Centrado de lentes 20 de novembro de 2009

Σχετικά έγγραφα
EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Resorte: estudio estático e dinámico.

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Protección contra axentes

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

A circunferencia e o círculo

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU

Interferencia por división da fronte

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Problemas xeométricos

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

As Mareas INDICE. 1. Introducción 2. Forza das mareas 3. Por que temos dúas mareas ó día? 4. Predición de marea 5. Aviso para a navegación

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

Sistemas e Inecuacións

Tema 3.5 Fundamentos da difracción

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

Exercicios de Física 04. Óptica

1.- Evolución das ideas acerca da natureza da luz! Óptica xeométrica! Principio de Fermat. Camiño óptico! 3

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

Inecuacións. Obxectivos

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

PAU XUÑO 2016 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 FÍSICA

FISICA 2º BAC 27/01/2007

CUESTIÓNS DE SELECTIVIDADE RELACIONADOS CO TEMA 4

MEDIDAS EXPERIMENTAIS DE DIVERSOS CAMPOS MAGNÉTICOS Xosé Peleteiro Salgado Área de Física Aplicada. Facultade de Ciencias. Ourense

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común) ), cadradas de orde tres, tales que a 21

FÍSICA OPCIÓN 1. ; calcula: a) o período de rotación do satélite, b) o peso do satélite na órbita. (Datos R T. = 9,80 m/s 2 ).

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU SETEMBRO 2013 FÍSICA

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

FÍSICA. = 4π 10-7 (S.I.)).

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Código: 25 PAU XUÑO 2014 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

PAAU (LOXSE) Setembro 2009

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

Tratamentos das lentes oftálmicas

PAAU (LOXSE) Xuño 2002

XUÑO 2018 MATEMÁTICAS II

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

PAU Xuño Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Código: 25 XUÑO 2014 PAU FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

24/10/06 MOVEMENTO HARMÓNICO SIMPLE

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

Física e Química 4º ESO

PAU XUÑO Código: 25 FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Semellanza e trigonometría

PAU Xuño 2011 FÍSICA OPCIÓN A

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

PAU XUÑO 2010 FÍSICA

Lógica Proposicional

Catálogodegrandespotencias

PAAU (LOXSE) Setembro 2006

Exercicios de Física 01. Gravitación

CALCULO DA CONSTANTE ELASTICA DUN RESORTE

I.E.S. CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Semellanza

Problemas y cuestiones de electromagnetismo

PAAU (LOXSE) Xuño 2006

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

PAU Setembro 2010 FÍSICA

Ámbito científico tecnolóxico. Ecuacións de segundo grao e sistemas de ecuacións. Módulo 3 Unidade didáctica 8

Unidade II. Polarización

Código: 25 SETEMBRO 2013 PAU FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Código: 25 MODELO DE EXAME ABAU FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

TRAZADOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS NO PLANO A 1. PUNTO E RECTA

Transcript:

Centrado de lentes 20 de novembro de 2009

Sistemas de medidas de monturas Sistema Datum CD CD DEL DEC CD: DEC: DEL: DEC Centro Datum Distancia entre centros Distancia entre lentes 1

Sistema Boxing Definida na norma UNE-EN ISO 8624:2002 lch llp 5 mm LP AP lcv DEL lcv lch CB CB TVL DEC DEC MLH THL THL: Tamaño horizontal da lente lch: liña de centrado horizontal TVL: Tamaño vertical da lente lcv: liña de centrado vertical CB: Centro Boxing esv: eixo de simetría vertical DEC: Distancia entre Centros llp: liña de largura da ponte DEL: Distancia entre Lente MLH: Máxima Longura Horizontal AP: Altura da Ponte LP: Largura da Ponte 2

Outras Normas EN ISO 12870:1997 requisitos xerais dos armazóns. UNE-EN ISO 9456:1996 información que debe vir marcada nas armazóns Información Nome fabricante ou distribuidor Nome do modelo Código cor Tamaño horizontal da lente co símbolo Distancia entre lentes Largura da ponte co seu símbolo Situación Sen especificar Sen especificar Sen especificar Na fronte Na fronte Nunha haste Exemplo: 48 18 20 Normativa Europea 93/42/CEE: condicións xerais que deben reunir os productos sanitarios e os seus procesos de fabricación. Deben levar o símbolo CE. 3

Medidas faciais Definicións Plano da armazón: Plano que contén os aros da armazón. aproximada). (Definición Eixo visual: Recta que vai do obxecto á foveola pasando polo centro da pupila e o centro de rotación do ollo. (Definición aproximada). Posición primaria de mirada: Posición coa cabeza ergueita mirando de fronte un obxecto moi lonxano situado á altura dos ollos. Polo tanto os eixos visuais estarán paralelos entre si, horizontais e perpendiculares ó plano do rostro. (Jalie) 4

Centro da pupila: Centro xeométrico da pupila de entrada do ollo (imaxe do iris). Centro pupilar (CP): Intersección do eixo visual na posición primaria de mirada co plano da armazón. Punto de visión próxima (PVP): Intersección do eixo visual co plano da armazón cando se observa un punto próximo equidistante dos dous ollos situado nun plano que contén os centros de rotación dos ollos e é normal ó plano da armazón. Distancia interpupilar de lonxe (DIPL ou DIP): Distancia entre os centros pupilares dos dous ollos. Distancia interpupilar próxima (DIPP): Distancia entre os puntos de visión próxima dos dous ollos. Distancia nasopupilar (DNP): Distancia horizontal dende o centro da ponte ó centro pupilar (DNP D e DNP E). Punto principal de referencia (PPR): Punto da lente que ten o efecto dióptrico prescrito (esfera+cilindro+prisma). Punto de centraxe (PC): Punto do plano da armazón onde se debe situar o punto principal de referencia. Para lentes monofocais o PC é a proxección do centro de rotación do ollo no plano da armazón. Observese que o CP, o PVP e o PC son puntos da armazón, mentras que o PPR e o Centro Óptico son puntos da lente. 5

