TRAZADOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS NO PLANO A 1. PUNTO E RECTA

Σχετικά έγγραφα
EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

A circunferencia e o círculo

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Procedementos operatorios de unións non soldadas

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Semellanza e trigonometría

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

Educación secundaria para persoas adultas Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 2 Xeometría

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

Áreas de corpos xeométricos

Trigonometría. Obxectivos. Antes de empezar.

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Ámbito científico tecnolóxico. Xeometría. Unidade didáctica 2. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

I.E.S. CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Semellanza

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Problemas xeométricos

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

Expresións alxébricas

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

Mister Cuadrado. Investiga quen é cada un destes personaxes. Lugar e data de nacemento: Lugar e data de falecemento: Lugar e data de nacemento:

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

PAU XUÑO 2016 MATEMÁTICAS II

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

FISICA 2º BAC 27/01/2007

MATEMÁTICASDE 1º DE ESO

Obxectivos. Resumo. titor. corpos xeométricos. Calcular as. súas áreas volumes. Terra. deles.

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO

Sistemas e Inecuacións

Volume dos corpos xeométricos

Números reais. Obxectivos. Antes de empezar.

XUÑO 2018 MATEMÁTICAS II

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Problemas y cuestiones de electromagnetismo

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Ámbito científico tecnolóxico. Xeometría. Unidade didáctica 2. Módulo 2. Educación a distancia semipresencial

Resorte: estudio estático e dinámico.

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Polinomios... páx. 4 Grao. Expresión en coeficientes Valor numérico dun polinomio

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS

f) cotg 300 ctg 60 2 d) cos 5 cos 6 Al ser un ángulo del primer cuadrante, todas las razones son positivas. Así, tenemos: tg α 3

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

Inecuacións. Obxectivos

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

a) Calcula m de modo que o produto escalar de a( 3, 2 ) e b( m, 5 ) sexa igual a 5. ( )

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

VI. VECTORES NO ESPAZO

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Ámbito científico tecnolóxico. Números e álxebra. Unidade didáctica 1. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

x 2 6º- Achar a ecuación da recta que pasa polo punto medio do segmento de extremos

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

Trazado de estradas. Alberte Castro Ponte Departamento de Enxeñaría Agroforestal Escola Politécnica Superior. Deseño e Construción de Obras Lineais

Código: 25 PAU XUÑO 2014 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Expresións alxébricas

PAU XUÑO Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

1_2.- Os números e as súas utilidades - Exercicios recomendados

a) Ao ceibar o resorte describe un MHS, polo tanto correspóndelle unha ecuación para a elongación:

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Exercicios de Física 04. Óptica

PAU Xuño 2011 FÍSICA OPCIÓN A

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Exercicios de Física 03b. Ondas

CUESTIÓNS DE SELECTIVIDADE RELACIONADOS CO TEMA 4

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

PAU XUÑO 2011 FÍSICA

1. A INTEGRAL INDEFINIDA 1.1. DEFINICIÓN DE INTEGRAL INDEFINIDA 1.2. PROPRIEDADES

PAU SETEMBRO 2013 FÍSICA

1.- Evolución das ideas acerca da natureza da luz! Óptica xeométrica! Principio de Fermat. Camiño óptico! 3

PAU SETEMBRO 2014 FÍSICA

Transcript:

TRAZADOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS NO PLANO 1. Punto e recta 2. Lugares xeométricos 3. Ángulos 4. Trazado de paralelas e perpendiculares con escuadro e cartabón 5. Operacións elementais 6. Trazado de ángulos con escuadro, cartabón e compás 7. Rectificación da circunferencia e de arcos de circunferencia 8. A xeometría na historia e no noso entorno 1. PUNTO E RECTA O punto e a recta son dous elementos xeométricos básicos. Un punto é un elemento adimensional que nos indica unha posición no plano. Indícase con dous trazos perpendiculares e noméase con letras maiúsculas (punto A). Unha liña recta é unha sucesión infinita de puntos dispostos nunha mesma dirección. Noméase con letras minúsculas (recta m). Un segmento é a porción dunha recta comprendida entre dous puntos, aos que chamamos extremos do segmento. Indícase con trazos perpendiculares sobre a recta nos extremos e noméase con dúas letras maiúsculas cun suliñado superior (segmento AB ). Unha semirrecta é un unha recta limitada por un punto nun dos seus extremos. Rectas secantes son as que se cortan determinado un punto común. Rectas paralelas son as que non teñen ningún punto en común, manténdose sempre á mesma distancia. Rectas perpendiculares son as que se cortan formando un ángulo recto, é dicir un ángulo de 90º. 2. LUGARES XEOMÉTRICOS Lugar xeométrico é o conxunto de puntos que cumplen unha determinada condición ou propiedade. Tres exemplos de lugares xeométricos son: Circunferencia: é o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dun punto fixo chamado centro da circunferencia. Determínase indicando o seu centro e o seu radio. Cando unha recta corta a unha circunferencia en dous puntos é unha recta secante, se só hai un único punto en común entre recta e circunferencia é unha recta tanxente, sendo dito punto o punto de tanxencia. 1

