INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.7 Área Funcional de Lugo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

Σχετικά έγγραφα
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.17 Área Funcional de Ribadeo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.10 Área Funcional de Burela. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.14 Área Funcional de Sanxenxo. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.13 Área Funcional de Monforte. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.15 Área Funcional de Verín. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.11 Área Funcional de Lalín. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.4 Área Funcional de Santiago de Compostela. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.2 Área Funcional de A Coruña. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Procedementos operatorios de unións non soldadas

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. ANEXO III.1.3 Área Funcional de Ourense. Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

ANÁLISE DO SECTOR DO TRANSPORTE E DA LOXÍSTICA

Plan Estratéxico Zonal do Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Resorte: estudio estático e dinámico.

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

INFORME SOSTIBILIDADE AMBIENTAL

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VILAR DE SANTOS. Documento para aprobación inicial

POBREZA E CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL. A pobreza e a súa medición: renda, prezos e desigualdade

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Sistemas e Inecuacións

Análise da cadea forestal-madeira

Funcións e gráficas. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Funcións páx. 4 Concepto Táboas e gráficas Dominio e percorrido

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Funcións e gráficas. Obxectivos. 1.Funcións reais páx. 4 Concepto de función Gráfico dunha función Dominio e percorrido Funcións definidas a anacos

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

A circunferencia e o círculo

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA EN GALICIA: EFECTOS SOBRE A XERACIÓN DE EMPREGO

A SITUACIÓN DAS MULLERES NO ÁMBITO RURAL GALEGO

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

Inecuacións. Obxectivos

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

0 ANTECEDENTES E ÁMBITO DE INFLUENZA DO PROXECTO SECTORIAL ANÁLISE OBXECTIVA DO ENTORNO DEFINICIÓN DE OBXECTIVOS...

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Atlas de ondas. de Galicia

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

Balance Enerxético de Galicia, 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012

Lógica Proposicional

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Exercicios de Física 01. Gravitación

Problemas xeométricos

Exercicios de Física 04. Óptica

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Balance Enerxético de Galicia, 2006 BALANCE ENERXÉTICO

ÍNDICE. 1. Introdución Metodoloxía Diagrama de fluxos enerxéticos Enerxía primaria galega... 10

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

PAU XUÑO 2016 MATEMÁTICAS II

Estatística. Obxectivos

MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DE GALICIA 2004

Catálogodegrandespotencias

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Campaña de análise de Metais en aire ambiente no 2017

Indución electromagnética

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

Física e Química 4º ESO

Áreas de corpos xeométricos

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

DELIMITACIÓN DAS ÁREAS METROPOLITANAS FUNCIONAIS DA CORUÑA E VIGO

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

BALANCE ENERXETICO 2005.qxd 13/11/07 10:59 Página 1

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

PAU Setembro 2010 FÍSICA

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

Estudo elaborado por OBRADOIRO DE SOCIOLOXÍA, S.L.

CALCULO DA CONSTANTE ELASTICA DUN RESORTE

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

Transcript:

ANEXO III.1.7 Área Funcional de Lugo Plan Sectorial Galego de Solo Residencial

1 Medio Físico... 4 1.1 Medio físico...5 2 Estrutura socioeconómica... 6 2.1 Poboación...7 2.1.1 Cuantificación, distribución e densidade...7 2.1.2 Caracterización da poboación...9 2.1.3 Dinámica da poboación... 10 2.2 Economía e emprego... 14 2.2.1 Estrutura económica... 14 2.2.2 Índice de dinamicidade... 16 3 Estrutura Territorial... 17 3.1 Modelo Territorial... 18 3.1.1 A estruturación do territorio... 18 3.2 Sistema de comunicacións... 19 3.2.1 Comunicacións... 19 3.3 Infraestruturas básicas... 20 3.3.1 Abastecemento... 20 3.3.2 Saneamento... 20 3.3.3 Gas... 21 3.3.4 Electricidade... 21 3.3.5 Telecomunicacións... 22 4 Planeamento urbanístico... 23 4.1.1 Figuras de planeamento vixentes... 24 4.1.2 Grao de cumprimento do Planeamento... 25 4.1.3 Planeamento en tramitación... 26 5 Dinámica Residencial... 28 5.1 Cararterización intercensual do parque de vivendas... 29 5.1.1 Cuantificación e evolución... 29 5.1.2 Análise do parque residencial por usos... 30 5.1.3 Caracterización do parque residencial por outras variables... 33 5.2 Dinámicas recentes do sistema inmobiliario (2001-2007)... 35 5.2.1 Cuantificación e evolución... 35 5.2.2 Vivenda libre e protexida... 38 5.2.3 Evolución dos prezos da vivenda... 39 5.3 Fogares... 41

5.3.1 Cuantificación e caracterización dos fogares... 41 5.3.2 Evolución do esforzo no acceso á vivenda... 42 6 Proxeccións e estimación de necesidades de vivenda... 44 6.1 Proxección e estimación de necesidaes de vivenda... 45 6.1.1 Rexistro de demandantes de vivenda de protección pública... 45 6.1.2 Proxeccións de poboación... 47 6.1.3 Proxección de fogares... 49 6.1.4 Determinación das necesidades de vivenda... 49 6.1.5 Determinación das necesidades de vivenda protexida... 51 Anexo Cartográfico... 54

Medio Físico 1

1.1 Medio físico A área funcional de Lugo compréndena un total de 19 municipios e abrangue unha extensión de 3.300 km2. Localízase no interior de Galicia entre a dorsal meridional, formada polas serras centro occidentais, e as serras orientais. A parte central vaise caracterizar por presentar unhas alturas constantes entre os 400-600 metros formando unha superficie de aplanamento denominado meseta de Lugo. Sobre esta depresión localízase a cidade de Lugo que vertebra a área funcional e concentra as maiores densidades de poboación, así como as principais vías de comunicación. Esta forma amesetada confírelle unhas características climáticas diferentes que veñen influenciadas pola dorsal meridional, localizada na súa parte occidental. As serras que a compoñen actúan como barreira ante as frontes que afectan a Galicia, facendo que as borrascas precipiten en gran medida na parte occidental da dorsal, chegando á meseta moi debilitadas. O aproveitamento dos solos tamén vén influenciado polas formas do relevo. A meseta caracterízase en gran medida pola abundancia de terras de cultivo mentres que na zona oriental, arredor da Serra dos Ancares, hai unha maior presenza de monte baixo, nas zonas máis elevadas. En cambio, as ladeiras de menor pendente utilízanse para cultivos ou pastos. A continuación comentamos as principais características da área funcional: Meseta de Lugo: Constitúe un nivel de superficie que se estende máis alá do límite norte da área funcional. Pertencente á época do Mioceno, o desenvolvemento desta superficie de erosión debeuse principalmente á alteración do zócolo durante os momentos tropicais do secundario e pola debilidade dos volumes a erosionar. Durante o neóxeno prodúcese un arrasamento xeneralizado que deu lugar a dous niveis erosivos e que están asociados á Galicia central e occidental, a diferenza doutras superficies de aplanamento máis cerca da costa, onde a rede fluvial fragmentou as superficies, a rede interior está moito máis xerarquizada. Esta rede queda caracterizada polo río Miño, que en moitos casos se volve pantanoso, polo que podemos encontrar importantes zonas húmidas. A acción fluvial do Miño e os seus afluentes orixina un relevo ondulado con pequenas partes elevadas. Serra da Cova da Serpe: a súa forma actual deriva de Horst corridos e a súa orixe está relacionada cos sistemas de fracturas e fallas como podemos observar na disposición e trazado da súa rede hidrográfica. Os contornos son resultado da erosión terciaria ou cuaternaria, e os seus cumes teñen un escaso desenvolvemento vertical, maioritariamente está composto por rochas graníticas, en especial granito de dúas micas. O seu punto máis alto é Cova, con 838 metros. Serra dos Ancares: a serra máis característica da área funcional limita na súa parte oriental coa comunidade de Castela e León. A súa cota máxima é o Pico Cuíña, de 1.978 metros, o Mustallar, de 1.924 metros e Miravalles, de 1969 metros. A dita serra está formada por unha sucesión de vales e crista alombadas con barras cuarcíticas, onde hai un predominio de materiais como as lousas, calcarias, filitas, area miúda e cuarcitas. Caracterízase pola sucesión de vales en paralelo marcados polos afluentes dos ríos Navia e Sil. Os seus vales son profundos e presentan pegadas de glaciarismo con pequenos circos glaciares, vales en U, morenas e soleiras. Tamén destaca o modelado periglaciar con derrubios estratificados e coadas en bloque. 5 1. Consideracións xerais

