GRECIA: HISTORIA E LINGUA O ALFABETO E A SÚA FONÉTICA

Σχετικά έγγραφα
Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Procedementos operatorios de unións non soldadas

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Una visión alberiana del tema. Abstract *** El marco teórico. democracia, república y emprendedores; alberdiano

HISTORIA DA GRECIA ANTIGA (II)

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

A circunferencia e o círculo

Resorte: estudio estático e dinámico.

Grego I. Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Académico Introducción

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Inecuacións. Obxectivos

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

PRESENTACIÓN DA MATERIA/ MÓDULO

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

LINGÜÍSTICA INDOEUROPEA GRIEGO

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

Sistemas e Inecuacións

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

REPÚBLICA DE ANGOLA EMBAIXADA DA REPÚBLICA DE ANGOLA NA GRÉCIA DIPLOMÁTICO OFICIAL ORDINÁRIO ΙΠΛΩΜΑΤΙΚΗ ΕΠΙΣΗΜΗ ΚΑΝΟΝΙΚΗ

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Filipenses 2:5-11. Filipenses

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO. CURSO

Ι Ο Λ Ο Γ Ι Μ Ο - Α Π Ο Λ Ο Γ Ι Μ Ο Μ Η Ν Ο Γ Δ Κ Δ Μ Β Ρ Ι Ο Υ

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

At IP Barão de Geraldo

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

Problemas xeométricos

ÍNDICE PRIMERAPARTE. Δεύτερo Μάθημα (Segundalección):Εμείςείμαστε. Presentedeindicativodelverboείμαι.Artículo.Sustantivos... 27

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

Ευρύτερη περιοχή χαράδρας ποταμού Αράχθου

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

Lógica Proposicional

ΥΠΟΨΗΦΙΟΙ ΓΙΑ ΤΗΝ ΑΝΑΔΕΙΞΗ ΤΩΝ ΜΕΛΩΝ ΤΩΝ ΤΟΠΙΚΩΝ ΔΙΟΙΚΗΣΕΩΝ ΤΩΝ ΠΕΡΙΦΕΡΕΙΑΚΩΝ ΤΜΗΜΑΤΩΝ ΤΟΥ ΟΙΚΟΝΟΜΙΚΟΥ ΕΠΙΜΕΛΗΤΗΡΙΟΥ ΤΗΣ ΕΛΛΑΔΑΣ

Το ίκτυο Βιβλιοθηκών του Τµήµατος Κοινωνικού Έργου της Caja Madrid. La Red de Bibliotecas de Obra Social Caja Madrid

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ

θ α ν ά σ η ς τ ρ ι α ρ ί δ η ς FRATERNITÉ ά γ γ ι γ μ α γ ι α δ ύ ο π ρ ό σ ω π α σ ε δ υ ο π ρ ά ξ ε ι ς

ΥΧΡΩΜΑ ΜΟΛΥΒΙΑ. «Γ λ υ κ ό κ α λ ο κ α ι ρ ά κ ι» της Γ ω γ ώ ς Α γ γ ε λ ο π ο ύ λ ο υ

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

SARMIENTO E A ONOMÁSTICA. Ramón Lorenzo Universidade de Santiago

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Interferencia por división da fronte

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

Inmigración Estudiar. Estudiar - Universidad. Indicar que quieres matricularte. Indicar que quieres matricularte en una asignatura.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Η γεωργία στην ΕΕ απαντώντας στην πρόκληση των κλιματικών αλλαγών

Ποιες περιοχές εμφανίζουν υψηλή αλατότητα στο έδαφος

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

IV FESTIVAL LEA. Concurso entre escuelas de aprendizaje del español

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I

Áreas de corpos xeométricos

πûùôú ÙˆÓ ÃˆÚˆÓ ÙË ÙÈÓÈÎ ÌÂÚÈÎ

El español, un mundo en tus manos

Exercicios de Física 01. Gravitación

O galego e ti. unidade 1

ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ 1 η Υ.ΠΕ ΑΤΤΙΚΗΣ Γ.Ν.Α. «Ο ΕΥΑΓΓΕΛΙΣΜΟΣ- ΟΦΘΑΛΜΙΑΤΡΕΙΟ ΑΘΗΝΩΝ- ΠΟΛΥΚΛΙΝΙΚΗ»-Ν.Π.Δ.Δ. ΑΘΗΝΑ ΕΤΟΣ ΙΔΡΥΣΗΣ 1884

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

Catálogodegrandespotencias

ΕΚΛΟΓΙΚΑ ΤΜΗΜΑΤΑ ΚΑΙ ΚΑΤΑΣΤΗΜΑΤΑ ΨΗΦΟΦΟΡΙΑΣ ΒΟΥΛΕΥΤΙΚΩΝ ΕΚΛΟΓΩΝ ΤΗΣ 6 ης ΜΑΪΟΥ 2012

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

La experiencia de la Mesa contra el Racismo

S A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN /280 ng/µl

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Funcións e gráficas. Obxectivos. 1.Funcións reais páx. 4 Concepto de función Gráfico dunha función Dominio e percorrido Funcións definidas a anacos

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. 2. Dada a ecuación lineal 2x 3y + 4z = 2, comproba que as ternas (3, 2, 2

Ámbito Científico - Tecnolóxico ESA MÓDULO 4. Unidade Didáctica 5 USO E TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

Exercicios de Física 03b. Ondas

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

1. A INTEGRAL INDEFINIDA 1.1. DEFINICIÓN DE INTEGRAL INDEFINIDA 1.2. PROPRIEDADES

Transcript:

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 1º QUINCENA GRECIA: HISTORIA E LINGUA O ALFABETO E A SÚA FONÉTICA 1º.- BREVE HISTORIA DA GRECIA ANTIGUA E DA SÚA LINGUA. O grego pertence, coma o latín, á familia de linguas indoeuropeas, que se estenden hoxe en día dende a India do leste ate o océano Atlántico; e dende Escandinavia no norte ate o mar Mediterráneo. 1 Para comprender a evolución e división dialectal da lingua grega é preciso facelo percorrendo e comprendendo a súa historia ao longo de varios séculos, ademais de coñecendo as lugares máis salientables da súa complexa xeografía, que os gregos chamaron na súa propia lingua co nome de HÉLADE, de aí que a partir de agora poderemos utilizar o adxectivo de helénico coma sinónimo de grego. 1.1.- As culturas PREHELÉNICAS en Grecia Previas á chegada dos primeiros pobos indoeuropeos, desenvolvéronse nas illas do Exeo dúas civilizacións que non falaban grego: 1.1.1.- A civilización cicládica Tamén coñecida como Cultura Cicládica é unha cultura da Idade de Bronce desenvolvida nas Illas Cícladas, abarcando aproximadamente el periodo del 3000 a. C.-2000 a. C. En mitade do Exeo, entre as Espóradas e a illa de Creta, entre la península helénica e Anatolia, está o arquipélago das Cícladas. Estas illas deben o seu nome á súa disposición aproximadamente circular (kyklos en grego significa círculo) en torno a Delos, a illa sagrada que segundo a mitoloxía veu nacer o deus Apolo. As Cícladas comprenden arredor de duascentas vinte illas, sendo as principais (ordenadas por tamaño): Naxos, Andros, Paros, Tinos, Milo, Ceos, Amorgos, Íos, Citnos, Miconos, Siros, Santorini (antigua Thera), Serifos, Sifnos, Síkinos, Anafi e outras duascentas illas menores, das que hai que destacar pola súa importancia histórica e arqueolóxica a illa de Delos. Esta civilización caracterízase por ser unha cultura mariñeira e comercial que se caracterizou pola notable homoxeneidade dos seus trazos. Un dos seus símbolos máis salientables son os ídolos de mármore, grandes e pequenos, cunha xeometría e sinxeleza que non lles resta nada da súa luminosidade e plasticidade. 1 Como o tema do indoeuropeo e a súa prolífica descendencia xa se tratou nos apuntamentos da materia de LATÍN I nesta primeira quincena de curso, remitímonos a eles para ampliar esta información.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 2 1.1.2.- A civilización minoica A civilización minoica é unha cultura prehelénica da Idade de Bronce, desenvolvida na illa de Creta entre os anos 3000 y 1200 a.c. O seu nome débese a que o seu descubridor Sir Arthur Evans relacionou o palacio de Cnosos, o máis representativo desta cultura, co palacio do rei Minos e o mito do Minotauro. Os cretenses construíron grandes palacios e organizados nunha sociedade monárquica e de carácter comercial prosperaron creando unha potente flota que mantivo estreitas relacións comerciais coas civilizacións circundantes do Mediterráneo coma Exipto. Ese control económico e comercial a través do mar recibe o nome de talasocracia. A monarquía minoica era burocrática e centralista. A ausencia de todo tipo de construccións defensivas sorprende aos historiadores e manifesta o seu carácter pacífico. A administración e as finanzas utilizaban un sistema de escritura silábico, que recibe o nome de LINEAL A, que aínda non foi descifrada, pero que de seguro non era grego. Ese tipo de escritura consérvase ate os noso días grazas a que utilizaban como soporte taboíñas de arxila, que coceron debido ao incendio dos palacios nos que estaban depositadas. O final da civilización minoica é un misterio histórico. Hai restos arqueolóxicos que denuncian unha catástrofe natural, como a explosión volcánica da illa de Tera. Os micénicos, unha civilización ben distinta, tomaron de ese xeito o relevo dos minoicos. 1.2.- A civilización minoica A civilización micénica ou aquea debeu xurdir no s. XVI a.c. da fusión dos invasores indoeuropeos e as poboacións preexistentes na Hélade, coma os pelasgos no continente, e os habitantes das illas, coma os minoicos en Creta. Os aqueos son os protagonistas das grandes epopeas de Homero (Ilíada e Odisea) os aqueos son os antepasados directos dos gregos. Constituían unha sociedade guerreira que se instalou en palacios solidamente fortificados con muros ciclópeos, coma Micenas (da que reciben o nome), Tirinto ou Pilos. Asumiron parte dos progresos de civilizacións máis evolucionadas ás que dominaron e coas que se fusionaron, coma a minoica.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 3 Tras conquistar Creta, os aqueos continuaron a súa expansión polo Mediterráneo, pero esta vez de xeito bélico. A súa campaña máis salientable foi o seu asedio a cidade de Troia, co fin de controlar o paso dos navíos polo estreito do Helesponto cara ao Mar Negro. Esa mítica batalla é o argumento central da Ilíada homérica. Os micénicos son considerados os antepasados directos dos gregos porque xa utilizan o estadio máis antigo desa lingua, que quedou rexistrada en taboíñas similares ás minoicas, con sistema silabárico, pero escritas noutra lingua, a chamada LINEAL B, pero que si puido ser descifrada polos británicos Chadwick y Ventris. O contido destas taboíñas non era máis que a contabilidade da burocracia palaciana, dos productos, das reses, dos alimentos..., etc. Cara ao 1100 a.c. os estados micénicos acabaron desintegrándose debido á invasión dunha nova vaga de pobos gregos, os dorios, cun maior poder bélico debido a que xa controlaban a metalurxia do ferro, mentres que os aqueos aínda utilizaban o bronce, moito máis feble. 1.3.- A Época Escura (1100-800 a.c.) O seu mesmo nome é indicativo do problema que se presenta, e que é a falta completa de restos arqueolóxicos, e rastro algún de escrita durante 400 anos. Coma se a civilización doria arrasara con todo e sumira a Hélade nunha especie de nova prehistoria. É evidente que esta tese, que é a sustentada pola historiografía tradicional, é moi discutible, sobre todo tendo en conta no que atinxe ao noso tema concreto, a lingua, que xusto despois, na etapa seguinte dáse o gran paso do sistema silabárico micénico ao alfabético, e que se compoñen os dous grandes fitos que inauguran a literatura occidental: os poemas homéricos. Tal revolución non pode xurdir dunha etapa tan subdesenvolvida. A explicación máis sostible é que esta etapa NON EXISTA, é dicir, que haxa un erro de datación e que tras o colapso micénico, os dorios retomen a súa civilización, impoñan o seu sistema político e se dea paso a Idade Arcaica. Pero, en que consiste ese erro? Explicarémolo brevemente. A cronoloxía da Historia Antiga realizase tomando como referencia a das dinastías exipcias, que posuían documentación escrita completa e con solución de continuidade, pero hai historiadores que defenden a idea de que se cometeu un erro de 400 anos ao utilizar cada civilización sistemas de contabilidade anual astronomicamente diferentes: o exipcios o sistema sótico, baseado na posición da estrela Sirio, mentres que os gregos utilizaban un sistema solar/lunar. Todo iso produciría un desfase de entre 250 a 300 anos, que sobrarían na cronoloxía grega e que anularían a tese da existencia da Época Escura, unha época sen rastro de civilización algunha, porque evidentemente non existiu nunca. 1.4.- A Época Arcaica (800-500 a.c.) Aínda sostendo esta teoría para comprendermos os feitos lingüísticos, manteremos a cronoloxía tradicional porque é a que aparece aínda hoxe en manuais e enciclopedias, e non facelo provocaría posibles e frecuentes confusións á hora do estudio. As perturbacións causadas polos dorios, xunto coa inestabilidade reinante na Hélade provocaron grandes desprazamentos de poboación por todo o mar Exeo, tanto nas costas e illas actualmente gregas, coma na costa da península de Anatolia, que hoxe en

