ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! Tempos segundos

Σχετικά έγγραφα
Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

TRABAJO PRÁCTICO N 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-Aoristo-Futuro

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Tempos e modos verbais da conxugación temática 2 A xustiza e a guerra na Antiga Grecia

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Tema de aoristo. Morfología y semántica

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Αρχαϊκό έπος: Όμηρος. Ενότητα 7: Η ραψωδία Π (Πατρόκλεια) Ευφημία Καρακάντζα Τμήμα Φιλολογίας

LA CONJUGACIÓN EN GRIEGO ANTIGUO

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Sistemas e Inecuacións

ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

At IP Barão de Geraldo

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

XENÓFANES: O FILÓSOFO, O POETA E A CONXECTURA

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

PARTICIPIO DE PRESENTE

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

A circunferencia e o círculo

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Inecuacións. Obxectivos

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

Grieks vwo 2018-II. Tekst 1

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Resorte: estudio estático e dinámico.

VERBOS II: A idéia de tempo, em grego, refere-se à qualidade da ação e não propriamente ao tempo,

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

2.-Relaciona grupos sintácticos que están en el mismo caso: γυπός πυραμίδων αἰθíοπες γῦπες μύρμηκι μάστιξι αἶγας κῆρυξ

Ogham, ou arredor da escrita

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

-νω. - νω. -σκω. - σκω

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

GRECIA: HISTORIA E LINGUA O ALFABETO E A SÚA FONÉTICA

Π

EXERCICIOS DE REFORZO: DETERMINANTES., calcula a matriz X que verifica A X = A 1 B, sendo B =

Académico Introducción

UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN.

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

1 3ª declinación: sustantivos e adxectivos 2 Historia de Grecia: Época Clásica

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

Lógica Proposicional

ΑΡΧΑΙΑ ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΓΛΩΑ Β ΓΥΜΝΑΙΟΥ

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Problemas xeométricos

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Expresións alxébricas

Filipenses 2:5-11. Filipenses

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

a) Ao ceibar o resorte describe un MHS, polo tanto correspóndelle unha ecuación para a elongación:

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

Ι ΑΓΜΕΝΟ ΚΕΙΜΕΝΟ Αριστοτέλους Πολιτικά (Γ1, 1-2, 3-4/6/12) Τῷ περὶ πολιτείας ἐπισκοποῦντι, καὶ τίς ἑκάστη καὶ ποία

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS SEGUNDA DECLINACIÓN:

ΑΡΧΑΙΑ ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΓΛΩΑ Γ ΓΥΜΝΑΙΟΥ

Problemas y cuestiones de electromagnetismo

ἡ πάλαι γλῶττα ἡ Ἑλληνικὴ, κατὰ τὸν αὐτὸμορφον τρόπον ὑπὸ Ἰακώβου τοῦ Δονάλδοῦ γέγραπται

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

Ι ΑΓΜΕΝΟ ΚΕΙΜΕΝΟ Αριστοτέλους Ηθικά Νικομάχεια Β 1,5-8

Ὁ πιστὸς φίλος. Πιστεύω¹ τῷ φίλῳ. Πιστὸν φίλον ἐν κινδύνοις γιγνώσκεις². Ὁ φίλος τὸν

Ámbito Científico - Tecnolóxico ESA MÓDULO 4. Unidade Didáctica 5 USO E TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

Ταξίδι Γενικά. Γενικά - Τα απαραίτητα. Γενικά - Συνομιλία. Παράκληση για βοήθεια. Ερώτηση σε πρόσωπο αν μιλά αγγλικά

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

Traducción. Tema de PRESENTE AORISTO FUTURO PERFECTO. tiempos históricos. Departamento de Griego IES Avempace. pretérito imperfecto

Traballo Fin de Grao

Exercicios de Física 01. Gravitación

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

ΠΑΡΑΤΗΡΗΣΕΙΣ: Α. «Ἐπεί δ ἡ πόλις τῶν συγκειµένων τοῖς ἀπό συµβόλων κοινωνοῦσι»:να µεταφράσετε το απόσπασµα που σας δίνεται. Μονάδες 10 Β. Να γράψετε σ

Tema 2 Solucións páx. 41

ΤΕΛΟΣ 1ης ΑΠΟ 5 ΣΕΛΙΔΕΣ

3. δυνητικό: ἄν, ποὺ σημαίνει κάτι ποὺ μπορεὶ ἤ ποὺ μποροῦσε νὰ γίνει.

EL ARTÍCULO PRIMERA DECLINACIÓN FEMENINOS

EDU IT i Ny Testamente på Teologi. Adjunkt, ph.d. Jacob P.B. Mortensen

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος

Transcript:

1 Tempos segundos, verbos depoñentes e verbos en -μι. Subordinación (sustantivas, temporais e finais). Formas nominais do verbo (I): o infinitivo 2 A literatura grega (I): Épica e Lírica ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! Tempos segundos Algúns verbos en labial, dental, velar e líquida teñen unhas formas especiais no aoristo, perfecto e pluscuamperfecto, chamados tempos segundos. En certos casos, son máis frecuentes que os formados da maneira regular que xa coñecemos. A súa característica común é que se constrúen sen os morfemas típicos deses tempos: o -σ- do aoristo activo e medio, o -θ- do aoristo pasivo, e o -κ- do perfecto e pluscuamperfecto. Recoñécense polas súas desinencias e, ás veces, polas alternancias vocálicas da raíz; esto último quere dicir que a raíz pode ter un centro vocálico diferente nestes tempos segundos, en comparación co do presente. Na seguinte táboa exponse isto: - 68 -

