EXERCICIOS TERMINOLOXÍA ( RELACIONAR PALABRAS ) SELECTIVIDADE 2002: 1. microfilamentos, ATP, lisosomas, triacilglicéridos, linfocitos B, microtúbulos, encimas hidrolíticos, transporte activo, glicerol, maduración, citoesqueleto, ácidos graxos, enerxía, orgánulos, médula ósea. Microtúbulos e microfilamentos son compoñentes do citoesqueleto ATP proporciona a enerxía necesaria para o transporte activo Os lisosomas son orgánulos que conteñen encimas hidrolíticos Os triacilglicéridos están formados por glicerol e ácidos graxos A maduración dos linfocitos B ten lugar na médula ósea 2. RUBISCO, ribosomas, fotofosforilación, timina, parede celular, vexetal, encima, rugoso,adn, cíclica, retículo endoplásmico, celulosa, ATP, fixación do CO2, base nitroxenada. A RUBISCO é a enzima que cataliza a fixación do CO2 O retículo endoplásmico rugoso contén ribosomas A timina é unha base nitroxenada doadn A parede celular vexetal contén celulosa Durante a fotofosforilación cíclica ten lugar á síntese deatp 3. núcleo, RUBISCO, lisosomas, Oparin, VIH, síntese, CO2, ácidas, fixación, retrovirus, hipótese, SIDA, No núcleo ten lugar a síntese de ARN A enzima RUBISCO cataliza a fixación do CO2 Os lisosomas conteñen hidrolasas ácidas Oparin estableceu a hipótese dos coacervados VIH é un retrovirus causante da SIDA 4. Margulis, nucleósido, linfocitos B, fuso, anticorpos, virus, teoría, inmunidade humoral, mitótico, oncoxénicos, endosimbióntica, nucleótido, grupo fosfato, cáncro, microtúbulos. Margulis estableceu a teoría endosimbióntica Un nucleótido é un nucleósido cun grupo fosfato Os linfocitos B producen anticorpos en resposta a inmunidade humoral O fuso mitótico está formado por microtúbulos Os virus oncoxénicos provocan cáncro
2003: 5. ADN, membrana plasmática, insectos, fase luminosa, asimetría, tilacoides, fotosíntese, catión, exoesqueleto, ARN, fluidez, ión, quitina, carga positiva, transcriptasa inversa Un catión é un ión con carga positiva O exoesqueleto de insectos está composto por quitina A membrana plasmática presenta as propiedades de asimetría e fluidez A transcriptasa inversa cataliza a síntese de ADN a partir de ARN A fase luminosa da fotosíntese ten lugar nos tilacoides 6. RUBISCO, retículo endoplásmico liso, inmunoglobulinas, antibiótico, fixación, proteínas, penicilina, transporte, carbono inorgánico, síntese, pasivo, lípidos, enerxía, defensa, Fleming O transporte pasivo ten lugar sin consumo de enerxía No retículo endoplasmático liso ten lugar a síntesede lípidos O encima RUBISCO cataliza a reacción de fixación do carbono inorgánico Fleming descubriu o antibiótico penicilina As inmunoglobulinas son proteínas con función de defensa 7. bacterias, lisosomas, insulina, obxectivo, orgánulos, cadea respiratoria, condensador, proteína, homólogos función hormonal, mesosomas, meiose, cromosomas, microscopio, dixestión celular A insulina é unha proteína con función hormonal Nas bacterias, a cadea respiratoria localízase nos mesosomas Os lisosomas son orgánulos onde se realiza a dixestión celular Na meiose emparéllanse os cromosomas homólogos Obxetivo e condensador son partes do microscopio 8. ARN ribosómico, fotosíntese, maltosa, cápside, ribosomas, auga, amidón, membrana semipermeable, hidrólise, cuberta proteica, osíxeno, disolvente, soluto, virus, proteínas Os ribosomas están formados por ARN ribosómico e proteínas Unha membrana semipermeable permite o paso de disolventes pero non de solutos A cápside é a cuberta proteica dos virus Na fotosíntese consúmese auga e prodúcese osíxeno A maltosa obténse por hidrólise do amidón
