CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 13 DE XANEIRO DE 2005 Nº 01/05

Σχετικά έγγραφα
CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 01 DE XULLO DE 2004 Nº 25/04

CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 28 DE ABRIL DE 2005 Nº 15/05

CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 22 DE XANEIRO DE 2004 Nº 03/04

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 26 DE FEBREIRO DE 2004 Nº 07/04

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Resolución R 5/2014 Prezo do visado do proxecto de edificación

ANTEPROXECTO DE DECRETO DO REGULAMENTO DA LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA

DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL MOS. Urbanismo e Patrimonio APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DO CONCELLO DE MOS

DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 21 DE ABRIL DE 2005 Nº 14/05

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE SADA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 11 de marzo de 2016

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión extraordinaria e urxente do 14 de outubro de 2016

DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1363

ORDENANZA FISCAL Núm. 5 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Xornadas formativas: Licenzas municipais para a instalación de estacións base de telecomunicacións sen fíos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

4.4.- Documentación de formalización. 5.- Execución do contrato Comprobación da implantación Programa de traballo 5.3.

TEST DO PRIMEIRO EXERCICIO DO EXAME PARA ARQUITECTO TÉCNICO DO CONCELLO DE ABEGONDO.

DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ANEXO III PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DECRETO NÚMERO DO 04/10/2017

DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6541

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 26 de abril de 2013

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Consellería de Vivenda e Solo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN SECRETARÍA DE ESTADO DE INMIGRACIÓN Y EMIGRACIÓN DIRECCIÓN GENERAL DE INTEGRACIÓN DE LOS INMIGRANTES

MANUAL DE PROCEDIMENTO DA CONSELLERIA DE FACENDA PARA A REMISIÓN DA DOCUMENTACIÓN DE SINISTROS PÓLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL/PATRIMONIAL SANITARIA

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

II.ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO...8

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6661

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Un. O artigo único queda modificado no sentido de engadir un apartado 3 1

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CADRO RESUMO DE CARACTERÍSTICAS OBXECTO NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN...

MEMORIA DE ORZAMENTOS PARA XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXERÁ A OBRA DE CONVERSIÓN DA MICROPLANTA DE TRANSFERENCIA DE RESIDUOS URBANOS DE BECERREÁ EN PLANTA DE TRANSFERENCIA, A

ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA PRODUCIDA POLA EMISIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS.

Invitados Dª. Ana Laura Iglesias González Dª. Angeles Marra Domínguez

PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXERÁ O ARRENDAMENTO DE VEHÍCULOS, A ADXUDICAR POR PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN ABERTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN POR

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

A circunferencia e o círculo

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

ASISTENTES. Pola Administración. Antonio Fernández Paniagua Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

REDONDELA EDICTO. Nº 188 Martes 30 septiembre 2003 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 57

CADRO RESUMO DE CARACTERÍSTICAS OBXECTO NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN...

DOCUMENTO VI ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDIO ECONÓMICO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NIGRÁN Nigrán (Pontevedra)

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

Lógica Proposicional

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO

Anuncio Pág Reg. 07/13688-x.

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

ORDENACIÓN DETALLADA URDI-1 EINSA

Una visión alberiana del tema. Abstract *** El marco teórico. democracia, república y emprendedores; alberdiano

Inmigración Estudiar. Estudiar - Universidad. Indicar que quieres matricularte. Indicar que quieres matricularte en una asignatura.

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

Resorte: estudio estático e dinámico.

Áreas de corpos xeométricos

Filipenses 2:5-11. Filipenses

MINISTERIO DE FOMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sistemas e Inecuacións

Inecuacións. Obxectivos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

La experiencia de la Mesa contra el Racismo

Transcript:

CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 13 DE XANEIRO DE 2005 Nº 01/05 Na sala de sesións da sede da Xerencia municipal de urbanismo de Vigo, cando son as 10,15 horas do día devandito, en primeira convocatoria e en sesión ordinaria, reúnese o Consello da Xerencia de Urbanismo para o estudo, dictame e resolución, no seu caso, dos asuntos incluídos na orde do día remitida a todos os compoñentes do Consello, baixo a presidencia da súa titular, a Iltma. Sra. Dª Corina Porro Martínez, e coa asistencia dos vocais, D. Santiago Domínguez Olveira, D. Amador Fernández Fernández, D. José Manuel Figueroa Vila, Dª María Luisa Graña Barcia, Dª Lucía Molares Pérez, D. Mauricio Ruiz Ceniceros, D. Manoel Soto Ferreiro e D. Xavier Toba Girón. Está presente, ademais, Dª Berta Guarner Gonzáles, interventora xeral do Concello. Actúa como secretario D. José Riesgo Boluda, secretario do Consello da Xerencia de Urbanismo. 1. ACTAS ANTERIORES (16.12.04 e 23.12.04) Apróbanse por unanimidade. DEBATE SOBRE ASUNTOS DE COMPETENCIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 2. PROXECTO DE OBRAS ORDINARIAS PARA ACONDICIONAMENTO DO CRUCE ENTRE AS RÚAS RAMÓN NIETO E BAIXADA A CURROS (4552/401) Antecedentes: O día 29.12.04 o técnico de admón. xeral de Planeamento e Xestión informe: Antecedentes: En data 01/09/2004 o representante da entidade mercantil "FEYJU GALICIA, S.L." interpuxo nesta Administración municipal solicitude de aprobación dun proxecto de obras ordinarias para o acondicionamento do cruce entre as rúas Ramón Nieto 164 e Baixada a Curros. Foi asinado polo arquitecto D. Teodoro de Francisco Antes e visado polo COAG no 26/08/2004. Dito proxecto vencéllase ó expediente de licenza de obras núm. 44573/421 referido a unha parcela sita na rúa Ramón Nieto 164-168. O presuposto de execución material da obra ascende a 58.018,58 euros. No 05/10/2004 o enxeñeiro técnico municipal de obras públicas emitíu informe favorable sobre o devandito proxecto. Fundamentos xurídicos: O proxecto de obras ordinarias de referencia resulta acorde co disposto no Art. 90 R.D.Leg. 781/1986 do 18 de abril polo que se aprobou o Texto Refundido de réxime local, Arts. 124 e 51 R.D.Leg. 2/2000, do 16 de xuño (TRLCAP), Art. 67.3 R.D. 2159/1978, do 23 de xuño (RPU), Arts. 14 e ss. Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, aprobatorio do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia (RDUG) e preceptos concordantes do Decreto de 17 de xuño de 1955 (RSCL). É competente para emiti-lo acordo que agora se propón a Xunta de Goberno Local, de conformidade co disposto no art. 127.1.d) LBRL. En virtude do exposto, proponse á Xunta de Goberno Local, a fin de que, previo dictame do Consello da Xerencia de Urbanismo, adopte o seguinte acordo: Primeiro.- Aproba-lo proxecto de obras ordinarias para o acondicionamento do cruce entre as rúas Ramón Nieto 164 e Baixada a Curros, promovido pola entidade mercantil "Feyju Galicia SL", 1