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 4 día pertence a Turquía. De tal xeito que a colonización da costa de Asia Menor provocou que o mar Exeo quedase constituído coma una mar interior da Hélade. Este éxodo de tribos acabou fixando o mapa étnico-lingüístico dos pobos gregos: Os eolios asentáronse nas rexións de Tesalia, Beocia e a illa de Lesbos. Os xonios na Ática, a gran illa de Eubea, o arquipélago das Cícladase a faixa central costeira de Anatolia. Os dorios no Noroeste, na península do Peloponeso, as illas de Creta e Rodas e a franxa sur das costas asiáticas. MAPA DOS DIALECTOS GREGOS Xónico Ático Arcadio-chipriota Dórico Eólico Grego do Noroeste Os dialectos xonio e ático están moi próximos, xa que gran parte dos xonios procedían precisamente da rexión de Atenas. Produciuse ademais un feito de relevancia literaria e cultural e foi que cada xénero literario, por convención, utilizou un ou outro dialecto, en función da procedencia dos mellores escritores de determinado xénero. Por esta razón autores como Píndaro ou beocios, non escribiu en eolio, senón en dorio, que era o dilecto para compoñer a lírica coral.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 5 Pero o feito lingüístico máis sobresaínte deste período é a adaptación que os gregos fixeron do alfabeto fenicio creando así un sistema de escritura que solucionaba os problemas que podía ocasionar o sistema silábico. O alfabeto grego atribuíu un signo para son da lingua creando así o primeiro sistema de escritura fonético das linguas occidentais, e do que naceran todos os posteriores. Esta transformación tivo lugar no século VIII a.c., sendo os habitantes de Rodas os primeiros en utilizalos en torno ao ano 900 a.c. Nese mesmo século se datan os poemas atribuídos a Homero, que se supón que era un aedo cego, ou cantor de poemas épicos, procedente da illa de Quíos. Estas obras que inician a literatura occidental son os grandes cantos épicos da Ilíada e a Odisea, que narran o final da guerra de Troia, e os avatares do regreso do rei Ulises á súa terra, Ítaca, nunha longa viaxe de dez anos. Están escritas en xónico, pero mesturando artificialmente trazos de eolio, e algúns arcaísmos procedentes do antigo grego dos aqueos. Esta época Arcaica é na que os gregos constitúen o seu sistema de organización política básico que é a polis, cidades estado independentes e autárquicas, que se aliaban ou pelexaban polo territorio en función dos seus propios intereses. Sendo un mesmo pobo xerado de distintas etnias superpostas, e compartindo cultura, lingua e costumes, os gregos sentían que formaban unha certa unidade, pero cada cidadeestado ou polis defendía o seu. A organización sociopolítica das polis será explicado máis polo miúdo en temas posteriores. A superpoboación e a falta de riqueza e de terras obrigou aos gregos a ir máis alá do Exeo, e nunha segunda vaga de emigracións, varias polis enviaron expedicións cara ao outro extremo do Mediterráneo para fundar colonias. Chegaron ate as costas da península Ibérica fundando cidades como Emporion, pero onde se instalaron fundamentalmente foi en Sicilia e no sur da actual Italia creando un conxunto de colonias gregas que recibe o nome de Magna Grecia. A polis nai (metrópole) non só trasladaba poboación, con ela emigraron a lingua, a cultura, os deuses, os costumes... Desta época das colonizacións se datan os poemas de lírica monódica líricos de Safo de Lesbos e Alceo, escritos en eolio. Fronte ao narrador anónimo e impersoal da épica, o individuo cobra voz e fala de si mesmo, das súas emocións e sentimentos. 1.5.- A Época Clásica (500-323 a.c.) Esta época, como o seu mesmo nome indica e central na evolución da cultura grega antiga. Dúas polis, con dous modos ben distintos de afrontar o seu destino serán as protagonistas deste período: Atenas e Esparta. A primeira será o berce do sistema democrático. E será tamén primordial o seu peso literario, científico e filosófico, xa que no seu dialecto, o ático escribiranse as mellores páxinas do teatro e da filosofía gregas. En ático escribirán as súas traxedias Esquilo, Sófocles e Eurípides. Aristófanes as súas comedias, e Platón e Aristóteles os seus tratados. Tamén os historiógrafos coma Xenofonte ou Tucídides utilizarán o dialecto da Ática. Este dialecto ático é o que consideramos GREGO CLÁSICO, que é a lingua da que estudiaremos neste curso a súa gramática, e os seus textos.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 6 Os feitos históricos máis salientables deste período foron: - as Guerras Médicas, que reciben ese nome porque enfrontaron a persas (medos) contra gregos. O Imperio Persa posuían todo Oriente Medio e o sur leste de Europa, e ansiaban os territorios gregos. As dúas polis máis poderosas, Atenas e Esparta acaudillan a outras polis menores da súa área de influencia e deféndense da invasión, vencendo en dúas batallas primordiais e xa míticas: a de Maratón no primeiro intento persa, e finalmente nas Termópilas, Platea e Salamina. - Atenas despunta trala victoria coma potencia hexemónica, creando a liga marítima ático-délica, con sede na illa cicládica de Delos, para defender de posibles novos ataques os territorios gregos máis febles e próximos a Persia, as cidades de Asia Menor. - O imperialismo ateniense provocou a desconfianza de outras polis coma Esparta, Corinto, ou Mégara, que acabou xerando un conflicto que enfrontou a gregos contra gregos na chamada Guerra do Peloponeso. Este enfrontamento, que acabou vencendo o bando espartano cos seus aliados supuxo o inicio da decadencia da perdedora: Atenas, e o principio dunha etapa de declive onde tomaron o seu relevo Esparta no Peloponeso, e Tebas no continente. - Pero os reis macedónicos do norte da península balcánica xa estaban preparados para aproveitar esa debilidade na que quedaran as polis gregas na súas loitas, así que ao mando de Filipo II de Macedonia, o territorio grego quedou baixo o dominio da dinastía macedónica. Tralo asasinato do rei Filipo II, será o seu fillo Alexandre Magno quen realice outro gran fito histórico, a creación do Imperio Helenístico. - Alexandre Magno derrotou aos persas e ampliou os seus territorios paulatinamente ao longo dos seus 33 anos de corta vida ate Afganistán, a India e Exipto. Esta fazaña histórica ten ademais una compoñente cultural e lingüístico importantísimo, xa que expandiu a cultura grega por vastísimos territorios, nos que ademais se fusionou coas culturas dos pobos conquistados. Naceron grades e importantísimas cidades de inspiración grega, coma Alexandría, fundada polo propio rei co seu propio nome, e constituíndose na época posterior no centro cultural de occidente, onde existiu a primeira gran biblioteca do mundo. 2 Mapa do IMPERIO ALEXANDRINO 2 http://es.wikipedia.org/wiki/biblioteca_de_alejandr%c3%ada