tempo formación exemplos AORISTOS II ACTIVOS e MEDIOS des. activas -ον, -ες, -ε des. medias -ομην, -ου, -ετο λείπω ἔλιπον ἐλιπόμην AORISTOS II PASIVOS PRET. PERFECTOS II ACTIVOS PRET. PLUSCUAMPERF. II ACTIVOS NOTA: as mesmas do Pretérito Imperfecto desinencias: -ην, -ης, -η NOTA: as mesmas do Aoristo I sen o -θdesinencias: -α, -ας, -ε NOTA: as mesmas do Perfecto I sen o -κdesinencias: -η, -ης, -ει τρίβω ἐτρίβην πείθω πέποιθα πράττω ἐπέπραγη NOTA: Os máis usuais son os aoristos II, que ademais adoitan vir recollidos no diccionario ou vocabulario, indicando a que verbo pertencen. Polo que se refire ós Pretéritos Perfecto e Pluscuamperfecto, a pista é sempre a reduplicación no primeiro, e o aumento máis a reduplicación no segundo. Verbos depoñentes Ó igual que o latín, o grego posúe verbos depoñentes. Neste caso, trátase de verbos con forma medio-pasiva e significado activo, como αἰσθάνομαι ( percibir ), βούλομαι ( querer ) ou ἔρχομαι ( chegar ). Verbos en -μι Só se diferencian dos en ω no Presente e Pretérito Imperfecto (nas 3 voces) e no Aoristo II activo e medio. Neles as desinencias únense directamente ó tema, sen vocal temática ou de unión, pero esas desinencias son especiais (vid. supra, pág. 12) 1ª p. sing. 2ª p. sing. 3ª p. sing. 1ª p. pl. 2ª p. pl. 3ª p. pl. tempos primarios tempos secundarios -μι -τι -σι -ς -μεν -τε -ν nada -σαν Algúns dos verbos en μι presentan reduplicación no Presente e no Pretérito Imperfecto, pero non nos demais tempos. Pola súa frecuencia, debemos coñecer: - τίθημι ( poñer ): tema θη- - ἵστημι ( colocar ): tema στη- (neste último, a reduplicación está enmascarada pola perda do σ inicial e a súa transformación en espírito áspero). - δίδωμι ( dar ): tema δο- - 69 -

Subordinación: sustantivas, temporais e finais Son tres dos tipos máis usuais de cláusulas subordinadas. O primeiro deles pode cumprir diversas funcións respecto do verbo principal, entre ellas SUX e CD. Os outros dous funcionan como complementos da cláusula principal, cun senso diferente cada un. As clásulas sustantivas (tamén chamadas completivas) van introducidas en grego por estas conxuncións: - ὃτι, ὠς, ὃπως: úsanse case de maneira indistinta e adoitan levar o verbo en indicativo. A súa traducción é que ou de que, dependendo do verbo principal. Ὁ δεσπότης εἶπεν ὃτι ὁ δοῦλος πρός τὴν ἀγοράν ἢρχετο - μή: tén valor negativo ( que non ), agás que o verbo principal pertenza ó campo semántico do temor; nese caso, o valor é afirmativo ( que ). O seu modo é xeralmente o subxuntivo. Φοβοῦμαι μή ἀποθάνωσι Dentro desta categoría entran tamén as cláusulas interrogativas indirectas, que adoitan cumprir a función de CD respecto do verbo principal: Ἢρετο τίς ἦν ὁ ῥήτωρ As cláusulas temporais funcionan como un complemento circunstancial que ás veces modifica ó verbo da cláusula principal, e outras veces á cláusula principal no seu conxunto. As conxuncións máis frecuentes son ὃτε, ὃταν, ὁπότε, ὁπόταν ( cando ), ἐπεί, ἐπειδή ( despois de que ) e a expresión ἐν ᾧ ( mentres que ). As cláusulas con valor final indican a finalidade ou motivo do expresado na cláusula principal. A súa conxunción máis usual é ἳνα ( para que ), aínda que tamén poden aparecer ὃπως e μή (esta última coa mesma particularidade respecto ós verbos de temor que vimos nas sustantivas). O infinitivo É, xunto co participio e os adxectivos verbais, unha das formas nominais do verbo. É moi usado (igual que nas nosas linguas), coa capacidad de expresar tempo e voz, para o que empregan os mesmos morfemas que as formas persoais: INFINITIVOS (indeclinables) tempo PRESENTE FUTURO AORISTO voz verbos en ω verbos contractos (-αω, -εω, -οω) verbos en μι activa -ειν -ᾶν -εῖν -οῦν -ναι med.- pas. -εσθαι -ᾶσθαι -εῖσθαι -οῦσθαι -σθαι PERFECTO (con redup.) activa media pasiva activa media pasiva activa med.-pas. -σ-ειν -σ-εσθαι -θησ-εσθαι -σ-αι -ναι -σ-ασθαι -σθαι -θ-ηναι -κ-εναι -σθαι - 70 -

O funcionamiento do infinitivo grego é semellante ó do noso: pode ser SUX ou CD dun verbo, p. ex. (amar é fermoso, quero comer). Pero en grego (como en latín) prodúcense unha serie de construccións que non teñen paralelo exacto nos nosos idiomas e adoitan causar dificultades de traducción. a) Construcción con verbos de opinión, afirmación, vontade e os chamados impersoais : para traducila, é necesario introducir a conxunción que entre o verbo e a palabra ou palabras que estén en acusativo, ademais de traducir o infinitivo por un verbo en forma persoal. Νομίζω θεούς εῖναι Creo que os deuses existen Ἐβούλετο Κῦρον παρεῖναι El quería que Ciro chegase Ἄδικόν ἐστι με ζημιοῦσθαι É inxusto que eu sexa castigado b) Infinitivo absoluto: doadamente recoñecible cando vai precedido por ὡς, constituíndo unha expresión feita: ὡς εἰπεῖν por así dicir ὡς ἐμοί δοκεῖν segundo o meu parecer A literatura grega: a poesía épica e a lírica 1. POESÍA ÉPICA 1.1. Orixe do xénero Ata onde chegan os nosos coñecementos, a literatura occidental nace en Grecia co xénero épico, concretamente coa Ilíada e a Odisea de Homero. A palabra épica procede do grego ἔπος, que quere decir palabra, no sentido de palabra relatada, narración. Segundo se deduce da estructura e a linguaxe dos poemas homéricos, eses relatos deberon ser compostos de forma oral, ó longo de varias xeracións, por un conxunto de poetas que gañaban a vida recitándoos acompañándose, a maior parte das veces, dalgún instrumento musical. Iso require tamén a creación duns esquemas rítmicos (e/ou de rima, que a poesía antiga non utilizaba), que os gregos construíron combinando de diversas maneiras as sílabas das palabras, distinguindo entre longas e breves (tendo a longa o dobre de duración que a breve); así produciron o que chamamos metros e compuxeron os seus versos de acordo con eles. Para a poesía épica estableceuse como patrón o hexámetro dactílico: cada verso contiña seis estructuras métricas ou pés, dos que, polo menos o quinto, debía ter a foma do chamado dáctilo : unha sílaba longa seguida de dúas breves. Deste xeito, o primeiro verso da Ilíada (Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληϊάδεω Ἀχιλῆος) presenta a seguinte medida rítmica ou escansión: Μῆ-νιν ἄ//ει-δε, θε//ά, Πη//ληϊ-ά-δε//ω Ἀ-χι//λῆος ˉ // ˉ //ˉ ˉ// ˉ //ˉ // ˉ Polo tanto, todo poema composto en hexámetros pode, en principio, clasificarse como épico. Con todo, desde moi cedo, debido ó traballo dos poetas, a épica rematou distinguíndose pola súa forma e tamén polo seu contido: os poemas épicos deben - 71 -

