PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO

Σχετικά έγγραφα
PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras

Departamento de Física e Química

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

PLANETA PLAST 1. INTRODUCIÓN OBXECTIVOS RECURSOS E MATERIAIS Para facer o modelo de planeta...2

CIENCIAS DA NATUREZA:

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

DIDÁCTICA DE MATEMÁTICAS] [...]

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE _ MATEMÁTICAS _

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Curso A TEORÍA CELULAR. Tema 7. Bioloxía 2º Bacharelato

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

P R O G R A M A C I O N D E F Í S I C A E Q U Í M I C A C U R S O

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

Programación Didáctica do. Curso

Decreto de currículo. Decreto 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto) Bacharelato

Investigacións a partir da lectura do libro Los Diez Magníficos

O MÉTODO CIENTÍFICO. ten varias etapas 2. BUSCA DE REGULARIDADES. cifras significativas

BIOTECNOLOXÍA. Tema 17. Bioloxía 2º Bacharelato

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ONDAS. segundo a dirección de vibración. lonxitudinais. transversais

Sistemas e Inecuacións

IES Castelao O Calvario - VIGO. Departamento de MATEMÁTICAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

SITUACIÓN DO ENSINO DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía

Curso PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: ESO, Bacharelato.

Prevención de riscos laborais

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CONTIDOS MÍNIMOS

Resorte: estudio estático e dinámico.

I.E.S. SALVADOR MADARIAGA. CURSO RESUMEN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LOE (2º E 4º ESO) DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

PAU MATEMÁTICAS II APLICADAS ÁS CCSS

Investigacións a partir da lectura do libro El diablo de los números

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E

As nanopartículas metálicas

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO IES Ribeira do Louro

AVALIACIÓN 2ª 2º BACHARELATO

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

A actividade científica. Tema 1

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Curso IES As Telleiras

MATEMÁTICASDE 1º DE ESO

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal Página 1

FAQ sobre Como realizar un proxecto estatístico para a Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Inecuacións. Obxectivos

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

BIOLOXÍA 2º Bacharelato Colegio Hijas de Cristo Rey Mª Asunción Martín Ossorio curso ª AVALIACIÓN

O SOL E A ENERXÍA SOLAR

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Tema 13. Xenética, meiose e bases moleculares da herdanza.

GUÍA PRÁCTICA DE NOVAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O PO DE SÍLICE. Directiva 2004/37/CE. co financiamento de:

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

RECOÑECEMENTO DO TERREO

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía

PROXECTO CURRICULAR DO CENTRO. CS de AUTOMOCIÓN

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

Exercicios de Física 03b. Ondas

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPM001. Proba de. Código. Matemáticas. Parte matemática. Matemáticas.

Ámbito científico tecnolóxico. Estatística. Unidade didáctica 4. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

TAREFAS PARA RECUPERAR AS MATERIAS NON SUPERADAS EN XUÑO 2º DE ESO

4º ESO BEGOÑA MARTIN, ESTHER VAZQUEZ ACADAR TÓDALAS COMPETENCIAS, LINGUÍSTICA, SOCIAL, DIXITAL E O MUNDO FÍSICO

Transcript:

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO 2010-2011

Segundo o artigo 7º (Estrutura dos programas) da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria, o ámbito científico-técnico incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. 2

Bioloxía e Xeoloxía Libro de Texto: Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. Obradoiro-Santillana (2008) Unidade 1. A célula. Unidade de vida OBXECTIVOS 1. Coñecer os postulados da teoría celular. 2. Distinguir os distintos niveis de organización que constitúen a materia. 3. Diferenciar a estrutura das células procariotas e eucariotas, así como saber cal é a función dos diversos orgánulos celulares. 4. Identificar os compoñentes do núcleo e a súa organización en función das fases do ciclo celular. 5. Recoñecer a estrutura dun cromosoma. 6. Coñecer os principais procesos que teñen lugar na mitose e na meiose, así como o seu significado biolóxico. 7. Distinguir os tipos de ciclos biolóxicos. CONTIDOS Conceptos A teoría celular. (Obxectivo 1) Niveis de organización da materia. (Obxectivo 2) Células procariotas e eucariotas. (Obxectivo 3) Os cromosomas e a cromatina. (Obxectivos 4 e 5) Cariotipos e cromosomas homólogos. (Obxectivo 5) Mitose e meiose. Formación de gametos. (Obxectivo 6) Ciclos biolóxicos. (Obxectivo 7) Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de exemplos sinxelos de cariotipos. Interpretación de esquemas, fotografías e debuxos de diferentes tipos celulares. Elaboración de cadros comparativos entre os procesos de mitose e de meiose. Observación de mostras biolóxicas ao microscopio. Realización de debuxos esquemáticos dos ciclos celulares. Actitudes Valorar as achegas da teoría celular ás ciencias biolóxicas. Tomar conciencia das aplicacións do estudo de cariotipos. Desenvolver o interese e a curiosidade por coñecer os mecanismos de reprodución celular. Manter hábitos de coidado, orde e limpeza no laboratorio. 3

CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Expor e comprender os distintos postulados da teoría celular, así como as achegas realizadas á mesma. (Obxectivo 1) b) Enumerar os distintos niveis de organización e identificar a que nivel pertence determinada materia. (Obxectivo 2) c) Comparar a célula procariota e a eucariota, a animal e a vexetal, así como recoñecer a función dos orgánulos celulares. (Obxectivo 3) d) Nomear os diferentes compoñentes do núcleo, sinalar a súa función e diferenciar entre núcleo interfásico e en división. (Obxectivo 4) e) Distinguir as partes dun cromosoma e aplicar os conceptos sobre cromosomas á resolución de problemas sinxelos. (Obxectivo 5) f) Recoñecer as fases da mitose e da meiose, así como coñecer as diferenzas entre ambos os procesos e o significado biolóxico. (Obxectivo 6) g) Identificar as etapas dos diferentes ciclos biolóxicos e comparalos entre si. (Obxectivo 7) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co medio físico Observación e interpretación da división celular en vexetais: permite observar células do ápice radicular de cebola en diferentes estadios das fases da mitose. Importancia do traballo de laboratorio. Estudo dun cariotipo: propón interpretar un cariotipo, diferenciando cromosomas pola súa forma e polo seu tamaño, así como determinar o sexo dun individuo polo estudo dos seus cromosomas. Cómpre aplicar os coñecementos adquiridos na unidade para responder as cuestións propostas. Interpretación de imaxes para resolver as actividades. Comunicación lingüística As actividades fomentan a busca de información no dicionario. Ao longo da unidade precísase da correcta interpretación dos debuxos como medio para comprender e interpretar os conceptos explicados. A comprensión lectora é precisa para tirar información dos textos co fin de responder as preguntas e atopar a relación entre o título e as ideas desenvoltas no texto. Matemática Requírense a utilización de operacións matemáticas sinxelas para ser realizadas algunhas actividades. Social e cidadá Os textos salientan a achega das células HeLa ao estudo e investigación sobre o cancro. CIENCIA NAS TÚAS MANS favorece o traballo en grupo para a resolución das actividades e o traballo de laboratorio. EDUCACIÓN EN VALORES Educación para a saúde O cancro é unha enfermidade que basicamente consiste nunha multiplicación acelerada de certas células alteradas. Estas células forman tumores que poden migrar a outros puntos, a través do sistema circulatorio e linfático, orixinando metástase. As células cancerosas diferéncianse das normais en que se dividen a gran velocidade, posúen proteínas especiais, presentan alteracións de forma e teñen tendencia a invadir os tecidos próximos. O paso de célula normal a cancerosa está relacionado con certos factores ambientais, que maioritariamente actúan alterando o ADN, e axentes canceríxenos, como o alcatrán, os afumados, os 4

