BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Σχετικά έγγραφα
EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Un. O artigo único queda modificado no sentido de engadir un apartado 3 1

Resorte: estudio estático e dinámico.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Α Π Ο Φ Α Σ Η Η ΥΠΟΥΡΓΟΣ ΑΓΡΟΤΙΚΗΣ ΑΝΑΠΤΥΞΗΣ & ΤΡΟΦΙΜΩΝ

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe de Intercomparación do equipo automático de PM2,5 co método gravimétrico en aire ambiente en A Coruña no 2014 LMAG

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. 2. Dada a ecuación lineal 2x 3y + 4z = 2, comproba que as ternas (3, 2, 2

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

ESTUDO DE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Proxecto Financiado con Fondos FEDER

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Sistemas e Inecuacións

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

Monetaria e a transición ó euro afectan ó contido do Este real decreto díctase ó abeiro da autorización

Expresións alxébricas

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Campaña de análise de Metais en aire ambiente no 2017

Expresións alxébricas

ELECTROTECNIA. BLOQUE 3: MEDIDAS NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS (Elixir A ou B)

S A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN /280 ng/µl

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Problemas resueltos del teorema de Bolzano

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

XUÑO 2018 MATEMÁTICAS II

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

Resolución R 5/2014 Prezo do visado do proxecto de edificación

Ámbito científico tecnolóxico. Estatística. Unidade didáctica 4. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico

MOSTRAS DE AUTOCONTROL DOS OPERADORES LÁCTEOS, BASE DA SÚA GARANTÍA DE PRODUCIÓN DE LEITE SEGURO. EXPERIENCIA DO LIGAL COAS PROBAS DE SCREENING E

DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

4.4.- Documentación de formalización. 5.- Execución do contrato Comprobación da implantación Programa de traballo 5.3.

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

SATÉLITES TERRESTRES E AS SÚAS ÓRBITAS OBXECTIVOS

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

Balance Enerxético de Galicia, 2006 BALANCE ENERXÉTICO

DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

PAU XUÑO 2012 FÍSICA

DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx

CADRO RESUMO DE CARACTERÍSTICAS OBXECTO NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN...

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

PAAU (LOXSE) Xuño 2006

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato Estrutura atómica 2 1

ÍNDICE. 1. Introdución Metodoloxía Diagrama de fluxos enerxéticos Enerxía primaria galega... 10

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Inecuacións. Obxectivos

Balance Enerxético de Galicia, 2012 BALANCE ENERXÉTICO DE GALICIA 2012

DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx

MINISTERIO DE FOMENTO

Atlas de ondas. de Galicia

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

ΕΦΗΜΕΡΙΣ ΤΗΣ ΚΥΒΕΡΝΗΣΕΩΣ

FÍSICA. 2.- Cando se bombardea nitróxeno 14 7 N con partículas alfa xérase o isótopo 17 8O e outras partículas. A

Transcript:

Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE 3630 Real decreto 190/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo. O Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo, ten por obxecto a ordenación do mercado de trigos españois por grupos e graos en función do uso industrial óptimo para cada trigo, así como das condicións de entrega e doutras variables das cales dependerá o rendemento industrial do gran. Pese á súa recente aprobación, cómpre introducir unha serie de modificacións no mencionado real decreto co fin de dar resposta a diversas cuestións técnicas que aconsellan a súa modificación. En primeiro lugar, e dado que o sector necesita dispor de métodos analíticos de referencia rápidos e fiables para determinar os valores dos parámetros indicativos de grupo e grao, modifícase a norma de calidade do trigo para permitir o uso, na determinación de certos parámetros indicativos de grupo e grao, de métodos baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR). En segundo lugar, e en vista da experiencia adquirida desde a entrada en vigor do citado real decreto, faise necesario modificar a clasificación en grupos dos trigos brandos. Co fin de facer menos estritos os criterios de clasificación en grupos, modifícanse os valores límite do parámetro que relaciona a tenacidade e extensibilidade dunha masa (P/L). En terceiro lugar, e tendo en conta que os operadores puxeron de manifesto a existencia, nalgúns casos, de dificultades para calcular o índice xeral de calidade (IXC) das mostras, procédese a eliminar o dito índice da clasificación en grupos para os trigos duros. Porén, para que os operadores poidan coñecer o valor teórico do IXC das variedades de trigo duro, substitúese o anexo II do Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, por un novo anexo que inclúe a clasificación das variedades de trigos duros en función do seu IXC. En cuarto lugar, para que os operadores poidan dispor dunha maior información, engádese a posibilidade de indicar opcionalmente para os trigos duros dos grupos 1 e 2, a continuación da categorización en grupos, se se trata dun trigo de «alta cor» ou de «alta calidade de glute» en función dos valores obtidos para estes parámetros. En quinto lugar, actualízase a clasificación teórica de variedades de trigos brandos en grupos, establecida no anexo I, co fin de incorporar as novas variedades ensaiadas e adecualo aos novos cambios introducidos na clasificación de trigos brandos. Finalmente, procédese a efectuar as oportunas rectificacións e correccións respecto a unha serie de erros que se advertiron no real decreto que se modifica. Entre elas, modifícase a Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva, para indicar correctamente o método que se deberá empregar para a determinación do glute. Na elaboración desta disposición foron consultadas as comunidades autónomas e as entidades representativas dos sectores afectados e emitiu informe favorable a Comisión Interministerial para a Ordenación Alimentaria (CIOA). Así mesmo, someteuse ao procedemento de información en materia de normas e regulamentacións técnicas e de regulamentos relativos aos servizos da sociedade da información, previstos na Directiva 98/34/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de xuño, así como no Real decreto

Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 2 1337/1999, do 31 de xullo, que incorpora a dita directiva ao ordenamento xurídico español. Na súa virtude, por proposta do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 15 de marzo de 2013, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo. O Real decreto 1615/2010, do 7 de decembro, polo que se aproba a norma de calidade do trigo, queda modificado como segue: Un. Modifícase o artigo 2 «Parámetros utilizados» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «a) «W»: forza panadeira. b) «P»: tenacidade. c) «L»: extensibilidade. d) «IXC»: índice xeral de calidade. e) «Pr»: contido de proteínas. f) «IG»: índice de glute. g) «IC»: índice de amarelo. h) «Pe»: peso específico.» Dous. Engádese un número 4 ao artigo 4 «Nomenclatura normalizada na clasificación de trigos» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «4. Opcionalmente poderase indicar, para os trigos duros dos grupos 1 e 2, a continuación da categorización en grupos, se se trata dun trigo de «alta cor» ou de «alta calidade de glute» en función dos valores dos parámetros recollidos na seguinte táboa: PARÁMETROS Alta calidade de glute... IG 75 Alta cor... IC 19 ou contido β-carotenos 8 ppm» Tres. Modifícase a táboa de clasificación dos trigos brandos en grupos, do artigo 6 «Grupos e graos establecidos para os trigos brandos» da norma de calidade do trigo, que queda redactada como segue: «PARÁMETROS Proteína W P/L Índice de caída (segundos) Degradación proteolítica Grupo 1 13 300 1,8 250 < 15 2 12 200 W < 300 1,5 250 < 15 3 11 100 W < 200 1 250 < 15 4 > 10 < 100 0,6 5 O resto.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 3 Catro. Modifícase a táboa de clasificación dos trigos duros en grupos, do artigo 7 «Grupos e graos establecidos para os trigos duros» da norma de calidade do trigo, que queda redactada como segue: «PARÁMETROS Proteína Peso específico (kg/hl) Vitrosidade Grupo 1 13 80 > 80 2 12 78 > 75 3 11 77 > 60 4 O resto.» Cinco. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo, que queda redactado como segue: «Para determinar os valores dos parámetros indicativos de grupo e grao utilizarase, cando proceda, a última actualización das normas polas que se establecen os seguintes métodos analíticos de referencia:» Seis. Modifícase a letra b) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «b) Proteína: o método de referencia será o establecido no punto 4 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. O resultado expresarase en porcentaxe sobre materia seca. Poderán, así mesmo, utilizarse outros métodos equivalentes ou baseados en tecnoloxía de infravermellos (NIR), ben que, en caso de litixio, prevalecerá o método de referencia.» Sete. Modifícase a letra e) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «e) Peso específico: o método de referencia será o UNE-EN ISO 7971-3 «Cereais. Determinación da densidade volumétrica, denominada masa por hectolitro. Parte 3: método de rutina». Poderanse utilizar outros métodos equivalentes ou métodos baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR), pero en caso de litixio prevalecerá o método de referencia.» Oito. Modifícase a letra f) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma «f) Humidade: o método de referencia será o establecido no punto 2 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. Poderanse utilizar outros métodos equivalentes ou baseados na tecnoloxía de infravermellos (NIR), pero en caso de litixio prevalecerá o método de referencia.» Nove. A letra i) do artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo substitúese pola seguinte: «i) Calidade de glute: para a súa determinación utilizarase o índice de glute. O método de referencia para o cálculo do contido de glute será o establecido no punto 12 do anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados. O resultado obtido expresarase como índice de glute.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 4 Dez. Engádese unha letra m) ao artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo: «m) Índice de amarelo: o método de referencia será o establecido na norma UNE-CEN/TS 15465:2009 EX.» Once. Engádese unha letra n) ao artigo 8 «Métodos de análise de referencia» da norma de calidade do trigo: «n) Contido de β-carotenos: o método de referencia será o establecido na norma UNE-EN ISO 11052 «Fariñas e sémolas de trigo duro. Determinación do contido de pigmento amarelo».» Doce. O anexo I da norma de calidade do trigo substitúese polo seguinte: «ANEXO I Clasificación teórica (*) de variedades de trigos brandos GRUPO VARIEDADE 1 Alabanza, Babui, Badiel, Bitacora, Bologna, Cajeme 71, Califa Sur, Catedral, Crespon, Estero, Farak, Galera, Gazul, Greina, Jerezano, Patanegra, Perico, Pinzon, Sensas, Siena, Vejer, Yecora e Zarco. 