narrar feitos nos que interveñen deuses, heroes e mortais; ademais, eses feitos deben ter un carácter grandioso e estar motivados por fortes paixóns duns e outros. 1.2. Homero Unha vez demostrado o carácter oral e prehistórico dos poemas homéricos, houbo que debater dous temas: por un lado, cando se puxeron por escrito; polo outro, se foi Homero -o nome que a tradición nos dá- quen o fixo e, de telo feito, canto puxo da súa parte como autor. Sabemos con seguridade que os relatos dos dous poemas eran moi coñecidos en Grecia desde bastante antes do uso xeralizado do alfabeto. Dáse por certo que a guerra de Troia, o acontecemento central para ambas obras, tivo lugar arredor dos s. XII-XI a.c. Tamén é seguro que no s. VIII a.c. o alfabeto estaba xa en uso. Segundo estes e outros datos, hai acordo xeral en que a Ilíada e a Odisea tiveron forma escrita a mediados dese s. VIII. A partir de aí, convertéronse nos libros fundamentais da cultura helénica, sobre os que se baseaba a educación escolar. En canto á segunda cuestión, é imposible de resolver definitivamente. Os gregos antigos estaban convencidos da autoría de Homero, un poeta do que sabemos moi pouco, e o pouco que sabemos está moi envolto en lenda. Dinnos que era cego e que procedía da illa xónica de Quíos (aínda que moitas ciudades e illas gregas reclamaron ser a súa patria). Polo que se refire ós poemas, son demasiado longos para que ninguén puidese sabelos de memoria de forma completa. É posible que Homero fose só un recopilador, aínda que a maioría dos estudiosos concordan en que as dúas obras presentan rasgos de estilo comúns. Polo tanto, é factible que Homero fose un autor dunha gran capacidade que recopilou, oralmente ou por escrito (ou das dúas formas), toda a serie de relatos que conforman a Ilíada e a Odisea, para finalmente dotalos dunha estructura e unha linguaxe o suficientemente unitarias. 1.2.1. a Ilíada Está considerada como o poema máis antigo dos dous. O seu tono é predominantemente serio, como corresponde ó que narra: acontecementos da guerra que enfrontou a varios líderes gregos contra a cidade de Troia, que os arqueólogos descubriron no noroeste de Asia Menor. Está dividida en 24 cantos (con 15.693 versos en total), cada un dos cales ocupaba a extensión dun volume de papiro. Neles non se conta a guerra desde a súa causa inicial ata a súa fin, senón que empeza in medias res e remata sen narrar o desenlace do conflicto. Os acontecementos principais consisten en discusións entre os xefes gregos e batallas entre gregos e troianos. A acción é sempre impulsada por individuos -todos eles con caracteres moi fortes e apaixoados-, coa intervención case constante dos deuses, que tamén disputan entre eles para favorecer a uns e outros. 1.2.2. a Odisea Está considerada como un poema algo posterior á Ilíada. O protagonista é Ulises e o seu intento de regresar á súa patria, a illa de Ítaca, despois da fin da guerra de Troia. O tono da obra é diferente, pois o asunto non é bélico, senón unha loita - 72 -

individual dun heroe por lograr o obxectivo de reunirse coa súa familia. Durante as súas aventuras aparecen unha serie de asuntos e problemas diferentes dos do primeiro poema: o respeto e o amor entre homes e mulleres, a devoción filial e conxugal, a lealdade dos servintes, a hospitalidade, ou o castigo axeitado para os crimes. O que si se mantén, en relación co a Ilíada, é a intervención frecuente das divinidades. 1.3. Hesíodo Próximo a Homero no tempo, considérase a Hesíodo o primeiro poeta culto, no sentido de que non dependía dunha tradición oral directa, como Homero, aínda que o seu estilo tén semellanzas con el. De todos xeitos, é seguro que os seus poemas como os de Homero e autores posteriores- eran recitados con acompañamento musical. A tradición atribúe tres poemas a este autor, en activo a finais do s. VIII a.c. Con todo, un deles, o Escudo de Heracles, é obra dun escritor máis tardío, un anónimo do s. VI a.c. Os outros dos son a Teogonía, un relato do nacemento dos deuses, en 1.022 versos, e Os Traballos e os Días, que, cos seus 800 versos, se inclúe na épica pola súa forma máis que polo seu contido: está escrita en hexámetros, pero o seu asunto consiste nunha serie de instruccións que o poeta da ó seu irmán Perses para que coñeza a verdade da vida. 1.4. Lecturas ILÍADA, XVI, 818-final Ἕκτωρ δ ὡς εἶδεν Πατροκλῆα μεγάθυμον ἂψ ἀναχαζόμενον βεβλημένον ὀξέϊ χαλκῷ, ἀγχίμολόν ῥά οἱ ἦλθε κατὰ στίχας, οὖτα δὲ δουρὶ νείατον ἐς κενεῶνα, διὰ πρὸ δὲ χαλκὸν ἔλασσε: δούπησεν δὲ πεσών, μέγα δ ἤκαχε λαὸν Ἀχαιῶν: ὡς δ ὅτε σῦν ἀκάμαντα λέων ἐβιήσατο χάρμῃ, ὥ τ ὄρεος κορυφῇσι μέγα φρονέοντε μάχεσθον πίδακος ἀμφ ὀλίγης: ἐθέλουσι δὲ πιέμεν ἄμφω: πολλὰ δέ τ ἀσθμαίνοντα λέων ἐδάμασσε βίηφιν: ὣς πολέας πεφνόντα Μενοιτίου ἄλκιμον υἱὸν Ἕκτωρ Πριαμίδης σχεδὸν ἔγχεϊ θυμὸν ἀπηύρα, καί οἱ ἐπευχόμενος ἔπεα πτερόεντα προσηύδα: Πάτροκλ ἦ που ἔφησθα πόλιν κεραϊξέμεν ἁμήν, Τρωϊάδας δὲ γυναῖκας ἐλεύθερον ἦμαρ ἀπούρας ἄξειν ἐν νήεσσι φίλην ἐς πατρίδα γαῖαν νήπιε: τάων δὲ πρόσθ Ἕκτορος ὠκέες ἵπποι ποσσὶν ὀρωρέχαται πολεμίζειν: ἔγχεϊ δ αὐτὸς Τρωσὶ φιλοπτολέμοισι μεταπρέπω, ὅ σφιν ἀμύνω ἦμαρ ἀναγκαῖον: σὲ δέ τ ἐνθάδε γῦπες ἔδονται. ἆ δείλ, οὐδέ τοι ἐσθλὸς ἐὼν χραίσμησεν Ἀχιλλεύς, ὅς πού τοι μάλα πολλὰ μένων ἐπετέλλετ ἰόντι: μή μοι πρὶν ἰέναι Πατρόκλεες ἱπποκέλευθε - 73 -

