PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO. CS de AUTOMOCIÓN

Σχετικά έγγραφα
Procedementos operatorios de unións non soldadas

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

DISPOÑO CAPÍTULO I. Disposicións xerais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Prevención de riscos laborais

Το ίκτυο Βιβλιοθηκών του Τµήµατος Κοινωνικού Έργου της Caja Madrid. La Red de Bibliotecas de Obra Social Caja Madrid

AXENDA BÁSICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DA FACULTADE DE DEREITO Curso º Cuadrimestre

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DE CENTROS E TITULACIÓNS

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

I.E.S. SALVADOR MADARIAGA. CURSO RESUMEN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LOE (2º E 4º ESO) DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Programación didáctica do Departamento de Tecnoloxía. IES Pontepedriña (S. de Compostela) Curso 2018/19

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

MAR GALAICA. CLUB DE TURISMO MARIÑEIRO

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO IES Ribeira do Louro

Departamento de Física e Química

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

OCIO E TEMPO LIBRE.12

AXENDA BÁSICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DA FACULTADE DE DEREITO Curso º Cuadrimestre

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Proxecto de innovación. Convocatoria Memoria final. Resultados do proxecto.

Inecuacións. Obxectivos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

Inmigración Estudiar. Estudiar - Universidad. Indicar que quieres matricularte. Indicar que quieres matricularte en una asignatura.

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

A APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA EN GALICIA: EFECTOS SOBRE A XERACIÓN DE EMPREGO

ELECTROTECNIA. BLOQUE 3: MEDIDAS NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS (Elixir A ou B)

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx

CiUG COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

PLANETA PLAST 1. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS RECURSOS E MATERIAIS Para facer o modelo de planeta...2

Académico Introducción

- Situación xeográfica e socio-económica-cultural Tipoloxía do Centro... 7

Curso PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: ESO, Bacharelato.

Resorte: estudio estático e dinámico.

GUÍA PRÁCTICA DE NOVAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O PO DE SÍLICE. Directiva 2004/37/CE. co financiamento de:

Guía Formativa Máis información: Cursos de Prevención de Riesgos Laborales. Cursos de prevención de riesgos laborales

Sistemas e Inecuacións

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Nro. 01 Septiembre de 2011

Consellería de Vivenda e Solo

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Estudo ISSGA. Estudo da situación das empresas en parques empresariais galegos

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Follas de RISCOS ELÉCTRICOS NO SECTOR NAVAL (I) INTRODUCIÓN

Consellería de Economía e Facenda

MEMORIA ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN E CAPITAL / 2006 DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

Una visión alberiana del tema. Abstract *** El marco teórico. democracia, república y emprendedores; alberdiano

Consellería de Innovación e Industria

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO ELÉCTRICO. Guía do Consumidor Cualificado de Enerxía Eléctrica

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CONTIDOS MÍNIMOS

SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6661

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL MOS. Urbanismo e Patrimonio APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DO CONCELLO DE MOS

A circunferencia e o círculo

Un. O artigo único queda modificado no sentido de engadir un apartado 3 1

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

MEMORIA DE ORZAMENTOS PARA XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E

Lógica Proposicional

MEMORIA EXPLICATIVA DO PLAN DE ACCIÓN DE TURGALICIA. A planificación da actividade turística permite un emprego óptimo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcript:

PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO CS de AUTOMOCIÓN 1

ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 4 1.1 RELACIÓN DO CICLO FORMATIVO CO SECTOR PRODUCTIVO.... 4 1.2 PERFIL PROFESIONAL DO TECNICO SUPERIOR EN AUTOMOCIÓN DE VEHÍCULOS... 6 1.3 ENSINANZAS DO CICLO FORMATIVO QUE DAN ACCESO O TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR EN AUTOMOCIÓN.... 12 1.4 UBICACIÓN DO CICLO FORMATIVO NO SISTEMA EDUCATIVO E EN RELACIÓN CON OUTROS ESTUDIOS... 13 1.5 ORGANIZACIÓN E CONEXIÓN ENTRE OS DISTINTOS MÓDULOS DO CICLO... 14 1.6 MÓDULOS TRANSVERSAIS... 17 1.7 VINCULACIÓNS DOS CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR CAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.... 18 2 OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO FORMATIVO:... 19 3 OBXECTIVOS XERAIS DOS MÓDULOS... 21 3.1 MÓDULO PROFESIONAL 1: SISTEMAS ELÉCTRICOS DE SEGURIDADE E CONFORTABILIDADE... 21 3.2 MÓDULO PROFESIONAL 2: SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE FORZAS E TRENS DE RODAXE... 23 3.3 MÓDULO PROFESIONAL 3: MOTORES TÉRMICOS E OS SEUS SISTEMAS AUXILIARES 25 3.4 MÓDULO PROFESIONAL 4: ELEMENTOS AMOVIBLES E FIXOS NON ESTRUCTURAIS... 27 3.5 MÓDULO PROFESIONAL 5: PREPARACIÓN E EMBELECEMENTO DE SUPERFICIES... 29 3.6 MÓDULO PROFESIONAL 6: ESTRUCTURAS DE VEHÍCULOS... 31 3.7 MÓDULO PROFESIONAL 7: XESTIÓN E LOXÍSTICA DO MANTEMENTO EN AUTOMOCIÓN 33 3.8 MÓDULO PROFESIONAL 8: ADMINISTRACIÓN, XESTIÓN E COMERCIALIZACIÓN NA PEQUENA EMPRESA... 34 3.9 MÓDULO PROFESIONAL 9: SEGURIDADE NO MANTEMENTO DE VEHÍCULOS... 36 3.10 MÓDULO PROFESIONAL 10: RELACIÓNS NO ENTORNO DE TRABALLO... 37 3.11 MÓDULO PROFESIONAL 11: PROXECTO INTEGRADO... 38 3.12 MÓDULO PROFESIONAL 12: FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO... 39 3.13 MÓDULO PROFESIONAL 13 FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL... 41 4 SECUENCIAS DE CONTIDOS... 43 4.1 SISTEMAS ELÉCTRICOS DE SEGURIDADE E CONFORTABILIDADE... 43 4.2 SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE FORZAS E TRENS DE RODAXE... 51 4.3 MOTORES TÉRMICOS E OS SEUS SISTEMAS AUXILIARES... 56 4.4 ELEMENTOS AMOVIBLES E FIXOS NON ESTRUCTURAIS... 61 4.5 PREPARACIÓN E EMBELECEMENTO DE SUPERFICIES... 67 4.6 ESTRUCTURAS DE VEHÍCULOS... 74 4.7 XESTIÓN E LOXÍSTICA DO MANTEMENTO EN AUTOMOCIÓN... 78 4.8 ADMINISTRACIÓN, XESTIÓN E COMERCIALIZACIÓN NA PEQUENA EMPRESA... 82 4.9 SEGURIDADE NO MANTEMENTO DE VEHÍCULOS... 87 2

4.10 RELACIÓNS NO ENTORNO DE TRABALLO... 90 4.11 PROXECTO INTEGRADO... 98 4.12 FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO... 100 4.13 FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL... 104 5 METODOLOXIA USADA... 109 5.1 PRINCIPIOS DE APRENDIZAXE... 109 5.2 SECUENCIAS DE APRENDIZAXE... 109 5.3 TIPOLOXIA DAS ACTIVIDADES.... 110 5.4 ESPACIOS E MEDIOS... 111 5.5 TEMPORALIZACION... 112 5.6 NORMAS DO TALLER... 112 5.7 AGRUPAMENTOS... 113 5.8 HORARIOS... 114 6 AVALIACION... 117 6.1 FUNCIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN:... 117 6.2 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:... 118 6.3 AVALIACIÓN PREVIA:... 119 6.4 AVALIACIÓN DA UNIDADE... 119 6.5 AVALIACIÓN CONTINUA... 120 6.6 AVALIACIÓN ORDINARIA.... 121 6.7 AVALIACIÓN DA FORMACIÓN EN CENTRO DE TRABALLO FCT... 122 6.8 ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN... 123 6.9 REPETICIÓN DO CICLO FORMATIVO.... 123 6.10 TITORÍA.... 124 6.11 ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.... 125 3

PROXECTO CURRICULAR DOS CICLOS FORMATIVOS Familia profesional: MANTEMENTO DE VEHÍCULOS AUTOPROPULSADOS Ciclo formativo: CICLO SUPERIOR 1 INTRODUCCIÓN 1.1 Relación do ciclo formativo co sector productivo. O término municipal de Vigo é un dos máis extensos (109 Km 2 ) o de máis poboación de Galicia (casi 300.000 habitantes), contendo á cidade de Vigo con uns 250.000 habitantes e 70.000 vigueses nun extenso espacio periurbano con características mixtas entre o urbano e o rural. A cidadade de Vigo representa un caso moi notorio de urbanización industrial acelerada, pero indudablemente é tamén o centro de gravedade dunha extensa e pobladísima zona correspondente ós municipios limítrofes pontevedreses (Baiona, Gondomar, Nigrán, Redondela, Mos, Porriño...) Neste medio socioeconómico se atopa a factoría de producción Citroën- Peugot (PSA) como un dos motores principais pola sua incidencia directa e indirecta na industria da comarca e na creacción de postos de traballo relacionados principalmente coa automoción. Asimesmo, na cidade e no resto da comarca hai varios asteleiros nos que existen claras posibilidades de absorción de profesionais preparados no manexo e mantemento de motores, máquinas e instalacións en xeral, relacionadas co amplio sector naval. A esto se engaden multitud de talleres, servicios oficiais, empresas de distribución, etc. que aportan un dinamismo e unha indudable fonte de traballo para os profesionaís saintes do ciclo que nos ocupa. A Lei Orgánica do Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) atribuie como finalidade á formación profesional, no ámbito do sistema educativo, a preparación do alumnado para á actividade no campo profesional e a sua capacitación para o desempeño cualificado das distintas profesións proporcionándolles unha formación polivalente que lles permita adaptarse as modificacións laborais que poidan producirse ó largo da sua vida. 4

