DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Σχετικά έγγραφα
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Departamento de Física e Química

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Procedementos operatorios de unións non soldadas

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CONTIDOS MÍNIMOS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

P R O G R A M A C I O N D E F Í S I C A E Q U Í M I C A C U R S O

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO IES Ribeira do Louro

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Resorte: estudio estático e dinámico.

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Programación Didáctica do. Curso

CIENCIAS DA NATUREZA:

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PLANETA PLAST 1. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS RECURSOS E MATERIAIS Para facer o modelo de planeta...2

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

O MÉTODO CIENTÍFICO. ten varias etapas 2. BUSCA DE REGULARIDADES. cifras significativas

Curso PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: ESO, Bacharelato.

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

PROGRAMACIÓN DE FRANCÉS

I.E.S. SALVADOR MADARIAGA. CURSO RESUMEN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LOE (2º E 4º ESO) DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

A actividade científica. Tema 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

INGLÉS 2016/2017. Página 1 de 17

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

CALCULO DA CONSTANTE ELASTICA DUN RESORTE

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO

Programación didáctica do Departamento de Tecnoloxía. IES Pontepedriña (S. de Compostela) Curso 2018/19

ONDAS. segundo a dirección de vibración. lonxitudinais. transversais

A ciencia estuda o universo

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

FÍSICA. = 4π 10-7 (S.I.)).

Curso IES As Telleiras

IES Castelao O Calvario - VIGO. Departamento de MATEMÁTICAS

AXENDA BÁSICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE CALIDADE DA FACULTADE DE DEREITO Curso º Cuadrimestre

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO. CS de AUTOMOCIÓN

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

XEFA DE DEPARTAMENTO: CARMEN VILARIÑO AGRAS

Decreto 138/2011 Técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Física e Química 4º ESO

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

PRÁCTICA Nº 4. o movemento

Informe de Intercomparación do equipo automático de PM2,5 co método gravimétrico en aire ambiente en A Coruña no 2014 LMAG

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

Sistemas e Inecuacións

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

- Situación xeográfica e socio-económica-cultural Tipoloxía do Centro... 7

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

MECÁNICA. (2,5 puntos cada problema; escollerá a opción A ou B; non é necesario escoller a mesma opción en tódolos problemas).

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

PAU XUÑO 2012 FÍSICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Código: 25 PAU XUÑO 2012 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

PROGRAMACIÓN OFICIAL DA MATERIA PERCUSIÓN

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal Página 1

PAU MATEMÁTICAS II APLICADAS ÁS CCSS

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Inecuacións. Obxectivos

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras

Prevención de riscos laborais

MECÁNICA. (2,5 puntos cada problema; escollerase a opción A ou B; non é necesario escoller en todos os problemas a mesma opción).

PAU Setembro 2010 FÍSICA

FÍSICA OPCIÓN 1. ; calcula: a) o período de rotación do satélite, b) o peso do satélite na órbita. (Datos R T. = 9,80 m/s 2 ).

Transcript:

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA IES DO CASTRO VIGO PROGRAMACIÓN CURSO 2017-2018 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 1

ÍNDICE DE CONTIDOS a) Índice xeral Metodoloxía e obxectivos xerais...7 Materiais e recursos didácticos...8 Libros de texto......9 Medidas de atención á diversidade.........10 Atención ós alumnos pendentes......11 Tratamento do fomento da lectura / proxecto lector...11 Tratamento do fomento das tics...12 Actividades complementarias e extraescolares...12 Programación da educación en valores.........13 Plan de convivencia...14 Procedemento para avaliar e incorporar modificacións á programación....14 Reunión semanal do Departamento de Física e Química..14 b) Programación ESO Física e Química de 2º da ESO 1. Introdución e contextualización...15 2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave...15 3. Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables...16 4.- Concreción dos obxectivos para o curso e obxectivos por Bloques...20 5.- Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable do grao mínimo de consecución para superar la materia...23 6.- Programa da materia por Bloques 30 7.- Criterios de avaliación por Bloques..31 8.- Temporalización por Bloques...33 9.- Metodoloxía...33 10.- Procedementos e instrumentos de avaliación...34 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 2

11.- Materiais e recursos didácticos incluídos libros de texto...34 12.- Criterios de avaliación cualificación e promoción do alumnado...35 13.- Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos resultados...35 14.- Descrición do grupo despois da avaliación inicial..36 15.- Medidas da atención a diversidade...37 16.- Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso Educación en valores...39 17.- Accións de contribución ao proxecto lector, ao plan tic e ao plan de convivencia...42 18.- Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico...43 19.- Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e aprendizaxe de práctica docente e niveis de adquisición dos indicadores de logro......44 20.-Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das propias programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora..52 Física e Química de 3º da ESO 1. Introdución e contextualización...53 2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave...53 3. Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables e Bloques...54 4.- Concreción dos obxectivos para o curso e por Bloques...58 5.- Concreción dos contidos.concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable do grao mínimo de consecución para superar a materia...61 6.- Criterios de avaliación por Bloques...67 7.- Temporalización por Bloques...72 8.- Metodoloxía...72 9.- Procedementos e instrumentos de avaliación...73 10.- Materiais e recursos didácticos incluídos libros de texto...73 11.- Criterios de avaliación cualificación e promoción do alumnado...74 12.- Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos resultados......74 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 3

