HISTORIA DA GRECIA ANTIGA (II)

Σχετικά έγγραφα
Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

GRECIA: HISTORIA E LINGUA O ALFABETO E A SÚA FONÉTICA

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

A circunferencia e o círculo

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

REPÚBLICA DE ANGOLA EMBAIXADA DA REPÚBLICA DE ANGOLA NA GRÉCIA DIPLOMÁTICO OFICIAL ORDINÁRIO ΙΠΛΩΜΑΤΙΚΗ ΕΠΙΣΗΜΗ ΚΑΝΟΝΙΚΗ

EXERCICIOS DE REFORZO: DETERMINANTES., calcula a matriz X que verifica A X = A 1 B, sendo B =

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Opalas de Pedro II: o APL como remediação da grande mina

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Προσωπική Αλληλογραφία Ευχές

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Una visión alberiana del tema. Abstract *** El marco teórico. democracia, república y emprendedores; alberdiano

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

bab.la Φράσεις: Προσωπική Αλληλογραφία Ευχές ελληνικά-πορτογαλικά

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

AS MULLERES NA HISTORIA DAS MATEMÁTICAS Materiais curriculares para traballar a coeducación na aula.

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

Ámbito Científico - Tecnolóxico ESA MÓDULO 4. Unidade Didáctica 5 USO E TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

Filipenses 2:5-11. Filipenses

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

Expresións alxébricas

Física A.B.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Introdución ao cálculo vectorial

A NOSA COMARCA 2 O NOSO IES 18

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Onde posso encontrar o formulário para? Onde posso encontrar o formulário para? Για να ρωτήσετε που μπορείτε να βρείτε μια φόρμα

Προσωπική Αλληλογραφία Ευχές

CARLOSCASTELAO MaríaCardarely, unlóstregona fotografíagalega

Uso e transformación da enerxía

ἈΝΑΓΙΓΝΩΣΚΕ! Tempos segundos

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

90 LIBERTAS SEGUNDA ÉPOCA. Introducción: La necesidad de una Reforma Institucional

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

Problemas resueltos del teorema de Bolzano

S A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN /280 ng/µl

AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO

PROINSO começa a distribuir desde a Tailândia para todo o Sudeste da Ásia

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

Lógica Proposicional

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

πûùôú ÙˆÓ ÃˆÚˆÓ ÙË ÙÈÓÈÎ ÌÂÚÈÎ

O SABER FILOSÓFICO 1. A ORIXE DA FILOSOFÍA

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

UNIDADE 1: PREHISTORIA E ANTIGAS CIVILIZACIÓNS HISTORIA DA MÚSICA

PSICOPATOLOXÍA XERAL R. NÓVOA SANTOS

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ

INVESTIGACIÓN SOBRE SE A LÚA AFECTA AO CRECEMENTO DAS PLANTAS: ACTUACIÓNS METODOLÓXICAS E ESTATÍSTICAS

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Pessoal Cumprimentos. Cumprimentos - Casamento. Cumprimentos - Noivado

Expresións alxébricas

Radiotelescopios. Resumo: Contidos: Nivel: Segundo ciclo de ESO e Bacharelato

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Académico Introducción

Estrutura atómica. Táboa periódica.

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Polinomios... páx. 4 Grao. Expresión en coeficientes Valor numérico dun polinomio

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

SISTEMA DOMÓTICO KNX

IV FESTIVAL LEA. Concurso entre escuelas de aprendizaje del español

Volume dos corpos xeométricos

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato O enlace químico 3 1

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

SARMIENTO E A ONOMÁSTICA. Ramón Lorenzo Universidade de Santiago

Atenas y Esparta: Heródoto y Tucídides

ENXEÑERIA MARIÑA: DESEÑO DUN SERVOTEMÓN

At IP Barão de Geraldo

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

Traballo Fin de Grao

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

4. TRATAMENTO ANAEROBIO DE AUGAS RESIDUAIS URBANAS EN PLANTA PILOTO

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. 2. Dada a ecuación lineal 2x 3y + 4z = 2, comproba que as ternas (3, 2, 2

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

70CLUB. 70 anos de Montañeiros Celtas. Sechu López no Annapurna SOS: Serra do Galiñeiro BOLETÍN Nº113 ESPECIAL 2012 MONTAÑEIROS CELTAS

