CRITERIOS PARA A UTILIZACIÓN RACIONAL DA HORMONA DO CRECEMENTO EN NENOS Aprobados o día 26 de novembro de 2008 Comité Asesor para a utilización terapéutica da hormona de crecemento e substancias relacionadas. Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios Edifi cio Administrativo San Lázaro, s/n 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA 1
2
CRITERIOS PARA A UTILIZACIÓN RACIONAL DA HORMONA DO CRECEMENTO EN NENOS I. INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS OFICIALMENTE APRO BADAS 1 Talle baixo patolóxico por: 1.- Déficit clásico ou defecto da hormona do crecemento (HC). 2.- Síndrome de Turner. 3.- Insuficiencia renal crónica, en nenos en período prepuberal. 4.- Síndrome de Prader-Willi (SPW). 5.- Crecemento intrauterino retardado (CIR). 6.- Deficiencia de crecemento debida a alteración do Xene SHOX. II. INICIO DO TRATAMENTO O paciente deberá reunir todos os criterios de tratamento auxolóxicos e analíticos, que se especifican para cada indicación na epígrafe IV e cumprir o protocolo de utilización da hormona do crecemento e as gráficas de crecemento segundo estándares auxolóxicos integrados españois (2008), as específicas de Turner (Lyon Preece) e, no crecemento intrauterino retardado, os estándares integrados españois do RN. O protocolo e as gráficas correspondentes remitiránselle ao Comité Asesor xunto co consentimento informado do paciente. Requírese que os pacientes cumpran todos os criterios que se relacionan para cada indicación, en ausencia de medicación ou situación clínica que os altere, especificando as datas de realización das determinacións analíticas. O comité poderá solicitar datos adicionais aos remitidos no protocolo e, unha vez avaliados, comunicaralle ao facultativo responsable o seu criterio respecto á solicitude do tratamento. III. SEGUIMENTO E FINALIZACIÓN DO TRATAMENTO O protocolo de seguimento enviaráselle anualmente ao Comité Asesor, achegando todos os datos requiridos, incluído o preparado comercial. Non obstante, o período anual poderá ser inferior, nos casos nos que o Comité estime necesario. Recoméndase que o seguimento dos pacientes en tratamento se efectúe polo menos cada seis meses, aínda que o protocolo de seguimento que se lle remite ao Comité Asesor teña periodicidade anual. A continuidade do tratamento valorarase en cada caso, en función dos criterios auxolóxicos e analíticos requiridos para cada indicación. Se tras o tratamento non se evidencia a eficacia deste a xuízo do Comité, este será suspendido. No suposto de que o paciente presente algunha incidencia das relacionadas na ficha técnica da especialidade farmacéutica, deberáselle comunicárselle por escrito ao Comité. Transcorridos seis meses desde a finalización do tratamento, o paciente será reavaliado e envianránselle ao Comité os datos auxolóxicos e analíticos. 1 Pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios. 3
IV. CRITERIOS DE TRATAMENTO 1.- DÉFICIT CLÁSICO DA HORMONA DO CRECEMENTO A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- Criterios auxolóxicos: 1.1.- Talle baixo: Inferior a 2 DE ou por debaixo de 1 DE do talle medio parental e, se é o caso, predición de talle adulto inferior ao talle xenético en máis de 1 DE. 1.2.- Velocidade de crecemento diminuída: Por debaixo de P10 para a súa correspondente idade ósea, mantida durante un mínimo de 6 meses. 1.3.- Retraso da maduración ósea: En máis de 1 ano, en relación á idade cronolóxica, salvo no excepcional caso de asociación á pubertade precoz central secundaria a outros procesos que poidan asociar tamén déficit da hormona do crecemento. 1.4.- Neno/a acabado/a de nacer: En caso de manifestación clínica de déficit de HC en época neonatal (hipoglicemia), non é necesario cumprir criterios auxolóxicos. 2.- Determinacións analíticas: 2.1.- Test farmacolóxicos de secreción de HC. Realizaranse polo menos dous test farmacolóxicos de secreción de HC, con distintos estímulos, indicando o estadio puberal. Naqueles pacientes en idade puberal e sen signos de gonadarquia, só se considerarán negativas as probas de secreción de HC, se foron realizadas tras primación esteroidea: varóns con propionato de testosterona 25 mg/día IM, durante 5 días e mulleres con etinilestradiol 100 mcg/día, 3 días. 2.2.