PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico 2010-2011 SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
I.E.S DO CASTRO - VIGO ÍNDICE 1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS 2.- METODOLOXÍA. 3.- OBXECTIVOS, CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADOS POR NIVEIS. 4.- MATERIAIS CURRICULARES E RECURSOS. 5.- TEMPORALIZACION E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 6.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.- MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA. 8.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 9. PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES. 2
1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS No presente ano académico o Seminario de Bioloxía e Xeoloxía está integrado polos seguintes membros: Manuel Pedro Brañas Pérez; encargado da docencia en tres niveis do Bacharelato Internacional máis dun 4º de ESO, desempeñando as funcións de Xefe de Departamento. Emérita Carreira Conde; encargada da docencia nos cursos que se indican. Alejo Reigosa Roger; encargado do Ámbito Científico Técnico do PDC de 3º ESO e a docencia nos cursos que se indican. Ana Mª Arias Martínez; encargada da docencia nos cursos que se indican. Mª José Parada Santoro; encargada da docencia nos cursos que se indican, sendo ademais titora do curso 1º Bach. A. A máis colabora no departamento una profesora do Dpto. de Matemáticas: Ana Mª Pérez Calvo que imparte dous cursos de 2º ESO, o A e o B. A B C Agrupam. D Primeiro Emérita Emérita Emérita A+BEmérita Segundo Ana Mª Ana Mª Emérita Terceiro Mª José Mª José Mª José PDC Alejo Cuarto Manuel Alejo Mª José 1º Bach. Ana Ana 2º Bach. Bio Ana Ana 2º B. CTMA Alejo Alejo C. M. C. Mª José Mª José Mª José Mª José Mª José A Bioloxía do BI que se imparte no centro para o programa de diploma ten un nivel de 1º curso: nivel superior (4 horas lectivas) e outros dous para segundo curso: nivel medio (2 horas) e nivel superior (4 horas). Están ubicados nos grupos 1º E e 2º E, respectivamente. 3
2.- METODOLOXÍA Aínda que este aspecto está especificado nos contidos de cada nivel, podemos dicir que, en xeral, o traballo desenvolverase en base ás seguintes actividades: Exposición xeral de contidos por parte do profesorado, resaltando os fundamentais con esquemas e sínteses. Resolución de problemas e cuestións relacionados con cada tema, consultando as fontes de información precisas. Experiencias na aula e laboratorio utilizando diferentes materiais e modelos. Saídas ó campo ou praia para o estudio de diversos ecosistemas manexando no seu caso guías e chaves dicotómicas para a identificación de rochas, minerais e seres vivos. Visitas a museos, espacios naturais e outras instalacións de interese. Uso de medios audiovisuais (Internet, Videos, DVD, diapositivas e transparencias) como introducción ou reforzo para os contidos do tema. Realización de traballos monogáficos individuais ou en grupo en col de temas do seu interese e informes prácticos para entregar por escrito ou expoñer oralmente na clase. 3.- OBXECTIVOS, CONTIDOS, E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADOS POR NIVEIS. Programación de Ciencias Naturais de 1º curso de E.S.O. UNIDADE 1: A Terra, un planeta habitado OBXECTIVOS Recoñecer as características comúns dos seres vivos. Aprender os criterios de clasificación, así como cales son os principais taxóns ou niveis de clasificación dos seres vivos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar as características que diferencian os seres vivos dos non vivos 2. Sinalar os requirimentos básicos dos seres vivos para poder vivir. 3. Clasificar empregando criterios válidos e coñecer a clasificación xerárquica dos seres vivos. 4. Coñecer o concepto de especie e a nomenclatura que se emprega para designalas. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento da actividade inicial en grupo e a súa posterior exposición oral fomenta as habilidades sociais para comunicar conclusións e formular argumentos e razoamentos (C1 e C3). - A análise de datos e gráficas desenvolve a capacidade de entender e empregar representacións para a comprensión de coñecementos do mundo natural (C2 e C3). - O recoñecemento da influencia dos factores externos sobre os seres vivos expón o respecto ao medio ambiente (C3 e C5). - A clasificación e identificación de seres vivos estimula unha visión analítica do contorno que permite obter o máximo de información do mesmo (C3 e C7). - Ao propor pescudas para buscar información, poténciase a habilidade de procura, recollida e procesado da información (C1 e C4). CONTIDOS Características diferenciais dos seres vivos. Compoñentes moleculares da materia viva. Condicións que fan posible a vida na Terra. Hábitat e factor ambiental. Medio acuático e medio terrestre. 4
Criterios para clasificar. Clasificación dos seres vivos. Especie: concepto e nomenclatura. UNIDADE 2: Animais. Os vertebrados OBXECTIVOS Coñecer as características que identifican aos animais. Distinguir as características morfolóxicas xerais dos vertebrados. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir as diferenzas máis importantes entre animais vertebrados e invertebrados. Distinguir as características morfolóxicas xerais dos vertebrados. 2. Recoñecer as características principais dos animais vertebrados. 3. Dominar a clasificación dos vertebrados e sinalar exemplos de cada grupo. 4. Relacionar distintas formas do corpo e das extremidades coa adaptación ao medio e coa forma de desprazarse. COMPETENCIAS BÁSICAS - A realización de claves dicotómicas axuda a estruturar o coñecemento de alumno, reforzando os contidos propios da competencia científica, así como das habilidades para o estudo (C3 e C7). - A aplicación da anatomía comparada desenvolve habilidades metodolóxicas propias da competencia científica (C3). - As actividades de procura de información reforzan as habilidades para a procura e tratamento da información (C1 e C4). CONTIDOS Os animais. Características xerais. Os vertebrados. Características xerais. Os peixes. Características xerais e funcións. Os anfibios. Características xerais e funcións. Os réptiles. Características xerais e funcións. As aves. Características xerais e funcións. Os mamíferos. Características xerais e funcións. Os seres humanos. Características diferenciais respecto dos mamíferos. Adaptacións dos vertebrados ao seu medio. UNIDADE 3: Os invertebrados OBXECTIVOS Recoñecer os animais invertebrados e distinguilos dos vertebrados. Caracterizar os invertebrados segundo os seus trazos morfolóxicos e funcionais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir as características máis importantes dos animais invertebrados. 