2004: 9. VIH, fotosíntese, colesterol, replicación, disolvente, hormonas, ADN, soluto, ATP y NADPH, retrovirus, esteroideas, SIDA, semiconservativa, fase luminosa, membrana semipermeable O colesterol é o precursor das hormonas esteroideas VIH é o retrovirus causante da SIDA A replicación do ADN é semiconservativa Na fase luminosa da fotosíntese prodúcese ATP e NADPH Unha membrana semipermeable permite o paso de disolvente pero non de soluto 10. ADN, cápside, catión, fase escura, lactosa, replicación, cuberta proteica, fase S, sacarosa, ion, disacáridos, fotosíntese, virus, carga positiva, fixación do CO2 Na fase S do ciclo celular ten lugar a replicación do ADN Na fase escura da fotosíntese prodúcese a fixación do CO2 A cuberta proteica dos virus chámase cápside Un catión é un ión con carga positiva A lactosa e a sacarosa son disacáridos 11. ADN e ARN, cloroplasto, antibiótico, celulosa, grana, maduración, linfocitos T, parede celular, Fleming, vexetal, nucleótidos, timo, tilacoides, polímeros, penicilina. A maduración dos linfocitos T prodúcese no timo ADN e ARN son polímeros de nucleótidos A celulosa é o principal compoñente da parede celular vexetal Os grana son as pilas de tilacoides dos cloroplastos Fleming descubríu o antibiótico penicilina 12. ADN, asimétrica, variabilidade xenética, orgánulos, plásmidos, transcripción, recombinación, fluída, vectores, dixestión celular, núcleo, membrana plasmática, clonación, lisosomas, mutación. A membrana plasmática e asimétrica e fluida Os plásmidos empréganse como vectores de clonación A transcripción do ADN ten lugar no núcleo Os lisosomas son orgánulos encargados da dixestión celular A recombinación e a mutación aumentan a variabilidade xenética
2005: 13. celulosa, anticorpos, peptidos, xen, vexetal, encima, reposta humoral, reacción, locus, homopolisacárido, enerxía de activación, hidrólise, cromosoma, aminoácidos, linfocitos B. A celulosa é un homopolisacárido vexetal Un enzima reduce a enerxía de activación dunha reacción A hidrólise dun péptido produce aminoácidos A resposta humoral baséase na síntese de anticorpos polos linfocitos B locus é o lugar que ocupa un xen nun cromosoma 14. luz, bacterias, mitocondrias, enerxía, α-d-glucosa, timo, amidón, circular, bazo, cloroplastos, ADN, linfoides, glucóxeno, fotosíntese, ATP. ADN das bacterias é circular bazo e o timo son órgaos linfoides glucóxeno e o almidón están formados por unidades de α-d-glucosa A luz constitue a fonte de enerxía na fotosíntese Nas mitocondrias e cloroplastos sintetízase ATP 15. Actina, síntese, fuso, nucleoide, mitótico, miosina, gluconeoxénese, microtúbulos, lisosomas, bacterias, dixestión, ADN, celular, glucosa, contracción muscular. A actina e a miosina son as proteínas responsables da contracción muscular Nas bacterias chámase nucleoide a rexión onde se atopa o ADN Os lisosomas son os responsables da dixestión celular A gluconeoxénese é a síntese de glucosa a partir de compostos orgánicos fuso mitótico está formado por microtúbulos 16. ATP, Meselson e Stahl, artifi cial, bacteriófagos, inmunoglobulinas, nucleósido, inmunidade, bacterias, anticorpos, glucoproteínas, replicación do ADN, trifosfato, vacina, virus, semiconservativa. Os anticorpos son un tipo de glucoproteínas chamadas inmunoglobulinas ATP é un nucleósido trifosfato Meselson e Stahl demostraron que a replicación do ADN é semiconservativa Os bacteriófagos son os virus que infectan bacterias A vacuna é un tipo de inmunidade artificial
2006: 17. Cloroplasto, maduración, lactosa, linfocitos T, alerxia, parede celular, tilacoides, hipersensibilidade, timo, sacarosa, vexetal, celulosa, antíxeno, disacáridos, grana. A maduración dos linfocitos T ten lugar no timo A lactosa e a sacarosa son disacáridos A alerxia é unha reacción de hipersensibilidade fronte a un antíxeno A parede celular vexetal está formada por celulosa No interior dos cloroplastos os apilamentos de tilacoides forman a grana 18. Dictiosomas, glucóxeno, proteínas, cadeas de ADN, membrana, antiparalelas, cisternas, tilacoides, polímeros, fotosistemas, aminoácidos, polisacárido, vesículas, reserva, complementarias. Os dictiosomas están formados por cisternas e vesículas O glucóxeno é un polisacárido de reserva As proteínas son polímeros formados por aminoácidos As cadeas de ADN son antiparalelas e complementarias Os fotosistemas localízanse na membrana dos tilacoides 19. Meiose, vesículas, lipoproteínas, mitocondrias, colesterol, celular, llisosomas, linfocitos T, sangue, ribosomas, ADN, inmunidade, entrecruzamiento, encimas