2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 1

Σχετικά έγγραφα
PROTEÍNAS. 8. Que é un aminoácido?

TEMA 1: LA MATERIA DE LA VIDA

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

AS BIOMOLÉCULAS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Tema 4.- Biomoléculas orgánicas II: Lípidos.

Curso A MATERIA VIVA. Tema 1. Bioloxía 2º Bacharelato

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Tema 7. Glúcidos. Grados de oxidación del Carbono. BIOQUÍMICA-1º de Medicina Dpto. Biología Molecular Isabel Andrés. Alqueno.

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Palabra derivada de glicosa pois se pensaba que tódolos glícidos procedian desta. As biomoléculas máis abundantes da natureza

TEMA 3. Lípidos. Bioq. Juan Pablo Rodríguez

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Curso LÍPIDOS. Tema 3. Bioloxía 2º Bacharelato

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

METABOLISMO DEFINICIÓN :

Procedementos operatorios de unións non soldadas

METABOLISMO. É a síntese de glicosa a partir de precursores non glicídicos (piruvato, lactato, aminoácidos, glicerol).

PAU XUÑO 2016 BIOLOXÍA

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS

TEMA. Clasificación de proteínas Criterios de clasificación Unión de ligandos en proteínas funcionalmente activas

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) CONVOCATORIA DE SETEMBRO Ano 2016 CRITERIOS DE AVALIACIÓN. BIOLOXÍA (Cód. 21)

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

FRASES. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados.

Preguntas V e F (selectividade):

ENLACE QUÍMICO CUESTIÓNS ENLACE IÓNICO. 1. Considerando o elemento alcalinotérreo do terceiro perquíodo e o segundo elemento do grupo dos halóxenos.

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato O enlace químico 3 1

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

8. Tampón fosfato, tampón bicarbonato. Substancias ANFÓTERAS 9. De que moléculas se trata? Como se chama o carbono nº 1?. Como se chama o enlace?

TEMA 10: METABOLISMO

Digestión de los lípidos

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Química P.A.U. ENLACE QUÍMICO 1 ENLACE QUÍMICO

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

TEMA 3. ENLACE QUÍMICO

PAU XUÑO 2015 BIOLOXÍA

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

PAU XUÑO 2014 BIOLOXÍA

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

PAU XUÑO 2012 BIOLOXÍA

ENLACE QUÍMICO 1. CONCEPTO DE ENLACE EN RELACIÓN COA ESTABILIDADE ENERXÉTICA DOS ÁTOMOS ENLAZADOS.

Tema 1. Constitución molecular de la célula

TEMA 9. Como obteñen enerxía as células a partir do alimento

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Lípidos. Clasificación

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

REACCIÓNS DE TRANSFERENCIA DE PROTÓNS

EQUILIBRIOS ÁCIDO-BASE

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

CATABOLISMO. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA

BIOLOXÍA Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración: 2,5 puntos

2.6 Teoría atómica (unha longa historia)

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

ÁCIDOS ORGÁNICOS MAS COMUNES

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

S A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN /280 ng/µl

BIOLOXÍA 2º Bacharelato Colegio Hijas de Cristo Rey Mª Asunción Martín Ossorio curso ª AVALIACIÓN

A circunferencia e o círculo

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

Curso A TEORÍA CELULAR. Tema 7. Bioloxía 2º Bacharelato

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

EXERCICIOS TERMINOLOXÍA ( RELACIONAR PALABRAS ) SELECTIVIDADE

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

PAU XUÑO QUÍMICA Cualificación: O alumno elixirá UNHA das dúas opcións. Cada pregunta cualificarase con 2 puntos. OPCIÓN A

Bioquímica Estructural y Metabólica. TEMA 12. Ciclo de Krebs

QUÍMICA. Cualificación: Cuestións =2 puntos cada unha; problemas: 2 puntos cada un; práctica: 2 puntos

PAU SETEMBRO QUÍMICA Cualificación: O alumno elixirá UNHA das dúas opcións. Cada pregunta cualificarase con 2 puntos.