Estrutura socioeconómica 2

2.1 Poboación 2.1.1 Cuantificación, distribución e densidade Cuantificación e distribución da poboación A área funcional de Lugo está composta por un total de 19 concellos. Conta cunha poboación de 151.875 habitantes no ano 2007, concentrándose máis do 40% nun territorio que non chega ao 3% da extensión territorial total da área funcional. Este feito revela que se está a producir unha elevada concentración da poboación en Lugo. Mapa 2.1. Distribución da poboación en 2007. Fonte: IGE Densidade de poboación por Km2 A área funcional de Lugo presenta unha densidade de poboación de algo máis de 45 hab./km 2. Este é un valor que é a metade da media galega (93,7 hab./km 2 no ano 2007) e algo superior á media da provincia de Lugo (36 hab./km 2 ). Este valor da área funcional está condicionado polo grande volume de poboación do concello de Lugo, que representa máis do 60% da poboación da área funcional. A densidade de poboación da área funcional de Lugo tendo en conta soamente a poboación do concello de Lugo(e aplicándoa á totalidade de superficie da área) situaríase arredor de 28 hab./km 2, valor non moi por debaixo da media provincial. A nivel de concellos, os valores extremos corresponden co concello de Rábade, que presenta no ano 2007 unha densidade de poboación de 328,3 hab./km 2 (en lugar do concello de Lugo, que pese a o seu grande volume de poboación, presenta unha grande extensión o que sitúa a súa densidade en 285 hab./km 2 ), e o concello de Negueira de Muñiz cunha densidade de tan só 3 hab./km 2. Dentro da área funcional de Lugo, existen outros 2 concellos máis cunha densidade inferior aos 10 hab./km2; son Baleira e Navia de Suarna. Espacialmente, no mapa 2.2 obsérvase como no contorno de Lugo e da A-6 é onde se produce a maior concentración. Polas franxas tanto orientais como occidentais, a concentración da poboación é reducida, con densidades de poboación inferior aos 25 hab./km 2. 7 2. Estrutura socioeconómica Poboación en núcleos maiores e menores de 5.000 habitantes A continuación delimitaremos os núcleos poboacionais tendo maior relevancia a diferenciación entre maiores ou menores de 5.000 habitantes. Ningún concello agás Lugo, Guitiriz, Cospeito e Castro de Rei supera os 5.000 habitantes. Destes, só Lugo supera os 10.000 e os restantes están entre os 5.000 e 10.000, como se pode ver no mapa 2.3. Mapa 2.2. Densidade de poboación en 2007. Fonte: IGE

Mapa 2.3. Distribución da poboación en 2007. Identificación dos núcleos de máis de 5.000 habitantes. Fonte: IGE Dinámica poboacional Na evolución da poboación entre 1991-2007, na área funcional de Lugo, a meirande parte dos concellos perden poboación, excepto Lugo e Outeiro de Rei. Esta perda é explicada en parte pola diminución da natalidade e, por outra banda, polo transvasamento de poboación a núcleos máis dinámicos. Tamén pode apreciarse como non existe unha correlación perfecta entre incrementos de poboación en termos absolutos e relativos. Deste feito vén a importancia de contemplar ambas as dúas variables. Por exemplo, destaca o caso do concello de Lugo, que gana poboación, a maior ganancia en termos absolutos, de máis de 10.000 habitantes; en cambio en termos relativos é lixeiramente superior ao 10%, por detrás de Outeiro de Rei, que case acada un 20%. O concello que en termos relativos perde máis poboación é Negueira de Muñiz, arredor do 35%, en cambio a perda poboacional é moi pequena, pola súa reducida poboación. A Fonsagrada é o concello que en termos absolutos perde máis poboación, algo máis de 2.000 habitantes, que en termos relativos se traduce en algo máis dun 30%. Os concellos coa dinámica poboacional máis regresiva (en termos relativos) sitúanse na franxa oriental da área funcional. 12.000 10.000 8.000 6.000 4.000 2.000 0-2.000 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% -10% 8 2. Estrutura socioeconómica -4.000-20% -6.000-30% -8.000-40% Lugo (Capital) Outeiro de Rei Rábade Negueira de Muñiz Castro de Rei Portomarín Ribeira de Piquín Baleira Pol Friol Corgo (O) Navia de Suarna Guntín Castroverde Baralla Guitiriz Begonte Cospeito Fonsagrada (A) Absoluto Poboación % Poboación Gráfica 2.1. Evolución da poboación de 1991 a 2007. Fonte: IGE.

>85 80-84 75-79 70-74 65-69 60-64 55-59 50-54 45-49 40-44 35-39 30-34 25-29 20-24 15-19 10-14 5-9 <5 6% 5% 4% 3% 2% 1% 0% 1 % 2 % 3 % 4 % 5 % 6 % Mulleres 1996 Homes 1996 Homes 2007 Mulleres 2007 Gráfica 2.2. Pirámides de poboación 1996 e 2007. Fonte: IGE 2.1.2 Caracterización da poboación Estrutura da poboación A pirámide poboacional, para o ano 1996 amósanos unha base estreita en relación aos estratos superiores. Esta diminución débese ao descenso da natalidade, que se empeza a producir despois do 1977. A partir deste ano prodúcese a fin do denominado baby boom. Esta é a tendencia dos anos posteriores. Como consecuencia do mantemento da tendencia de descenso ou estancamento da natalidade, no 2007 agudízanse os problemas de base piramidal estreita. Nesta área funcional non se observa o pequeno incremento de nacementos que se apreciaba noutras áreas funcionais. Pódese observar como na parte superior da pirámide tamén se produce un incremento debido a un aumento da esperanza de vida. Índice de envellecemento 1 No que respecta ao índice de envellecemento, a área funcional de Lugo presenta unha clara diverxencia territorial, en consonancia co anteriormente observado. O concello de Lugo é onde se concentra a proporción de xente nova máis alta, dado que este concello presenta o menor índice de envellecemento. Na gráfica 2.3 represéntanse conxuntamente os datos do índice de envellecemento e a poboación representada en logaritmo en base 2 para facilitar a representación da escala-. A conxunción das dúas variables amosa certa correlación: os concellos con maior poboación son os que presentan, como norma xeral, un menor índice de envellecemento e os de maior índice de envellecemento, menor poboación. A xente en idade de traballar desprazarase cara a estas zonas e tenderán a despoboar os núcleos máis afastados e mal comunicados. Así, os concellos da franxa oriental son os que presentan un índice de envellecemento máis alto. 9 2. Estrutura socioeconómica Mapa 2.4. Índice de envellecemento. Fonte: IGE. 1 Índice de envellecemento: Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos [Ienv = (P>64 / P<20)*100]

