1 O Universo. e a Vía Láctea IMOS COÑECER QUE SABES DISTO? QUÉ SABES DE ESTO?



Σχετικά έγγραφα
EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

A LUZ. ÓPTICA XEOMÉTRICA

Expresións alxébricas

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Problemas xeométricos

Exercicios de Física 01. Gravitación

PAU XUÑO 2010 FÍSICA

PROBLEMAS E CUESTIÓNS DE GRAVITACIÓN

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

I.E.S. CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Semellanza

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Volume dos corpos xeométricos

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

A circunferencia e o círculo

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Mister Cuadrado. Investiga quen é cada un destes personaxes. Lugar e data de nacemento: Lugar e data de falecemento: Lugar e data de nacemento:

CiUG COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU

Resorte: estudio estático e dinámico.

Lógica Proposicional

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

Exercicios de Física 04. Óptica

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

Coordenadas astronómicas. Medida do tempo

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

CUESTIÓNS DE SELECTIVIDADE RELACIONADOS CO TEMA 4

Áreas de corpos xeométricos

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

Expresións alxébricas

PAU XUÑO 2013 FÍSICA

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

A ciencia estuda o universo

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

FÍSICA OPCIÓN 1. ; calcula: a) o período de rotación do satélite, b) o peso do satélite na órbita. (Datos R T. = 9,80 m/s 2 ).

PAU Xuño Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Física e Química 4º ESO

ASTRONOMÍA UN POUCO DE HISTORIA,...

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Expresións alxébricas... páx. 64 De expresións a ecuacións Valor numérico Expresión en coeficientes

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

PAU Setembro 2010 FÍSICA

Semellanza e trigonometría

Problemas y cuestiones de electromagnetismo

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

SATÉLITES TERRESTRES E AS SÚAS ÓRBITAS OBXECTIVOS

O SOL E A ENERXÍA SOLAR

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPM001. Proba de. Código. Matemáticas. Parte matemática. Matemáticas.

1. Formato da proba [CM.PM.001.Z]

A actividade científica. Tema 1

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade XUÑO 2018

ACTIVIDADES INICIALES

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

1.- Evolución das ideas acerca da natureza da luz! Óptica xeométrica! Principio de Fermat. Camiño óptico! 3

PAU XUÑO Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato O enlace químico 3 1

FISICA 2º BAC 27/01/2007

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Inecuacións. Obxectivos

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

13 Estrutura interna e composición da Terra

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

CALCULO DA CONSTANTE ELASTICA DUN RESORTE

PAU SETEMBRO 2013 FÍSICA

1_2.- Os números e as súas utilidades - Exercicios recomendados

PAAU (LOXSE) Xuño 2002

Transcript:

6 1 O Universo e a Vía Láctea IMOS COÑECER A observación do universo: planetas, estrelas e galaxias. A Vía Láctea A evolución histórica do coñecemento do universo O sistema solar: O Sol e outros corpos celestes As constelacións. A Osa Maior e a Osa Menor O Zodíaco 1. Que é unha galaxia? 2. Que é a Vía Láctea? 3. Onde se atopa a Estrela Polar? Que punto cardinal nos indica? 4. Que é unha constelación? Coñeces o nome dalgunha? QUE SABES DISTO? QUÉ SABES DE ESTO?

A Terra deu voltas arredor do Sol durante miles de millóns, e incluso billóns de anos; ao principio sen rochas, sen auga e sen vida. E antes? Antes tampouco existia o Sol, o noso amado Sol. Só estrañas, moi estrañas estrelas xigantes e outros corpos celestes arremuiñábanse entre as nubes de gas no espazo infinito. ERNST H. GOMBRICH: Breve Historia do Mundo Y

8 Ciencias da Natureza Y 1. Que é o universo? O universo é todo canto existe, dende a terra baixo os nosos pés até as estrelas máis afastadas. O universo é inmenso: contén millóns de estrelas; no entanto, na súa maior parte soamente existe o baleiro. Cal foi o principio do universo? Comezou a partires dunha gran explosión chamada big bang que tivo lugar fai uns 15,000 millóns de anos, momento no que toda a materia e a enerxía existentes estaban concentradas nun espazo mínimo. Para medir as enormes distancias do universo emprégase unha unidade especial, o ano luz (a.l), que é unha medida de lonxitude que indica a distancia percorrida pola luz nun ano. Un ano luz equivale a 9,44 billóns de quilómetros, é dicir, 9.440.000.000.000 km. a Noite estrelada. Se miramos o ceo dende a Terra, observamos que hai estrelas en tódalas direccións. Isto é así porque hai máis estrelas no universo que calquera outro tipo de corpo. A pesar do enorme que é, só coñecemos un lugar no que exista vida, o planeta Terra. 1.1. A observación do Universo Se contemplamos o ceo nunha noite despexada e sen lúa, veremos miles de puntos luminosos; a maioría son estrelas e galaxias, pero tamén podemos ver até cinco planetas simplemente con mirar cara o ceo e coa axuda dun planisferio celeste, estes planetas son: Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno. Climas cálidos O tamaño dunha estrela é variábel, pode ser anana, máis pequena ca Terra; mediana, coma o Sol; ou enorme, cun tamaño moito maior có Sol. As Estrelas As estrelas nacen a partir de nubes de materia intestelar, formada por gas e po cósmico. As estrelas, segundo a temperatura da súa superficie, son de diversas cores; por exemplo, a Estrela Polar é branca, á estrela Rigel é azul e o Sol, que tamén é unha estrela, é amarelo. As estrelas brillan porque emiten luz. 1. Le esta cifra: 9.440.000.000.000 km e escríbea no teu caderno. ACTIVIDADES 2. A constelación Alfa Centauro está a 4,3 a.l da Terra. A que distancia se atopa? Par que non teñas problemas con tantos números, un truco é multiplicar 4,3 por 9.440 e, ó resultado, engadirlle 9 ceros. 3. Estas son algunhas das estrelas máis próximas á Terra; indica a qúe distancia se atopan desta. Estrela Sirio Ross 154 Goombridge 34 Vega Mizar Estrela Polar Distancia en anos luz 8,7 9,3 11,7 26 88 782