Teoría cinética e atómica da materia

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

PAU XUÑO 2014 QUÍMICA. Cualificación: O alumno elixirá UNHA das dúas opcións. Cada pregunta cualificarase con 2 puntos. OPCIÓN A

Química P.A.U. TERMOQUÍMICA 1 TERMOQUÍMICA

METABOLISMO DE CARBOHIDRATOS

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Inecuacións. Obxectivos

PROGRAMACIÓN 2º BACHARELATO QUÍMICA 1

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

CATABOLISMO DE GLÚCIDOS

CIENCIAS DA NATUREZA:

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Sistemas e Inecuacións

As nanopartículas metálicas

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Exercicios das PAAU clasificados por temas

Transcript:

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 1 Nestas páxinas danse unhas indicacións sobre cada apartado do libro baseadas na información que o Grupo de traballo das PAAU proporciona na páxina web da CIUG (ciug.cesga.es). Engádense tamén algunhas cuestións que non veñen no libro e as preguntas de selectividade dos últimos anos sobre estas 4 primeiras unidades. Máis información en epalugo.org Unidade 1. A materia viva 1. Diferenciar entre bioelementos primarios e secundarios. Coñecer só os máis importantes. Do apartado 1.2 só ler. Repasar os grupos funcionais de anos anteriores. 2. Entender a estrutura da auga. Estudar as propiedades da auga e a relación de cada unha coas funcións da auga nos seres vivos. Dos sales minerais coñecer as funcións. 3. Estudar os sistemas tampón (os apartados 3.1 e 3.2 só ler en caso de non recordar o concepto de ph). 4. Coñecer os conceptos de ósmose, difusión e diálise. Estudar o apartado 4.4. É necesario coñecer os principais tipos de enlaces químicos presentes na materia viva: Enlace covalente: Neste enlace os átomos comparten pares de electróns. É o enlace máis forte (necesita máis enerxía para formarse e romperse). É o enlace básico na formación das biomoléculas orgánicas. Os enlaces C-C, C-H, C-O, C-N, N-H e O-H son covalentes. Este enlace pode ser simple (C-H, C-C,...), dobre (C=C, C=O) ou triplo (C=C, C=N). É un enlace apolar cando os electróns compartidos están á mesma distancia dos dous átomos, por exemplo, nos enlaces entre C-C e C-H ou no CO2. É un enlace polar cando os electróns están máis cerca dun dos dous átomos, do máis electronegativo que soe ser o O, por exemplo na auga, H2O, pero tamén no grupo alcohol, -O-H. Enlace iónico: Tamén chamado electrostático. Ten lugar entre dous ións con cargas opostas. É un enlace forte en ausencia de auga pero moi débil en disolución. Hai que recordar que a maioría dos compostos químicos dos seres vivos se atopan en disolución, inda que nas macromoléculas pode haber zonas nas que non haxa auga e polo tanto os enlaces iónicos poden ser máis importantes. Estes enlaces son importantes na unión temporal de moléculas como por exemplo nas reaccións enzimáticas entre a enzima e o substrato. Enlace de hidróxeno: Tamén chamado ponte de hidróxeno. É un enlace débil. Ten lugar entre un hidróxeno que está unido a un átomo electronegativo, O ou N, e outro átomo electronegativo, tamén O ou N, doutra molécula ou doutra parte da mesma molécula. Son moi importantes na auga e responsables dalgunhas das propiedades da mesma e tamén moi importantes no mantemento da forma de macromoléculas como as proteínas e os ácidos nucleicos xa que se forman enlaces de hidróxeno entre partes da mesma macromolécula. A unión entre as bases complementarias do ADN realízase tamén por enlaces de hidróxeno (Adenina-Timina, Guanina-Citosina). Enlaces ou forzas de Van der Waals: Son enlaces moi débiles (máis débiles que os enlaces de hidróxeno). Establécense entre dous átomos que estean a unha distancia mutua de 3 a 4 Angstroms e pertencentes a moléculas polares neutras. A menor distancia as forzas repulsivas son máis fortes e a maior as forzas atractivas son moito máis débiles. É un tipo de enlace importante no mantemento da forma das macromoléculas e no mantemento da unión temporal ou permanente entre moléculas (unións encima-substrato; antíxeno-anticorpo). Tamén explica fenómenos como a adhesión, o rozamento, a difusión, a tensión superficial e a viscosidade. Interaccións hidrofóbicas: Non é un enlace en sentido estrito. Prodúcense cando as moléculas ou grupos apolares dunha molécula teñen tendencia a agruparse ao estar rodeados por auga. Como a auga é un composto polar, non se mestura ben cos compostos apolares (como gran parte das graxas e aceites, pero tamén con partes das proteínas e outras