900 18 800 16 Índice de envellecemento 700 600 500 400 300 200 14 12 10 8 6 4 Logaritmo en base 2 da poboación 100 2 0 0 Mapa 2.5. Idade media por concello. Fonte: IGE. Navia de Suarna Ribeira de Piquín Fonsagrada, A Baleira Negueira de Muñiz Castroverde Baralla Friol Guntín Corgo, O Begonte Pol Portomarín Cospeito Castro de Rei Guitiriz Outeiro de Rei Rábade Lugo 10 2.1.3 Dinámica da poboación Taxa bruta de natalidade 1 Índice de envellecemento Logaritmo en base 2 da poboación Gráfica 2.3. Índice de envellecemento. Fonte: IGE. A taxa bruta de natalidade para o ano 2006 reflicte os valores máis altos nos concellos de Lugo e limítrofes, posto que é onde se concentra a poboación en idade de traballar e en idade de reprodución. A medida que nos afastamos de Lugo, a taxa bruta de natalidade tende a diminuír debido a que a poboación en idade de reprodución que habita eses concellos é proporcionalmente inferior e están máis envellecidos. Destacan pola súa baixa taxa de natalidade o concello de Ribeira de Piquín, cunha taxa bruta de natalidade inferior a 2 nados por cada 1.000 habitantes. 2. Estrutura socioeconómica Mapa 2. 6. Taxa de natalidade 2006. Fonte: IGE. 1 Taxa bruta de natalidade: Número de nados por 1.000 habitantes

Número medio de fillos por muller 1 A área funcional segue a tónica xeral galega de baixa natalidade, tomando o índice sintético de fecundidade o valor de 0,85 (cando o valor de mantemento da poboación é 2,1). É unha área funcional cun valor por debaixo da media Galicia. Isto, no longo prazo é dificilmente sostible e producirá uns crecementos vexetativos negativos, cando a poboación da base da pirámide se atope na idade reprodutiva. Analizando por concellos obsérvase que, de novo, na zona da Lugo e arredores é onde se concentran os valores máis altos. Este feito é debido en grande parte á maior dinamicidade destes concellos respecto dos concellos do resto da área. Mapa 2.7. Número medio de fillos por muller, 2006. Fonte: IGE. CONCELLO T.B.M. T.B.N. Guntín 19 4 Navia De Suarna 19 3 Castro De Rei 18 4 Baralla 18 3 Ribeira De Piquín 17 2 Baleira 17 3 Corgo (O) 16 3 Portomarín 16 3 Cospeito 16 3 Outeiro De Rei 15 5 Friol 15 2 Pol 15 4 Begonte 14 3 Fonsagrada (A) 14 3 Castroverde 14 3 Guitiriz 14 3 Rábade 11 8 Lugo 9 8 Negueira De Muñiz 9 2 Táboa 2.1. Taxas brutas de natalidade e mortaldade 2006 Taxa bruta de mortaldade 2 Se se observa o mapa 2.8 da taxa bruta de mortaldade, vese como a maioría de concellos presentan unhas taxas de mortaldade moi elevadas, superior ás 13 defuncións por cada 1.000 habitantes no ano 2006. Obsérvase que existe certa consonancia coa tendencia reflectida na taxa bruta de natalidade. Chama a atención a baixa taxa de mortaldade do concello de Ribeira de Piquín, similar á de Lugo, cando Ribeira de Piquín é o segundo concello da área funcional co maior índice de envellecemento. Mapa 2.8. Taxas de mortaldade, 2006. Fonte: IGE. 11 2. Estrutura socioeconómica 1 Número medio de fillos por muller ou Índice Sintético de Fecundidade (ISF): Número esperado de fillos por muller ao longo da súa vida fértil 2 Taxa bruta de mortaldade: Número de defuncións por cada 1.000 habitantes

Crecemento vexetativo O crecemento vexetativo da poboación é o diferencial entre o número de nacementos e defuncións nun período de tempo determinado. Seguindo as tendencias analizadas anteriormente, non hai ningún concello que presente crecemento vexetativo positivo (manteñen por tanto taxas de natalidade superiores ás de mortaldade). O único concello que tende a aproximarse a un crecemento vexetativo neutro é o concello de Lugo, mentres que o resto de concellos presentan taxas de natalidade baixas e taxas de mortaldade altas, co que o crecemento vexetativo é negativo. A área funcional de Lugo presenta no seu conxunto un crecemento vexetativo negativo no ano 2006. Polo tanto estase ante unha área non dinámica poboacionalmente e dependente do saldo migratorio para non perder poboación. Saldos migratorios A dinámica migratoria da poboación na área funcional de Lugo pódese observar na gráfica 2.4, onde se detallan por anos en valores absolutos os diferentes saldos. Hai que dicir que o IGE non proporciona datos da emigración exterior no período 1992-2001, polo que nese período o saldo do exterior que aparece está sobrevalorado. A partir do ano 2002 xa existen datos da emigración exterior. Da gráfica 2.4 pódese sacar a seguinte lectura: É unha área cun claro saldo migratorio positivo. Existe un transvasamento regular de certa importancia dentro da mesma provincia cara á área funcional de Lugo. Existe un saldo irregular negativo co resto de Galicia. O saldo do resto de España é positivo excepto no período 2000-2003 O saldo do estranxeiro é positivo durante todo o período (tendo en conta as reservas dos datos ata 2001), e este comezou a medrar desde o ano 2001 de maneira espectacular. Este saldo poboacional do estranxeiro é significativo. Esta poboación situarase nos tramos en idade laboral. Esta dinámica fai que a pirámide poboacional se ensanche lixeiramente nos tramos en idade de traballar, como se observou na gráfica 2.2. 12 2. Estrutura socioeconómica

1.600 1.400 1.200 1.000 800 600 400 200 S.M. do estranxeiro S.M. de Doutra CCAA S.M. doutra provincia de Galicia S.M. doutra comarca da mesma provincia S.M.da mesma comarca 0 13-200 -400 1992 1993 1994 1995 Saldos poboacionais 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 Gráfica 2.4. Saldos migratorios en valores absolutos por tipo entre 1992-2006. Fonte: IGE Os saldos poboacionais proporcionan un resumo en termos de ganancia ou perda poboacional, en termos totais, dos diferentes concellos. A natureza dos saldos vexetativos, que é negativo na área funcional -se ben o proceso anterior ten que ver cun proceso de longa duración ao que xa se fixo mención e que poderiamos caracterizar como estrutural-, en cambio o comportamento dos saldos migratorios tamén fala doutros procesos máis conxunturais que só poderán ser entendidos a partir do estudo do dinamismo económico. É este saldo migratorio positivo o que está a salvagardar a poboación da área funcional. 2004 2005 2006 2. Estrutura socioeconómica

