EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 3ª QUINCENA A 1ª DECLINACIÓN. ADXECTIVOS DA 1º CLASE. VERBO εἰµί E A ORACIÓN COPULATIVA 1º.- A PRIMEIRA DECLINACIÓN. A 1º declinación é a que agrupa maioritariamente substantivos do xénero feminino, aínda que algunhas masculinas, principalmente nomes de oficios de varón e algún nomes propios, coa peculiardade de que todas posúen un α / η como vogal temática. Esta declinación non declina neutros. Presenta cinco paradigmas, xa que hai tres tipos de tema para os femininos e dous para os masculinos, e que se diferencian entre eles somentes no SINGULAR, compartino as mesmas desinencias para o plural. alfa puro (α longo) cando o α vai precedido de ρ, ι ou ε ἀγορά, -ᾶς ἡ (ágora) Τemas femininos Τemas masculinos alfa mixto (α breve) cando o α non vai precedido de ρ, ι ou ε eta (η) con nominativo en ας con nominativo en -ης δόξα, -ης ἡ (fama) ἀρετή, -ῆς ἡ (virtude) νεανίας, -ου ὁ (xoven, mozo) ναύτης, -ου ὁ (mariñeiro) 1.1.- Singular dos temas femininos. Para diferenciar por cal das tres posibilidades temos que declinar un substantivo feminino da 1º declinación debemos atender as desinencias do seu enunciado, que presentan estas tres posibilidades de combinatoria entre o nominativo singular e o xenitivo singular. FEMININOS nominativo singular xenitivo singular Exemplo temas en ALFA PURA -α -ας ἀγορά, -ᾶς ἡ (ágora) temas en ALFA IMPURA -α -ης µέλλιτα, -ης ἡ (abella) temas en ETA -η -ης ἀρετή, -ῆς ἡ (virtude)
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 2 As desinencias para cada caso coinciden segudno sinalan as cores do eguinte cadro: SINGULAR ALFA PURA ALFA IMPURA ETA FEMININOS σφαῖρα, -ας (esfera) τράπεζα, - ης (comida) τιμή, -ῆς (valor) Nominativo σφαῖρ-α τράπεζ-α τιμ-ή Vocativo σφαῖρ-α τράπεζ-α τιμ-ή Acusativo σφαῖρ-αν τράπεζ-αν τιμ-ήν Xenitivo σφαῖρ-ας τραπέζ-ης τιμ-ῆς Dativo σφαῖρ-ᾳ τραπέζ-ῃ τιμ-ῇ 1.2.- Singular dos temas masculinos. Os masculinos presntan tres peculiaridades respecto aos anteriores, que permiten que os distingamos coma masculinos. Dúas xa as sinala o seu enunciado, os seus nominativo singular rematados en sigma ς, e o seu xenitivo singular que coincide co dos masculinos da 2º declinación. A terceira é que fan o seu vocativo singular en α. No resto dos casos seguen as declinacións puras en alfa ou en eta. SINGULAR -ας -ης MASCULINOS νεανίας, -ου (mozo) ναύτης, -ου (mariñeiro) Nominativo νεανί-ας ναύτ-ης Vocativo νεανί-α ναύτ-α Acusativo νεανί-αν ναύτ-ην Xenitivo νεανί-ου ναύτ-ου Dativo νεανί-ᾳ ναύτ-ῃ 1.3.- O plural da 1º declinación. Como xa se apuntou os cinco casos presentados antes comparten as desinencias de plural independentemente do seu tema ou do seu xénero, deste xeito: PLURAIS FEMININOS MASCULINOS Nom σφαῖρ-αι τράπεζ-αι τιμ-αί νεανί-αι ναύτ-αι Voc σφαῖρ-αι τράπεζ-αι τιμ-αί νεανί-αι ναύτ-αι Acus σφαίρ-ας τράπεζ-ας τιμ-άς νεανί-ας ναύτ-ας Xen σφαιρ-ῶν τραπεζ-ῶν τιμ-ῶν νεανι-ῶν ναύτ-ῶν Dat σφαῖρ-αις τραπέζ-αις τιμ-αῖς νεανί-αις ναύτ-αις É bastante fácil, sobre todo nas desinencias de plural, atopar as concomitancias entre as desinencias da 1ºdeclinación latina e a grega, o que facilitará a súa memorización. GREGO αι (nom-voc) / ας (acus) / αις (dat) LATÍN -ae (nom-voc) / -as (acus) / -is (dat-abl)