2. Coñecer a clasificación dos invertebrados e sinalar exemplos de cada grupo. 3. Describir as características principais de cada grupo de invertebrados. 4. Relacionar distintas formas do corpo e das extremidades coa adaptación a diferentes medios e coa forma de desprazarse. COMPETENCIAS BÁSICAS - A realización de cadros de resumo sobre a organización externa dos grupos de invertebrados potencia o desenvolvemento de habilidades para o estudo (C7). - A observación da mosca da froita permite o desenvolvemento de habilidades características da competencia en ciencias e tecnoloxía (C3). - As actividades en grupo permiten o desenvolvemento das habilidades sociais (C5). - O desenvolvemento de claves e a clasificación de organismos reforzan habilidades para o estudo e mostran habilidades propias da disciplina (C7 e C3). CONTIDOS Conceptos Poríferos e cnidarios. Características xerais. Anélidos. Características xerais. Moluscos. Características xerais e clasificación. Artrópodos. Características xerais e clasificación. Equinodermos. Características xerais. 5
Diversidade dos invertebrados en función dos diferentes medios que habitan. UNIDADE 4: As plantas e os fungos OBXECTIVOS Coñecer as características dos organismos que se inclúen no reino vexetal. Determinar as características dos organismos que se inclúen no reino fungos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar as características que diferencian as plantas dos animais. 2. Coñecer os órganos principais das plantas e as funcións que realizan. 3. Saber como realizan as plantas as súas funcións vitais e as estruturas implicadas en cada proceso. 4. Coñecer a clasificación das plantas e as características principais de cada grupo. 5. Recoñecer as características dos fungos. 6. Identificar as diferentes formas de vida que presentan os fungos. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento de esquemas e cadros de analoxías favorece a organización no estudo (C7). - A procura de información, no libro ou en Internet potencia o emprego de diferentes recursos (C4). - A realización de actividades nas que se propón a interpretación de datos, desenvolven habilidades para empregar e entender os datos, en función dos cales se poden desenvolver razoamentos e conclusións (C2 e C3). CONTIDOS As plantas: características xerais. Órganos vexetativos: a raíz, o talo e as follas. Funcións. Estrutura da flor. A semente e os froitos. Anxiospermas. Características xerais e exemplos. Ximnospermas. Características xerais e exemplos. Os fentos e as carrizas. Características xerais. As plantas e o medio. Os fungos. Características xerais, estruturas e formas de vida. UNIDADE 6: Historia da vida OBXECTIVOS Coñecer a importancia dos fósiles para a reconstrución da historia da vida. Coñecer os acontecementos máis importantes da historia da vida. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir o proceso xeral de fosilización e distinguir diferentes tipos de fósiles. 2. Recoñecer o valor informativo que para a reconstrución da historia da vida teñen os fósiles. 3. Enumerar cronoloxicamente e describir os acontecementos principais da historia da vida. 4. Valorar a biodiversidade actual como o resultado de 4 000 millóns de anos de evolución e ter conciencia do risco que corre ese patrimonio acumulado. COMPETENCIAS BÁSICAS - A destreza para entender tanto grupos de datos como representacións dos mesmos refórzase coa realización de actividades, onde se teñen que interpretar táboas de datos, gráficos ou diagramas (C2 e C3). - Amosar a grande cantidade de información que dan os fósiles pode reforzar o interese e curiosidade pola natureza, así como pola investigación científica (C3). - O hábito de ampliar ou contrastar a información conséguese mediante a procura de información a través de diversos medios (C1 e C4). - A relación entre extincións masivas e a evolución da vida na Terra amosa a importancia do impacto ambiental que está a xerar a humanidade para o futuro da Terra (C3 e C5). 6
CONTIDOS Fósil e fosilización. Tipos de fósiles e información que proporcionan. Transformación da atmosfera primitiva polos primeiros organismos. A aparición de organismos pluricelulares. A colonización dos continentes e a era dos dinosauros. A era dos mamíferos. Concepto de evolución. Concepto de biodiversidade e ameazas que pesan sobre ela. UNIDADE 7: A Terra no universo OBXECTIVOS Coñecer as características dos modelos xeocéntrico e heliocéntrico. Saber as características fundamentais dos compoñentes do sistema solar. Entender as ideas actuais sobre a posición da Terra no universo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir as principais diferenzas entre o sistema xeocéntrico e o heliocéntrico. 2. Identificar as propiedades fundamentais do Sol e os planetas, así como as súas características orbitais. 3. Enumerar outros corpos do sistema solar. 