2.2 Economía e emprego 2.2.1 Estrutura económica Caracterización do emprego No período 2003-2007, período de crecemento da economía galega e española, o número de afiliados na área funcional de Lugo experimenta unha evolución crecente, pasando dos 58.918 no 2003 aos 68.664 no 2007, como se pode observar na gráfica 2.5. A conciliación entre o crecemento do número de afiliados e o menor incremento poboacional faise coa consideración da redución dos recursos ociosos. Deste xeito o incremento de preto de 10.000 afiliados non pode ser cuberto polo incremento poboacional, porque no período existe unha perda poboacional de preto de 1.000, senón que ten que ser cuberto coa redución de recursos ociosos. 70000 68000 66000 14 Terciario 68% Primario 12% I+E 10% Construcción 10% Gráfica 2.6. Afiliados por sector económico, 2007. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións Afiliados 64000 62000 60000 58000 58.918 56000 60.854 63.357 67.003 68.664 54000 2003 2004 2005 2006 2007 Gráfica 2.5. Número de afiliados. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións A tendencia predominante das economías actuais é de redución do peso do sector primario e un maior peso do secundario e principalmente do terciario, característica típica de economías desenvolvidas, aspecto que podemos observar na gráfica 2.6. Esta área ten un peso do sector terciario dun 68%, mentres que o secundario é dun 20% dividido entre construción 10% e industria e enerxía 10%, e o primario de tan só un 12%. A foto da predominancia dos sectores por concellos (mapa 2.9) amosa como esta área funcional é maioritariamente primaria, sendo o sector terciario o segundo en importancia. De todos os xeitos, o concello que maior número de afiliados ten é Lugo, que é un sector claramente terciario, polo que a pesar do grande número de concellos co sector primario como maioritario en canto ao número de afiliados, a área ten un grande peso do sector terciario. Só en tres concellos o sector secundario é o predominante (Begonte, Outeiro de Rei e Rábade); por todos eles pasa a A-6. 2. Estrutura socioeconómica

A gráfica 2.7 permítenos facer unha análise máis polo miúdo da evolución do número de afiliados. Compróbase unha vez máis que non existe unha correlación perfecta entre a xeración de emprego en termos absolutos e relativos. O concello de Lugo é, con diferenza, o concello con máis creación de emprego (arredor dos 8.000 novos afiliados), mentres que en termos relativos o incremento non chega ao 20%, aspecto no que destaca Negueira de Muñiz cun incremento superior ao 50%. Cómpre remarcar que a maioría de concellos, a pesar de ser de predominancia agraria, ganan afiliados nesta área onde só o concello de Portomarín e Ribeira de Piquín reducen o seu número de afiliados 9.000 90% 8.000 80% 7.000 70% 6.000 60% 5.000 4.000 50% 40% 15 Mapa 2.9. Predominancia dun sector produtivo. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións 3.000 2.000 1.000 0-1.000 Lugo Outeiro de Rei Castro de Rei Cospeito Begonte Rábade Baralla Guitiriz O Corgo Friol Castroverde Baleira Guntín de Pallarés Negueira de Muñiz Navia de Suarna Pol A Fonsagrada Ribeira de Piquín Portomarín 30% 20% 10% 0% -10% 2. Estrutura socioeconómica Absoluto afiliados 2003-2007 % afiliados 2003-2007 Gráfica 2.7. Crecemento do número de afiliados. Fonte: Instituto Galego das Cualificacións Indicador de renda municipal A táboa 2.2 amósamos os valores tomados polos indicadores de rendas para os diferentes concellos pertencentes á área funcional de Lugo para o período 2000-2002. A evolución do indicador amosa como parece producirse un proceso de converxencia nas rendas, onde os municipios máis ricos en 2000 non ganan posicións respecto da media galega, mentres que os máis desfavorecidos en 2000 soben. Os valores máximos e mínimos son máis extremos en 2000 que en 2002.

CONCELLO 2000 2001 2002 Baleira 82 88 87 Baralla 85 87 88 Begonte 84 84 85 Castro De Rei 82 85 84 Castroverde 85 94 89 Corgo (O) 89 88 88 Cospeito 86 90 90 Fonsagrada (A) 87 91 91 Friol 78 80 79 Guitiriz 90 91 91 Guntín 80 83 82 Lugo 117 116 116 Navia De Suarna 91 93 94 Negueira De Muñiz 76 77 79 Outeiro De Rei 91 91 90 Pol 84 89 89 Portomarín 83 86 85 Rábade 101 100 101 Ribeira De Piquín 91 96 93 Táboa 2.2. Indicador de rendas. Fonte: IGE 2.2.2 Índice de dinamicidade O Índice de dinamicidade socioeconómica e funcional (IDSF) -elaborado por Otero, R. e Gómez, S. é un índice lineal, no que se introducen diferentes indicadores da dinamicidade do concello proporcionados polo Censo de Poboación e Vivenda correspondentes a: poboación, instrución, mobilidade laboral, terciarización e atracción poboacional. Polo tanto é un índice sintético que tería que amosar relación coas análises demográficas e socioeconómicas realizadas por tratarse dunha aglutinación. As categorías municipais definidas polo IDSF son as seguintes: 1º INTERVALO: -8,79 / 0,86. Concellos rurais ou rurbanos vilas- de baixa e moi baixa dinamicidade. 2º INTERVALO: 0,87 / 4,71. Concellos rurais ou rurbanos vilas- dinámicos. 3º INTERVALO: 4,72 / 27,4. Concellos urbanos ou suburbanos dinámicos ou moi dinámicos. Tendo en conta a categorización anterior, no mapa 2.10 vese como no contorno do concello de Lugo se atopan os concellos urbanos ou suburbanos moi dinámicos, como cabería esperar vistos os indicadores anteriormente utilizados, así como os concellos rurais ou rurbanos dinámicos. Por estes concellos transcorre a A-6, excepto por Guntín. O resto de concellos, como sería lóxico esperar, presenta unha dinamicidade moi baixa debido a que a actividade existente é escasa, categorizando a estes concellos de rurais con moi baixa dinamicidade. 16 2. Estrutura socioeconómica Mapa 2.10. Índice de dinamicidade. Fonte: Otero, R. e Gómez, S. 2007

Estrutura Territorial 3

3.1 Modelo Territorial 3.1.1 A estruturación do territorio A área funcional de Lugo está composta por 19 concellos, ocupando unha extensión total de 3.367 km 2, o que supón un 34% da provincia e un 11% do total autonómico 18 3. Estrutura territorial Mapa 3.1. Localización xeográfica. Fonte: SITGA

3.2 Sistema de comunicacións 3.2.1 Comunicacións A área funcional de Lugo queda fortemente condicionada ao eixe que debuxa a autovía A-6 que enlaza Madrid coa Coruña, pasando por Lugo como penúltima urbe. De feito, esta arteria principal é a que estrutura internamente a área funcional, cruzándoa de Sueste a Noroeste. Mapa 3.2. Infraestruturas básicas de comunicación. Fonte: SITGA En canto a liñas de ferrocarril encontramos os seguintes traxectos: León A Coruña: sae de León e entra a Galicia por Monforte de Lemos, e desde alí a Lugo e á Coruña Zamora A Coruña: desde Zamora entra a Galicia por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña Asturias Ferrol: liña que entra a Galicia cruzando o río Eo en Ribadeo, desde o Principado de Asturias, acabando en Ferrol. - Outros: Aeroporto de Alvedro (A Coruña) A área funcional de Lugo non se caracteriza por ser un grande centro intermodal 19 3. Estrutura territorial