redactado polo arquitecto D. Teodoro de Francisco Antes, cun presuposto de execución material de 58.018,58 euros. (expte. 4552/401). Segundo.- O inicio das obras deberá comunicarse ó coordinador municipal da Área de Servizos, para o seu control e seguimento. Notifíquese este acordo ós interesados, coa advertencia de que contra o mesmo cabe interpór, alternativamente, recurso de reposición nesta Administración municipal no prazo de un mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Vigo no prazo de dous meses. Notifíqueselle tamén ás oficinas municipais de Licenzas e Servizos Centrais, así como ó coordinador da Área de Servizos. 3. RESOLUCIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN CONATRA APROBACIÓN DE PROXECTO DE COMPENSACIÓN DA U.A. 14 PEDREIRA (4529/401) Antecedentes: O día 07.01.05 o técnico de admón. xeral de Planeamento e Xestión informa: Feitos: En data 23/12/1995 o Pleno municipal acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UA 14 "Pedreira" -San Miguel de Oia- (expte. 3166/411, BOP núm. 27, do 07/02/1996). No 17/09/1998 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou aprobar definitivamente os estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación (XC) dese polígono (DOG 102, do 29/05/1998). A XC constituíuse no 07/04/1999 mediante escritura pública outorgada perante o notario de Vigo Dª Palmira Delgado Martín, co núm. 616 do seu protocolo. Inscribiuse no Rexistro de entidades urbanísticas colaboradoras en virtude de resolución do director xeral de urbanismo da Xunta de Galicia do 27/03/2000. No 12/03/2002 o director xeral de urbanismo acordou aprobar definitivamente o proxecto de expropiación polo sistema de taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación (expte. 120/413). No día 20/12/2002 outorgáronse as actas de ocupación e pago, consignándose na Caixa xeral de depósitos o prezo xusto dos que non compareceron. No 20/09/2004 a Xunta de Goberno Local acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación do devandito polígono. En data 03/12/2004 D. Antonio Chimeno del Campo interpuxo por correo certificado recurso de reposición contra o anterior acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación. Déuselle traslado dunha copia dese recurso á Xunta de Compensación, que procedeu a impugnalo nun escrito presentado en correos no 27/12/2004. Fundamentos xurídicos: I.- O recurso de reposición interposto por D. Antonio Chimeno del Campo contra o acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación, fúndase nun único motivo de impugnación. Consiste éste na súa hipotética adhesión á Xunta de Compensación da UA 14 Pedreira mediante escritura outorgada perante o notario de Vigo D. Mariano Vaqueiro Rumbao en data 26/07/1999, co núm. 1684 do seu protocolo. A tal efecto achega fotocopia de dita escritura. Na súa parte dispositiva consignouse a seguinte reserva: "Que la adhesión se hace condicionada a que se computen como pertenecientes a esta propiedad los metros del camino al que da frente la finca y que proceden de la misma, así como a que se consideren indemnizables, a favor de los compareciente, el muro, alumbrado, viñedos, árboles y el garaje". 2

II.- Dos antecedentes obrantes neste expediente, e no expropiatorio por taxación conxunta dos propietarios non incorporados ó polígono (núm. 120/413), constátanse os seguintes feitos probados: - En data 18/06/1999 requiríuselle a D. Antonio Chimeno del Campo para que se incorporase á Xunta de Compensación previamente constituída. A maiores, e a pesares de non resultar preceptivo, publicouse un anuncio no BOP de Pontevedra núm. 200, do 18/10/1999. - Sen embargo, no prazo concedido non manifestou a súa adhesión á Xunta de Compensación. Comunicou por primeira vez a súa intención de adherirse mediante escrito do 24/08/2000, manifestamente extemporáneo A adhesión á Xunta de Compensación constitúe un acto recepticio. Non produce efectos en tanto en canto non se comunique efectivamente á Xunta de Compensación e á Administración actuante. Comunicación que neste caso non tivo lugar ata o día 24/08/2000, cando xa concluíra sobradamente o prazo establecido. Resulta polo tanto de aplicación nesta caso o disposto no entón vixente art. 134.1 Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no que se preceptúa que: "(...) transcorrido dito prazo, a incorporación só será posible se non atranca o desenvolvemento do proceso e o aproba a Xunta de Compensación". Por outra banda, na escritura presentada polo recorrente pretendíase efectuar unha incorporación condicionada ó recoñecemento de certas titularidades. Ditas condicións non se podían aceptar, polos motivos sinalados pola Xunta de Compensación no seu escrito antes citado, ó pertencerlle ó Concello o camiño lindeiro da finca en cuestión. Motivos todos polos que debe desestimarse este recurso de reposición. III.- É competente para dictar o acordo que agora se propón a Xunta de Goberno Local, de conformidade co disposto no art. 116 Lei 30/1992, do 26 de novembro. En virtude do exposto, proponse á Xunta de Goberno Local a fin de que, previo dictame do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, adopte o seguinte acordo: Primeiro.- Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Antonio Chimeno del Campo contra o acordo da Xunta de Goberno Local de 20/09/2004 de aprobación definitiva do proxecto de compensación da UA 17 Pedreira (Oia), polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo (expte. 4529/401). Segundo.- Notifíquese este acordo ó recorrente e Xunta de Compensación, coa indicación de que contra o mesmo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Vigo no prazo de dous meses. Intervención: O Sr. Soto Ferreiro expresa a súa opinión en contra deste asunto. 4. DESISTIMENTO DE SOLICITUDE DE DELIMITACIÓN DUNHA ÁREA DE NORMALIZACIÓN DE FINCAS NA AVDA. DE CASTRELOS 133-135 (4522/401) Antecedentes: O día 07.01.05 o técnico de admón. xeral de Planeamento e Xestión informa: 3