Catálogodegrandespotencias

POBREZA E CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL. A pobreza e a súa medición: renda, prezos e desigualdade

13 Estrutura interna e composición da Terra

XENÓFANES: O FILÓSOFO, O POETA E A CONXECTURA

PAU Xuño Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Transcript:

HISTORIA DA GRECIA ANTIGA (II)

CRONOLOXÍA Guerras Médicas (490-479 a.c.) Esplendor de Atenas (479-431 a.c.) Guerra do Peloponeso (431-404 a.c.) Hexemonía de Esparta (404-362 a.c.) Hexemonía de Tebas (362-338 a.c.) Imperio Macedónico (338-323 a.c.)

No s. VI a.c. tomou forma o Imperio Persa. Debido a reis como Ciro II, Cambises II e Darío I, acabou por comprender extensos territorios, correspondentes ós actuais países de Turquía, Irak, Irán, Afganistán, Siria, Líbano, Israel, Exipto e outros. A finais de século, as cidades gregas da Xonia (oeste da actual Turquía) e a rexión de Tracia (aproximadamente a Bulgaria de hoxe) caeran tamén baixo o seu dominio. Axiña comezarían as que coñecemos como Guerras Médicas

No ano 499 a. C. as cidades xonias, apoiadas por Atenas, rebeláronse contra os persas. Darío I, o seu rei, tomou represalias incendiando Mileto, e quixo castigar tamén a Atenas. En 490 a.c. enviou un exército a través do Exeo. Os atenienses, ó mando do seu xeneral Milcíades, enfrontáronse ós persas na chaira de Maratón e, a pesar de ser inferiores en número, derrotáronos. Pouco despois, Darío I morreu e a ameaza persa quedou adiada. Asemade, Atenas profundizou as súas reformas políticas tendentes á democracia. Por outra banda, descubriu unha enorme mina de prata na Ática que, a instancias do político Temístocles, se empregou en construír unha enorme frota de guerra para previr unha nova invasión persa

En 480 a.c. os persas, co seu rei Xerxes I á cabeza, decidiron vingarse da derrota de Maratón. O ataque foi dobre: mentres unha flota cruzaba o Exeo en dirección a Atenas, un gran exército de terra invadiu Grecia polo norte. Esparta e Atenas pediron axuda ás demais cidades gregas, pero non todas se uniron á causa. 7.000 gregos, entre os que se atopaban os 300 soldados espartanos de élite baixo o mando do seu rei Leónidas I, cortaron o avance dos persas no paso estreito das Termópilas. A resistencia final realizárona os 300 xunto con 1.000 beocios. Todos morreron, pero o seu sacrificio deu tempo a Atenas para prepararse

Os atenienses evacuaron a súa cidade e tamén a Ática. O exército persa tomou e incendiou unha cidade baleira, e o destino da guerra íase a decidir no mar. Os gregos, confiados na gran flota ateniense, atraeron ós persas ó golfo de Salamina, onde os barcos persas non tiveron espazo para manobrar e foron vencidos. Xerxes voltou a Persia, deixando ó seu cuñado Mardonio cun tercio do seu exército, que foi derrotado en Platea, en 479 a.c. Pouco despois, en Micala, os restos do exército persa foron definitivamente vencidos, e as cidades xonias recobraron ademais a súa independencia

Esparta e Atenas saíron moi fortalecidas da victoria sobre os persas. A primeira asentou o seu dominio terrestre sobre o Peloponeso, mentres que a segunda consolidou o seu imperio marítimo: encabezou a Liga Délica, que era unha alianza defensiva contra posibles invasións persas, apoiada na potente flota ateniense. Baixo Temístocles, Atenas amurallou a cidade e o porto de O Pireo. Máis tarde, Pericles fixo erguer os Muros Longos para comunicar Atenas co seu porto, e tamén embeleceu a cidade. En case todo o mundo grego floreceron as artes, as ciencias e as letras, polo que o s. V é chamado Século de Ouro de Atenas ou Século de Pericles