3.3 Infraestruturas básicas 3.3.1 Abastecemento O plan de abastecemento de Galicia (aínda en elaboración), inclúe o conxunto de instalacións comúns para a captación, condución, tratamento, almacenamento, transporte e distribución da auga de consumo humano empregadas para abastecer a unha determinada poboación. O sistema de abastecemento de auga potable que se consome hoxe en día en cada concello baséase no aproveitamento do recurso dos diferentes ríos da comarca e dos encoros. Dentro da Área Funcional de Lugo atopamos o sistema máis potente de abastecemento no concello de Lugo, no río Miño. Desde este punto de captación parte o colector de diámetro 800 mm que abastece de auga a ETAP existente e de aí reparte cara aos principais depósitos do concello, 6 en total, que acumulan uns 64.000 m3. Por cuncas, os concellos de Navia de Suarna e Negueira de Muñiz captan a auga do río Navia. En Negueira existen 18 puntos diferentes de captación, pero de pouca capacidade. Outra cunca é a do río Eo, que aproveitan os concellos da Fonsagrada, Baleira, Ribeira de Piquín e Pol. Os trece concellos restantes captan a auga da cunca do río Miño. En xeral nesta área funcional os concellos non comparten os recursos hídricos nin as ETAP nin os depósitos. As ETAP en funcionamento dentro do ámbito sinalado son: 2 en Guitiriz, 1 na Fonsagrada, 2 en Castro de Rei, 1 en Guitiriz, 1 en Corgo, 1 en Castroverde, 3 en Begonte, 2 en Lugo, 3 en Cospeito, 1 en Guntín, 1 en Friol, 1 en Baralla, 2 en Outeiro de Rei e 2 en Pol. 20 3. Estrutura territorial Por concellos, a capacidade dos respectivos depósitos vai dende os 250 m3 de Negueira de Muñiz, Guntín ou Friol ata os 3.500 de Begonte, A Fonsagrada, ou os 64.000 de Lugo. Obsérvase que existe unha maior densidade de colectores nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei, Castro de Rei e en Lugo capital. 3.3.2 Saneamento Dentro da Área Funcional de Lugo, o transporte de augas residuais ata a EDAR realízase mediante un colector interceptor que recolle as augas que transportan os colectores tributarios. Este colector dispón de impulsión nos pozos que o necesiten se o sistema por gravidade non é suficiente. Tal e como no abastecemento, os concellos utilizan o mesmo río do que collen a auga. Obsérvase a independencia de cada concello respecto ás augas residuais; e só o concello de Negueira de Muñiz non dispón

de EDAR nin de depuradora e tampouco rede (segundo datos achegados pola Consellería de Medio Ambiente). As EDAR sitúanse en: 2 en Guitiriz, 3 en Begonte, 1 en Rábade, 1 en Outeiro de Rei, 4 en Friol, 1 en Lugo, 1 en Guntín, 3 en Portomarín, 4 no Corgo, 1 na Fonsagrada, 2 en Castro de Rei, 2 en Cospeito, 1 en Baralla, 2 en Castroverde, 1 en Baleira, 1 en Pol, 1 en Ribeira de Piquín e 1 en Navia de Suarna. A EDAR de Lugo é de tipo biolóxico e ten unha capacidade de depuración de 200.000 habitantes, vertendo ao río Miño. Das case 30 EDAR ou depuradoras desta área funcional, excepto 3, desaugan todas ao río Miño ou aos seus afluentes. Hai que indicar que a capacidade equivalente de depuración das 2 EDAR de Castro de Rei é de 5.000. A rede de saneamento máis extensa é a dos concellos de Lugo, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei. 21 3.3.3 Gas O gasoduto de transporte primario que une Portugal con Asturias cruza por esta área funcional polo concello de Guitiriz, e é en Vilalba onde deriva un ramal en alta presión cara ao concello de Lugo; pero é a través de Gas Galicia como chega aos concellos para dar servizo ás vivendas. Nesta Área Funcional existe rede de distribución de gas nos concellos de Rábade e Lugo. 3. Estrutura territorial 3.3.4 Electricidade Dentro da Área Funcional de Lugo, atopámonos coas seguintes redes: - Redes de Transporte (liñas de alta a 400 ou 220 Kv) que enlazan a subestación das Pontes coa de Ponferrada (cruzando os concellos de Cospeito, Castro de Rei, Pol, Castroverde, Baleira e Baralla). - Rede de reparto (entre 150 e 110 Kv) que enlaza a subestación de Lugo coa subestación das Pontes cruzando por Outeiro de Rei e Begonte por un lado, e coa subestación de Chantada cruzando os concellos de Guntín e Portomarín por outro lado. Está en construción a unión entre a subestación de Lugo coa do Corgo. Dentro do concello de Lugo destaca tamén a subestación do Ceao que se conecta con 2 subestacións: Meira e A Fonsagrada, cruzando os concellos da área leste.

- A Rede de Distribución, constituída por liñas de media tensión a 20 ou 15 Kv, é a encargada de conectar as subestacións de distribución con outras de menos rango ou con transformadores locais. Atopamos diferentes liñas no concello de Friol. Na AF de Lugo existen diversas subestacións (de maior ou menor índole) nos Concellos de Friol, Rábade, Lugo, A Fonsagrada e O Corgo. 3.3.5 Telecomunicacións Galicia dispón dunha serie de redes de telecomunicacións fixas e móbiles, que dan servizo a través de distintos operadores. En redes fixas operan as empresas: - Telefónica, que chega con telefonía a case a totalidade da comunidade galega, e ofrece ADSL (banda ancha) ao 100% do territorio (a poboacións con máis de 1000 habitantes). - R: nesta A.F. de Lugo, chega ao concello de Lugo con banda ancha. En redes móbiles, os datos dispoñibles só achegan información sobre as localizacións dos operadores GSM (Movistar, Orange, Vodafone e Yoigo) para a prestación do seu servizo coas tecnoloxías GSM/GPRS; a cobertura que nesta área funcional prestan resulta deficiente, sobre todo nos concellos do leste desta área. 22 3. Estrutura territorial