νῆας ἔπι γλαφυρὰς πρὶν Ἕκτορος ἀνδροφόνοιο αἱματόεντα χιτῶνα περὶ στήθεσσι δαΐξαι. ὥς πού σε προσέφη, σοὶ δὲ φρένας ἄφρονι πεῖθε. τὸν δ ὀλιγοδρανέων προσέφης Πατρόκλεες ἱππεῦ: ἤδη νῦν Ἕκτορ μεγάλ εὔχεο: σοὶ γὰρ ἔδωκε νίκην Ζεὺς Κρονίδης καὶ Ἀπόλλων, οἵ με δάμασσαν ῥηιδίως: αὐτοὶ γὰρ ἀπ ὤμων τεύχε ἕλοντο. τοιοῦτοι δ εἴ πέρ μοι ἐείκοσιν ἀντεβόλησαν, πάντές κ αὐτόθ ὄλοντο ἐμῷ ὑπὸ δουρὶ δαμέντες. ἀλλά με μοῖρ ὀλοὴ καὶ Λητοῦς ἔκτανεν υἱός, ἀνδρῶν δ Εὔφορβος: σὺ δέ με τρίτος ἐξεναρίζεις. ἄλλο δέ τοι ἐρέω, σὺ δ ἐνὶ φρεσὶ βάλλεο σῇσιν: οὔ θην οὐδ αὐτὸς δηρὸν βέῃ, ἀλλά τοι ἤδη ἄγχι παρέστηκεν θάνατος καὶ μοῖρα κραταιὴ χερσὶ δαμέντ Ἀχιλῆος ἀμύμονος Αἰακίδαο. ὣς ἄρα μιν εἰπόντα τέλος θανάτοιο κάλυψε: ψυχὴ δ ἐκ ῥεθέων πταμένη Ἄϊδος δὲ βεβήκει ὃν πότμον γοόωσα λιποῦσ ἀνδροτῆτα καὶ ἥβην. τὸν καὶ τεθνηῶτα προσηύδα φαίδιμος Ἕκτωρ: Πατρόκλεις τί νύ μοι μαντεύεαι αἰπὺν ὄλεθρον; 860τίς δ οἶδ εἴ κ Ἀχιλεὺς Θέτιδος πάϊς ἠϋκόμοιο φθήῃ ἐμῷ ὑπὸ δουρὶ τυπεὶς ἀπὸ θυμὸν ὀλέσσαι; ὣς ἄρα φωνήσας δόρυ χάλκεον ἐξ ὠτειλῆς εἴρυσε λὰξ προσβάς, τὸν δ ὕπτιον ὦσ ἀπὸ δουρός. αὐτίκα δὲ ξὺν δουρὶ μετ Αὐτομέδοντα βεβήκει 865ἀντίθεον θεράποντα ποδώκεος Αἰακίδαο: ἵετο γὰρ βαλέειν: τὸν δ ἔκφερον ὠκέες ἵπποι ἄμβροτοι, οὓς Πηλῆϊ θεοὶ δόσαν ἀγλαὰ δῶρα. Pero cando Héctor viu retirarse ó animoso Patroclo, alcanzouno, atravesándolle coa lanza a parte inferior do ventre, e facéndolle saír a punta polas costas. Ó caer con estrépito, provocou unha gran tristura entre os aqueos. Como o león acosa na loita ó indómito xabarín cando os dous pelexan arrogantes na cima dun monte por un escaso manancial onde queren beber, e o león vence coa súa forza ó xabarín, que respira ansioso, así Héctor, fillo de Príamo, privou da vida, feríndoo de preto coa lanza, ó esforzado fillo de Menecio, que a tantos dera morte. E, presumindo do triunfo, dixo estas aladas palabras: -Patroclo! Sen dúbida esperabas destruír a nosa cidade, facer cautivas ás mulleres troianas e levalas nos teus barcos á túa patria. Insensato! Os veloces cabalos de Héctor voan ó combate para defendelas; e eu, que en manexar a lanza sobresaio entre os belicosos troianos, aparto dos meus o día da escravitude, mentres que a ti hante comer os voitres. Ah, infeliz! Nin Aquiles, con ser valente, te axudou. Cando saíches das naves, onde el quedou, debeu facerte moitas recomendacións, e falarte deste xeito: «No volvas ás cóncavas naves, cabaleiro Patroclo, antes de romper a coiraza que envolve o peito de Héctor, matador de homes, tinguida de sangue». Así falou, sen dúbida; e ti, parvo, deixácheste persuadir. Con voz lánguida respostácheslle, cabaleiro Patroclo: - 74 -