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 3 2º.- DECLINACIÓN DOS ADXECTIVOS DA 1º CLASE. Os adxectivos gregos utilizan para declinarse os cadros desinencias dos substantivos. En función da declinación pola que se rexan distinguimos adxectivos de tres clases: - adxectivos da 1ª clase.- son os que se declinan pola 1ª e 2ª declinacións. - adxectivos da 2º clase.- son os que se declinan pola 3ª declinación - adxectivos da 3º clase.- son os que se declinan pola 1º e 3º declinacións O grego clásico enuncia os adxectivos de distinto xeito que os substantivos. O substantivo ofrece sempre os dous casos nominativo singular e xenitivo singular, e ademais o dicionario sempre nos indicará o seu xénero acompañando o substantivo pola forma do artigo en nominativo singular correspondente ao seu xénero: ὁ, ἡ, τό. Pola contra, os adxectivos da 1ª clase presentan no seu enunciado dúas posibilidades: - adxectivos de tres terminacións (similares aos da 1º clase latinos).- amosan tres formas en nominativo singular, unha para cada xénero. Poden ter dous enunciados en función de que a forma feminina sexa de tema en alfa ou en eta: δίκαι-ος, δικαί-α, δίκαι-ον (xusto) - καλ-ός, καλ-ή, καλ-όν (fermoso) - adxectivos de dúas terminacións que declinan a primeira forma para os masculinos e femininos e a segunda para os neutros: ἀθάνατ-ος, ἀθάνατ-ον (inmortal) Os paradigmas de cada un destes tres casos serían os seguintes: δίκαι-ος, -α, -ον Masculinos femininos neutros SING PLUR SING PLUR SING PLUR Nominativo δίκαι-ος δίκαι-οι δικαί-α δίκαι-αι Vocativo δίκαι-ε δίκαι-οι δικαί-α δίκαι-αι Acusativo δίκαι-ον δικαί-ους δικαί-αν δικαί-ας δίκαι-ον δίκαι-α Xenitivo δικαί-ου Δικαί-ῶν δικαί-ας δικαί-ῶν δικαί-ου δικαί-ῶν Dativo δικαί-ῳ δικαί-οις δικαί-ᾳ δικαί-αις δικαί-ῳ δικαί-οις καλ-ός, -ή, -όν Masculinos femininos neutros SING PLUR SING PLUR SING PLUR Nominativo καλ-ός καλ-οί καλ-ή καλ-αί Vocativo καλ-έ καλ-οί καλ-ή καλ-αί Acusativo καλ-όν καλ-ούς καλ-ήν καλ-άς καλ-όν καλ-ά Xenitivo καλ-οῦ καλ-ῶν καλ-ῆς καλ-ῶν καλ-οῦ καλ-ῶν Dativo καλ-ῷ καλ-οῖς καλ-ῇ καλ-αῖς καλ-ῷ καλ-οῖς
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 4 ἀθάνατ-ος, -ον masculinos e femininos neutros SING PLUR SING PLUR Nominativo ἀθάνατ-ος ἀθάνατ-οι Vocativo ἀθάνατ-ε ἀθάνατ-οι Acusativo ἀθάνατ-ον ἀθανάτ-ους ἀθάνατ-ον ἀθάνατ-α Xenitivo ἀθανάτ-ου ἀθανάτ-ων ἀθανάτ-ου ἀθανάτ-ων Dativo ἀθανάτ-ῳ ἀθανάτ-οις ἀθανάτ-ῳ ἀθανάτ-οις 2.1.- Determinantes e pronomes demostrativos e posesivos. En grego existe un pronome-determinante demostrativo de moito uso, xa que substitúe en case todos os contextos ao pronome persoal de 3º persoa, e que se declina coma este adxectivos da 1º clase. É αὐτός, αὐτή, αὐτό. Podémolo traducir por el-ela-iso ou ben por este-esta-isto. Αὐτός, -ή, -ό Masculinos femininos neutros SING PLUR SING PLUR SING PLUR Nominativo αὐτός αὐτοί αὐτή αὐταί Acusativo αὐτόν αὐτούς αὐτήν αὐτάς αὐτό αὐτά Xenitivo αὐτοῦ αὐτῶν αὐτῆς αὐτῶν αὐτοῦ αὐτῶν Dativo αὐτῷ αὐτοῖς αὐτῇ αὐταῖς αὐτῷ αὐτοῖς Coma este tamén se declina o seu correspondente demostrativo de lonxanía ἐκεῖνος, ἐκείνη, ἐκεῖνο, que se traduce por aquel-aquela-aquilo. Os determinantes e adxectivos posesivos