2 Abate, Alcala, Anapo, Antequera, Atomo, Atrevido, Aubusson, Aviso, Azuaga, Balneo, Bancal, Calden, Carles, CCB Ingenio, Cezanne, Chambo, Conil, Ecija, Escacena, Farmeur, Galeon, Granota, Guadalupe, Guru, Idalgo, Illico, Indor, Inoui, Kalango, Mane Nick, Mapeña, Matanza, Mecano, Nogal, Palesio, Pan Regio, Provinciale, Sogood, Soissons, Starpan, Subtil, Tejada e Tejon Nick. 3 Abderraman, Acienda, Adagio, Aguila, Altria, Andalou, Andelos, Anforeta, Anza, Apache, Artur Nick, Astral, Atilio, Avelino, Bandera, Bastide, Berdun, Bokaro, Botticelli, Bramante, Buenno, Callobre, Camargo, Caramba, Cartaya, CCB Legion, Chatelet, Equilibre, Etecho, Exotic, Gades, Galpino, Garcia, Innov, Isengrain, Kumberri, Kuneo, Lubrican, Manda, Masaccio, Onan, Osado, Peñalon, Pistolero, Platero, Plethore, Raffy, Rodrigo, Sarina, Scaleo, Terron, Trebujena e Trocadero. 4 Chamorro, Craklin, Marius, Odiel e Paledor. Sen asignación (**) Abental, Academie, Aerobic, Ambos, Amiro, Andino, Aragon03, Arezzo, Asteroide, Baner, Betres, Bolero, Brigio, Campeador, Charger, Cortex, Crousty, Dollar, Escualo, Esperia, Fiel, Fiorenzo, Fiuza, Hekto, Horzal, Kilopondio, Maltus, Manal, Montcada, Mv Emese, Mv Suba, Negev, Negrillo, Ombu, Ovalo, Pane247, Premio, PR22R58, Resulton, Rudo, Salama, Santoyo, Serio, Sollario, Taber, Tigre, Torero, Trapio, Tremie, Tribel, Trimax e Valbona. (*) Trátase dunha clasificación teórica. A clasificación final dunha variedade poderá diferir da reflectida na táboa pola influencia que teñen o ambiente e as prácticas agronómicas sobre os parámetros de calidade. (**) Non existen datos para a asignación ou non cumpren os requisitos dos grupos anteriores.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 82 Venres 5 de abril de 2013 Sec. I. Páx. 5 Trece. O anexo II da norma de calidade do trigo substitúese polo seguinte: «ANEXO II Clasificación teórica (*) das variedades de trigos duros en función do seu IXC IXC (**) VARIEDADE IXC 105 Canciller, Carpio, Cimbel, Aceres, Don Isidoro, Levante, Don Oro, Duramonte, Don Sebastian, Cannizzo, Sculptur, Catervo, Don Jaime, Averroes, Ayllon, Catasta, Ducados, Don Jose, Don Rafael, Calero, Concadoro, Saragolla, Athoris, Burgos, Latinur, Vitrosol, Pedroso, Claudio, Glucodur, Grecale, Boniduro, Don Valentin, Gigadur, Vítrico, Imhotep, Duilio, Boabdil, Alacon, Bolo, Ciccio, Aliron, Euroduro e Simeto. 100 IXC < 105 Bronte, Antología, Don Francisco, Ariesol, Don Javier, Italo, Quijano, Don Juan, Ancalei, Vivadur, Bolido, Alfaro, Ismur, Debano, Molino, Astrodur, Estopa, Duroi, Ramirez, Core, Colosseo, Taranto, Asdrubal, Maestrale, Garrido, Serafo Nick, Vitromax, Moncayo, Amilcar, Regallo, Semolero, Mimmo, Prospero, Khandur, Kiko Nick e Beldur. 98 IXC < 100 Calcas, Carioca, Ginseng, Pladur, Avispa, Don Pedro, Iride, Pelayo, Donduro, Durbel, Mexa, Vitronero, Don Ricardo, Nefer, Hispasano, Licinius, Durcal, Krucial, Seneca, Canyon, Gallatera, Durtres, Guallardo, Severo, Mellaria, Lusodur, Dorondon, Solea, Sula, Arcobaleno, Roqueño e Vitron. (*) Trátase dunha clasificación teórica. O IXC dunha mostra poderá diferir dos valores reflectidos na táboa. (**) O IXC calculouse como porcentaxe da media do «IXC» para as variedades testemuña (Amilcar, Avispa, Gallareta e Simeto) igualada a 100 e resultante de efectuar a seguinte operación: (Pr x 40%) + (IG x 30%) + (IC x 20%) + (Pe x 10%).» Disposición derradeira primeira. Modificación da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva. O anexo II da Orde do 31 de xaneiro de 1977 pola que se establecen os métodos oficiais de análise de aceites e graxas, cereais e derivados, produtos lácteos e produtos derivados da uva, queda modificado do seguinte modo: «O método establecido no seu número 12 «Glute» substitúese polo descrito na norma UNE-EN ISO 21415-2 «Trigo e fariña de trigo. Contido de glute. Parte 2: determinación de glute húmido por medios mecánicos».» Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día 1 de xullo de 2013. Dado en Madrid o 15 de marzo de 2013. JUAN CARLOS R. O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, MIGUEL ARIAS CAÑETE http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X