-Héctor! Presume agora con fachendosas palabras, xa que te deron a victoria Zeus, fillo de Crono, e Apolo; eles vencéronme doadamente, quitándome a armadura dos ombros. Se vinte guerreiros coma ti me tivesen feito fronte, todos terían morto vencidos pola miña lanza. Matáronme a parca funesta e o fillo de Leto, e, entre os homes, Euforbo, e ti chegas o terceiro, para me quitar as armas. Vouche dicir outra cousa, que fixarás na túa memoria. Tampouco ti has vivir longo tempo, pois a morte e a parca cruel están a achegárseche, e sucumbirás a mans do ilustre Aquiles, descendente de Éaco. Apenas rematou de falar, a morte cubriuno co seu manto: a alma saíu voando dos seus membros e descendeu ó Hades, chorando a súa sorte porque deixaba un corpo vizoso e novo. E o ilustre Héctor díxolle, aínda que o vía xa morto: -Patroclo! Por que me profetizas unha morte terrible? Quen sabe se Aquiles, fillo de Tetis, a de fermosa cabeleira, non perderá antes a vida, ferido pola miña lanza? Ditas estas palabras, puxo un pé sobre o cadáver, arrincou a lanza de bronce e deitouno de costas. Axiña encamiñouse, lanza en man, cara Automedonte, o maxestoso servidor do descendente de Éaco, de pés lixeiros, pois desexaba ferilo, mais os veloces cabalos inmortais, que os deuses lle deran a Peleo como espléndido agasallo, xa o estaban a sacar da batalla. ODISEA, XXII, 1-41 αὐτὰρ ὁ γυμνώθη ῥακέων πολύμητις Ὀδυσσεύς, ἆλτο δ ἐπὶ μέγαν οὐδόν, ἔχων βιὸν ἠδὲ φαρέτρην ἰῶν ἐμπλείην, ταχέας δ ἐκχεύατ ὀϊστοὺς αὐτοῦ πρόσθε ποδῶν, μετὰ δὲ μνηστῆρσιν ἔειπεν: οὗτος μὲν δὴ ἄεθλος ἀάατος ἐκτετέλεσται: νῦν αὖτε σκοπὸν ἄλλον, ὃν οὔ πώ τις βάλεν ἀνήρ, εἴσομαι, αἴ κε τύχωμι, πόρῃ δέ μοι εὖχος Ἀπόλλων. ἦ καὶ ἐπ Ἀντινόῳ ἰθύνετο πικρὸν ὀϊστόν. ἦ τοι ὁ καλὸν ἄλεισον ἀναιρήσεσθαι ἔμελλε, χρύσεον ἄμφωτον, καὶ δὴ μετὰ χερσὶν ἐνώμα, ὄφρα πίοι οἴνοιο: φόνος δέ οἱ οὐκ ἐνὶ θυμῷ μέμβλετο: τίς κ οἴοιτο μετ ἀνδράσι δαιτυμόνεσσι μοῦνον ἐνὶ πλεόνεσσι, καὶ εἰ μάλα καρτερὸς εἴη, οἷ τεύξειν θάνατόν τε κακὸν καὶ κῆρα μέλαιναν; τὸν δ Ὀδυσεὺς κατὰ λαιμὸν ἐπισχόμενος βάλεν ἰῷ, ἀντικρὺ δ ἁπαλοῖο δι αὐχένος ἤλυθ ἀκωκή. ἐκλίνθη δ ἑτέρωσε, δέπας δέ οἱ ἔκπεσε χειρὸς βλημένου, αὐτίκα δ αὐλὸς ἀνὰ ῥῖνας παχὺς ἦλθεν αἵματος ἀνδρομέοιο: θοῶς δ ἀπὸ εἷο τράπεζαν ὦσε ποδὶ πλήξας, ἀπὸ δ εἴδατα χεῦεν ἔραζε: σῖτός τε κρέα τ ὀπτὰ φορύνετο. τοὶ δ ὁμάδησαν μνηστῆρες κατὰ δώμαθ, ὅπως ἴδον ἄνδρα πεσόντα, ἐκ δὲ θρόνων ἀνόρουσαν ὀρινθέντες κατὰ δῶμα, πάντοσε παπταίνοντες ἐϋδμήτους ποτὶ τοίχους: οὐδέ πη ἀσπὶς ἔην οὐδ ἄλκιμον ἔγχος ἑλέσθαι. νείκειον δ Ὀδυσῆα χολωτοῖσιν ἐπέεσσι: ξεῖνε, κακῶς ἀνδρῶν τοξάζεαι: οὐκέτ ἀέθλων ἄλλων ἀντιάσεις: νῦν τοι σῶς αἰπὺς ὄλεθρος. - 75 -

καὶ γὰρ δὴ νῦν φῶτα κατέκτανες ὃς μέγ ἄριστος κούρων εἰν Ἰθάκῃ: τῷ σ ἐνθάδε γῦπες ἔδονται. ἴσκεν ἕκαστος ἀνήρ, ἐπεὶ ἦ φάσαν οὐκ ἐθέλοντα ἄνδρα κατακτεῖναι: τὸ δὲ νήπιοι οὐκ ἐνόησαν, ὡς δή σφιν καὶ πᾶσιν ὀλέθρου πείρατ ἐφῆπτο. τοὺς δ ἄρ ὑπόδρα ἰδὼν προσέφη πολύμητις Ὀδυσσεύς: ὦ κύνες, οὔ μ ἔτ ἐφάσκεθ ὑπότροπον οἴκαδ ἱκέσθαι δήμου ἄπο Τρώων, ὅτι μοι κατεκείρετε οἶκον, δμῳῇσιν δὲ γυναιξὶ παρευνάζεσθε βιαίως, αὐτοῦ τε ζώοντος ὑπεμνάασθε γυναῖκα, οὔτε θεοὺς δείσαντες, οἳ οὐρανὸν εὐρὺν ἔχουσιν, οὔτε τιν ἀνθρώπων νέμεσιν κατόπισθεν ἔσεσθαι: νῦν ὑμῖν καὶ πᾶσιν ὀλέθρου πείρατ ἐφῆπται. Entón o moi astuto Odiseo quitou os farrapos, saltou ó gran umbral co arco e a alxaba chea de frechas e guindounas ós seus pés dicindo ós pretendentes: -Xa rematou este inofensivo certame; agora hei ver se acerto a outro branco que ningún home alcanzou e hei ver se Apolo me concede gloria. Así dixo, e apuntou unha amarga frecha contra Antínoo. Levantaba este unha fermosa copa de ouro de dobre asa e tíñaa nas súas mans para beber o viño. A morte non se lle pasara pola cabeza, pois, quen crería que, entre tantos invitados, un, por valente que fose, lle ía causar unha morte funesta e un negro destino? Pero Odiseo atinoulle na gorxa e cravoulle a frecha; a punta atravesoulle en liña recta o delicado pescozo, caeu cara atrás, a copa caeulle da man ó ser alcanzado, e ó momento un groso xorro de sangue saíu do seu nariz. De contado golpeou co pé e afastou de si a mesa, a comida caeu ó chan e mancháronse o pan e a carne asada. Os pretendentes produciron un gran balbordo no palacio ó velo caer: erguéronse dos seus asentos lanzándose pola sala e buscaban por todas as ben construídas paredes, mais non había nelas ningún escudo nin ningunha poderosa lanza que poder coller. E increparon a Odiseo con palabras cheas de ira: -Estranxeiro, fas mal en disparar o arco contra os homes; xa non terás que competir en máis certames, pois agárdate unha terrible morte. Mataches ó máis excelente dos rapaces de Ítaca; vante comer os voitres aquí mesmo. Así o imaxinaban todos, porque en verdade crían que o matara involuntariamente; os parvos non se decataban de que tamén a súa morte era inminente. E, mirándoos con malas intencións, díxolles o moi raposeiro Odiseo: -Cadelos, non agardabades que voltase de Troia cando arrasabades a miña casa, forzabades ás escravas e, estando eu vivo, tratabades de seducir á miña esposa sen temer ós deuses que habitan o ancho ceo nin a vinganza dos homes. Agora a morte é para vósxa inminente. - 76 -