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 2 moléculas) polo que estes tenden a agruparse para estar o menos posible en contacto coa auga (as gotas de aceite, por exemplo). En sentido figurado é como se a auga tendese a comprimir as moléculas apolares. Son forzas importantes no pregamento das macromoléculas, na unión dos substratos aos enzimas e na formación das membranas celulares. Unidade 2. Os glícidos É importante tanto neste tema como nos seguintes 3, 4 e 5, ser capaces de recoñecer a que grupo de biomoléculas pertence unha molécula concreta. Débense recoñecer a estrutura das principais moléculas. 1. Sobre todo, estudar as funcións. 2. Ler os apartados 2.1, 2.2. Do apartado 2.3 coñecer o concepto de poder redutor, o concepto de isomería, o do carbono asimétrico e o significado da nomenclatura D e L e da nomenclatura α e β. Non é necesario coñecer os tipos de isómeros. Do apartado 2.4 saber que en disolución os monosacáridos de máis de 5 carbonos cíclanse. Dos apartados 2.5 e 2.6 só coñecer os nomes e funcións. Recoñecer a forma da glicosa, da frutosa e da ribosa (non a forma lineal senón a cíclica). 3. Do apartado 3.1 só coñecer os nomes (sobre todo maltosa, sacarosa e lactosa) así como onde se atopan, a formación do enlace O-glicosídico e as funcións. Do apartado 3.1 coñecer a estrutura, función, composición e seres vivos nos que se atopan de: amidón, glicóxeno, celulosa e quitina. AMIDÓN GLICÓXENO CELULOSA QUITINA COMPOSICIÓN e ESTRUTURA α-glicosas unidas por enlaces (1-4) con ramificacións (1-6) cada 24-30 glicosas. Molécula formada por miles de glicosas. α-glicosas unidas por enlaces (1-4) con ramificacións (1-6) cada 8-12 glicosas, é dicir, máis compacta que o amidón. Molécula formada por miles de glicosas. β-glicosas unidas por enlaces (1-4) formando cadeas lineais, non ramificadas. Molécula formada por miles de glicosas. N-acetil-glicosaminas unidas de forma lineal por enlaces (1-4). Formadas por miles de moléculas de N-acetil-glicosamina. FUNCIÓN e SERES VIVOS Glícido de reserva enerxética nos vexetais. Glícido de reserva enerxética nos animais (músculos e fígado). Compoñente principal das paredes celulares das células vexetais. Forma a fibra alimentaria xa que os animais non a poden dixerir directamente. Compoñente principal das paredes celulares de fungos e do exoesqueleto de artrópodos (insectos, arácnidos, crustáceos, miriápodos). Dos heteropolisacáridos coñecer o nome, a función e o lugar onde atopar algúns deles. O mesmo con respecto aos heterósidos. Unidade 3. Os lípidos 1. Concepto, clasificación e funcións biolóxicas xerais. Entender o comportamento dos ácidos graxos (e polo tanto dos lípidos que os posúen) en medio acuoso. Significado de anfipático. 2. e 3. Recoñecer un ácido graxo, un triglicérido, un fosfolípido e o colesterol. Funcións biolóxicas de triglicéridos, céridos, fosfolípidos, glicolípidos (non é necesario coñecer nomes concretos de cada tipo). 4. Funcións biolóxicas dos terpenos (non é necesario coñecer o nome das moléculas), funcións biolóxicas doutros esteroides. Funcións das prostaglandinas. Unidade 4. As proteínas e a acción encimática 1. Concepto, coñecer a fórmula xeral dos aminoácidos (recadro superior da páxina 58) e saber que poden clasificarse por criterios químicos. Coñecer o concepto de aminoácido esencial. Significado de anfótero. Saber que os aminoácidos que forman as proteínas dos seres vivos son L. 2. Recoñecer e representar o enlace peptídico. Entender o que significan as estruturas das proteínas. 3. Coñecer as propiedades e as funcións das proteínas (non é necesario coñecer os exemplos). 4. Diferenciar heteroproteínas e holoproteínas. Das heteroproteínas coñecer tan só as glicoproteínas e as lipoproteínas. Das holoproteínas saber que hai proteínas globulares e fibrosas e a conformación que ten cada tipo. Saber o nome dalgún exemplo de cada. 5. Coñecer o concepto e a función dos encimas e as súas propiedades. En canto á natureza saber que poden estar formadas só por aminoácidos ou levar un cofactor que pode ser un metal ou unha molécula orgánica