conservantes ou os colorantes artificiais. O mellor xeito de diminuír a súa incidencia é previlo levando unha vida sa. Unidade 2. A información xenética OBXECTIVOS 1. Coñecer os tipos e a composición dos ácidos nucleicos. 2. Explicar o proceso de replicación do ADN. 3. Identificar o ADN como a molécula portadora da información xenética. 4. Coñecer as mutacións e os tipos de mutacións máis representativas. 5. Entender o proceso de expresión da información xenética. 6. Manexar o código xenético para transformar secuencias de aminoácidos en secuencias de nucleótidos, e viceversa. 7. Recoñecer as aplicacións da biotecnoloxía, a enxeñaría xenética e a clonación. 8. Coñecer e valorar as implicacións sociais dos avances no campo da biotecnoloxía, a enxeñaría xenética e a clonación. CONTIDOS Conceptos Ácidos nucleicos, composición, tipos e estrutura. (Obxectivo 1) A replicación do ADN. (Obxectivo 2) A información xenética: os xenes e o xenoma. (Obxectivo 3) As mutacións e os seus tipos. (Obxectivo 4) Expresión da información xenética: transcrición e tradución. (Obxectivos 5 e 6) O código xenético. (Obxectivo 6) A biotecnoloxía e a enxeñaría xenética. (Obxectivos 7 e 8) Procedementos, destrezas e habilidades Elaboración da secuencia complementaria dunha cadea de ADN. Composición dunha secuencia de aminoácidos a partir da secuencia de nucleótidos por medio do código xenético. Utilización de esquemas para relacionar os procesos de expresión da información e a duplicación do ADN. Reprodución no laboratorio dun protocolo de extracción do ADN. Actitudes Amosar interese polos avances científicos no campo da enxeñaría xenética. Valorar desde un punto de vista ético os avances no campo da biotecnoloxía, a enxeñaría xenética e a clonación. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Diferenciar os distintos ácidos nucleicos e os seus compoñentes. (Obxectivo 1) b) Describir a replicación do ADN. (Obxectivo 2) c) Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e a localización destes nos cromosomas. (Obxectivo 3) d) Reproducir os mecanismos da expresión xenética por medio do código xenético. (Obxectivos 5 e 6) e) Recoñecer o papel das mutacións na diversidade xenética. (Obxectivo 4) 5

f) Analizar as repercusións sanitarias e sociais dos avances no coñecemento do xenoma. (Obxectivo 7) g) Valorar criticamente as consecuencias dos avances actuais no campo da biotecnoloxía. (Obxectivo 8) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico Na sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Extracción do teu ADN, páx. 43, exponse un sinxelo protocolo para extraer o ADN das células da boca. A realización da experiencia permite observar o material xenético propio. Ademais, pon de manifesto a sinxeleza coa que se poden desenvolver técnicas experimentais, utilizando materiais fáciles de adquirir. UNHA análise CIENTÍFICA, Clonar becerros, páx. 45, propón a realización dunha serie de actividades que poñen en práctica unha das aplicacións da enxeñaría xenética. Así mesmo, é necesario aplicar e relacionar os coñecementos adquiridos na unidade para responder correctamente as cuestións que formula o apartado. Nas actividades 46 e 52 requírese a interpretación de esquemas e debuxos para resolver as actividades. Comunicación lingüística A actividade 34 remite ao anexo conceptos clave, desta forma foméntase a procura de información no dicionario. Outras actividades, como a 1, 13, 23 e 30, favorecen a síntese de conceptos e promoven que se elaboren respostas e explicacións claras e concisas. Ao longo da unidade é necesaria a correcta interpretación de esquemas, entre os que destacan os relacionados con procesos biolóxicos e os que amosan técnicas propias da biotecnoloxía. N O RINCÓN da LECTURA, páx. 47, inclúese un fragmento do libro Como fabricar un dinosauro. O texto comenta, cun estilo próximo, o proceso de extracción do material xenético que se encontra dentro dun insecto fosilizado en ámbar. Matemática As actividades 48 e 49 requiren a utilización de operacións matemáticas sinxelas para ser realizadas. Social e cidadá O texto da introdución á unidade permite reflexionar sobre o traballo científico e a relación entre investigadores. Tamén promove o debate sobre o papel da muller na historia da ciencia, e como en ocasións o traballo realizado por importantes científicas quedou eclipsado por outros compañeiros. CIENCIA NAS TÚAS MANS promove o uso de técnicas de traballo en equipo para desenvolver un protocolo de actuación no laboratorio. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Hoxe en día, a biotecnoloxía ten importantes repercusións, tanto positivas coma negativas. A introdución de organismos transxénicos pode provocar a perda de diversidade xenética. O uso de determinados seres vivos modificados xeneticamente ou non, para procesos de descontaminación, biorremediación e produción de enerxía é actualmente de gran importancia. Educación para a saúde Os avances da biotecnoloxía supuxeron unha revolución no mundo da medicina. As terapias xénicas en desenvolvemento son cada vez máis importantes no tratamento dalgunhas enfermidades. O diagnóstico de enfermidades hereditarias supuxo tamén un avance extraordinario no desenvolvemento da súa terapia posterior. 6