Establecese tamén a Formación Profesional Específica de grao superior que se cursa logo da obtención do título de graduado en Ensino Secundario (ESO) e a de grao superior, que se cursa despois de ter o título de Bachiller, a superación destas ensinanzas da dereito os títulos de Técnico e Técnico Superior respectivamente. A LOXSE tamén prevé o acceso os ciclos formativos de formación profesional de persoas procedentes do mundo laboral sen necesidade de ter cursado a ESO nas condicións reglamentadas. Os títulos da familia de Mantemento de Vehículos Autopropulsados, subfamilia Automoción, foron deseñados baseándose na realidade do sector e nas suas necesidades de formación. A finalidade dos mesmos e acadar no alumnado as capacidades que se correspondan ós perfiles profesionais definidos, e polo mesmo, lles permitan integrarse no mundo laboral da sua profesión. Son estas, polo tanto, unhas ensinanzas terminais non sendo o obxectivo preparar para continuar con outras formacións inda que non se descarta esta posibilidade. O título de Técnico Superior en Automoción está encadrado na Familia Profesional de Mantemento de Vehículos Autopropulsados e dentro dela na subfamilia de Automoción. O obxetivo do título de Técnico Superior en Automoción é capacitar o alumnado para que sexan capaces de realizar operacións de diagnose, planificación, mantemento e reformas nas áreas de electricidade e electrónica, mecánica, hidráulica, pneumática e carrocería dos vehículos automóbiles pesados, motocicletas, maquinaria agrícola e de obras públicas, axustándose os procedementos establecidos, conseguindo a calidade requerida en condicións de seguridade. O rápido aumento do parque de automóbiles do país, a modernización do parque de vehículos que xenera un máis grande mantemento dos mesmos xunto coa reparación da averías técnicas, son entre outras, as razóns polas que debería existir unha gran demanda de profesionais cualificados neste sector. 5

1.2 Perfil profesional do Tecnico Superior en Automoción de vehículos TECNICO SUPERIOR EN AUTOMOCIÓN Nivel, Formación Profesional de Grao Superior. (Duración 2000 horas), Formación no centro educativo: 1620 horas. Formación no centro de traballo 380 horas PERFIL PROFESIONAL Competencia xeral Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son: -Realizar operacións de diagnose, planificación, mantemento e reformas nas áreas de electricidade e electrónica, mecánica, hidráulica, pneumática e carrocería dos vehículos automóbiles pesados, motocicletas, maquinaria agrícola e de obras públicas, axustándose ós procedementos establecidos, conseguindo a calidade requirida en condicións de seguridade. Capacidades profesionais: Capacidades técnicas -Interpretar e comprender información técnica e en xeral toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións de diagnose, mantemento, planificación e reformas nas áreas de electricidade e electrónica, mecánica, hidráulica, pneumática e carrocería. -Diagnosticar avarías complexas nas áreas da súa competencia, determinando as súas causas e planificando o proceso de reparación. 6

-Establece-los procesos máis axeitados, de acordo coas especificacións, para a diagnose e reparación de avarías. Capacidades para afrontar continxencias -Cumpri-la normativa de seguridade, medio ambiente e saúde laboral establecida. -Realizar probas, melloras e ensaios que impliquen un óptimo aproveitamento das instalacións e equipos. -Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas definidas dentro do ámbito da súa competencia. Capacidades na dirección de tarefas -Administrar e xestionar unha empresa ou taller de mantemento electromecánico de vehículos automóbiles pesados, motocicletas, maquinaria agrícola e de obras públicas. -Realizar funcións de planificación e dirección de tarefas nas áreas da súa competencia. -Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que dirixe e nas relacións cos clientes e provedores. -Interpretar ordes e información, xerando instruccións claras e precisas e actuando con rapidez. Capacidade para adaptarse ó medio -Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos superiores e subordinados. 7

Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo A este técnico superior, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en: -Interpretación da documentación técnica relacionada coas operacións para realizar. -Valora-los procedementos e custos das reparacións e transmitir esta información ós clientes, compañías de seguros, mandos superiores, etc. -Diagnosticar avarías complexas, determinando as súas causas, e planifica-lo proceso de reparación. -Conseguir no tempo establecido a calidade prevista polo fabricante do vehículo nas operacións realizadas. -Planifica-lo mantemento dos equipos, ferramentas e instalacións. -Cumpri-las medidas de seguridade, hixiene e medioambientais previstas na normativa. 8

EVOLUCIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos Menciónanse de seguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competenciadesta figura. Prevese: - A modernización das estructuras empresariais, producíndose un incremento considerable dos investimentos destinados á adquisición de bens de equipo, cunha importante renovación e implantación de maquinaria e bancos de diagnose e verificación. - O aumento da especialización das empresas permitiralle ó pequeno taller mante-lo seu "status" no mercado, aínda que isto non suporá un aumento do tamaño das empresas. - A penetración de novos equipos e sistemas de reparación, así como a utilización de novos materiais e elementos de maior calidade. - O progresivo incremento na utilización de elementos electrónicos e informáticos que gobernan os sistemas dos vehículos. - Un aumento dos sistemas de seguridade e confortabilidade nos vehículos para a protección de persoas e bens. - O desenvolvemento da normativa de seguridade, prevención e protección medioambiental, e maior esixencia na súa aplicación. - A regulación pola Administración das condicións para o exercicio desta actividade profesional. Cambios nas actividades profesionais Produciranse cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e elementos, así como de equipos máis sofisticados que permitirán maior precisión nos traballos de reparación, diagnose e verificación na área electromecánica. 9

A utilización de novos materiais e elementos, así como novas normas na seguridade activa e pasiva dos vehículos, dará lugar a un incremento nos niveis de calidade esixidos no mantemento, determinando unha actividade máis rigorosa para o seu control baseada na comprensión e na aplicación adecuada das normas de calidade específica. Algo semellante ocorrerá coas normas de seguridade, xa que a aplicación e control sistemático debe constituír unha actividade de importancia crecente Cambios na formación Como consecuencia dos cambios previsibles nos factores tecnolóxicos, introducíronse coñecementos de novos materiais (materiais compostos, novas aliaxes...), novos equipos de diagnóstico (autodiagnose, sistemas de diagnóstico de inxeccións electrónicas, sistemas de diagnóstico de ABS...) e sistemas electrónicos de control (suspensións pilotadas, módulos de ABS e EDS...) que aínda que polo de agora non teñen un emprego xeneralizado, prevese a súa progresiva implantación nos talleres do sector. A súa formación en calidade debe enfocarse a conseguir unha concepción global dela. Deberá coñece-la utilidade e instalación dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade no taller e un coñecemento da súa normativa e documentación específica, que o leve a ter en conta de forma permanente este aspecto, en tódalas súas actuacións. Así mesmo, aínda que os planos de seguridade de talleres están nestes momentos nunha fase incipiente de implantación, prevese a súa progresiva xeneralización. 10

POSICIÓN NO PROCESO PRODUCTIVO Contorno profesional e de traballo Este Técnico exercerá a súa actividade laboral fundamentalmente en : Talleres de mantemento e reparación de vehículos. Compañías de seguros, empresas dedicadas a I.T.V. Empresas de fabricación e montaxe de carrocerías e equipos. Laboratios de ensaios de vehículos. Empresas dedicadas a venda e comercialización de equipos dediagnose e de recambios. Empresas con flota de vehículos de aluguer, servicios públicos, transporte de pasaxeiros ou mercadorías... Contorno funcional e tecnolóxico Este técnico profesional sitúase fundamentalmente nas funcións de recepción, xestión do mantemento e diagnose de avarías, organizando, planificando e controlando as tarefas necesarias para o desenvolvemento de ditas funcións. As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abarcan os campos de: Electricidade e mecánica. Electrónica aplicada ó control. Hidráulica e pneumática. Os materiais, formas de unión e tratamentos. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes: Con fins de orientación profesional enuméranse de seguido as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título: Xefe de taller. Receptor ou reparador de vehículos. Encargado de taller. Encargado da sección de chapa e pintura. Encargado da ITV. Perito taxador de vehículos... 11

1.3 Ensinanzas do ciclo formativo que dan acceso o título de Técnico Superior en Automoción. DURACION: 2000 HORAS Os módulos profesionais correspondentes a este ciclo formativo son: Familia Profesional: MANTEMENTO DE VEHÍCULOS AUTOPROPULSADOS. Grao: SUPERIOR Título Profesional: TÉCNICO SUPERIOR EN AUTOMOCIÓN Modulos: Sistemas eléctricos de seguridade e de confortabilidade Sistemas de transmisión de forzas e conforatabilidade e trens de rodaxe Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares Elementos amovibles e fixos non estructurais Preparación e embelecemento de superficies Estructuras dos vehículos Xestión e loxística do mantemento na automoción Administración, xestión e comercialización na pequena empresa Seguridade no mantemento de vehículos Relacións no entorno de traballo Formación e orientación laboral Proxecto integrado Formación nos centros de traballo. 12

1.4 Ubicación do ciclo formativo no sistema educativo e en relación con outros estudios. Condicións de acceso directo Para cursa-los Ciclos Formativos de grao superior requírese cumprir algún dos requisitos seguintes: a. Posuí-los título de bacharelato establecido na lei orgánica 1/90 do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. b. Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias. c. Posuí-lo título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente. d. Ter superado o C.O.U. ou preuniversitario. e. Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente. Acceso mendiante proba Poden acceder mediante proba as persoas que non reunan os requisitos académicos e teñan cumpridos os vinte anos, ou os cumplan no ano da realización da proba. No caso de pusuir o título de técnico, para acceder mediante proba a un ciclo de grao superior da mesma familia profesional o requisito de idade é de 18 anos. Os contidos da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior, adecuaranse ós curriculos das correspondentes modalidades de bacherelato previstas na LOXE. A citada proba, constará de duas partes a. Parte xeral. b. Parte específica. A parte real acreditará madurez con relación cos obxectivos do bacherelato. A parte específica pretende avaliar as capacidades respecto o campo profesional correspondente. Esta última parte quedarán exentas as persoas que acrediten polo menos un ano de experiencia laboral nos campos profesionais que se correspondan cos estudios que pretenden cursar. 13