Feitos: En data 16/02/2004 o representante da entidade mercantil "Vistalmar Galicia, S.L." interpuxo nesta Administración municipal solicitude de tramitación e aprobación dun proxecto de delimitación de área de normalización de fincas na Avda. de Castrelos 133-135. Con ela achegou a pertinente documentación técnica. Dita solicitude foi complementada e rectificada con outra posterior presentada no 02/07/2004, en resposta ós requirimentos municipais de subsanación de deficencias. No 08/10/2004 o arquitecto e o técnico de administración xeral municipais emitiron informe sobre a delimitación proposta. No 02/11/2004 a Xunta de Goberno Local acordou aprobar inicialmente a delimitación, e abrir un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles. Nos días 12/11/2004 e 26/11/2004 o representante da entidade mercantil "Vistalmar Galicia, S.L." presentou na Xerencia de Urbanismo senllos escritos nos que comunicou a adquisición e agrupación das dúas parcelas incluídas na área de normalización, en virtude de escrituras públicas de permuta e agrupación outorgadas respectivamente en datas 08/11/2004 e 15/11/2004 perante os notarios de Vigo D. Mariano Vaqueiro Rumbao e D. Gerardo García-Boente Sánchez (protocolo núms. 1783 e 2702). Tamén solicitou a finalización e arquivo deste procedemento, unha vez se lle outorgase licenza de obras para edificar na parcela resultante da agrupación. En data 09/12/2004 o concelleiro-delegado de urbanismo acordou conceder licenza de obras a "Vistalmar Galicia, S.L." para construir un edificio no lugar de referencia (expte. 47079/421). Fundamentos xurídicos: O art. 90.1 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXA-PAC) dispoñe que: "Todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos". O art. 91.2 da mesma Lei engade que: "A Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento salvo que, téndose personado no mesmo terceiros interesados instasen a súa continuación no prazo de dez días dende que fose notificado o desistimento ". Finalmente, o art. 42.1 LRXA-PAC obriga a resolver expresamente o procedemento sempre, incluso en caso de desistimento. Non se observa no citado desistimento ningún prexuízo para os intereses xerais, nin para os particulares de terceiros afectados. É competente para dictar o acordo que agora se propón a Xunta de Goberno Local, de conformidade co disposto no art. 127 LBRL. En virtude do exposto, proponse á Xunta de Goberno Local a fin de que, previo dictame do Consello da Xerencia de Urbanismo, adopte o seguinte acordo: Primeiro.- Ter por desistida á entidade mercantil "Vistalmar Galicia, S.L." na súa solicitude de delimitación dunha área de normalización de fincas na Avda. de Castrelos núms. 133-135, declarando concluso o procedemento, co arquivo do expediente (4522/401). Segundo.- Notifíquese este acordo ós interesados, coa advertencia de que contra o mesmo cabe interpór, alternativamente, recurso de reposición nesta Administración municipal no prazo de un mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de dous meses. Notifíquese tamén a oficina municipal de licenzas (expte. 47079/421). ASUNTOS NOS QUE O CONSELLO TEN COMPETENCIA RESOLUTIVA: 4

5. APROBACIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS PARA REHABILITACIÓN: a) ELEMENTOS COMÚNS NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN 14 A (197/431) Antecedentes: Con data 02.12.04 a directora da Oficina de Rehabilitación informa: I. FEITOS/ANTECEDENTES 1. O 24.11.1999 asínase o "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O IGVS E O CONCELLO DE VIGO EN MATERIA DE ACTUACIÓNS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO VELLO DE VIGO", no marco do Plan de Vivenda 1998-2001, ao abeiro do RD.1186/1998, do 12 de xuño e do D.345/1998, do 20 de novembro. O 24.11.00, 02.08.01, 11.12.02, 14.07.03 e o 26.02.04 asínanse a segunda, terceira, cuarta, quinta e sexta fase, respectivamente, do convenio. O obxecto do último convenio é a subvención de 60 vivendas e edificios no Casco Vello de Vigo. O orzamento total das actuacións de rehabilitacións previstas estabeleceuse en 960.000 euros do cal o Ministerio de Fomento e o IGVS achegan un finaciamento de subvencións a fondo perdido de 480.000 euros. 2. En data 11.04.2000 resólvese o concurso para a contratación dunha asistencia técnica encargada da creación e posta en marcha da Oficina Municipal Xestora de Rehabilitación da Vivenda en Vigo. Esta Oficina de Rehabilitación, integrada organicamente na Xerencia Municipal de Urbanismo, comezou a súa actividade no mes de maio de 2000. Con data 23.09.04 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolve a contratación da asistencia técnica encargada da xestión da Oficina a favor da empresa Consultora Galega S.L. A principal función da Oficina de Rehabilitación é xestionar as axudas de rehabilitación previstas no Convenio, de conformidade coa regulación que estabelece a Ordenanza municipal correspondente. 3. En sesión plenaria do 24.02.03 aprobouse a "Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do Casco Vello de Vigo" (publicada no BOP o 10.07.03). Estas normas regulan en detalle o desenvolvemento e execución dos Convenios conforme aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade. 4. En conformidade coa Disposición adicional sexta da devandita Ordenanza, constituíuse unha comisión de seguimento, reunida en datas do 3.7.00, 18.10.00, 4.5.01, 22.10.01, 20.12.02, 14.10.03 e o 20.05.04, encargada da supervisión da tramitación dos expedientes de axudas e da documentación técnica presentada. Nesta comisión aprobáronse os criterios de adxudicación de axudas e a selección resultante da súa aplicación entre as solicitudes presentadas e examinadas. 5. De acordo co estabelecido na ordenanza municipal, en data 18/10/04 a directora da Oficina de Rehabilitación emitiu informes favorábeis para continuar co trámite de concesión definitiva das axudas para as solicitudes de rehabilitación dos elementos comúns do inmoble localizado na Pza./ Constitución 14, solicitadas pola Comunidade de propietarios actuando Luis Carlos de Vicente Rivas, como representante. 6. As obras remataron durante o período no que a Oficina de Rehabilitación esperaba partida presupostaria para levar a cabo a selección provisional, sendo esta efectiva a partir da xuntanza da Comisión de Seguimento do 20.05.04, polo que non tiveron aprobación provisional do Consello da Xerencia. II. DEREITO/VALORACIÓN 1. Os solicitantes do cadro, actuando como representante Luis Carlos de Vicente Rivas, con NIF 35991214D, para rehabilitar os elementos comúns do inmoble localizado na Pza./ Constitución 14, están conforme co esixido nos art. 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 12, 14, 15 e 21 da Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do Casco Vello de Vigo. 5