4. Comprender o modelo actual sobre a posición da Terra no universo e as características fundamentais da Vía Láctea. COMPETENCIAS BÁSICAS - O emprego de modelos explicativos que interpretan sucesos astronómicos contribúe ao desenvolvemento de habilidades propias das ciencias (C3). - A comprensión dos contidos de astronomía e a súa relación coas diferentes culturas permite o desenvolvemento dun pensamento crítico fronte a formulacións non científicas como a astroloxía e as supersticións (C3, C5 e C8). - O emprego de táboas comparativas de datos sobre os planetas axuda a organizar a aprendizaxe (C3 e C7). - A comparación entre as escalas espazo-temporais en astronomía fronte ás propias das persoas ou da humanidade amosa a amplitude real que abrangue a humanidade fronte a formulacións non científicas (C3 e C8). - Os cambios ao longo da historia nos modelos explicativos do universo amosan unha evolución da ciencia e con ela da sociedade (C3 e C5). CONTIDOS A bóveda celeste. O sistema xeocéntrico. O sistema heliocéntrico. O sistema solar: - O Sol. - Os planetas terrestres. - Os planetas xigantes. - Movementos planetarios. - Satélites: a Lúa. - Asteroides e cometas. Galaxias: a Vía Láctea. UNIDADE 8: Un planeta moi singular: a Terra OBXECTIVOS Coñecer a forma da Terra, os movementos de rotación e translación terrestres e as súas consecuencias. Establecer as consecuencias das posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa. Identificar a estrutura da Terra e as características principais das distintas capas terrestres. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Recoñecer a forma da Terra e as probas que a determinaron. 2. Distinguir as características dos movementos de rotación e translación terrestres e interpretar as súas consecuencias fundamentais. 3. Relacionar as posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa coas fases lunares e as eclipses. 7
4. Identificar as distintas capas da Terra e coñecer as súas características principais. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento dun mapa conceptual amosa o método de estudo empregado para elaborar os resumos do libro (C7). - A verificación empírica da forma terrestre mediante experimentos e observación revela o proceder normal dentro das competencias científicas segundo o método científico (C3). - O coñecemento de calendarios de diferentes culturas, baseados todos en sucesos astronómicos, reforza a comprensión da dimensión intercultural na sociedade actual (C5). - O emprego de modelos tanto do interior terrestre como dos movementos da Terra respecto doutros astros serve como ferramenta tanto no desenvolvemento científico como na aprendizaxe de ciencias (C3 e C7). CONTIDOS A forma da Terra. A rotación e translación terrestres. As consecuencias dos movementos terrestres: O día e a noite. As estacións do ano. Fases da Lúa. As eclipses. As capas da Terra: atmosfera, hidrosfera e a xeosfera. Estrutura da xeosfera. O calendario. UNIDADE 9: Minerais: moitos e moi útiles OBXECTIVOS Diferenciar os minerais das rochas e coñecer as propiedades características dos primeiros. Identificar diferentes minerais polas súas características. Coñecer os procedementos de extracción de minerais e dos seus metais constituíntes. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer e diferenciar os conceptos de mineral e rocha. 2. Aprehender as principais propiedades características dos minerais. 3. Identificar diferentes minerais constituíntes das rochas en función das súas propiedades. 4. Identificar menas metálicas en función das súas propiedades. 5. Coñecer os procedementos de extracción de minerais e dos metais que conteñen. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento da actividade inicial fomenta as habilidades sociais para traballar en grupo, básicas na sociedade actual (C5). - A actividade experimental de medida da densidade traballa a adquisición de habilidades no emprego de ferramentas e datos para a obtención dun resultado (C3 e C7). - A relación entre o coñecemento dos minerais e o seu uso na sociedade amosa a importancia dos avances científico-tecnolóxicos no desenvolvemento da humanidade (C3 e C5). - A lectura sobre os efectos do amianto nas persoas pon de manifesto os riscos que implica o desenvolvemento tecnolóxico, así como as necesidades de que a sociedade o controle (C3 e C5). CONTIDOS Concepto de mineral. Concepto de rocha. Propiedades características dos minerais. Minerais que constitúen as rochas. Minerais metálicos. Prospección e extracción de minerais. Minas. Extracción dos metais que conteñen os minerais. UNIDADE 10: Diversidade e utilidade das rochas OBXECTIVOS Coñecer as principais características que permiten diferenciar as rochas. Identificar polas súas características as rochas máis importantes. Aprender o emprego que se fai das rochas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer as características texturais das rochas. 2. Recoñecer pola súa textura os principais tipos de rochas. 3. Determinar os principais usos das rochas. 8
4. Saber que minerais ou rochas se empregan na elaboración de obxectos de uso cotián. COMPETENCIAS BÁSICAS - A diferenciación, clasificación e recoñecemento de rochas ofrece unha metodoloxía propia da competencia científica, que implica unha visión analítica e razoada da realidade (C3 e C7). - Empregar mostras reais de rochas no desenvolvemento dos contidos alimenta a curiosidade e o interese pola ciencia en concreto e polo estudo en xeral (C3 e C7). - A análise do texto científico pon de manifesto as características básicas da literatura científica, desenvolvendo ademais a lectura comprensiva (C1). - A lectura e a análise do texto Reducir, reutilizar e reciclar de Onte e hoxe da ciencia fomenta a actitude crítica e participativa do alumno na sociedade (C5 e C8). - O estudo do consumo desigual de rochas no mundo, así como dos seus efectos ambientais, favorece a análise crítica dos modelos actuais de desenvolvemento e as súas consecuencias, tanto no ámbito persoal como no social (C5 e C8). - A procura de información en Internet, libros ou prensa potencia a habilidade para a selección de información e as súas fontes, e a adquisición dunha actitude crítica e reflexiva sobre ambas (C1 e C4). CONTIDOS Conceptos de textura e composición das rochas. Rochas cristalinas. Rochas volcánicas. Rochas sedimentarias. Rochas con foliación. Usos das rochas. Diversos usos para diversas rochas. Materiais utilizados na construción dunha casa. UNIDADE 11: A auga na Terra: a hidrosfera OBXECTIVOS Coñecer a singularidade da Terra en canto á presenza de auga, a súa orixe e distribución. Coñecer as características das augas oceánicas e continentais e a dinámica da auga na natureza. Coñecer as principais propiedades da auga, os seus usos, os problemas derivados destes e os tratamentos que se realizan sobre ela. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer as causas da presenza de auga líquida abundante na Terra, a orixe da auga e a súa distribución. 2. Coñecer as principais características das augas oceánicas e continentais. 3. Comprender os principais procesos que interveñen no ciclo da auga. 4. Coñecer as principais propiedades da auga e os seus usos fundamentais 5. Entender os procesos de contaminación da auga así como os procedementos de depuración e potabilización. COMPETENCIAS BÁSICAS - O emprego de datos, a construción de gráficas e a interpretación de esquemas gráficos potencian habilidades para a análise e interpretación de datos e argumentos científicos (C2 e C3). - A utilización e realización de mapas conceptuais favorece a adquisición de estratexias para a aprendizaxe (C3 e C7). - A procura de información, ben no dicionario científico ben en Internet desenvolve as habilidades para a busca, obtención e procesamiento da información (C4). - A realización de experimentos sobre o ciclo da auga, ademais de reforzar a aprendizaxe dos contidos (C7), amosa unha metodoloxía de traballo propia das ciencias experimentais (C3). - O desenvolvemento de contidos en relación ao uso e contaminación da auga relaciona os avances científico-tecnolóxicos co desenvolvemento da sociedade actual e os seus efectos no contorno (C3 e C5). CONTIDOS A auga na Terra. Orixe e distribución. A auga dos océanos. A auga nos continentes. O ciclo da auga. As propiedades da auga. Os usos da auga. Potabilización. Contaminación da auga. Depuración de augas residuais. 9
UNIDADE 12: A atmosfera terrestre OBXECTIVOS Coñecer a composición e estrutura da atmosfera, así como a súa orixe e evolución. Coñecer a importancia do aire para os seres vivos, os principais fenómenos meteorolóxicos e os métodos para predicilos. Coñecer os principais efectos da contaminación atmosférica e os procedementos para evitalos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer a composición e estrutura da atmosfera. 2. Entender a orixe e evolución da atmosfera e valorar a súa importancia para a vida. 3. Enumerar os principais fenómenos meteorolóxicos que determinan o tempo e o clima e os métodos para a súa predición. 4. Comprender os fenómenos de contaminación atmosférica e a necesidade de evitala. COMPETENCIAS BÁSICAS - O desenvolvemento de actividades en grupo, nas que se dá pé ao debate e á posta en común, incrementa as habilidades sociais dos alumnos, así como a capacidade de expresarse en público (C1 e C5). - O coñecemento e manexo de instrumentos de meteoroloxía, así como a análise e interpretación de mapas meteorolóxicos, posibilita a comprensión de sucesos cotiáns e a predición de fenómenos naturais, aumentando o respecto e o interese pola ciencia como instrumento da sociedade (C3). - O estudo do quecemento global ou a contaminación ambiental e as súas implicacións ambientais expón a responsabilidade polas actuacións privadas de cada cidadán e a acción conxunta da sociedade (C5 e C8). - A capacidade de buscar e seleccionar información poténciase coa realización de actividades onde se demanda ampliar información sobre certos contidos do tema (C1, C3 e C4). CONTIDOS Concepto de atmosfera. A composición da atmosfera e as súas variacións. A estrutura da atmosfera. A orixe e evolución da atmosfera. A atmosfera e os seres vivos. A dinámica atmosférica. O vento, a presión atmosférica, as nubes e as precipitacións. O tempo atmosférico e clima. Predición meteorolóxica. A contaminación do aire e os seus efectos. Medidas para evitala. UNIDADE 13: A materia e as súas propiedades OBXECTIVOS Describir as propiedades da materia coas magnitudes e unidades que a caracterizan. Saber que a materia está formada por átomos e explicar as distintas formas de organización destes nas substancias, tanto para formar moléculas como cristais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Saber que é materia e determinar algunha das súas características. 2. Coñecer as diferentes magnitudes e unidades que caracterizan a materia. 3. Distinguir os conceptos de átomo e molécula como partes constitutivas da matéria 4. Coñecer algúns datos sobre os elementos químicos máis importantes. COMPETENCIAS BÁSICAS - O estudo das diferentes unidades de medida serve para amosar a necesidade de unificar criterios, a partir de convenios internacionais (C3 e C5). - O desenvolvemento de actividades prácticas relacionadas coas propiedades da materia permite verificar razoadamente os coñecementos adquiridos, e con iso estimular unha disposición a razoar e avaliar sobre a base de razoamentos de carácter científico (C2 e C3). - O desenvolvemento dos contidos de química amósalles unha nova linguaxe científica, a formulación química, básico para entender e expresar moitos contidos en ciencia (C1 e C3). - A procura de información en Internet potencia as habilidades no emprego das ferramentas informáticas, ademais do seu uso responsable (C4). CONTIDOS A materia. Propiedades xerais da materia: masa e volume. 10