Unidade 3. Herdanza e transmisión de caracteres OBXECTIVOS 1. Diferenciar os modelos de reprodución dos seres vivos. 2. Coñecer os conceptos básicos da xenética mendeliana. 3. Aplicar as leis de Mendel na resolución de problemas sinxelos. 4. Estudar a herdanza dos caracteres e interpretar árbores xenealóxicas. 5. Entender a herdanza do sexo. 6. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre a herdanza ligada ao sexo. 7. Coñecer a herdanza dalgunhas enfermidades. CONTIDOS Conceptos Reprodución sexual e asexual. (Obxectivo 1) A xenética mendeliana: xenes e alelos. Xenes dominantes e recesivos. Individuos homocigóticos e heterocigóticos. Xenotipo e fenotipo. (Obxectivo 2) As leis da herdanza. (Obxectivo 3) A xenética humana. (Obxectivo 4) A herdanza do sexo. (Obxectivo 5) A herdanza ligada ao sexo. (Obxectivo 6) Enfermidades hereditarias. (Obxectivos 6 e 7) Procedementos, destrezas e habilidades Diferenciación dos mecanismos de reprodución sexual e asexual. Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis de Mendel. Aplicación dos diferentes tipos de herdanza na resolución de problemas relacionados coa especie humana. Comprensión da herdanza dalgúns caracteres mediante o desenvolvemento de árbores xenealóxicas. Actitudes Valorar a diversidade xenética como un mecanismo de adaptación ao medio. Recoñecer a importancia e a vixencia dos primeiros pasos do desenvolvemento da xenética. Apreciar a unidade do xenoma humano como aspecto clave para non discriminar as persoas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Diferenciar as formas de reprodución dos seres vivos. (Obxectivo 1) b) Coñecer os conceptos básicos da xenética. (Obxectivo 2) c) Resolver problemas prácticos dun e dous caracteres utilizando os cruzamentos das leis de Mendel. (Obxectivo 3) d) Obter información sobre a transmisión de determinados caracteres na nosa especie por medio da resolución de problemas. (Obxectivos 3 e 4) e) Calcular porcentaxes e frecuencias dos xenotipos e fenotipos da descendencia dunha parella. (Obxectivos 3, 4 e 5) f) Resolver problemas prácticos de caracteres da herdanza ligada ao sexo. (Obxectivo 6) g) Recoñecer a aplicación dos conceptos da xenética mendeliana para o coñecemento da herdanza dalgunhas enfermidades. (Obxectivo 7) 7

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Obtención das leis de Mendel, páx. 67, convida a realizar unha simulación das experiencias que este botánico realizou. Por grupos, os alumnos terán que elixir un carácter para un vexetal, con dúas variacións, e decidir cal deles será dominante e cal recesivo. Logo establecerán unha xeración parental e realizarán cruzamentos aleatorios dos seus gametos. Cos resultados dos cruzamentos cubrirán unha táboa de resultados fenotípicos que outro grupo terá que interpretar. UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, páx. 69, pon en práctica os coñecementos adquiridos na unidade para interpretar a árbore xenealóxica dunha familia cunha enfermidade hereditaria. É necesario seguir unha orde e unhas regras para identificar como se transmite nunha familia unha enfermidade durante varias xeracións. As cuestións que se deben responder fan referencia ao esquema proposto, no cal se exemplifican a maioría das situacións posibles. Comunicación lingüística A actividade 15 remite ao anexo conceptos clave, desta forma foméntase a procura de información no dicionario. Outras actividades, como a 3 e a 5, requiren unha explicación concreta de cada concepto. Ao longo da unidade é imprescindible a interpretación de diversos esquemas e debuxos, entre os que destacan os desenvolvementos das leis de Mendel, ou a herdanza de diversos caracteres tanto en vexetais coma en animais, tratando máis a fondo os que fan referencia á especie humana. N O RECANTO DA LECTURA, A fábrica de vida, páx. 71, móstrase un fragmento do libro Híbridos, que reflexiona sobre a capacidade do ser humano para controlar os mecanismos da herdanza e os posibles usos da enxeñaría xenética. Con este texto pódense identificar e valorar de maneira crítica certas implicacións éticas derivadas da utilización destas técnicas; así mesmo pódese concluír cunha reflexión sobre os límites da ciencia. Matemática En xeral, os problemas desta unidade requiren a utilización de operacións matemáticas sinxelas, entre as que destacan os cálculos porcentuais e de frecuencias. Ademais de comprender o proceso aleatorio que leva a herdanza dos caracteres. EDUCACIÓN EN VALORES Educación para a saúde O coñecemento dos mecanismos xenéticos que regulan a expresión dos nosos xenes permitiunos adiantar o tratamento de moitas enfermidades. Actualmente, practícanse algunhas terapias en estados avanzados do feto, este tipo de terapias só son posibles cos modernos métodos de diagnóstico con imaxes e coas análises do cariotipo. O coñecemento dos mecanismos xenéticos permitiranos saber, en certa medida, a probabilidade de que os nosos descendentes padezan algunha enfermidade que se poida herdar.unidade 4. Orixe e evolución dos seres vivos OBXECTIVOS 1. Coñecer as diversas interpretacións da orixe da vida e o traballo realizado polos científicos ao longo do tempo. 2. Analizar as principais teorías sobre a evolución das especies. 3. Explicar as liñas básicas e as probas que demostran a evolución das especies. 4. Describir os mecanismos da selección natural, a especiación e a adaptación ao medio. 5. Coñecer a evolución dos homínidos e as características básicas de cada especie. 6. Recoñecer e valorar a importancia dos avances científicos e a súa influencia no pensamento e na sociedade. CONTIDOS Conceptos 8

Orixe da vida. Principais teorías. (Obxectivos 1 e 6) Fixismo. (Obxectivo 2) Evolucionismo: lamarckismo, darwinismo, neodarwinismo e equilibrio puntuado. (Obxectivos 2, 3 e 6) Probas da evolución. (Obxectivo 3) Variabilidade, selección natural, presión de selección e adaptación. (Obxectivo 4) Especiación. Mecanismos de aparición de novas especies. (Obxectivo 4) Evolución dos homínidos. (Obxectivo 5) Procedementos, destrezas e habilidades Manexo axeitado dos contidos para ratificar ou rexeitar diferentes hipóteses. Interpretación dos mecanismos da evolución a partir de diferentes especies. Elaboración de esquemas sobre as diferentes teorías e os mecanismos da evolución. Construción dun esquema evolutivo coas diferentes especies de homínidos. Actitudes Interese polo proceso evolutivo dos seres vivos. Valorar o traballo científico no desenvolvemento das hipóteses sobre a orixe e a evolución da vida. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Describir as teorías que tratan de explicar a orixe da vida. (Obxectivo 1) b) Coñecer e diferenciar os aspectos principais das teorías fixista e evolucionistas. (Obxectivos 2 e 3) c) Explicar as probas que avalan a evolución das especies. (Obxectivo 3) d) Coñecer os mecanismos que interveñen na evolución das especies. (Obxectivo 4) e) Comprender a orixe das diferentes especies. (Obxectivos 4 e 5) f) Coñecer as características básicas do proceso de hominización. (Obxectivo 5) g) Compor diferentes esquemas que expliquen os contidos da unidade. (Obxectivos 1, 2 e 3) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Paleobioxeografía da expansión humana, páx. 91, invita a comprender como se produciu a distribución xeográfica das distintas especies humanas. Neste apartado pódese apreciar a importancia que ten a relación entre as diferentes parcelas do coñecemento científico (paleoxeografía, antropoloxía, etc.), para poder obter conclusións sobre o xeito en que se produciu a expansión das especies humanas polo mundo e baixo que condicións. UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, páx. 93, pon en práctica os coñecementos adquiridos na unidade para analizar un caso de cambio de presión de selección, a través do exemplo da bolboreta do bidueiro, Biston betularia. Esta actividade permítenos aplicar os conceptos vistos na unidade nun exemplo real. Nas actividades 42, 45 e 53 requírese a interpretación de imaxes para diferenciar e comprender os mecanismos evolutivos e realizar correctamente as actividades. Comunicación lingüística As actividades 19 e 27 remiten ao anexo conceptos clave, deste xeito foméntase a busca de información no dicionario. Para poder interpretar e describir o proceso evolutivo, entender como se produciu e diferenciar as distintas ideas que se desenvolveron na unidade, é imprescindible a interpretación de esquemas e debuxos, entre os que salientan os experimentos desenvoltos e a explicación das distintas teorías evolucionistas. Os esquemas claros e concretos sobre a evolución dos homínidos son tamén moi importantes. 9