- T 4 libre 2. 2.3.- IGF-I e IGFBP 3. 2.4.- Marcadores de enfermidade celíaca. 2.5.- Estudo da xenética molecular nas situacións que proceda realizalo. Remitirase fotocopia do informe correspondente. 3.- Probas complementarias: 3.1.- Unha vez confirmado o déficit de HC, considerarase a necesidade de realizar unha resonancia magnética da zona hipotálamo hipofisaria. 2 Expresados en: T4libre (ng/dl) (1 pmol/l=0 0777 ng/dl). IGF-1 (ng/ml) (1 nmol/l=7 64900 ng/ml). 3 IGFBP3 (μg/ml) 4
B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dun dos criterios de inclusión. 2.- Enfermidade crónica ou sistémica. 3.- Displasia ósea. 4.- Diabetes mellitus insuficientemente controlada. 5.- Proceso tumoral activo. 6.- Enfermidade aguda en fase crítica. 7.- Patoloxía asociada ao retraso de crecemento non resolta no momento da solicitude do tratamento con HC. 8.- Idade ósea adulta. C.- DOSE RECOMENDADA: A dose calculárase en función do peso, non obstante, no caso de obesidade farase en función da superficie corporal. mg/kg/día 0,025 0,035 mg/m 2 SC/día 0,7 1,0 D.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Predición de talle adulta, si é realizable. 1.5.- Estadio puberal. 1.6.- Gráfica de talle e de velocidade de crecemento. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. E.- MEDICAMENTOS QUE TEÑEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN: Genotonorm. Humatrope. Norditropin. Saizen. Zomacton. Nutropin. Omnitrope. 5
2.- SÍNDROME DE TURNER A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- Acreditar o diagnóstico do Síndrome de Turner mediante estudo citoxenético e remitirlle unha fotocopia do informe orixinal ao Comité Asesor. 2.- Idade igual ou superior aos 2 anos de vida. 3.- Criterios auxolóxicos: 3.1.- Velocidade de crecemento diminuída: Por debaixo do P10 para a súa correspondente idade ósea, mantida durante un mínimo de 6 meses. Indicarase a existencia de medicación concomitante (estróxenos), así como a súa dose e a data de inicio e/ou suspensión. 4.- Determinacións analíticas: 4.1.- T 4 libre e anticorpos antitiroideos. 4.2.- IGF-I e IGFBP3. 4.3.- Glicohemoglobina. 4.4.- Marcadores de enfermidade celíaca. B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dalgún dos criterios de inclusión. 2.- Enfermidade crónica ou sistémica non controlada. 3.- Diabetes mellitus insuficientemente controlada. 4.- Proceso tumoral activo. 5.- Enfermidade aguda en fase crítica. 6.- Patoloxía asociada ao retraso do crecemento non resolta no momento de solicitude de tratamento coa hormona do crecemento. 7.- Idade ósea adulta. C.- DOSE RECOMENDADA: O cálculo da dose efectuarase nesta patoloxía unicamente referida á superficie corporal. mg/m 2 SC/día 1,4 6
D.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Estadio puberal. 1.5.- Gráfica do talle e da velocidade de crecemento. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 libre e anticorpos antitiroideos. 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 2.3.- Glicohemoglobina. 2.4.- Marcadores de enfermidade celíaca. 2.5.- Idade do comezo do tratamento con estróxenos, especificando tipo e dose. E.- MEDICAMENTOS QUE TEÑEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN Genotonorm. Humatrope. Norditropin. Saizen. Zomacton. Nutropin. Omnitrope. 7