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 7 1.6.- A Época Helenística (323-31 a.c.) Esta época abárcana dúas datas primordiais. A da prematura morte de Alexandre Magno, e a caída do territorio helenístico en mans de Roma, pasando a ser unha máis das provincias do Imperio. Á morte de Alexandre o seu imperio, tras loitas de poder entre os seus xenerais queda dividido en tres grandes reinos: Exipto (baixo a dinastía dos Ptolomeos), Asia (ao mando dos Seleúcidas) e Macedonia-Grecia (ao cargo dos Antigónidas) Atenas perdeu a súa posición preponderante e central na cultura grega, xa que se impuxo un modelo socioeconómico de grandes urbes (Alexandría, Pérgamo, Éfeso, Antioquía...) máis populosas que a antiga polis, de carácter cosmopolita e dende as que irradiaba o poder político, social, económico e cultural. O grego pasou a ser a lingua franca, vehículo de comunicación de tan vasto territorio, e foi quen de levar a cultura grega a lugares ben lonxe. Pero ese grego sufriu unha transformación fundamental: en troques da división dialectal que caracterizara épocas pasadas, xestouse a koiné diálektos (κοινὴ διάλεκτος), ou grego común; unha variante panhelénica do grego que preservou as características básicas do gramática do ático, pero simplificándoa, e co vocabulario que contaba con elementos xónicos e dorios e estranxeirismos doutras linguas do territorio do antigo imperio alexandrino. Toda a intensa actividade científica e intelectual que se desenvolveu nesta época utilizou como instrumento de comunicación a κοινή. Nesta época algúns filólogos exipcios e orientais helenizados xa tiñan dificultades para comprender os textos escritos na sriptio continua sen separar palabras nen marcar acentos e signos de puntuación. Foi por iso que na na Alexandría dos Ptolomeos os gramáticos idearon un sistema de acentos, espíritus e signos de puntuación para facilitar o seu labor. 1.7.- A Época Romana (31 a.c. 395 d.c.) Grecia foi conquistada polos romanos e asumida coma provincia do Imperio, co nome de Acaia, no ano 146 a.c. O último dos reinos helenísticos que conquistou Roma foi Exipto, no 31 a.c., sendo a famosa Cleopatra a súa raíña. O grego continuou tendo un importante prestixio durante o dominio romano. Falábase na zona oriental do Imperio, e era considerado unha lingua de cultura que calquera romano patricio preparado debía coñecer. De aí que se lle ensinase aos nenos coma segunda lingua, e que case todas as familias acomodadas contasen cun mestre de letras, ou un preceptor para os rapaces que fose de orixe grega: o pedagogo (παιδαγωγός) De feito, os romanos foron conscientes da superioridade cultural e científica do pobo que conquistaran, e non tiveron reparos en asumir como seu todo ese legado cultural, que incluía a relixión, a literatura..., etc. Parte dos literatos romanos escribiron algunha das súas obras en grego, coma Plutarco, Luciano, Plotino, ou novelistas coma Heliodoro. Todos eles utilizaron xa a κοινὴ, verdadeira lingua de cultura, na que foron redactados textos tan importantes na historia da humanidade coma os textos da Biblia do Novo Testamento.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 8 1.8.- A Época bizantina (395 1453) Foi o emperador Constantino quen trasladou a capital do imperio ate Constantinopla, ou Bizancio no 330, pero coa división do Imperio feita por Teodosio, entre Arcadio e Honorio, queda constituído como tal o Imperio Bizantino, o herdeiro da parte oriental do Imperio Romano. Tras a invasión dos pobos bárbaros no Imperio Romano Occidental, Bizancio quedou como herdeira da cultura romana, pero falando en grego. Será o grego medieval ou bizantino. O Imperio bizantino foi reducindo o seu territorio paulatinamente, e as relacións con Occidente foron máis ben tensas, chegando a producirse a escisión da Igrexa Ortodoxa. Tiveron que sufrir as invasións normandas, árabes ou búlgaras, polo oeste, sur e norte, respectivamente. Contaron coa axuda de Cidade de Venecia, que a cambio de beneficios comerciais e de instalar as súas bases en illas e cidades do Peloponeso, apoiaron a Bizancio. A nivel lingüístico o feito máis salientable é a creación do alfabeto de grafías minúsculas en torno ao s.ix. d.c. A forma das letras tal e como se imprimen agora nos libros é convencional e data da Idade Media. 1.9.- O Imperio Otomano (1453 s.xix) Os turcos, no seu intento por conquistar Europa, invaden os Balcáns e chegan mesmo ate as portas da cidade de Viena, en Austria, onde son contidos polas tropas occidentais. Pero Grecia non se libera da dominación turca ate o ano TAÑ E TAL. Os gregos carecerán dun Estado que defenda e utilice a súa lingua, de xeito que comeza para a lingua grega un período de Séculos escuros, similar, salvando as distancias, ao que sufriu a lingua galega. É dicir, o grego non se utilizará no seu territorio coma lingua vehicular da cultura e do poder político, o seu uso restrinxirase ao ámbito coloquial e familiar. Paradoxicamente, durante este período o grego clásico e a súa literatura de creación e científica son redescubertos nos países do occidente europeo a través do humanismo. Os grandes filólogos e sabios renacentistas italianos estudian e expanden o saber que emana dos manuscritos que traen os exiliados do Bizancio conquistado polos turcos. Despois do Renacemento, tamén o Século das Luces e a súa Ilustración poñerán os seus ollos na cultura e saber gregos, e por suposto, na súa lingua, sendo o século XIX a época na que xurdirán os primeiros estudios filolóxicos sobre a Grecia clásica e o helenismo, e cando se acometan, tras a creación do novo estado grego libre as primeiras escavacións arqueolóxicas na busca dos vestixios do pasado. 1.10.- A Grecia actual O Estado grego actual nace cando axudados polas potencias europeas como Rusia, Francia e Gran Bretaña nas primeiras décadas do século XIX, os gregos loitan pola súa independencia e en 1832 Turquía vese obrigada a recoñecer o Estado grego e as potencias aliadas a Grecia lle escollen un rei na persoa de Otón de Baviera.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 9 Tralo intento de instaurar unha monarquía absoluta, Otón vese obrigado a exiliarse e é substituído por un novo rei danés: Guillerme de Dinamarca, co nome real de Jorge I. Sucédense entón unhas convulsas reviravoltas no poder, con perídodos de república, coma instaurado polo plebiscito de 1924, e de monarquía, ate que o Estado grego asume o seu actual estatus de República parlamentaria pertencente a UE. Durante este período, e no eido que nos atinxe é cando o grego recupera o seu lugar como idioma oficial dun pobo. Pero co a dificultade engadida de ser unha lingua minusvalorada por séculos. Mantendo o paralelismo co galego, a lingua grega terá que asumir e recuperar un carácter e uns usos para os que non fora utilizada durante varios séculos sen case literatura escrita, e sen un uso coma lingua de cultura. O proceso de normativización do grego foi complicado: - houbo partidarios de utilizar unha normativa máis próxima ao clasicismo do grego antigo, unha normativa máis purista, que por iso recibiu o nome de kathareúsa, que tiña o inconveniente de non ser facilmente comprensible, por alonxarse demasiado de grego común. - a dimotikí foi a outra opción, moito máis realista e apegada ao grego común e popular que se usaba na actualidade. Esta última foi a opción que resultou vencedora, sobre todo por contar co apoio de gran parte da intelectualidade e dos literatos da época. A moderna literatura grega nace neste contextos, tendo, entre outros moitos, como máis internacionalmente recoñecidos os nomes de: Kostandinós Kaváfis, e os dous Premios Nobel, os poetas Giorgio Seferis e Odysseus Elytis. Giorgios Seferis Odysseus Elytis A EXPLICACIÓN DESTA PARTE DO TEMA COMPLEMÉNTASE CUN MAPA CONCEPTUAL QUE SE PODE DECARGAR DA MESMA PÁXINA WEB