Magnitudes fundamentais e derivadas. SI. Unidades de lonxitude. Medida. Unidades de superficie e volume. Medidas. Unidades de masa. Medida. Concepto de densidade. Medida. A temperatura. Medida. Átomos e elementos químicos. Propiedades dos elementos: Elementos do universo. Elementos da codia terrestre. Elementos nos seres vivos. Moléculas e cristais. Fórmulas. UNIDADE 14: A materia e os seus estados OBXECTIVOS Distinguir os tres estados da materia, as características de cada un deles, así como as formas en que poden cambiar de estado. Coñecer as distintas clases de substancias e as técnicas de separación dos compoñentes dunha mestura. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Indicar as características de cada un dos tres estados de agregación da materia, así como os cambios de estado, e explicalos tendo en conta a teoría cinética. 2. Sinalar as distintas formas de clasificar a materia en función da súa uniformidade e composición. 3. Coñecer diferentes técnicas de separación de mesturas para obter substancias puras, así como a súa utilidade práctica en diversas aplicacións. COMPETENCIAS BÁSICAS - Ao amosar experimentalmente as diferentes características e comportamentos de sólidos, líquidos e gases, así como a súa utilidade práctica, búscase lograr unha maior curiosidade e interese dos alumnos (C3 e C7). - A clasificación dos diferentes tipos de materia expón unha visión analítica da realidade, por medio da cal lógrase obter a máxima información do contorno (C3). - Ao traballar cos diferentes métodos de separación, desenvólvense habilidades no emprego tanto de ferramentas como de coñecementos para lograr algún fin práctico (C3 e C7). - O obter información a partir doutras fontes afai ao alumno a empregar máis fontes de información, e permite crear interese en ampliar os seus coñecementos (C1 e C4). CONTIDOS Diferentes estados da materia. Sólidos. Características. Líquidos. Características. Gases. Características. Transformacións da materia. Cambios de estado. Interpretación cinética dos estados da materia. Materia homoxénea e heteroxénea. Mesturas e sustancias puras. Métodos de separación de mesturas. Disolucións. Concentracións. Substancias puras: compostas e simples. PROGRAMACIÓN DE AGRUPAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS DE 1º CURSO DE E.S.O. Obxectivos 1. Producir mensaxes científicas sobre a materia e a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade utilizando o vocabulario e os conceptos precisos. (Obx. 1, 3) 2. Mellorar a comprensión a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade mediante a aplicación das leis e conceptos propios das Ciencias da Natureza. (Obx. 3, 5) 11
3. Participar activamente na planificación de actividades sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, fundamentalas e discutilas de forma crítica valorando a importancia do traballo en equipo para a resolución de problemas con maior eficacia. (Obx. 4 e 5) 4. Analizar a relación existente entre ciencia, técnica e sociedade describindo de forma crítica as implicacións das actuacións dos seres humanos sobre o medio ambiente, os seres vivos, o consumo e a saúde. (Obx. 6, 8) 5. Participar na tomar unha decisión sobre problemas locais e globais aos que nos enfrontamos utilizando os coñecementos das ciencias da natureza. (Obx. 7) 6. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre a Terra no Universo, as materiais terrestres e os seres vivos e a súa diversidade para comprender a necesidade de racionalizar a xestión dos recursos do noso planeta e desenvolvendo actitudes relacionadas co desenvolvemento sustentable. (Obx. 1, 7, 8). 7. Entender o coñecemento científico como unha interacción de diversas disciplinas que profundizan en distintos aspectos da realidade e que ao mesmo tempo se atopa en continua elaboración, exposta a revisións e modificacións. (Obx. 9) CONTIDOS 1. A terra, un planeta habitado. Ser vivo ou non vivo? A materia dos seres vivos. Un lugar para vivir. A diversidade dos seres vivos e o medio. Dous medios: acuático e terrestre. Qué é é clasificar? A clasificación que fan os científicos. Qué é unha especie? 2. Animais. Os vertebrados. Qué é un animal? Características dos vertebrados. Os peixes: o dominio do medio acuático. Os anfibios: vertebrados de doble vida. Os reptis: verdadeiros vertebrados terrestres. As aves: máquinas para voar. Os mamíferos: vertebrados con pelo. Os seres humanos somos mamíferos. Os vertebrados no seu medio. 3. Os invertebrados. Os animales máis sinxelos. Vermes anelados. Anélidos. Animais con cuncha. Moluscos. Artrópodos. Arácnidos, crustáceos e miriápodos. Artrópodos. Insectos. Equinodermos. Invertebrados en todos os ambientes. 4. As plantas e os fungos. Qué é unha planta? As flores. As sementes e os froitos. Plantas con sementes pero sen froitos. Plantas sen flores e sen sementes. As plantas e o medio. Os fungos non son nin animais nin plantas. 5. As células e os organismos máis sinxelos. Un Universo oculto á nosa vista. Os seres vivos estamos formados por células. A estructura da célula. A nutrición celular. A relación e a reproducción das células. Protozoos e algas: organismos eucarióticos sinxelos. As bacterias: organismos procarioticos. Os microorganismos no seu medio. Os microorganismos parasitos e os virus. 6. Historia da vida. Podemos coñecer a vida no pasado? Un comezo desolador. Unha explosión de vida. A vida invade os continentes. O esplendor dos mamíferos. A biodiversidade ameazada. 7. A terra no universo. Ideas antigas sobre o universo. O sistema solar. As órbitas planetarias. Satélites, palnetas ananos e corpos menores. Máis aló do sistema solar. 8. Un planeta moi singular: a Terra. A forma da Terra. En continuo movemento. O día e a noite. Por qué hai estacións?. As fases da lua. As eclipses. Un planeta orixinal. O calendario. 9. Minerales: moitos e moi útiles. Minerais, rochas e civilización. Una grande diversidade de minerais. Outras propiedades características. Minerais que constituen ls rochas. Menas metálicas. As minas e os seus productos. 10. Diversidade e utilidade das rochas. Diversidade de rochas, diversidade de usos. Cómo se observa unha rocha. Rochas cristalinas. Rochas dos volcans. Rochas formadas por fragmentos. Rochas formadas por láminas. Para qué utilizamos as rochas. De qué está feita a miña casa? 11. A auga na Terra. A hidrosfera. A Terra, único planeta con auga líquida. A distribución da auga na Terra.. A auga dos océanos. A auga nos continentes. Auga en continuo movimiento. A auga, unh substancia moi especial. A auga que usamos. A auga contamínase co uso. A depuración das augas. 12. A atmósfera terrestre. A atmósfera e o aire. Estructura da atmósfera. Orixe e evolución da atmósfera. A atmósfera, un medio para a vida. A máquina térmica. O tempo atsmosférico e o clima. A contaminación do aire. 12