hidrolíticos, recombinación. Os lisosomas son vesículas que conteñen enzimas hidrolíticos No sangue o colesterol transpórtase unido a lipoproteínas As mitocondrias posuen ADN e ribosomas propios Na meiose prodúcese entrecruzamento e recombinación xénica Os linfocitos T interveñen na inmunidade celular 20. Fosfodiéster, telómeros, monoalcohois, colesterol, metabolismo, nucleótidos, extremos, ceras, hormonas, ácidos graxos, Acetil-CoA, polinucleótidos, cromosomas, sexuais, ciclo de Krebs. Os polinucleótidos fórmanse pola unión de nucleótidos mediante enlaces fosfodiéster Os telómeros son os extremos dos cromosomas No metabolismo o Acetil-CoA intervén no ciclo de Krebs As ceras son ésteres de ácidos graxos e monoalcoholes As hormonas sexuais fórmanse a partir do colesterol
2007: 21. código, fermentación, síntese, cloroplastos, daltonismo, ARN, dexenerado, hereditaria, glicosa, xenético, ADN, cromosoma X, ribosomas, ácido láctico, transcrición. O código xenético é dexenerado O ácido láctico prodúcese por un proceso de fermentación a partir da glicosa Durante a transcrición prodúcese a síntese dunha molécula de ARN Os cloroplastos posúen ADN e ribosomas propios O daltonismo é unha característica hereditaria ligada ao cromosoma X 22. retrovirus, Acetil-CoA, locus, pontes de hidróxeno, hemoglobina, metabolismo, cromosoma, hemo, ARN, interaccións, prostético, ciclo de Krebs, xene, ácido nucleico, covalentes No metabolismo dos glícidos o acetil-coa incorpórase ao ciclo de Krebs O grupo hemo é o grupo prostético da hemoglobina Os retrovirus conteñen ARN como ácido nucleico Locus é o lugar que ocupa un xene nun cromosoma As pontes de hidroxenio son interaccións non covalentes 23. ARN ribosómicos, oncoxene, cetosa, AUG, nucléolo, pigmento, iniciación, síntese, monosacárido, xene, fotosíntese, cancro, codón, cetónico, clorofila. O AUG é o codón de iniciación na síntese de proteínas A Cetosa é un monosacárido cun grupo cetónico A clorofila é un pigmento da fotosíntese Un oncoxene é un xene responsable da produción de cáncer A síntese de ARN ribosómicos ten lugar no nucléolo 24. ARN transferinte, fosfolípidos, NADPH, bicapa, tripletes, lípidos, fotosíntese, lipídica, sacarosa, auga, síntese, lactosa, disacáridos, retículo endoplásmico liso, anticodóns. Os anticodóns son tripletes de bases que se atopan no ARN transferente Os fosfolípidos forman parte da bicapa lipídica A sacarosa e a lactosa son disacáridos Na fotosíntese prodúcese a fotolise da auga e xérase NADPH A síntese de lípidos ten lugar no retículo endoplasmático liso
2008: 25. Fuso, tradución, acromático, síntese, ARN mensaxeiro, reaccións, extracomosómico, microtúbulos, plásmidos, peroxisomas, ribosomas, ADN, catalases, anabólicas, oxidasas O fuso acromático está formado por microtúbulos Os peroxisomas conteñen enzimas oxidasas como as catalases Nos ribosomas ten lugar a tradución do ARN mensaxeiro As reaccións anabólicas son reaccións de síntese Os plásmidos son fragmentos extracromosómicos de ADN 26. Retardada, replicación, enzimas, ADN, fotosíntese, Okazaki, colesterol, ADN polimerases, cromatina, sexuais, luz, cadea, histonas, enerxía, hormonas. A fotosíntese utiliza a enerxía da luz A cromatina está formada por ADN xunto con histonas O colesterol é un precursor das hormonas sexuais Na replicación interveñen as enzimas ADN polimerases A cadea retardada está formada polos fragmentos de Okazaki 27. esteroides, Krebs, anabólicas, parede, linfocitos T, insaponificables, mitocondrias, ósea, celulosa, Acetil-CoA, síntese, timo, vexetal, lípidos, reaccións. Os esteroides son lípidos insaponificables Os linfocitos T fórmanse na medula ósea e maduran no timo A parede da célula vexetal está formada por celulosa As reaccións anabólicas son reaccións de síntese O acetil CoA intervén no ciclo de Krebs nas mitocondrias 28. xene, hidrólise, vectores, citoesqueleto, control, rexións, plásmidos, hialoplasma, xenética, hormonas, ATP, intróns, filamentos, xénica, enerxía A hidrólise do ATP libera enerxía Os plásmidos son vectores utilizados en enxeñaría xenética Os intróns son rexións non codificantes dun xene Algunhas hormonas interveñen no control da expresión xénica No hialoplasma atópanse os filamentos do citoesqueleto