SOLICITANTE NIF SITUACIÓN PRESUP PROTEX AXUDA MÁX AXU. PROP* MF IGVS María Teresa Rivas 35877130M Constitución 4.212,09 2948,46 1.896,00 1.396,00 500,00 Monzón 14, 2º María Teresa Rivas 35877130M Constitución 4.212,09 2948,46 1.896,00 1.396,00 500,00 Monzón 14, 3º María Teresa Rivas Monzón 35877130M Constitución 14, 4º 3.693,40 2585,38 1.662,00 1.062,00 600,00 TOTAL 8482,3 5.454 3.854 1600 *Calculada tendo en conta unha axuda complementaria de inmobles situados en conxuntos históricos galegos. 2. As obras de rehabilitación comezaron o 26/05/04 e remataron o 19/07/04. As actuacións executadas axustáronse ás especificadas na memoria técnica redactada polo arquitecto Gustavo Moreira Collazo e baixo a súa dirección facultativa, segundo a licenza concedida. Axúntanse fotos e presuposto de medicións das obras realizadas. 3. O arquitecto municipal, Alberto Abia Alonso, certificou o acaemento das obras executadas ao determinado na memoria técnica e licenza de obras outorgada. 4. O persoal técnico da Oficina de Rehabilitación examinou o inmoble e os presupostos de obra achegados, polo que se calcularon uns presupostos protexíbeis das obras unha vez xustificados os gastos da obra segundo os aceptados polos servizos técnicos do IGVS. 5. As contías máximas de axuda que lle corresponde son, segundo o art. 9 da Ordenanza, o 70% do presuposto protexible até un máximo de 6666 euros por vivenda. A concesión das axudas máximas ascenderían ás indicadas no cadro. 6. A Oficina de Rehabilitación, en conformidade co artigo 14, asesorou e tramitou para o solicitante unha axuda complementaria solicitada ao IGVS (segundo a O. 19.4.01 de inmóbeis situados en Conxuntos Históricos galegos) que, finalmente concedida, podería modificar a contía definitiva da axuda ARI xa que, adicionadas ambas subvencións, non pode superar o 75% do presuposto protexíbel. Incorrendo este expediente na circunstancia de compatibilizar as axudas, proponse as cantidades máxima indicadas como axudas propostas. 7. Informouse favorabelmente polos Servizos Centrais da Xerencia de Urbanismo, coa conformidade da Intervención Xeral do Concello de Vigo, sobre a existencia de crédito axeitado e suficiente para o pagamento desta axuda. 8. Infórmase favorabelmente a continuación do trámite para que se aprobe definitivamente o expediente de axudas para estas solicitudes.... A seguir a asinante formula a proposta que se transcribe na parte dispositiva do presente acordo. Votación: EN CONTRA: ABSTENCIÓNS: A FAVOR: Ningún voto Ningunha 9 votos: 3 BNG (Sres. Domínguez Olveira, Fernández Fernández e Toba Girón), 2 PSdeG-PSOE (Sres. Graña Barcia e Ruiz Ceniceros), 1 DPG (Sr. Soto Ferreiro) e 3 PP (Sres. Figueroa Vila, Molares Pérez e Porro Martínez) Acordo: O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.a) dos estatutos da Xerencia, por unanimidade, adopta o seguinte acordo: 6

Primeiro.- Aprobar a certificación emitida en data 19/11/04 polo arquitecto municipal de finalización das obras de rehabilitación do elementos comúns no inmoble localizado en Pza./ Constitución 14, executadas ao abeiro do Convenio entre o IGVS e o Concello de Vigo en materia de rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Casco Vello, asinado o 26 de febreiro de 2004 (6ª fase). SOLICITANTE NIF SITUACIÓN PRESUP PROTEX AXU. PROP MF IGVS María Teresa Rivas 35877130M Constitución 14, 2º 4.212,09 1.896,00 1.396,00 500,00 Monzón María Teresa Rivas 35877130M Constitución 14, 3º 4.212,09 1.896,00 1.396,00 500,00 Monzón María Teresa Rivas Monzón 35877130M Constitución 14, 4º 3.693,40 1.662,00 1.062,00 600,00 TOTAL 5.454 3.854 1600 Segundo.- Conceder definitivamente aos solicitantes do cadro as axudas propostas que serán financiadas polo Ministerio de Fomento e polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nas cantidades indicadas. Terceiro.- Conceder definitivamente a cantidade de euros con cargo á partida 4320.7800600 do orzamento da Xerencia de Urbanismo. Cuarto.- Notificar este acordo ao interesado, conforme co disposto nos artigos 58 e 59 da L.30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC). b) ELEMENTOS COMÚNS NA PRAZA CALATRAVA Nº 3 (200/431) Antecedentes: Con data 02.12.04 a directora da Oficina de Rehabilitación informa: I. FEITOS/ANTECEDENTES 1. O Consello da Xerencia do 23/09/04 aprobou provisionalmente o expediente de axuda para a rehabilitación dos elementos comúns do edificio do que forma parte as vivendas localizadas na Pza./ Calatrava 3, por un importe máximo en conxunto de 1139 euros. 2. No punto TERCEIRO do acordo adoptado polo Consello da Xerencia estabeleceuse condicionar o pagamento efectivo da devandita axuda ao remate e recepción municipal das obras, e á previa acreditación de que o gasto se aplicou á súa finalidade mediante os correspondentes documentos xustificativos. 3. O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) concedeu a cualificación provisional para a devandita obra de rehabilitación, en data 08/11/04, especificando un orzamento protexíbel para a actuación nos elementos comúns de 1902,24 euros. 4. De acordo co estabelecido na Ordenanza municipal, en data 19/11/04, a directora da Oficina de Rehabilitación emitiu informes favorábeis para continuar co trámite de concesión definitiva da axuda para esta solicitude. 5. O arquitecto municipal, Alberto Abia Alonso, certificou o acaemento das obras executadas ao determinado na memoria técnica e licenza de obras outorgada. 6. Informouse favorabelmente polos Servizos Centrais da Xerencia de Urbanismo, coa conformidade da Intervención Xeral do Concello de Vigo, sobre a existencia de crédito axeitado e suficiente para o pagamento desta axuda. 7

II. DEREITO/VALORACIÓN 1. As seguintes solicitudes para rehabilitar os elementos comúns do edificio dos que forman parte as vivendas localizadas na rúa Pza./ Calatrava 3, están conforme co esixido nos art. 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 12, 14, 15 e 21 da Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do Casco Vello de Vigo: ACP IGVS** PRE MAX PROT AXU MAX AXU PROP IGVS MF NOME ENDEREZO NIF Mª.Angeles Cousiño García Calatrava 3, 2º 35888389V 433,55 10292,41 303,49 195* 97,50 97,50 Mª.Angeles Cousiño García Calatrava 3, 3º 35888389V 433,55 10292,41 303,49 303,00 173 130 Carmen García Rivas Calatrava 3, 0-1º 36006687A 634,29 9.236,59 444,00 443,00 253 190 Carmen García Rivas Calatrava 3, 4º 36006687A 270,06 6156,58 189,04 121* 60,5 60,5 TOTAL 1902,24 1062 584 478 *Calculada tendo en conta unha axuda complementaria de inmobles situados en conxuntos históricos galegos. **Correxido segundo xustificación con facturas orixinais sobre o presuposto aceptado polo IGVS. 2. As obras de rehabilitación comezaron o 28/06/04 e remataron o 12/11/04. 3. As actuacións executadas axustáronse ás especificadas na memoria técnica redactada polo arquitecto técnico Javier Pozo Fidalgo e baixo a súa dirección facultativa, segundo a licenza concedida. 4. Infórmase favorabelmente a continuación do trámite para que se aprobe definitivamente o expediente de axudas para esta solicitude.... A seguir a asinante formula a proposta que se transcribe na parte dispositiva do presente acordo. Votación: EN CONTRA: ABSTENCIÓNS: A FAVOR: Ningún voto Ningunha 9 votos: 3 BNG (Sres. Domínguez Olveira, Fernández Fernández e Toba Girón), 2 PSdeG-PSOE (Sres. Graña Barcia e Ruiz Ceniceros), 1 DPG (Sr. Soto Ferreiro) e 3 PP (Sres. Figueroa Vila, Molares Pérez e Porro Martínez) Acordo: O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.a) dos estatutos da Xerencia, por unanimidade, adopta o seguinte acordo: Primeiro.- Aprobar a certificación emitida en data 19/11/04 polo arquitecto municipal de finalización das obras de rehabilitación de elementos comúns do edificio localizado en Pza./ Calatrava 3, executadas ao abeiro do Convenio entre o IGVS e o Concello de Vigo en materia de rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Casco Vello, asinado o 14 de xullo de 2003 (5ª fase). NOME ENDEREZO NIF ACP IGVS AXU PROP IGVS MF 8