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 3 (un coencima), na maioría dos casos unha vitamina. 6. Todo. 7. Entender o que significa a ecuación de Michaelis-Menten. Non é necesario aprendela. Coñecer o efecto do ph e da temperatura sobre a actividade dos encimas. Saber que a actividade encimática pode ser inhibida (bloqueada), non é necesario coñecer os dous tipos de inhibición. 8. Entender o concepto de ruta metabólica e o concepto de encima alostérico: os inhibidores soen ser os produtos finais da ruta metabólica e deteñen a súa propia produción (é dicir, hai xa suficiente produto final). Os activadores soen ser os substratos iniciais e o que fan é acelerar a reacción para eliminar ese substrato. Unha ruta pode ter activadores e inhibidores a un tempo e deste modo regulan mellor a súa actividade. 9. Concepto de vitamina e de composto esencial. Saber que poden ser hidrosolubles ou liposolubles e que moitas das hidrosolubles son coencimas. Non é necesario coñecer o cadro da páxina 79. UNIDADE 1: SELECTIVIDADE (2004-setembro 2017) 1.1. a) Represente e describa a molécula de auga. b) Indique como mínimo 3 propiedades fisicoquímicas da auga e relacióneas coa súa función biolóxica. 1.2. a) De que xeito se poden atopar os sales minerais nos seres vivos? b) Cales son as funcións biolóxicas dos sales minerais nos organismos? 1.3. Respecto ao citoplasma celular, explique que é un medio hipotónico e un medio hipertónico. Cando se produce plasmólise e cando turxencia? UNIDADE 2: 2.1. a) Cal é a importancia bioquímica da glicosa? b) Que diferenza existe entre α e β-d-glicopiranosa? 2.2. a) Identifique a molécula que está representada na figura. b) Se dúas desas moléculas se unen entre si, que tipo de composto se formará como resultado desta unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence? c) Represente e nomee o enlace formado entre as dúas moléculas. d) Cite os dous polímeros formados por unidades da devandita molécula e indique a súa función nos seres vivos. 2.3. a) A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? b) Por que unidades estruturais están formados? d) Cite tres polisacáridos de interese biolóxico e comente brevemente a súa función. d) Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. UNIDADE 3: 3.1. a) Explique, mediante exemplos, as funcións dos lípidos. b) Que diferenza hai entre un lípido saponificable e outro non saponificable?. c) Que diferenza hai entre un ácido graxo saturado e outro non saturado?. 3.2. a) Funcións biolóxicas dos triacilglicéridos. b) Que compostos se obteñen da súa hidrólise? c) Represente a estrutura dun lípido bipolar e explique como se comportaría nunha disolución acuosa. 3.3. a) Que é o colesterol e cal é a súa función biolóxica? b) Como se transporta o colesterol polo sangue? c) Relación entre colesterol e arteriosclerose. 3.4. a) Indique a que tipo de lípido pertencen as seguintes macromoléculas, sinalando en cada caso as súas unidades estruturais básicas: A) fosfolípidos; B) ceras; C) carotenoides; D) triglicéridos. b) Que tipo de lípidos non poden formar por si micelas nun medio polar? Razoe a resposta. c) Cales son as funcións biolóxicas destes lípidos non formadores de micelas? 3.5. a) Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: fosfolípido-graxa. b) Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga?