MÓDULOS PROFESIONAIS QUE PODEN SER OBXECTO DE VALIDACIÓN COA FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL Sistemas eléctricos de seguridade e de confortabilidade Sistemas de transmisión de forzas e conforatabilidade e trens de rodaxe Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares Elementos amovibles e fixos non estructurais Preparación e embelecemento de superficies Estructuras dos vehículos Xestión e loxística do mantemento na automoción Administración, xestión e comercialización na pequena empresa MÓDULOS PROFESIONAIS QUE PODEN SER OBXECTO DE CORRES- PONDENCIA COA PRÁCTICA LABORAL Preparación e embelecemento de superficies Elementos amovibles e fixos non estructurais Formación e orientación laboral Formación nos centros de traballo Unha vez rematado o ciclo formativo os alumno/as poden continuar a sua formación nas carreiras técnicas sinaladas no punto 7. 1.5 Organización e conexión entre os distintos módulos do ciclo Os módulos profesionais deste ciclo formativo desenrrolanse o longo de 2000 horas repartidas en dous cursos académicos completos: o primeiro no centro educativo, o seundo, ten dous trimestres no centro educativo e un trimestre farase no centro de traballo. Os módulos profesionais teñen significado por si mismos, especialmente os que estan asociados a unidades de competencia, pero tamen estan fortemente relacionados. En moitos casos as capacidades que se adquiren nun son empregadas en outros polo que a organización e secuenciación dos contidos é de especial importancia. 14

Igual que no resto dos ciclos da Formación Profesional Específica, o Ciclo Formativo de Electromecánica ten catro tipos de Módulos: - Módulos asociados a unha unidade de competencia. - Módulos transversais. - Módulo de formación no centro de traballo. - Módulo de política educativa. OBXECTIVOS XERAIS DE CADA MÓDULO Enténdese por obxectivos xerais os conxuntos de actividades profesionais obtidas na división da competencia profesional do título de tal xeito que teñan valor e significado no traballo. A formación que capacita ó alumno/a para realizar ese conxunto de actividades é o módulo asociado a esa unidade de competencia. Facendo unha lectura do perfil profesional e vendo cales son os seus obxectivos xerais temos a relación Obxectivos Xerais-Módulo Profesional: 15

Obxectivos xerais 1-Organizar, planificar e controlar-los procesos de reparación de avarías e/ou modificacións, na área de electromecánica. 2- Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de carrocería, bastidor, cabina i equipos, tamén as transformacións opcionais. 3- Xestionar o mantemento e a loxística asociada, atendendo a criterios de eficacia e calidade. 4- Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller. 5- Aplicar medidas e medios de seguridade referentes ós talleres e a súa relación coa saude do persoal e o Medioambiente. 6- Utilizar estratexias que permitan participar e calquer proceso de comunicación coas demáis áreas da empresa, cos clientes e proveedores. 7- Utilizar vías de información e formación relacionadas coa profesión que posibilite a inserción no sector de mantemento de vehículos. 8- Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial utilizando métodos que garanten a súa calidade. 9- Realizar procesos completos de diagnose e reparación do automóvil. Módulos profesionales Sistemas eléctricos de seguridade e de confortabilidade Sistemas de transmisión de forzas e conforatabilidade e trens de rodaxe Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares Elementos amovibles e fixos non estructurais Preparación e embelecemento de superficies Estructuras dos vehículos Xestión e loxística do mantemento na automoción Administración, xestión e comercialización na pequena empresa Seguridade no mantemento de vehículos Relacións no entorno de traballo Formación e orientación laboral Proxecto integrado Formación nos centros de traballo. 16

1.6 Módulos Transversais Os módulos transversais son bloques coherentes de formación que non estan asociados directamente a unha undade de competencia. Este módulos recollen capacidades comúns a varias unidades de competencia e son necesarios para completa-la competencia profesional. O módulo transversal neste ciclo é: Seguridade no mantemento de vehículos. MODULO DE FORMACIÓN NO CENTRO DE TRABALLO. O módulo de formación no centro de traballo é tamen un bloque de formación profesional específica. Neste módulo o alumno/a completa e aplica as competencias profesionais adquiridas no centro educativo. A sua característica mais relevante é que se desenvolve nun contexto productivo real. MODULO DE POLITICA EDUCATIVA. O módulo de Formación e Orientación Laboral ten a formación profesional especifica que se considera necesaria para completar o nivel formativo definido na política de títulos. PROMOCIÓN A promoción dos alumno/as será acorda por maioria na xunta avaliadora, sempre que o alumno/a supere os obxetivos de cada módulo. Un alumno/a non poderá facer o módulo de Formación en Centros de Traballo se antes non ten superados, con carácter xeral, todolos módulos do centro educativo. O equipo docente poderá autoriza-lo accesoá FCT a aqueles alumno/as que teñan un único módulo avaliado negativamente, sempre que se considere que o alumno/a ten fundadas posibilidades de superalo mediante as actividades de recuperación que se establezan nese período. 17

1.7 Vinculacións dos ciclos formativos de grado superior cas titulacións da Universidade de Vigo. 18

2 OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO FORMATIVO: Analizar sistemas do vehículo, con obxecto de determinar avarías, utilizando técnicas de diagnose, propoñendo solucións para a súa reparación. Utilizar de forma adecuada os equipos de diagnose e control utilizados para a detección de avarías dos vehículos. Interpreta-la información técnica asociada tanto a vehículos coma ós equipos e instalacións asociados ós procesos de mantemento. Analiza-los procesos de mantemento de vehículos, nas distintas áreas e ser capaz de aplicalos. Definir especificacións técnicas, tendo en conta normativas legais, necesarias para realizar transformacións opcionais e novas instalacións nos vehículos. Axustar parámetros de funcionamento en tódolos sistemas dos vehículos. Comprender e aplicala terminoloxía, métodos e técnicas necesarias para a xestión do mantemento e a loxística asociada a el. Analizalas medidas e medios de seguridade que hai que aplicar nos talleres, comprobando a utilización de recursos materiais e humanos, para axustalos á planificación prevista. Analizalos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e proteccións adecuadas. Comprendelo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de mantemento, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poidan presentarse neles. Utilizar e buscar vías de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector de mantemento de vehículos e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector. 19

Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa e con clientes e provedores. Analizar, adaptar e, no seu caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e adestramento dos profesionais ó seu cargo. 20

3 OBXECTIVOS XERAIS DOS MÓDULOS 3.1 Módulo profesional 1: Sistemas eléctricos de seguridade e confortabilidade Asociado a obxectivo xeral 1: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de avarías e as modificacións na área de electromecánica. Obxectivos do módulo: Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos de carga sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas e empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos de arranque sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos de iluminación sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos de sinalización e manobra sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos auxiliares sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Planificar operacións de mantemento e conversión dos equipos de climatización dos vehículos. 21

Diagnostica-las avarías dos diferentes circuítos de climatización sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Diagnostica-las avarías dos diferentes sistemas de confortabilidade (espellos regulados electronicamente, asentos con memoria, telemandos, peches centralizados, equipos de son...) e seguridade (airbag, cintos pretensados, alarmas) sobre vehículo, analizando o funcionamento e realizando as operacións de mantemento asociadas, empregando para tal fin os equipos e información técnica indicados polo fabricante. Deseñar instalacións novas ou modifica-las xa existentes nos sistemas eléctricos, de seguridade e confortabilidade, segundo a normativa de tipo legal para contribuír á mellora do funcionamento dos equipos. 22

3.2 Módulo profesional 2: Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe Asociado a obxectivo xeral 1: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de avarías e as modificacións na área de electromecánica. Obxectivos do módulo: Analiza-las características e constitución dos fluídos, principios que os gobernan, propiedades, magnitudes e unidades, para organizar, planificar e controla-los procesos de diagnóstico, mantemento e modificacións na área de electromecánica. Identificar, sobre a documentación técnica coa simboloxía asociada, os distintos compoñentes de circuítos de hidráulica e pneumática básica e proporcionais para realiza-lo diagnóstico das avarías complexas e planificar e controla-los procesos de mantemento e modificacións na área de mantemento electromecánico. Realizar montaxes de circuítos pneumáticos e hidráulicos sobre panel analizando e calculando os compoñentes, co obxecto de obter unha finalidade definida previamente. Analiza-las características e constitución dos sistemas de freada, principios que os gobernan, propiedades, magnitudes e unidades, para organizar, planificar e controla-los procesos de diagnóstico, mantemento e modificacións na área de electromecánica. Analiza-las características e constitución dos sistemas de suspensión, principios que os gobernan, propiedades, magnitudes e unidades, para organizar, planificar e controla-los procesos de diagnóstico, mantemento e modificacións na área de electromecánica. Analiza-las características e constitución dos sistemas de transmisión da forza, principios que os gobernan, propiedades, magnitudes e unidades, para organizar, planificar e controla-los procesos de diagnóstico, mantemento e modificacións na área de electromecánica. Utiliza-los sistemas adecuados de representación gráfica e a simboloxía axeitada na realización de esquemas que permitan explica-lo funcionamento 23

e describi-los parámetros que se deben axustar, sinalando a forma de realizalos. Describir e realiza-las diferentes operacións que permitan a diagnose e mantemento dos sistemas que compoñen o tren de rodaxe e a transmisións de forza. Operar destramente na diagnose e mantemento dos sistemas de suspensión convencionais e pilotados utilizando correctamente os equipos e ferramentas específicas segundo a documentación técnica. Analiza-las direccións convencionais e asistidas, para selecciona-lo procedemento a seguir nas operacións de diagnóstico e mantemento. Operar destramente na diagnose e mantemento dos sistemas de dirección convencionais e asistidos, utilizando correctamente os equipos e ferramentas específicos segundo a documentación técnica. Analiza-las rodas e a súa influencia nos sistemas de dirección e suspensión, para selecciona-lo procedemento a seguir nas operacións de diagnose e mantemento. Operar destramente na diagnose e mantemento das rodas, utilizando correctamente os equipos e ferramentas específicas, segundo a documentación técnica. 24