Mª.Angeles Cousiño García Calatrava 3, 2º 35888389V 433,55 195 97,50 97,50 Mª.Angeles Cousiño García Calatrava 3, 3º 35888389V 433,55 303,00 173 130 Carmen García Rivas Calatrava 3, 0-1º 36006687A 634,29 443,00 253 190 Carmen García Rivas Calatrava 3, 4º 36006687A 270,06 121 60,5 60,5 TOTAL 1902,24 1062 584 478 Segundo.- Conceder definitivamente aos propietarios/inquilinos do listado axunto as cantidades de axuda máxima que figuran no listado, co financiamento correspondente do Ministerio de Fomento e do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Terceiro.- Conceder definitivamente as cantidades de axuda devandita con cargo á partida 4320.7800500 da Xerencia de Urbanismo. Cuarto.- Notificar este acordo aos interesados, conforme co disposto nos artigos 58 e 59 da L.30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC). c) VIVENDA EN BAIXADA Ó FORTE, 6 A (208/431) Antecedentes: Con data 01.12.04 a directora da Oficina de Rehabilitación informa: I. FEITOS/ANTECEDENTES 1. O 24.11.1999 asínase o "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O IGVS E O CONCELLO DE VIGO EN MATERIA DE ACTUACIÓNS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO VELLO DE VIGO", no marco do Plan de Vivenda 1998-2001, ao abeiro do RD.1186/1998, do 12 de xuño e do D.345/1998, do 20 de novembro. O 24.11.00, 02.08.01, 11.12.02, 14.07.03 e o 26.02.04 asínanse a segunda, terceira, cuarta, quinta e sexta fase, respectivamente, do convenio. O obxecto do último convenio é a subvención de 60 vivendas e edificios no Casco Vello de Vigo. O orzamento total das actuacións de rehabilitacións previstas estabeleceuse en 960.000 euros do cal o Ministerio de Fomento e o IGVS achegan un finaciamento de subvencións a fondo perdido de 480.000 euros. 2. En data 11.04.2000 resólvese o concurso para a contratación dunha asistencia técnica encargada da creación e posta en marcha da Oficina Municipal Xestora de Rehabilitación da Vivenda en Vigo. Esta Oficina de Rehabilitación, integrada orgánicamente na Xerencia Municipal de Urbanismo, comezou a súa actividade no mes de maio de 2000. Con data 23.09.04 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolve a contratación da asistencia técnica encargada da xestión da Oficina a favor da empresa Consultora Galega, S.L. A principal función da Oficina de Rehabilitación é xestionar as axudas de rehabilitación previstas no Convenio, de conformidade coa regulación que estabelece a Ordenanza municipal correspondente. 3. En sesión plenaria do 24.02.03 aprobouse a "Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do Casco Vello de Vigo" (publicada no BOP o 10.07.03). Estas normas regulan en detalle o desenvolvemento e execución dos Convenios conforme aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade. 4. En conformidade coa Disposición adicional sexta da devandita Ordenanza, constituíuse unha comisión de seguimento, reunida en datas do 3.7.00, 18.10.00, 4.5.01, 22.10.2001, 20.12.02, 14.10.03 e o 20.05.04, encargada da supervisión da tramitación dos expedientes de axudas e da 9

documentación técnica presentada. Nesta comisión aprobáronse os criterios de adxudicación de axudas e a selección resultante da súa aplicación entre as solicitudes presentadas e examinadas. 5. De acordo co estabelecido na ordenanza municipal, en data 20/11/04 a directora da Oficina de Rehabilitación emitiu informes favorábeis para continuar co trámite de concesión definitiva das axudas para a solicitude de rehabilitación no inmoble localizado na R./ Baixada ó Forte 6, 0 -, solicitada por María Asunción Soto Alvarez, con NIF35816332L. 6. As obras remataron durante o período no que a Oficina de Rehabilitación esperaba partida presupostaria para levar a cabo a selección provisional, sendo esta efectiva a partir da xuntanza da Comisión de Seguimento do 20.05.04, polo que non tiveron aprobación provisional do Consello da Xerencia. II. DEREITO/VALORACIÓN 1. A solicitude de María Asunción Soto Alvarez, con NIF35816332L, para rehabilitar o inmoble localizado na R./ Baixada ó Forte 6, 0 -, está conforme co esixido nos art. 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 12, 14, 15 e 21 da Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do Casco Vello de Vigo. 2. As obras de rehabilitación comezaron o 11/10/04 e remataron o 03/11/04. As actuacións executadas axustáronse ás especificadas na memoria técnica redactada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación, segundo a licenza concedida. Axúntanse fotos e presuposto de medicións das obras realizadas. 3. O arquitecto municipal, Alberto Abia Alonso, certificou o acaemento das obras executadas ao determinado na memoria técnica e licenza de obras outorgada. 4. O persoal técnico da Oficina de Rehabilitación examinou o inmoble e os presupostos de obra achegados, polo que se calculou un presuposto protexíbel das obras de 6.621,33euros, unha vez xustificados os gastos da obra. O presuposto máximo protexible ascende a 17.835,54 euros. 5. A contía máxima de axuda que lle corresponde é, segundo o art. 9 da Ordenanza, o 70% do presuposto protexíbel até un máximo de 8000 euros por vivenda. A concesión da axuda máxima ascendería a 4.634,93 euros. Proponse a contía de 4634 euros redondeando a axuda máxima. 6. Informouse favorabelmente polos Servizos Centrais da Xerencia de Urbanismo, coa conformidade da Intervención Xeral do Concello de Vigo, sobre a existencia de crédito axeitado e suficiente para o pagamento desta axuda. 7. Infórmase favorabelmente a continuación do trámite para que se aprobe definitivamente o expediente de axudas para esta solicitude.... A seguir a asinante formula a proposta que se transcribe na parte dispositiva do presente acordo. Votación: EN CONTRA: ABSTENCIÓNS: A FAVOR: Ningún voto Ningunha 9 votos: 3 BNG (Sres. Domínguez Olveira, Fernández Fernández e Toba Girón), 2 PSdeG-PSOE (Sres. Graña Barcia e Ruiz Ceniceros), 1 DPG (Sr. Soto Ferreiro) e 3 PP (Sres. Figueroa Vila, Molares Pérez e Porro Martínez) Acordo: O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.a) dos estatutos da Xerencia, por unanimidade, adopta o seguinte acordo: Primeiro.- Aprobar a certificación emitida en data 23/11/04 polo arquitecto municipal de finalización das obras de rehabilitación no inmoble localizado en R./ Baixada ó Forte 6, 0 -, executadas ao abeiro 10