13.- Descrición do grupo despois da avaliación inicial.....75 14.- Medidas da atención a diversidade...76 15.- Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda e educación en valores...78 16.- Accións de contribución ao proxecto lector, ao plan tic e ao plan de convivencia...81 17.- Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico...82 18.- Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino aprendizaxe e a práctica docente e os niveis de adquisición dos indicadores de logro...83 19.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das propias programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora...97 FÍSICA E QUÍMICA DE 4º DA ESO 1.- Introdución...98 2.- Obxectivos xerais do curso...99 3.- Bloques de contidos de unidades didácticas...99 4.- Distribución temporal dos contidos...101 5.- Concreción dos contidos. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable do grao mínimo de consecución para superar la materia....102 6.- Actividades de laboratorio...114 7.- Contribución da materia ao logro das competencias básicas...115 8.- Procedemento para a realización da avaliación inicial......117 9.- Criterios e Instrumentos de avaliación......117 10. Contidos mínimos...118 10A- Contidos mínimos para alumnos de 4º coa F e Q pendente de terceiro da ESO e plano de seguimento das materias pendentes..120 11.- Criterios de cualificación.........121 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 4

12.- Procedemento para a cualificación de alumnos de 4º da ESO que asisten a reforzo en algunhas das horas de F e Q. Programas específicos personalizados para alumnos repetidores...121 13.- Promoción...121 14.- Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente e os niveis de adquisición das indicadores de logro...122 Revalida de 4º da ESO. Matriz de especificacións cos estándares de aprendizaxe avaliables por bloques coa súa porcentaxe 266 c) Programación Bacharelato Física e Química 1º de bacharelato 1. Introdución e contextualización...139 2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave..139 3. Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables...141 4. Concreción dos obxectivos para o curso...147 5. Concreción dos contidos por unidade..148 6. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable do grao mínimo de consecución para superar a materia....153 7. Actividades por Bloques...163 8. Actividades de laboratorio.. 165 9.Temporalización...166 10. Metodoloxía e criterios metodolóxicos...167 11. Procedementos e instrumentos de avaliación...168 12. Materiais e recursos didácticos incluídos libros de texto...169 13. Criterios de avaliación cualificación e promoción do alumnado.. 169 14. Criterios / Instrumentos de avaliación... 170 15. Programas específicos personalizados para alumnos repetidores de Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 5

1 de Bacharelato 171 16. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos resultados....171 17. Promoción....171 18. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino aprendizaxe e a práctica docente e os niveis de adquisición dos indicadores de logro.171 Física de 2º de bacharelato 1.- Introdución...186 2.- Obxectivos xerais do curso...187 3.- Bloques de contidos e unidades didácticas:... 187 4.- Distribución temporal dos contidos...192 5.- Obxectivos. Contidos. Criterios de avaliación. Estándares de aprendizaxe e Competencias por Bloques...193 6.- Actividades de laboratorio. Ver anexo 1 da páx 281....206 7.- Criterios / Instrumentos de avaliación...207 8.- Contidos mínimos..211 9.- Criterios de modificación da programación.213 10.- Programas específicos personalizados para alumnos repetidores.213 11.-Promoción...214 12.- Indicadores de logro para avaliar o proceso ensino aprendizaxe e a práctica docente e niveis de adquisición dos mesmos..214 Matriz de especificación cos estándares de aprendizaxe avaliables por bloques coa súa porcentaxe.270 Química de 2º de bacharelato 1.- Introdución...232 2.- Obxectivos xerais do curso...233 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 6

3.- Bloques de contidos.233 4.- Distribución temporal dos contidos...237 5.-Obxetivos. Contidos. Criterios de avaliación. Estándares de aprendizaxe e competencias claves por bloques 237 6.- Actividades de laboratorio...246 7.- Instrumentos de avaliación e criterios... 247 8.- Contidos mínimos...248 9.- Criterios de cualificación...251 10.- Programas específicos personalizados para alumnos repetidores da materia...252 11.- Promoción...252 12.- Indicadores de logro para avaliar o proceso ensino aprendizaxe e a práctica docente e os niveis de adquisición dos indicadores de logro.252 Matriz de especificación cos estándares de aprendizaxe avaliables por bloques coa súa porcentaxe.276 Metodoloxía e Obxectivos xerais A finalidade da F e Q é que o alumnado coñeza os fenómenos naturais e comprenda o mundo que o rodea. En consecuencia, a aprendizaxe dos fenómenos científicos, en xeral, e os naturais, en partícula, debe ter en conta tanto a concepción teórica e dedutiva como a indutiva. Os coñecementos sobre ciencias da natureza adquiridos polo alumnado nos dous primeiros cursos da ESO deben ser afianzados e ampliados durante o 3º da ESO (ultimo ano de ensino obrigatorio para todos os alumnos) e no seguinte curso, 4º da ESO onde a materia é opcional. Nestes ano ou anos incorporaremos actividades prácticas, propias do traballo da material, enfocadas sempre a busca de explicacións de fenómenos. Por outro lado a preparación profesional dos estudantes esixe que, en bacharelato, o currículo de F e Q inclúa os contidos que permitan abordar con éxito os estudos superiores, tanto os estudos universitarios de carácter científico ou técnico como os ciclos formativos de Formación Profesional de grao superior. Na programación conxugamos o carácter terminal da materia en 4º ou ben en 3º da ESO co carácter propedéutico para aqueles alumnos que van seguir estudos de ciencias. Pretendemos cos alumnos despois dou dous cursos da ESO adquiran un coñecemento homoxéneo e adecuado de ambas material de forma que poidan abordar con éxito os estudos seguintes ou que acceda ao mercado do traballo con coñecementos científicos correctos. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 7