1 O Universo e a Vía Láctea 9 Galaxias As galaxias son agrupacións de millóns de estrelas e nebulosas?. Unha das máis coñecidas é a Galaxia de Andrómeda, que está tan lonxe que a súa luz tarda en chegar á Terra máis de 2 millóns de anos. As galaxias poden ser de diferentes formas; así, temos as elípticas (as máis frecuentes), as espirais, as espirais barradas e as irregulares.? Nebulosa: Nube de gas e po. A máis brillante é a nebulosa de Orión. QUÉ SIGNIFICA a Nebulosa de Orión. a Galaxias. 1.2. A Vía Láctea Nós pertencemos a unha galaxia de tipo espiral chamada Vía Láctea, formada por uns 100.000 millóns de estrelas. A Vía Látea ten un diámetro de 100.000 anos luz, forma de disco e xira sobre si mesma. Todas as estrelas que vemos pola noite pertencen a esta galaxia, que aparece no ceo coma unha cinta branca ou franxa branquiña que divide o ceo en dous. O nome de Vía Láctea procede da mitoloxía grega. Segundo esta, a galaxia orixinouse cando a deusa Hera, esposa de Zeus, derramou o leite polo ceo ó aleitar ó pequeno Hércules. O leite derramada sería a cinta branca que observamos. a A Vía Láctea. Sen embargo, os peregrinos que van a Santiago de Compostela ven na vía o camiño que teñen que seguir para chegar á cidade do santo. Segundo a lenda, o apóstolo Santiago aparecéuselle na Vía a Carlomagno e díxolle cal era a ruta para atopar a súa tumba. Por iso tamén é coñecida popularmente como Camiño de Santiago. ACTIVIDADES 4. Debuxa no teu caderno os distintos tipos de galaxias. Que tipo de galaxia é máis frecuente? De que tipo é a nosa galaxia? 5. Expresa o diámetro da Vía Láctea en quilómetros. 6. Porque a nosa galaxia recibe o nome de Vía Láctea? 7. Que outra denominación popular recibe tamén a Vía Láctea? 8. Coa axuda de Internet, amplía a lenda da orexe do nome da Vía Láctea. Quen eran os seus protagonistas? Fai un breve resumo cos datos que pescudes. Y

10 Ciencias da Natureza Y d Aristarco de Samos Estudou os tamaños e medidas do Sol, a Lúa e a Terra no século III a. C., propuxo a teoría que hoxe sabemos correcta de que a Terra xira arredor do Sol. Pero naquel entón as súas opinións foron ridiculizadas, pois «víase con claridade» que a Terra estaba fixa e que eran os demais corpos celestes, incluido o Sol, os que xiraban ao seu redor. 2. Evolución histórica do coñecemento do Universo Dende o principio dos tempos os homes sentiron unha gran curiosidade polos fenómenos que acontecían no ceo, comezaron a estudalos e a aplicar os coñecementos das súas observacións. Os homes primitivos sabían numerosas cuestións sobre o movemento dos astros, e xa dividían o tempo pola sucesión dos días e das noites. En Stonehenge, ao sur de Inglaterra, atópase un gran anel de pedras verticais chamadas megálitos, construídos no entre o século III e o II a. C. As pedras están colocadas simulando a posición do Sol e da Lúa, de modo que serven para coñecer a situación da Lúa ao longo de todo o ano. a Stonehenge, Inglaterra. As civilizacións mesopotámica, exipcia, maia e china xa posuían grandes coñecementos astronómicos, tendo en conta que observaban o ceo sen ningún tipo de instrumento. Estas civilizacións utilizaban as estrelas para orientarse á hora de viaxar tanto por terra coma por mar.! Segundo a teoría xeocéntrica, o Sol, a Lúa e os planetas xiraban arredor da Terra, mentres ca teoría heliocéntrica defende que todos os astros xiran arredor do Sol. LEMBRA Os gregos foron os primeiros en asegurar que a Terra non era chan, senón esférica. Aristarco de Samos, no século III a. C. estudou os tamaños e medidas do Sol, da Lúa, e a Terra, e Erastótenes cara o 230 a. C. mediu a circunferencia da Terra. A principios do século II d. C Ptolomeo resumiu todo o saber astronómico da época e afirmou que a Terra era o centro do universo e que o Sol, a Lúa e os planetas xiraban arredor dela, que ficaba quieta no medio. Esta é a chamada teoría xeocéntrica, de Xeo = «Terra». A teoría xeocéntrica perdurou até o século XVI cando o astrónomo Copérnico afirmou que era o Sol, e non a Terra, o centro do Universo. Coñecemos esta teoría como Teoría heliocéntrica, de Helios = «Sol». d A partir dun cranio atopado en Frombork, preto de Varsovia, e posibelmente pertencente a Copérnico, fíxose a reconstrución do seu rostro que coincide con algúns retratos que temos del.

