosistemas. O ecosistema: estrutura e función. Caracterización dos compoñentes nalgúns ecosistemas. Relacións alimentarias nun ecosistema: a cadea trófica. Identificación dos niveis tróficos dunha cadea. 16

A rede trófica. Elaboración de cadeas e redes tróficas. O tránsito de materia e enerxía no ecosistema. As pirámides de enerxía. Recoñecemento de interaccións de autorregulación nos ecosistemas. Identificación de distintos tipos de impactos humanos nos ecosistemas. Os grandes biomas. Principais ecosistemas de España. Ecosistemas terrestres: o bosque mediterráneo, a matogueira. Ecosistemas acuáticos: Lagos e brañas. Ecosistemas mariños. Planificación de actividades de investigación dalgún ecosistema do ámbito. Utilización de diferentes fontes de información para a análise de textos, gráficos e táboas relacionadas cos ecosistemas. Ecosistemas característicos de Galicia. Localización dos principais espazos protexidos de Galicia. Busca de información sobre a flora e fauna características dos ecosistemas de Galicia. Toma de conciencia da necesidade de coexistir pacificamente coas demais especies que poboan a Terra. Desenvolvemento de actitudes de interese e respecto cara aos ecosistemas característicos de Galicia. Rexeitamento de comportamentos que poidan danar os seres vivos e o ambiente no que se desenvolven. Sensibilización ante a diversidade e riqueza de seres vivos dos nosos ecosistemas e a necesidade de coidala e respectala. Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía interna da Terra. Identificación da orixe da calor interna terrestre. Manifestacións da enerxía interna da Terra: volcáns, terremotos, dobras, fallas e formación de montañas Os sismos ou terremotos. Rexistro e medición de sismos. Análise dos tipos de ondas sísmicas. Interpretación de esquemas acerca do comportamento das ondas sísmicas. Valoración da importancia das ondas sísmicas no coñecemento do interior da Terra. Identificación da enerxía responsable do vulcanismo. Mecanismo de erupción. Os produtos volcánicos e a estrutura dun volcán. Os volcáns e o relevo. Identificación das partes principais dun volcán. Distribución de terremotos e tectónica de placas. Recoñecemento da importancia da predición e prevención dos sismos e as erupcións volcánicas. O relevo oceánico e as placas litosféricas. O relevo como resultado da interacción dos procesos internos e externos. Determinación da relación entre a distribución de epicentros sísmicos na Terra e os límites das placas. 17

Identificación das principais formas de relevo do fondo oceánico. Determinación dos límites das principais placas litosféricas. Interpretación de mapas de risco sísmico. Localización nun mapa das zonas onde o vulcanismo e os sismos son máis intensos e frecuentes. Recoñecemento do vulcanismo e os terremotos como manifestacións da enerxía interna do planeta. Estimación da teoría da tectónica de placas como explicación da distribución de sismos e volcáns na superficie terrestre. Valoración da importancia da recolleita e interpretación de datos para a investigación científica. Estimación dos riscos que supoñen para as persoas os terremotos e as erupcións volcánicas. Valoración das medidas preventivas de riscos sísmicos. Utilización de diferentes fontes documentais de consulta na busca de novas relacionadas coas manifestacións desa enerxía interna. Análise das repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país dos fenómenos sísmicos e volcánicos. Bloque 3. Materia e enerxía A enerxía nos sistemas materiais. Átomos e moléculas. Establecemento de diferenzas entre os elementos e compostos. Formulación de compostos binarios. Análise dos conceptos de posición, traxectoria e distancia recorrido. Recoñecemento da necesidade de determinar un sistema de referencia para describir un movemento. Concepto de rapidez media, rapidez instantánea e velocidade. Establecemento da relación que existe entre velocidade e aceleración. Descrición do movemento de corpos con respecto a distintos sistemas de referencia. O movemento rectilíneo e uniforme. O movemento rectilíneo uniformemente acelerado. Resolución de problemas do movemento uniforme e do uniformemente acelerado. Aplicación de procedementos sobre cambio de unidades. Representación de gráficas do movemento uniforme e do uniformemente acelerado. Interpretación de gráficas de espazo e tempo, velocidade e tempo. Realización de experiencias sinxelas para analizar distintos movementos. As forzas: cambios na forma ou no estado de movemento. Representación de forzas mediante vectores. Os efectos das forzas. Identificación e representación de forzas que interveñen en diferentes situacións da vida cotiá. Proposta de sinxelas investigacións para a comprobación de deformacións en corpos ao aplicar unha forza. Utilización de diferentes fontes de información para a análise de textos, gráficos e táboas relacionadas coas forzas. Estudo dalgúns tipos de forzas. 18