Planeamento urbanístico 4

4.1 Planeamento vixente 4.1.1 Figuras de planeamento vixentes Dezanove termos municipais forman a Área Funcional de Lugo, cada un coa súa propia figura de planeamento. Na táboa seguinte e no gráfico da situación do planeamento obsérvase que a maioría dos municipios dispón dunha figura adaptada á realidade municipal como son o Plan Xeral (2 municipios) ou as Normas Subsidiarias de Planeamento (en 10 municipios); no entanto tamén existen figuras dun carácter netamente subsidiario como a Delimitación de Solo Urbano (4 municipios) ou as Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento (3 municipios). Mapa 4.1. Ano de aprobación do planeamento por concellos. Fonte: COAG NOMBRE PLANEAMENTO APROBACION INCIDENCIAS BALEIRA N.S.P. 1988 BEGONTE N.S.P. 1997 CASTRO DE REI D.S.U. 1977 CASTROVERDE N.S.P. 1984 CORGO (O) N.S.P.P. 1991 COSPEITO N.S.P. 1997 FONSAGRADA (A) N.S.P. 1984 FRIOL N.S.P. 1990 GUITIRIZ N.S.P. 1985 GUNTÍN D.S.U. 1979 LUGO P.X.O.U. 1990 Afectado por sentencia NAVIA DE SUARNA N.S.P.P. 1991 NEGUEIRA DE MUÑIZ D.S.U. 1987 OUTEIRO DE REI N.S.P. 1992 POL D.S.U. 1980 PORTOMARÍN N.S.P. 1983 RIBEIRA DE PIQUÍN N.S.P.P. 1991 RÁBADE P.X.O.U. 1977 BARALLA N.S.P. 1986 Táboa 4.1. Planeamento vixente e incidencias por concello. Fonte: COAG 24 4. Planeamento urbanístico O grao de actualización do planeamento é baixo (véxase figura 4.1 e táboa 4.1), todo o planeamento está aprobado definitivamente antes do ano 2000 e en moitos casos cunha antigüidade superior aos 20 anos. Esta circunstancia é unha das causas polas que a área funcional se encontra inmersa nun proceso de revisión xeneralizado dos instrumentos de planeamento vixente. En canto ás incidencias, na Área Funcional unicamente o municipio de Lugo se encontra afectado por unha sentenza. Mapa 4.2. Planeamento vixente en cada concello e o seu estado actual. Fonte: COAG

100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% Residencial Industrial Dotacional Otros NO CONSTA USO URBANIZABLE Gráfica 4.1 Grao de execución (o executado en azul) do Planeamento en solo urbanizable na área funcional. Fonte: COAG 4.1.2 Grao de cumprimento do Planeamento O grao de execución do planeamento estudouse en dúas clases de solo (urbano e urbanizable) e mediante dous parámetros: a superficie de solo e a superficie de teito (superficie construída). Ademais categorizouse nos usos globais dotacional, industrial, residencial e terciario, ademais doutros usos non definidos. Na táboa seguinte cuantifícase en metros cadrados (de solo ou de teito, segundo corresponda) a totalidade da Área Funcional de Lugo indicando ademais se se executou ou non o planeamento. SUELO TECHO Superficies en m2 Ejecutado Superficies en m2 Ejecutado Clasificación Uso del Suelo NO SI Total general Clasificación Uso del Suelo NO SI Total general URBANO Residencial 17.207.161,3 17.207.161,3 URBANO Dotacional 0,0 0,0 Industrial 1.927.919,2 1.927.919,2 Industrial 0,0 0,0 Dotacional 506.075,5 506.075,5 Residencial 0,0 0,0 Total URBANO 19.641.155,9 19.641.155,9 Total URBANO 0,0 0,0 URBANIZABLE Residencial 5.889.921,4 1.738.417,2 7.628.338,6 URBANIZABLE Dotacional 125.715,8 125.715,8 Industrial 5.333.013,9 2.831.523,4 8.164.537,4 Industrial 5.997.336,1 2.755.553,2 8.752.889,3 Dotacional 1.130.166,2 1.130.166,2 NO CONSTA USO 0,0 0,0 Otros 2.329.900,2 324.241,9 2.654.142,1 Otros 737.472,7 591.722,2 1.329.194,9 NO CONSTA USO 2.299.080,7 2.299.080,7 Residencial 2.498.875,1 948.046,9 3.446.922,0 Total URBANIZABLE 16.982.082,4 4.894.182,6 21.876.265,0 Total URBANIZABLE 9.359.399,8 4.295.322,3 13.654.722,0 Total general 16.982.082,4 24.535.338,5 41.517.420,9 Total general 9.359.399,8 4.295.322,3 13.654.722,0 Táboa 4.2. Cuantificación do grao de execución do planeamento en solo urbanizable. Fonte: COAG Como se observa, no solo urbano, a totalidade dos solos encóntranse desenvolvidos e, por tanto, todo o teito construído. Porén, no caso do solo urbanizable non todos os solos foron desenvolvidos; na gráfica 4.1 recolleuse porcentualmente a superficie de solo, por usos, nos que se executaron as previsións dos plans. Así, obtense que a gran maioría dos solos urbanizables non foron desenvolvidos: máis dun 75%. Por usos, unicamente o uso industrial supera o 30%, o residencial encóntrase arredor dun 20%, outros usos nun 12% aproximadamente e os usos dotacionais e os que non constan non se desenvolveron. A pesar da antigüidade das figuras de planeamento, estas non foron capaces de desenvolver os solos urbanizables, ou ben o dimensionamento das previsións dos plans estivo moi por encima da realidade dos municipios. Outra circunstancia que axudaría a explicar o baixo desenvolvemento do planeamento nun período de vixencia tan extenso podería ser o baixo dinamismo da área (excluíndo o municipio de Lugo). Obviamente, esta conclusión é xenérica para toda a Área Funcional, e é moi posible que nos casos particulares dalgún municipio os desaxustes non sexan tan elevados. 25 4. Planeamento urbanístico

14% 29% 7% 14% 7% 29% Aprobación Inicial Aprobación Provisional Avance Contratación Incidencias Aprobación definitiva Trámites previos Gráfica 4.2. Estado do Planeamento en tramitación. Fonte: COAG 4.1.3 Planeamento en tramitación A totalidade dos municipios que están revisando o seu planeamento están adoptando como figura de ordenación urbanística a do Plan Xeral de Ordenación Municipal (P.X.O.M.) Inclúese a continuación unha táboa co estado de tramitación dos municipios á altura do 22 de novembro de 2007. Os fitos que se consideraron na tramitación son os que seguen: Contratación: indica que se iniciou o procedemento de redacción do novo instrumento. Avance: o avance de planeamento presentouse. Trámites previos: o documento encóntrase nos trámites previos á aprobación inicial, como pode ser o Informe Previo á Aprobación Inicial, o informe de Avaliación Ambiental Estratéxica ou a suspensión de licenzas. Aprobación Inicial: o concello efectuou a aprobación inicial. Aprobación Provisional: pechouse o proceso de información pública e o pleno municipal aprobou o plan. Incidencias na Aprobación Definitiva: produciuse algún tipo de incidencia na Aprobación Definitiva, ben a súa anulación parcial, a súa denegación ou suspensión ata a corrección de defectos. Como se observa na fgráfica 4.2, un 57% do planeamento en trámite non alcanzou a Aprobación Inicial, aínda que destaca que un 14% xa obtiveron, cando menos, a aprobación provisional. Estes datos indican que o proceso de revisión de planeamento está nun estado inicial. Na seguinte táboa inclúense todos os municipios da Área Funcional e o seu estado de tramitación do planeamento xeral; os municipios que non teñen ningún dato é porque contan cun planeamento aprobado definitivamente e que non iniciaron ata a data trámites para a súa revisión. 26 4. Planeamento urbanístico