A política exterior de Atenas foise volvendo máis agresiva. Apoiou a Exipto na súa rebelión contra os persas enviando unha flota que foi derrotada. Ademais, apoiaba gobernos proatenienses en cidades dominadas por Esparta, coa que mantivo varios enfrontamentos indirectos. Así, en 431 comezou a Guerra do Peloponeso, que fixo entrar en conflicto a case todas as cidades gregas, obrigadas a aliñarse con Esparta ou Atenas

Ante os ataques espartanos, Pericles optou por refuxiarse en Atenas, abastecida polo porto de O Pireo coa protección dos Muros Longos. Pero en 430 a.c. Pericles morreu víctima dunha peste, e os atenienses dividíronse: os partidarios de Cleón querían continuar a guerra, mentres que os seguidores de Nicias desexaban negociar a paz con Esparta. Tras 9 años con victorias e derrotas repartidas, asinouse a Paz de Nicias en 421. Mais a chegada ó poder en Atenas de Alcibíades reiniciou a guerra cun ataque a Sicilia, á que Esparta axudou. Máis tarde, os atenienses privaron do mando da campaña a Alcibíades, que se pasou ós espartanos. Atenas foi derrotada e pouco despois Esparta aliouse con Persia. Atenas puido facerlle fronte recorrendo de novo a Alcibíades, pero foi definitivamente vencida na batalla naval de Egospótamos (404 a.c.)

Esparta impuxo en Atenas un goberno oligárquico (chamado dos Trinta Tiranos ), que só durou un ano, pois en 403 a.c. restaurouse o sistema democrático. Un feito importante desta época foi a condena a morte do filósofo Sócrates; pouco despois, o seu discípulo Platón difundiría as súas ideas, acompañándoas doutras propias. Esparta, no cumio do seu poder, organizou unha expedición contra o Imperio Persa, mais fracasou, e en 394 a.c. o exército espartano voltou a Grecia para enfrontarse ás rebelións de varias cidades contra a súa hexemonía. Esparta foi derrotada en 390 por Corinto, e viuse obrigada a firmar a paz con Persia. Ademais, Tebas comezou a desafiar a súa posición dominante

Entre 371 y 362 a.c., baixo o liderado dos xenerais Epaminondas e Pelópidas, Tebas mantivo unha guerra con Esparta que rematou coa derrota total desta na batalla de Mantinea. Esparta quedou reducida á súa rexión de Laconia e perdeu o dominio sobre o Peloponeso. Tebas converteuse na cidade dominante dentro dunha Grecia en decadencia política e militar. A mediados do s. IV, a cidade de Siracusa, en Sicilia, conquistou un pequeno imperio que comprendía a súa illa (parte dela gañada ós cartaxineses) e tamén o sur de Italia (o que chamamos Magna Grecia )

Durante ο século IV a ciencia, as artes e a filosofía gregas seguiron a producir figuras e conceptos que teñen chegado á actualidade. Epicureísmo, estoicismo e cinismo tiñan en común que o seu foco de interese era o ser humano e a busca a mellor forma de atopar a felicidade. Os astrónomos Heráclides Póntico e Aristarco de Samos teorizaron sobre a rotación da terra dun xeito parecido a como se faría moitos séculos despois

A mediados do s. IV xurdiu, da man do seu rei Filipo II, unha nova potencia no norte de Grecia: Macedonia, que para os restantes helenos era unha rexión bárbara. Filipo, apoiado nun exército moi ben organizado, puxo os seus ollos nas cidades do sur e foinas sometendo paseniñamente. As súas principais opositoras foron Tebas e Atenas (na que destacaba o orador e político Demóstenes), ata que en 338 a.c. derrotou a Atenas na batalla de Queronea.

Dous anos despois de Queronea, Filipo foi asasinado e subiu ó trono o seu fillo Alexandre, que fora educado polo filósofo Aristóteles. Ó tomar o poder, Alexandre puxo en marcha un ambicioso proxecto que o seu pai concebira: a conquista do Imperio Persa. En 334 a.c. pasou a Asia Menor e derrotou ós persas en sucesivas batallas: Gránico (334), Issos (333) e Gaugamela (331), sometendo ó rei Darío III. En tres anos conquistou o resto do Imperio, incluíndo Exipto, chegando ata a actual India en 326. Obrigado polos seus homes, emprendeu o regreso, pero morreu en Babilonia en 323, víctima dunha enfermidade. Á súa morte, o seu Imperio esnaquizouse