ACENTUACIÓN E ORTOGRAFÍA GALEGA 1- Normas ortográficas: a acentuación. Lembre que a ortografía é a parte da gramática que se ocupa da escritura

Σχετικά έγγραφα
Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

DISCIPLINAS LINGÜÍSTICAS PRODUCIÓN DE SONS. FONÉTICA E FONOLOXÍA DO GALEGO Unidade 1. Fonoloxía. Fonética

Procedementos operatorios de unións non soldadas

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

A circunferencia e o círculo

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

ORIENTACIOIS PRÁ ESCRITA

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

REPASO DA MATERIA DE LINGUA GALEGA (2º BAC)

UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN.

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

Sistemas e Inecuacións

Inecuacións. Obxectivos

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

Problemas xeométricos

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

Funcións e gráficas. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Funcións páx. 4 Concepto Táboas e gráficas Dominio e percorrido

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

USO DO DICIONARIO. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

Funcións e gráficas. Obxectivos. 1.Funcións reais páx. 4 Concepto de función Gráfico dunha función Dominio e percorrido Funcións definidas a anacos

Expresións alxébricas

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

LINGUA GALEGA E LITERATURA: PREPARACIÓN PARA A SELECTIVIDADE

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Ámbito científico tecnolóxico. Estatística. Unidade didáctica 4. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

ECUACIÓNS, INECUACIÓNS E SISTEMAS

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

EXERCICIOS DE REFORZO: DETERMINANTES., calcula a matriz X que verifica A X = A 1 B, sendo B =

Probabilidade. Obxectivos. Antes de empezar

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Lógica Proposicional

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Polinomios... páx. 4 Grao. Expresión en coeficientes Valor numérico dun polinomio

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

Cadernos. Lingua. núm.

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

GRECIA: HISTORIA E LINGUA O ALFABETO E A SÚA FONÉTICA

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

Ámbito científico tecnolóxico. Números e álxebra. Unidade didáctica 1. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Expresións alxébricas

Resorte: estudio estático e dinámico.

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Unos cambios de la pronunciación

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

Signos de puntuación (Σημεία στίξης)

Volume dos corpos xeométricos

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato Estrutura atómica 2 1

Académico Introducción

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

1. A INTEGRAL INDEFINIDA 1.1. DEFINICIÓN DE INTEGRAL INDEFINIDA 1.2. PROPRIEDADES

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ

Estatística. Obxectivos

Números reais. Obxectivos. Antes de empezar.

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

SISTEMA DOMÓTICO KNX

PROBA DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) CONVOCATORIA DE XUÑO Curso

1.ª DECLINAÇÃO. Somente nomes femininos e masculinos, não há neutros. Os nomes femininos têm o

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

SARMIENTO E A ONOMÁSTICA. Ramón Lorenzo Universidade de Santiago

O ALFABETO. O alfabeto galego componse das seguintes letras. Tamén se empregan os seguintes dígrafos:

ELECTROTECNIA. BLOQUE 1: ANÁLISE DE CIRCUÍTOS (Elixir A ou B) A.- No circuíto da figura determinar o valor da intensidade na resistencia R 2

ΕΛΛΗΝΙΚΟ ΑΝΟΙΚΤΟ ΠΑΝΕΠΙΣΤΗΜΙΟ ΕΚΠΑΙΔΕΥΤΙΚΟ ΥΛΙΚΟ ΓΙΑ ΤΑ ΚΕΝΤΡΑ ΔΙΑ ΒΙΟΥ ΜΑΘΗΣΗΣ

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

Transcript:

ACENTUACIÓN E ORTOGRAFÍA GALEGA 1- Normas ortográficas: a acentuación. Lembre que a ortografía é a parte da gramática que se ocupa da escritura correcta das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua. Neste caso ímonos centrar nas regras de acentuación. O acento das palabras. A sílaba tónica Acento é a maior intensidade coa que se pronuncia unha sílaba dentro de cada palabra. A esa sílaba que se pronuncia con máis intensidade chámaselle sílaba tónica, e ás demais sílabas átonas. Vexamos as clases de palabras segundo a posición da sílaba tónica (regras xerais): Agudas: cando a sílaba tónica é a última. Levan acento gráfico cando son polisílabas (máis dunha sílaba) e rematan en vogal, en vogal + n ou en vogal + s. Exemplos: motor, papá, cartón, alguén, irmáns... Non levan acento gráfico cando son monosílabas: xa, la, fe, di, si, cu, Xan, len,... Tampouco cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s): amei, amou, seguiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, etc., nin noutra consoante que non sexa n ou s: capital, papel, cantar, nariz, arroz, etc. Graves: cando a sílaba tónica é a penúltima. Levan acento gráfico cando rematan en consoante distinta de n ou s e en grupos consonánticos distintos de ns. Exemplos: dúctil, lapis, paxaro, fácil... Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis. En consecuencia, non se acentúan graficamente as palabras graves rematadas en vogal (canta, cantara), vogal + n (cantan, cantaran), vogal + s (cantas, cantaras, lapis) ou vogal + ns (canons, colons, dolmens). Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima. Levan sempre acento gráfico. Exemplos: cárcere, árbore, médico... Sobreesdrúxulas: se a sílaba tónica vai antes da antepenúltima. Levan sempre acento gráfico. Exemplos: Mandámosvolo, díxonolo... Acentuación de i, u en hiato Con independencia do dito anteriormente, as vogais i, u tónicas levan acento gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Exemplos: acentúo, aínda, baúl, caída, egoísmo, etc. Para indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre estas e a átona aparece o grafema h: prohibo. Lembre que ditongo é a agrupación de dúas vogais na mesma sílaba: paciencia, loureiro, puido. Hiato é o encontro de dúas vogais que pertencen a distintas sílabas: ceo, sa-ída. Acentuación dos estranxeirismos As palabras estranxeiras de uso máis común, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Exemplos: agudas: iglú, popurrí, iceberg, relax, etc.; graves: béisbol, ídem, karaoke, médium, etc.; esdrúxulas: bádminton, déficit, hándicap, etc. Neste tipo de palabras pódese prescindir do acento gráfico correspondente e manter íntegramente a grafía propia da lingua de que proceden cando exista conciencia clara de que son estranxeirismos. 1

2 - Normas ortográficas: acento diacrítico. Utilízase o acento diacrítico para diferenciar na escrita dúas palabras homógrafas (que se escriben igual pero que teñen distinto significado ou función). Nalgúns casos, esas dúas palabras diferéncianse porque a vogal tónica se pronuncia nun caso como aberta e no outro como pechada: póla/pola; ou porque unha palabra é tónica e a outra átona: dá/da... Algunhas destas palabras son: _ á (a + a artigo; substantivo: membro das aves e insectos para voar) _ a (artigo; pronome; preposición) _ bóla ( esfera ) _ bola ( peza de pan ) _ cá (ca + a) _ ca (conxunción) _ cás (ca + as) _ cas (preposición) _ chá ( plana ) _ cha (che + a) _ có (ca + o) _ co (con + o) _ cós (ca + os; substantivo: parte superior da camisa do traxe feminino tradicional galego)_ cos (con + os) _ cómpre ( é mester ) _ compre ( merque ) _ dá (presente e imperfecto do verbo dar) _ da (de + a) _ dás (presente do verbo dar) _ das (de + as) _ dó ( compaixón ) _ do (de + o) _ é (presente do verbo ser) _ e (conxunción) _ máis (adverbio de cantidade) _ mais (conxunción = pero) _ présa (apuro, rapidez) _ presa (encoro; peza de caza, verbo prender)) O verbo con pronome enclítico Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra. De aí que teñamos: cantaraa/cantáraa, méteseche; meteuse; tómao... As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: é/éche/éa; dáo/dáme/dálle... Os adverbios rematados en mente e as palabras compostas _ Os adverbios rematados en mente non levan acento gráfico en galego: dificilmente, habilmente, utilmente... _ Tampouco leva acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas soldadas: Riotorto, vichelocrego... Outros casos _ Non se acentúan as formas do demostrativo para distinguir cando é determinante ou pronome: esta casa, este sitio, gústame esta, colle aquel... _ Non se acentúan as interrogativas e exclamativas directas: Cantos anos tes? Como te chamas? Que é iso?, Que desgraza!, Canto tempo sen verte!... _ Tampouco as interrogativas e exclamativas indirectas: pregúntalle cando volve, pregúntalle como se chama... Pódese exceptuar cando cumpra para evitar confusións: dille qué queres/dille que queres, xa sabes cánto lle gustou/xa sabes canto lle gustou... 3 - Normas ortográficas: uso do b e do v O b e o v representan en galego un son único. Isto quere dicir que se pronuncian da mesma maneira as sílabas ba/va; be/ve; bi/vi, etc. No galego actual, como non hai esa distinción de son, as palabras escríbense con b ou v seguindo normalmente o criterio etimolóxico, é dicir, de acordo coa orixe de cada palabra. 2