2. OUTROS XÉNEROS POÉTICOS Aparte da épica, no mundo grego apareceron unha serie de formas poéticas que, aínda partindo da linguaxe e os conceptos desenvolvidos por Homero e Hesíodo, tiñan un punto de vista diferente, no que o eu poético pasa a primeiro plano. Estes xéneros xa non empregarán o hexámetro, propio da épica, senón que se valerán dunha importante variedade de metros, que están a disposición do autor para aplicalos a unha u outra temática; deste xeito, axiña se produciu unha especialización, e cada modalidade poética acabou asociándose a uns esquemas rítmicos e a un instrumento musical determinado. O noso coñecemento destes xéneros é bastante limitado, xa que na maioría dos casos só conservamos fragmentos de obras, que sen dúbida foron ben coñecidas na Antigüidade Clásica. 2.1. A elexía e o iambo A elexía é unha forma poética que emprega como base un conxunto de dous versos (un hexámetro e un pentámetro), chamado dístico elexíaco. Adoitaba tocar temas aptos para a reflexión, como as sensacións que provoca a paixón amorosa, a brevidade da vida, ou mesmo os beneficios ou perxuízos dunha forma de goberno. O espartano Tirteo e o ateniense Solón, ambos do s. VII a.c., son dous dos seus principais representantes. Este tipo de poemas cantábase ó son do αὐλός (un oboe de tubo dobre); hoxe o significado do termo é diferente: resérvase para un canto fúnebre. Pola súa parte, o iambo 1 é unha composición de contido satírico e, segundo parece, era recitada sen acompañamento musical. O autor máis coñecido que nos ten chegado é Arquíloco de Paros (s. VII a.c.), que tamén escribiu elexías. Trátase do primeiro poeta occidental que emprega a primeira persoa nas súas composicións, e ademais facendo declaracións moi directas. Aínda que é imposible saber se os seus versos amosan a súa maneira de pensar e sentir ou o eu poético é ficticio, o feito é que os fragmentos conservados transmiten proximidade. A súa linguaxe está tomada da épica de Homero, pero a súa temática é diferente: non trata do ser humano enfrontado a situacións límite e obrigado a importantes decisións, senón que describe situacións correntes, e ás veces mesmo triviais. Cando se pon na pel dun soldado, por exemplo, a súa preocupación non é a gloria, senón simplemente sobrevivir; outra cara da mesma moeda son os seus poemas eróticos, que en ocasións resultan moi explícitos. Outro autor de iambos importante foi Semónides de Amorgos, contemporáneo de Arquíloco. 1 Chamado así polo tipo de metro empregado: unha secuencia dunha sílaba breve e outra longa. - 77 -

2.1.1. Lecturas: TIRTEO τεθνάμεναι γὰρ καλὸν ἐνὶ προμάχοισι πεσόντα ἄνδρ ἀγαθὸν περὶ ᾗ πατρίδι μαρνάμενον, τὴν δ αὑτοῦ προλιπόντα πόλιν καὶ πίονας ἀγρούς πτωχεύειν πάντων ἔστ ἀνιηρότατον, πλαζόμενον σὺν μητρὶ φίλῃ καὶ πατρὶ γέροντι παισί τε σὺν μικροῖς κουριδίῃ τ ἀλόχῳ. [...] εἰ δ οὕτως ἀνδρός τοι ἀλωμένου οὐδεμί ὤρη γίγνεται, οὔτ αἰδὼς οὔτ ὀπίσω γένεος, θυμῷ γῆς περὶ τῆσδε μαχώμεθα καὶ περὶ παίδων θνῄσκωμεν ψυχέων μηκέτι φειδόμενοι. ὦ νέοι, ἀλλὰ μάχεσθε παρ ἀλλήλοισι μένοντες, μηδὲ φυγῆς αἰσχρῆς ἄρχετε μηδὲ φόβου, ἀλλὰ μέγαν ποιεῖσθε καὶ ἄλκιμον ἐν φρεσὶ θυμόν, μηδὲ φιλοψυχεῖτ ἀνδράσι μαρνάμενοι τοὺς δὲ παλαιοτέρους, ὧν οὐκέτι γούνατ ἐλαφρά, μὴ καταλείποντες φεύγετε, τοὺς γεραιούς. [...] ἀλλά τις εὖ διαβὰς μενέτω ποσὶν ἀμφοτέροισι στηριχθεὶς ἐπὶ γῆς, χεῖλος ὀδοῦσι δακών. É admirable ter morto, cando caeu na vangarda un home valente pelexando en ben da patria. Pero deixar a propia cidade e os seus campos fecundos e andar mendigando é o máis doroso de todo, vagando sen fin coa nai querida e o pai xa vello, e a esposa lexítima e os fillos pequenos. [...] Así que, se ninguén lles presta ningunha atención nin respeto ós vagabundos, nin aínda á súa estirpe futura, loitemos con ánimo todos por esta terra, e morramos polos nosos fillos, sen reparar na vida. Rapaces, veña, loitade con firmeza, ombro con ombro, non empecedes a infame fuxida nin o medo, construídevos, dentro do peito, un ánimo grande e robusto, non pensedes na vida pelexando na fronte; e non fuxades, deixando atrás ós vellos, os vosos maiores, que xa non teñen xeonllos lixeiros. [...] Veña, estade firmes, abride ben as pernas, cravade no chan os dous pés, e mordede o labio cos dentes. - 78 -