3.3 Módulo profesional 3: Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares Asociado a obxectivo xeral 1: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de avarías e as modificacións na área de electromecánica. Obxectivos do módulo: Coñecer e identifica-los materiais metálicos utilizados na industria do automóbil para planificar e realizar sobre eles os diferentes traballos de mantemento (mecanizado, soldadura, conformación...). Planifica-las operacións de mecanizado interpretando os planos e realizando os esbozos necesarios de acordo coas normas de debuxo (UNE, ISO, DIN...). Planificar e realiza-las operacións de mecanizado utilizando correctamente máquinas ferramentas e equipos, para efectua-lo mantemento de vehículos e deseño e fabricación de útiles. Analiza-la constitución e funcionamento dos motores de explosión e os seus sistemas auxiliares, explicando a función que cumpre cada un dos elementos dentro do sistema. Analiza-la constitución e funcionamento dos motores de combustión e os seus sistemas auxiliares, explicando a función que cumpre cada un dos elementos dentro do sistema. Diagnostica-las posibles avarías no motor de explosión e os seus sistemas auxiliares, planificando e realizando os procesos de mantemento asociados. Diagnostica-las posibles avarías no motor de combustión e os seus sistemas auxiliares, planificando e realizando os procesos de mantemento asociados. Identificar e analiza-los distintos equipos con que conta o taller de motores para utilizalos correctamente, interpreta-las medidas e realiza-lo mantemento axeitado. 25

Analiza-lo comportamento do motor, comparando as características obtidas mediante probas coas dadas polo fabricante ó introducirlle modificacións nos seus parámetros de funcionamento. 26

3.4 Módulo profesional 4: Elementos amovibles e fixos non estructurais Asociado a obxectivo xeral 2: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de carrocería, bastidor, cabina e equipos, e tamén as transformacións opcionais. Obxectivos do módulo: Analiza-las distintas técnicas de soldadura máis empregadas no automóbil, tipos de soldadura e tipos de máquinas. Identificar sobre a documentación técnica cal é o tipo de soldadura para empregar segundo o caso. Planificar e realizar montaxes de diferentes elementos sobre o vehículo, escollendo o tipo de soldadura máis axeitado. Analiza-las distintas técnicas de unión en conxuntos amovibles (parafusos, torcas, grampas, remaches...) para selecciona-la máis axeitada ó tipo de unión que se empregue. Planificar e realizar montaxes sobre o vehículo de diferentes elementos amovibles empregando en cada caso a técnica máis axeitada ó tipo de unión que se empregue. Identifica-los distintos tipos de plásticos máis usados en automoción. Determinar en cada caso o tipo de reparación a realizar, se procede, ou a substitución do elemento. Analiza-las distintas técnicas de reparación dos materiais de orixe plástico e as súas características, así como a conveniencia ou non de reparación. Planificar e realizar reparacións de elementos plásticos, escollendo en cada caso o tipo máis axeitado de reparación para empregar. Analiza-los diferentes tipos de danos sufridos na carrocería do automóbil, aplicando diferentes técnicas de diagnose (visual, lixado, tacto...) para determinar en cada caso a técnica de reparación que se empregue segundo o tipo de dano (desabolado, percorrido, corte, soldadura, remachado, pegado...). 27

Realizar reparacións, montaxes ou desmontaxes tanto de elementos fixos como amovibles e substitucións parciais de elementos da carrocería, prestando especial atención á calidade do acabado (calidades mecánicas e cosméticas). Analizala documentación técnica e a normativa que afecta á transformación dos útiles para poder deseñar pequenas ferramentas que nos poden servir no taller. Realizar esbozos da ferramenta, de acordo coa boa práctica, coa claridade e a limpeza requirida. Proceder á fabricación do útil deseñado. 28

3.5 Módulo profesional 5: Preparación e embelecemento de superficies Asociado a obxectivo xeral 2: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de carrocería, bastidor, cabina e equipos, e tamén as transformacións opcionais. Obxectivos do módulo: Identificar e analiza-las distintas técnicas de preparación de superficies para poder escolle-la máis axeitada segundo o caso. Realizar diferentes reparacións sobre vehículos aplicando en cada caso a técnica máis adecuada segundo a documentación técnica subministrada polo fabricante. Analiza-los defectos máis comúns que se dan durante o pintado para poder evitalos ou se fai falta reparalos. Identifica-los defectos de pintado sobre vehículos ou probetas preparadas para este fin e realiza-las correccións necesarias para corrixir estes erros. Identificar e analiza-las características dos diferentes productos empregados na igualación e protección de superficies para escolle-lo máis axeitado segundo o caso. Realizar aplicacións con estes productos sobre superficies de chapa ou de plástico, aplicando sempre a técnica descrita polo fabricante na súa documentación técnica. Identificar e analiza-los distintos equipos cos que conta o taller de carrocería para usalos de forma axeitada nos procesos de protección, igualación e embelecemento de superficies. Realizar operacións de reparación de superficies (igualación, protección e acabado) sen ser requirida unha destreza grande. Analiza-las distintas técnicas de personalización de superficies para aplica-la máis axeitada en cada caso. 29

Identifica-las distintas técnicas sobre o vehículo, así como os distintos equipos empregados na personalización de superficies (aerografía, serigrafía...). Realizar diferentes traballos de personalización de superficies empregando diferentes técnicas. Analiza-los distintos procesos de obtención dunha mestura para consegui-la cor que queremos segundo o caso. Círculo cromático, distribución das cores. Identifica-los distintos tipos de pinturas (monocapa, bicapa...) que podemos atopar nun vehículo para aplicala correctamente. Realizar mesturas de productos respectando as regras de proporcionalidade e viscosidade, manexando os equipos de que dispomos para este fin (balanza, mesturadora, regras, copa DIN, cámara cromática). 30

3.6 Módulo profesional 6: Estructuras de vehículos Asociado a obxectivo xeral 2: Organizar, planificar e controla-los procesos de reparación de carrocería, bastidor, cabina e equipos, e tamén as transformacións opcionais. Obxectivos do módulo: Analizar, coa axuda da documentación técnica, os distintos tipos de estructuras de carrocerías e as súas partes para poder determinar en cada caso o método máis axeitado de reparación. Identificar e coñece-los métodos de ensamblaxe dos diferentes compoñentes da carrocería, así como os equipos empregados para poder usa-lo máis adecuado. Realizar substitucións ou reparacións de elementos estructurais, relacionando a constitución do material e o proceso de fabricación. Coñece-los métodos de ensamblaxe dos diferentes dos diferentes compoñentes da carrocería segundo os procesos de fabricación e os procesos de fabricación de corpos ocos, por estampación. Analiza-las deformacións sufridas por unha carrocería de automóbil e os equipos para empregar para devolverlle a súa forma orixinal co fin de aplica-lo método de traballo máis axeitado. Identifica-los distintos equipos de que se dispón no taller de carrocería (bancada, gatos, escuadras...) para saber como teñen que ser coidados e usados. Realizar controis de deformacións sufridas por unha carrocería e diagnosticalos danos sufridos, determinando o proceso de reparación. Analiza-las técnicas de reparación e medición dunha carrocería coa bancada para determina-la máis axeitada segundo o caso. Identifica-los diferentes elementos de que está composta unha bancada relacionándoos coa función que fan. 31

Realizar medicións e reparacións (sempre manexando a documentación técnica subministrada polo fabricante da carrocería) de carrocerías sobre a bancada coidando que se respecten as cotas dadas polo fabricante da carrocería. Calcula-lo presuposto das posibles reparacións para realizar nunha carrocería. 32

3.7 Módulo profesional 7: Xestión e loxística do mantemento en automoción A Asociado a obxectivo xeral 3: Xestiona-lo mantemento e a loxística asociada, atendendo a criterios de eficacia e calidade. Obxectivos do módulo: Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes, tendo en conta os recursos humanos e medios dispoñibles. Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes, mediante métodos e tempos. Elaborar planos de distribución do traballo en función das cargas, co fin de asegura-la calidade, tendo en conta as instalacións e equipos dispoñibles. Analiza-la área de recambios para organiza-la distribución física, determinando e controlando existencias. Realizar planos de mantemento para pequenas e grandes flotas en función das necesidades presentadas ou introducir melloras no establecido. Cumpri-las normas de seguridade laboral no traballo, respondendo en condicións de emerxencia. 33

3.8 Módulo profesional 8: Administración, xestión e comercialización na pequena empresa Asociado a obxectivo xeral 4: Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller. Obxectivos do módulo: Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa. Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa. Determina-lla localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade. Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica. Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas. Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade. Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica. Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade. Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa. Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores. 34

Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda. Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio. Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto. 35

Módulos profesionais transversais 3.9 Módulo profesional 9: Seguridade no mantemento de vehículos Asociado a obxectivo xeral 5: Aplicar medidas e medios de seguridade referentes ós talleres e a sua relación coa saude do persoal e o Medioambiente. Obxectivos do módulo: Analizar normas de seguridade, hixiene e medioambientais no sector do mantemento do vehículo e nas operacións de diagnose e mantemento, especialmente cando se utilizan determinados equipos. Analiza-los factores e situacións de risco máis comúns no sector do mantemento de vehículos, nas operacións de diagnose e mantemento. Analiza-los medios, equipos e técnicas de seguridade no sector de mantemento do vehículo. Operar destramente cos medios e equipos de seguridade en casos simulados ou reais, seguindo as técnicas establecidas nas normas. Analiza-lo plano de seguridade (técnicas de evacuación, extinción de incendios...) e técnicas de traslado de accidentados, para mante-los niveis de seguridade fixados por norma. Realizar planos de evacuación, utilizando os medios de extinción de incendios e traslado de accidentados, establecendo procesos de coordinación coas entidades locais de Protección Civil e Cruz Vermella. 36

3.10 Módulo profesional 10: Relacións no entorno de traballo Asociado a obxectivo xeral 6: Utilizar estratexias que permitan participar e calquer proceso de comunicación coas demáis áreas da empresa, cos clientes e proveedores. Obxectivos do módulo: Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos. Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral. Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo. Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa. Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais. Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación. Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos. Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes. Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual. Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa. Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos. 37

3.11 Módulo profesional 11: Proxecto integrado Asociado a obxectivo xeral 7: Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial utilizando métodos que garanten a sua calidade. Obxectivos do módulo: Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial para o seu desenvolvemento, analizando os datos iniciais e os obxetivos que se pretendan acadar. Defini-las características técnicas do proceso productivo e os métodos que aseguren a súa calidade. Organiza-los traballos, tempos e materiais utilizados no proceso productivo, realizando a documentación, esquemas e gráficos. Realiza-las operacións encamiñadas á consecuión do proceso productivo nun tempo esperable e de maneira axeitada, avaliando e comparando os resultados de cada fase cos obxetivos previstos. Elabora-lo plan de promoción e venda. 38