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 10 Exemplos de textos gregos Texto de grego clásico século V a.c. Apología de Sócrates de Xenofonte Σωκράτους δὲ ἄξιόν μοι δοκεῖ εἶναι μεμνῆσθαι καὶ ὡς ἐπειδὴ ἐκλήθη εἰς τὴν δίκην ἐβουλεύσατο περί τε τῆς ἀπολογίας καὶ τῆς τελευτῆς τοῦ βίου. γεγράφασι μὲν οὖν περὶ τούτου καὶ ἄλλοι καὶ πάντες ἔτυχον τῆς μεγαληγορίας αὐτοῦ: ᾧ καὶ δῆλον ὅτι τῷ ὄντι οὕτως ἐρρήθη ὑπὸ Σωκράτους. ἀλλ' ὅτι ἤδη ἑαυτῷ ἡγεῖτο αἱρετώτερον εἶναι τοῦ βίου θάνατον, τοῦτο οὐ διεσαφήνισαν: ὥστε ἀφρονεστέρα αὐτοῦ φαίνεται εἶναι ἡ μεγαληγορία. Parcéme xusto recordar a Sócrates e como, unha vez que foi citado a xuizo, deliberou sobre a súa defensa e sobre o final da súa vida. É certo que tamén outros escribiron sobre isto e que todos captaron a súa capacidade discursiva; razón pola cal é evidente que ese é o xeito en que realmente Sócrates se expresou. Sen embargo, non chegaron a clarificar o seguinte, o feito de que considerou que ao cabo para si máis preferible era a morte cá vida. De modo que a súa capacidade discursiva dá a impresión de ser considerablemente insensata. Texto de grego moderno - século XX - Poema de Kostandinós Kaváfis ΣΤΟΝ ΙΔΙΟ ΧΩΡΟ Οικίας περιβάλλον, κέντρων, συνοικίας που βλέπω κι όπου περπατώ χρόνια και χρόνια.. Σε δημιούργησα μες σε χαρά και μες σε λύπες: με τόσα περιστατικά, με τόσα πράγματα. Κ αισθηματοποιήθηκες ολόκληρο, για μένα. Κ. Π. Καβάφη, 1929 NΟ MΕSMO LUGAR Ambente da casa, dos locais, do barrio que vexo e por onde camiño: anos e anos. Dinte forma en alegría e en tristezas: con tantas circunstancias, con tantas cousas. E todo enteiro trocácheste en sentimento, para min. Texto de grego moderno século XXI entrada de ATENAS na wikipedia Η Αθήνα είναι η πρωτεύουσα πόλη της Νομαρχίας Αθηνών, της Περιφέρειας Αττικής και της Ελλάδας. Εντοπίζεται στη Στερεά (Κεντρική) Ελλάδα και αποτελεί εύρωστο οικονομικό, πολιτιστικό και διοικητικό κέντρο της χώρας. Πήρε το όνομά της από την θεά Αθηνά που ήταν και η προστάτιδά της. Η Αθήνα σήμερα είναι μία μοντέρνα πόλη αλλά και διάσημη, καθώς στην αρχαιότητα ήταν πανίσχυρη πόλη-κράτος και σημαντικότατο κέντρο πολιτισμού θεωρείται η ιστορικότερη πόλη της Ευρώπης. Είναι γνωστή σε όλο τον κόσμο για τα ιστορικά της μνημεία που διασώθηκαν στο πέρασμα των αιώνων. Επίνειο της ιστορικής πόλης είναι το λιμάνι του Πειραιά. Atenas é a capital da Prefectura de Atenas, na rexión de Ática e Grecia. Situada na zona central de Grecia é un sólido centro económico, cultural e administrativo do país. O seu nombre é o da deusa Athena, que foi a protectora da cidade. Atenas é hoxe unha cidade moderna e famoa, como nos tempos antigos, que era unha poderosa cidade-estado, sendo un importante centro da civilización é considerado o berce histórico das cidades en Europa. É coñecida en todo o mundo polos seus monumentos históricos gardados ao longo dos séculos. A súa histórica cidade portuaria é o porto do Pireo.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 11 2º.- O ALFABETO GREGO E OS SEUS SIGNOS DIACRÍTICOS 2.1.- O alfabeto grego. MAIÚSCULA minúscula nome pronuncia Α Β Γ Δ Ε Ζ Η Θ Ι Κ Λ Μ Ν Ξ Ο Π Ρ Σ Τ Υ Φ Χ Ψ Ω α β γ δ ε ζ η θ ι κ λ µ ν ξ ο π ρ σ / -ς τ υ φ χ ψ ω alfa beta gamma delta épsilon dseta eta teta/zeta iota kappa lambda mi ni xi ómicron pi rho sigma tau ípsilon fi ji psi omega a b g+a/o/u gu+e/i d e breve ds e longo z i k l m n ks o breve p r s t ü u francesa f j castelá ps o longo