Medida da Distancia Interpupilar (DIP) e nasopupilar (DNP) en visión lonxana e próxima DIP en Visión lonxana Método ollo a ollo (Jalie) Variante: Suxeito mirando a un obxecto lonxano por encima da cabeza do observador (que debe estar máis baixa). 6

Erro de paralaxe (Jalie) δp = s s + l δp s + l = 400mm; s = 25mm δp = δp 16 7

DIP en Visión Próxima Método dun só ollo (Jalie) DIPP = l l + s DIPL (Jalie) 8

Medida da DNP No 80% da poboación DNP D DNP E. Que ocorre se ignoramos as diferencias nas DNPs? Exemplo: (Brooks & Borish) Medir as DNPs é especialmente necesario nos seguintes casos: Progresivas Asféricas Número de Abbe baixo ( 30) Aberración cromática Policarbonato Índices altos Anisometropía forte Úsanse o mesmos métodos que para medir a DIP, pero: a ponte non ten por que quedar centrada co nariz, polo tanto maior precisión: coa armazón posta e medindo dende o centro da ponte. Procedemento óptimo: medir a DIP, as DNPs e comprobar. 9

Medida da altura do centro pupilar Definición no Sistema Boxing: Distancia en vertical dende o punto máis baixo do interior do aro ata o centro da pupila. Observacións: Mídese coa montura adaptada. Nota: Na nosa notación: a D e a E. (Benito & Villegas) Para non cometer erros de paralaxe, os ollos do óptico-optometrista e os do suxeito deben estar á mesma altura: (Benito & Villegas) Normalmente o plano da armazón forma un ángulo coa vertical, denominado ángulo pantoscópico. Veremos máis adiante as consecuencias de que este ángulo non sexa nulo. 10

Outros métodos de medida Os métodos descritos para medir a DIP ou as DNPs lonxanas (método ollo a ollo) e próximas (método dun só ollo) teñen unha reproductivilidade baixa debido a movementos laterais: da cabeza do suxeito, da regra, ou do observador (en menor medida). que se reducen facendo a medida sentados, comprobando que o cero da regra segue onde debe despois da lectura, repetindo a medida... Existen métodos alternativos para facer estas medidas que resolven algún destos problemas: Marcado sobre os talcos: O suxeito pon a montura cos talcos (ou lentes vellas se non renova a armazón) e o observador marca neles o centro pupilar cun rotulador, seguindo os procedementos anteriores. Sácase a gafa e mídense as distancias. Se non se dispón dos talcos pódese usar cinta adhesiva transparente de celofán. Vantaxe engadida do método: permite medir tamén as alturas. Pupilómetros (ou interpupilómetros) mecánicos: Calibre convencional adaptado. Desvantaxe: non proporciona as DNPs. Gafa de proba con disco de centrado. (Obstfeld) 11

Pupilómetro Rodenstock (Obstfeld) (Brooks & Borish) Vantaxes: Elimina o erro de paralaxe. facilitan o centrado. Desvantaxe: Visión próxima. Uns visores circulares 12

Pupilómetros ópticos: Eliminan o erro de paralaxe porque son telecéntricos en espacio obxecto (pupila de entrada do instrumento en ). Incorporan un oclusor (para pacientes con estrabismos). Pupilómetro de Zeiss. (Obstfeld) Pupilómetros de Essilor, Bausch&Lomb ou Hoya. Miden a posición do reflexo corneal dunha fonte de luz concéntrica co diafragma de apertura. Vantaxes: Sirven para observadores con visión mononocular. Permiten facer medidas para visión proxima. 13

Precaucións: É importante que o instrumento teña un bon apoio nasal para evitar deslizamentos transversais. Unha posible miopía instrumental do suxeito ( converxencia) pode falsear as medidas en visión de lonxe. Debe verificarse ocluindo os ollos alternativamente e/ou preguntando ó suxeito se ve un ou dous estímulos. (Obstfeld) 14

15 (Obstfeld)

Centrado de lentes monofocais en prescricións sen prismas y y CP hd DNP_D x DEC a_d CP ve x TVL Sistemas de referencia: un para cada ollo, orixe no centro boxing, coordenadas positivas: á dereita do observador, arriba Usaremos estos sistemas para as coordenadas: dos centros pupilares (CP hd, CP he, CP vd, CP ve ): coordenadas horizontais: CP hd = DEC 2 DNP D ( ) DEC CP he = DNP E 2 16

coordenadas verticais: CP vd = a D TVL 2 dos puntos de centrado (descentramentos): horizontais: d hd, d he ; e verticais: d vd, d ve Se non se desexan efectos prismáticos: CP ve = a E TVL 2 os puntos principais de referencia (PPR) son os centros ópticos (CO) das lentes, en visión lonxana con gafas, os ollos deben fundir sen converxer nin diverxer, isto suxire situar os centros ópticos sobre os centros pupilares (CP), pero veremos que non é exactamente así. Centrado horizontal Igualamos as coordenadas horizontais dos CO coas do CP: d hd = CP hd = DEC ( DEC DNP D d he = CP he = 2 2 ) DNP E Pero tamén hai que asegurar que o eixo óptico das lentes pasa polo centro de rotación dos ollos. No caso de que o descentramento horizontal sexa cero: 17