3.12 Módulo profesional 12: Formación en centros de traballo Asociado a obxectivo xeral 9: Realizar procesos completos de diagnosis e reparación do automóvil. Obxectivos do módulo: Realizar procesos completos de reparación de estructuras en vehículos. Realizar procesos completos de preparación e embelecemento de superficies Realizar operacións de diagnóstico para o mantemento de vehículos na área do motor e os seus sistemas auxiliares. Realizar operacións de diagnóstico para o mantemento de vehículos na área de transmisión de movemento (caixas de cambios, transmisións, diferenciais, rodas...). Supervisa-las operacións realizadas na área de mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, facendo o axuste de parámetros, se é necesario. Supervisa-las operacións realizadas na áreas de transmisión de movemento, facendo o axuste de parámetros, se é necesario. Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes, tendo en conta os recursos humanos. Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes mediante métodos e tempos. Elaborar planos de distribución do traballo en función das cargas, co fin de asegura-la calidade, tendo en conta as instalacións e os equipos dispoñibles. Analiza-la área de recambios para organiza-la distribución física, determinando e controlando existencias. 39

Realizar planos de mantemento para pequenas e grandes flotas, en función das necesidades presentadas, ou introducir melloras no establecido. Realizar taxacións e elaborar orzamentos nos casos necesarios. 40

3.13 Módulo profesional 13 Formación e orientación laboral Asociado a obxectivo xeral 7: Utilizar vías de información e formación relacionadas coa profesión que posibilite a inserción no sector de mantemento de vehículos.. Obxectivos do módulo: Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde. Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes. Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo. Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións s imuladas. Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea. Analiza-las propias capacidades e intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos. Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa. Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses. Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais. Describi-lo sistema de protección social Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións. Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan. 41

Analiza-la situación comercial de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nun período concreto. 42

4 SECUENCIAS DE CONTIDOS 4.1 Sistemas eléctricos de seguridade e confortabilidade Contidos básicos (duración 235 horas) Contidos procedementais Diagnosticar e mante-los sistemas de carga do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación ou transformación do circuíto de carga. Selección e organización das técnicas de diagnose. Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Realización de probas en bancos de ensaio e sobre vehículo. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesario nos sistemas. Aplicación de control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mante-los sistemas de arranque do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación do circuíto de arranque. Selección e organización das técnicas de diagnose. 43

Selección e utilización de equipos. Realización de probas en bancos de ensaio e sobre vehículo. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesario nos sistemas. Aplicación de control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mante-los sistemas de iluminación do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación ou transformacións do circuíto de iluminación. Selección e organización das técnicas de diagnose. Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesarios nos sistemas. Aplicación de control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mante-los sistemas de sinalización e manobra do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación dos circuítos de sinalización e manobra. Selección e organización das técnicas de diagnose. 44

Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesario nos sistemas. Aplicación de control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mante-los sistemas auxiliares e de control do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Selección e organización das técnicas de diagnose. Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesario nos sistemas. Aplicación de control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mante-los sistemas de climatización Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación ou reconversión dos sistemas. Selección e organización das técnicas de diagnose. Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. 45

Montaxe de elementos. Axustes necesario nos sistemas. Control de calidade no mantemento. Diagnosticar e mantelos sistemas de confortabilidade e seguridade do vehículo Proceso de selección da documentación técnica para utilizar. Realiza-los cálculos necesarios para a instalación do circuíto de confortabilidade e seguridade. Selección e organización das técnicas de diagnose. Proceso de desmontaxe de compoñentes. Selección e utilización de equipos. Realización de probas en bancos de ensaio. Diagnóstico e mantemento de compoñentes. Montaxe de elementos. Axustes necesarios nos sistemas. Control de calidade no mantemento. 46

Contidos conceptuais Diagnosticar e mante-los sistemas de carga do vehículo Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de carga. Análise e descrición dos sistemas de carga. Función dos compoñentes dos sistemas. Sistema de carga con alternador. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de carga. Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas de arranque do vehículo. Análise e descrición dos sistemas de arranque. Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de carga. Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas de iluminación do vehículo. Análise e descrición dos sistemas de iluminación. Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de iluminación. 47

Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas de sinalización e manobra do vehículo. Análise e descrición dos sistemas de sinalización e manobra. Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de carga. Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas auxiliares e de control do vehículo Análise e descrición dos sistemas auxiliares e de control. Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos auxiliares e de control. Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas de climatización Función dos compoñentes dos sistemas. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de climatización. Magnitudes eléctricas que hai que comprobar cos aparellos de medida. 48

Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. Diagnosticar e mante-los sistemas de confortabilidade e seguridade do vehículo Análise e descrición dos sistemas de confortabilidade e seguridade. Función dos compoñentes dos sistemas. Magnitudes que hai que medir. Realización de esquemas normalizados dos circuítos de confortabilidade e seguridade. Comprobacións que se deben realizar ós elementos do sistema. 49

Contidos actitudinais Cumprir e facer cumprilas normas de seguridade, hixiene e medioambientais nos procesos. Seguilas directrices establecidas polo fabricante nos manuais técnicos en tódolos procesos a realizar. Autosuficiencia na realización das operacións de diagnose e mantemento. Cumpri-las normas UNE, DIN, ISO... na realización de debuxos. 50

4.2 Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe Contidos básicos (duración 160 horas) Contidos procedementais Instalacións pneumáticas e hidráulicas Cálculos para a realización de instalacións pneumáticas e hidráulicas novas e/ou para a modificación das xa existentes. Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos circuítos hidráulicos e pneumáticos. Diagnose e mantemento dos circuítos hidráulicos. Diagnose e mantemento dos circuítos pneumáticos. Sistemas de transmisión de movemento (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...) usados nos vehículos autopropulsados Cálculos para a obtención de parámetros e/ou para a modificación dos sistemas xa existentes. Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica. Sistemas de dirección (convencionais, asistidos...) usados nos vehículos autopropulsados Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). Diagnose e mantemento dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). 51

Sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS) utilizados nos vehículos autopropulsados Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Diagnose e mantemento dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...). Diagnose e mantemento dos sistemas dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...). 52

Contidos conceptuais Instalacións pneumáticas e hidráulicas Características, constitución e funcionamento dos fluídos e elementos que compoñen os circuítos hidráulicos, pneumáticos e transmisións hidrostáticas utilizados nos vehículos autopropulsados. Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos de circuítos hidráulicos e pneumáticos. Estudio e deseño de circuítos hidráulicos e pneumáticos. Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de transmisión de movemento (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...) usados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de transmisión (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de dirección (convencionais, asistidos...) usados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. 53

Sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicas...) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, pilotados...) Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. 54

Contidos actitudinais Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais nos procesos de mantemento e diagnose dos circuítos hidráulicos e pneumáticos utilizados nos vehículos autopropulsados. Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais nos procesos de mantemento e diagnose dos sistemas de transmisión, suspensión, dirección e freos. Cumprir e facer cumpri-las normativa nos procesos de mantemento e reforma das instalacións, sistemas e equipos. 55

4.3 Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares Contidos básicos (duración 160 horas) Contidos procedementais Instalacións pneumáticas e hidráulicas Cálculos para a realización de instalacións pneumáticas e hidráulicas novas e/ou para a modificación das xa existentes. Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos circuítos hidráulicos e pneumáticos. Diagnose e mantemento dos circuítos hidráulicos. Diagnose e mantemento dos circuítos pneumáticos. Sistemas de transmisión de movemento (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...) usados nos vehículos autopropulsados Cálculos para a obtención de parámetros e/ou para a modificación dos sistemas xa existentes. Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica. Sistemas de dirección (convencionais, asistidos...) usados nos vehículos autopropulsados Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). Diagnose e mantemento dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). 56

Sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS) utilizados nos vehículos autopropulsados Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Diagnose e mantemento dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos Interpretación de esquemas e manexo da documentación técnica necesaria para a diagnose e mantemento dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...). Diagnose e mantemento dos sistemas dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicos...). 57

Contidos conceptuais Instalacións pneumáticas e hidráulicas Características, constitución e funcionamento dos fluídos e elementos que compoñen os circuítos hidráulicos, pneumáticos e transmisións hidrostáticas utilizados nos vehículos autopropulsados. Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos de circuítos hidráulicos e pneumáticos. Estudio e deseño de circuítos hidráulicos e pneumáticos. Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de transmisión de movemento (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...) usados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de transmisión (embragues, caixas de velocidades, reductoras, diferenciais...). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de dirección (convencionais, asistidos...) usados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de dirección (convencionais, asistidos...). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. 58

Sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de freada e a súa asistencia (incluíndo ABS). Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. Sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, hidráulicas...) utilizados nos vehículos autopropulsados Normas de representación para a realización de debuxos, esquemas e planos. Estudio dos sistemas de suspensión (convencionais, pneumáticos, pilotados...) Aparellos de medida e útiles usados na diagnose de avarías. 59

Contidos actitudinais Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais nos procesos de mantemento e diagnose dos circuítos hidráulicos e pneumáticos utilizados nos vehículos autopropulsados. Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais nos procesos de mantemento e diagnose dos sistemas de transmisión, suspensión, dirección e freos. Cumprir e facer cumpri-las normativa nos procesos de mantemento e reforma das instalacións, sistemas e equipos. 60

4.4 Elementos amovibles e fixos non estructurais Contidos básicos (duración 160 horas) Contidos procedementais Métodos de soldadura Técnicas soldadura oxiacetilénica. Proceso de selección e calibrado dos equipos de soldadura oxiacetilénica. Características das técnicas de soldadura eléctrica con electrodo recuberto. Proceso de selección e calibrado dos equipos de soldadura eléctrica con electrodo recuberto. Técnica de soldadura MIG/MAG. Proceso de selección e calibrado dos equipos de soldadura MIG/MAG. Técnicas de soldadura por resistencia. Proceso de selección e calibrado dos equipos de soldadura por resistencia. Realizar traballos de reparación en carrocerías empregando en cada caso o tipo de soldadura máis axeitado. Substitucións de elementos amovibles Proceso de remachado. Proceso de substitución dun elemento ou conxunto amovible nunha carrocería. Interpretación da documentación técnica. 61

