1. Introdución: A reforma da Política Agraria Comunitaria (PAC) do ano 2003 introduce a obriga, a partires do ano 2005, de que os agricultores cumpran con determinadas normas referentes ás boas condicións agrarias e medioambientais, ao medio ambiente, á saúde pública, zoosanidade e fitosanidade e, ao benestar dos animais. O conxunto destas obrigas denomínase condicionalidade. De seguido indícanse as obrigas máis salientables da condicionalidade nunha explotación tipo de gando vacún. Isto é unha explotación orientada a produción leiteira ou cárnica, co seu depósito de esterco ou xurro e superficies para o subministro de forraxes ou pasto. 2. Que debe facer vostede respecto: 2.1. Á Saúde Pública, Zoosanidade e Fitosanidade. Este punto abarca cuestións referentes á identificación e rexistro dos animais da súa explotación, emprego de produtos fitosanitarios, certos aspectos veterinarios e notificación de enfermidades. 2.1.1. Respecto á Identificación e Rexistro dos animais. A continuación expóñense os principais aspectos e documentos relacionados e que vostede deberá ter presentes na súa explotación: O libro de explotación correctamente actualizado. A documentación relativa ao orixe, identificación e destino dos animais que posuíra, transportara, comercializara ou sacrificara durante os tres anos anteriores. Documento de Identificación Bovina (DIB) para cada un dos animais da explotación. Ter os animais identificados mediante dous crotais. Os nacementos, movementos e mortes comunicaranse en prazo á base de datos de identificación e rexistro. 2.1.2. Respecto ás cuestións Veterinarias e Fitosanitarias. Este punto afecta a aspectos relacionados co emprego de produtos fitosanitarios, seguridade alimentaria e encefalopatías esponxiformes transmisibles: No relativo á utilización de produtos fitosanitarios: Terán que ser produtos autorizados, e empregaranse do xeito indicado nas etiquetas dos envases. No relativo ao emprego de substancias hormonais, tierostáticas e β-agonistas na cría de gando: Se non existe xustificación non poderán ter, nin empregar, estas substancias. Non se comercializarán animais tratados con substancias non autorizadas, e de tratalos con substancias autorizadas respectarán o prazo de espera prescrito para estes produtos. No seu caso, os tratamentos autorizados aplicados deberán figurar correctamente anotados no libro de rexistro de medicamentos. 1
No relativo á saúde pública: Os produtos da explotación que se vaian a comercializar teñen que ser seguros e libres de contaminación. As explotacións adicadas á produción de alimentos non poderán subministrar aos animais pensos que non procedan de establecementos autorizados e, cumprirán cas indicacións da etiqueta. Os pensos procederán de establecementos rexistrados e/ou autorizados. Os aditivos para pensos, os medicamentos veterinarios e os biocidas serán produtos autorizados e utilizaranse consonte ao etiquetado e as receitas. Os pensos e os produtos prohibidos en alimentación animal (químicos ou outros) almacenaranse en lugares distintos. Os pensos medicados, e os non medicados almacenaranse e manipularanse de xeito que se reduza o risco de contaminación cruzada, ou de alimentación de animais con pensos non destinados aos mesmos. Ao introducir animais novos na explotación tomaranse precaucións para previr a introdución e propagación de enfermidades contaxiosas transmisibles aos seres humanos a través dos alimentos, e de sospeitar a presenza de focos destas enfermidades comunicarase aos Servizos Veterinarios. Os residuos e substancias perigosas almacenaranse e manexaranse por separado, e de xeito seguro, para evitar a contaminación. Disporá de rexistros sobre: A natureza, cantidade e orixe dos pensos e outros produtos utilizados en alimentación animal. A cantidade e destino de cada saída de pensos. Os medicamentos veterinarios ou outros tratamentos administrados aos animais, datas e períodos de retirada. O uso de biocidas e fitosanitarios. Resultados de todos os análises efectuados ás plantas, animais ou outras mostras de importancia para a saúde humana. Informes relevantes obtidos mediante controis aos animais ou produtos de orixe animal. Cando corresponda, o uso de sementes modificadas xenéticamente. 2