Diámetro: segmento que une dous puntos dunha circunferencia pasando polo seu centro. Radio: segmento que une un punto dunha circunferencia co seu centro, a súa lonxitude é a metade do diámetro. Corda: segmento que une dous puntos calquera dunha circunferencia sen pasar polo seu centro. Arco: parte da circunferencia comprendida entre dous puntos ou correspondente a unha corda ou diámetro. Mediatriz: é o lugar xeométrico dos puntos dun plano que equidistan dos extremos dun segmento. Tamén se pode definir como unha recta perpendicular a un segmento no seu punto medio. Construción: 1-Trazamos desde os extremos do segmento, A e B, arcos do mesmo radio que sexa maior ca a metade da lonxitude do segmento. 2-Unindo os puntos intersección de ambos arcos, C e D, determinamos a mediatriz do segmento. Bisectriz: é o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dos lados dun ángulo. Tamén se pode definir como unha recta que divide en dúas partes iguais un ángulo. Construción: 1-Con centro no vértice do ángulo, V, trazamos un arco de radio arbitrario, que corta en A e B os lados do ángulo. 2- Con centro en A e B trazamos dous arcos de igual radio que se corten nun punto, C ou D. 3-Unindo C ou D co vértice V determinamos a bisectriz do ángulo. 3. ÁNGULOS Un ángulo é a porción de plano limitada por dúas semirrectas (lados do ángulo) que teñen o mesmo extremo (vértice do ángulo). Os ángulos noméase utilizando unha letra maiúscula ou unha letra grega minúscula. Dous ángulos son complementarios cando o valor da súa suma é de 90º, e son suplementarios cando suman 180º. Decimos que dous ángulos son xustapostos cando comparten un lado e o vértice. 2

sentido positivo En relación a unha circunferencia diferénciase entre os seguintes tipos de ángulos: Ángulo central: o seu vértice é o centro da circunferencia. Ángulo interior: o seu vértice é un punto interior á circunferencia. Ángulo exterior: o seu vértice é un punto exterior á circunferencia. Ángulo circunscrito: é un ángulo exterior cos dous lados tanxentes á circunferencia. Ángulo inscrito: ten o seu vértice na circunferencia. Ángulo semiinscrito: é un ángulo inscrito cun dos lados tanxente á circunferencia. 4. TRAZADO DE PARALELAS E PERPENDICULARES UTILIZANDO ESCUADRO E CARTABÓN Nas seguintes imaxes indícase como colocar o escuadro e o cartabón para trazar paralelas (figura 1) e perpendiculares (figura 2) a unha recta dada (recta r). Nos dous casos faise coincidir a hipotenusa do escuadro coa recta dada, apoiando un dos seus catetos na hipotenusa do cartabón, que ten que permanecer fixo. Para trazar paralelas desprazamos directamente o escuadro sobre o cartabón. Para trazar perpendiculares, primeiro xiramos o escuadro facendo que apoie no cartabón co outro cateto e logo desprazámolo mantendo sempre fixo o cartabón. 3

Figura 1 Posición das plantillas no trazado de liñas paralelas Figura 2 Posición das plantillas no trazado de liñas perpendiculares 5. OPERACIÓNS ELEMENTAIS Transporte dun segmento Sendo m o segmento que se quere transportar sobre unha recta dada, collemos co compás a súa lonxitude e facendo centro nun punto A da recta trazamos un arco que a corte dando lugar ao extremo B. Transporte dun ángulo Sexa ángulo de vértice E que se desexa transportar sobre unha recta obtendo o ángulo transportado b de vértice G. Construción: 1-Partimos dun punto G situado sobre unha recta, dando lugar ao primeiro lado do ángulo. 2-Trazamos dous arcos do mesmo radio a partir dos punto E e G. 3-Collemos a lonxidude IF no ángulo inicial e trasladámola a partir do punto H cortando ao segundo arco en J. 4-Unindo o vértice G con J obtemos o segundo lado do ángulo. Perpendicular a unha recta desde un punto Na seguinte imaxe podemos apreciar como trazar unha perpendicular a unha recta, pasando por un punto P exterior á mesma. 4