Proceso de selección dos aparellos de medida e verificación para os traballos que se van realizar. Materiais plásticos Técnicas de identificación dos plásticos máis empregados na automoción. Determina-la conveniencia ou non da reparación segundo o tipo de plástico. Proceso de selección e calibrada do equipo de soldadura de plásticos. Técnica de soldar plásticos. Técnica de pegado de plásticos. Diagnostica-los danos sufridos na carrocería Estudio visual do estado da carrocería. Selección e interpretación da documentación técnica. Identifica-los danos sufridos e determina-lo proceso de reparación. Elaboración dos presupostos. Reparación de carrocerías de automóbil Proceso de selección dos equipos. Proceso de selección do equipo de desabolado e recollido. Técnicas de desabolado. Técnicas de recollido. Proceso de selección do equipo de corte. Técnicas de corte. Proceso de reparación e medición dunha carrocería. Proceso para obte-las calidades mecánicas e cosméticas de reparación axeitadas. 62

Construcción e deseño de pequenos útiles ou ferramentas Realización de esbozos para o deseño da ferramenta. Técnicas de fabricación. Proceso de selección de máquinas e ferramentas para utilizar. Selección do material para utilizar. 63

Contidos conceptuais Métodos de soldadura Concepto de soldadura. Características da soldadura oxiacetilénica. Características da soldadura por arco eléctrico. Características da soldadura en atmosfera controlada (MIG/MAG). Normativa de seguridade no referente ó emprego destes equipos. Substitucións de elementos amovibles Importancia do material. Roscas, tipos de roscas, normalización (UNE, DIN...). Parafusos, torcas. Tipos e materiais. Remachado. Tipos e materiais de remaches. Grampas, tipos e materiais. Aparellos de medida e verificación. Materiais plásticos Obtención do plástico (polimerización). Termoplásticos. Termoestables. Elastómeros. Propiedades e características dos plásticos. Normativa básica aplicada a este tipo de materiais. 64

Diagnostica-los danos producidos nunha carrocería Características, constitución dunha carrocería. Elementos dunha carrocería. Aparellos de medida e verificación. Reparación de carrocerías Tódolos xa citados e mailos seguintes. Xeometría da carrocería. Desabolado. Recollido. Corte. Protección anticorrosiva. Lixas, tipos de lixas. Normas de seguridade e hixiene. Construcción de pequenos útiles e ferramentas Coñecemento de materiais. Normas de representación (UNE, DIN, ISO...). Aparellos de medida e verificación. 65

Contidos actitudinais Cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais. Segui-las directrices establecidas polo fabricante do vehículo en tódolos procesos que se realicen. Autosuficiencia na realización das operacións que se realicen. Amosar sempre unha actitude positiva e de colaboración cos outros compañeiros. 66

4.5 Preparación e embelecemento de superficies Contidos básicos (duración 170 horas) Contidos procedementais Taller de carrocería Deseño do taller de carrocería. Selecciona-los equipos cos que debe conta-lo taller de carrocería. Lixado de superficies Técnicas de lixado. Proceso de selección dos diferentes tipos de lixas. Técnica de lixado en seco. Técnica de lixado con auga. Proceso de selección e calibrado das diferente máquinas de lixado. Realizar traballos de preparación de superficies empregando en cada caso a técnica de lixado máis axeitada. Verifica-lo grao de preparación dunha superficie e decidir se está disposta para pintar. Pintado de superficies Aplicación de masillas de protección. Proceso de pintado. Proceso de pintado monocapa. 67

Proceso de pintado bicapa. Aplicación de antigrava. Analiza-los defectos máis comúns de pintado. Identifica-los defectos de pintado e decidi-la corrección necesaria. Igualación de superficies Proceso de igualación de superficies metálicas. Proceso de igualación de superficies plásticas. Manipulación e aplicación de productos para igualar superficies. Selecciona-lo producto máis axeitado para cada caso segundo a documentación técnica subministrada polo fabricante. Realizar operacións de preparación de superficies sobre carrocerías de vehículos. Personalización de superficies Analiza-los diferentes métodos de personalización de superficies. Técnica da aerografía. Técnica de serigrafía. Técnica do desdebuxado. Proceso de selección dos equipos para aerografía. Proceso de selección dos equipos para serigrafía. Técnica de pegado de adhesivos. Realizar diferentes traballos de personalización de superficies aplicando técnicas diferentes. 68

Colorística Proceso de selección e calibrado dos equipos empregados na colorimetría. Técnica de modificación dunha cor. Técnica de mestura de cores. Analiza-los posibles defectos na igualación unha cor. Realizar ensaios sobre probetas de igualación de diferentes cores. 69

Contidos conceptuais Taller de carrocería. Características do taller de carrocería. Características dos principais equipos de que consta este taller. Zona de preparación. Cabina de pintura. Secado por infravermellos. Soldaduras, etc. O Lixado de superficies Lixado en carrocería. Materiais abrasivos. Diferencia-los distintos tipos de lixa. Lixado con auga. Lixado en seco. Maquinas e ferramentas empregadas nas operacións de lixado. Normativa de seguridade no referente ó lixado de superficies. Pintado de superficies Fosfatación. Cataforese. Baños de inmersión. Antigravillonado e masillas de protección. Aprestos de fondo. 70

Aplicación de lacas e vernices. Pintado monocapa. Predici-los posibles defectos. Normativa de seguridade e hixiene. Igualación de superficies Técnicas de igualación de superficies. Posibles defectos. Coñece-los diferentes productos que podemos aplicar. Características dos posibles productos para empregar. Interpreta-la documentación técnica subministrada polo fabricante. Personalización de superficies Concepto de aerografía. Características dos aerógrafos. Características das máscaras. Características dos adhesivos. Colorística Cor. Coñece-la composición dunha pintura. Círculo cromático. Confeccionar diferentes cores. Balanza. Mesturadora. 71

Regras. Copa DIN. Cámara cromática. 72

Contidos actitudinais Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais no tocante á preparación e embelecemento de superficies. Segui-las directrices establecidas polos fabricantes nos manuais e documentación técnica que estes nos subministran. Autosuficiencia nas operacións de preparación e embelecemento de superficies. 73

4.6 Estructuras de vehículos Contidos básicos (duración 110 horas) Contidos procedementais Compoñentes dunha carrocería Analizar coa axuda da documentación técnica as diferentes partes dunha c arrocería. Identifica-los diferentes métodos de ensamblaxe de compoñentes da carrocería. Selecciona-los equipos máis axeitados segundo o elemento para ensamblar. Realizar substitucións de elementos estructurais. Procesos de fabricación. Técnicas de diagnóstico Proceso de control visual de enrugas, folguras e puntos de deformación. Proceso de control de deformacións mediante compoñentes (cristais, portas, capó...). Proceso de control de deformacións empregando os diferentes equipos de medida de que dispón o taller de carrocería. Bancada Analizalas diferentes partes ou compoñentes dunha bancada. Técnicas de medición e verificación dunha carrocería coa bancada. 74

Verifica-las medidas dunha carrocería axudándonos coa bancada Técnicas de reparación dunha carrocería con este elemento. Reparación de carrocerías Avalia-lo grao de deformación sufrido. Selección e interpretación da documentación técnica. Realización de presupostos Proceso de medición e reparación dunha carrocería sobre a bancada. Verificación da xeometría da carrocería. 75

Contidos conceptuais Compoñentes dunha carrocería Coñece-los materiais de que pode estar feita unha carrocería. Localización de compoñentes. Embutición profunda. Obtención de corpos ocos. Coñece-los procesos estampación. Ensamblaxe de conxuntos e subconxuntos. Interpreta-la documentación técnica. Técnicas de diagnóstico Xeometría espacial do vehículo. Aparellos de medida e verificación. Características dunha carrocería. Bancada Características da bancada. Reparación de carrocerías. Xeometría da carrocería. Dasabolado. Recollido. Corte. Protección anticorrosiva. Aparellos de medida e verificación. 76

Contidos actitudinais Cumpri-las normas de seguridade, hixiene e medioambientais no proceso de reparación de estructuras de carrocerías. Segui-las directrices especificadas polo fabricante na documentación técnica. Procurar ser autosuficiente na realización de operación de diagnose e reparación. Amosar sempre unha actitude de colaboración cos outros compañeiros. 77

4.7 Xestión e loxística do mantemento en automoción Contidos básicos (duración 150 horas) Contidos procedementais Cargas de traballo Elaborar documentos de programación. Sistemas de medición do traballo Técnicas de cronoanálise do tempo. Elaboración dos sistemas de tempos predeterminados. Técnicas de mostraxe. Interpretación de datos tipo. Métodos e organización do traballo no taller e nas áreas de recepción e recambios Técnicas de estudio. Elaboración de fluxos loxísticos. Técnicas de definición do método e a súa implantación. Elaboración das gammas de traballo. Políticas de almacenamento e control do almacén Técnicas de organización física do almacén. Técnicas de protección e conservación de mercadorías. 78

Determinación de stocks e sistemas de inventarios Técnicas da xestión de stocks para reducir custos. Técnicas de puntos de pedidos óptimos. Elaboración de inventarios e factores para ter en conta na súa xestión. 79

Contidos conceptuais Cargas de traballo Definición de carga. Tipos de cargas (planificada, preparada...). Sistemas de medición do traballo Cronoanálise. O tempo: tempo de execución, tempo de repouso... Sistemas de tempos predeterminados. Datos tipo. Métodos e organización do traballo no taller e nas áreas de recepción e recambios Estudio do traballo. Fluxos loxísticos. Definición do método e a súa implantación. Gammas de traballo. Políticas de almacenamento e control do almacén Tipos de almacéns. Custos de almacenamento. Determinación de stocks e sistemas de inventarios Custos. Puntos de pedidos óptimos. Factores que afectan á determinación do punto de reposición. Tipos de inventarios e factores para ter en conta na súa xestión. 80

Contidos actitudinais Eficacia na planificación do traballo. Secuencia e ordenación nos traballos. Rigor na medición dos tempos. Métodos e organización do traballo no taller e nas áreas de recepción e recambios. Distribución, secuencia e ordenación do traballo tendo en conta as necesidades. Autosuficiencia na aplicación de métodos no traballo e organización e xestión no taller. Normas para o almacenamento de mercadorías e criterios de distribución. Rigor na determinación de stocks. Busca e mellora de inventarios. 81