Non se destina ao consumo humano o leite de animais que deran positivo nos controis das enfermidades citadas no punto anterior, e mantéñense illados dos demais animais. Os equipos de muxir e os locais nos que se almacena, manipula e arrefría o leite están situados e construídos de tal xeito que limitan o risco de contaminación do leite. Os locais destinados ao almacenamento do leite están protexidos contra as alimañas, claramente separados dos locais nos que están estabulados os animais e dispoñen dun equipo de arrefriamento axeitado. As superficies dos equipos que están en contacto co leite, destinados ao muxido e recollida, son fáciles de limpar e de desinfectar,mantéñense en bo estado, son lisos, e están fabricados con materiais non tóxicos. Tras utilizarse, estes equipos limparanse e/ou desinfectaranse. O muxido realizarase a partir de animais en bo estado de saúde e de xeito hixiénico, e terá que: Asegurarse do bo estado da ubre e desinfectala antes do muxido. Os animais baixo tratamento veterinario que poidan transmitir residuos ao leite, estarán ben identificados; os que se atopen en período de supresión muxiranse por separado e o leite obtida non se mesturará co resto do leite obtida nin se destinará a consumo humano. Inmediatamente despois do muxido o leite conservarase a unha temperatura non superior a 8ºC se é recollida diariamente, e non superior a 6ºC se a recollida non é diaria. Ten que ser posible identificar mediante facturas ao subministrador dos produtos (pensos, premesturas, etc.) e gando mercados. Ten que ser posible identificar mediante facturas o operador ao que vostede lle vendeu os produtos (leite, xatos) da súa explotación. No relativo ás encefalopatías esponxiformes transmisibles (EET): Non se poden empregar produtos que conteñan proteínas procedentes de animais terrestres nin de peixe, salvo determinadas excepcións. 3
En explotacións nas que existan animais ruminantes e non ruminantes, os pensos de cada tipo de animal almacenaranse separados fisicamente, e para empregar pensos para non ruminantes con fariña de peixe, necesitará a autorización administrativa correspondente. Cando se sospeite cun animal está infectado por a EBB, o caso ten que ser inmediatamente notificado aos Servizos Veterinarios Oficiais. No caso de sospeita ou confirmación dunha EEB vostede disporá da documentación que acredite o movemento de animais e, de se lo caso, do cumprimento da resolución expedida pola autoridade competente. Posuirá os certificados sanitarios relativos á posta no mercado e importación de animais. 2.1.3.- Respecto á notificación doutras enfermidades. A sospeita ou presenza de febre aftosa ten que ser notificada obrigatoriamente e inmediatamente á autoridade competente. Os animais infectados, ou sospeitosos de estar infectados, ca febre aftosa manteranse retirados dos lugares onde haxa animais sensibles de infectarse. No caso de ter animais das especies sensibles, a sospeita da aparición de calquera das seguintes enfermidades debe ser notificada aos Servizos Veterinarios, tendo que cumprir neste caso coas indicacións da autoridade competente: estas cargas gandeiras, será requisito obrigatorio realizar labores de mantemento axeitadas. As seguintes especies vexetais non poderán invadir, nin implantarse nas terras de cultivo: ESPECIES VEXETAIS NON DESEXABLES Senecio spp. (herba cana, herba de Santiago...) Rumex spp. (labaza) Cirsium spp.(cardo) No relativo a evitar o deterioro dos habitas, terá que prestar atención a: Manter as características topográficas e elementos estruturais do terreo. Para poder facer modificacións necesitará a autorización administrativa correspondente. En terreos enchoupados, con neve ou en augas estancadas, non se poderán aplicar produtos fitosanitarios, fertilizantes, lodos de depuradora, compost, estercos ou xurros. As explotacións con estabulación permanente ou semipermanente contarán cun depósito de esterco/xurro de capacidade suficiente e correctamente impermeabilizado. Peste bovina Estomatoses Vesicular Peste dos pequenos ruminantes Enfermidade de Teschen Enfermidade vesicular porcina Dermatose nodular contaxiosa Lingua azul Febre do val do Rift Enfermidade hemorráxica dos cervos Varíola ovina e cabrúa 2.2. Boas Condicións Agrarias e Medioambientais. No relativo ao mantemento das superficies agrarias vostede deberá ter en conta os seguintes aspectos: Non se queimaran sen autorización, nin se roturarán, pastos permanentes salvo para rexeneración. Nos pastos permanentes manterase unha carga gandeira igual ou superior a 0,4 UGM/ha en zonas de montaña, 0,7 UGM/ha en zonas desfavorecidas e 0,9 UGM/ha no resto de zonas. De non alcanzar 4 Imaxe de pradeira con labazas