do Convenio entre o IGVS e o Concello de Vigo en materia de rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Casco Vello, asinado o 26 de febreiro de 2004 (6ª Fase). Segundo.- Conceder definitivamente ao solicitante María Asunción Soto Alvarez, con NIF 35816332L, a axuda de 4634 euros que será financiada polo Ministerio de Fomento na cantidade de 2.648,00 euros e polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na cantidade de 1.986,00 euros. Terceiro.- Conceder definitivamente a cantidade de euros con cargo á partida 4320.7800600 do orzamento da Xerencia de Urbanismo. Cuarto.- Notificar este acordo ao interesado, conforme co disposto nos artigos 58 e 59 da L.30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC). 6. EXPEDIENTE DE INFRACCIÓNS URBANÍSTICAS: RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTE DE RESTAURACIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA ALTERADA POR INFRACCIÓN EN LAGOA-TEIS (12803/423) Antecedentes: Con data 13.12.04 a técnica de admón. xeral de Infraccións Urbanísticas informa: Das actuacións practicadas no presente expediente resultou o seguinte: a) Feitos que poden constituír infracción urbanística: Informe da Inspección: o inspector auxiliar municipal con relación á obra executada en Lagoa (Cmño.) (Vigo) con data 23-03-04 informou: Girada visita de inspección el día 18 de marzo del 2004 al lugar de referencia, se ha podido comprobar que la nave de la derecha ha sido derribada y en la izquierda fue ampliada 24 m de ancho por 12 metros de largo, de chapa metálica, con una altura en los laterales de 8,50 metros y en la cumbrera de 10 metros, y reposición de cubierta en toda la nave de 34 metros de largo por 24 de ancho, con la misma altura con chapa metálica como se aprecia en las fotografías y en croquis. Los retranqueos están a más de 15 metros de los linderos. Tiene Licencia nº 39745/ 421 para una obra menor, y las obras indicadas no se ajustan a lo solicitado. En la nave C hay una ampliación de cubierta con pilares correspondientes de chapa metálica de 5 metros de ancho por 8 metros de largo y una altura de 8 metros, como se aprecia en la fotografía y croquis. Los retranqueos en frente más de 10 metros y lateral derecho más de 10 metros; y carece de Licencia Municipal. Na recente visita de inspección de data 23-08-04 se constatou que as obras anteriormente mencionadas se amosan rematadas na actualidade, dedicándose á reparación, exposición e venta de embarcacións de recreo. Asemade estase a executar neste intre unha nova nave anexa as anteriores, na zona máis cercana á Punta do Corno, na zona norte. Licenza de obras: (Expte. nº 39745-421): Licenza de obra menor. As obra executadas non son encadrables dentro de tal cualificación, polo que se consideran realizadas sen licenza. Condicións urbanísticas: O vixente PXOU, aprobado definitivamente o 29.04.93 (DOG. 10.05.93) inclúe a zona na que se sitúan as edificacións obxecto deste expediente, nun ámbito de ordenanza 4.1 de zonas portuarias (PXOU, Plano nº 18-19). 11

Os terreos obxecto de concesión nos que se localizan as naves, sitúanse dentro do ámbito do Plan Especial do Porto, aprobado definitivamente o 16-04-1998 e aprobadas dúas modificacións puntuais posteriores con data 20-11-2000 e 06-06-2003, cualificado coa ordenanza 14, A Lagoa Ríos. Tal como establece o punto 4 do artigo 32 das Normas urbanísticas do citado Plan Especial, este ámbito regulará a súa ordenación a través dos instrumentos de planeamento do solo contiguo, de acordo co Plan Xeral de Ordenación Urbana; no caso que nos atinxe o Plan Especial de Protección do Monte da Guía, pendente de desenvolvemento. As condicións de ordenación da zona virán determinadas polo PEP do Monte da Guía, actualmente sen desenvolver. Presunta infracción: ampliación de nave e construcción de nova nave industrial sen Licencia e non legalizables. As obras executadas foron realizadas sen licenza e non son legalizables por estar remitida a súa ordenación desde o Plan Especial do Porto aos instrumentos de planeamento do solo contiguo, neste caso o Plan Especial de Protección do Monte da Guía, pendente de desenvolvemento. Valoración: O presuposto de execución material das obras excluídos o beneficio empresarial, honorarios profesionais e impostos considérase en: 101.692,80 euros. O presuposto calculouse sobre a base do establecido no manual actualmente vixente para a estimación simplificada dos presupostos de execución material da edificación aprobado polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Segundo a fórmula: M c = M b x C g x C t x C u PM b =Σ (M ci x S i ) sendo: PM b = Presuposto de execución material segundo módulos básicos M ci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie. M b = Módulo básico fixado e actualizado en 360 /m 2 pola Xunta de goberno do COAG na súa sesión do 23 de decembro de 2003. C g = Coeficiente xeográfico que para o municipio de Vigo (Area 1) establécese o valor 1. C t = Coeficiente de tipoloxía da edificación. C u = Coeficiente de uso. S i = Superficie construída que corresponda a cada uso. Plantas Nº Usos Superficie (m 2 ) nova planta ampliacións Reforma ou rehabilitaci ón Mb x Cg ( /m 2 ) Tipol oxía Ct Uso Cu Módulo Mc ( /m 2 ) Presupostos parciais ( ) 40 360 1,10 0,30 118,80 4.752 816 360 1,10 0,30 118,80 96.940,80 PRESUPOSTO EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS PMb: P.E.M. 101.692,80 Os capítulos da obra executados consisten na ampliación e nova construcción de naves industriais, con estructura de piares de aceiro e cerchas metálicas, e con paramentos exteriores e cuberta en chapa metálica. Polo tanto, trátase de obra executada non legalizable por un valor total estimado de 101.692,80 12