declínanse seguindo estes paradigmas. Αs 1ª e 2ª persoas do singular seguen o modelo καλ-ός, -ή, -όν, co tema feminino en eta, e os seus correspondentes plurais o de δίκαι-ος, -α, -ον, co tema feminino en alfa. SINGULAR PLURAL ἐµός, ἐµή, ἐµόν o meu, a miña ἡµέτερος, ἡμετέρα, ἡµέτερον o noso, a nosa σός, σή, σόν o teu, a túa ὑµέτερος, ὑμετέρα, ὑµέτερον o voso, a vosa A 3º persoa de singular ou de plural non posúe formas propias de posesivo. No seu lugar emprega os xenitivos do pronome αὐτός, αὐτή, αὐτό colocados detrás do substantivo: αὐτοῦ, αὐτῆς, αὐτοῦ (del, dela, diso) - αὐτῶν (deles, delas, disos) ἡ δόξα αὐτῆς (a súa opinión) - τά δῶρα αὐτῶν (os seus regalos)
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 5 3.2.- Concordancia entre substantivos e adxectivos. Como ocorre no latín, cando un adxectivo acompañe a un substantivo formando un sintagma debe concordar con el en xénero, número e caso, de xeito de pode suceder que ambos compartan declinación e as desinencias sexan similares, ou ben, que teñan que ser declinados por cadros diferentes de distintas declinacións, o da mesma pero con tema distinto. As posibles combinacións que podemos atopar ate o momento son: - subs. fem. en alfa pura 1º decl. + adx. en alfa 1º decl: ἡ αὒρα σῶα (a brisa sa) - subs. fem. en alfa pura 1º decl. + adx. en eta 1º decl.: ἡ ἡµέρα καλή (o día fermoso) - subs. fem. en alfa pura 1º decl. + adx. 2º decl: ἡ ἀιτία ἀδικός (a causa inxusta) - subs. fem. alfa mixta 1º decl. + adx. en alfa 1º decl: ἡ δόξα δικαία (a opinión xusta) - subs. fem. alfa mixta 1º decl. + adx. en eta 1º decl.: ἡ δόξα κακή (a mala opinión) - subs. fem. en alfa mixta 1º decl. + adx. 2º decl.: ἡ δόξα ἀδικός(a opinión inxusta) - subs. fem. en eta 1º decl. + adx. en alfa 1º decl.: ἡ ἀρχή δικαία (o poder xusto) - subs. fem. en eta 1º decl. + adx. en eta 1º decl.: ἡ κακὴ ἀρχή (o mal poder) - subs. fem. en eta 1º decl. + adx. 2º decl.: ἡ ἀρχὴ ἀδικός (o poder inxusto) - subs. masc. en alfa 1º decl. + adxectivo 2º decl.: ὁ νεανίας καλός (o mozo fermoso) - subs. masc. en eta 1º decl. + adxectivo 2º decl.: ὁ κακὸς ἀθλητής (o mal atleta) - subs. masc. 2º decl. + adxectivo 2º decl.: ὁ ἂνθρωπος ἀγαθός (o home bo) - subs. neutro 2º decl. + adxectivo 2º decl.: τὸ δεινὸν θηρίον (a terrible fera) 4º.- O VERBO εἰµί. Do mesmo xeito que o verbo SUM latino, o verbo εἰµί é un verbo irregular porque non utiliza as desinencias habituais dos verbos regulares, e ten formas diversas nos seus temas; e defectivo porque non se conxuga en todas as formas e tempos en que o fai un verbo regular. É un dos verbos máis usados en grego por expresar significados moi frecuentes: ser, estar, haber, existir. As súas formas de presente e imperfecto de indicativo son: PRESENTE εἰµί εἶ εστί εσμέν εστέ εἰσί (ν) IMPERFECTO ἦν / ἧ ἦσθα ἦν ἦμεν ἦτε ἦσαν