En xeral o estudo da F e Q terá en conta os seguintes aspectos: a) Os contidos non son só os de carácter conceptual, senón tamén procedementais e actitudinais, de forma que a súa presentación está encamiñada á interpretación da contorna do alumnado e a acadar as competencias básicas propias da materia, o que supón empregar unha metodoloxía baseada no método científico. b) Acadar unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de forma que os contidos poidan ser aplicados no entendemento da realidade próxima (aprendizaxe por competencias) e no estudo doutras materias. c) Promover unha aprendizaxe construtiva, os contidos e as aprendizaxes serán consecuencias uns doutros anteriormente coñecidos. d) Tratar temas básicos de F e Q axeitados ás posibilidades cognitivas individuais dos alumnos. e) Favorecer o traballo colectivo entre os alumnos. Para tratar os contidos dende a tripla perspectiva de conceptos, procedementos e actitudes e para contribuír á adquisición de determinadas competencias, a proposta didáctica e metodolóxica debe consideran a ciencia como unha actividade en permanente construción e revisión, e ten que ofrecer a información científica necesaria resaltando o papel activo do alumno no proceso de aprendizaxe mediante diversas estratexias: a) Darlle a coñecer métodos científicos habituais na actividade e investigación. b) Xerar escenarios atractivos e motivadores para acadar un achegamento á ciencia c) Propor actividades prácticas que sitúe ao alumno fronte o desenvolvemento do método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e axudándoo a se afrontar co traballo científico, motivándoo para o estudo en profundidade do fenómeno elixido. d) Combinar os contidos presentados mediante exposión oral, mediante cadros explicativos e sistemáticos, nos que a representación gráfica é un importante recurso de aprendizaxe que facilita non só o coñecemento e a comprensión inmediata, senón tamén a obtención de obxectivos da materia e en consecuencia de etapa e por conseguinte as competencias básicas. Todas estas consideracións metodolóxicas deberán ser tidas en conta na actividade educativa diaria mediante: a) Un tratamento dos contidos, de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa. b) Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada ao alumno. c) Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión de feitos científicos e naturais. Materiais e recursos didácticos Para axudar a conseguir estes obxectivos metodolóxicos, empregaranse diversas materias curriculares como : a) Libro de texto que deberá ir encamiñado á participación cotiá do alumno no proceso educativo. b) Laboratorio que axudará a facer fincapé no aspecto experimental da materia e que servirá para motivar ao alumno. c) Recursos relacionados coas Tecnoloxías de información e comunicación (internet, vídeos, CD-ROM), interesando non só polas posibilidades de obter información, feito Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 8

en si moi interesante, senón tamén polas enormes posibilidades se simulación de fenómenos científicos que ofrece. d) Manexo da procesador de texto OpenOffice e desenvolvemento das súas posibilidades na presentación de resultados numéricos e gráficas asociadas. e) Biblioteca con todos os libros de lectura científica recomendados e coleccións de vídeos de Física e Química. Libros de texto O libro de texto é o recurso máis estendido e tradicional e segue a ser dos máis importantes. Os criterios que o departamento sopesou para a súa elección foron: a) Exposición clara dos contidos. b) Claridade nos conceptos e resaltado das ecuacións máis importantes. c) Resumo dos conceptos ao final de cada unidade. d) Lecturas científicas ou sobre científicos en cada unidade. e) Actividades diversas e con diferente grado de dificultade para atender a diversidade dos alumnos. f) Problemas numéricos de dificultade variada, en moitos casos a dificultade crecente aparece indicada. g) Propostas de actividades no laboratorio facilmente realizables. h) Os libros de textos elixidos están no mercado nos dous idiomas oficiais. Aínda que os criterios anteriores foron de terminantes, tamén se tivo en conta os recursos que acompañan ao libro (CD-ROM con avaliacións multimedia en case todos os textos) e a carpeta de recursos para o profesor con propostas de actividades extraescolares e coas solucións de todas as actividades propostas. O Departamento, despois de analizar as propostas didácticas das distintas editoriais, decidiu escoller os libros indicados na seguinte táboa: 2º da ESO S.M. Savia de J.G.L de Guereño e col. 9788467586817 código 171925 3º da ESO Mc Graw Hill education de E. Andrés del Río, M.A. Yuste Muñoz e col. 9788448195793 4º da ESO Mc Graw Hill education de E. Andrés del Río, F. Larrondo Almeda e col. 9788448608767 1º Bacharelato Oxford Educación Inicia Dual 9788467393842 2º Bacharelato Química Santillana. Proyecto saber hacer. 9788468026770 2º Bacharelato Física Oxford Educación Inicia Dual 9780190502584 Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 9