2009: 29. alerxia, metabolismo, proteína, fecundación, calcio, Calvin, vitamina D, gametos, hipersensibilidade, hemoglobina, cloroplasto, cigoto, globular, antíxeno, estroma A alerxia é unha reacción de hipersensibilidade a un antíxeno A vitamina D intervén no metabolismo do calcio A hemoglobina é unha proteína globular O ciclo de Calvin realízase no estroma do cloroplasto O cigoto fórmase pola fusión de dous gametos no proceso de fecundación 30. intróns, hidrolíticas, hemo, cromosoma X, bacterias, lisosomas, ARNm, hemoglobina, virus, maduración, enzimas, daltonismo, prostético, bacteriófagos, hereditaria Os lisosomas conteñen encimas hidrolíticos Na maduración do ARNm elimínanse os intróns O daltonismo é unha alteración hereditaria ligada ao cromosoma X O grupo hemo é o grupo prostético da hemoglobina Os bacteriófagos son virus que infectan bacterias 31. catabolismo, uracilo, meiose, membrana, electróns, osmose, reducción, citocromos, ARN, anabolismo, cromosómica, semipermeable, Krebs, ribosa, cadea respiratoria A osmose é o paso de auga a través dunha membrana semipermeable A ribosa e o uracilo son dous constituíntes do ARN Durante a meiose prodúcese a redución cromosómica O ciclo de Krebs é unha ruta do catabolismo no que se xera enerxía que poderá ser utilizada no anabolismo Os citocromos interveñen no transporte de electróns na cadea respiratoria 32. timo, antibióticos, van der Waals, fotosíntese, Na/K, débil, infeccións, linfocitos T, luz, enlaces, bomba, bacteriana, fase escura, transporte activo, maduración A maduración dos linfocitos T prodúcese no timo Os antibióticos son eficaces ante infeccións de orixe bacteriana As forzas de Van der Walls son enlaces débiles A fase escura da fotosíntes prodúcese en presenza de luz A bomba de Na/K é un mecanismo de transporte activo
2010: 33. cromosomas, proteínas, gradiente, enzima, NADPH, organismo, síntese, substrato, pasivo, fotosíntese, cariotipo, ribosomas, transporte, centro activo, ATP Durante a fase luminosa da fotosíntese prodúcese ATP e NADPH (0,2p) O cariotipo é o conxunto de cromosomas dun organismo (0,2p) O transporte pasivo prodúcese a favor de gradiente (0,2p) O substrato únese ao centro activo do encima (0,2p) A síntese das proteínas ten lugar nos ribosomas (0,2p) 34. Síntese, mitocondrias, NADPH, reprodución, membrana, anabólica, sexual, ciclo, plasmática, gametos, Krebs, oxidorredución, reacción, NADH, glicocálix O glucocalix localízase na parte exterior da membrana plasmática (0,2p) Os gametos interveñen na reprodución sexual (0,2p) O ciclo de Krebs ten lugar na mitocondria (0,2p) Unha reacción anabólica é unha reacción de síntese (0,2p) NADH e o NADPH son produtos de reaccións de oxidorredución (0,2p) 35. microscopio, protóns, fecundación, daltonismo, xenoma, locus, microtomo, diploides, gradiente, mostras, fotosíntese, cromosoma X, haploides, xenética, xene. O micrótomo utilízase para preparar mostras que se van observar ao microscopio (0,2p) Durante a fotosíntese, xérase un gradiente de protóns (0,2p) Mediante a fecundación, obtense unha célula diploide a partir de dúas células haploides (0,2p) O daltonismo é unha alteración xenética ligada ao cromosoma X (0,2p) O locus é o lugar que ocupa un xene nos cromosomas do xenoma (0,2p) 36. ATP, substrato, ácido, recombinación, descendencia, fotorrespiración, somática, meiose, rubisco, KM, alcohol, entrecruzamento, mutación, velocidade, éster As ceras resultan da unión éster dun ácido graxo e un alcohol (0,2p) Durante a meiose ten lugar o entrecruzamento das cromátidas, que permite a recombinación xénica (0,2p) Unha mutación nunha célula somática non se transmite á descendencia (0,2p) (Nunha reacción encimática), a KM é a concentración de substrato á que se acada a metade da velocidade máxima (0,2p) Durante a fotorrespiración, a rubisco capta O2 e consome ATP (0,2p).