3.- INSUFICIENCIA RENAL CRÓNICA A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- IRC definida como filtrado glomerular inferior ao 50 % (calculado polo método de Schwatz, aclaramento de creatinina ou métodos isotópicos) e/ou tratamento crónico de diálises. 2.- Idade igual ou superior a 2 anos. 3.- Situación prepuberal: valorada polos datos clínicos, analíticos e maduración ósea. 4.- Criterios auxolóxicos. Requírese que os pacientes cumpran todos os criterios auxolóxicos que a continuación se relacionan: 4.1.- Talle baixa patolóxica. 2 DE por debaixo do talle medio para a idade cronolóxica e, se é o caso, (dos 2 aos 9 anos), por debaixo de 1 DE do talle medio parenteral. 4.2.- Velocidade de crecemento diminuída: Por debaixo do P10 para a súa correspondente idade ósea, mantida durante un mínimo de 1 ano. 4.3.- Retraso da maduración ósea: En máis de 1 ano, en relación á idade cronolóxica. Estes criterios auxolóxicos deben ser cumpridos, en ausencia de calquera medicación ou situación clínica que os altere. 5.- Determinacións analíticas: 5.1.- T 4 5.2.- IGF-I e IGFBP3. B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dun dos criterios de inclusión. 2.- Patoloxía cardiovascular severa. 3.- Osteopatía severa. 4.- Diabete mellitus manifesta. 5.- Enfermidade maligna activa. 6.- Transplante renal funcionante. C.- DOSE RECOMENDADA: mg/kg/día 0,045 0,050 mg/m 2 SC/día 1,4 8
D.- INFORME NEFROLÓXICO: Xunto co protocolo de utilización de HC, así como co de seguimento anual, é necesario o envío dun informe nefrolóxico que deberá conter os datos mínimos necesarios que a continuación se especifican: - Creatinina sérica. - Filtrado glomerular en ml/min/1,73m 2.SC. - Bicarbonato plasmático. - Metabolismo calcio/fósforo con PTH (método e rangos). - Coulter - HbA1c. - TSH. - Tensión arterial con percentil. - Medicación concomitante detallada, indicando dose e pauta de administración (eritropoietina, corticoides, outra...). Nos pacientes que fosen tratados con HC (tratamentos compasivos) deberán figurar no citado informe nefrolóxico os datos ao inicio do tratamento, así como os datos actuais, no momento do envío do protocolo ao Comité Asesor. E.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Predición de talle adulto, se é realizable. 1.5.- Estadio puberal. 1.6.- Gráfica de talle e de velocidade de crecemento. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 3.- Envío do informe nefrolóxico actualizado. F.- MEDICAMENTOS QUE TEÑEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN. Genotonorm. Humatrope. Norditropin. Saizen. Nutropin. Omnitrope. 9
4.- SÍNDROME DE PRADER-WILLI (SPW) A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- Acreditar o diagnóstico do Síndrome de Prader Willi mediante estudo de xenética molecular, remitíndolle copia do informe orixinal ao Comité Asesor. 2.- Idade igual ou superior a 2 anos. 3.- Criterios auxolóxicos: 3.1.- Retraso da maduración ósea: En máis de 1 ano, en relación á idade cronolóxica. 4.- Criterios analíticos: 4.1.- T 4 4.2.- IGF-I e IGFBP3. 4.3.- Test de tolerancia á glicosa. 4.4.- Estudo da composición corporal mediante impedanciometría ou DEXA. 4.5.- Informe radiolóxico da estática da columna dorso lumbar posteroanterior. 4.6.- Glicohemoglobina. 4.7.- Informe ORL con inclusión de polisomnografía nocturna e valoración dela. B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dun dos criterios de inclusión. 2.- Obesidade mórbida: peso >150% do peso ideal. 3.- Intolerancia á glicosa ou diabetes mellitus. 4.- Escolioses > 20º. 5.- Apnea do sono. 6.- Hipertrofia obstrutiva amigdalo-adenoidea. 7.- Criterios de exclusión referidos no defecto da hormona do crecemento. C.- DOSE: O cálculo da dose nesta patoloxía efectuarase unicamente referida á superficie corporal, e non poderá excederse de 2,7 mg/día. mg/m 2 SC/día 1,0 10
D.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: Valorarase anualmente no preceptivo protocolo de seguimento a eficacia do tratamento, tanto na dinámica do crecemento como na composición corporal. 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Estadio puberal. 1.5.- Gráfica do talle, do peso e da velocidade de crecemento. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 2.3.- Test de tolerancia á glicosa. 2.4.- Glicohemoglobina. 2.5.- Composición corporal mediante impedanciometría ou DEXA. 2.6.- Estudo radiolóxico da estática da columna dorso lumbar posteroanterior. E.- MEDICAMENTOS QUE TEÑEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN: Genotonorm. Omnitrope. 11