A interacción da gravidade: a masa e o peso dos corpos. Establecemento das diferenzas entre a masa e o peso dun corpo. Medida das forzas: instrumentos e unidades. Manexo de unidades nas que se miden as forzas. Estudo cualitativo do principio de Arquímedes. Exemplificación dalgunhas aplicacións sinxelas do principio de Arquímedes. Curiosidade para realizar experimentos relacionados coas forzas e as súas aplicacións. Resolución de sinxelos problemas sobre forzas expresando os resultados na unidade axeitada do sistema internacional. Recoñecemento das numerosas aplicacións da estática nos distintos ámbitos tecnolóxicos e na vida cotiá. Valoración da argumentación como base do avance no coñecemento. Valoración da necesidade da orde e a limpeza nas tarefas de experimentais. A enerxía, unha propiedade da materia. A orixe da enerxía. Análise das distintas formas de enerxía. Enerxía cinética e enerxía potencial. O principio de conservación da enerxía. Traballo e enerxía mecánica. Interpretación de transformacións enerxéticas de procesos sinxelos cotiáns. As unidades da enerxía. Resolución de sinxelos problemas sobre traballo e enerxía expresando os resultados na unidade axeitada do sistema internacional. Identificación e análise de situacións da vida cotiá nas que se produzan transformacións e intercambios de enerxía. Realización de experiencias sinxelas dirixidas a analizar as transformacións e intercambios de enerxía. Valoración das máquinas de uso cotián e do seu papel no desenvolvemento económico e social. Actitude aberta e imaxinativa na proposta de exemplos de situacións cotiás, sobre transformacións enerxéticas. Utilización de distintas fontes de información acerca dos problemas ambientais que supón o consumo actual de enerxía, así como as medidas necesarias para garantir a subministración no futuro. Análise da equivalencia entre calor e traballo. As fontes de enerxía. Diferenciación entre fontes de enerxía renovables e non renovables. Análise dos inconvenientes das enerxías non renovables. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo en Galicia. O aforro e a diversificación enerxética. Problemas asociados á obtención, transporte e utilización da enerxía. Análise das vantaxes e inconvenientes das fontes de enerxía sobre as persoas e o medio de Galicia e das fórmulas para o seu tratamento. 19

Reflexión e valoración crítica das causas e efectos dos procedementos de obtención de enerxía na sociedade e no medio. Recoñecemento da importancia de cumprir as medidas que contribúen ao aforro colectivo ou individual de enerxía en Galicia. Actitude crítica en relación co propio gasto de enerxía e disposición favorable para evitar a dilapidación enerxética. A calor como forma de transferencia de enerxía. A temperatura. Establecemento das diferenzas entre calor e temperatura. Os termómetros como instrumentos de medida. Utilización de diferentes escalas termométricas. Planificación e realización de experiencias sinxelas nas que se manifesten os efectos da calor sobre os corpos. A dilatación e os cambios de estado. A propagación da calor. Diferenciación entre a condución, a radiación e a convección. Illantes e condutores. Recoñecemento do emprego das máquinas térmicas, da súa eficacia e do seu rendemento. Recoñecemento da importancia que teñen na vida cotiá aspectos relacionados coa calor, a temperatura e a propagación da enerxía térmica. O solo como ecosistema- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO CURRÍCULO OFICIAL 1. Identificar a presenza da enerxía nas transformacións e cambios que teñen lugar no noso medio, valorando a importancia para a sociedade e as repercusións para o medio de diferentes fontes de enerxía. 2. Identificar situacións prácticas de equilibrio e desequilibrio enerxético e os efectos da calor sobre os corpos. 3. Explicar fenómenos cotiáns referidos á transmisión da luz e do son e reproducir experimentalmente algúns deles. 4. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos na orixe do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas magmáticas e metamórficas. 5. Identificar os riscos asociados aos procesos xeolóxicos internos e valorar a capacidade de prevención e de predición. 6. Interpretar os aspectos relacionados coas funcións vitais dos seres vivos a partir de observacións experimentais realizadas con organismos sinxelos, comprobando o efecto que teñen determinadas variables nos procesos de nutrición, de relación e de reprodución. 7. Identificar o medio abiótico e as comunidades dun ecosistema próximo, representar graficamente as relacións tróficas establecidas entre os seus seres vivos e valorar a súa diversidade. 8. Participar de forma construtiva en situacións de comunicación relacionadas coa construción do coñecemento científico, respectando as normas que fan posible o intercambio. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO CURRICULAR 20