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 12 - o ípsilon Υ υ soa como o u francés, é dicir, para pronuncialo hai que poñer os beizos coa forma de pronuncia do noso u, pero a lingua no interior da boca como para pronunciar un i. - os ditongos soan igual cós nosos, agás ου que equivale ao noso u. - o sigma Σ posúe dúas grafías minúsculas, a primeira -σ- úsase no interior da palabra, e a segunda no final ς. - o gamma γ cando vai seguido doutra consoante de pronuncia gutural κ, γ, χ, ξ, pronúnciase como n. ἂγγελος = ánguelos ἂξκυρα = áncüra σφίγξ = sfíncs (mensaxeiro) (áncora) (esfinxe) - o lambda dobre λλ soa como un ele xeminado: ἂλλος = ál-los (mar) - as consoantes φ, θ, χ non se pronunciaban exactamente como os nosos f, z e o j castelán, pero en grego eran oclusivas aspiradas. De feito nas transcripcións latinas escribíanse como ph-, th-, ch-. O alfabeto grego foi o primeiro alfabeto europeo. O orixinal contaba só con letras maiúsculas. O alfabeto minúsculo é de procedencia bizantina. Del derivan outros dous fundamentais: - o alfabeto latino, ou abecedario, que procede da cidade de Cumas (cerca de Nápoles) na Magna Grecia, e que sendo un dialecto local acadou gran difusión xa que foi adaptado para o seu uso coa lingua latina. Coincide sobre todo nas maiúsculas, o que evidencia que ao principio só se usaba este tipo de grafías. A través da evolución esta é hoxe o que utilizan todas as linguas románicas y a maior parte do resto de linguas indoeuropeas, ou mesmo preindoeuropeas, coma o euskera (basco), o magiar (húngaro) ou o suomi (finés). - o alfabeto cirílico, creado polos monxes Cirilio e Metodio, evanxelizadores dos pobos eslavos, para poder transliterar A Biblia ao búlgaro. Sucedeu perto de Salónica no s.ix d.c. Hoxe en día é utilizado por todas as linguas eslavas, agás o checo e o polaco. 2.2.- Os signos diacríticos. 2.2.1.- Os espíritos. Toda vogal ou ditongo iniciais de palabra teñen que levar marcada a súa maneira de ser pronunciada, que pode ser aspirada ou non. Para iso serven os espíritos. Cando o espírito recae nun ditongo escríbese sobre a segunda vogal. Poden ser: - o espírito suave (ἀ): coma una comiña aberta, sinala que non hai aspiración. - o espírito áspero (ἀ): coma una comiña pechada, sinala que si hai aspiración. A aspiración consiste en pronuncian unha lixeira gheada antes da vocal. A única consoante que debe levar espírito sempre e o rho (ρ) pero á hora de pronuncialo non cambia o seu son.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 13 2.2.2.- Os acentos. O grego non era unha lingua co acento de intensidade, é dicir, os tiles non marcaban, como nas nosas linguas unha sílaba máis forte, senón que era unha lingua tonal, que elevaba musicalmente a voz en determinadas sílabas. Para marcar esas subidas e baixadas no ton usaban tres tipos de tiles: - o acento cincunflexo (ᾶ): que é similar o til do noso ñ, ou ben coma o portugués (^) Só pode aparecer sobre vogais longas (η, ω) ou ditongos. - se vai sobre a última sílaba a palabra é perispómena: σοφῶς (sabiamente) - se vai sobre a penúltima sílaba a palabra é properispómena: σῶμα (corpo) - o acento agudo (ά): que é coma o noso til convencional. Pode ir sobre calquera tipo de vogal ou ditongo. - se vai sobre a última sílaba a palabra é oxítona: ἀγαθός (bo, valente) - se vai sobre a penúltima sílaba a palabra é paroxítona: λόγος (palabra, razón) - se vai sobre a antepenúltima sílaba é proparoxítona: τύραννος (tirano) - o acento grave (ὰ): que é coma o acento grave francés (`) en grego só é unha variante do agudo que se utiliza cando a palabra é oxítona e lle segue outra palabra acentuada. Nesse caso o acento agudo escríbese como grave. Exemplo: καλός (fermoso) - καλὸς ἂνθρωπος (home fermoso) Nos ditongos o til escríbese sobre a segunda letra, pero pronúnciase a primeira vocal como a forte. A colocación do acento depende da cantidade da última sílaba, pero é un sistema ben complexo que non se vai esixir neste curso. Basicamente hai que saber que: - se esta é breve o acento pode ir en calquera das tres últimas sílabas. - se esta é longa, soamente nas dúas últimas. 2.2.3.- Combinación de espíritus e acentos. Ambos signos pódense combinar debido a que vogais ou ditongos iniciais de palabra necesiten levar o espírito e ademais vaian acentuados: ἂ, ἒ, ἢ, ἲ, ὂ, ὢ, ὒ - ἃ, ἓ, ἣ, ἵ, ὃ, ὓ, ὣ - ἆ, ἦ, ὦ, ἇ, ἷ, ὧ, ὗ 2.2.4.- Signos nas maiúsculas. Cando a vocal inicial é mayúscula e necesita acento, espírito ou ambos, escríbese ao lado: Ἀ, Ἐ, Ἠ, Ἰ, Ὀ, Ὠ / Ἁ, Ἑ, Ἡ, Ἱ, Ὁ, Ὡ / Ἂ,Ἓ, Ἣ, Ὅ, Ὕ