Paralela a unha recta que pase por un punto exterior Nesta imaxe podemos ver como trazar unha paralela a unha recta, pasando por un punto P exterior á mesma. Operacións con segmentos a) Suma e diferenza de segmentos Para realizar a suma dos segmentos a e b, trasladamos a partir dun punto P dunha recta as lonxitudes de ambos de modo consecutivo, colléndoas co compás e trazando arcos sobre a recta. Obtemos como resultado o segmento PR. Para restarlle ao segmento b o segmento a trasladamos a partir dun punto P dunha recta as súas lonxitudes superpoñéndoas, para elo collémolas co compás e trazamos arcos sobre a recta. Obtemos como resultado o segmento RQ. 5

b) División dun segmento en partes iguais utilizando o teorema de Tales Utilizando o teorema de Tales podemos dividir un segmento en partes iguais. Por exemplo se queremos dividir un segmento en 7 partes iguais procedemos do seguinte xeito: 1- A partir dun dos extremos do segmento, neste caso a partir de A, trazamos unha semirecta seguindo unha dirección calquera. 2- Sobre a semirrecta e a partir da súa orixe A levamos 7 unidades iguais (podemos facelo coa regra ou co compás, levando sempre a mesma medida). 3- Unimos o último punto obtido sobre a semirrecta, o punto 7, co extremo B do segmento. 4- Por último, trazaremos paralelas a esta liña, 7B, partindo de todas as divisións intermedias ( puntos 6, 5, 4, 3, 2 e 1). 6

c) División dun segmento en partes proporcionais ás lonxitudes doutros segmentos utilizando o teorema de Tales AC m CD DB n o Construción: 1-Dado o segmento a dividir AB e os segmentos m, n e o; a partir de A trasladamos a lonxitude dos tres segmentos sobre unha liña que saia do punto A en calquera dirección. 2-Unimos o último extremo do segmento o co punto B e trazamos paralelas polas divisións intermedias dando lugar os puntos C e D. Os segmentos AC, CD e DB son proporcionais aos segmentos m, n e o. d) Multiplicación e división de dous segmentos utilizando o teorema de Tales Partindo de dous segmentos a e b e collendo a maiores un terceiro segmento de lonxitude a unidade, podemos calcular tanto o produto como o cociente de a e b (segmento x), tal e como se indica nas seguintes figuras. Procedemos de xeito análogo ao caso anterior. 1 b a x x a b 1 x a b b x a e) Raíz cadrada dun segmento Na imaxe inferior indícase como calcular a raíz cadrada dunha lonxitude m correspondente a un segmento AB. Construción: 1-A partir do segmento m, engadimos un segmento de lonxitude a unidade dando lugar ao punto C. 2-Trazamos a mediatriz do segmento AC e debuxamos a semicircunferencia que lle corresponde. 3-Levantamos unha perpendicular desde B ata cortar a semicircunferencia obtendo o punto D, sendo n m. nota: aplicando o teorema de pitágoras nos triángulos rectángulos ACD, ABD e BCD, demóstrase que n m. 7

Operacións con ángulos a) Suma e diferenza de ángulos Sexan os ángulos α e β. Para construír o ángulo α+β, transportamos a partir da semirrecta GH e en sentido positivo, os ángulos α e β, de modo que queden xustapostos. Para construír o ángulo α-β, transportamos a partir da semirrecta KL e en sentido positivo o ángulo α, despois transportamos o ángulo β en sentido negativo, superpoñéndoo co ángulo anterior. b) División dun ángulo en partes iguais Dado o ángulo BAC. Ao trazar a bisectriz AD quedará dividido en 2 partes iguais. Se se trazan agora as bisectrices dos ángulos BAD e DAC divídese o ángulo BAC en 4 partes iguais. Outras catro bisectrices dividirano en 8 partes iguais e así sucesivamente. 6. TRAZADO DE ÁNGULOS CON ESCUADRO, CARTABÓN E COMPÁS O escuadro e o cartabón sirven coma plantillas para o trazado de ángulos. Os dous son triángulos rectángulos (un ángulo de 90º, catetos e hipotenusa). Ademáis o escuadro é isósceles sendo os seus ángulos 90º, 45º e 45º; e o cartabón é escaleno sendo os seus ángulos 90º, 60º e 30º. Como en calquera triángulo a suma dos tres ángulos é de 180º. 8