SOLÓN Παῖς μὲν ἂνηβος ἐὼν ἒτι νήπιος ἒρκος ὀδόντων φύσας ἐκβάλλει πρῶτον ἐν ἑπτ ἒτεσιν. τοὺς δ ἐτέρους ὃτε δὴ τελέσηι θεὸς ἑπτ ἐνιαυτούς, ἣβης ἐκφαίνει σήματα γιγνομένης. τῆι τριτάτηι δὲ γένειον ἀεξομένων ἒτι γυίων λαχνοῦνται, χροιῆς ἂνθος ἀμειβομένης. τῆι δὲ τετάρτηι πᾶς τις ἐν ἑβδομάδι μεγ ἂριστος ἰσχύν, ἣν τ ἂνδρες σήματ ἒχουσ ἀρετῆς. πέμπτηι δ ὣριον ἂνδρα γάμου μεμνημένον εἲναι καὶ παίδων ζητεῖν εἰσοπίσω γενεήν. τῆι δ ἓκτηι περὶ πάντα καταρτύεται ωόος ἀνδρός οὐ δ ἒρδειν ἒθ ὁμῶς ἒργ ἀπάλαμνα θέλει. ἑπτὰ δὲ νοῦν καὶ γλῶσσαν ἐν ἑβδομάσιν μεγ ἂριστος ὀκτώ τ ἀμφοτέρων τέσσαρα καὶ δέκ ἒτη. τῆι δ ἐνάτηι ἒτι μὲν δύναται, μαλακώτερα δ αὐτοῦ πρὸς μεγάλην ἀρετήν γλωσσὰ τε καὶ σοφίη. τἠν δεκἀτην δ εἲ τις τελέσας κατὰ μέτρον ἳκοιτο, οὐκ ἂν ἀωρος ἐών μοῖραν ἒχοι θανάτου Cando cumpre os sete, perde o tenro rapaz os primeiros dentes que botou sendo un crío. E cando a divinidade lle completa por fin os segundos sete anos, a pubertade crecente xa empeza a amosarse. E ó septenio terceiro, espigándose aínda, cúbreselle de velo o mentón e cambia a flor da pel. E ó cuarto septenio é cando tén a forza máis grande, entre os homes seguro sinal do valor. E o quinto é o tempo en que o home debera pensar en casar e procurar obter descendencia de fillos. E ó sexto madura a mente do home en todas as cousas e xa en adiante non quere descoido nos seus actos. E ó séptimo tén o xuízo e fala mellor. O mesmo que ó octavo; e suman os dous catorce años. E ó noven aínda lle queda forza; con todo, é máis débil, mirando ó perfecto valor, en lingua e prudencia. E se alguén alcanza o décimo e chega ó seu límite, a morte non virá buscalo antes de tempo. - 79 -

ARQUÍLOCO Ἀσπίδι μὲν Σαΐων τις ἀγάλλεται, ἥν παρὰ θάμνῳ ἔντος ἀμώμητον κάλλιπον οὐκ ἐθέλων αὐτὸν δ' ἔκ μ' ἐσάωσα τί μοι μέλει ἀσπὶς ἐκείνη; Ἐρρέτω ἐξαῦτις κτήσομαι οὐ κακίω. Un tracio é quen leva, fachendoso, o meu escudo: boteino, sen pensalo, xunto a unha silveira. E o arnés; era bo, sen reproche. Pero eu salveime. Que me importa aquel escudo? Bah! Hei comprar un que non sexa peor ὥσπερ αὐλῶι βρῦτον ἢ Θρέιξ ἀνήρ ἔβρυζεν ἢ Φρὺξ κύβδα δ ἦν πονευμένη. Chupaba como chupa a súa cervexa, cunha cana, calquera tracio ou frixio; e coa cabeza baixa esforzábase. SEMÓNIDES πολλὸς γὰρ ἥμιν ἐστὶ τεθνάναι χρόνος, ζῶμεν δ' ἀριθμῶι παῦρα <παγ>κάκως ἔτεα. Sendo tan longo o tempo de estar mortos, vivimos malamante poucos anos 2.2. A lírica coral arcaica Ns πόλις gregas eran frecuentes as celebracións relixiosas, e para moitas delas compoñíanse poemas longos destinados a ser cantados por coros de cidadáns (que ademais bailaban), e para un público amplo. Polo tanto, o autor debía compoñer a letra, a música e, seguramente, mesmo a coreografía; tamén era habitual que dirixise a representación. Os instrumentos empregados eran a lira e o αὐλός, e a temática adoitaba basearse nas lendas mitológicas. Este xénero poético foi moi cultivado en Esparta, sobre todo no s. VII a.c., e por eso quedou establecido que o idioma empregado nas composicións fose, preferentemente, o dialecto dórico (aínda que o autor fose doutra zona de Grecia), o propio de Esparta e a súa rexión. Os autores máis destacados foron Alcmán e Estesícoro. - 80 -

Lectura: ALCMÁN Ἒρως με δηὖτε Κύπριδος Fέκατι γλυκύς κατείβων καρδίαν ἰαίνει E outra vez o doce Eros, por vontade de Cipris, inúndame o corazón ata poñelo brando. 2.3. A poesía monódica Nace nas illas do mar Exeo, e é diferente á anterior: consiste en poemas breves, compostos en dialectos locais (dependendo do autor), e destinados a audiencias reducidas. O instrumento que os acompaña é a lira. Dous dos seus principais autores foron Safo e Alceo, ambos do período entre os s. VII-VI a. C. Safo foi famosa na súa época por fundar na illa de Lesbos (aínda que ela era de Mitilene) una escola poética feminina, que prosperou durante algúns anos, chegando a crearse varios grupos dentro dela, que competían entre si. Pola súa parte, Alceo de Mitilene tratou diferentes temas nas súas obras, aínda que os de contido amoroso, por exemplo, perdéronse, ó igual que os himnos que escribiu na honra de diversos deuses. O que temos céntrase na sátira política, e nos seus fragmentos vemos que acode a relatos mitolóxicos para comparalos coa circunstancia concreta que quere comentar. Conservamos tamén restos de composicións que tocaban o tema do viño no contexto dos convites, ós que os homes gregos eran moi aficionados. Outros autores, cuxos poemas conservados tratan tamén temas relacionados co amor e co viño, foron Íbico e Anacreonte. 2.3.1. Lecturas: SAFO Φαίνεταί μοι κῆνος ἴσος θέοισιν ἔμμεν ὤνηρ, ὄττις ἐνάντιός τοι ἰσδάνει καὶ πλάσιον ἆδυ φωνείσας ὐπακούει καὶ γελαίσας ἰμέροεν. τό μ ἦ μάν καρδίαν ἐν στήθεσιν ἐπτόαισεν. ὢς γὰρ ἔς σ ἴδω βρόχε, ὤς με φώνησ οὖδεν ἔτ εἴκει, ἀλλὰ κὰμ μὲν γλῶσσα ἔαγε, λέπτον δ αὔτικα χρῶι πῦρ ὐπαδεδρόμακεν, ὀππάτεσσι δ οὖδεν ὄρημμ, ἐπιρρόμβεισι δ ἄκουαι, ἀ δέ μ ἴδρως κακχέεται, τρόμος δέ παῖσαν ἄγρει, χλωροτέρα δὲ ποίας - 81 -

