EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 11º QUINCENA OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE. 1º.- O PRONOME RELATIVO É o pronome que serve como introdutor das oracións subordinadas adxectivas ou de relativo. O paradigma do relativo máis frecuente en grego é o seguinte: ὅς, ἥ, ὅ. ὅς, ἥ, ὅ SINGULAR PLURAL Nominativo ός ἥ ὅ οἵ αἳ ἅ Acusativo ὅν ἥν ὅ οὕς ἅς ἅ Xenitivo οὗ ἥς οὗ ὧν Dativo ᾥ ᾗ ᾧ οἵς αἵς οἵς Como pode comprobarse o pronome relativo é moi similar ao artigo, pero levando todas espírito áspero xunto ao acento, e sen tau inicial τ-. So se producen cambios no nominativo masculino e o neutro, xa que ao perder a tau inicial o neutro, diferénciase do masculino engadíndolle a este un sigma ς. O grego emprega co mesmo valor outros relativos que poden ser: - ὅσπερ, ἥπερ, ὅπερ, que non é máis que o relativo anterior ao que se lle engade a partícula περ, que ten un matiz expresivo ou enfático precisamente o que. Para declinalo hai que respectar as desinencias do relativo antes de περ. - ὅστις, ἥτις, ὅ τι, que non é máis que un pronome relativo composto polo relativo e o indefinido τις, τι, declinándose ambos elementos. A declinación deste indefinido verémola a continuación. 2º.- PRONOMES INTERROGATIVOS Ε ΙΝDEFINIDOS. Amosan dúas formas moi semellantes: - ο interrogativo τίς, τί: que, quen - o indefinido τις, τι: alguén, algún, algo Dispoñen de dúas terminacións: a primeira para masculinos e femininos e a segunda para os neutros. Seguen a declinación dos temas en nasal da 3º declinación, salvo nos nominativos singulares. A diferencia entre ambos reside en que un é tónico, e leva acento, mentres que o outro é átono e non o leva. Polo tanto o indefinido nunca pode encabezar unha oración e sempre vai enclítico.
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 2 τίς, τί / τις, τι SINGULAR PLURAL Nominativo τίς - τις τί - τι τίνες - τίνες τίνα τινα Acusativo τίνα - τινα τί - τι τίνες τινες τίνα τινα Xenitivo τίνος - τινος τίνων τινων Dativo τίνι - τινι τίσι(ν) τισι(ν) Tanto este indefinido como os outros aluden de forma vaga e imprecisa a alguén ou a algo non coñecido. Os outros máis frecuentes son: ἕκαστος, -η, -ον οὐδείς, οὐδεμία, οὐδέν μηδείς, μηδεμία, μηδέν ἀλλος, -η, -ον οὐδέτερος, -α, -ον ἕτερος, -α, -ον cada un, cada unha, cada un ninguén, ningunha, nada outro, outra ningún (de dous) o outro (de dous) 3º.- A SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O pronome relativo ὅς, ἥ, ὅ, do que xa estudamos antes a súa declinación, é o que serve para substituír a un nome ou substantivo, que é o seu antecedente, e evitar así a súa reiteración ao introducir dentro dunha oración principal unha oración subordinada adxectiva ou de relativo. Vexamos o seu funcionamento en galego para podermos comprender mellor logo o seu emprego en latín. Queremos dicir estas dúas ideas: Chamei o neno / O neno trouxo os xoguetes, pero queremos evitar repetir o nome neno, e xunguir as dúas oracións nunha. Conseguirémolo facendo que unha delas sexa unha subordinada adxectiva ou de relativo dentro da outra. Temos dúas posibilidades: A. Chamei ao neno (que trouxo os xoguetes). B. O neno (que chamei) trouxo os xoguetes. Nos dous casos o substantivo neno é o antecedente do pronome relativo, que o substitúe dentro da oración subordinada adxectiva ou de relativo, que aparece delimitada dentro da principal mediante parénteses. Este pronome cumpre dentro da subordinada dúas funcións: por unha banda serve de NEXO entre as dúas oracións, subordinando unha a outra. por outra cumpre dentro da oración subordinada a función que cumpriría ese nome que está sendo substituído, polo tanto: - na oración A o que é o EITO igual que en O neno trouxo os xoguetes, o neno é o EITO. - na oración B o que é o C.DIRECTO igual que en Chamei o neno, o neno é o C.DIRECTO.