O RECANTO DA LECTURA, A ascendencia do ser humano, páx. 95, reflexiona sobre a capacidade dos humanos para colonizar e invadir novos territorios, así como a súa relación co desenvolvemento de ferramentas. O texto permite reflexionar sobre a importancia dos avances tecnolóxicos para satisfacer as nosas necesidades. Autonomía e iniciativa persoal Esta unidade require a aplicación e interpretación dos contidos para valorar criticamente o desenvolvemento científico. Ademais, permitiralles ter un criterio obxectivo para diferenciar as teorías sobre a orixe da vida e da evolución dos seres vivos. Así mesmo, promove a curiosidade e o interese polos novos descubrimentos que sobre a evolución humana achegan escavacións como a de Atapuerca, que, paseniño, fan avanzar o coñecemento que temos sobre a evolución da nosa propia especie. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Desde a orixe da vida ata os nosos días, os seres vivos fomos partícipes de moitos dos cambios que se produciron no medio. Algúns, como o cambio dunha atmosfera redutora a oxidante, foron catastróficos, pero permitiron a colonización de novos medios polos seres vivos. Na actualidade, como resultado do proceso evolutivo, a vida está presente en practicamente todos os medios. Moitos dos cambios que actualmente provocamos as persoas no medio como resultado de determinados procesos, teñen claras influencias negativas no contorno (destrución e fragmentación de hábitats, contaminación, cambio climático, etc.). Algunhas destas alteracións están a ser tan rápidas que non podemos predicir realmente as consecuencias que poden ter. Cómpre adoptar unha conciencia ecolóxica global que valore a importancia de coidar o noso planeta. Unidade 5. Estrutura dos ecosistemas OBXECTIVOS 1. Coñecer os factores ambientais que condicionan o desenvolvemento dos seres vivos nun ambiente determinado. 2. Comprender a importancia das relacións entre biótopo e biocenose para manter o equilibrio do ecosistema. 3. Recoñecer os diferentes niveis tróficos e as súas relacións nos ecosistemas. 4. Coñecer a importancia do solo nos ecosistemas terrestres. 5. Valorar o papel do solo como soporte para o desenvolvemento da vida terrestre. 6. Recoñecer e clasificar os distintos ecosistemas españois. CONTIDOS Conceptos Medio natural. Factores bióticos e abióticos. (Obxectivo 1) Adaptacións dos seres vivos aos distintos medios. (Obxectivo 1) Ecosistema. Compoñentes: biótopo e biocenose. (Obxectivo 2) Niveis tróficos dun ecosistema. (Obxectivo 3) Cadeas e redes tróficas. (Obxectivo 3) Hábitat e nicho ecolóxico. (Obxectivo 3) Medio terrestre. O solo: composición, biocenose e biótopo. (Obxectivos 4 e 5) Ecosistemas acuáticos e terrestres de España. (Obxectivo 6) Procedementos, destrezas e habilidades Relación dos factores que caracterizan os diferentes medios e as adaptacións dos seres vivos. Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas terrestres e acuáticos. Comprensión da estrutura dunha pirámide trófica. Actitudes 10

Mostrar interese pola diversidade dos ecosistemas españois. Valorar e respectar as iniciativas que promoven a defensa dos ecosistemas. Adoptar unha postura crítica ante as actuacións humanas que degradan o medio natural. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Diferenciar os factores ambientais e coñecer a súa influencia sobre os seres vivos. (Obxectivo 1) 1, 2 e 3 1 e 3 b) Recoñecer adaptacións dos seres vivos a diferentes medios. (Obxectivos 1 e 2) c) Explicar como se produce a transferencia de materia e enerxía ao longo dunha cadea ou rede trófica concreta. (Obxectivos 2 e 3) d) Coñecer a estrutura e dinámica dos ecosistemas. (Obxectivo 3) e) Relacionar as perdas enerxéticas producidas en cada nivel co aproveitamento dos recursos alimentarios do planeta desde un punto de vista sostible. (Obxectivo 3) f) Comprender os mecanismos de formación e degradación do solo. (Obxectivos 4 e 5) g) Diferenciar as características máis importantes dos ecosistemas españois. (Obxectivo 6) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, A circulación do DDT nos ecosistemas, páx 115, explica como afectou ao ser humano a utilización dun dos compoñentes principais dos pesticidas cos que se fumigaban moitos campos de cultivo a mediados do século pasado e que aínda hoxe continúan a usarse nalgúns países. Para responder as cuestións que se propoñen cómpre comprender os contidos da unidade sobre as cadeas tróficas. A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Observación e estudo dun ecosistema, páx. 113, propón realizar observacións no contorno que impliquen o recoñecemento dos animais e vexetais máis comúns. Neste apartado explícase como observar un ecosistema desenvolvendo técnicas moi sinxelas e facilmente aplicables, que non requiren o emprego de complexos instrumentos. Para resolver as actividades 31, 32, 40 e 42 requírese a interpretación de esquemas e debuxos que fan referencia ás relacións que se establecen entre as especies e a estrutura dun ecosistema. Comunicación lingüística As actividades 2, 7, 20 e 27 remiten ao anexo conceptos clave. Outras actividades, como a 4, 5, 9, 15 e 25, favorecen a análise e a busca de diferenzas entre varios conceptos que requiren o emprego de expresións precisas e concretas para ser contestadas axeitadamente. O RECANTO DA LECTURA, Na bóveda do mundo verde, páx. 117, permítese asistir como un espectador máis á complexa historia do funcionamento interno dun bosque tropical. As actividades permiten extrapolar os contidos do texto aos adquiridos co desenvolvemento da unidade. Matemática As actividades 42 e 50 requiren a utilización de operacións matemáticas sinxelas. Cultural e artística As epígrafes 11 e 12 mostran os principais ecosistemas acuáticos e terrestres de España. Co seu desenvolvemento pódese percibir, apreciar e gozar da beleza das paisaxes e da súa importancia ecolóxica e cultural. 11

EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Félix Rodríguez de la Fuente foi unha das primeiras persoas que difundiu a educación ambiental en España. Este naturalista cativou a sociedade coas descricións que facía nos seus documentais dos ecosistemas e das relacións que se establecen entre os seres vivos. En certo sentido, podería dicirse que plantou a semente dunha conciencia que promove a conservación do patrimonio natural e a defensa do medio en que viven, desde as nosas especies máis representativas e escasas, como a aguia real, o lobo, ou o oso, ata as máis comúns, como a toupa ou o rato de campo. Ademais de desenvolver unha conciencia ecolóxica, cómpre coñecer a estrutura, composición e funcionamento dun ecosistema desde un punto de vista científico. Iso permite, por exemplo, realizar valoracións obxectivas e fundamentadas de certas actuacións que se desenvolven sobre o medio e adoptar unha postura crítica desde o coñecemento. Unidade 6. Dinámica dos ecosistemas OBXECTIVOS 1. Coñecer a dinámica dun ecosistema a partir do fluxo de enerxía e o ciclo da materia. 2. Comprender e representar os principais ciclos bioxeoquímicos. 3. Analizar e clasificar os principais cambios que se producen nos ecosistemas. 4. Comprender o significado da sucesión ecolóxica e os mecanismos de autorregulación. 5. Coñecer o concepto de poboación e analizar a súa dinámica. 6. Relacionar os impactos ambientais co uso dos recursos. 7. Coñecer as diferentes figuras de protección de espazos naturais de España. 8. Valorar o impacto da acción humana nos ecosistemas. CONTIDOS Conceptos O fluxo da enerxía e o ciclo da materia nun ecosistema. Parámetros tróficos. (Obxectivo 1) Os ciclos bioxeoquímicos. (Obxectivo 2) Cambios dos ecosistemas. (Obxectivo 3) Sucesión ecolóxica e clímax. (Obxectivos 3 e 4) As poboacións. Autorregulación. (Obxectivo 5) As pragas e a loita biolóxica. (Obxectivo 5) Recursos naturais e impactos ambientais. (Obxectivos 6 e 8) Espazos naturais protexidos. (Obxectivo 7) Procedementos, destrezas e habilidades Representación dos ciclos bioxeoquímicos. Cálculo dos parámetros tróficos dun ecosistema. Estudo dos tipos de cambios que se producen nos ecosistemas. Diferenciación das estratexias de crecemento que poden adoptar as poboacións. Descrición das consecuencias derivadas do uso dos recursos naturais. Actitudes Valorar a fraxilidade das complexas interrelacións que se dan nos ecosistemas. Desenvolver condutas que favorezan a protección dos ecosistemas. Recoñecer a importancia do uso das enerxías renovables. Valorar a importancia da biodiversidade como recurso. 12

CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Solucionar diferentes cuestións sobre a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema. (Obxectivos 1 e 2) b) Saber analizar e interpretar os ciclos bioxeoquímicos. (Obxectivos 1 e 2) c) Estudar os cambios que se poden producir nos ecosistemas. (Obxectivos 3 e 4) d) Diferenciar e describir os tipos de sucesións. (Obxectivo 4) e) Analizar os mecanismos de autorregulación e dinámica de poboacións dun ecosistema. (Obxectivo 5) f) Relacionar os recursos naturais cos impactos que xera o seu emprego. (Obxectivos 6 e 8) g) Coñecer e valorar as medidas que protexen o medio natural. Coñecer os Parques Nacionais de España. (Obxectivo 7) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Observación de aves, páx. 137, propón a observación e o recoñecemento de aves como un bo xeito de iniciarse no estudo e na observación da natureza. Esta epígrafe pretende familiarizar o alumnado co traballo de campo e co emprego de instrumentos básicos, como os prismáticos, o caderno de campo e as guías de recoñecemento. UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, Sistema depredador-presa, páx 139, propón analizar as interaccións que se producen entre as especies dun ecosistema. A partir dunha gráfica que mostra as variacións do tamaño de tres poboacións ao longo do tempo, analízanse as relacións que se establecen no ecosistema entre as tres especies e a forma en que unhas inflúen nas outras, a través das relacións tróficas. É unha actividade que relaciona diversos conceptos vistos na unidade. Para resolver as actividades 35 e 37 requírese a interpretación de debuxos e gráficas. Comunicación lingüística NO RECANTO DA LECTURA, A invasión das estrelas de mar, páx. 141, precísase relacionar diversos contidos para comprender e tirar conclusións do texto. As preguntas fomentan a capacidade de síntese e a formación dunha imaxe temporal dos diversos acontecementos que ocorren nos arrecifes; ademais, permiten chegar de xeito intuitivo á mesma conclusión que formula o autor. Matemática A actividade 27 require o emprego de operacións matemáticas sinxelas, por medio das que se poden calcular algúns dos parámetros tróficos dos ecosistemas, como pode ser a súa produtividade. A actividade 37 e mais as restantes actividades da epígrafe UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, requiren unha correcta interpretación das gráficas. Social e cidadá O texto de introdución á unidade salienta a catástrofe provocada polo buque Prestige cando afundiu na costa galega no ano 2002, vertendo milleiros de toneladas de fuel. Daquel acontecemento pódense salientar dous aspectos principais: a masiva colaboración de voluntarios para limpar a vertedura e o impacto que sufriron tanto as costas como os pescadores que vivían dos recursos mariños. Ademais, pódense comentar as consecuencias que a longo prazo tivo a vertedura sobre os ecosistemas e a saúde das persoas. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Esta unidade pretende desenvolver a conciencia ecolóxica nos alumnos e alumnas. Para apreciar o valor dos ecosistemas, deben coñecer e comprender o seu funcionamento, valorar os posibles cambios, e a incidencia dos mesmos. Estes coñecementos permitiranlles actuar e tomar partido con maior rigor e obxectividade na defensa do medio natural. Nesta unidade valóranse as consecuencias de certos impactos no medio, como son a destrución de hábitat, a sobreexplotación de recursos naturais, os incendios ou a contaminación producida por 13