Imaxe de rodeiras en terreo enchoupado No relativo a evitar a erosión do solo: Non deberá labrar na dirección da pendente cando esta sexa maior do 10% en terras de cultivo, ou do 15% en viñedo. Excepto en parcelas inferiores a 1ha ou con forma complexa. En cultivos herbáceos de inverno non se labrará ata o 1 de agosto. En terras de retirada, barbeito e non cultivadas manterase unha cuberta vexetal axeitada, ou realizaranse as labores mínimas de mantemento. Respectaranse as rotacións de cultivos e manterase unha cuberta vexetal axeitada nas zonas de elevado risco de erosión. As terrazas de retención manteranse en bo estado de conservación. No relativo á conservación da materia orgánica do solo: Non se queimarán restrollos, salvo por razóns fitosanitarias e ca autorización correspondente. Eliminaranse os restos de colleita e poda axeitadamente (compostaxe, enterramento). No relativo ao mantemento da estrutura do solo e evitar a compactación: En terreos saturados non se empregarán vehículos, nin maquinaria, salvo que sexa para realizar tratamentos fitosanitarios, recollida de colleitas, ou subministro de alimentos ao gando. 2.3. Benestar dos animais. 1. A efectos dos requerimientos en benestar animal entendese por xato un animal bovino ata os 6 meses de idade. Persoal: Os animais serán coidados por un numero de persoas suficientes e con coñecementos e capacidade axeitados. Inspeccións a realizar polo propietario ou criador. Os animais dedicados á produción leiteira ou cárnica serán inspeccionados cando menos unha vez ao día. Os xatos 1 estabulados serán inspeccionados como mínimo dúas veces ao día, e os mantidos no exterior como mínimo unha vez ao día. Os medios e a iluminación empregados nas inspeccións das instalacións garantirán o seu benestar. No caso de apreciar algún animal enfermo ou ferido subministrarase inmediatamente tratamento. De seres necesario o/os animal/is enfermos illaranse en dependencias apropiadas. Constancia documental. O propietario ou criador levará un rexistro dos tratamentos médicos, e dos animais atopados mortos nas inspeccións, que conservará durante o periodo de tempo sinalado na normativa vixente. 5
Liberdade de movementos. No gando vacún de leite e de carne non se limitará a liberdade de movementos propia dos animais de tal xeito que provoque sufrimento ou danos innecesarios. Cando os animais bovinos, de leite ou carne, estean atados ou retidos continua ou regularmente, proporcionaráselles un espazo axeitado as súas necesidades fisiolóxicas. As dimensións mínimas para aloxamentos individuais de xatos cumprirán: Os recintos terán unha anchura igual ou superior á altura do becerro na cruz estando de pe. A lonxitude non será inferior á lonxitude do becerro tomada dende a punta do fociño ata o isquion multiplicada por 1,1. Disporán de tabiques perforados que permitan un contacto visual e táctil directo entre xatos, agás nos que se illen aos xatos enfermos. Non se manterán nestes recintos os xatos de máis de 8 semanas sen prescrición veterinaria. Os xatos de máis de dous meses poderán atarse durante períodos inferiores a unha hora no momento da lactancia. Os xatos de máis de dous meses aloxados en grupo disporán das seguintes superficies: 6 Animais de ata 150 Kg. de P.V. 1,50 m 2 /xato Animais de 150 a 220 kg. de P.V. 1,70 m 2 /xato. Animais de máis de 220 kg. de P.V. 1,80 m 2 /xato. Cando os xatos estean trabados, as ataduras estarán deseñadas de xeito que: Non haxa risco de estrangulación ou feridas. Se lles permita a posibilidade de deitarse, descansar e levantarse. Inspeccionaranse periodicamente e axustaranse á medida do necesario. Edificios e cortes. Os materiais que se empreguen para a construción de cortes, e en particular de recintos e equipos, non poden ser prexudiciais para os animais, e poderán limparse e desinfectarse a fondo. No caso dos xatos, estarán construídas de tal xeito que todos os xatos poidan tenderse, descansar, levantarse e limparse sen perigo. As cortes e accesorios para atar aos animais construiranse e manteranse sen que presenten bordes afiados ou saíntes. As condicións ambientais e de iluminación, natural ou artificial, das instalacións serán axeitadas consonte a especie animal. En ningún caso se manterá permanentemente aos xatos na escuridade, nin permanecerán expostos á iluminación artificial sen unha interrupción axeitada.