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 3 O que sucede en grego é que a forma do relativo ten tres posibilidades en canto a xénero e dúas en canto a número, e catro en canto ao caso, e estas tres características han de gardar unha serie de regras de concordancia: 1º.- o pronome relativo deberá ir no mesmo xénero e número que o seu antecedente. 2º.- o pronome relativo deberá estar declinado no caso que lle corresponda segundo a función sintáctica que desempeñe na oración subordinada e que NON ten por que coincidir coa do seu antecedente. Vexamos unha serie de exemplos en latín para comprendelo mellor: A árbore é fermosa Tὸ δένδρον καλόν ἐστι A árbore (que da froitos) é fermosa A árbore da froitos Τὸ δένδρον (ὅ καρποὺς φέρει) καλόν ἐστι Τὸ δένδρον καρποὺς φέρει nom s n O home ten un cabalo Ὁ ἄνθρωπος ἵππον ἔχει O home guía o cabalo Ὁ ἄνθρωπος τὸν ἵππον ἄγει CD Ο home ten un cabalo (ao que quía) Ὁ ἄνθρωπος ἵππον ἔχει (ὅν ἄγει) ac s m 3.1.- Atracción do relativo. Chámase así ao fenómeno que sucede cando en ocasións o pronome relativo grego non respecta o caso en que debe ir expresado en relación á función que desempeñe na oración subordinada de relativo. Isto sucede nas ocasións en que o antecedente vai expresado nos casos dativo ou xenitivo, que provocan que o pronome relativo vaia expresado no seu mesmo caso. Exemplo: Οἱ νόμοι ἀρχή εἰσι τῆς ἐλευθερίας (ἧς ἔχουσιν οἱ Ἕλληνες) As leis son a orixe da liberdade (que teñen os gregos) onde o pronome relativo en función de CD tería que vir expresado en acusativo ἥν pero aparece en xenitivo ἧς, por atracción do caso do antecedente (τῆς ἐλευθερίας) 3.2.- Sustantivación da oración de relativo. En ocasións a oración subordinada de relativo carece de antecedente. Nestes casos a oración SUSTANTÍVASE, sustituíndo toda ela a este antecedente ausente e realizando na oración principal a mesma función sustantiva que faría o antecedente ausente. Nestes casos de sustantivación o pronome relativo introductor soe ofrecer a forma composta ὅστις, ἥτις, ὅ τι. Οὐκ ἔστιν (ὅστις πάντως εὐδαιμονεῖ) - Non existe (quen é plenamente feliz) (Ὅν οἱ θεοὶ φιλοῦσιν), ἀποθνῄσκει νέος - (Ao que aman os deuses), morre novo
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 4 4º.- O INFINITIVO. 4.1.- Morfoloxía.- o infinitivo é a primeira das formas nominais do verbo que imos estudar este curso. O infinitivo equivale a un substantivo verbal neutro indeclinable, é dicir, ten varias formas en función dos seus valores temporais que estudaremos a continuación, pero non presentan declinación casual. Existen catro infinitivos en grego, un por cada valor temporal: infinitivo de presente, infinitivo de futuro, infinitivo de aoristo e infinitivo de perfecto. Este último non o vamos estudar agora, xa que aínda non vimos a tema de perfecto. Cada un deles presenta ademais formas nas tres voces: activa, media e pasiva. Ofrecemos de seguido un cadro coas formas que explicaremos logo polo miúdo. Activa Medio Pasiva Presente λύ-ειν λύ-ε-σθαι Futuro λύ-σ-ειν λύ-σ-ε-σθαι λύ-θή-σ-ε-σθαι Aoristo λῦ-σ-αι λύ-σα-σθαι λύ-θῆ-ναι OBSERVACIÓNS AO CADRO 1.- INFINITIVOS DE PRESENTE.- engade as desinencias de infinitivo activo ειν directamente á raíz, e a de infinitivo medio-pasivo σθαι mediante a vogal de enlace ε do mesmo xeito que o fan as formas persoais. Traduciríanse polos nosos infinitivos de presente galegos activo (desatar), reflexivo (desatarse) e pasivo (ser desatado) 2.- INFINITIVOS DE FUTURO.