Usos do b _ Os verbos rematados en -bir e as formas que deles se derivan. Exemplos: escribir, percibir, recibir, prohibir, sucumbir, concibir... Son excepcións desta regra os verbos vivir e servir, que se escriben con v. _ Todos os verbos rematados en -buír e as formas que deles se derivan. Exemplos: atribuír, contribuír, imbuír, distribuír, retribuír... _ Os verbos beber, caber, deber, haber, saber, sorber, e todas as formas que deles se derivan. _ As terminacións do copretérito dos verbos da primeira conxugación: -ba, -bas, -ba, - bamos, -bades, -ban. Exemplos: andaban, bailabamos, camiñabades, cantabas, choraba,falabamos... _ As palabras que comezan con prefixos bi- e -bis. Exemplos: bicicleta, bienio, bifocal, bilateral, bilingüismo, bimembre, bisavó, bisneto... _ As palabras rematadas en -bundo, -bunda e -bilidade. Exemplos: furibunda, meditabunda, moribundo, vagabundo, amabilidade, sensibilidade, contabilidade, habilidade... _ As palabras comezadas por bu-, bure bus-. Exemplos: bucal, bufanda, bulir, burato, burbulla, burla, buscar, busto... _ Escríbese b cando este son vai seguido de calquera outra consoante. Exemplos: abstracto, blasfemia, bloque, blusa, branco, breve, brisa, cable, moble, obstáculo, obstruír, obxecto, público... Hai algunhas excepcións a esta regra, como a palabra ávrego. _ Tamén se escriben con b moitas palabras por fidelidade etimolóxica, isto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a través da que entraron no galego. Exemplos: abelá, automóbil, baldeiro, bolboreta, inmóbil, marabilla, móbil, rebentar, trobador... Loxicamente, tamén se escriben con b todas as palabras derivadas das anteriores. Usos do v _ Os verbos rematados en -ver e os seus derivados. Exemplos: ferver, mover, volver, absolver, ver... Son excepcións desta regra os verbos: beber, caber, deber, haber, saber, sorber e lamber. _ Os verbos rematados en -servar e -versar. Exemplos: conservar, conversar, malversar, reservar, observar... _ As formas dos verbos ter e estar que levan este son. Exemplos: tivo, tivera, tivemos, tivese, estivo, estivera, estivemos, estiveches... Como excepción lembre que o copretérito do verbo estar, como todos os da primeira conxugación, se escribe con b). _ As palabras rematadas en -ava, -avo, -eve, -evo, -eva, -ivo e -iva. Exemplos: cativo, conflictiva, escravo, leve, lonxeva, oitava, suevo... Son excepción árabe e sílaba. _ As palabras rematadas en -ívoro e -ívora. Exemplos: carnívora, granívora, herbívoro, insectívoro... É excepción a esta regra a palabra víbora. _ Tamén se escriben con v moitas palabras por fidelidade etimolóxica, isto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a través da que entraron no galego. Exemplos: avó, avogado, chuvasco, covarde, esvarar, esvelto, garavanzo, gravar, pavillón, varrer, vasoira, verniz, voda, vulto... Loxicamente, tamén se escriben con v todas as palabras derivadas das anteriores. 4 - Normas ortográficas: o uso do x O xe é a vixésimo segunda letra do alfabeto galego e pode pronunciarse de dúas maneiras diferentes: _ Nas palabras patrimoniais (xente, queixo, xamón, xílgaro, xogador, xuntar...) representan o fonema propio do galego (fricativo prepalatal xordo). 3