1 O Universo e a Vía Láctea 11 A teoría heliocéntrica de Copérnico, foi demostrada por Galileo no século XVII ao construír un dos primeiros anteollos e descubrir catro novos satelites que xiraban arredor de Xúpiter. No entanto, a Inquisición condenou estas teorías e obrigou a Galileo a retractarse. A finais do mesmo século XVII, Newton descubriu a lei da gravitación universal e así púidose comprender porque os planetas xiran arredor do Sol. Dende entón, os coñecementos astronómicos foron impresionantes. Urano descóbrese en 1781, Neptuno en 1846 e Plutón en 1930. Hoxe en día existen telescopios ópticos moi perfeccionados instalados na cima das montañas. O maior radiotelescopio do mundo atópase en Arecibo (Puerto Rico). Os astrónomos, para recoller máis información, colocaron telescopios en órbita, un dos máis importantes é o Hubble. Eppur si muove Conta a lenda que, obrigado Galileo a retractarse da teoría heliocéntrica, musitou con referencia á Terra Eppur si muove, que significa: «E no entanto, móvese».! O primeiro ser vivo que viaxou ao espazo exterior foi a cadeliña Laika, no Sputnik II soviético. LEMBRA a Telescopio Hubble. Grazas a todos estes avances, descubríronse novas galaxias e explorouse o universo até distancias antes inaccesíbeis. O home pisou a Lúa o 20 de xullo de 1969, cando o Apolo XI deixou na superficie da lúa a dous astronautas, Armstrong e Aldrin. En 1973 púxose en órbita arredor da terra a primeira e maior estación espacial, a Skylab. No futuro estabeleceranse bases luares, están sendo estudados os planetas na procura de máis información sobre eles e incluso nalgún caso concreto, coma en Marte, buscando na súa superficie vestixios de auga e de posíbel vida. Que será o próximo? ACTIVIDADES 9. Fai un esquema coas etapas máis importantes que houbo no coñecemento do universo, así como os seus principais protagonistas. 10. Entra en Internet, na páxina: www.publispain.com/nasa, e fai un pequeno traballo sobre os diferentes viaxes espaciais que se fixeron. Y

12 Ciencias da Natureza Y Como podemos mirar cara o Sol sen danar a vista? Para ver o Sol indirectamente podes utilizar un sinxelo truco: colle dúas follas de papel: fai un buraco cunha agulla. Coloca a segunda folla debaixo da primeira; co Sol as túas costas verás que a traves do buraco o Sol proxéctase sobre a outra folla, se a puxeches á distancia axeitada. 3. O sistema solar No interior da nosa galaxia, a Vía Láctea, atópase o sistema solar formado polo Sol, no centro do sistema, e todos os elementos que dan voltas ó seu arredor: os oito planetas, os satelites, os asteroides e os cometas. DNI do Sol Nome: Sol (tamén coñecido como Helios, Febo ou Apolo). Descrición: estrela de tamaño mediano. Idade: 5.000.000.000 anos, aproximadamente. Dirección: está a 30.000 anos luz do centro da galaxia Vía Láctea e a case 150 millóns da Terra. Principais Características: É a estrela máis próxima á Terra. Diámetro no ecuador: 1.329.000 km Composición: 75 % de hidróxeno, 23 % de gas helio e 2 % de gases diversos. Volume: 1,412 trillóns de km 3 (1.300.000 veces o da Terra). Ten unha masa 330.000 veces maior ca Terra, e a súa densidade media é 1,41 (a da auga é 1). Temperatura na súa superficie: 5.500 ºC. Temperatura no seu interior: 15.000.000 C. a O sistema solar. O sistema solar, ó igual que todas as estrelas, formouse fai case 5.000 millóns de anos a partir dunha nebulosa de gas e po; o primeiro en formarse foi o Sol e despois os demais elementos. O sistema solar atópase a 30.000 anos luz do centro da nosa galaxia, a Vía Láctea. 3.1. O Sol O Sol é unha estrela amarela que contén máis do 99 por cento de toda a masa do sistema solar. Dentro dese sistema, os planetas xiran arredor do Sol, movendose na mesma dirección e describindo órbitas elípticas. O camiño que seguen no ceo o Sol, a Lúa e os planetas denomínase eclíptica. Os nomes dos planetas que xiran arredor do Sol, e dos que falaremos máis adiante, son: Mercurio, Venus; Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. No interior do Sol os gases provocan reaccións nucleares que liberan moita enerxía, a cal se propaga por todo o espazo; por iso, o Sol constitúe a fonte de luz e calor da Terra. O Sol é tan luminoso que non se pode observar directamente pois podería provocar lesións irreparábeis no interior dos ollos. Temos que utilizar sempre filtros. Tampouco se poden utilizar lentes de sol. ACTIVIDADES 11. En que galaxia atopamos o sistema solar? 12. A que distancia, medida en quilómetros, se atopa o sistema solar do centro da nosa galaxia? 13. Escribe o nome dos oito planetas que xiran arredor do Sol. 14. Que figura forma unha órbita elíptica? Debúxaa no teu caderno. 15. Pescuda porque ao Rei francés Luis XIV se lle chamou o «Rei Sol».