Medidas de atención a diversidade Para dar unha cumprida resposta á diversidade que se atopa nas aulas, teranse en conta aqueles contidos nos que os alumnos amosan un nivel menos homoxéneo. Debemos ter en conta que non todos os alumnos adquiren coa mesma intensidade e rapidez os contidos tratados, por iso debe asegurarse un nivel mínimo para todos eles e que todos teñan a posibilidade para recuperar os contidos non adquiridos no seu momento. Esta función debe ser desenvolvida mediante actividades e material complementario que xa acompaña os libros de texto dos diferentes cursos e por outras actividades que debe ir elaborando o departamento ao longo do curso. A atención á diversidade está tamén na base de determinado tipo de actividades como son as de investigación e ampliación para aqueles alumnos que as precisen, de este modo, favorécense as técnicas de traballo autónomo e permiten a cada alumno aplicar o ritmo e a forma de traballo máis adecuada ás súas características individuais. De entre as diversas formas de atención á diversidade que se contemplan, este departamento aplicará aquelas que se refiren as adaptacións curriculares non significativas, e dentro destas, aos aspectos que se refiren á utilización de metodoloxías diversas, actividades de reforzo e actividades de amplificación e uso de material didáctico complementario. a) Metodoloxía diversa: consideramos que son recursos para introducir nas formas de enfocar ou presentas determinados contidos ou actividades como consecuencia dos distintos graos de coñecementos previos que se detecten nos alumnos ou simplemente como prevención de posibles dificultades. b) Actividade de reforzo e ampliación: usaranse en casos de alumnos que manifesten algunha dificultada para traballar determinados contidos, axustando o grao de complexidade da actividade ás súas posibilidades, isto implica unha dobre esixencia:determinar que contidos son fundamentais e cales son complementarios. Unha vez establecidos confeccionarase un número importante de actividades para cada un dos contidos considerados como fundamentais con distintos niveis de complexidade. c) Material didáctico complementario: permite axustar o proceso de ensino-aprendizaxe ás diferenzas individuais dos alumnos. Con este tipo de materiais perséguese consolidar os contidos que presentan un maior grao de dificultades, prácticas habilidades instrumentais ligadas aos contidos, enriquecer o coñecemento de temas polos que os alumnos mostran interese e ampliar e afondar en temas de especial relevancia para o desenvolvemento dos contidos. Desta forma atenderemos aos alumnos alumnos que presenten sobredotación ou que precisen reforzos educativos e o anterior vale tamén para alumnos estranxeiros e alumnos con discapacidade física que normalmente veñen coas axudas necesarias Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 10

subministradas pola propia administración. Atención aos alumnos coa materia de F e Q pendente a) Tratamentos dos alumnos de 4º da ESO coa F e Q pendente de 3º da ESO e dos de 3º da ESO coa F e Q pendentes de 2º da ESO O profesor encargado da atención aos alumnos pendentes tanto da ESO como do Bacharelato será o xefe de Departamento agás nos casos onde o centro asigne outro profesor para impartir estas clases coas características de reforzo na materia ou área Cada trimestre ao alumnos realizará unha proba de avaliación, cada unha das probas dará lugar a unha cualificación final que será a media aritmética das tres avaliacións. No caso de non superar a materia mediante avaliacións, o alumno realizará unha última proba, en datas fixadas pola xefatura de estudo,normalmente antes do 1 de maio, para que nun exame final intentar superar a materia, esta data obriga fixar a data da terceira avaliación para os alumnos con pendentes antes das avaliacións normais. Esta proba final, o mesmo cas anteriores probas parciais, constará de cuestións e problemas incluídos dentro dos contidos mínimos establecidos para os alumnos pendentes As avaliacións parciais da materia coincidirán máis ou menos coas avaliacións normais, serán realizadas fóra do horario escolar e as notas serán introducidas polo xefe de departamento no Xade co cal os pais dos alumnos terán unha completa información da evolución académica do seu fillo respecto das materias pendentes. b) Tratamento dos alumnos de 2º de bacharelato coa F e Q pendente de 1º Independentemente de que os alumnos coa materia pendente poidan superar a mesma na data que fixa a xefatura de estudos no mes de maio, este departamento consciente das dificultades académicas que esto implica, facilita a superación da materia pendente, convocando exames ao longo do primeiro e segundo trimestre do curso, nestes exames a materia estará dividida en dúas partes Física e Química, de modo que cando un alumno supere as dúas partes terá a materia aprobada e non terá que asistir ao exame final. No caso de que a media dos dous exames non sexa de cinco, terá que realizar o exame final convocado pola xefatura de estudos. Todas as datas dos exames estarán anunciados coa debida antelación e os contidos dos exames serán os recollidos nos contidos mínimos da materia que aparecen na presente programación. Se houbese disponibilidade horaria no departamento, impartiríanse clases semanis de unha hora os luns a terceira hora da tarde (fóra do horario escolar) e voluntaria para os alumnos coa materia de primeiro pendente. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 11

Tratamento do fomento da lectura Co fin da fomentar o hábito de lectura e mellora na súa práctica en cada curso se realizarán periodicamente lecturas de textos científicos ou sobre a vida d e científicos ou da historia da ciencia. Empregarase unha media de 15 minutos á semana para esta actividade estas sesións de lectura realizaranse na propia aula de clase, aínda que tamén se poderá facer algunha na biblioteca se é factible en canto a tempo e organización da mesma. Os textos elixidos poderán sacarse do propio libro de texto, de libros de historia da ciencia da propia biblioteca escolar ou de de artigos de interese científico baixados de internet, procurarase que vaian cambiando os alumnos que lean para que participen todos nesta actividade. O Departamento de F e Q subministrará os textos para cada un dos niveis da materia e despois da lectura valorarase o éxito ou o fracaso do texto / libro elixido. Dende o departamento potenciaremos a participación dos nosos alumnos nos clubs de lectura do instituto, un para a ESO e outro para Bacharelato. Tratamento do fomento das TIC Dentro das posibilidades deberase ir introducindo aos alumnos no emprego das TIC, en internet temos a nosa disposición un montón de recursos que se poden perfectamente aproveitar, como por exemplo appels de física que emulan fenómenos físicos de imposible realización nos laboratorios escolares ou simulacións perfectas. Na rede temos unha ampla gama de prácticas virtuais de laboratorio onde o alumno escolle o material e os reactivos que precisan para a realización da práctica. É unha boa idea que os alumnos asistan algunha vez á aula de informática para que exploren algunha web de recursos didácticos e F e Q. O departamento irá poñendo na web do centro enlaces ás recursos máis interesantes para que os nosos alumnos teñan un acceso cómodo aos mesmos. O manexo de tratamento de texto de oppenoffice será obrigado nos traballos prácticos do laboratorio en todos os cursos con maior ou menor amplitude dependendo do nivel dos alumnos. Actividades complementarias e extraescolares Participación nas actividades de ciencias propostas pola Consellería. Visita á Universidade de Vigo e coñecemento das liñas de investigación. Visita ás actividades do Concello de Vigo Visita a algunha central de enerxía alternativa ou tradicional Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 12