NOMBRE INSTRUMENTO EN TRAMITE ESTADO TRAMITE EQUIPO REDACTOR BALEIRA BEGONTE P.X.O.M. Trámites previos EPTISA CASTRO DE REI P.X.O.M. Avance MONSA CASTROVERDE P.X.O.M. Aprobación Provisional Antonio de Vega CORGO (O) P.X.O.M. Aprobación Inicial Antonio de Vega COSPEITO P.X.O.M. M. Cortón FONSAGRADA (A) P.X.O.M. Aprobación Inicial Jorge Salgado y Carmen Cid FRIOL P.X.O.M. Trámites previos J.L. Arias Jordán GUITIRIZ P.X.O.M. Avance GAU GUNTÍN P.X.O.M. Contratación M. Cortón LUGO P.X.O.M. Aprobación Inicial EPYPSA NAVIA DE SUARNA P.X.O.M. Contratación Senen Prieto NEGUEIRA DE MUÑIZ OUTEIRO DE REI POL P.X.O.M. Aprobación Inicial MONSA PORTOMARÍN P.X.O.M. Avance M. Cortón RIBEIRA DE PIQUÍN RÁBADE P.X.O.M. Incidencias Aprobación definitiva EPTISA BARALLA P.X.O.M. Avance MONSA Táboa 4.3. Planeamento en tramitación por concellos. Fonte: COAG 27 4. Planeamento urbanístico

5 Dinámica Residencial 5

5.1 Cararterización intercensual do parque de vivendas 80.000 78.000 76.000 74.000 72.000 70.000 68.000 66.000 64.000 62.000 60.000 58.000 66.418 67.715 68.868 69.781 71.147 72.290 73.418 74.655 75.554 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5.1. Evolución do parque de vivendas na área funcional entre 1991 e 2001. Fonte: INE. 77.816 5.1.1 Cuantificación e evolución Analizando os datos dispoñibles para a área de Lugo, obsérvase un crecemento constante no número de vivendas, que pasan de 65.521 a 77.816 no lapso dunha década; un incremento de algo máis de 12.000 vivendas, a cuarta de todas as áreas funcionais establecidas para Galicia (en primeiro lugar sitúase a área funcional da Coruña, con máis de 42.000 vivendas construídas no mesmo período). Na gráfica 5.2 reflíctese a distribución espacial deste crecemento: os maiores incrementos relativos prodúcense na capital, con porcentaxes cerca do 30%, seguidos por Rábade que se aproxima ao 20%, mentres o resto de concellos sufriu incrementos moi pouco significativos, observándose unha concentración nos concellos do contorno de Lugo como pode ser o de Outeiro de Rei. En resumo, o crecemento do parque inmobiliario da área concéntrase principalmente na capital provincial e nos concellos do contorno. 14000 12000 10000 11669 35% 30% 25% 29 8000 6000 4000 2000 0 LUGO 354 OUTEIRO DE REI 308 267 COSPEITO GUITIRIZ 262 CASTRO DE REI 216 CORGO (O) 174 FONSAGRADA (A) 154 143 137 135 133 72 57 50 23 12 5 2 FRIOL BEGONTE RÁBADE BARALLA GUNTÍN CASTROVERDE PORTOMARÍN POL BALEIRA NAVIA DE SUARNA RIBEIRA DE PIQUÍN NEGUEIRA DE MUÑIZ 20% 15% 10% 5% 0% 5. Dinámica Residencial Incremento absoluto Incremento porcentual Gráfica 5.2. Crecemento do parque de vivendas por concellos en valores absolutos e porcentuais, 1991-2001. Fonte: INE. Mapa 5.1. Vivendas visadas de 2001 a 2007 por cada mil habitantes por concello. Fonte IGVS. Un incremento tan importante do parque de vivendas, que en termos porcentuais é superior ao 18% non se pode explicar en función do crecemento poboacional, xa que este foi negativo, -1,39%. É necesario introducir entón a variable dos fogares xerados na Área Funcional para poder explicar o comportamento aludido.

20% 15% 10% 5% 0% -5% -1,3% 10,2% 1991-2001 Poboación Fogares Vivendas 18,8% Gráfica 5.3. Incremento relativo de poboación, fogares e vivendas para 1991 e 2001. Fonte: INE. A área funcional experimentou un crecemento do número de vivendas superior ao 18%, mentres o crecemento da poboación foi negativo, -1,39%, evidenciando que a presión demográfica non é o único factor que incide na evolución do parque de vivenda na área. Pola contra, este incremento vén dado en gran parte pola variación na composición dos fogares, que como se ten analizado no capítulo correspondente, vén experimentando unha progresiva redución do número de persoas por fogar, pasando no caso da Área Funcional de Lugo de 3,27 a 2,93 habitantes por fogar no período intercensual de referencia. Este factor actúa como multiplicador do crecemento demográfico, xa que os fogares creceron un 10,29%. A evolución do número de fogares ofrece unha mellor aproximación ao incremento do parque de vivendas, pero ao trasladar a termos absolutos estes ritmos de crecemento compróbase que o incremento do número de fogares, con 4.772 no período intercensual, non logra explicar completamente a existencia de 12.295 novas vivendas (gráfica 5.4): a evolución do saldo de fogares só explica un 38% do incremento do parque de vivendas (a relación entre estas dúas magnitudes sitúase arredor de 2,5 novas vivendas por incremento de un fogar no saldo de fogares). Este factor apunta a que unha importante cantidade de vivendas construídas non están destinadas a cubrir un uso de vivenda principal. 5.1.2 Análise do parque residencial por usos 30 14.000 12.000 10.000 8.000 6.000 4.000 2.000 4.772 12.295 600 500 400 300 200 5. Dinámica Residencial 0-2.000-4.000-1.979 1991-2001 Poboación Fogares Vivendas 100 0 Negueira de Muñiz Navia de Suarna Rábade Lugo Outeiro de Rei Begonte Ribeira de Piquín Guitiriz,Fonsagrada A Corgo, O Friol Pol Baralla Portomarín Baleira Castroverde Cospeito Guntín Castro de Rei Gráfica 5.4. Incremento absoluto de poboación, fogares e vivendas para 1991 e 2001. Fonte INE. S Principal S Secundaria S Vacia Lineal (S Principal) Lineal (S Secundaria) Lineal (S Vacia) Gráfica 5. 5. Índice de vivendas principais, secundarias e baleiras por 1.000 habitantes por concello. Ano 2001. Fonte: INE. Na gráfica 5.5 amósase, para o ano 2001, o número de vivendas por cada mil habitantes e por usos. Esta gráfica amosa as diferenzas no tamaño medio do fogar entre os diferentes concellos da área funcional de Lugo, evidenciada polas diferenzas pouco significativas no número de vivendas principais por cada 1000 habitantes, a excepción da maior concentración de vivenda principal no concello de Negueira de Muñiz. Tamén se