Se o descentramento non é cero, despois do biselado a beira da lente debería quedar máis retrasada polo lado que teña maior extensión, neste debuxo o lado temporal: Pero se montamos estas lentes nunha fronte plana o centro de rotación non está sobre o eixo óptico: (Brooks &Borish) Polo tanto hai unha relación entre o descentramento horizontal e a curvatura que debe ter a fronte da armazón. 18

19 (Brooks &Borish)

Centrado vertical. Ángulo pantoscópico: medida e consecuencias Se tamén igualásemos as coordenadas verticais (Benito & Villegas): 20

CP CR CO CO CP = CR CP sin α CR CP 27mm sin α α = π rad 180 α Polo tanto: d vd = CP vd 5 α 15 ángulo pantoscópico mm mm CO CP 0.47 α 0.5 grado grado α 0.5 mm grado α d 0.5 mm ve = CP ve grado α = a D TVL 2 0.5 mm grado α = a E TVL 2 0.5 mm grado α Medida do ángulo pantoscópico Na maioría dos deseños de monturas a haste queda horizontal. Polo tanto mídese o ángulo entre a haste e o aro. Noutros deseños mídese coa gafa posta respecto da vertical. Consecuencias do ángulo pantoscópico Aumento do campo en visión próxima. Estéticamente agradable. En monturas de pasta aumenta a superficie de contacto entre a montura e o nariz, o que reduce a presión sobre esta. 21

En visión lonxana o usuario pode utilizar unha zona a 6 ou 8 mm do centro óptico da lente, polo que: A aberración cromática transversal pode ser relevante en materiais con índice de Abbe baixo (policarbonato ou materiais con índice de refracción alto); este problema é característico nun cambio de tipo de lentes. Poden aparecer efectos prismáticos diferenciais problemáticos se existe unha anisometropía forte. Ambolos dous problemas desaparecen en visión próxima, xa que se utiliza unha zona da lente máis próxima ó centro óptico. A solución consiste en reducir o ángulo pantoscópico e subir o centro óptico. Nótese que a zona útil das lentes é menor nestos casos. Dase unha coincidencia entre dous valores: o centro pupilar debe estar entre 2.5mm (5 ) e 7.5mm (15 ) por riba do centro optico debido ó ángulo pantoscópico, e nos deseños das armazóns actuais (aros pequenos), o centro pupilar adoita estar entre 3 e 8 mm por riba da liña de centrado horizontal (liña Datum), Por ese motivo é común montar o centro óptico sobre a liña de centrado horizontal sen medir a altura do centro pupilar. Este método ten dúas ventaxas: simplifica a montaxe, e o peso da lente cortada é menor na maioría dos casos. Ainda que este método resulta aceptable en moitos casos, é conflictivo nos seguintes: Monturas con aros grandes, nos que o tamaño se incrementa principalmente por abaixo xa que: o centro boxing está ata 10 mm por debaixo do centro pupilar, e o ángulo pantoscópico é pequeno para que o aro non tropece co pómulo. Polo tanto rómpese a coincidencia citada. 22

Lentes de altas potencias e lentes asféricas, nas que son máis importantes as aberracións derivadas de que o eixo óptico da lente non pase polo centro de rotación do ollo. En concreto as potencias esférica e cilíndrica das lentes nesta posición poden diferir das prescritas. Diámetro mínimo da lente Os fabricantes proporcionan lentes estándar de forma circular con diámetros determinados, normalmente múltiplos de 5 mm: 60, 65, 70, 75... O centro óptico (salvo especificacón en contra) está situado aproximadamente no centro xeométrico da circunferencia. Antes de escoller unha lente para montar nunha armazón dada e cuns descentramentos determinados, debemos saber cal é o diámetro mínimo que debe ter a lente enteira para que encha todo o aro unha vez biselada. Coller unha lente demasiado grande non é unha boa opción porque: En lentes positivas (ou astigmáticas con un ou os dous meridianos positivos) as espesuras central e periférica da lente cortada serán maiores das necesarias. En lentes negativas non existe ese problema pero posiblemente a lente sexa máis cara. Para determinar o tamaño da lente distinguiremos varias situacións posibles: Se os aros son circulares, o diámetro mínimo é doado de calcular a partir do radio interior do aro (r aro ), do descentramento total (d T = d h + d v ) e da fondura do bisel (menor que 1 mm): 23

(Benito & Villegas) Sen embargo a maioría dos aros non son circulares, senón que a distancia dende o centro boxing ata o interior do aro depende do punto do aro considerado. Denominamos r max ó máximo valor desa distancia, e diámetro efectivo a 2r max. Por outra banda o tamaño da lente sen cortar depende da máxima distancia entre o centro óptico e o interior do aro p max. r max +d T d T rmax p max Obsérvese que o punto do aro no que se sitúa r max non ten porqué coincidir co de p max. Ainda así pode demostrarse que: p max r max + d T, 24

e polo tanto podemos obter facilmente un diámetro de seguridade φ s algo maior que o mínimo pero próximo a el: φ min = 2p max + 2 mm 2(r max + d T ) + 2 mm φ s Se se desexa afinar máis, o mellor é marcar o CO no talco ou nun padrón e obter φ min graficamente, por exemplo coa axuda dun compás. Esta opción é interesante para lentes esféricas con descentramentos grandes. Obviamente débese solicitar o diámetro dispoñible inmediatamente superior ó calculado, sexa φ s ou φ min. A un maior precio os fabricantes ofertan o servicio de precalibrado ou optimizado. Consiste en que o fabricante proporciona o tamaño mínimo posible para unha forma de aro e unha prescrición determinadas. Obsérvese que esta lente non ten porque ser redonda. É unha opción interesante nos seguintes casos: Lentes astigmáticas positivas, especialmente se o meridiano de máis potencia está próximo á vertical. En lentes prismáticas especialmente se teñen unha base temporal. Progresivas con potencia de lonxe positiva. 25