ἔμμι, τεθνάκην δ ὀλίγω πιδεύης φαίνομ ἔμ αὔται ἀλλὰ πᾶν τόλματον, ἐπεὶ +καὶ πένητα Paréceme o igual dun deus, o home que frente a ti senta, e tan de preto te escoita absorto falarlle con dozura e rires con amor. Iso, non minto, non, desacóugame dentro do peito o corazón; pois cando te miro un só instante, xa non podo decir nin unha palabra, a lingua conxélaseme, e un sutil lume non tarda en percorrer a miña pel, os meus ollos non ven nada, e o oído zóame, e unha suor fría cóbreme, e un tremor axítame todo o corpo, e estou, máis que a herba, pálida, e sinto que me falta pouco para quedar morta. ALCEO ὒει μὲν ὁ Ζεῦς, ἐκ δ ὀράνω μέγας χείμων, πεπάγαισιν δ ὐδάτων ῥόαι [...] ἒνθεν [...] κάββαλλε τὸν χείμων, ἐπὶ μὲν τίθεις πῦρ, ἐν δὲ κέρναις οἶνον ἀφειδέως μέλιχρον, αὐτὰρ ἀμφὶ κόρσαι μόλθακον ἀμφι<βάλων> γνόφαλλον Zeus manda chuvia, e un gran trebón baixa do ceo, e as correntes quedan conxeladas. [...] Esquece o trebón: bótalle leña ó lume, corta, sen taxalo, o viño doce como o mel, e logo déitate cun coxín cómodo en cada tempa. - 82 -

ANACREONTE ὦ παῖ παρυένιον βλέπων δίζημαί σε, σύ δ οὐ κλύεις, οὐκ εἰδὼς ὃτι ἑμῆς ψυχῆς ἡνιοχεύεις Rapaz de ollos de nena, búscote e non te decatas Non sabes, non, que da miña alma tés as rendas. <Ἒρως, ὃς> μ ἐσιδὼν γένειον ὑποπόλιον χρυσοφαέννων πτερύγων ἀήταις παραπέτεται Eros, vendo que empeza a encanecer a miña barba, co sopro das súas ás que brillan como o ouro pásame pola beira ἘΡΓΕ! 1. Analiza e traduce as seguintes secuencias: α) Λέγει ὁ κατήγορος, ὃτι ὑβριστής εἰμί καὶ βίαιος β) Ὁ Πλάτων λέγει ὅτι ἡ ψυχὴ ἒστιν ἀθὰνατος γ) Ὁ Σωκράτης νομίζει ὡς αἱ ἡδοναί εἰσί πολλαί δ) Ὁ Στράβων ἐδίδασκον μή Κιλικία ἐν τῇ Ελλάδι ἦν ε) Ἐπεμελεῖτο ὃπως οἱ μαθηταὶ βίβλια ἓξουσιν 2 ζ) Ἐπεὶ τὴν οἰκίαν ἐλίπομεν 3, ἐθηρεύομεν η) Οἱ διδάσκαλοι πάντα πράττουσιν ἳνα βελτίονες γένωνται 4 οἱ παῖδες θ) Ὀυκ ἀπέπλευσαν, πρίν ἐξεπολιόρκησαν τὴν πόλιν ι) Αἰσχρόν ἐστι ἄδικα πράττειν 2 Futuro de ἒχω 3 Aoristo II de λείπω 4 Presente de subxuntivo de γίγνοµαι - 83 -

κ) Tὸ φίλους ἔχειν ἐστὶ καλόν λ) Ἐλπίζω τὸν χρόνον παύσειν τὰς λύπας σου μ) Ὁ μῦθος λέγει τὸν Ἕκτορα σκυλευθῆναι ὕπ Ἀχιλλέως 2. Analiza e traduce o seguinte texto: O MAR, O MAR! Ἐκ τῶν Χαλύβων οἱ Ἓλληνες ἀφίκοντο ἐπὶ τὸν Ἃρπασον ποταμὸν. Ἐντεῦθεν ἐπορεύθησαν διὰ Σκυθινῶν διὰ πεδίου εἰς κῶμας, ἐν αἷς ἒμειναν ἡμέρας τρεῖς καὶ ἐπεσιτίσαντο. Ἐντεῦθεν δὲ ἦλθον 5 σταθμούς τέτταρας πρὸς πόλιν μεγάλην ἣ ἐκαλεῖτο Γυμνιάς. Ὁ τῆς χώρας ἂρχων τοῖς Ἓλλησιν πέμπει ἡγεμόνα ὃς λέγει ὃτι ἂξει αὐτοὺς πέντε ἡμερῶν εἰς χωρίον ὃθεν ὂψονται 6 θάλατταν. Καὶ ἀφικνοῦνται ἐπὶ τὸ ὂρος τῇ πέμπτῃ ἡμέρᾳ. ὂνομα δὲ τῷ ὂρει ἦν Θήχης. Ὲπεὶ δὲ οἱ πρῶτοι ἐγένοντο 7 ἐπί τοῦ ὂρους, κραυγὴ πολλὴ ἐγένετο Θάλαττα, θάλαττα. 3. Completa os cuestionarios do Curso na Aula Virtual. 5 Aoristo de ἒρχοµαι 6 Futuro de ὁράω 7 Pretérito imperfecto de γίγνοµαι - 84 -