13. A materia e as súas propiedades. Que é a materia? Magnitude unidade e medida. A lonxitude. A superficie e o volume. A masa. A densidade. A temperatura. A materia está formada por átomos. Propiedades dalgúns elementos. Átomos, moléculas e cristais. 14. A materia e os seus estados. Diversidade da materia.. Características dos sólidos. Características dos líquidos. Características dos gases. A materia cambia de estado. Interpretación cinética dos estados da materia. Materia homoxénea e heteroxénea. Mesturas e substancias puras. Substancias puras: compostas e simples. Criterios de Avaliación 1. Distinguir as características dos movementos de rotación e translación terrestres e interpretar as súas consecuencias fundamentais relacionando as posicións relativas do Sol, a Terra e a Lúa coas fases lunares e as eclipses..(c. AV. 1) 2. Comprender o modelo actual sobre a posición da Terra no universo e as características fundamentais do sistema solar e a Vía Láctea. (C. AV. 2) 3. Describir algunhas propiedades da materia como a masa, volume, densidade utilizando experiencias sinxelas que lle permitan investigar as súas características, empregando estratexias propias do traballo científico (manexo de instrumental de laboratorio). (C. AV. 3) 4. Diferenciar mesturas de substancias puras e analizar as diferentes técnicas de separación de mesturas para obter substancias puras, así como a súa utilidade práctica en diversas aplicacións. (C. AV. 4) 5. Describir a composición e estrutura da atmosfera analizando aspectos relacionados coa súa orixe, evolución, importancia para a vida e a necesidade de evitar a súa contaminación. (C. AV. 5) 6. Explicar as principais características, propiedades e usos da auga así como os principais procesos que interveñen no ciclo da auga. (C. AV. 6) 7. Analizar os procesos de contaminación da auga así como os procedementos de depuración e potabilización da mesma. (C. AV. 6) 8. Diferenciar os conceptos de mineral e rocha a partir das súas propiedades características identificando os mesmos no medio e as súas principais aplicacións. (C. AV. 7) 9. Identificar as funcións vitais dos seres vivos recoñecendo os diferentes niveis de organización. (C. AV. 8) 10. Describir as características dos diferentes grupos de seres vivos que conforman os cinco reinos: monera, protoctista, fungos, animais e plantas. (C. AV. 8) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO PROXECTO CURRICULAR (e a súa relación coas C. básicas do anexo I do currículo oficial) 1. Utilizar os procedementos propios do método científico: formulación de hipóteses, elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso, deseños experimentais e recompilación dos resultados para a análise de situacións e fenómenos do mundo físico, natural e da vida cotiá. (CB. 3, 7, 8) 2. Expresar opinións fundamentadas con claridade e precisión sobre as implicacións do desenvolvemento tecnocientífico para as persoas e o medio ambiente utilizando conceptos e procedementos sobre a Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade. (CB. 1, 3, 4, 7, 8) 3. Aplicar coñecementos relacionados coa Terra no Universo, as materiais terrestres (hidrosfera, atmosfera e xeosfera) e os seres vivos e a súa diversidade para participar, fundamentadamente, na necesaria tomar unha decisión sobre os problemas locais e globais. (CB. 3, 7, 8) 4. Manexar instrumentos de observación da natureza individualmente e en grupo para comprender mellor o seu funcionamento desenvolvendo actitudes responsables de coidado e respecto para o medio ambiente e os seres vivos que o habitan. (CB. 1, 3, 5, 8) 13
Programación de Ciencias Naturais de 2º curso de E.S.O. Obxectivos OBXECTIVOS DO PROXECTO CURRICULAR 1. Analizar informacións de natureza científica aplicando conceptos relacionados coa enerxía, as súas diversas formas de transferencia, a calor, a luz e o son, así como os problemas asociados á obtención e uso dos recursos enerxéticos. 2. Utilizar conceptos relacionados coa transferencia de enerxía interna na Terra, as características funcionais dos seres vivos e as relacións entre eles e o medio físico para expresar con precisión, utilizando a linguaxe escrita e oral, mensaxes de natureza científica. 3. Interpretar táboas, gráficas e diagramas que acheguen información relevante para a resolución de problemas sobre materia e enerxía. 4. Explicar fenómenos naturais relacionados coa materia, a enerxía e a súa transferencia valorando a importancia dos datos para a obtención de conclusións. 5. Aplicar as leis e conceptos propios das Ciencias da Natureza para mellorar a comprensión de fenómenos naturais relacionados coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas. 6. Planificar e realizar traballos relacionadas coas Ciencias da Natureza utilizando diferentes fontes bibliográficas e as tecnoloxías da información e das comunicacións na recompilación, selección, elaboración e síntese de informacións. 7. Integrar as características básicas do traballo científico na formulación de problemas relacionados con fenómenos naturais, discusión do seu interese, formulación de conxecturas, deseños experimentais etc. Utilización correcta dos materiais e instrumentos básicos dun laboratorio e respectando as normas de seguridade no mesmo. 8. Planificar e realizar individualmente e en grupo diversas actividades sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, fundamentalas e discutilas de forma crítica valorando a importancia do traballo en grupo para a resolución de problemas con maior eficacia. 9. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre os ecosistemas e os seres vivos de Galicia para valorar e participar na súa conservación e mellora con criterios de sustentabilidade reflexionando sobre as interaccións ciencia, tecnoloxía e medio. 10. Mostrar unha actitude crítica cara á sobreexplotación dos recursos de Galicia e asumir un comportamento favorable en relación ao aforro enerxético, valorando de forma positiva as achegas da ciencia na busca de solucións para o logro dun desenvolvemento sostible. 