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 14 2.3.- Os signos de puntuación. Existen os mesmo que para o galego, e un novo: o punto alto ( ) O que ocorre é que os seus valores non son exactamente os mesmos, neste cadro temos as correspondencias: Galego / Castelán Grego clásico Punto (. ) Punto (. ) Coma (, ) Coma (, ) Punto alto ( ) Dous puntos ( : ) Punto e coma ( ; ) Punto e coma ( ; ) Interrogación final (? ) 2.4.- Outros signos ortográficos. - O apóstrofo e a aféresis: ( )serven para marcar a elisión dunha vogal ao final dunha palabra cando a seguinte tamén comeza por vogal: ἀλλα ἐγώ //ἀλλ ἐγώ (pero eu...) ou a inversa, respectivamente: µὴ ἐγώ // μὴ γώ (que eu...) - A coronis: marca a fusión de dúas sílabas, a final dunha palabra e a inicial da seguinte, cando as dúas son vogais: τὰ ἀγαθά // τἀγαθα (as cousas boas) Parece un espírito, pero diferénciase e resalta por ir en interior de palabra. - O iota subscrito: aparece cando un ditongo está formado por una vogal longa α, η, ω e un iota, de xeito que debaixo da vocal escríbese unha comiña que marca ese iota, aínda que non se pronuncie: ᾳ ῃ ῳ 3º.- INTRODUCIÓN Á FONÉTICA GREGA O grego, ademais da complicación engadida de utilizar un alfabeto semellante pero distinto ao noso latino, ten unha complexidade fonética importante, xa que cando comecemos a estudiar a morfoloxía verbal e nominal comprobaremos que ao unirse as desinencias, os prefixos e sufixos ás raíces produciranse contraccións, ou supresións de consoantes debido a unha serie de regras fonéticas. Por iso é importante, que alomenos, dende o principio, saibamos distinguir as características fónicas dos distintos sons asociados ás súas grafías. 3.1.- As vogais. O grego ten, coma o galego, sete vogais (α, ε, η, ι, ο, ω, υ), ou sexa, co e e o longos e e e o breves. E ademais conta con dez ditongos todos decrecentes: αι, ει, οι, αυ, ευ, ηυ, υι, ου, este último pronunciado como o noso u, mais os que forman as vogais longas en contacto co iota, marcado co iota subscrito: ᾳ, ῃ, ῳ, que como xa dixemos non se pronuncia.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 15 3.2.- As consoantes. Se clasifican en cinco grandes grupos en función do seu modo e punto de articulación: oclusivas, líquidas, nasais, silbantes e dobres. - as oclusivas forman o grupo máis organizado, en tres tríos que se diferencian polo seu punto de articulación nos beizos (labiais), nos dentes (dentais), ou na gorxa (guturais), tendo cada unha das tres posibilidades tres modos posibles de pronuncia: xorda (as cordas vogais non vibran), sonora (as cordas vogais si vibran) e aspirada, aínda que xa apuntamos que nós a pronunciaremos sen a aspiración. Organízanse segundo este cadro: XORDAS SONORAS ASPIRADAS LABIAIS π β φ DENTAIS τ δ θ GUTURAIS κ γ χ - as líquidas son o λ e o ρ, que reciben ese nome por ser as consoantes máis próximas as vogais nas súas características fónicas. - as nasais, que son µ, ν, e que si contamos γ=ν cando aparece diante dunha gutural, xeran un cadro de correspondencias coas anteriores oclusivas que sería o seguinte: XORDAS SONORAS ASPIRADAS NASAIS LABIAIS π β φ µ DENTAIS τ δ θ ν GUTURAIS κ γ χ γ (ante gutural) - a silbante que é nada máis que o sigma coas súas dúas grafías σ, ς. - as dobres, que xorden da fusión dunha labial π+ς = ψ, δ+ς = ζ, κ+ς = ξ, dunha dental e dunha gutural coa silbante sigma, de xeito que si ampliamos o cadro anterior obteriamos. XORDAS SONORAS ASPIRADAS NASAIS DOBRES LABIAIS π β φ µ ψ DENTAIS τ δ θ ν ζ GUTURAIS κ γ χ γ (ante gutural) ξ Como se pode comprobar neste último cadro que conxunga 14 das consoantes gregas, só quedan fóra del as dúas líquidas λ, ρ e a silbante σ.

EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 16 ACTIVIDADES 1º.- Sinala no mapa mudo de Grecia os seguintes lugares: - MACEDONIA - OLIMPIA - MONTE OLIMPO - DELFOS - ILLAS CÍCLADAS - ESPARTA - MONTE PARNASO - TEBAS - ILLA DE LESBOS - ATENAS - ILLA DE QUÍOS -TROIA - ILLA DE CRETA - MICENAS - PELOPONESO - EPIDAURO - ILLA DE DELOS -ÁTICA - ILLA DE ÍTACA - CORINTO - ILLA DE RODAS - MARATÓN - ILLA DE EUBEA - CNOSSOS 2º.- Ordena cronoloxicamente os seguintes episodios da lingua grega: - MINÚSCULAS - LINEAL B -INDOEUROPEO - ALFABETO - DIMOTIKÍ 3º.- Razona que factores favoreceron a división dialectal da lingua grega. 4º.- Explica que foi a κοινή e que repercusións históricas e culturais supuxo. 5º.- Deletrea cada un destes sintagmas, e logo reescríbeos en maiúsculas: - ο alumno capaz: ὁ ἱκανὸς μαθητής - a árbore grande: τὸ µὰκρον δένδρον - a coraza real: ὁ βασιλικός θώραξ - o nome antigo: τὸ παλαιόν ὂνομα - a noite terrible: ἡ νυξ δεινή - a acusación vergoñenta: τὸ ἒγκλημα αἰσχρόν 6º.- Escribe en minúsculas e transcribe os nomes destes deuses gregos: ΑΦΡΟΔΙΤΗ ΕΡΜΗΣ ΑΙΔΕΣ ΖΕΥΣ ΔΙΟΝΥΣΟΣ ΑΘΗΝΑ ΗΡΑ ΑΡΗΣ ΑΡΤΕΜΙΣ ΠΟΣΕΙΔΩΝ ΔΗΜΕΤΗΡ ΑΠΠΟΛΩΝ 7º.- No seguinte texto localiza e fai grupos de palabras segundo os seguintes criterios: - levan espírito suave - levan espírito áspero - son perispómenas - son properispómenas - son oxítonas - son paroxítonas - son proparoxítonas Los grandes dioses de Grecia. Ζεὺς μέν, πατὴρ τῶν θεῶν καὶ τῶν ἀνθρώπων, ὅλου τοῦ κόσμου ἐβασίλευε Ποσειδῶν δὲ τῆς θαλάττης ἦρχε, καὶ Πλούτων τοῦ Ἅιδου 'Απόλλων δέ, ὁ τοῦ Διὸς καὶ τῆς Λητοῦς υἱός, τῶν τέχνων καὶ τῆς ποιήσεως εἶχεν ἐπιμέλειαν, καὶ τὸν τῶν Μουσῶν χόρον ἦγεν. Ἑρμῆς δὲ τῶν θεῶν ἄγγελός ἦν, καὶ τοὺς ἐμπόρους καὶ τοὺς ῥήτορας καὶ τοὺς γυμναστὰς ἐθεράπευεν.