5.- CRECEMENTO INTRAUTERINO RETARDADO (CIR) A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- Criterios auxolóxicos: 1.1.- Lonxitude e/ou peso ao nacemento menor de 2 DE. Utilizar para iso as táboas de referencia dos estándares auxolóxicos integrados españois (2008) (cuantificar a idade xestacional en semanas), enviar fotocopia de informe somatométrico neonatal. 1.2.- Non ter aos 4 anos de vida recuperación do crecemento e deberá achegar, polo menos, dúas referencias somatométricas con intervalos de 6 meses ou máis, entre os 0 e 2 anos e outras dúas entre os 2 e 4 anos de idade. 1.3.- No momento da solicitude, o talle deberá ser inferior a -2,5 DE (segundo os estándares auxolóxicos integrados españois), e menor de -1 DE axustada ao talle medio parental. 2.- Determinacións analíticas: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 2.3.- Glicemia basal e insulinemia basal. 2.4.- Glicohemoglobina. 2.5.- Lipidograma. 2.6.- Presión arterial. B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dun dos criterios de inclusión. 2.- Inicio de puberdade. Deberáselle remitir ao Comité Asesor copia da radiografía da man e pulso en pacientes de idade cronolóxica igual ou superior a 11 anos (nenas) e 12 anos (nenos). 3.- Síndrome de Silver Russell e calquera outro cadro sindrómico. 4.- Intolerancia hidrocarbonada. 5.- Diabetes mellitus. 6.- Resistencia insulínica. 7.- Pacientes tratados con análogos de GnRH. 8.- Os casos de xestación múltiple serán avaliados de forma individualizada. C.- DOSE: mg/kg/día 0,035 0,067 12
D.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: Se a velocidade de crecemento é inferior a +1 DE ao cabo dun ano de tratamento, este será suspendido. 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Predición do talle adulto, se é realizable. 1.5.- Estadio puberal. 1.6.- Gráfica do talle e da velocidade de crecemento. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 2.3.- Glicemia basal e insulinemia basal. 2.4.- Glicohemoglobina. 2.5.- Lipidograma. 2.6.- Presión arterial. E.- MEDICAMENTOS QUE TEÑEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN: Genotonorm. Humatrope. Norditropin. Saizen. Omnitrope. 13
6.- DEFICIENCIA DE CRECEMENTO DEBIDA Á ALTERACIÓN DO XENE SHOX A.- CRITERIOS DE INCLUSIÓN: 1.- Acreditar o diagnóstico mediante estudo da xenética molecular da mutación do Xene SHOX na rexión PAR1 e remitirlle ao Comité Asesor unha fotocopia do informe orixinal. 2.- Idade igual ou superior a 2 anos de vida. 3.- Criterios auxolóxicos: 3.1.- Talle inferior ao límite de -2 DE. 3.2.- Velocidade de crecemento diminuída por debaixo de P10 para a súa correspondente idade ósea, mantida durante un mínimo de 6 meses. 3.3.- O Comité valorará a demostración da displasia ósea da man e do antebrazo. 4.- Determinacións analíticas: 4.1.- T 4 4.2.- IGF-I e IGFBP3. 4.3.- Glicohemoglobina. B.- CRITERIOS DE EXCLUSIÓN: 1.- Incumprimento dun dos criterios de inclusión. 2.- Enfermidade crónica ou sistémica. 3.- Diabetes mellitus insuficientemente controlada. 4.- Proceso tumoral activo. 5.- Enfermidade aguda en fase crítica. 6.- Patoloxía asociada ao retraso do crecemento, non resolta no momento de solicitude de tratamento coa hormona do crecemento. 7.- Idade ósea adulta. 8.- Non se recomenda o tratamento cerca do inicio da puberdade, pois a experiencia existente é limitada. Deberase remitir ao Comité Asesor copia da radiografía da man e pulso en pacientes de idade cronolóxica igual ou superior a: 11 anos (nenas) e 12 anos (nenos). C.- DOSE: En caso de exceso de peso, o Comité valorará a dosificación de acordo coa superficie corporal. mg/kg/día 0,045 0,050 14
D.- CRITERIOS DE SEGUIMENTO: 1.- Datos auxolóxicos requiridos: 1.1.- Talle e peso. 1.2.- Velocidade de crecemento. 1.3.- Idade ósea actualizada. 1.4.- Estadio puberal. 1.5.- Gráfica do talle e da velocidade de crecemento. 1.6.- O Comité valorará a oportunidade de enviar copia da radiografía de man e pulso. 2.- Datos analíticos requiridos: 2.1.- T 4 2.2.- IGF-I e IGFBP3. 2.3.- Glicohemoglobina. E.- MEDICAMENTO QUE TEN AUTORIZADA ESTA INDICA CIÓN: Humatrope. 15
16