2500 2000 1500 1000 500 0 581 1067 316 583 463 836 415 379 634 701 687 756 471 514 585 656 699 654 547 1719 441 469 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5. 6. Número de vivendas construídas en principal e non principal na área funcional. Intervalo de anos 1991-2001. Fonte: INE. Δ % poboación 15% 10% 5% 0% -5% -10% -15% -20% -25% -30% -35% R2 = 0,629-10% -5% 0% 5% 10% 15% 20% 25% 30% Δ % vivenda principal Gráfica 5.7. Correlación do incremento da vivenda principal e a poboación nos concellos da área funcional. Fonte: INE. No principal Principal constatan algúns aspectos como a forte proporción de vivenda baleira de Lugo e Rábade e de vivenda secundaria en Negueira de Muñiz e O Corgo, e en menor medida en Navia de Suarna e Guitiriz. Observando os datos de vivenda principal e non principal ano a ano (gráfica 5.6 e 5.8), a década 91-01 rexistra unha paulatina diminución da proporción de vivenda principal respecto ao total de vivendas construídas, un proceso que se manifesta claramente a partir de 1998. Neste proceso combínase un incremento en termos absolutos do número de vivendas dedicadas a vivenda non principal a partir de 1998 (tras un forte incremento en 1997 que decae en 1998) cunha redución do número de vivendas principais construídas, manténdose unha tendencia crecente no número total de vivendas construídas, se ben con flutuacións puntuais. A correlación do incremento de vivenda principal respecto ao crecemento da poboación móstrase sobre unha recta de regresión cun valor moi elevado (R2=62,9%). Isto indícanos un non moi bo axuste desta magnitude, non explicándose por tanto a evolución na vivenda principal soamente polos incrementos poboacionais da área funcional. Por outra banda, a segunda compoñente do parque de vivenda, a non principal, como se resaltou anteriormente, presenta unha evolución flutuante, con pico en 1996, para decrecer en 1997-2000 e comezar a partir de 2001 un novo período de fortes incrementos na súa importancia absoluta e relativa no parque de vivendas, chegando a un máximo do 80% do total en 2001. Estase a reflectir o inicio da chamada burbulla inmobiliaria que, como se verá posteriormente, mantén esta tendencia ata 2007. Isto viría a explicar o aumento de vivendas secundarias ou incluso vivendas baleiras destinadas a investimento por consolidarse o papel da vivenda coma activo económico. 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 581 316 463 415 379 1067 583 836 701 687 634 756 471 514 656 699 585 654 547 441 1719 No principal Principal 31 5. Dinámica Residencial 10% 469 0% 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gráfica 5. 8. Distribución porcentual das vivendas construídas en principal e non principal na área funcional. Fonte: INE.

Mapa 5.3. Incremento de vivendas principais por cada 1.000 habitantes entre 1991 e 2001. Fonte: INE. Mapa 5. 2. Estrutura do parque residencial por uso da vivenda para o ano 2001 e distribución das vivendas totais en 2007. Fonte: INE. 32 Mapa 5.4. Incremento de vivendas secundarias por cada 1.000 habitantes entre 1991 e 2001. Fonte: INE. As vivendas baleiras amosan unha clara perspectiva do territorio por canto son as vivendas susceptibles de entrar no mercado sempre e cando o seu estado non sexa de deterioro. En canto á antigüidade dos edificios pódense diferenciar no Mapa 5.5 varias zonas, por un lado destaca a predominancia do grupo de vivendas construídas hai máis de 60 anos, especialmente nos concellos de Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, onde o parque de vivendas ten unha construción superior aos 80 anos. Estes concellos atópanse máis afastados da área metropolitana, en zonas que sofren con maior intensidade a migración debido á súa estrutura económica dominada polo sector primario. En cambio a zona metropolitana de Lugo dispón de maior dinamicidade nas vivendas, destacando a propia cidade de Lugo onde a antigüidade das súas vivendas se atopa enmarcada dentro dos últimos 40 anos. Isto é debido á diversidade do tecido empresarial respecto ás zonas limítrofes, ofrecendo un mercado laboral máis amplo, e constituíndo isto unha forza centrípeta para atraer poboación e por tanto para que se produza unha renovación nas vivendas, así como unha nova adquisición. Existe un terceiro grupo englobado polas vivendas construídas nos últimos 40-60 anos, que se atopan próximas á área metropolitana de Lugo como son Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito. Estes concellos, ao estar na área metropolitana de Lugo, permiten atopar unha vivenda máis económica e atraen a instalación de parte da poboación que traballa na capital. Por último, existen tamén outros concellos como A Fonsagrada e Baralla que, aínda que se atopan lonxe da área metropolitana, teñen vivendas construídas entre 1940-1960. 5. Dinámica Residencial

Mapas 5.5 e 5.6 Antigüidade das vivendas baleiras (esquerda) e vivendas secundarias (dereita) segundo o Censo de Poboación e Vivendas 2001. Fonte: INE. 33 3.000 2.500 En cambio, o comportamento da vivenda secundaria non ten un patrón de comportamento tan claro. Seguindo a mesma lóxica analítica que no caso anterior, é posible mencionar que no primeiro dos grupos de concellos aludidos con anterioridade mantense a tendencia á preponderancia do peso da vivenda secundaria anterior a 1950, que aínda sen ser o maioritario, é relativamente máis importante que no resto dos concellos. Máis alá do anterior, só Lugo amosa un peso relativo considerable da vivenda secundaria máis recente. Por último, a xeneralización para o groso dos concellos dunha conspicua predominancia da vivenda secundaria construída entre as décadas de 1950 e 1990 debe poñerse en relación co acusado efecto de transvasamento poboacional entre a maioría destes concellos e a capital lucense e a súa coroa urbana, acontecido ao longo desas décadas 5. Dinámica Residencial 2.000 1.500 1.000 Unifamiliar Pareada Unifamiliar En Hilera Unifamiliar Aislada Colectiva Otros Colectiva Cerrada Colectiva Abierta 5.1.3 Caracterización do parque residencial por outras variables Tipoloxía 500 0 2002 2003 2004 Gráfica 5.9. Tipoloxías das vivendas construídas na área funcional entre 2002 e 2007. Fonte: COAG. 2005 2006 2007 Entre os anos 2002 e 2007 na construción de novas vivendas, que roldou totais anuais entre 250 e 2.500 na área funcional, prevaleceu a vivenda colectiva cerrada seguida dunha importante masa de vivenda unifamiliar illada. Cabe destacar tamén a presenza da vivenda colectiva aberta, que se mantén durante os últimos anos arredor das 500 vivendas/ano de media.

60.000 50.000 40.000 30.000 20.000 10.000 0 1991 2001 Otros Alquiler En propiedad por herencia o donación En propiedad con pagos pendientes En propiedad totalmente pagada Gráfica 5.10. Tenencia de Vivendas nos anos 1991 e 2001. Fonte: INE. 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% ruinoso malo deficiente bueno 1991 2001 Gráfica 5.12. Estado da Vivenda (datos relativos) nos anos 1991 e 2001. Fonte: INE. Tenencia O réxime de tenencia non experimentou cambios importantes na súa estrutura, se ben se percibe claramente o auxe das hipotecas e outros modos de tenencia na década dos 90, perdendo peso relativo as vivendas completamente pagadas, así como a redución da vivenda en réxime de aluguer (tanto en termos absolutos como relativos). Estado 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% 1991 2001 Otros Alquiler En propiedad por herencia o donación En propiedad con pagos pendientes En propiedad totalmente pagada Gráfica 5.11. Réxime de tenencia en porcentaxes nos anos 1991 e 2001. Fonte: INE. En termos relativos detéctase unha lixeira mellora do estado do parque de vivendas. Practicamente non existen vivendas en estado ruinoso e medra lixeiramente a proporción de vivendas en bo estado, como consecuencia do forte incremento do parque de vivendas rexistrado na última década. Porén, en termos absolutos, aumentan os edificios en todos os estados: bo, ruinoso, malo e deficiente. Resulta preocupante que o maior aumento, en termos relativos, se produza no estado ruinoso. Existe un parque de vivendas obsoleto que non é renovado polos seus propietarios e que debe responder en boa parte ao fenómeno do envellecemento. 34 5. Dinámica Residencial