1 O Universo e a Vía Láctea 13 3.2. Outros corpos celestes Asteroides e meteoritos Son fragmentos de rocha que xiran arredor do Sol. Poden ser de pequeno tamaño ou ser tan grandes que en ocasíóns se lles denomina planetas menores, como por exemplo o asteroide Quirón. A súa orixe é a mesma que a dos planetas, pero a súa forma adoita ser irregular. Existe un cinturón de asteroides entre os planetas Marte e Xúpiter, e aínda que parecen próximos uns dos outros, as naves espaciais que viaxaron até esa zona observaron que estes asteroides están moi afastados entre si. Cando algún fragmento de rocha penetra na atmosfera terrestre ó chegar a ela prodúcense unhas estelas de luz ás que chamamos choiva de estrelas e estrelas fugaces. Se os asteroides caen e chocan contra a Terra chámanse meteoritos. Algúns dos crátes que existen na Terra débense a impactos meteóricos, coma o cráter Barringer, en Arizona ou o cráter de Siberia, onde caeu un meteorito que pesaba máis de 40.000 toneladas. Moitos científicos cren que a desaparición dos dinosauros debeuse ó choque dun meteorito. a Choiva de estrelas. Ó longo do ano pódense ver choivas de estrelas fugaces. No verán temos, entre outras, ás Perseidas. A súa maior actividade prodúcese entre o 11 e o 12 de agosto. Popularmente coñécense como Vágoas de San Lorenzo. c Cráter en Arizona. Cometas Un cometa é un astro de xeo e po que se move arredor do Sol. Está composto por un núcleo e presenta unha cabeleira ao seu arredor formada por unha nube de gas; a continuación aparece unha longa cola moi brillante que se extende en dirección contraria ao Sol. Segundo a tradición cristiá, a estrela que seguiron os Reis Magos até Belen era un cometa. O cometa máis famoso é o Halley, que leva ese nome polo astrónomo Edmond Halley (1956-1742), que prediciu o retorno periódico deste astro, aproximadamente cada 76 anos. ACTIVIDADES 16. Observa estes cometas, que parecen sacados do portal de Belén que poñemos no Nadal, e indica cal é a súa cabeleira e a súa cola. En que posición se atopa o Sol respecto destes tres cometas? 17. Investiga o cometa Halley: en que anos se viu no ceo?, cando será a súa próxima aparición?, por qué os antigos tiñan arrepío cando aparecía? Y