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 6 4.1.- Significados do verbo εἰµί a) SER-ESTAR.- Un dos seus valores máis habituais é o de verbo copulativo, co significado de ser ou estar. Para iso é preciso a presenza dun ATRIBUTO. Ὁ ἂνθρωπος θάνατος ἐστίν (O home é mortal) Ἡ Ἀθηνᾶ τῆς σοφίας θέα ἐστίν (Atenea é a deusa da sabedoría) b) ESTAR-ACHARSE.- No caso de que ao verbo SUM o acompañe un COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL o seu significado será estar ou acharse. Ὁ ἂνθρωπος ἐν τῇ νήσῳ ἐστίν (O home está na illa) Οἱ νεανίαι ἐν τῇ χρήνῃ εἰσίν (Os mozos están na fonte) c) HABER.- Neste segundo caso a oración podería ter unha segunda interpretación, xa que podería traducirse por haber. Ambas traduccións serían correctas e habería que escoller a que mellos encaixase co texto en conxunto. Οἱ νεανίαι ἐν τῇ χρήνῃ εἰσίν (Hai mozos na fonte) d) Existen construccións máis específicas con SUM, que veremos máis adiante, onde adopta outros significados como, por exemplo, ter cando vai acompañado de dativo. En ocasións o verbo copulativo que funciona como mero enlace pode non aparecer na oración nas chamadas oracións nominais puras, pero debe ser sobreentendido e expresado na traducción destas ao galego: 5.- A ORACIÓN COPULATIVA. Θνητοὶ οἱ ἂνθρωποι (Os homes [son] mortais) Unha oración copulativa ou atributiva é aquela que une un SUXEITO ao seu ATRIBUTO por medio dun verbo copulativo. En grego o verbo copulativo é εἰµί, e chámaselle copulativo porque a súa mera función é a de unir estas dúas funcións. O SUXEITO e o ATRIBUTO han de concordar (=coincidir) en xénero, número e caso. Pero a concordancia en grego pode ter determinadas características especiais: a) se o SUXEITO é un substantivo neutro en nominativo singular, como o seu ATRIBUTO, o verbo pode aparecer en singular xa que se percibe ese substantivo neutro en plural como se se tratase dun substantivo colectivo. Δεινὰ τὰ θηρία ἐστίν (Terribles son as feras) > τὰ θηρία (neutro pl.) ἐστίν (3º sing) b) cando hai varios SUXEITOS, o ATRIBUTO e o verbo poden concertar en singular co substantivo máis próximo. Καλή ἐστίν ἡ δίκε καὶ ἡ σοφία (Fermosa é a xustiza e a sabedoría) c) cando o SUXEITO é un substantivo abstracto pode levar como ATRIBUTO un adxectivo en xénero neutro, que non concorde co xénero do SUXEITO. Podemos recoller ese matiz expresivo na traducción con xiros do estilo de algo fermoso/unha cousa fermosa Κακόν ἐστίν ἡ αἰδικία (A inxustiza é algo malo/unha cousa mala) Ἡ δίκε καὶ ἡ σοφία ἀγαθά εἰσίν (A xustiza e a sabedoría son boas=[cousas boas])
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 7 ACTIVIDADES 1º.- Ponlle o artigo correspondente a cada substantivo: πολίτης ψυχαί αἰτίων ὕλαις κεφαλή ποιητοῦ 2º.- Cambia de número os seguintes substantivos, mantendo caso e xénero: τοῖς πολίταις ἡ ἀδελφή τὴν χῶραν οἱ λησταί τῶν Νυμφῶν τῇ θαλάττῃ τῆς µάχης τὰς τέχνας ταῖς τύχαις 3º.- Declina co artigo os seguintes substantivos: N V A G D N V A G D N V A G D SINGULAR ἡ γενεά, -ᾶς ἡ Μοῦσα, -ης ἡ δίκη, -ης PLURAL
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 8 N V A G D ὁ ἀθλητής, -οῦ 4º.- Declina os seguintes sintagmas: SINGULAR de o alumno capaz: ὁ ἱκανὸς μαθητής NOMINATIVO VOCATIVO ACUSATIVO GENITIVO DATIVO NOMINATIVO VOCATIVO ACUSATIVO GENITIVO DATIVO PLURAL de a árbore grande: τὸ µὰκρον δένδρον 5º.- Analiza morfolοxicamente as seguintes formas e tradúceas segundo o exemplo: τὸν ἄνθρωπον- acusativo masculino singular (ao home) τῆς βουλῆς τῇ αἰτίᾳ αἱ φιλίαι τὴν γλῶσσαν ταῖς δόξαις οἱ ποιηταί τοῦ δεσπότου τῶν ἀτυχιῶν πολίτα τὰς τέχνας