(Benito & Villegas) 26

Distancia ó vértice corneal (DV). Medida Definición É a distancia entre o ápice da córnea e a intersección do eixo visual coa superficie posterior da lente. En xeral depende da dirección de mirada. Se non se especifica, sobreenténdese que o eixo visual pasa polo vértice posterior da lente. Factores a ter en conta (Fannin&Grosvenor) A distancia de vértice debe ser a suficiente para permitir o parpadeo Canto menor sexa a distancia de vértice: Maior é o campo de visión Para un campo dado, o ollo usa unha rexión da lente menor co cal na beira do campo: redúcense os efectos prismáticos monoculares e as súas consecuencias: a aberración cromática transversal e a distorsión. redúcense os efectos prismáticos diferenciais. 27

Menor é o cambio do tamaño aparente do ollo que aprecia un observador do usuario da gafa. Menor é o factor de aumento da lente (FA), é dicir cambio no tamaño da imaxe retiniana, e polo tanto menor a aniseiconía (diferencia no tamaño das imaxes nos dous ollos) derivada da corrección da anisometropía (diferencia na ametropía). Tendo en conta o grosor da lente, pode demostrarse que: FA = Factor de Forma:FF {}}{ 1 1 e c n P 1 Factor de Potencia:FP {}}{ 1 = FF FP 1 P vp d sendo (Salvadó&Fransoy) n: o índice de refracción da lente P 1 : a potencia da primeira cara n 1 r 1 P vp : a potencia de vértice posterior 1 f vp A tolerancia na diferencia entre factores de aumento nos dous ollos soe ser dun 5%. 28

Considerouse un valor típico de d v = 13mm (Salvadó&Fransoy) Polo tanto, dende o punto de vista óptico, unha distancia de vértice pequena é preferible. Variacións na DV. Se P vp > 5D, a prescripción debería incluir a DV usada na refracción. Se a DV da montura non coincide coa prescrita, debe valorarse unha corrección na potencia: P nova vp = Pvp presc 1 + Pvp presc sendo d v = d nova v d presc v d v Obsérvese que un incremento na distancia de vértice ( d v > 0) implica: Unha reducción da potencia respecto da prescripción se esta é positiva. Un aumento do valor absoluto da potencia se esta é negativa. O cambio de potencia é especialmente notorio entre a prescrición da gafa e a da lente de contacto. A influencia da DV na potencia efectiva pode apreciarse con frecuencia en: Miopes infracorrexidos que achegan as gafas 29

Présbitas (emétropes) infracorrexidos que alonxan as gafas (Tunnacliffe) 30

Medida da distancia de vértice Distinguiremos 3 situacións: Medida durante a refracción: Se a refracción se realiza con foróptero, este incorpora un visor para facer a medida. Neste caso é especialmente importante verificar a DV xa que existe unha tendencia a que o suxeito se separe algo do instrumento alcanzando DVs da orde de 20 mm. Se a refracción se realiza con gafa de proba: Usando a escala da haste. Con unha regra e correxindo aproximadamente o erro de paralaxe. Esto é posible porque o vértice da lente de proba é visible ou ten unha saxita pequena por ter pouco diámetro. (Obstfeld) Con un calibre especialmente deseñado para este labor (distometer), mídese a distancia entre a lente de proba e a pálpebra, e engádenselle 2 mm do grosor desta última. 31

(Obstfeld) (Brooks&Borish) Medida nunha gafa montada: Pode utilizarse o distometer coma no caso anterior. Neste caso os métodos ópticos teñen a dificultade engadida de que 32

o vértice anterior da lente queda oculto. Por iso mídese a distancia entre a córnea e o vértice anterior da lente e descóntase o grosor desta medido cun calibre ou espesímetro. (Tunnacliffe) A distancia ata o vértice anterior pode obterse con precisión usando un sistema telecéntrico, por exemplo con: un ceratómetro de Wessely, ou con 33

(Obstfeld) un pupilómetro de reflexo corneal. (Obstfeld) Estimación da DV antes da montaxe: Neste último caso temos, de novo, varias opcións: Medir a DV ós talcos (ou ás lentes vellas) por algún dos métodos 34

anteriores e despreciar a diferencia na frecha coas novas lentes. Estimar a frecha da cara máis plana da lente e por outra banda medir a distancia dende a córnea ó punto da montura onde vai morrer a beira desa cara. Se a cara máis plana é a exterior (lentes negativas), tamén hai que restar o grosor central da lente. Posto que a frecha depende do tamaño da lente cortada, esta contribución é un cálculo aproximado. De ahí que escoller a cara máis plana reduce o erro. (Tunnacliffe) En superficies esféricas a saxita (s) pode estimarse facilmente a partir do tamaño vertical da lente (TVL) e do radio de curvatura 35