certos procesos industriais. É importante que os alumnos reflexionen sobre estes temas e comprendan o valor da protección do medio e o desenvolvemento sustentable. Unidade 7. O relevo e a súa modelaxe OBXECTIVOS 1. Coñecer os conceptos de relevo e paisaxe relacionándoos co seu carácter cambiante. 2. Observar a acción dos axentes xeolóxicos externos sobre os materiais superficiais para interpretar a modelaxe da paisaxe. 3. Describir as etapas dos procesos xeolóxicos externos e a súa relación coas formas do relevo. 4. Estudar as principais formas de relevo terrestre. 5. Entender os diferentes relevos en función do proceso que os orixinou. 6. Analizar os diversos factores que condicionan a modelaxe da paisaxe. CONTIDOS Conceptos Relevo e paisaxe. (Obxectivo 1) Procesos xeolóxicos externos. Meteorización, erosión, transporte e sedimentación. (Obxectivos 2 e 3) Cuncas sedimentarias. (Obxectivos 2 e 3) Principais relevos terrestres. (Obxectivo 4) Modelaxe fluvial e torrencial. (Obxectivos 3, 4 e 5) Modelaxe eólica. (Obxectivos 3, 4 e 5) Modelaxe litoral. (Obxectivos 3, 4 e 5) Modelaxe glaciaria. (Obxectivos 3, 4 e 5) Modelaxe cárstica. (Obxectivos 3, 4 e 5) Factores que condicionan a modelaxe. (Obxectivos 6 e 7) Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de fotografías, esquemas e mapas que mostren diversos tipos de modelaxe. Relación dos diversos factores, axentes e procesos implicados na modelaxe dun relevo. Actitudes Apreciar a variedade de paisaxes españolas. Valorar positivamente aquelas actividades humanas que minimizan os efectos da contaminación e da degradación do medio. Adoptar un posicionamento crítico ante todas as actuacións que producen impactos sobre a paisaxe. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Comprender as diferenzas entre relevo e paisaxe, así como a súa condición dinámica. (Obxectivo 1) b) Diferenciar os conceptos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación. (Obxectivo 2) c) Recoñecer nos relevos os efectos producidos polos distintos axentes xeolóxicos externos. (Obxectivos 3, 4 e 5) d) Recoñecer e describir as diversas formas do relevo asociándoas coa modelaxe característica. (Obxectivos 3, 4 e 5) e) Coñecer os factores que condicionan a modelaxe do relevo. (Obxectivo 6) 14

COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, páx. 161, explica a situación dos diferentes desertos que se poden localizar sobre a superficie terrestre. Introduce un tema importante para a formación do relevo como é o dos sistemas morfoclimáticos, que relaciona directamente a modelaxe do relevo co clima da zona onde se atopa. A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Reelaboración dun depósito torrencial polas ondas, páx. 159, propón realizar unha experiencia no laboratorio que simule as condicións ás que se ven expostos os materiais dun depósito torrencial, neste caso ante a acción do axente xeolóxico litoral. É unha forma fácil de simular o lavado dos sedimentos producido pola acción da auga en movemento. As cuestións que se propón son útiles para pór en práctica tanto os contidos da unidade como os que se poden deducir coa propia experiencia adquirida a partir de observacións. Tamén é importante a interpretación que se realiza dunha imaxe real dun depósito torrencial. Nas actividades 31, 33, 34, 35 e 40 requírese a interpretación de fotografías e debuxos. As actividades desta unidade potencian a aprendizaxe significativa dos contidos. Comunicación lingüística As diversas maneiras de formular os enunciados das actividades desenvolven nos alumnos a capacidade de saber analizar e expresar os contidos de xeitos distintos. Moitas das actividades, como a 8, 10, 14 e 15, requiren que o alumno xustifique as respostas. A interpretación de debuxos e esquemas é imprescindible para comprender os contidos que se refiren á modelaxe do relevo. N O RECANTO DA LECTURA, O país da terra amarela, páx. 163, achéganos a unha paisaxe afastada do noso contorno, como é a orixinada por depósitos de loess. Nas actividades trabállase en certa medida a capacidade de diferenciar hipóteses de feitos, exercicio que pode ser complementario a outras cuestións sobre o método científico. Cultural e artística Os apartados que mostran os diversos tipos de modelaxes, permitirán aos alumnos percibir, apreciar e comprender a beleza das paisaxes e a dinámica dos relevos. As paisaxes poden ser analizadas tamén con criterios estéticos propios, aínda que esta unidade se refira á súa orixe e posible evolución. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Con esta unidade os alumnos comprenderán os cambios continuos que ocorren no relevo e nas paisaxes. Estes poden ter unha orixe natural ou antrópica. As actividades humanas poden cambiar, por exemplo, a dinámica dos ríos coa construción de pantanos, frear a erosión producida por augas salvaxes con noiros, ou a xerada polas ondas con diques. O coñecemento dos factores que condicionan o relevo e os procesos que ocorren, permitiranos realizar unha correcta interpretación da paisaxe. Moitas catástrofes poderíanse evitar cun coñecemento profundo dalgúns procesos xeolóxicos, como os relacionados, por exemplo, coa construción de vivendas e obras públicas en zonas de risco de inundacións ou avalanchas. Unidade 8. Estrutura e dinámica da Terra OBXECTIVOS 1. Analizar a composición e a estrutura interna da Terra. 2. Estudar o ciclo das rochas e coñecer as que predominan nas diferentes capas da Terra. 3. Coñecer as diversas teorías que explican a orixe dos relevos. 4. Coñecer as evidencias da deriva continental achegadas por Wegener. 5. Describir as evidencias e as hipóteses que orixinaron a teoría da tectónica de placas. 6. Describir a composición das placas litosféricas e os seus movementos relativos. 7. Comprender os fenómenos asociados ao contacto entre as placas. 15