Trazar ángulos de 30º, 60º e 90º, non nos ofrece ningunha dificultade. Para trazar un ángulo de 75º teremos que sumar 45º+30º, e para trazar un ángulo de 105º teremos que sumar 45º+60º. No cadro indícanse as combinacións utilizando as dúas plantillas. 30º+45º=75º 30º+90º=120º 45º+60º=105º 45º+90º=135º 60º+60º=120º 60º+90º=150º Por outra parte, a bisectriz dun ángulo de 30º, danos un ángulo de 15º, posto que dividimos o ángulo a metade. Do mesmo modo a metade de de 45º son 22º 30' (vinte e dous grados e trinta minutos, ou o que é o mesmo vinte e dous grados e medio). Isto permítenos facer máis combinacións. 7. RECTIFICACIÓN DA CIRCUNFERENCIA E DE ARCOS DE CIRCUNFERENCIA A rectificación dunha circunferencia ou arco consiste en determinar sobre unha liña recta a súa lonxitude seguindo un procedemento gráfico. Rectificación dunha curva Dada unha curva AB, para rectificala teremos que dividila nunha serie de arcos de lonxitude moi pequena. A continuación, tomase a medida destes arcos e transportanse sobre a recta. 9

Rectificación dunha circunferencia 1-Divídese o diámetro AB da circunferencia en 7 partes iguais. 2-Prolóngase AB e levamos sobre esta liña outros dous diámetros. Tres diámetros en total. 3-Por último sumámoslle a esta medida 1/7 do diámetro AB. É dicir, dividimos o diámetro por 7 e collémos 22 veces a unidade resultante (7+7+7+1). A lonxitude do segmento resultante KA é lonxitude da circunferencia. Rectificación dunha semicircunferencia (figura 1) 1-Trazamos na circunferencia correspondente o lado do cadrado e do triángulo equilátero inscritos nela (debuxando ángulos de 30º e 45º como se indica na imaxe). 2-Colocamos de forma consecutiva o lado do triángulo equilátero e do cadrado partindo do punto A. A medida B 1C 1 é a lonxitude da semicircunferencia. figura 1 figura 2 Rectificación dun arco de circunferencia menor de 90º (figura 2) 1-Dado o arco AB dunha circunferencia, divídese o radio da circunferencia en catro partes iguais. 2-Prolóngase o radio OC fóra da circunferencia e márcanse tres divisións máis iguais ás anteriores (3/4 do radio). 3-Unimos o punto D co punto B (sendo AB o arco que hai que rectificar) e prolongamos esta liña ata cortar a unha perpendicular ao diámetro polo punto A. Obtemos así o punto E. 4-O segmento AE é o arco AB da circunferencia rectificado. 10

8. A XEOMETRÍA NA HISTORIA E NO NOSO ENTORNO A palabra xeometría, de orixe grego, significa medición da terra. Consíderase aos gregos os verdadeiros inventores da xeometría. Xa en civilizacións anteriores como a exipcia e a mesopotámica déixase notar a influencia da xeometría na arquitectura e na arte. Tales de Mileto é considerado o fundador da xeometría na antiga grecia no século VI a.c. Destaca tamén a importancia do matemático grego Euclides, no século III a.c leva a cabo importantes investigacións e establece os principios da xeometría elemental, que son a base da xeometría plana. Autor dun conxunto de libros que denominou Elementos, desenvolve desde a definición dos elementos básicos (punto, recta e plano) ata os poliedros regulares. Os artistas islámicos empregaron frecuentemente as formas xeométricas nas súas obras de arte. Utilizáronse principalmente dous medios de expresión: o arabesco floral e o arabesco poligonal. O arabesco floral é unha xeometría de curvas libres e o arabesco poligonal é unha xeometría de liñas rectas. A de lazo tamén é moi frecuente, destacando o uso de estrelas de oito puntas. No medievo empregáronse, principalmente na arquitectura, formas ditadas por sinxelas regras numéricas e xeométricas, destacando o uso do arco de medio punto e do arco apuntado. A presenza das formas xeométricas na arquitectura e no urbanismo é unha constante ao longo da historia. As formas xeométricas son formas esenciais que teñen unha forte calidade estructural e simbólica. Ao mesmo tempo, a súa simplicidade facilita a súa estruturación rítmica e proporcionada, conseguíndose así conxuntos equilibrados e ao mesmo tempo dinámicos. A presenza destas formas na natureza serve como modelo para a arquitectura e a arte, ao longo de toda a historia. Mosaico romano Pirámide de Kefrén en Gizeh, Exipto Forma espiral na natureza A xeometría na arquitectura actual Formas poligonais na Alhambra 11