b) Responsable: Astilleros y Construcciones Lagoa S.A. c) Planeamento e réxime xurídico aplicable : Documento de subsanación de deficiencias na adaptación do PXOU de Vigo á LASGA, aprobado definitivamente o 29 de abril de 1993 (DOG 10.05.93). Cualificación do solo: ordenanza 4.1 de zonas portuarias. Sección segunda, Capítulo III da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Capítulos I e II do Título III do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia, do 17 de febreiro de 1999. As obras descritas carecen de licencia municipal, e están suxeitas á necesidade de obtención da mesma ó atoparse comprendidas entre as citadas no artigo194 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, artigo 10 do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia, do 17 de febreiro de 1999, e no apartado 3.8.1 das Normas urbanísticas do vixente Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. Segundo informe técnico de data 23 de agosto de 2004 as devanditas obras resultan incompatibles coa ordenación urbanística vixente. Á vista do anterior, o vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo por delegación e con data 24 de agosto de 2004 resolveu incoar expediente de protección da legalidade urbanística a entidade Astilleros y Construccións Lagoa, S.A. A devandita incoación foille notificada o 27 de agosto de 2004. Concedido trámite de audiencia, a entidade interesada presenta escrito de alegacións que basea en que se ten infrinxido a Lei 27/1992, de 24 de novembro de Portos e da Marina Mercante, por canto ó estar situadas as obras en terreos de dominio público se plantexa a necesidade de aplicar a cláusula de Prevalencia, polo que a dita lei prevalece sobre a Lei 9/2002 do Parlamento de Galicia e sobre un Plan especial, cita xurisprudencia sobre a non necesidade de solicitar licenza para obras que se realicen en dominio público portuario polas autoridades portuarias, subsumibles no artigo 19.3 da Lei de portos, obras e instalacións portuarias e polo tanto obras públicas de interese xeral.- Que corresponde á Autoridade Portuaria autorizar a construcción do porto e da ampliación da nave.- Que é erróneo que a ampliación non é legalizable.- Que a ordenanza 4 permite a concesión de unha edificación con licenza directa.- Que o Plan xeral non fixa unha regulación detallada do ámbito o que non permite afirmar que as obras sexan ilegais.- Aplicación do principio de proporcionalidade. Que existe un erro na superficie da nave cando se fala de 816 m2. Que a nave primitiva está construída desde principio dos anos 90 e que a ordenanza de industria permite a ampliación ata un 50% das naves existentes. Manifesta a responsabilidade patrimonial do Concello. Solicita o arquivo do procedemento, a concesión de licenza e subsidiariamente a suspensión do expediente de protección da legalidade urbanística ata a aprobación do Plan Especial da Guia, e o recibimento do expediente a proba Con data 29 de novembro de 2004 o arquitecto municipal emite o seguinte informe: Á vista da documentación que consta neste expediente remitido ao técnico que subscribe con data 18-11-04, emítese o seguinte informe: 13

En contestación as alegacións de data 13 de setembro de 2004, (doc. 40094011) se considera parcialmente o expresado no apartado 5º, polo feito de avaliarse as dúas obras obxecto deste expediente como ampliacións de naves, ao ter conservado os muros laterais da nave principal nunha altura duns 2,50 m, aínda que a estructura, cuberta e paramentos exteriores sexan de nova factura. Se revisa a consideración global da segunda infracción, e a valoración económica correspondente: Presunta infracción: ampliacións de naves sen Licenza e non legalizables. Na nave C, situada na zona sur do ámbito, fronte ao acceso e con orientación norte, hai unha ampliación de cuberta con piares metálicos de 5 m x 8 m, con unha altura de 8 m. Na nave principal, situada máis ao norte, foi executada unha ampliación en planta de 12 m x 24 m. No espazo xa anteriormente ocupado se mantiveron somente uns muros laterais duns 2,50 m, e fíxose unha reforma integral, executando nova estructura, paramentos exteriores e cuberta, ademáis de incrementa-la altura e conseguintemente o volume da nave preexistente. As obras executadas foron realizadas sen Licenza e non son legalizables por estar remitida a súa ordenación desde o Plan Especial do Porto aos instrumentos de planeamento do solo contiguo, neste caso o Plan Especial de Protección do Monte da Guía, pendente de desenvolvemento, no momento de execución da obra. Sen embargo, o PEP do Monte da Guía está aprobado inicialmente, con data 20-09-04, e califica a área sinalada coa ordenanza 4.4 de zonas de lecer. Nas fichas urbanísticas correspondentes 11 e 12, se precisan os obxectivos de recuperación dos recheos con actividades de lecer e deportivas vencelladas co mar, pero coa erradicación das naves e usos actuais, incompatibles co uso previsto, debendo nese ámbito buscar as actuacións un mínimo impacto visual e ambiental. Valoración: O presuposto de execución material das obras excluídos o beneficio empresarial, honorarios profesionais e impostos considérase en: 67.478,40 euros. O presuposto calculouse sobre a base do establecido no manual actualmente vixente para a estimación simplificada dos presupostos de execución material da edificación aprobado polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Segundo a fórmula: M c = M b x C g x C t x C u PM b =Σ (M ci x S i ) sendo: PM b = Presuposto de execución material segundo módulos básicos M ci = Módulo de construcción de acordo co destino predominante da superficie. M b = Módulo básico fixado e actualizado en 360 /m 2 pola Xunta de goberno do COAG na súa sesión do 23 de decembro de 2003. C g = Coeficiente xeográfico que para o municipio de Vigo (Area 1) establécese o valor 1. C t = Coeficiente de tipoloxía da edificación. C u = Coeficiente de uso. S i = Superficie construída que corresponda a cada uso. Plantas Nº Usos Superficie (m 2 ) nova planta ampliacións reforma ou rehabilitaci ón Mb x Cg ( /m 2 ) Tipoloxía Ct Uso Cu Módulo Mc ( /m 2 ) Presupostos parciais ( ) 40 360 1,10 0,30 118,80 4.752,00 288 360 1,10 0,30 118,80 34.214,40 528 360 0,50 0,30 54,00 28.512,00 14

PRESUPOSTO EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS PMb: P.E.M. 67.478,40 Os capítulos da obra executados abranguen dúas zonas: Na primeira zona, nave C, fixose unha ampliación de 40 m sen licenza e non legalizable. Na segunda zona, que comprende a nave principal obxecto deste expediente as obras realizadas consisten na ampliación e reforma integral da nave, implicando de feito unha obra nova con estructura de piares de aceiro e cerchas metálicas, e con paramentos exteriores e cuberta en chapa metálica. Obras sen licenza e non legalizables Polo tanto, trátase de obra executada non legalizable por un valor total estimado de 67.478,4 As alegacións feitas non poden ser estimadas ó non desvirtuar os fundamentos técnicos e xurídicos que motivaron a incoación deste procedemento. As obras obxecto deste expediente necesitan estar amparadas en licenza, unicamente se exceptúa da obriga de obter licenza municipal as grandes obras públicas que se inscriben no marco da ordenación territorial e transcenden do interese municipal. E evidente que a ampliación da nave en cuestión non ten este carácter. En calquera caso a excepción é aplicable unicamente para actuacións promovidas polas administracións públicas, non por particulares como é o caso. Así o artigo 244-2)-3)-4) do TRLS 1992 declarado constitucional e vixente. En contra do alegado a xurisprudencia mantén a obriga de solicitar licenza para as obras complementarias, asi a sentenza do Tribunal Supremo de 20.02.84 despois de considerar que a construcción dun porto deportivo estaba exento de licenza municipal, recoñece que as obras que se poidan calificar de urbanísticas, relacionadas co mesmo porto, requiren licenza. O Tribunal Constitucional en sentenza 40/98, de 19 de febreiro, sobre os recursos de inconstitucionalidad interpostos contra a Lei 27/92, de Portos do Estado e da Marina Mercante, se ten pronunciado no sentido de que a competencia do Estado sobre portos non pode xustificar a execución da obtención de licenza municipal en aqueles casos nos que as obras non afecten propiamente a construcións ou instalacións portuarias, senón a edificios ou locais destinados a equipamentos culturais ou recreativos. Pero en todo caso son as autoridades portuarias as que gozan deste privilexio e non os concesionarios ou titulares de autorizacións sobre o dominio portuario. De acordo co artigo 54.3 da LPMM declara que as autorizacións e concesións outorgadas segundo esta lei non eximen os seus titulares de obter os permisos, licenzas e demais autorizacións que sexan esixidos por outras disposicións legais. As obras non son legalizábeis por estar remitida a súa ordenación conforme ó Plan especial do porto a os instrumentos de planeamento do solo contiguo, neste caso o Plan especial do Monte da Guia. No relativo o principio de proporcionalidade este sería de aplicación cando se tratase de obras de escasa entidade e nos supostos nos que existirán alteraciones mínimas que non supoñan modificacións en sentido propio (sentencias de 17 de outubro de 1995 e 16 de xullo de 1996). O arquitecto municipal considera que na nave principal obxecto deste expedinte as obras consisten na ampliación e reforma integral da nave o que implica de feito unha obra nova e unha ampliación na nave sinalada no plano da cartografía como nave C de 40 m2. 15