Participación nas olimpíadas de Física e Química e noutros programas de investigación científica a nivel estatal. Participación na Master class que a facultade de Física da universidade de Santiago desenvolve cada ano referida á Física das partículas e dirixida especialmente a alumnos de Física de segundo de Bacharelato. Participación no Programa Erasmus. Visita a fábricas da localidade. Programación da educación en valores O desenvolvemento industrial propicia un consumo masivo e indiscriminado que ameaza con esgotar os recursos naturais, é urxente e vital realizar, entre todos, unha reflexión sobre a necesidade de xestionar de maneira eficaz e máis razoable os recursos que nos brinda o planeta. A educación do consumidor é un programa que se pode tocar tanto na ESO como no Bacharelato. Moitas transformacións sociais son ocasionadas por avances da ciencia e da tecnoloxía, sen embargo, non todos os avances están exentos de problemas, un dos máis importantes é a degradación que sofre o medio ambiente, motivada, a maioría das veces, por conflitos de intereses opostos. A educación ambiental é un programa que debe impregnan a materia ao longo de todos os cursos. Moitas veces se ten culpado aos científicos de ser os máximos responsables do descubrimento e a fabricación de armas e, polo tanto, do seu uso destrutivo. A verdade é que non son máis culpables que outros moitos que con seus actos, as súas ideas e decisións, contribúen a desencadear os conflitos bélicos. Por elo, se desexamos unha sociedade na que prime o respecto e a tolerancia para todos as persoas, independentemente do seu lugar de orixe, cor, credo, etc, temos que actuar en consecuencia. A idea da educación para a paz debe ser unha dos vieiros guía á hora de elaborar textos para todos os niveis escolares. Como queira que nos últimos anos aumentou a esperanza de vida debido a diversos factores de tipo social e de tipo científico (por exemplo, os avances conseguidos en Medicina). A este últimos factor, a Química contribúe de maneira notable con dúas grandes aportacións: o illamento e síntese de numerosos medicamentos que alivian ou evitan multitude de enfermidades e o descubrimento dos fertilizantes, estes dous avances teñen cabido en todo o temario de Química, facendo fincapé na de 2º de Bacharelato onde se estudan estes avances polo miúdo nos unidades de equilibrio (Haber) e de aplicación da química orgánica na educación para a saúde.. E para terminar, e como queira que a cinemática está presente nos dous cursos da ESO e no 1º de Bacharelato, esta presencia permite introducir nestes niveis o debate sobre os factores físicos que determinan as limitacións de velocidade no tráfico e a necesidade obxectiva de respectala pois estos principios físicos están por riba das nosas destrezas o volante, é dicir a educación vial debe ser un recurso útil e necesario na aula. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 13

Plan de convivencia En colaboración coa comisión de convivencia do instituto o departamento de Física e Química colaborará coa promoción e lecturas nas aulas dos seguintes materias: a) Caderno para a formación de mediadores e mediadoras, b) A igualdade como solución. c) Non fagas tratos co maltrato. d) Maltrato entre iguais e) Boas prácticas da convivencia. É un percorrido por problemas actuais e graves, os alumnos dispoñerá do material na aula e na biblioteca do centro e periodicamente adicaremos un temo a comentar as obras Procedemento para incorporar modificacións á programación. Da análise efectuada nas xuntanzas de departamento das programacións desenvolvidas ao logo do curso escolar, decidimos, as modificacións das mesmas en función dos resultados obtidos cos nosos alumnos, estas modificacións serán introducidas na programación do vindeiro curso, desta forma obtemos unha programación máis adecuada aos nosos intereses e os intereses dos alumnos. Tamén analizamos os resultados dos libros de texto escollidos e a súa idoneidade ou non despois de traballar con eles e cos nosos alumnos durante os cursos que marca a lei. Nas xuntanzas de departamento tamén unificamos criterios de contidos e procuramos no mesmo nivel facer idénticos exames. Reunión das xuntanzas do departamento de Física e Química Un martes mensual as 16h 30 min. A decisión da semana na que realizaremos a reunión a decidiremos entre os membros do departamento. Da análise efectuada nas xuntanzas de departamento das programacións desenvolvidas ao logo do curso escolar, decidimos, as modificacións das mesmas en función dos resultados obtidos cos nosos alumnos, estas modificacións serán introducidas na programación do vindeiro curso, desta forma obtemos unha programación máis adecuada aos nosos intereses e os intereses dos alumnos Tamén analizamos os resultados dos libros de texto escollidos e a súa idoneidade ou non despois de traballar con eles e cos nosos alumnos durante os cursos que marca a lei. Nas xuntanzas de departamento tamén unificamos criterios de contidos Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 14