14 Ciencias da Natureza Y Astronomía e astroloxía A astronomía é a ciencia que estuda e cataloga ós corpos celestes. A astroloxía estuda os corpos celestes en relación cos acontecementos que teñen lugar na Terra.? Esfera ou bóveda celeste: esfera imaxinaria na que representamos os diferentes astros. QUÉ SIGNIFICA 4. As constelacións Unha constelación é un grupo de estrelas que se atopa situada nunha determinada zona da esfera celeste?. Xa vimos que dende a Antigüedade os homes observaban o ceo e aplicaban os coñecementos desa observación. Dese modo, ademais de empregar os seus descubrimentos para predicir feitos regulares ou para elaborar os seus calendarios, as antigas civilizacións, como a maia, a babilónica ou a exipcia, viron nas estrelas unha forma de orientarse nas súas viaxes. Para que fose máis sinxelo lembrar as diferentes estrelas que debían seguir, agrupáronas en diferentes constelacións ás que puñan o nome que lles suxería a forma. Deste modo, algunhas destas constelacións foron tomadas por deuses ou heroes mitolóxicos, como a constelación de Hércules; por animais, como a do Cangrexo, ou diversos obxectos, como a constelación do Triángulo, por exemplo. Arredor das constelacións inventáronse lendas e iso axudou ós viaxeiros a lembrar as posicións das estrelas. A constelación de Orión é a máis espectacular de todas. O chamado cinturón de Orión está composto por tres estrelas brillantes. Alkaid Osa Menor Mizar Osa Maior Estrela Polar 4.1. A Osa Maior e a Osa Menor Estas constelacións son as máis coñecidas para os que vivimos no hemisferio norte. A parte posterior da Osa Maior está formada por sete estrelas brillantes, que máis cunha osa, recordan a un carro ou unha cazoleta. Tamén se lle chama a esta constelación Gran Carro. Cada estrela do Carro ten un nome diferente. A parte dianteira do carro ten unha especie de timón formado por tres estrelas; a do medio chámase Mizar e as dúas estrelas da parte posterior do carro denomínanse Artilleiros e indícannos a posición da Estrela Polar. A Estrela Polar é moi importante, xa que nos indica o Norte xeográfico e serve para orientarnos. A Estrela Polar atópase na constelación da Osa Menor. a A Osa Maior e Menor coa Estrela Polar. Aínda que son moi parecidas, as dúas teñen sete estrelas, a Osa Menor diferénciase da Maior en que é máis pequena, está orientada doutra forma e brilla menos. Mira o debuxo da esquerda; fíxate; se prolongamos a liña dos Artilleiros unhas cinco veces, atoparemos a Estrela Polar e con ela o Norte. 4.2. O Zodíaco O Zodíaco son doce constelacións que forman diferentes figuras no ceo, constituíndo unha cortina de fondo polo que se moven o Sol, a Lúa e os planetas. A palabra zodíaco proven do grego e significa «faixa ou figura de animais». O Zodíaco dividiuse en doce signos ou rexións iguais, cada unha coa súa constelación de estrelas. Estas rexións ou signos do Zodíaco son: Aries, Tauro, Xéminis, Cáncer, Leo, Virgo, Libra, Escorpión Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. Aproximadamente, cada mes o Sol pasa por unha das constelacións: por Aries, o 19 de Abril; por Tauro, o 14 de maio, etc.

1 O Universo e a Vía Láctea 15 ACTIVIDADES 18. Que significa o signo do Zodíaco dunha persoa? Para contestar facede un xogo na aula coa axuda do voso profesor. Lede tamén o texto que segue, que vos dará as pautas que tedes que seguir: Para explicar o que quere dicir, astronomicamente falando,«es Capricornio», suxíreselle a alguén: «Ti es o Sol, sitúate no centro da habitación». Despois, outro debe dar voltas arredor simulando o movemento da Terra. (...). Colócanse doce rapaces formando un círculo, cas costas apoiadas na parede ou mobles, cadros, etc. segundo a distribución da sala), que representan as doce constelacións do Zodíaco (deben colocarse en orde: Aries, Tauro, Xéminis, etc.). a Os nomes do Zodíaco débense ás formas que presentan no ceo as constelacións. Cando todo estea listo, dille á Terra: «Xira cara o centro da habitación, que ves?». O neno-terra responderá que ve ó Neno- Sol, e detrás ó Neno - Aries. Dille agora á Terra que xire arredor do Sol. Por mor do cambio de perspectiva, verao pasar diante de todos os signos zodiacais restantes: Tauro, Xéminis, Cáncer, Leo, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces, até chegar de novo a Aries. (...) Puxeches en escena unha representación do movemento do Sol durante o ano. Un movemento «aparente», porque o Neno-Sol, ó igual cas súas amigas as constelacións, non se moveu. O único corpo celeste en movemento é a Terra. (...). Así que ser Capricornio, por exemplo, significa que naciches no período do ano, no que, dada a posición da Terra ao longo da súa órbita, o Sol aparece nesa constelación. ETTORE PEROZZI: O ceo baixo a Terra. De viaxe polo Sistema solar, Oniro 19. Que é unha constelación? Defínea coas túas palabras e escríbeo no teu caderno. Cita o nome das constelacións que coñezas. 20. Como nos podemos orientar durante a noite? Menciona os pasos necesarios para facelo. 21. Escribe no teu caderno a data do teu nacemento, a que signo do zodíaco corresponde? que forma ten o teu signo? 22. Trata de debuxar unha constelación no caderno. Pescuda cantos compañeiros teus teñen o mesmo sigo e naceron o mesmo día ca ti. cd Y