da superficie (r): ( ) 2 TVL ( ) 2 TVL s = r r 2 = r 2 1 1 2r r { 1 [ 1 1 2 ( TVL 2r ) 2 ]} = TVL2 8r = TVL2 8(n 1) P onde o radio se calcula a partir da potencia que proporciona o esferómetro tendo en conta o índice de refracción para o cal está calibrado (n). Tolerancias de centrado As desviacións respecto do centrado ideal son inevitables (só depende da precisión coa que tomemos as medidas). A cuestión é: canto se pode desviar unha montaxe respecto do ideal sen un deterioro significativo na calidade da imaxe e sen que o usuario sufra molestias? Aberracións e efectos prismáticos diferenciais Para comenzar a responder, clasificaremos como xa viñemos adiantando en seccións previas os efectos dos erros en dous tipos: 1. Aberracións extra por centraxe incorrecta Afectan á visión monocular Xenéranse por que o eixo óptico da lente non pasa polo centro de rotación do ollo. Son máis importantes en lentes asféricas e en lentes de potencias altas (sobretodo nas positivas). A tolerancia establece límites á distancia entre a posición ideal do centro óptico (punto de centraxe) e a súa posición real. 2. Desequilibrios prismáticos, é dicir diferencia entre os efectos prismáticos que percibe cada ollo. 36

Afectan á visión binocular Se o desequilibrio prismático supera determinados límites produce molestias como dor de cabeza ou incluso se imposibilita a fusión xurdindo a diplopia. Os límites dependen da orientacion e sentido dos efectos prismáticos. Por exemplo a tolerancia é menor coa compoñente vertical do efecto prismático diferencial que coa horizontal. En xeral, manter o equilibrio prismático conduce a restriccións máis estrictas que manter as aberracións tolerables. En prescripcións con astigmatismos pequenos e esferas semellantes nos dous ollos, a tolerancia restrinxe principalmente a posición relativa dos centros ópticos a un entorno da posición relativa ideal e depende pouco da posición dos centros ópticos respecto dos puntos de centrado. É dicir, é posible que as dúas lentes dunha gafa estean mal montadas xenerando efectos prismáticos monoculares, pero que estos efectos sexan iguais nos dous ollos manténdose o equilibrio prismático. Existen varias situacións típicas nas que se deben aplicar criterios de tolerancia: Despois dunha montaxe para detectar erros e avaliar a súa importancia. Ante a imposibilidade de producir a centraxe desexada debido a unha insuficiencia de diámetro dunha ou as dúas lentes, pode valorarse a viabilidade dun centrado distinto. Despois de montar de xeito pouco preciso a lente dun ollo, para: 1. determinar se o erro é monocularmente tolerable, e en caso afirmativo 2. estudiar como montar (se é posible) a segunda lente para manterse dentro da súa tolerancia monocular e dentro da binocular. Normas de tolerancia Ainda que o esquema anterior se manten nas liñas xerais da lexislación de varios paises, os límites de tolerancia permitidos e outros detalles dependen de cada pais. Polo tanto estas normas deben considerarse como orientacións. 37

En España existía a norma UNE 43-005-74 que foi derogada sen que a reemprazase outra. Por iso veremos a norma alemana e a estadounidense ademáis da española derogada. Norma RAL-RG-915 (alemana) Tolerancias monoculares verticais según a norma RAL-RG-915 Potencia da lente (D) 0.5 1 2 3 6 7 10 Rango tolerable do CO respecto do PC (mm) [-10,5] [-5,2.5] [-4,2] [-3,2] [-2,1] Para o centrado horizontal monocular non hai tolerancias claras. Como norma de traballo os erros monoculares horizontais non deben superar os 3 mm en potencias medias e baixas. Os criterios de centrado binoculares son bastante esixentes. Esta norma distingue no efecto prismático horizontal tolerable entre dirección máis crítica e menos crítica. Na primeira, os ollos vense obrigados a sairen do seu rango de converxencia natural, é dicir a diverxer en visión lonxana ou converxer máis do que lles correspondería en visión próxima. A dirección menos crítica é a oposta. O desequilibrios prismáticos verticais sempre son moi críticos. Desequilibrios prismáticos tolerables según a norma RAL-RG-915 Potencia horizontal media das dirección menos crítica dirección máis crítica vertical lentes (D) VL BT, VP BN VL BN, VP BT 0.25-1 0.5 0.25 0.25 1.25-6 1.0 0.5 6.5-12 12-1.5 1.0 0.5 VL = visión lonxana VP = visión próxima BT = base temporal BN = base nasal 38

Vexamos o caso de prescricións esféricas (ou con cilindros pequenos). Analicemos que dirección é a crítica según o signo da potencia e da dirección do erro de centrado. Visión de lonxe Dirección máis crítica Dirección menos crítica Visión lonxana prisma lentes positivas lentes negativas Dirección menos crítica Base temporal CO cara a fóra CO cara a dentro Dirección crítica Base nasal CO cara a dentro CO cara a fóra 39

Visión próxima Dirección máis crítica Dirección menos crítica Visión próxima prisma lentes positivas lentes negativas Dirección menos crítica Base nasal Dirección crítica Base temporal CO cara a fóra CO cara a dentro CO cara a fóra CO cara a dentro En prescricións esféricas, un erro de centrado horizontal (vertical) só produce un efecto prismático horizontal (vertical). Así que a partir da táboa de desequilibrios prismáticos tolerables, podemos construir unha semellante para o erro de centrado (en distancia) tolerable en función da potencia media das lentes. 40