No caso dos xatos, O chan da corte: Non será escorregadizo. Non presentará asperezas que poidan ferir aos animais. Será axeitado ao tamaño e peso dos animais. Formará unha superficie ríxida, cha e estable. A zona onde se deiten: Será confortable. Estará seca. Posuirá un bo sistema de desaugadoiro. Animais mantidos ao aire libre. Os animais que se manteñan ao aire libre protexeranse na medida do posible contra as inclemencias do tempo, os depredadores e o risco de enfermidades. Equipos automáticos ou mecánicos. Os equipos dos que dependa o benestar dos animais inspeccionaranse unha vez ao día, arranxando inmediatamente as avarías que se atopen. De non ser posible arranxalas tomaranse medidas para garantir o benestar dos animais. Se os animais precisan dun sistema de ventilación artificial este será de capacidade suficiente e deberá contar cun sistema de alarma para detectar avarías ademais de contar cun sistema de ventilación substitutivo axeitado. Alimentación, auga e outras substancias. Os animais da especie bovina recibirán unha alimentación e un aporte de líquido axeitado e consonte a súa idade, peso e necesidades fisiolóxicas. Os animais terán acceso aos alimentos a intervalos axeitados, no caso dos xatos recibirán dúas racións de alimento ao día. Os xatos de máis de dous semanas de idade terán acceso a auga fresca e proporcionaráselles unha ración mínima diaria de fibra que se aumentará de 50 a 250 gramos diarios para os xatos de 8 20 semanas. Os xatos recibirán calostro bovino o antes posible despois do nacemento e en todo caso dentro das seis primeiras horas de vida. Cando os xatos estean aloxados en grupo ou non sexan alimentados a vontade ou por un sistema automático, cada xato terá acceso ao alimento ao mesmo tempo que os demais. Os xatos non levarán bozos. Os equipos de subministro de comida e auga estarán deseñados para reducir o risco de contaminación dos mesmos. Non se subministrará aos animais ningunha substancia, excepto as permitidas para tratamentos terapéuticos, profilácticos ou para tratamento zootécnico. Procedemento de produción. Non se empregarán procedementos de cría, naturais ou artificiais, que poidan ocasionar sufrimentos ou feridas aos animais. 7
3. Informalle: Que antes de comezar a súa actividade facilitará á Consellería do Medio Rural os datos necesarios para rexistrar a súa explotación e incluíla na base de datos. Que os crotais colocaranse dentro dos vinte días despois do nacemento do animal, ou antes se fora a saír o animal da explotación. Que non poderá quitar ningún crotal sen a autorización da Consellería do Medio Rural. Que os animais procedentes doutros Estados Membros da UE conservarán as súas marcas auriculares de orixe. Que os animais importados de terceiros países identificaranse na explotación de destino nun prazo de vinte días dende a realizacións dos controis de entrada na UE. Non será necesario identificar a estes animais cando a explotación de destino sexa un matadoiro ou os animais se sacrifiquen nun prazo inferior a vinte días dende que se realizaron os controis de entrada. Que as chegadas, saídas e mortes dos animais dunha explotación notificaranse nun prazo inferior a 7 días dende o evento. A información do libro de rexistro da explotación conterá información dos tres anos anteriores. Os animais sempre deben ser acompañados do DIB cando sexan trasladados. 4. Lembre que: No caso de que a Administración detecte que vostede non cumpriu con algunha das obrigas da condicionalidade ou considere que vostede non colaborou ca inspección, as axudas da PAC que percibe pódense ver reducidas e, en casos extremos incluso anuladas. 5. Información adicional: No caso de necesitar máis información respecto á condicionalidade pode solicitala nas oficinas agrarias comarcais, nos servizos provinciais, de gandaría, técnico agrario, e do FOGGA, da Consellería do Medio Rural. 8