- comparte as mesmas desinencias que o tema de presente: ειν para a voz activa, e σθαι para a media e a pasiva, e diferéncianse dos de presente en que engaden o sufixo temporal sigma σ entre a raíz e a desinencia no caso da voz activa, e entre a raíz e a vogal de enlace no caso sa voz media. No caso do infinitivo de futuro pasivo conxúgase engadindo o mesmo sufixo θη que nas formas persoais, entre a raíz e o marca sigmática de futuro. Ao carecermos dunha forma semellante en galego ou castelán debemos traducilo por unha perífrase modal de obrigación haber de desatar ou haber de ser desatado. 3.- INFINITIVOS DE AORISTO.- so comparte coas formas anteriores a desinencia de media σθαι, que se engade ao sufixo temporal de aoristo σα semellante ao das formas personais. Pero amosa desinencias propias de aoristo para a voz activa αι, que se engade á raíz tras a marca de aoristo sigmático σ, e de voz pasiva ναι, que se engade ao sufixo de pasiva θη coma nas formas persoais. Cómpre sinalar un feito evidente no cadro, pero que por obvio pode pasar desapercibido: os infinitivos de aoristo NON PRECISAN AUMENTO. Expresan unha acción pasada e rematada ou perfectiva, polo que deberían traducirse en galego pola perífrase verbal ter desatado/ter sido desatado, ou en castelán polo seu infinitivo de pretérito haber desatado/haber sido desatado.
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 5 O verbo defectivo εἰμι so ten dúas formas de infinitivo: - infinitivo de presente activo: εἶναι - infinitivo de futuro medio: ἔσεσθαι 4.2.- Sintaxe do infinitivo.- o infinitivo en grego, do mesmo xeito que o latino, constrúe dous tipos de oracións subordinadas: as oracións de infinitivo concertado e as oracións de infinitivo non concertado. Ademais o infinitivo pode substantivarse mediante a anteposición do artigo. 4.2.1.- Oracións de INFINITIVO CONCERTADO.- Reciben ese nome porque a súa característica definitoria consiste en que o infinitivo NON presenta EITO, ou ben compárteo co verbo principal; dito doutro xeito, o do verbo principal, e o do infinitivo son o mesmo. Aínda que poden aparecer outros tempos, este tipo de construccións NON CONCERTADAS adoitan utilizar o infinitivo de presente, xa que o infinitivo funciona básicamente como substantivo. Exemplos: Νόμιζω [πιστοὺς φίλους ἔχειν] CD - Creo [ter bos amigos] - o verbo principal é νόμιζω co seu elíptico ἐγώ - eu - a oración de infinitivo funciona como CD do verbo principal. - o infinitivo comparte o do verbo principal e leva CD - Καλόν ἐστιν [ἐν τῇ µάχῃ ἀποθνῄσκειν] - É fermoso [morrer na batalla] - o verbo principal é ἐστιν - a oración de infinitivo funciona como do verbo principal - o infinitivo expresa unha acción xenérica, ou impersoal, sen. As oracións de infinitivo concertado funcionan coma EITO en: oracións principais co verbo SUM e valor atributivo/copulativo: Καλόν ἐστιν [ἐν τῇ µάχῃ ἀποθνῄσκειν] - É fermoso [morrer na batalla] cando o verbo principal expresa idea de licitude, conveniencia, necesidade ou sentimento χρή, δεῖ... que se expresan sempre en 3º singular impersoal. Δεῖ [τῆν αλεθέιαν λέγειν] - Convén dicir a verdade. As oracións de infinitivo concertado adoita funciona coma C DIRECTO en: verbos que expresan vontade, ou esperanza: βούλομαι, νόμιζω, ἐθελω... Νόμιζω [πιστοὺς φίλους ἔχειν] - Creo [ter bos amigos] verbos que expresan un acto de fala (verbum dicendi): λέγω, κελεύω... Ὁ ἄνθρωπος λέγει [εὐδαίμων εἶναι] - O home di [estar feliz] 4.4.2.- Oracións de INFINITIVO NON CONCERTADO.- o infinitivo funciona como verbo e vén sendo o núcleo dunha oración completiva. Ofrece unha estrutura máis complexa que a anterior, xa que neste caso o infinitivo leva o seu propio EITO que vai ir expresado en acusativo.