2011 37. Isómeros, exclusivos, rubisco, prións, fórmula empírica, proteínas, normais, carboxilasa, inmunoglobulinas, compostos, células, patóxenas, defensa, osixenasa, centríolos. A rubisco presenta actividade carboxilasa-oxigenasa Os centríolos son exclusivos das células animais As inmunoglobulinas participan en reaccións de defensa fronte a organismos ou substancias patóxenas Os isómeros son compostos con igual fórmula empírica Os prións fórmanse a partir de proteínas normais 38. Tampóns, lisosomas, ATP, animal, síntese, ribosomas, interferón, dictiosomas, fosforilación oxidativa, cloroplastos, Aparato de Golgi, sales minerais, proteína, ph, ADN O interferón é unha proteína antivírica producida polas células animais Os sales minerais actúan como tampóns mantendo o ph Os cloroplastos conteñen ADN e ribosomas Os lisosomas teñen a súa orixe nos dictiosomas do aparello de Golgi A fosforilación oxidativa produce síntese de ATP 39. sexuais, ribosomas, bacterias, Okazaki, centro activo, colesterol, mitocondrias, ADN, fragmentos, substrato, virus, cadea retardada, encima, bacteriófago, hormonas O colesterol é o precursor das hormonas sexuais A cadea retardada sintetízase a partir dos fragmentos de Okazaki O sustrato únese ao centro activo da encima O bacteriófago é un virus que infecta bacterias As mitocondrias conteñen ADN e ribosomas 40. encima, fotosistemas, teoría, inmunoglobulinas, síntese, reacción, ATP, membranas, bacterias, defensa, tilacoidais, cloroplastos, proteínas, enerxía de activación, fosforilación oxidativa A encima reduce a enerxía de activación da reacción Os fotosistemas atópanse nas membranas tilacoidais A teoría endosimbióntica propón que os actuais cloroplastos proceden de bacterias As inmunoglobulinas son proteínas de defensa Durante a fosforilación oxidativa prodúcese síntese de ATP
2012: 41. cromosoma, aminoácido, cloroplastos, síntese, gametos, xene, bacterias, ARN, sexual, teoría, locus, triplete, transcrición, reprodución, codón A transcripción é a síntese de ARNm. Os gametos participan na reproducción sexual Un codón é un triplete de bases que codifica para un aminoácido Hai unha teoría que postula que os cloroplastos proceden de bacterias Un locus é o lugar que ocupa un xene nun cromosoma 42. coencima, linfocitos B, osíxeno, substancia, D-glicosa, NAD+, fotosíntese, isómeros, alerxia, proteínas, anticorpos, ATP, D-frutosa, hipersensible, nicotinamida A D-glicosa e a D-fructosa son isómeros Na fotosíntese se libera O2 e se produce ATP Ser hipersensible ante una sustancia pode provocar unha alerxia NAD+ é unha coenzima que contén nicotinamida Os anticorpos son proteínas producidas polos linfocitos B 43. α-hélice, cromosoma X, cigoto, adenina, bacterias, proteínas, fecundación, hereditaria, púricas, cloroplastos, secundaria, hemofilia, teoría, guanina, gametos A hemofilia é unha enfermidade hereditaria ligada ao cromosoma X O cigoto orixínase pola fecundación dos gametos A adenina e a guanina son bases púricas A teoría endosimbiótica relaciona a orixe dos cloropastos con bacterias fotosintéticas A α-hélice é un tipo de estrutura secundaria das proteínas 44. replicación, cromátidas, linfocitos T, enerxía, membrana, anafase, glicocálix, medula, Na/K, mitose, plasmática, ADN, helicasas, timo, bomba Os linfocitos T fórmanse na medula e maduran no timo A bomba Na/K require enerxía para o seu funcionamento Durante a anafase da mitose sepáranse as cromátidas irmáns O glicocalix atópase na parte exterior da membrana plasmática As helicasas participan na replicación do ADN