4.8 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa Contidos básicos (duración 65 horas) Contidos procedementais Identificación dos distintos tipos de empresas. Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica. Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios. Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia. Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa. Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións. A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles. Interpretación dos diferentes documentos contables. Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda. Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio. Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas. 82

Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social. Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa. Definición dun proxecto de creación dunha empresa. Descrición dos obxectivos empresariais. Estudio económico do mercado. Selección da forma xurídica. Determinación das xestións de constitución. Xustificación da localización. Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos. Valoración da viabilidade. 83

Contidos conceptuais A empresa e o seu contorno Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización. Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal. Formas xurídicas das empresas A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas. Xestión de constitución dunha empresa Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa. Xestión do persoal Tipos de contratos laborais. Réxime de autónomos. Retribución salarial. Cotizacións á Seguridade Social. Xestión administrativa Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio. Os libros contables e contas anuais. Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda. 84

Xestión comercial O producto ou servicio: características e requisitos. A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega. A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos. A distribución do producto: canles e modalidades. A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda. Obrigas fiscais O calendario fiscal. Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais. Liquidación do IVE. Liquidación do IRPF. 85

Contidos actitudinais Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa. Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional. Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial. Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial. Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa. Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa. Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa. Aportación de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa. Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio. 86

4.9 Seguridade no mantemento de vehículos Contidos básicos (duración 80 horas) Contidos procedementais Planos e normas de seguridade e hixiene Selección e interpretación de documentación sobre os planos de seguridade e hixiene. Aplicación das normas de seguridade e hixiene no taller de mantemento de vehículos. Actuar con orde e hixiene persoal no contorno de traballo. Factores e situacións de risco Prevención de factores e situacións de risco. Protección nas máquinas e instalacións. Medios, equipos e técnicas de seguridade Utilización de roupas e equipos de protección persoal. Sinalización e alarmas no taller de mantemento de vehículos. Mobilización e traslado de obxectos. Situacións de emerxencia Sistemas de evacuación: Deseño dun plano de evacuación. Realización de simulacros. Extinción de incendios: Técnicas de utilización de extintores. Traslado de accidentados. 87

Contidos conceptuais Planos e normas de seguridade e hixiene Política de seguridade nas empresas. Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de mantemento de vehículos. Responsabilidades de seguridade e hixiene. Tarefas específicas en situacións de emerxencia Factores e situacións de risco Riscos máis comúns no sector de mantemento de vehículos. Sistemas de ventilación e evacuación de refugallos. Medidas de seguridade nas reparacións, preparación de máquinas e mantemento. Medios, equipos e técnicas de seguridade Roupas e equipos de protección persoal. Sinais e alarmas. Equipos contra incendios. Medios asistenciais para afrontar curas, primeiros auxilios e traslados de accidentados. Situacións de emerxencia Normas sobre evacuación. Normas que se van seguir na extinción de incendios: Tipos de extintores segundo necesidades. Traslado de accidentados. 88

Contidos actitudinais Respecto pola saúde e o medio ambiente laboral, respectando e facendo respecta-las normas de seguridade e hixiene no traballo Sistemática na toma de decisións e actuacións que deben seguirse ante situacións de emerxencia co fin de evitar ou diminuí-los danos a persoas e instalacións. 89

4.10 Relacións no entorno de traballo Contidos básicos (duración 65 horas) Contidos procedementais Comunicación na empresa Producción de documentos. Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación. Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido. Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información. Conflictos Identificación da existencia dun conflicto. Análise das causas do conflicto. Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto. Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución. Negociación Identificación dos principais aspectos da negociación. Aplicación das técnicas concretas de negociación. Peche da negociación. 90

Toma de decisións Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións. Análise dos factores que inflúen nunha decisión. Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca. Liderado Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce. Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector. Delimitación do papel e competencias do mando intermedio. Conducción e dirección de equipos de traballo Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral. Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais. Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo. Identificación das distintas tipoloxías de participantes. Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución. Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral. 91

Motivación no contorno laboral Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade. Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles. Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas. Análise da actitude humana ante o traballo. Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas. Aplicación de incentivos e efectos deles. 92

Contidos conceptuais A comunicación na empresa Tipos de comunicación. Etapas dun proceso de comunicación. Canles e redes de comunicación. Dificultades e barreiras na comunicación. Recursos para manipula-los datos da percepción. Comunicación na empresa. Control da información. Conflictos Clases. Causas. Formas de exteriorización. Solución de conflictos. Negociación Condicións. Estilos de negociación. Fases nunha negociación. Toma de decisións Factores que inflúen na toma de decisións. Fases do proceso decisorio. Tipos de decisións. 93

Liderado Características. Teorías do liderado. Estilos de dirección. Supervisión do traballo. Delegación eficaz. Políticas de empresa. Conducción e dirección de equipos de traballo Características dos grupos. Funcionamento dos grupos. Técnicas de dinámica e dirección de grupos. Tipos de reunións. Preparación de reunións Desenvolvemento. Problemas que presentan as reunións. Motivación no contorno laboral Concepto. Principais teorías de motivación. Factores motivacionais. Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais. 94

Contidos actitudinais A comunicación na empresa Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión. Reacción creativa ante as barreiras comunicativas. Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado. Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios. Conflictos Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais. Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas. Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos. Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto. Negociación Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións. Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes. Apreciación do poder de influencia. Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada. 95

Toma de decisións Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral. Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas. Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada. Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral. Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección. Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados. Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz. Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos. Conducción e dirección de equipos de traballo Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo. Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa. Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización. Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social. Motivación no contorno laboral Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional. 96

Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral. Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal. 97

4.11 Proxecto integrado Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial para o seu desenvolvemento, analizando os datos iniciais e os obxetivos que se pretendan acadar. Determina-lo ámbito de actuación. Identifica-los trámites administrativos e a documentación. Selecciona-los xeitos de financiamento. Confirma-la viabilidade do proceso productivo. Defini-las características técnicas do proceso productivo e os métodos que aseguren a súa calidade. Elabora-la documentación técnica e administrativa do producto: Planos. Esquemas. Bosquexos. Formularios. Listas de materiais. Orzamentos. Organiza-los traballos, tempos e materiais utilizados no proceso productivo, realizando a documentación, esquemas e gráficos. Determina-la composición dos recursos humanos. Distribuí-los espacios a partir das necesidades previstas. Planifica-lo proceso productivo e os medios de traballo. Avaliala xestión de aprovisionamento e subministros. 98

Realiza-las operacións encamiñadas á consecuión do proceso productivo nun tempo esperable e de maneira axeitada, avaliando e comparando os resultados de cada fase cos obxetivos previstos. Identifica-la información técnica. Defini-lo proceso de traballo e a técnica máis axeitada. Realiza-los cálculos que definen os parámetros de funcionamento do producto. Realiza-las operacións técnicas de elaboración do producto. Determina-las medidas concretas para garanti-la viabilidade do proceso. Realiza-las operacións técnicas que verifican o correcto funcionamento do producto. Elabora-lo plan de promoción e venda. Valora-los medios máis axeitados de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio. Planifica-la promoción de venda do producto. 99

4.12 Formación en centros de traballo Duración 380 horas. Realizar procesos completos de reparación de estructuras en vehículos. Selección da documentación técnica subministrada polo fabricante do vehículo Preparación e posta a punto de equipos, útiles e bancada. Diagnóstico das deformacións. Colocación do vehículo sobre a bancada Determina-los ΑtirosΑ e Αcontra tiros Execución dos Αtiros Avalia-los resultados comprobando características dimensionais, acabado superficial, tempos, unións, resistencia do conxunto... Realizar procesos completos de preparación e embelecemento de superficies Detecta-los danos na superficie e nas diferentes capas de tratamento (anticorrosivos, igualacións, lacas, esmaltes...). Desenvolvemento total do proceso de preparación dunha superficie. Determina-la cor, tendo en conta a vivacidade, claridade e tonalidade. Preparación e axuste de cores. Determina-lo procedemento que hai que seguir no caso de transformacións solicitadas polo cliente. 100

Realizar operacións de diagnóstico para o mantemento de vehículos na área do motor e os seus sistemas auxiliares. Selecciona-la documentación técnica necesaria para o proceso de traballo. Selecciona-los equipos e útiles necesarios para cada operación. Manexar correctamente os equipos necesarios. Face-lo diagnóstico de avarías seguindo un plan lóxico e determinado previamente. Realizar operacións de diagnóstico para o mantemento de vehículos na área de transmisión de movemento (caixas de cambios, transmisións, diferenciais, rodas...). Selecciona-la documentación técnica necesaria para o proceso de traballo. Selecciona-los equipos e útiles necesarios para cada operación. Manexar correctamente os equipos necesarios. Face-lo diagnóstico de avarías seguindo un plan lóxico e determinado previamente. Supervisa-las operacións realizadas na área de mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, facendo o axuste de parámetros, se é necesario. Controla-los procesos de mantemento e ver que se axustan ó plano establecido. Realiza-las probas necesarias nos equipos e/ou sistemas reparados (mesmo probas na estrada). Realiza-los axustes de parámetros, se é necesario (postas a punto do acendido e distribución, axuste dos sistemas de inxección, corrección dos elementos contaminantes...). 101

Supervisa-las operacións realizadas na áreas de transmisión de movemento, facendo o axuste de parámetros, se é necesario. Controla-los procesos de mantemento e ver que se axustan ó plano establecido. Realiza-las probas necesarias nos equipos e/ou sistemas reparados (mesmo probas na estrada). Realiza-los axustes de parámetros, se é necesario (axustes na caixa de cambios e diferenciais, control de pneumáticos...). Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes, tendo en conta os recursos humanos e medios dispoñibles. Detección de necesidades formativas. Elaboración de programas formativos. Actualización de medios. Distribución de espacios. Elaborar planos para definir novos procesos de mantemento ou optimización dos existentes mediante métodos e tempos. Determinación de tempos de reparación. Comparación dos tempos empregados cos tempos predeterminados nas gammas. Eliminación de tempos improductivos. 102