Norma RAL-RG-915 binocular aplicada a prescricións esféricas. Tolerancias (redondeadas) na distancia entre centros ópticos Potencia media horizontal das lentes (D) dirección menos crítica dirección crítica vertical 0.5 10 mm 5mm 1 5 mm 2.5mm 2 5 mm 2.5 mm 1 mm 3 3.5 mm 1.5 mm 1 mm 4 2.5 mm 1.5 mm 0.5 mm 5 2 mm 1 mm 0.5 mm 6 1.5 mm 1 mm 0.5 mm 7 8 1.5 mm 0.5mm 9 20 1.0 mm 0.5mm >20 0.5mm A montaxe e comprobación de tolerancias de lentes astigmáticas ten dificultades extra: Cando o eixo do cilindro é horizontal ou vertical, a táboa anterior segue sendo válida se mais que considerar a potencia do meridiano horizontal (vertical) para a buscar a tolerancia na dirección horizontal (vertical). Cando o eixo do cilindro non é horizontal nen vertical o cálculo é mais complicado e non é posible construir unha táboa como a anterior. En concreto un erro de centrado horizontal xera efectos prismáticos verticais e vice versa. Neste caso podemos calcular ou medir o desequilibrio prismático do seguinte xeito: 1. Marcar nas lentes os puntos de centraxe e os centros ópticos para medir os erros de centraxe, é dicir as distancias entre eles. 2. Medir co frontofocómetro os efectos prismáticos monoculares nos puntos de montaxe, ou calculalos a partir dos erros usando a regra xeral de Prentice: ( ) ( ) ( ) ε h F e + F c sin 2 θ F c sin θ cos θ x = F c sin θ cos θ F e + F c cos 2 θ y ε v 41

sendo: ε h (ε h ) o efecto prismático horizontal (vertical) dunha lente, x (y) a coordenada horizontal (vertical) do punto de centraxe respecto do centro óptico, e F e, F c e θ a potencia esférica, cilíndrica e o ángulo do cilindro respectivamente, (e dicir, a prescrición da lente é F e esf+f c cil θ). 3. Calcular o desequilibrio prismático a partir dos efectos prismáticos monoculares. 4. Calcular a potencia esférica equivalente de cada lente e promedialas. 5. Consultar a táboa da RAL-RG-915 de desequilibrios prismáticos tolerables correspondentes á potencia do punto anterior e comparándoos co resultado do punto 3. Por outra banda, existe unha tolerancia na orientación do eixo do cilindro, que será mais estricta canto máis potencia cilíndrica posúa a lente. Tolerancia na orientación do eixo do cilindro según a norma RAL-RG-915 Valor absoluto do cilindro (D) 0.25 0.5 0.75 1 2 >2 Erro tolerable (graos) 14 7 5 3 2 1 42

Efectos prismaticos nalgunhas lentes 1D cil x 90 0 D cil x 90 +1D cil x 90 +1D cil x 180 0 D cil x 180 1D cil x 180 meridiano principal negativo meridiano principal de potencia nula meridiano principal positivo centro optico Nota: as frechas apuntan na direccion do vertice do prisma e a sua magnitude representase coa apertura do angulo da frecha 43

Norma ANSI.Z80.1-2005 (estadounidense) Esta norma non distingue entre dirección crítica e menos crítica e considera que o centrado de lentes monofocais é para visión de lonxe. A tolerancia na orientación do eixo do cilindro é moi semellante á norma alemana. Tolerancia monocular según a norma ANSI.Z80.1-2005 Efecto prismático no PC 0.33 Distancia entre PC e CO 1 mm en calquera dirección Para estar dentro da tolerancia debe verificarse polo menos unha das dúas condicións Tolerancia binocular según a norma ANSI.Z80.1-2005 horizontal vertical Desequilibrio prismático nos PC 0.67 0.33 Distancia entre CO menos ±2.5 mm ±1 mm distancia entre PC Para estar dentro da tolerancia debe verificarse polo menos unha condición horizontal e outra vertical Tolerancia na orientación do eixo do cilindro según a norma ANSI.Z80.1-2005 Valor abs. cilindro (D) 0.25 (0.25,0.5] (0.5,0.75] (0.75,1.5] 1.5 Erro tolerable (graos) 14 7 5 3 2 44

Norma UNE-43-005-74 (española derogada) É a mais sucinta de todas. Só establece unha tolerancia binocular. Tolerancia de centrado según a norma UNE-43-005-74 horizontal vertical Desequilibrio prismático nos PC 1 0.5 Distancia entre CO menos ±1 mm distancia entre PC Para estar dentro da tolerancia debe verificarse a condición vertical e unha das condicións horizontais 45

Centrado de lentes monofocais en prescricións con prismas As prescricións prismáticas son pouco frecuentes Hai certa controversia sobre a súa utilidade en óptica oftálmica Hai autores que defenden o seu uso en dúas situacións diferentes: Provocar unha rotación do ollo na dirección da arista do prisma (entrenamento visual). Colocar a imaxe nunha posición na que o ollo poida vela cómodamente, se este presenta algunha deficiencia motriz. Se os ollos son emétropes, o elemento corrector será un prisma. Salvadó & Fransoy Cando a prescrición prismática está asociada cunha ametropía, pode obterse frecuentemente o efecto prismático desexado descentrando a lente apropiadamente. 46