FÍSICA E QUÍMICA DE 2º DA ESO 1.- Introdución e contextualización A materia de Física e Química debe capacitar os alumnos e as alumnas para extraeren e comunicaren conclusións a partir de probas científicas, formularen preguntas que a ciencia poida responder e explicaren cientificamente fenómenos físicos e naturais. Á achega á competencia propiamente científica cumprirá engadir as correspondentes ao resto das competencias clave. É preciso o afondamento nunha verdadeira cultura científica, baseada na concepción da ciencia como cultura e non só como un conxunto de coñecementos que, estruturados en teorías, poidan ter algunha aplicación máis ou menos útil. Neste sentido, resulta salientable a achega de Física e Química á competencia en conciencia e expresións culturais, por ser moitos os logros da ciencia que modificaron o noso modo de entender o mundo e moitos os científicos e as científicas que influíron na nosa forma de comprender a realidade; consecuentemente, personaxes como Newton, Lavoisier, Boyle, Marie Curie, Lise Meitner, no plano internacional, ou Antonio Casares Rodríguez, Ramón María Aller Ulloa e tantos outros, na nosa comunidade, deben ser recoñecidos e valorados como actores principais da construción da nosa cultura. 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. A física e a química non son alleas ao desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, xa que promoven actitudes e valores relacionados coa asunción de criterios éticos fronte a problemas relacionados co impacto das ciencias e da tecnoloxía no noso contorno: conservación de recursos, cuestións ambientais, etc. A mesma competencia tamén está relacionada co traballo en equipo que caracteriza a actividade científica. Non debemos esquecer que o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación e, consecuentemente, a competencia dixital merece un tratamento específico no estudo desta materia. O alumnado de ESO e bacharelato para o que se desenvolveu o presente currículo básico é nativo dixital e, en consecuencia, está familiarizado coa presentación e a transferencia dixital de información. O uso de aplicacións virtuais interactivas permite realizar experiencias prácticas que por razóns de infraestrutura non serían viables noutras circunstancias. Por outra banda, a posibilidade de acceder a unha grande cantidade de información implica a necesidade de clasificala segundo criterios de relevancia, o que permite desenvolver o espírito crítico do alumnado. A elaboración e a defensa de traballos de investigación sobre temas propostos ou de libre elección, que permite afondar e ampliar contidos relacionados co currículo e mellorar as destrezas tecnolóxicas e comunicativas nos alumnos e nas alumnas, ten Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 15

como obxectivo desenvolver a aprendizaxe autónoma destes. Tanto o traballo en equipo como a creatividade na resolución de problemas ou o deseño de experiencias e pequenas investigacións, tarefas todas elas propias da actividade científica, propician, nos contextos adecuados, o desenvolvemento da competencia de sentido da iniciativa e espírito emprendedor, sen a que non se entendería o progreso da ciencia. En relación á competencia de aprender a aprender, cómpre indicar que se algo caracteriza a actividade científica é a curiosidade, o interese por aprender propio da ciencia. En unión a procesos tales como a reflexión sobre si mesmo/a como estudante, sobre a tarefa para desenvolver ou sobre as estratexias para aprender, que propician todas as disciplinas, Física e Química achega unha estratexia, o método científico, nomeadamente relevante no proceso de adquisición de coñecementos. Para finalizar a análise xeral da participación da materia que nos ocupa no desenvolvemento das competencias clave, haberá que referirse á competencia en comunicación lingüística. Das múltiples achegas a esta competencia clave (defensa de traballos de investigación, selección e interpretación da información, comunicación dos traballos realizados, etc.) podemos salientar dúas: a relacionada coa linguaxe propia das ciencias (interpretación de gráficas, táboas, etiquetaxes, símbolos, formulación, etc.) e, moi importante, a relacionada co proceso de argumentación, entendido como o proceso de avaliación dos enunciados de coñecemento, á luz das probas dispoñibles. 3.- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables Bloque 1. A actividade científica 1.1.1. Formula, de forma guiada, hipóteses para explicar fenómenos cotiáns, utilizando teorías e modelos científicos sinxelos 1.1.2. Rexistra observacións e datos de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito utilizando esquemas, gráficos e táboas. 1.2.1. Relaciona a investigación científica con algunha aplicación tecnolóxica sinxela na vida cotiá. 1.3.1. Establece relacións entre magnitudes e unidades utilizando, preferentemente, o Sistema Internacional de Unidades para expresar os resultados. 1.3.2. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e os instrumentos apropiados, e expresa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 16

1.4.1. Recoñece e identifica os símbolos máis frecuentes utilizados na etiquetaxe de produtos químicos e instalacións, interpretando o seu significado. 1.4.2. Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventivas. 1.5.1. Selecciona e comprende de forma guiada información relevante nun texto de divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade. 1.5.2. Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet e outros medios dixitais. 1.6.1. Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo, aplicando o método científico e utilizando as TIC para a procura e a selección de información e presentación de conclusións. 1.6.2. Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo. Bloque 2. A materia 2.1.1. Distingue entre propiedades xerais e propiedades características da materia, e utiliza estas últimas para a caracterización de substancias. 2.1.2. Relaciona propiedades dos materiais do contorno co uso que se fai deles. 2.1.3. Describe a determinación experimental do volume e da masa dun sólido, realiza as medidas correspondentes e calcula a súa densidade. 2.2.1. Xustifica que unha substancia pode presentarse en distintos estados de agregación dependendo das condicións de presión e temperatura en que se ache. 2.2.2. Explica as propiedades dos gases, os líquidos e os sólidos. 2.2.3. Describe os cambios de estado da materia e aplícaos á interpretación de fenómenos cotiáns. 2.2.4. Deduce a partir das gráficas de quecemento dunha substancia os seus puntos de fusión e ebulición, e identifícaa utilizando as táboas de datos necesarias. 2.3.1. Xustifica o comportamento dos gases en situacións cotiás, en relación co modelo cinético-molecular. 2.3.2. Interpreta gráficas, táboas de resultados e experiencias que relacionan a presión, o volume e a temperatura dun gas, utilizando o modelo cinéticomolecular e as leis dos gases. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 17