2013: 45. ATP, hidrolíticos, lactosa, lisosomas, galactosa, profase, cromatina, nucleicos, glicosa, encimas, polímeros, escura, nucleótidos, condensación, fotosíntese Durante a fase escura da fotosíntese consómese ATP Os lisosomas conteñen enzimas hidrolíticos Durante a profase prodúcese a condensación da cromatina Os ácidos nucleicos son polímeros de nucleótidos A lactosa está formada pola unión de glicosa e galactosa 46. ADN, grana, regulación, tilacoides, matriz, lípidos, enzimática, mitocondrial, esteroides, interfase, amoreados, Krebs, duplicación, insaponificable, retroinhibición Os esteroides son lípidos de tipo insaponificable A gra (Os grana) está formada por tilacoides amoreados Durante a interfase prodúcese a duplicación do ADN ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondrial A retroinhibición é un mecanismo de regulación enzimático(a) 47. ARNm, osíxeno, antíxenos, colesterol, fenotipo, fotosíntese, intróns, sangue, ambiente, anticorpos, maduración, rexións, CO2, xenotipo, lipoproteínas Na maduración do ARNm elimínanse os intróns Durante a fotosíntese captúrase CO2 e libérase osíxeno fenotipo dun individuo é o resultado do seu xenotipo e da interacción co ambiente As lipoproteínas transportan o colesterol no sangue Os anticorpos únense aos antíxenos polas súas rexións variables 48. ADN, medio, antibióticos, proteínas, fase, tilacoidais, plasmólise, mutación, ARN, fonte, enfermidades, xenética, virus, célula, fotosíntese A fase luminosa da fotosíntese ten lugar nas membranas tilacoidais Unha célula sofre plasmólise nun medio hipertónico Os antibióticos non son eficaces en enfermidades producidas por virus. As mutacións son unha fonte de variabilidade xenética ARN leva a información presente no ADN para sintetizar proteínas
2014: 49. Catión, mitótico, encima, uracilo, extracromosómicos, microtúbulos, ión, plásmidos, ribosa, substrato, ADN, centro, ARN, fuso, carga. Un catión é un ión con carga positiva. O fuso mitótico está constituído por un conxunto de microtúbulos. O substrato únese a unha encima no seu centro activo Os plásmidos son ADN extracromosómico O ARN está composto por ribosa e uracilo 50. Insulina, cuberta, vectores, función, ARN, plásmidos, cápsida, ADN, hialoplasma, clonación, citoesqueleto, polímeros, proteína, filamentos, virus. A insulina é unha proteína con función reguladora. A cuberta dos virus chámase cápside. Os plásmidos son vectores de clonación. ADN e o ARN son polímeros de nucleótidos. No hialoplasma atópanse os filamentos do citoesqueleto. 51. Láctico, meiose, obxectivo, redución, celulosa, microscopio, fermentación, transporte, músculo, enerxía, parede, pasivo, condensador, vexetal, cromosómica O transporte pasivo ten lugar sen gasto de enerxía A parede da célula vexetal contén celulosa No músculo pode producirse ácido láctico como consecuencia de una reacción de fermentación O obxectivo e o condensador son partes dun microscopio Durante a meiose prodúcese a redución da dotación cromosómica 52. Material, cariotipo, vectores, anión, reacción, retrovirus, anabólica, ARN, síntese, organismo, ión, clonación, cromosomas, carga, plásmidos Os retrovirus conteñen ARN como material xenético O cariotipo é a representación gráfica do conxunto de cromosomas dun organismo Unha reacción anabólica é una reacción de síntese Os plásmidos úsanse como vectores de clonación Un anión é un ión con carga negativa