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 4 c) Describa brevemente a función biolóxica dos triacilglicéridos e indique que compostos se obteñen da súa hidrólise. 3.6. Describa brevemente os seguintes termos: ácido graxo saturado, molécula anfipática, colesterol, fosfolípido. UNIDADE 4: 4.1. a) Indique e explique cales son os distintos niveis estruturais que pode alcanzar unha proteína. b) Que tipo de enlaces manteñen estables cada un destes niveis? c) En que consiste a desnaturalización dunha proteína e cales son as súas consecuencias biolóxicas? d) Que axentes poden causar a desnaturalización? 4.2. Na seguinte reacción encimática: E+S ES E+P a) Indique o significado de E, S, ES e P. b) Como inflúe a concentración de substrato na velocidade das reaccións encimáticas? Faga unha representación gráfica sinalando as constantes cinéticas. c) De que xeito afecta a temperatura e o ph á actividade encimática? d) Que é un encima alostérico? e) Explique o papel dos cofactores e os coencimas nas reaccións encimáticas. f) Que é un inhibidor enzimático? 4.3. a) Escriba a fórmula xeral dun aminoácido indicando cal é a súa propiedade máis importante e formule o composto resultante da unión de tres aminoácidos. b) Que tipo de enlace se establece entre cada un deles e como se chama ese enlace? c) Que outros tipos de enlaces manteñen estable as distintas estruturas das cadeas polipeptídicas? 4.4. Compoñentes básicos das proteínas. 4.5. a) Que é un encima? b) Cales son os principais factores que afectan á actividade encimática? Razoe a resposta. c) Cite dúas propiedades dos encimas polas que se poidan considerar como biocatalizadores. d) Que é o centro activo dun enzima? 4.6. a) Identifique a biomolécula que aparece na figura adxunta e indique as súas características químicas. b) De que tipo de principios inmediatos forma parte? c) Se se enlazan dúas destas moléculas, que clase de moléculas resultaría? d) Como se formaría o enlace e que nome recibe? 4.7. Indique as diferenzas entre a estrutura secundaria en α-hélice e en lámina pregada das proteínas. VARIAS UNIDADES: VU.1. a) A que grupo de biomoléculas pertencen as estructuras X, Y, Z representadas na figura adxunta? b) Indique en cada caso os compoñentes moleculares que as forman. c) Explique o tipo de enlace que se establece entre ditos compoñentes d) Comente algunha das funcións celulares de cada unha desas biomoléculas.