_ Nas palabras cultas, é dicir, que entraron no galego tardiamente procedente doutras linguas, representa o grupo fónico /ks/. Por exemplo, texto, taxi, exame... Regras para o uso correcto do x: _ Escríbense con s e non con x: escavar (e derivados), espremer, espremedor, estender (pero extensión, extenso, extensivo, extensamente ), estraño (e derivados), estranxeiro (e derivados)... _ Se nunha mesma palabra coinciden dous x, un con valor de /ks/, e outro con valor de fonema fricativo prepalatal xordo, pódese substituír o primeiro por s (esaxerar, esixir, osíxeno...) ou deixar os dous x: exaxerar, exixir, oxixeno. Levan x, de xeito diferente ao castelán: No canto de s: xarampón, taxa, Bruxelas, enxalzar, graxa, xastre, cornixa, igrexa... En lugar de y: cónxuxe, inxección, pexorativo, proxectil, traxecto, xeso, xacer, conxuntura, maxestático, proxecto, subxugar, xema, xugular, xustaposición, así coma os derivados destas palabras. No canto de ch: bolxevique, clixé, haxix, xilin, xilaba... No canto doutras grafías: arxila, bocexar, bosquexo, cervexa, conxectura, enxiva, lixivia, oxalá, pelexa, solfexo, xaxún... e moitas máis. 5 - Normas ortográficas. O uso do c e do z Estas dúas letras poden representar en galego o mesmo son (/θ/), que pronunciamos en palabras como zapato, cereixa, cidade, zona, zumbar. _ Escribese c coas vogais e e i. Exemplos: cebola, cereixa, céspede, cicel, cidade, cinceiro, cociña... _ Escribese z coas vogais a, o e u. Exemplos: rapaza, zoco, zume, azul, zorza... FÍxese como forman o plural as palabras rematadas en z: noz/noces; luz/luces; verniz/vernices; paz/paces; xuiz/xuices... _ Cando soa como /k/, escribese c diante das consoantes c e t se van precedidos das vogais a, e, o. Exemplos: abstracción, reacción, abstracto, tractor, recto, colección, colecta... _ Non se escribe ct nin cc cando van precedidas das vogais i ou u. Exemplos: aflición, condución, conduta, condutor, conflito, construción, construtor, contradición, dedución, dedutivo, delito, destrución, destrutor, dicionario, ditado, ditadura, ditar, estrito,estrutura, frutífero, frutificar, indución, indutor, introdutor, introdutorio, produción, produto, produtor, reconstrución, redución, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor... 6 - Normas ortográficas: uso do h O h e un signo ortográfico que non representa ningún son, pero mantense na lingua escrita, en posición inicial, en interior ou final de palabra (horta, prohibir, oh, ah). _ Escribense con h todas as formas dos seguintes verbos e derivados: haber, habitar, herdar, honrar, hospedar e humillar. Exemplos: había, haberes, habitamos, habitante, hai, herdanza, herdaran, honradez, honrarían, hospedara, hospedaxe, humillante,... Escribense con h os seguintes prefixos: _ Hecto-: hectolitro... _ Hemero-: hemeroteca... _ Hemi-: hemisferio, hemiplexia... _ Hemo-: hemofilia, hemorraxia... _ Hepta-: heptasílabo... _ Hetero-: heterosexual... _ Hexa-: hexágono... _ Hidro-: hidróxeno, hidrografía... _ Hiper-: hipermercado, hipermetropía... 4

_ Hipo-: hipódromo... _ Homo-: homosexual, homoxéneo... As seguintes palabras que levan o h intercalado: adherir, adhesivo, anhídrido, coherente, cohibir, deshidratado, deshonesto, deshonra, exhausto, exhibir, exhortar, inhábil, inhumano, prohibir, rehabilitar, vehículo... Por motivos etimolóxicos escríbense con h palabras como harmonía, hasta e helmo. Tamén por razons etimolóxicas non levan h palabras como: aí,!ala!,!ola!, baía, ermida, irmán, inchar, ombro, orfo, oso, ovo, úmero... 7- Normas ortográficas: o uso do r /rr. Escríbese sempre r: En posición inicial de palabra (rato, Ramón, recuar, rito). En posición final de sílaba (altar, mercar, dicir). Cando vai despois doutra consoante (outro, tres, xenro, honra). _ En posición intervocálica: Escríbese r cando representa o son suave (vibrante simple): caro, fero,lira. Escríbese rr cando representa o son forte (r vibrante múltiple):carro, ferro, terra. Cando a unha palabra que comeza por r se lle antepón outra palabra ou un prefixo rematados en vogal, non separados dela por guión, hai que duplicar a consoante: rítmico /monorrítmico, rogativa / prerrogativa, redor / arredor, rei / vicerrei, románico / iberorrománico. 8 Normas ortográficas.o grupo nh O dígrafo nh representa a consoante nasal velar en posición interior antevocálica: unha, algunha, ningunha. Este son non existía en posición intervocálica en latín nin na lingua medieval; por iso carece de representación antiga. Debe ter en conta que este grupo non debe separarse cando vai en posición final de liña. 5