Para que sexa de aplicación o apartado f) da ordenanza 2.2 de Industria condicións de ampliación de naves existentes e preciso que se trate de un uso industrial existente que conte con licenza de actividade. Do exposto resulta que non procede arquivar o expediente, nin conceder licenza de obras. Nin sequera existe a solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto. No que respecta á práctica da proba, esta resulta procedente cando a administración non teña por certos os feitos, neste caso resulta suficientemente probado que se teñen realizado as obras carecendo de licenza. Por outra parte as probas documentais propostas, das que se aporta copia, refirense á concesión e autorizacións outorgadas pola Autoridade Portuaria, que non se discuten, e non supoñen a excepción á obtención da licenza municipal. O Plan Especial de Protección do Monte da Guía foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local o 20 de setembro de 2004. De acordo cos artigos 209 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 54 do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia, do 17 de febreiro de 1999: Art. 209 da Lei 9/2002.- Obras sen licencia en curso de execucion. 1. Cando se estivesen executando obras sen licencia ou orde de execución ou sen axustarse ás condicións sinaladas nelas, o alcalde dispoñerá a suspensión inmediata dos devanditos actos e procederá a incoa-lo expediente de reposición da legalidade, comunicándollo ó interesado. 2. Co acordo de suspensión adoptaranse as medidas cautelares necesarias para garanti-la total interrupción da actividade. Para estes efectos o alcalde poderá: a) Ordena-la retirada dos materiais preparados para ser utilizados na obra ou actividade suspendida e a maquinaria afecta a ela. b) Ordena-lo precintado das obras, instalacións e elementos auxiliares das actividades obxecto de suspensión. c) Ordena-la suspensión de subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións das actividades e obras das que se ordenase a paralización. d) Proceder á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas por importe de 600 a 6.000 Euros, reiterables ata logra-lo cumprimento da orde de paralización. e) Adoptar calquera outra medida que sexa conveniente a prol da efectividade da suspensión. 3. Instruído o expediente de reposición da legalidade e logo da audiencia do interesado, adoptarase algún dos seguintes acordos: a) Se as obras non fosen legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanistico, acordarase a súa demolición a custa do interesado e procederase a impedir definitivamente os usos ós que desen lugar ou, se é o caso, á reconstrucción do indebidamente demolido. b) Se as obras fosen legalizables por seren compatibles co ordenamento urbanístico, requirirase o interesado para que no prazo de tres meses presente a solicitude da oportuna licencia, manténdose a suspensión das obras en tanto esta non sexa outorgada. c) Se as obras non se axustan ás condicións sinaladas na licencia ou orde de execución, ordenaráselle ó interesado que as axuste no prazo de tres meses, prorrogables por outros tres por petición do interesado, sempre que a complexidade técnica ou envergadura das obras que haxa que realizar faga inviable a súa acomodación ás previsións da licencia no prazo previsto. 16

4. O procedemento ó que se refire o número anterior deberá resolverse no prazo dun ano contado desde a data do acordo de iniciación. 5. Se transcorrido o prazo de tres meses desde o requirimento o interesado non solicitase a oportuna licencia ou, se é o caso, non axustase as obras ás condicións sinaladas nela ou na orde de execución, o alcalde acordará a demolición das obras a custa do interesado e procederá a impedir definitivamente os usos ós que desen lugar. Procederase de igual modo no suposto de que a licencia fose denegada por selo seu outorgamento contrario á legalidade. 6. No caso de incumprimento da orde de demolición, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria dela ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables mensualmente ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía de 1.000 a 10.000 Euros cada unha. 7. O disposto nos números anteriores entenderase sen prexuízo da imposición das sancións que procedan e das facultades que lles correspondan ás autoridades competenes, en virtude do réxime específico de autorización ou concesión ó que estean sometidos determinados actos de edificación e uso do solo. Art. 54 do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia. 1. Instruído o expediente de reposición da legalidade e logo de audiencia ó interesado, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, adoptarase un dos seguintes acordos: a) Se os actos de edificación e uso do solo non fosen legalizables pola súa incompatibilidade co ordenamento urbanístico, o alcalde decretará, en caso de obras, a súa demolición á custa do interesado e, no caso de usos, á reposición dos bens afectados ó estado anterior ó incumprimento daquela. En ámbolos dous supostos, procederase a impedir definitivamente os usos ós que se dese lugar. b) No suposto de que as obras ou usos fosen legalizables pola súa compatibilidade co ordenamento urbanístico, requirirase ó interesado para que no prazo de dous meses solicite a preceptiva licencia, manténdose a suspensión das obras mentres esta non fose outortada. c) Se as obras se realizasen sen axustarse ás determinacións previstas na licencia ou orde de execución outorgada, requirirase ó interesado para que no prazo de dous meses axuste as obras ás condicións sinaladas na licencia. No suposto de que a complexidade técnica ou envergadura das obras a realizar fagan inviable, a teor dos informes técnicos municipais, a súa acomodación ás previsións da licencia no prazo previsto, o alcalde poderá conceder unha ampliación, que en ningún caso excederá da metade aquel. 2. Transcorrido o prazo outorgada sen que o interesado solicite a oportuna licencia ou sen que proceda a axusta-las obras ás condicións sinaladas nela ou na orde de execución, así como nos supostos nos que a licencia fose denegada por se-lo seu outorgamento contrario á legalidade, o alcalde acordará, respectivamente, a demolición das obras á custa do interesado ou á reposición dos bens afectados á situación anterior ó incumprimento do ordenamento vixente. En ámbolos supostos impedirá definitivamente os usos ós que dese lugar. 3. No caso de incumprimento da orde de demolición ou de reposición dos bens ó estado anterior ó incumprimento do ordenamento urbanístico, a Administración actuante procederá á súa execución subsidiaria ou á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, das que a contía oscilará entre as 50.000 e as 500.000 pesetas, en función das circunstancias concorrentes e do custo estimado das actuacións necesarias para restaura-la legalidade. 17