16 Ciencias da Natureza Y PARA PRACTICAR Observa unha noite estrelada Para realizar esta actividade debes ir sempre acompañado por un adulto. Antes de saír a ver o ceo, tes que preparar un pequeno macuto para que a aventura sexa o máis agradábel posíbel. Nesta mochila incluirás o seguinte: Pezas de abrigo que nos protexan do frío incluso no verán. Alimentos (froitos secos, por exemplo) e bebidas quentes, coma chocolate, nun termo. Unha lanterna pouco potente. Planisferios ou mapas, un caderno e bolígrafos. Prismáticos, telescopio, se tes, e unha cámara de fotos. Unha cadeira que se poida pregar para sentarte e outra para deixar as cousas. Que sitio escoller? Nas cidades hai demasiada iluminación e case non se ven as estrelas, polo tanto elixiremos un lugar escuro, dende onde poidamos observar o ceo. Os nosos ollos aclimataranse á escuridade en pouco tempo, nuns 20 minutos; así que non debes levar luces moi potentes, a túa lanterna servirache. Ó mirar cara o ceo, verás tantas estrelas que poderás desorientarte. Se levas un planisferio celeste, o primeiro que tes que facer é orientarte. Se viches o solpor, é que estás mirando ó Oeste, así que tras de ti está o Leste; o Norte á dereita, e o Sur a túa esquerda. Se chegaches de noite, recorre á estrela polar, que se localiza mediante a Osa Maior. Cando atopes o Carro da Osa Maior, prolonga cinco veces a liña que une as dúas estrelas do extremo do Carro, os Artilleiros, e ó final acharás a Estrela Polar. Ese punto é o Norte. O resto xa é doado. A Osa Maior ocupa distintas posicións no ceo, en cada época do ano. Observa no debuxo como se ve nos distintos meses. A simple vista e nunha noite escura, pódense ver até 2.000 estrelas. Tamén podes ver a Lúa, varios planetas, a Vía Láctea, estrelas fugaces, etc. outubro xullo Estrela Polar Xaneiro abril Lembra: As estrelas aparecen coma puntos que palpebrexan. Observa o seu brillo e a súa cor. A nosa galaxia é a Vía Láctea e aparece coma unha franxa branquiña que divide o ceo en dous. Localizarás as estrelas fugaces coma trazos luminosos no ceo. Os planetas vense coma puntos luminosos, pero non palpebrexan coma as estrelas. Utiliza mapas estelares ou un planisferio para atopar de maneira doada os diferentes corpos celestes. Actividade adaptada do libro Guía rápida del ceo de Pedro Arranz García. Equipo Sirius, 2004. N ACTIVIDADES a Á hora de localizar a Osa Maior ten en conta que a súa posición cambia co transcorrer da noite e dos meses. 1. Intenta visitar un planetario para saber o que vas atopar na túa excursión. 2. Organiza unha excursión nocturna cos teus pais ou algúns adultos e invita ós teus amigos. Contempla o ceo nocturno e toma tódolos datos que che parezan interesantes. Fai fotos. 3. Cando reveles as fotos, podes facer un mural con tódalas fotos e os nomes das estrelas que identificaches.

1 O Universo e a Vía Láctea 17 PARA SABER MÁIS Que é o big bang? O big bang é unha teoría que tenta explicar a orixe do universo coma unha gran explosión. No principio, toda a enerxía do universo estaba concentrada nun punto, pero tras un estoupido foise estendendo e interactuando até conformar o universo coñecido. O problema da situación da gran explosión é que, ao estar toda a enerxía e a materia concentradas nun punto matemático, a física e a química que rexe o universo está fóra do noso alcance por agora. Bastantes observacións experimentais avalan esta teoría, aceptadas case por tódolos científicos, aínda que non esté completamente probada. Escóitase o son no espazo? Vimos moitas películas de ciencia ficción e escoitamos as naves amigas e inimigas pasar ao lado dos humáns ó estourar, mentres algúns homes disparaban sonoros láser. Ben, pois sentindo moito desilusionarvos, todo isto non é posíbel. O son é unha vibración do aire, son variacións de presión que se transmiten até o noso tímpano, no oído. Pódese transmitir tamén a través doutro medio, dentro da auga, ou a través dalgún sólido (lembremos ós indios das películas, escoitando o tren a través dos raís), pero sempre precisa dun medio material que vibre para poder chegar ó noso oído. No espazo hai un baleiro grandísimo, practicamente non hai materia, e dende logo non a suficiente nin co suficiente contacto entre si para transmitir unha vibración coma o son; polo tanto hai que concluír que no espazo non se oe nin unha mosca. Onde están os planetas no ceo? A maior parte do sistema solar atópase nun plano, coma obxectos colocados sobre unha mesa: o Sol está no centro, e os planetas en órbitas arredor del (o cometa Halley e algúns outros compoñentes non orbitan nese mesmo plano). Se poñemos unha pequena cámara sobre un dos planetas da nosa mesa, veremos o resto dos planetas e o Sol ó mesmo nivel, uns diante doutros: ningún estará por riba ou debaixo dos demais. Volvendo á realidade, nos vemos o sol describir un camiño sobre o ceo; ese mesmo camiño é o que seguen os planetas e chámase eclíptica. Así que se queremos ver algún planeta pola noite, só temos que buscalo nese camiño que describiu o Sol polo día. JAVIER FERNÁNDEZ PANADERO: Por que o ceo é azul?