11. Comprender o coñecemento científico como unha interacción de diversas disciplinas que afondan en distintos aspectos da realidade e que ao mesmo tempo se atopa en continua elaboración, exposta a revisións e modificacións. 12. Identificar os trazos característicos do medio natural de Galicia, desde o punto de vista xeolóxico, zoolóxico e botánico, enumerando os principais espazos protexidos da nosa comunidade. 13. Valorar o patrimonio natural de Galicia e a necesidade da súa conserva e mellora aplicando os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza. 14. Distinguir hábitos positivos que favorezan unha mellor saúde, tanto individual como comunitaria, desenvolvendo, ao tempo, estratexias para facer fronte aos riscos da nosa sociedade no ámbito da alimentación, do consumo de drogas e da transmisión de enfermidades. OBXECTIVOS DA MATERIA 1. Comprender e utilizar as estratexias e conceptos básicos das Ciencias da Natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. 14
2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global. 3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes -oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia etc.- con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. 4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e do medio, así como para contrastar as opinións persoais. 5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como a alimentación, a hixiene e a sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades. 6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos procedentes das Ciencias da Natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións ao redor de problemas locais e globais aos que nos enfrontamos. 7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, coa tecnoloxía e coa sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos que se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non desenvolvidos, e á necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sostible. 8. Valorar o carácter tentativo e creativo das Ciencias da Natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates que superan dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. 9. Ser capaces de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS E A SÚA RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS A materia de Ciencias da Naturaleza mantén unha vinculación esencial coa competencia básica nº 3: coñecemento e interacción co mundo físico. Así, todos os nosos enunciados incorpórana de forma implícita. Pero a súa contribución é decisiva para o desenvolvemento das restantes. Destacamos, a continuación, as relacións coas competencias básicas recolleitas nos currículos oficiais. COMPETENCIAS BÁSICAS DO CURRÍCULO OFICIAL 1. Comunicación Lingüística 2. Matemática 3. Coñecemento e interacción co mundo físico COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO PROXECTO CURRICULAR 1. Aplicar estratexias propias do método científico como formulación de conxecturas e obtención de conclusións, incluíndo, no seu caso, deseños experimentais e análise dos resultados para o estudo de situacións e fenómenos do mundo físico e natural de Galicia relacionados co fluxo de enerxía e as súas formas de transferencia. (C.B. 3, 7, 8) 15
4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Social e cidadá 6. Cultural e artística 7. Aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal 2. Utilizar conceptos e procedementos relacionados coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas con coherencia, claridade e precisión. (C.B. 3, 7, 8) 3. Expresar opinións fundamentadas, de forma oral e escrita, sobre as implicacións do desenvolvemento tecnocientífico para as persoas e o medio de Galicia, materializando o aprendido sobre a circulación da materia e o fluxo de enerxía na natureza. (C.B. 1, 3, 4, 7, 8) 4. Aplicar coñecementos específicos da materia (enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas), participando, fundamentadamente, na valoración crítica de problemas e situacións locais e globais. (C.B. 1, 3, 5, 7, 8) 5. Expoñer datos e conceptos relevantes que permitan a resolución de problemas e cuestións relacionadas coa enerxía, as súas formas de transferencia, a calor, a luz, o son, a obtención e o uso de recursos enerxéticos, a enerxía interna da Terra, as características funcionais dos seres vivos e os ecosistemas. (C.B. 3, 7, 8) 6. Interpretar claves dicotómicas, táboas, gráficas, diagramas e informacións numéricas que permitan completar informacións relacionadas coa materia e a enerxía. (C.B. 2, 3, 4, 7, 8) 7. Seleccionar informacións relevantes, relacionadas coas Ciencias da Natureza, utilizando diferentes fontes de consulta e as tecnoloxías da información e a comunicación, para construír coñecementos mostrando unha visión actualizada da actividade científica. (C.B. 1, 3, 4, 5, 7, 8) 8. Coidar e respectar os ecosistemas de Galicia e seres vivos que os habitan nas experiencias desenvolvidas individualmente e en grupo para comprender mellor o seu funcionamento. (C.B. 1, 3, 5, 8) 16
Contidos do proxecto CURRICULAR Bloque 1. Contidos comúns. Dedución de conclusións a partir de datos, obtidos experimentalmente ou mediante outras fontes de información. Utilización de procedementos científicos como a formulación de conxecturas, elaboración de estratexias para obter conclusións incluíndo, no seu caso, deseños experimentais e análise dos resultados. Planificación e realización individualmente e en grupo de diversas actividades sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, valorando a importancia do traballo en grupo para a resolución de problemas con maior eficacia. Interpretación de modelos representativos usados na área científica, como táboas, gráficas e diagramas. Busca de explicacións a fenómenos naturais e valoración da importancia de ter datos ben tomados para obter conclusións axeitadas. Realización de traballos experimentais con orde, limpeza, coidado e precisión na manipulación de materiais e instrumentos de laboratorio (microscopio e lupa) respectando as normas de seguridade neste. Uso de diferentes fontes de información