Xeración de efectos prismáticos por descentramento Lembremos a regra xeral de Prentice: dentro da aproximación paraxial, o efecto prismático que introduce unha lente de prescrición F e esf + F c cil θ nun punto de coordenadas (x, y) respecto do centro óptico é: ( ) ( ) ( ) ε h F e + F c sin 2 θ F c sin θ cos θ x =, F c sin θ cos θ F e + F c cos 2 θ y ε v onde o vector (ε h, ε v ) apunta na dirección da base do prisma. Invertindo a matriz podemos despexar as coordenadas (x, y) nas que a luz sufre un efecto prismático dado (ε h, ε h ): ( x y ) = F e + F c cos 2 θ F e (F e + F c ) F c sin θ cos θ F e (F e + F c ) F c sin θ cos θ F e (F e + F c ) F e + F c sin 2 θ F e (F e + F c ) ( É dicir, se (ε h, ε v ) é a prescrición prismática buscada, entón (x, y) son as coordenadas do Punto Principal de Referencia (PPR) respecto do centro óptico. Na práctica, o PPR pode marcarse co frontofocómetro levando o centro da cruz ás coordenadas (ε h, ε v ), pero como o instrumento só marca dioptrías prismáticas enteiras, ese método é mais impreciso. Ademáis, moitos frontocómetros carecen de diasporámetro polo que o efecto prismático está restrinxido a un rango determinado (típicamente 5 ou 6 ). O PPR debe montarse no punto de centraxe, é dicir na vertical do centro pupilar, medio milímetro máis abaixo por cada grado do ángulo pantoscópico. ε h ε v ), CB PPR x D y D CO y E CO x E CB PPR 47

Existen dúas situacións nas que non se poden xenerar efectos prismáticos por descentramento: Con lentes asféricas, xa que as aberracións monoculares son maiores que en lentes esféricas se o eixo óptico da lente non pasa polo centro de rotación do ollo. Se o diámetro mínimo da lente enteira supera o das lentes estándar do fabricante. Esto ocorrerá se o CO queda moi lonxe do PPR, é dicir se o efecto prismático prescrito é alto e/ou a potencia da lente é baixa. Nestes casos, deberase pedir ó fabricante unha lente co prisma incorporado, ainda que resulte unha opción máis cara. Tolerancias de centraxe A norma española e a alemana non establecen nada especial para prescricións prismáticas. Polo tanto unha prescrición prismática estará en tolerancia cando o efecto prismático no punto de centraxe non difira do efecto prescrito máis que o que marca a tolerancia. Igualmete as táboas de centraxe monocular e binocular da norma estadounidense son: Tolerancia monocular según a norma ANSI.Z80.1-2005 Efecto prismático no PC 0.33 Distancia entre PC e PPR 1 mm en calquera dirección Para estar dentro da tolerancia debe verificarse polo menos unha das dúas condicións Tolerancia binocular según a norma ANSI.Z80.1-2005 horizontal vertical Desequilibrio prismático nos PC 0.67 0.33 Distancia entre PPR menos ±2.5 mm ±1 mm distancia entre PC Para estar dentro da tolerancia debe verificarse polo menos unha condición horizontal e outra vertical En realidade, na sección anterior (montaxe de prescricións sen prismas) particularizamos estas táboas reemprazando PPR por CO. 48

Centrado de lentes bifocais O cristalino é a lente do ollo que pode cambiar a súa potencia para enfocar na retina obxectos que estean a diferentes distancias. Este cambio de potencia denomínase acomodación. A presbicia é a perda da capacidade de acomodación que ten lugar coa idade do individuo. A lentes bifocais as trifiocais e as progresivas úsanse para compensar a presbicia. As lentes bifocais posúen dúas rexións ben definidas con potencias diferentes: unha rexión de lonxe ou lente principal que traballa como unha monofocal; e unha rexión denominada segmento para visión próxima cunha potencia esférica maior. Vantaxes frente a lentes progresivas: Visión nídia nas dúas rexións. Campos de visión mais amplos Desvantaxes As persoas coa presbicia máis avanzada non poden enfocar a distancias intermedias. A parte superior do segmento dos modelos máis comúns produce un reflexo que pode resultar molesto A unión do segmento coa lente principal é visible o que: resulta antiestético delata a idade do usuario 49

Tipo de bifocal 2 5 1 5 0 +1 5 +2 5 Tipo E Tipo D Tipo C Redondo Panorámico (Tunnacliffe) Criterios ópticos na selección do tipo de bifocal: Desprazamento do punto de visión próxima debido ós efectos prismáticos combinados da lente principal e do segmento. Canto menor sexa este parámetro máis comoda será a lente. Os tipos de bifocais do esquema anterior están ordeados según a contribución do seu segmento ó desprazamento total. O Tipo-E baixa o PVP e o panorámico subeo respecto da posición que tería nesa lente se fose monofocal. Polo tanto os primeiros serían apropiados para lentes negativas e os últimos para positivas. 50

Salto vertical de imaxe no bordo superior do segmento. É porporcional á distancia entre o centro óptico do segmento (COS) e o seu bordo superior. No Tipo-E é nulo e vai aumentando sucesivamente para os demáis modelos. Amplitude dos campos visuais. Actualmente téndese ós segmentos grandes, xa que é a característica onde as bifocais aventaxan ás progresivas. Normas de centrado horizontal A inserción do segmento Consideremos un bifocal dos tipos D, C ou redondo nos cales o centro xeométrico do segmento (CXS) e o seu centro óptico (COS) están na mesma vertical. Neste caso a inserción é a distancia en horizontal dende o CO de lonxe ata o COS. Supoñamos ademáis unha potencia de lonxe nula. Cando cada ollo mira polo COS os eixos visuais non se desvían ó atravesaren cadansúa lente, e punto onde se cortan determina o plano onde os campos visuais de cada ollo se solapan totalmente; é dicir onde o campo binocular é máximo. Para que este plano estea a unha distancia de visión próxima típica, a inserción debe coincidir coa diferencia entre a DNP lonxana e a próxima: aproximadamente 2.5 mm na dirección nasal. Esta é a denominada inserción xeométrica. (Jalie) 51