18 Ciencias da Natureza Y RECUNCHO DO LECTOR Os poetas sempre se inspiraron en todo o que había ó seu arredor para escribir a súa poesía. Así, non é estraño, que tres grandes poetas españois coma Gustavo Adolfo Bécquer, Federico García Lorca e Dámaso Alonso, escribiran sobre os fenómenos celestes. Gustavo Adolfo Bécquer naceu en Sevilla no 1836 e morreu en Madrid ós 37 anos. Le estes versos da súa Rima VIII. Cando miro de noite no fondo oscuro do ceo as estrelas tremer, como ardentes pupilas de lume, paréceme posíbel a onde brillan subir nun voo, e anegarme na súa luz, e con elas en lume acendido a Gustavo Adolfo Bécquer. afundirme nun bico ( ) ACTIVIDADES 1. Le atentamente os tres poemas. Busca no dicionario os termos que non coñezas e escríbeos xunto co seu significado no teu caderno. Realiza un pequeno resumo de cada poema e explica o que entendiches. O que non comprendas explicaracho o teu profesor. 2. Hai un tema común nos tres poemas, cal é? A que corpos celestes estanse a referir? Fíxate nos textos de Bécquer e García Lorca, os dous falan de pupilas e ollos. Cres que é axeitado?, como describirías ti as estrelas? Escribe un pequeno poema con esta idea. 3. Por que no terceiro poema se di cuenta inútilmente las estrellas? 4. Fai un debuxo inspirado no fragmento que máis che gustou. Podes, cos teus compañeiros, decorar a aula con tódolos vosos traballos: poemas e debuxos. Federico García Lorca naceu en Granada no 1898 e tamén morreu novo, asasinado na Guerra Civil española, no 1936. Le un parágrafo do poema Los encuentros de un caracol aventurero, de 1918. Si, repite a formiga. vin as estrelas. Subín á árbore máis alta que ten a alameda e vin miles de ollos dentro das miñas tebras. O caracol pregunta: Pero que son estrelas? Son luces que levamos sobre a nosa cabeza (...). a Federico García Lorca. Dámaso Alonso naceu o mesmo ano que García Lorca, no 1898, e morreu no 1990. Os versos que tendes a continuación corresponden ó poema Los contadores de estrellas. Todo está igual. Un neno inútilmente conta as estrelas no balcón veciño. Eu póñome tamén? Pero el vai máis rápido: non consigo alcanzarlle: unha, dous, tres, catro, cinco... a Dámaso Alonso.

1 O Universo e a Vía Láctea 19 PROXECTO DE INVESTIGACIÓN Copérnico O Reto Aínda que che pareza mentira, no século XVI aínda se pensaba que a Terra estaba fixa no centro do Universo, e que o sol e os planetas xiraban arredor dela. Esta teoría, chamada xeocéntrica, enunciouna Ptolomeo no século II. Pero un astrónomo polaco comezou a cuestionar esa idea e a comprobar se Ptolomeo e os profesores do século XVI estaban trabucados ou non. Tería razón Copérnico? Descubrirémolo ó longo desta investigación. Mans á obra 1. Catrocentos anos antes de que Ptolomeo enunciara a súa teoría xeocéntrica, un matemático chamado Aristarco xa deduciu que a Terra non era o centro do Universo. Investiga sobre el e contesta: a) Onde naceu Aristarco? b) Por que é coñecido Aristarco? c) Por que ninguén creu as súas teorías? 2. No século XVI seguía vixente a teoría xeocéntrica de Ptolomeo. Busca información en Internet e responde ás seguintes preguntas: a) En que época viviu Ptolomeo? Cal é a súa obra máis famosa? b) Nos seus traballos, Ptolomeo resumiu tódolos acontecementos científicos da época. Pescuda cales eran estes coñecementos. A que se lle chama sistema tolemaico? c) A que conclusións xerais chegou Ptolomeo? 3. Volvamos ó século XVI e a Nicolás Copérnico. a) Onde e en que ano naceu? Que estudos realizou? b) En que ano comezou Copérnico a escribir a súa famosa obra De revolutionibus orbium coelestium (Sobre o movemento das esferas celestes)? Cando a rematou? c) A quen estaba adicada esta obra? De cantos volumes constaba? d) Pescuda de que trataba cada un dos volumes. 4. Que pensaba Copérnico do sistema tolemaico? Que método de traballo seguiu Copérnico para chegar á teoría heliocéntrica? 5. Que significa heliocentrismo? 6. Copérnico pensou que o Sol era o centro do universo, o que contrastaba coas ideas estendidas até entón. O seu libro publicouse trala súa morte cun prólogo, escrito por outra persoa, no que se explicaba que o sistema proposto era unha hipótese matemática que podería non ser verdade. a) Que é unha hipótese? b) Influíron os traballos de Copérnico noutros astrónomos? En quen? c) Que famoso home de ciencia confirmou as pescudas de Copérnico, pero foi obrigado a retractarse? Búscao na unidade. d) É realmente o Sol o centro do universo? 7. Elabora un documento coas respostas a tódalas preguntas anteriores. Esfera das estrelas fixas Saturno Xúpiter Marte Sol Venus Mercurio Lúa a Debuxo da teoría xeocéntrica. a Sistema de Copérnico. RECURSOS Ofrecémosche algunhas direccións de Internet que podes visitar para responder a estas cuestións: http://es.wikipedia.org/wiki/ Copérnico www.mat.usach.cl/hiistmat/html/ cope.html http://es.wikipedia.org/wiki/de_ Revolutionibus_Orbium_Coelestium http://es.wikipedia.org/wiki/ Aristarco_de_Samos http://es.wikipedia.org/wiki/claudio _Ptolomeo Y