e as tecnoloxías da información e das comunicacións para a construción de contidos relacionados coa enerxía e a materia. Valoración dos coñecementos achegados polas Ciencias da Natureza para dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia. Recoñecemento das achegas dos científicos, en especial dalgunhas mulleres, ao longo da historia da ciencia. Recoñecemento da transcendencia das observacións sistemáticas para o avance científico. Aprecio das Ciencias da Natureza como vía para coñecer e valorar os ecosistemas, de Galicia e do Estado, o científico e técnico, participando na súa conservación, protección e mellora. Bloque 2. Materia e enerxía A enerxía nos sistemas materiais. Átomos e moléculas. Establecemento de diferenzas entre os elementos e compostos. Formulación de compostos binarios. Análise dos conceptos de posición, traxectoria e distancia recorrido. Recoñecemento da necesidade de determinar un sistema de referencia para describir un movemento. Concepto de rapidez media, rapidez instantánea e velocidade. Establecemento da relación que existe entre velocidade e aceleración. Descrición do movemento de corpos con respecto a distintos sistemas de referencia. O movemento rectilíneo e uniforme. O movemento rectilíneo uniformemente acelerado. Resolución de problemas do movemento uniforme e do uniformemente acelerado. Aplicación de procedementos sobre cambio de unidades. Representación de gráficas do movemento uniforme e do uniformemente acelerado. 17
Interpretación de gráficas de espazo e tempo, velocidade e tempo. Realización de experiencias sinxelas para analizar distintos movementos. As forzas: cambios na forma ou no estado de movemento. Representación de forzas mediante vectores. Os efectos das forzas. Identificación e representación de forzas que interveñen en diferentes situacións da vida cotiá. Proposta de sinxelas investigacións para a comprobación de deformacións en corpos ao aplicar unha forza. Utilización de diferentes fontes de información para a análise de textos, gráficos e táboas relacionadas coas forzas. Estudo dalgúns tipos de forzas. A interacción da gravidade: a masa e o peso dos corpos. Establecemento das diferenzas entre a masa e o peso dun corpo. Medida das forzas: instrumentos e unidades. Manexo de unidades nas que se miden as forzas. Estudo cualitativo do principio de Arquímedes. Exemplificación dalgunhas aplicacións sinxelas do principio de Arquímedes. Curiosidade para realizar experimentos relacionados coas forzas e as súas aplicacións. Resolución de sinxelos problemas sobre forzas expresando os resultados na unidade axeitada do sistema internacional. Recoñecemento das numerosas aplicacións da estática nos distintos ámbitos tecnolóxicos e na vida cotiá. Valoración da argumentación como base do avance no coñecemento. Valoración da necesidade da orde e a limpeza nas tarefas de experimentais. A enerxía, unha propiedade da materia. A orixe da enerxía. Análise das distintas formas de enerxía. Enerxía cinética e enerxía potencial. O principio de conservación da enerxía. Traballo e enerxía mecánica. Interpretación de transformacións enerxéticas de procesos sinxelos cotiáns. As unidades da enerxía. Resolución de sinxelos problemas sobre traballo e enerxía expresando os resultados na unidade axeitada do sistema internacional. Identificación e análise de situacións da vida cotiá nas que se produzan transformacións e intercambios de enerxía. Realización de experiencias sinxelas dirixidas a analizar as transformacións e intercambios de enerxía. Valoración das máquinas de uso cotián e do seu papel no desenvolvemento económico e social. Actitude aberta e imaxinativa na proposta de exemplos de situacións cotiás, sobre transformacións enerxéticas. 18
Utilización de distintas fontes de información acerca dos problemas ambientais que supón o consumo actual de enerxía, así como as medidas necesarias para garantir a subministración no futuro. Análise da equivalencia entre calor e traballo. As fontes de enerxía. Diferenciación entre fontes de enerxía renovables e non renovables. Análise dos inconvenientes das enerxías non renovables. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo en Galicia. O aforro e a diversificación enerxética. Problemas asociados á obtención, transporte e utilización da enerxía. Análise das vantaxes e inconvenientes das fontes de enerxía sobre as persoas e o medio de Galicia e das fórmulas para o seu tratamento. Reflexión e valoración crítica das causas e efectos dos procedementos de obtención de enerxía na sociedade e no medio. Recoñecemento da importancia de cumprir as medidas que contribúen ao aforro colectivo ou individual de enerxía en Galicia. Actitude crítica en relación co propio gasto de enerxía e disposición favorable para evitar a dilapidación enerxética. A calor como forma de transferencia de enerxía. A temperatura. Establecemento das diferenzas entre calor e temperatura. Os termómetros como instrumentos de medida. Utilización de diferentes escalas termométricas. Planificación e realización de experiencias sinxelas nas que se manifesten os efectos da calor sobre os corpos. A dilatación e os cambios de estado. A propagación da calor. Diferenciación entre a condución, a radiación e a convección. Illantes e condutores. Recoñecemento do emprego das máquinas térmicas, da súa eficacia e do seu rendemento. Recoñecemento da importancia que teñen na vida cotiá aspectos relacionados coa calor, a temperatura e a propagación da enerxía térmica. As Ondas. O son e as ondas sonoras. Propagación do son a través da materia. Propiedades características do son. Identificación de fenómenos relacionados coa reflexión do son. Valoración do problema da contaminación acústica. A luz e a enerxía. Interaccións entre luz e materia. Clasificación dos materiais atendendo ao seu comportamento fronte á luz. Orixe das cores e espectro visible. Explicación de como se produce a propagación da luz. Descrición mediante o modelo de raios: a reflexión e a refracción da luz. Utilización de espellos e lentes no estudo da reflexión. 19