8. Valorar o avance científico recoñecendo a provisionalidade das teorías científicas. CONTIDOS Conceptos Estrutura, características e composición interna da Terra. (Obxectivo 1) O ciclo das rochas. (Obxectivo 2) Teorías fixistas e mobilistas. (Obxectivos 3 e 8) A deriva continental de Wegener. (Obxectivos 4 e 8) A teoría da tectónica de placas: desenvolvemento e consecuencias. (Obxectivos 5 e 8) Probas da tectónica de placas. (Obxectivos 4 e 5) As placas litosféricas. (Obxectivo 6) Bordos construtivos, pasivos, destrutivos e de colisión. (Obxectivos 6 e 7) Fenómenos e estruturas asociados aos bordos de placa. (Obxectivo 7) Procedementos, destrezas e habilidades Observación e análise de diversos mapas e esquemas relacionados con procesos tectónicos. Interpretación desde a tectónica de placas da distribución actual dos continentes. Actitudes Curiosidade por coñecer os efectos que produce a dinámica interna da Terra na superficie terrestre. Recoñecer a provisionalidade das teorías científicas no marco do desenvolvemento científico. Mostrar interese pola orixe, causas e efectos dos terremotos e dos volcáns. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Relacionar as características internas da Terra coa súa repercusión sobre os fenómenos superficiais. (Obxectivos 1 e 2) b) Coñecer as teorías fixistas e mobilistas. (Obxectivos 3, 4 e 5) c) Coñecer a teoría da deriva continental e os argumentos achegados no seu favor. (Obxectivo 4) d) Comprender os principios e probas da tectónica de placas. (Obxectivo 5) e) Definir e clasificar as placas litosféricas e os movementos relativos. (Obxectivo 6) g) Relacionar o movemento das placas cos procesos xeolóxicos que producen. (Obxectivo 7) h) Coñecer e valorar o avance que significou a consolidación entre os científicos da teoría da tectónica de placas. (Obxectivo 8) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Reconstrución de Panxea, páx. 183, permítenos desenvolver unha práctica que intuitivamente podería servir para desacreditar as teorías fixistas que prevaleceron nos ambientes científicos durante tantos anos. Esta epígrafe permítenos observar o pasado dos nosos continentes, cando se atopaban unidos formando Panxea. UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, O neocatastrofismo, páx 185, introduce un tema científico que, igual ca outros moitos que quedaran case esquecidos, grazas ás novas técnicas de investigación e aos novos recursos que teñen á súa disposición os xeólogos se recuperou cunha nova visión máis actualizada. 16

A epígrafe relaciona o termo neocatastrofismo con outros que explican novas hipóteses relativas ao proceso evolutivo dos seres vivos, as cuestións fan reflexionar aos alumnos sobre o carácter multidisciplinar co que desde a ciencia se pretende explicar a realidade. A resolución de moitas das actividades desta unidade require a interpretación de mapas, debuxos e esquemas. Para iso débese extrapolar e deducir a evolución dos acontecementos xeolóxicos a través das figuras do texto. Comunicación lingüística As actividades 6 e 11, que remiten ao anexo conceptos clave, fomentan a busca de información no dicionario. Ao longo da unidade é necesaria a realización de debuxos e esquemas como medio para comprender os conceptos, como se pide nas actividades 7 e 9. NO RECANTO DA LECTURA, Nunha zorra polo fondo do mar, páx. 187, a comprensión lectora é necesaria para tirar información do texto co obxecto de responder as preguntas e atopar a relación entre o título que se propón na actividade 55 e as ideas desenvolvidas no texto. Social e cidadá O texto de introdución á unidade salienta o carácter imprevisible dos acontecementos provocados pola dinámica interna. Dionisio Pulido narra como comezou unha erupción volcánica no seu propio campo de millo. Hoxe en día os terremotos e as erupcións volcánicas continúan a provocar graves catástrofes humanitarias en moitos países. É importante tomar conciencia de que a colaboración cidadá e a axuda internacional son fundamentais cando teñen lugar estes sucesos repentinos. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental A dinámica interna caracterízase pola magnitude dos seus efectos sobre a superficie terrestre. En moitos casos, as erupcións volcánicas ou os efectos que os terremotos producen sobre o medio producen un tremendo impacto, o que nos permite comprender a provisionalidade do relevo e da paisaxe. Educación para a saúde En España os riscos sísmicos son escasos, aínda que algunhas comunidades, como Andalucía, adoitan sufrir terremotos de baixa intensidade. Os alumnos deben coñecer as normas básicas de protección en caso de catástrofe, así como as técnicas de primeiros auxilios e os protocolos de evacuación en lugares públicos. Unidade 9. Manifestacións da dinámica terrestre OBXECTIVOS 1. Coñecer a estrutura interna da Terra e as manifestacións relacionadas coa súa dinámica. 2. Establecer a relación entre o ascenso convectivo do magma e as manifestacións superficiais. 3. Explicar as características e os procesos asociados á subdución das placas litosféricas. 4. Coñecer a orixe das grandes cordilleiras, dos arcos de illas e dos oróxenos térmicos. 5. Estudar a orixe das deformacións das rochas no marco da tectónica de placas. 6. Comprender que a formación e a evolución da paisaxe é resultado da interacción entre a dinámica interna e externa. 7. Saber interpretar os riscos xeolóxicos, a súa prevención e as medidas adoptadas para paliar os seus efectos. CONTIDOS Conceptos A dinámica interna: movementos convectivos. (Obxectivo 1) Penachos térmicos e puntos quentes. (Obxectivos 1 e 2) 17

Fenómenos asociados ás dorsais oceánicas. (Obxectivo 2) Fenómenos asociados ás zonas de subdución. (Obxectivo 3) Oróxenos e arcos de illas. (Obxectivo 4) Deformación das rochas. Clasificación. (Obxectivo 5) Evolución do relevo. Procesos internos e externos. (Obxectivo 6) Riscos xeolóxicos. Medidas de previsión, prevención e predición. (Obxectivo 7) Procedementos, destrezas e habilidades Relación dos movementos convectivos coas súas manifestacións sobre a superficie. Explicación do comportamento das rochas ante un tipo de esforzo. Diferenciación dos distintos tipos de deformacións: pregamentos, diáclases, fallas e mantos de corremento. Interpretación de esquemas relacionados coa estrutura da litosfera e cos riscos xeolóxicos asociados. Actitudes Interese polo estudo dos riscos xeolóxicos naturais como forma de previr as catástrofes volcánicas e sísmicas. Interese polos avances científicos relacionados co estudo do interior da Terra. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Comprender como se producen os fenómenos propios da dinámica interna da Terra. (Obxectivo 1) b) Relacionar os fenómenos convectivos coas súas manifestacións sobre a codia terrestre. (Obxectivo 2) c) Explicar a formación dos relevos asociados á tectónica de placas. (Obxectivos 3 e 4) d) Recoñecer os elementos e tipos de deformacións que afectan ás rochas. (Obxectivo 5) e) Analizar a evolución da paisaxe desde a influencia da dinámica interna e externa. (Obxectivo 6) f) Coñecer os riscos xeolóxicos e as medidas que nos axudan a diminuír os seus efectos. (Obxectivo 7) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico UNHA ANÁLISE CIENTÍFICA, páx. 205, permítenos coñecer os primeiros obxectivos que tiña encomendados a misión Viking. A busca de vida no planeta Marte foi un dos retos da ciencia. Ademais, cítase a idea que desenvolveu James Lovelock en relación á atmosfera. Isto permitiranos reflexionar e debater desde un punto de vista obxectivo, pondo en práctica os coñecementos adquiridos na unidade sobre os procesos internos do noso planeta e a extrapolación ás condicións de Marte. A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Formación dun penacho térmico, páx. 203, propón simular no laboratorio as correntes de convección que se producen no manto. Esta experiencia permite explicar os fenómenos que ocorren desde que os materiais parten do manto ata que chegan á base da litosfera. Nas actividades 17, 27, 29 e 31 requírese a interpretación de esquemas para a realización correcta das actividades. Comunicación lingüística A actividade 13 remite ao anexo conceptos clave, deste xeito foméntase a busca de información no dicionario. Outras actividades, como a 4, 5, 7 e 8, requiren unha interpretación correcta dos esquemas, xa que os alumnos deben explicar a causa de certos sucesos. Nesta unidade débense interpretar diversos esquemas e debuxos, entre os que salientan os que fan referencia aos fenómenos convectivos, á formación dos oróxenos ou ás explicacións sobre os tipos de deformacións que poden sufrir as rochas. 18