20 Ciencias da Natureza Y ACTIVIDADES FINAIS 1. Completa as seguintes frases: a) A gran explosión de hai 15.000 millóns de anos que deu lugar ó universo denomínase... b) Unha galaxia é unha agrupación de millóns de... c) O sistema solar está composto polo Sol e os astros que dan voltas ó seu redor:..., satelites,...e cometas. d) Os nomes dos planetas son: Mercurio,..., Terra, Marte,..., Saturno,... e... e) Se os asteroides caen e chocan contra contra a Terra chámanse... f) Unha constelación é un grupo de... que se atopan nunha parte da esfera terrestre. 2. Rodea cun círculo a letra que indique a contestación correcta: Se unha estrela é mediana: a) é coma o Sol; b) é máis pequena co Sol; c) é máis grande co Sol. 8. O universo e a publicidade A publicidade tamén utilizou o universo para as súas campañas. Mira o seguinte anuncio e descríbeo. Que ves? Que cres que está sentindo o observador? Recordas o poema do contador de estrelas? Que ten en común con este anuncio? Pódese recoñecer algunha constelación? O nome da compañía é ASTRA. Cres que ese nome ten algo que ver co espazo? O anuncio informa de que é un sistema de satelites, de que tipo de satelites se trata? Busca en revistas e xornais outros anuncios que teñan relación co universo. Con todo o atopado podes realizar cos teus compañeiros un mural para a vosa aula. Nos pertencemos á galaxia chamada: a) Andrómeda; b) Vía Láctea; c) Pequena Nube de Magallanes. O home pisou a Lúa: a) no 1950; b) no 1969; c) no 2000. Un cometa está composto: a) por unha longa cabeleira; b) por unha longa cola; c) por unha cabeleira e unha longa cola. 3. Contesta verdadeiro ou falso ás seguintes frases e corrixe o enunciado daquelas que sexan falsas: Os gregos descubriron que a Terra era esférica. Até o século XVI afirmábase que a Terra era o centro do universo. A teoría heliocéntrica foi anunciada por Galileo. 4. O asteroide Ces ten un diámetro de 770 km. Se a área dunha circunferencia é πr 2, calcula a superficie do asteroide (recorda que o valor de π = 3,14). 5. O meteorito Hoba West ten unha masa de 60 toneladas. Se 1 tonelada equivale a 1.000 kg, cantos quilogramos ten de masa o meteorito? 6. As Perseidas é unha chuvia de estrelas fugaces. Se se poden ver unhas 300 estrelas por hora, cantas poderíamos ver en 10 minutos? E nun cuarto de hora? 7. Os cometas periódicos volven a aparecer cada certo tempo. Enche a seguinte táboa: Nome do cometa Mikos Wolf I Halley Aparece cada 5 anos 76 anos Última visita 2004 2002 1986 Próxima visita 2010

1 O Universo e a Vía Láctea 21 EN RESUMO O UNIVERSO é todo o que existe Formado por estrelas agrúpanse en Constelacións Galaxias Osa Maior Osa Menor Zodíaco Vía Láctea no seu interior está Planetas Cometas Outros corpos celestes ó seu redor Sistema Solar Sol AMPLÍA CON JULIO VERNE: Héctor Servadac. ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY: O Principiño. ALBERT UDERZO E RENÉ GOSCINNI: O ceo cáesenos enriba! GEORGE LUCAS: A guerra das galaxias: O imperio contraataca; O retorno do Jedi. 1977, 1980 e 1983. MICHAEL BAY: Armageddon, 1998. JON FABREAU: Zatura, unha aventura espacial, 2005. Selección de Encarta de Microsoft. MIGUEL RÍOS: Himno á alegría, sobre música de Beethoven. MECANO: Laika. AMARAL: O universo sobre min. http://www.nasa.gov: web oficial da NASA. http://www.esa.int: web oficial da ESA. http://www.astromia.com: web de astronomía. http://www.astronautix.com/craftfam/spanits.htm: nesta web da Enciclopedia Astronáutica atoparás unha sección adicada ós traxes espaciais rusos e americanos probados nas viaxes espaciais.