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 5 VU.2. Indique a natureza química, a función e ónde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: celulosa, fosfolípidos, insulina, queratina, proxesterona, glicóxeno, colesterol e triglicéridos. No caso de ser macromoléculas, indique as súas unidades estruturais. VU.3. Sinale as diferencias entre os seguintes termos: anfótero e anfipático. VU.4. En relación coas seguintes macromoléculas: polipéptido e amidón. Sinale en cada caso os compoñentes moleculares que os forman. Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os citados compoñentes. VU.5. Identifique os monómeros e distinga os enlaces químicos que permiten a síntese das macromoléculas: glícidos,lípidos, prótidos e ácidos nucleicos. (tamén unidade 5) VU.6. Explique o significado dos seguintes termos: enlace O-glicosídico, enlace éster, enlace peptídico e enlace O-nucleosídico. Poña un exemplo de macromolécula que conteña dito enlace, identificando o tipo de monómero. (tamén unidade 5) Verdadeiro/Falso 1. Os ácidos graxos son sustancias anfóteras. 2. A quitina é un disacárido presente nas células vexetais. 3. As pontes de hidróxeno e as interaccións iónicas son enlaces non covalentes. 4. A auga é un dipolo. 5. O enlace peptídico realízase entre dous aminoácidos. 6. Km é unha constante cinética dos enzimas. 7. Os esteroides son lípidos insaponificables. 8. O glicóxeno é un lípido de reserva. 9. A glicosa é un azucre redutor. 10. As moléculas de enzimas destrúense despois da súa actuación nunha reacción. 11. O colesterol é un lípido da membrana plasmática das células animais. 12. Os ácidos graxos esenciais son os que non poden ser sintetizados polo organismo humano. 13. Nas membranas das células animais pódese atopar celulosa. 14. Carbono simétrico é aquel que ten as súas catro valencias unidas a radicais diferentes. 15. Centro activo é o lugar do substrato por onde se une ó enzima. 16. Os lípidos son solubles en disolventes orgánicos non polares como o cloroformo. 17. A ósmose é o paso de ións a través da membrana plasmática. 18. Os bioelementos son elementos químicos que forman parte dos seres vivos 19. Os isómeros teñen idéntica composición química e idéntica estructura molecular 20. A celulosa e a quitina son polisacáridos estructurais 21. Os esteroides poden ser precursores de vitaminas e hormonas 22. O colesterol transportase no sangue unido a lipoproteínas 23. Os aminoácidos só se atopan nas células formando parte de proteínas 24. A desnaturalización das proteínas ten lugar cando se rompen os enlaces peptídicos 25. Unha membrana semipermeable é a que deixa pasar o soluto pero non o disolvente 26. A parede das bacterias está formada por celulosa 27. O amidón é o compoñente básico das paredes celulares vexetais 28. Os inhibidores únense ó substrato polos seus centros activos. 29. Os polisacáridos serven como marcadores en procesos de recoñecemento celular 30. A insulina é unha proteína con función hormonal. 31. O colesterol é un precursor na síntese das hormonas peptídicas. 32. Os encimas hidrolíticos catalizan a rotura da molécula de auga 33. Os enzimas incrementan a velocidade das reaccións 34. Os coenzimas traballan xunto cos enzimas para transportar grupos químicos entre sustratos 35. Moléculas anfóteras son as que presentan rexión polar hidrofílica e rexión apolar hidrofóbica 36. Se unha célula se encontra nun medio hipotónico, prodúcese a plasmólise da célula. 37. A celulosa contén enlaces β-glicosídicos entre as súas unidades de glicosa. 38. Km representa a concentración de substrato á que un enzima alcanza a metade da

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 6 velocidade máxima. 39. O exceso de vitaminas liposolubles elimínase polos ouriños. 40. Os fosfolípidos son un dos compoñentes da membrana plasmática. 41. Un sistema tampón está formado por unha base e un ácido. 42. Os ácidos graxos insaturados poden presentar configuración cis ou trans. 43. A estrutura terciaria dunha proteína determina a súa actividade funcional. 44. Un éster fórmase ao reaccionar un ácido orgánico e un alcohol. 45. O enlace peptídico é un enlace covalente. 46. A solubilidade dunha proteína globular permanece inalterada cando esta se desnaturaliza. 47. A queratina é unha proteína abundate en uñas e pelo. 48. Os enlaces de Van der Waals son de tipo covalente. 49. As substancias hidrosolubles son as que conteñen grupos lipófilos. 50. O enlace iónico é un tipo de enlace covalente. 51. Ao unirse dous aminoácidos, fórmase unha proteína. 52. As moléculas anfipáticas teñen unha parte polar e outra apolar. 53. A frutosa e a sacarosa son disacáridos. 54. Os oligopéptidos teñen un número menor de aminoácidos que os polipéptidos. 55. Unha proteína rómpese cando se quenta por enriba de 100ºC. 56. A hemoglobina é unha proteína globular con estrutura cuaternaria. 57. Os enlaces de hidróxeno son de tipo covalente. 58. A sacarosa obtense por hidrólise do amidón. 59. A glicosa e a celobiosa son monosacáridos. 60. As proteínas fórmanse pola unión de nucleótidos mediante enlaces peptídicos. 61. Os ácidos graxos saturados presentan un ou máis dobres enlaces na súa cadea. 62. O substrato é a substancia transformada pola enzima. 63. O Fe, Cu e Mn son oligoelementos. 64. Nun medio hipertónico unha célula plasmolízase. 65. Na plasmólise as células perden auga e polo tanto deshidrátanse. 66. O glicóxeno ten unha función de reserva. 67. Os encimas aceleran as reaccións bioquímicas. 68. As ceras son ésteres de ácidos graxos e monoalcohois. 69. Un inhibidor diminúe ou anula a actividade encimática. 70. O coláxeno é unha proteína con función estrutural. 71. A estrutura primaria dunha proteína é a súa secuencia de nucleótidos.