NO RECANTO DA LECTURA, A pluma xigante, páx. 207, proponse unha lectura que reflexiona sobre os efectos do ascenso de magma en zonas mariñas. Co texto pódense identificar e valorar acontecementos como os ocorridos en 1986 no estreito Xoán de Fuca e tirar conclusións relativas ás diferenzas existentes entre a realidade dun proceso xeolóxico e a interpretación que se dá dese proceso nunha novela de ficción. Matemática Algunhas actividades, como a 1 e a 35, requiren a interpretación de gráficas sinxelas. Autonomía e iniciativa persoal Coa actividade proposta na epígrafe CIENCIA NAS TÚAS MANS ponse en práctica unha experiencia que se pode realizar en equipo. EDUCACIÓN EN VALORES Educación ambiental Nas últimas décadas desenvolvéronse unha serie de medidas de predición, que nos permiten coñecer coa maior antelación posible o momento e o lugar en que se pode producir unha catástrofe debida a algunhas manifestacións de procesos internos, como terremotos, tsunamis ou erupcións volcánicas. Os Sistemas de Alerta Temperá (SAT) aumentaron a seguridade nas zonas en que se sofren con maior frecuencia os efectos derivados da dinámica interna e externa. Aínda que os riscos xeolóxicos afectan máis a unhas zonas ca a outras, todos debemos coñecer as normas básicas de actuación e comportamento ante unha emerxencia. No centro débense potenciar as actividades que realizan simulacros de evacuación ante calquera emerxencia. Unidade 10. A historia do noso planeta OBXECTIVOS 1. Coñecer as diferentes teorías que explican os cambios xeolóxicos. 2. Comprender o significado do tempo xeolóxico e as diferenzas entre xeocronoloxía absoluta e relativa. 3. Resolver problemas simples de datación relativa, aplicando os principios de superposición de estratos, superposición de procesos e correlación. 4. Recoñecer o significado dos fósiles na explicación do pasado xeolóxico da Terra. 5. Coñecer a escala de tempo xeolóxico, así como os criterios utilizados para realizar as divisións na historia do noso planeta. 6. Explicar os principais acontecementos xeolóxicos, climáticos e biolóxicos que tiveron lugar ao longo da historia da Terra. 7. Recoñecer algúns animais e plantas característicos de cada era. 8. Coñecer os principais acontecementos da historia xeolóxica de España. CONTIDOS Conceptos A idade da Terra. Actualismo e uniformitarismo. (Obxectivo 1) Datación absoluta e relativa. (Obxectivo 2) Principios de xeocronoloxía relativa. (Obxectivos 2 e 3) Fósiles. O proceso de fosilización. (Obxectivos 3 e 4) Escala de tempo xeolóxico. (Obxectivo 5) Os eóns, as eras e os períodos da historia do planeta. (Obxectivos 5 e 6) As eras. Acontecementos xeolóxicos, climáticos e biolóxicos. (Obxectivo 6) As eras. Características da vexetación e da fauna. (Obxectivo 7) 19

Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de debuxos e esquemas de fósiles, series estratigráficas e escalas do tempo xeolóxico. Diferenciación dos métodos de datación e da súa aplicación en paleontoloxía. Observación dos grandes cambios que sucederon ao longo da historia. Relación entre os distintos ambientes do pasado e os seres que os habitaban. Actitudes Interese polo coñecemento da historia e os fenómenos que sucederon na Terra. Recoñecer a especie humana como principal responsable dos cambios que se están producindo na actualidade. CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Explicar as diferentes teorías sobre o estudo dos procesos xeolóxicos do pasado. (Obxectivo 1) b) Diferenciar as características e os principios dos sistemas de datación xeocronolóxica. (Obxectivos 2 e 3) c) Analizar o proceso de fosilización e o valor dos fósiles no coñecemento da historia da Terra. (Obxectivos 4 e 7) d) Coñecer a división do tempo na historia da Terra. (Obxectivo 5) e) Describir os procesos xeolóxicos máis importantes da historia da Terra. (Obxectivos 5 e 6) f) Estudar as especies animais e vexetais máis importantes nas diferentes divisións da historia da Terra. (Obxectivo 7) g) Analizar os acontecementos máis destacados da historia xeolóxica de España. (Obxectivo 8) COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN Coñecemento e interacción co mundo físico A sección CIENCIA NAS TÚAS MANS, Elaboración dunha colección de réplicas de fósiles, páx. 227, ensina aos alumnos un procedemento sinxelo co que poder facer réplicas de fósiles. Coa realización das actividades, adquírense os mecanismos e a metodoloxía precisa para realizar unha correcta catalogación das diferentes especies fósiles, así como a elección do mellor método para a realización da réplica, xa sexa por medio dun molde ou polo método do calco. UN DEBATE CIENTÍFICO, Como xurdiu o voo das aves?, páx. 229, traballa un tema interesante, que suscitará a curiosidade entre os alumnos. Para analizar e resolver as actividades cómpre coñecer e relacionar os contidos vistos na unidade e utilizar algúns dos coñecementos que se adquiriron ao longo do curso, principalmente os relacionados coa unidade 4. Nalgunhas actividades requírese a interpretación de debuxos que mostran os ambientes das distintas eras co ánimo de que identifiquen as especies máis características que habitaron a Terra ao longo da historia. Na actividade 29 requírese interpretar e ordenar acontecementos do pasado a partir dun corte xeolóxico. Comunicación lingüística As actividades 5, 10 e 12 remiten ao anexo conceptos clave. Así, foméntase a busca de información no dicionario. Esta unidade desenvolve a capacidade de expresión e o tratamento de diferentes fontes de información, necesarias para realizar unha interpretación global dos acontecementos que ocorreron no pasado. Os esquemas e as figuras axudan a comprender mellor a secuencia da historia da Terra. O RECANTO DA LECTURA, O descubrimento do tempo, páx. 231, fala sobre as diferentes especies que habitaron a Terra no pasado, as relacións que mantiveron e a súa influencia sobre o medio. O texto reflexiona sobre a evolución da Terra a través do papel que exerceron as distintas especies. 20