2015: 53. Insulina, glicólise, citocinese, mitocondria, penicilina, ácido pirúvico, ADN, proteína, glicosa, hormonal, ARN, antibiótico, citoplasma, células, fungo Na glicólise, a glicosa degrádase a ácido pirúvico A penicilina é un antibiótico producido por un fungo A citocinese é a división do citoplasma das células A insulina é unha proteína con función hormonal A mitocondria contén ADN e ARN 54. Fosfolípidos, transxénico, retículo endoplásmico rugoso, bacterias, xenoma, proteínas, colesterol, cromosomas, síntese, virus, anfipáticas, condensación, profase, bacteriófago, ADN Un bacteriófago é un virus que infecta bacterias No RER ten lugar síntese de proteínas Durante a profase producese a condensación dos cromosomas Os fosfolípidos e o colesterol son moléculas anfipáticas Un organismo transxénico contén no seu xenoma ADN doutro ser vivo 55. xabóns, envoltura, oxidase, inmunodeficiencia, telómeros, catalase, material, telofase, sales, infeccións, ácidos graxos, rexións, cromosomas, organismo, peroxisoma. Os xabóns son sales dos ácidos grasos Os telómeros son as rexións terminais dos cromosomas A inmunodeficiencia favorece a aparición de infeccións no organismo Na telofase rexenérase a envoltura nuclear en torno ao material xenético O peroxisoma conten catalasa que presenta actividade oxidasa. 56. antibióticos, ácido graxo, interfase, centrómero, bacterias, brazos, proteína, mitose, xabón, fases, base, inmunoglobulina, cromosoma, antíxeno, enfermidades Cando un ácido graxo reacciona cunha base forte, fórmase un xabón A interfase é o conxunto de fases que transcorren entre dúas mitosis consecutivas O centrómero é un estreitamento que divide o cromosoma en dous brazos Os antibióticos son exclusivos para o tratamento de enfermidades producidas por bacterias. Unha inmunoglobulina é unha proteína que produce o sistema inmunitario en resposta á presenza dun antíxeno
2016: 57. profase, microorganismo, alelos, enlaces, cromosomas, saturados, xene, ARN, ácidos graxos, envoltura, ADN, cadea, microscopio, transcrición, tamaño. Durante a profase ten lugar a condensación dos cromosomas e desaparece a envoltura nuclear. Un microorganismo é un ser vivo de pequeno tamaño que só pode ser observado ao microscopio. Un xene é un fragmento de ADN que pode ter varios alelos. Mediante a transcrición sintetízase unha cadena de ARN complementaria. Os ácidos graxos saturados non conteñen dobres enlaces. 58. meiose, metafase, ácidos graxos, ARNm, quimiosíntese, xerminais, cromosomas, enlaces, núcleo, tradución, orgánica, haploides, insaturado, aminoácidos, inorgánicas. Os ácidos graxos insaturados presentan un ou máis dobres enlaces. Na metafase desaparece o núcleo e prodúcese a ordenación dos cromosomas. A partir do RNAm e mediante o proceso da tradución, sintetízase unha cadea de aminoácidos. A quimiosíntese é a síntese de materia orgánica a partir de substancias inorgánicas. Por meiose as células xerminais forman células haploides. 59. Carotenoides, mutación, anticorpos, enlaces, fotosistema, lípidos, descendencia, pigmentos, célula, linfocitos B, ADN, isoprenoides, humoral, helicasas, proteínas Os carotenoides son isoprenoides do grupo de lípidos insaponificables. Nun fotosistema atópanse reunidos os pigmentos fotosintéticos e proteínas. Na resposta inmune humoral, os linfocitos B liberan anticorpos. As encimas helicasas rompen os enlaces que unen as febras do ADN. Unha mutación nunha célula reprodutora transmítese á descendencia. 60. Parede, centro, cadea, polímero, fragmentos de Okazaki, molécula, substrato, ARN, anticorpo, celulosa, ribonucleótidos, linfocitos B, ADN, enzima, vexetal A parede vexetal está composta maioritariamente por celulosa. O centro activo da encima é o lugar de unión do substrato. Un anticorpo é unha molécula proteica elaborada polos linfocitos B. O ARN é un polímero de ribonucleótidos. Os fragmentos de Okazaki constitúen a cadea retardada do ADN.