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 6 Exemplo: Νόμιζω [αὐτὸν πιστοὺς φίλους ἔχειν] CD Creo [que el ten bos amigos] o verbo principal (νόμιζω) leva o seu propio elíptico ἐγώ - eu o verbo en infinitivo (ἔχειν) leva o seu en acusativo (αὐτὸν) toda a [oración de infinitivo] funciona como CD do verbo principal. Neste tipo de oracións de infinitivo adoitan aparecer calquera tempo: presente, aoristo ou futuro, pero os seus valores á hora de seren traducidos van depender do tempo do verbo principal. A relación entre ambos pode ser de simultaneidade, anterioridade ou posterioridade. - SIMULTANEIDADE.- a acción expresada polo infinitivo sucede ao mesmo tempo que a acción do verbo principal. O infinitivo ha de ser de presente. λέγει [τοὺς νόμους ἄρχειν ἐν τῇ πόλει] - Dicimos que as leis gobernan a polis εἴπεν [τοὺς νόμους ἄρχειν ἐν τῇ πόλει] Dixo que as leis gobernaban a polis λέξει [τοὺς νόμους ἄρχειν ἐν τῇ πόλει] - Dirá que as leis gobernen a polis - ANTERIORIDADE.- a acción expresada polo infinitivo é pretérita, ou pasada, respecto ao tempo do verbo principal. Expresaraa un infinitivo de aoristo. λέγει [τοὺς νόμους ἄρξαι ἐν τῇ πόλει] - Dicimos que as leis gobernaron a polis εἴπεν [τοὺς νόμους ἄρξαι ἐν τῇ πόλει] Dixo que as leis gobernaran a polis λέξει [τοὺς νόμους ἄρξαι ἐν τῇ πόλει] - Dirá que as leis habían gobernar a polis - POSTERIORIDADE.- a acción expresada polo infinitivo é futura, aínda ha de ocorrer respecto ao tempo do verbo principal. O infinitivo de futuro é quen a expresa. λέγει [τοὺς νόμους ἄρξειν ἐν τῇ πόλει] - Dicimos que as leis gobernarán a polis εἴπεν [τοὺς νόμους ἄρξειν ἐν τῇ πόλει] Dixo que as leis gobernarían a polis λέξει [τοὺς νόμους ἄρξειν ἐν τῇ πόλει] - Dirá que as leis han gobernar a polis 4.4.3.- Oracións de INFINITIVO SUBSTANTIVADO.- o infinitivo funciona como un substantivo, xa que vai acompañado do artigo na súa forma neutra, que permite sinalar o caso no que vai funcionando ese infinitivo. Como no resto de situacións, ese infinitivo pode ir acompañado á súa vez de complementos verbais. Exemplos: [Τὸ πολλὰ γιγνώσκειν] ἀναγκαίον ἐστίν [O coñecer moitas cousas] é necesario Οὗτος ὁ ἄνθρωπος θαυμάζεται [διὰ τὸ εὖ λέγειν] CC Ese home é admirado [por falar ben] CC
EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 7 ACTIVIDADES 1º.- Completa a oración co pronome relativo que creas convinte e tradúceas: - Ἡμεῖς εὐδαιμονίζομεν σε, ἄφθονος εἶ - Οὐ λέγεις ἡμιν πᾶν τι βουλόμεθα - Οὐ μεταφυτεύω δένδρον παλαίτατον ἐστι - Βίος βίου δεὶται οὐκ ἔστι βίος - Φεῦγε τὸν ἄνθρωπον ἦθος πονερόν ἐστιν - Τὸ τέκνον τὰ γράμματα καλά ἐστιν ἀστραγάλους λαμβάνει - Ἆρα πείθεις τοὺς θεοὺς δῶρα φέρεις 2º.- Constrúe oracións compostas xunguindo ambas oracións simples mediante un pronome relativo. - Οἱ ἄνθρωποι πείθουσι τοὺς θεούς + δῶρα φέρουσιν τοῖς θεοὶς - Τὸ τέκνον ἀστραγάλους ἔλαβεν + τὸ τοὺ τέκνου ὄνομα Φίλιππός ἐστιν - Τὰ δένδρα τῷ ἀδελφῷ ἐστι + λαμβάνω τοὺς τὼν δένδρων καρπούς 3º.- Analiza e traduce as seguintes oracións construídas co pronome relativo: - Οἰδίπους εἰς τὸν ἀπόλλωνος ναὸν ἔπεμψεν ἄγγελλον ὅς ἐπύθετο τὴν Πυθίαν διὰ τὶ τὸ ἄστυ Καδμεῖον ὁ λοιμὸς ἔχθιστος διέφθειρεν. - Ἐν Ὀλυμπίᾳ ὁ Φειδίας ἄγαλμα τῷ θέῷ ἐποίησεν, ὅ οὐδενὶ ἄλλῳ ἔργῳ ὅμοιον ἦν τὸ κάλλος. - Πρίαμος, βασιλεὺς τῆς Τροίας, Ἑκαβεν τὴν Δύμαντος ἐγάμησε ἥ ἐγέννησεν πρῶτον μὲν Ἕκτορα. 4º.- Analiza e traduce as seguintes oracións de infinitivo, explicando por que se trata de INFINITIVOS CONCERTADOS, NON CONCERTADOS ou SUBSTANTIVADOS. - Δεῖ τὸ λέγειν τῆν ἀλεθειαν. - Χρὴ μανθάνειν τὴν ἱστορίαν. - Θέλω πιστεύειν τοῖς ἀνθρώποις. - Νομίζομεν μένειν εἴκοσιν ἡµέρας ἐν Δελφοῖς. - Ὁ στρατηγός κελεύει τοὺς Ἕλληνας παρασκευάζειν στρατόν μέγιστον. - Λέγω ὑµᾶς πολλὰ χρήματα ἔχειν. - Μέναδρος ἐνόμιζε τοὺς γέροντας δὶς παῖδας εἶναι. - Δεῖ τοὺς πολίτας πιστεύειν τοῖς νόμοις. - Χρὴ ποιεῖν ὅρερ ὁ θεὸς κελεύει. - Αἰσχρόν ὲστι τὸ κραπεῖν τοὺς ἀσθένεῖς. - Σωκράτες υσμβουλεύει τῷ Ξενοφῶντι ἥκειν εὶς Δελφούς. - Οὐδε ἥλιον οὐδε σελήνην νομίζω θεοὺς εἶναι. - Ἐστι ῥᾴδιον τὸ εἰδέναι τὸν καιρόν. - Ἀξίω τοὺς γείτονας μάρτυρας εἶναι τῶν δικῶν. - Οἱ πρυτάνεις ἔθελον ἀποδίδοναι εἰς τὴν Βουλὴν περὶ τούτων πραγμάτων.