2.4.1. Distingue e clasifica sistemas materiais de uso cotián en substancias puras e mesturas, e especifica neste último caso se se trata de mesturas homoxéneas, heteroxéneas ou coloides. 2.4.2. Identifica o disolvente e o soluto ao analizar a composición de mesturas homoxéneas de especial interese. 2.4.3. Realiza experiencias sinxelas de preparación de disolucións, describe o procedemento seguido e o material utilizado, determina a concentración e exprésaa en gramos/litro. 2.5.1. Deseña métodos de separación de mesturas segundo as propiedades características das substancias que as compoñen, describe o material de laboratorio adecuado e leva a cabo o proceso. Bloque 3. Os cambios 3.1.1. Distingue entre cambios físicos e químicos en accións da vida cotiá en función de que haxa ou non formación de novas substancias. 3.1.2. Describe o procedemento de realización de experimentos sinxelos nos que se poña de manifesto a formación de novas substancias e recoñece que se trata de cambios químicos. 3.1.3. Leva a cabo no laboratorio reaccións químicas sinxelas. 3.2.1. Identifica os reactivos e os produtos de reaccións químicas sinxelas interpretando a representación esquemática dunha reacción química. 3.3.1. Clasifica algúns produtos de uso cotián en función da súa procedencia natural ou sintética. 3.3.2. Identifica e asocia produtos procedentes da industria química coa súa contribución á mellora da calidade de vida das persoas. 3.4.1. Propón medidas e actitudes, a nivel individual e colectivo, para mitigar os problemas ambientais de importancia global. Bloque 4. O movemento e as forzas 4.1.1. En situacións da vida cotiá, identifica as forzas que interveñen e relaciónaas cos seus correspondentes efectos na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo. 4.1.2. Establece a relación entre o alongamento producido nun resorte e as forzas que produciron eses alongamentos, e describe o material para empregar e o procedemento para a súa comprobación experimental. 4.1.3. Establece a relación entre unha forza e o seu correspondente efecto na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 18

4.1.4. Describe a utilidade do dinamómetro para medir a forza elástica e rexistra os resultados en táboas e representacións gráficas, expresando o resultado experimental en unidades do Sistema Internacional. 4.2.1. Determina, experimentalmente ou a través de aplicacións informáticas, a velocidade media dun corpo, interpretando o resultado. 4.2.2. Realiza cálculos para resolver problemas cotiáns utilizando o concepto de velocidade media. 4.3.1. Deduce a velocidade media e instantánea a partir das representacións gráficas do espazo e da velocidade en función do tempo. 4.3.2. Xustifica se un movemento é acelerado ou non a partir das representacións gráficas do espazo e da velocidade en función do tempo. 4.4.1. Interpreta o funcionamento de máquinas mecánicas simples considerando a forza e a distancia ao eixe de xiro, e realiza cálculos sinxelos sobre o efecto multiplicador da forza producido por estas máquinas. 4.5.1. Analiza os efectos das forzas de rozamento e a súa influencia no movemento dos seres vivos e os vehículos. 4.6.1. Relaciona cualitativamente a forza de gravidade que existe entre dous corpos coas súas masas e a distancia que os separa. 4.6.2. Distingue entre masa e peso calculando o valor da aceleración da gravidade a partir da relación entre esas dúas magnitudes. 4.6.3. Recoñece que a forza de gravidade mantén os planetas xirando arredor do Sol, e á Lúa arredor do noso planeta, e xustifica o motivo polo que esta atracción non leva á colisión dos dous corpos. 4.7.1. Relaciona cuantitativamente a velocidade da luz co tempo que tarda en chegar á Terra desde obxectos celestes afastados e coa distancia á que se atopan eses obxectos, interpretando os valores obtidos. 4.8.1. Realiza un informe, empregando as tecnoloxías da información e da comunicación, a partir de observacións ou da procura guiada de información sobre a forza gravitatoria e os fenómenos asociados a ela. Bloque 5. Enerxía 5.1.1. Argumenta que a enerxía pode transferirse, almacenarse ou disiparse, pero non crearse nin destruírse, utilizando exemplos. 5.1.2. Recoñece e define a enerxía como unha magnitude e exprésaa na unidade correspondente do Sistema Internacional. 5.2.1. Relaciona o concepto de enerxía coa capacidade de producir cambios, e identifica os tipos de enerxía que se poñen de manifesto en situacións cotiás, explicando as transformacións dunhas formas noutras. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 19

5.3.1. Explica o concepto de temperatura en termos do modelo cinéticomolecular, e diferenza entre temperatura, enerxía e calor. 5.3.2. Recoñece a existencia dunha escala absoluta de temperatura e relaciona as escalas celsius e kelvin. 5.3.3. Identifica os mecanismos de transferencia de enerxía recoñecéndoos en situacións cotiás e fenómenos atmosféricos, e xustifica a selección de materiais para edificios e no deseño de sistemas de quecemento. 5.4.1. Explica o fenómeno da dilatación a partir dalgunha das súas aplicacións como os termómetros de líquido, xuntas de dilatación en estruturas, etc. 5.4.2. Explica a escala celsius establecendo os puntos fixos dun termómetro baseado na dilatación dun líquido volátil. 5.4.3. Interpreta cualitativamente fenómenos cotiáns e experiencias nos que se poña de manifesto o equilibrio térmico asociándoo coa igualación de temperaturas. 5.5.1. Recoñece, describe e compara as fontes renovables e non renovables de enerxía, analizando con sentido crítico o seu impacto ambiental. 4.- Concreción dos obxectivos para o curso. a) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. b) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. c) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia. d) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. e) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas. f) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 20

g) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo. h) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora. i) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona Concreción dos contidos por bloques didácticos Bloque 1. A actividade científica B1.1. Método científico: etapas. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.3. Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade. B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. B1.5. Traballo no laboratorio. B1.6. Procura e tratamento de información. Bloque 2. A materia B2.1. Propiedades da materia. B2.2. Aplicacións dos materiais. B2.3. Estados de agregación. Cambios de estado. Modelo cinético-molecular. B2.4. Leis dos gases. B2.5. Substancias puras e mesturas. B2.6. Mesturas de especial interese: disolucións acuosas, aliaxes e coloides. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 21

B2.7. Métodos de separación de mesturas. Bloque 3. Os cambios B3.1. Cambios físicos e cambios químicos. B3.2. Reacción química. B3.3. A química na sociedade e o ambiente. Bloque 4. O movemento e as forzas B4.1. Forzas: efectos. B4.2. Medida das forzas. B4.3. Velocidade media. B4.4. Velocidade media. B4.5. Velocidade instantánea e aceleración. B4.6. Máquinas simples. B4.7. O rozamento e os seus efectos. B4.8. Forza gravitatoria. B4.9. Estrutura do Universo. B4.10. Velocidade da luz. Bloque 5. Enerxía B5.1. Enerxía: unidades. B5.2. Tipos de enerxía. B5.3. Transformacións da enerxía. B5.4. Conservación da enerxía. B5.5. Enerxía térmica. Calor e temperatura. B5.6. Escalas de temperatura. B5.7. Uso racional da enerxía. B5.8. Efectos da enerxía térmica. B5.9. Fontes de enerxía. B5.10. Aspectos industriais da enerxía. Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 22

5.- CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE DO GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR LA MATERIA. Física e Química. 2º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Bloque 1. A actividade científica f h B1.1. Método científico: etapas. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.1. Recoñecer e identificar as características do método científico. FQB1.1.1. Formula, de forma guiada, hipóteses para explicar fenómenos cotiáns, utilizando teorías e modelos científicos sinxelos. CAA CCL f m B1.3. Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade. B1.2. Valorar a investigación científica e o seu impacto na industria e no desenvolvemento da sociedade. FQB1.1.2. Rexistra observacións e datos de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito utilizando esquemas, gráficos e táboas. FQB1.2.1. Relaciona a investigación científica con algunha aplicación tecnolóxica sinxela na vida cotiá. CCL CCEC b f B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. B1.3. Aplicar os procedementos científicos para determinar magnitudes. FQB1.3.1. Establece relacións entre magnitudes e unidades utilizando, preferentemente, o Sistema Internacional de Unidades para expresar os resultados. FQB1.3.2. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e os instrumentos apropiados, e expresa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades. CSIEE f B1.5. Traballo no laboratorio. B1.4. Recoñecer os materiais e os instrumentos básicos presentes no laboratorio de física e de química, e coñecer e respectar as normas de seguridade e de eliminación de residuos para a protección ambiental. FQB1.4.1. Recoñece e identifica os símbolos máis frecuentes utilizados na etiquetaxe de produtos químicos e instalacións, interpretando o seu significado. FQB1.4.2. Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventivas. CCL e f B1.6. Procura e tratamento de información. B1.5. Extraer de forma guiada a información sobre temas científicos de carácter FQB1.5.1. Selecciona e comprende de forma guiada información relevante nun CAA CCL Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 23

Física e Química. 2º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave h B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. divulgativo que aparece en publicacións e medios de comunicación. texto de divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade. FQB1.5.2. Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet e outros medios dixitais. CAA CD CSC b e f g h B1.1. Método científico: etapas. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. B1.5. Traballo no laboratorio. B1.6. Proxecto de investigación. B1.6. Desenvolver pequenos traballos de investigación nos que se poña en práctica a aplicación do método científico e a utilización das TIC. FQB1.6.1. Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo, aplicando o método científico e utilizando as TIC para a procura e a selección de información e presentación de conclusións. FQB1.6.2. Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo. CAA CCEC CCL CD CSIEE CAA CSC CSIEE Bloque 2. A materia b f B2.1. Propiedades da materia. B2.2. Aplicacións dos materiais. B2.1. Recoñecer as propiedades xerais e as características específicas da materia, e relacionalas coa súa natureza e as súas aplicacións. FQB2.1.1. Distingue entre propiedades xerais e propiedades características da materia, e utiliza estas últimas para a caracterización de substancias. FQB2.1.2. Relaciona propiedades dos materiais do contorno co uso que se fai deles. FQB2.1.3. Describe a determinación experimental do volume e da masa dun sólido, realiza as medidas correspondentes e calcula a súa densidade. b f B2.3. Estados de agregación. Cambios de estado. Modelo cinético-molecular. B2.2. Xustificar as propiedades dos estados de agregación da materia e os seus cambios de estado, a través do modelo cinéticomolecular. FQB2.2.1. Xustifica que unha substancia pode presentarse en distintos estados de agregación dependendo das condicións de presión e temperatura en que se ache. FQB2.2.2. Explica as propiedades dos gases, os líquidos e os sólidos. FQB2.2.3. Describe os cambios de estado da materia e aplícaos á interpreta- Programación de Física e Química do I.E.S do Castro de Vigo (Pontevedra) Página 24