Elaborar planos de distribución do traballo en función das cargas, co fin de asegura-la calidade, tendo en conta as instalacións e os equipos dispoñibles. Detección de avarías. Datas de entrega. Informa-lo cliente. Elabora-los ficheiros dos clientes. Analiza-la área de recambios para organiza-la distribución física, determinando e controlando existencias. Control dos recambios. Distribución e organización de espacios. Facer pedidos. Control de entradas e saídas. Elaborar ficheiros de clientes e provedores. Facer inventarios. Realizar planos de mantemento para pequenas e grandes flotas, en función das necesidades presentadas, ou introducir melloras no establecido. Determinación de tempo de parada de cada vehículo. Elaboración de planos de revisións periódicas. <R><R> Realizar taxacións e elaborar orzamentos nos casos necesarios. Estima-lo custo dunha reparación partindo da documentación técnica e tendo en conta as variables que interveñen. Elaboración de orzamentos. 103

4.13 Formación e orientación laboral Contidos básicos (duración 65 horas) Contidos procedementais Saúde laboral Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada. Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto. Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados. Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller. Determinación dos equipos de protección individual. Lexislación e relacións laborais Identificación das distintas modalidades de contratación. Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores. Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos Traballadores. Elaboración dunha folla de salario. Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto. 104

Orientación e inserción socio-laboral Elaboración do "curriculum vitae" e actividades complementarias deste. Identificación e definición de actividades profesionais. Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios. Principios de economía Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos. Manexo e interpretación de táboas económicas. Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas. Economía e organización da empresa Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc. Comparación e clasificación das diferentes empresas situadas no barrio. Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha. 105

Contidos conceptuais Saúde laboral Condicións de traballo e seguridade. Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos. Danos profesionais. Medidas de prevención e protección. Marco legal de prevención laboral. Notificación e investigación de accidentes. Estatística para a seguridade. Primeiros auxilios. Lexislación e relacións laborais Dereito laboral nacional e comunitario. Contrato de traballo. Modalidades de contratación. Modificación, suspensión e extinción da relación laboral. Órganos de representación dos traballadores. Convenios colectivos Conflictos colectivos. Seguridade Social e outras prestacións. Orientación e inserción socio-laboral Mercado de traballo. A autoorientación profesional. 106

O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego. Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social. Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais. Itinerarios formativos/profesionalizadores. Principios de economía Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos. Relacións socioeconómicas internacionais Economía e organización da empresa A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas. Funcionamento económico da empresa: Patrimonio da empresa Obtención de recursos: financiamento propio e alleo. Interpretación de estados de contas anuais. Custos fixos e variables. 107

Contidos actitudinais Saúde laboral Respecto pola saúde persoal e colectiva. Interese polas condicións de saúde no traballo. Valoración do medio ambiente como patrimonio común. Lexislación e relacións laborais Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais. Valoración e cumprimento da normativa laboral. Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral. Orientación e inserción socio-laboral Toma de conciencia dos valores persoais. Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións. Preocupación polo mantemento da ética profesional. Principios de economía Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga. Valoración crítica dunha economía de mercado. Economía e organización da empresa Valoración positiva da actuación do traballo en equipo. Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego. 108

5 METODOLOXIA USADA 5.1 PRINCIPIOS DE APRENDIZAXE Inclúen os principios metodolóxicos xerais e os de cada unha das unidades de competencia cos seus módulos asociados. Os principios básicos son: Partir do nivel de desenvolvemento do alumno/a. Construción de aprendizaxes significativas e unha memorización comprensiva. Axudarlle á apredizaxe autónoma. Aprender a aprender. Posibilita-la actualización dos seus coñecementos. Aprendizaxes funcionais e motivadoras. Proporcionar situacións de intensa actividade mental. Promove-la interacción na aula. Os principios nos módulos son: Dentro do bloque conceptual: Coñecemento de técnicas. Dentro do bloque procedimental: Aplicacións e realizacións concretas. Combinación das dúas anteriores. 5.2 SECUENCIAS DE APRENDIZAXE As súas fases: Introducción. Exposición Exemplarización. Realización da actividade. Agrupamento dos alumno/as segundo o tipo de actividade (2, 4 ou grupos maiores co apoio suficiente de profesorado). 109

Contemplarase desdobramento de profesorado para grupos de máis de 20 alumno/as. 5.3 TIPOLOXIA DAS ACTIVIDADES. Utilízase unha metodoloxía constructivista na aprendizaxe onde interveñen unhas actividades de aprendizaxe e unhas actividades de avaliación. Utilízanse uns materiais que serven para a aprendizaxe activa ou tamén serven para o estudio posterior da actividade. O proceso será de ensinanza-aprendizaxe. Dánse contidos de tipo conceptual, procedimental e destrezas. A realización de actividades deberanse adaptar ós contidos e virán determinados polo espacio, os medios e a metodoloxía do proceso de ensinanzaapredizaxe. A avaliación avaliará o aproveitamento da actividade e as capacidades adquiridas. Deberán ter un contido conceptual e un contido procedimental: -Nos contidos conceptuais realízase unha exposición-explicación dos conceptos fundamentais, investigando e afondando o alumno/a de seguido; realizando traballos e fichas de tipo teórico. -Nos contidos procedimentais o alumno/a protagoniza as actividades, introducíndose materia nova de xeito incremental, aportando apoio mediante explicacións e demostracións; realizando fichas de contidos procedimentais. Tamén se contamplará a realización de actividades de descubrimento; para isto deberanse dar unhas condicións óptimas para o desenvolvemento das súas capacidades. 110

5.4 ESPACIOS E MEDIOS Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas De conformidade co establecido no R.D. 777/1998 do 30 de abril, o Ciclo formativo de Formación Profesional de Grao Superior de Automoción require, para a impartición das ensinanzas definidas neste Decreto, os seguintes espacios mínimos: Espacio formativo Taller de mecánica de automoción, Superficie (30 alumno/as) Superficie (20 alumno/as) Grao de utilización > 300 m 2 > 270 m 2 40% Taller de carrocería > 240 m 2 > 180 m 2 30% Taller de electricidade e neumohidráulica > 90 m 2, > 60 m 2 20% Aula polivalente > 60 m 2 > 40 m 2 10% Os criterios de organización dos espacios e os medios do centro asegurarán un ambiente agradable e funcional para desenvolve-las actividades de ensinanzaaprendizaxe. Utilizaranse racionalmente: Talleres, aulas e equipamentos comúns e individuais. Equipamentos e materiais didácticos: - E. Audiovisuais - Materiais. - Ferramentas e instrumentos de medida. Bibliografía: 111

-Libros de texto. - Manuais de obradoiro 5.5 TEMPORALIZACION A temporalización das actividades estan.reflectidas na programación de cada módulo. De forma xeral atemporalización pode ser: - Dúas semanas (20 horas) - Unha semana (10 horas) - Tres semanas (30 horas) 5.6 NORMAS DO TALLER Os alumno/as só poderán accder ó taller nas horas de clase. Esíxese puntualidade nas horas de entrada como no tempo para recoller o material. O material, equipos, instalacións e ferramentas con que está dotado cada taller é de uso exclusivo para as prácticas correspondentes as distintas unidades didácticas de cada módulo. O alumno/a será responsable do seu equipo de ferramenta, do seu bo uso e conservación. As actividades prácticas a realizar en cada taller serán exclusivamente as relacionadas coas unidades didácticas do módulo correspondiente e dentro do horario fixado para cada un dos módulos, excepto permiso expreso do profesor. O orde e a limpeza da área de traballo e dos úteis será responsable de cada grupo de alumno/as. 112

En cumprimento das NORMAS DE SEGURIDADE, utilizaranse os equipos específicos de seguridade (gafas, guantes, máscaras...) de cada máquina, instalacións, e a vestimenta adecuada. Os equipos de limpeza e hixiene de uso xeral, así como as instalacións, deberán ser respetadas para beneficio de todos. Están severamente prohibidos comportamentos incorrectos como fumar, comer, beber y andar xogando polo taller, ou coas máquinas e demáis instalacións. Nos traballos realizados no taller deberáse prestar atención a acadár os obxectivos de cada unidade didáctica mostrando unha atitude positiva no traballo de grupo e contribuir a crear en xeral un bon ambente de traballo. 5.7 AGRUPAMENTOS CONSTITUCIÓN DE GRUPOS. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumno/as/as por centro. O número de alumno/as de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas e das posibilidades das instalacións e medios de cada ciclo e centro en particular e non deberá supera-los 30 alumno/as, non contabilizándose para estes efectos o alumnado repetidor. Para calquera modificación destes límites require autorización expresa da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 113

PROFESORADO DO CENTRO. Cada módulo dun ciclo formativo constitúe unha unidade de oferta formativa e, polo tanto, será impartido, con carácter xeral, por un só profesor. En todo caso, sempre que existan espacios e razóns de seguridade ou de práctica educativa, e o número de alumno/as sexa superior a 20 por grupo, a Inspección Educativa poderá autoriza-lo desdobramento do grupo. No caso de desdobramento de grupos de alumno/as terase en conta que: O profesorado que participe do desdobramento dun módulo ten a obriga de se responsabilizar da impartición da totalidade dos contidos e de avalia-lo alumnado que o cursa, polo tanto: -Non Se poderá dividi-lo módulo profesional por tipos de contidos. -En ningún caso o profesorado dos grupos desdobrados rotará na aula ou no taller. 5.8 HORARIOS HORARIO DO CICLO FORMATIVO. A distribución horaria dos módulos que constitúen o ciclo formativo será a que se indica, no que tamén se reflicte o número de sesións que corresponde no caso de organización horaria en sesións de 50 minutos. Non obstante o centro poderá establecer unha distribución horaria diferente que deberá ser aprobada pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria antes do inicio do ciclo formativo. O centro polas súas características específicas ou polas dos ciclos que imparten, se require unha modalidade horaria especial pode solicitalo á delegación provincial que, logo do informe da Inspección Educativa resolverá o que proceda, respectando a distribución horaria. 114

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá autorizar outras modalidades horarias diferentes Coa finalidade de que se poida verifica-lo cumprimento do horario mínimo para cada ciclo, a dirección do centro remitirá á Inspección Educativa, xunto co horario semanal do grupo, un calendario no que irán especificados os días lectivos da formación no centro educativo. 115

116