Sen embargo, a lente principal ten potencia na maioría dos casos; logo, os raios que pasan polo centro do segmento sufren unha desviación. Se mantemos a inserción xeométrica, o plano onde realmente se cortan os eixos ópticos está máis lonxe do usuario se a lente principal é positiva, e está máis próximo se é negativa. Dito doutro xeito, a inserción que proporciona o máximo campo binocular (i op ) a unha distancia de traballo l depende da potencia de lonxe no meridiano horizontal (F h ). En concreto: i op = DNPL ( ) 1 l s F h + 1 L = DNPL S F h + L onde s é a distancia entre o plano da gafa e o centro de rotación do ollo, S é a inversa de s e L a inversa de l. Nótese que i op tamén depende da distancia de vértice a través de s. (Jalie) De tódolos xeitos, como os segmentos adoitan ser grandes, un solapamento parcial dos campos non é crítico. Por eso, os fabricantes soen usar unha inserción constante independentemente da potencia de lonxe. Lentes tipo C e D O punto de referencia na lente para visión próxima é o punto superior do segmento, (punto S). Deberemos escoller entre tres estratexias de montaxe distintas: Privilexiar a visión lonxana. Consiste en colocar o PPR de lonxe (normalmente o CO) na vertical do centro pupilar, é dicir montar a lente como se fose monofocal. Equivalentemente o descentramento do punto S debe ser: ( ) DEC d h = DNPL + i real 2 onde i real é a inserción coa que está fabricado o segmento. 52

Privilexiar a visión próxima. Móntase o punto S na vertical do punto de visión próxima coa lente posta: ( ) DEC d h = DNPL + i op 2 A desvantaxe é que o CO da lente principal non cadra na vertical do CP salvo que i op = i real. Polo tanto en visión lonxana probablemente aparecerán efectos prismáticos diferenciais. De ahí que resulte máis apropiada para potencias baixas que para altas. Privilexiar o resultado estético. Procúrase que os segmentos queden simétricos na armazón: d h = DEC DIPL 2 + i real Este criterio coincide co primeiro se as dúas DNPs son iguais. Lentes tipo E Nestas lentes non é necesario facer casar os campos, pero tamén se fabrican con inserción para evitar saltos horizontais na imaxe. Teñen a particularidade de que o CO de lonxe é dificil de marcar por estar situado sobre o bordo do segmento o que dificulta a medida da inserción real; se se desexa privilexiar a visión lonxana pode usarse a inserción que proporcione o fabricante. Obsérvese que a opción estética carece de senso neste caso. Lentes de segmento xirable As bifocais astigmáticas ou con efectos prismáticos de segmento redondo ou panorámico móntanse igual que as de tipo C ou D. Sen embargo as que só teñen prescricions esféricas poden rotarse arredor do eixo óptico, o que nos da liberdade para escoller a inserción óptima. É dicir, o CO de lonxe móntase na vertical do centro pupilar, mentras que a orientación da lente debe ser tal que o punto S estea na vertical do punto de visión próxima. Esta tarefa faise no centrador. v d i COD γ COS 53

Normas de centrado vertical A altura do bordo superior do segmento determina os tamaños dos campos adicados a visión lonxana ou a próxima. Por suposto o segmento non debe molestar á visión de lonxe na posición primaria de mirada. Describiremos tres criterios de similares resultados para unha montaxe estándar de bifocais. Partindo da posición primaria de mirada, o punto S do segmento debe quedar á mesma altura que: O punto inferior do iris. En moitas ocasións haberá que apartar a pálpebra inferior para deixar visible ese punto. A pálpebra inferior. É un punto máis accesible pero máis variable entre individuos e máis propenso a asimetrías. Entre 4 e 5 mm por debaixo de centro pupilar. No sistema Boxing, as alturas destes puntos mídense con respecto ó punto máis baixo do bordo interior do aro, ó igual que a altura do centro pupilar. Os anteriores criterios xerais débense modificar según distintos factores: O uso principal da gafa: se este é para visión de lonxe, o segmento debe baixarse para incrementar este campo. Polo contrario o segmento montarase máis alto se o uso básico é para visión próxima. (Jalie) O salto de imaxe na transición: canto maior sexa, mais alto debe montarse o bifocal para asegurar un campo de visión próxima cómodo. 54

A altura do usuario: persoas altas precisarán montaxes baixas, para que o segmento non moleste ó mirar ó chan. A experiencia previa: se xa é un usuario de bifoais satisfeito, é aconsellable respetar a altura á que está adaptado sempre que non haxa motivos para o contrario (p. ex. bifocais para visión próxima principalmente); se é un novo usuario, o segmento debe quedar baixo para que o perceba menos facilitando a adaptación. Montaxes posteriores terán montaxes máis altas. (Tunnacliffe) Ainda que algúns autores defenden que a altura de cada segmento debe adaptarse ó seu ollo, a maioría opina que as dúas lentes deben quedar á mesma altura por motivos estéticos. Posto que os efectos prismáticos no centro óptico do segmento coinciden cos da lente principal, poden xurdir prismas diferenciais se o suxeito presenta anisometropía. Os máis conflictivos son os prismas verticais, que se poden compensar usando bifocais de tipo distinto, bifocais de segmento redondo con radios diferentes nos dous ollos, tallando (slab-off) ou pegando un prisma na zona de cerca. Tolerancias de centraxe Tanto a norma alemana como a estadounidense establecen normas específicas para a centraxe de lentes bifocais. 55

Tolerancias na centraxe de bifocais según a norma RAL-RG-915 horizontal vertical Posición de cada segmento ±1 mm [+0.5, 1] mm Diferencia entre centros dos segmentos ±1.5 mm ±0.5 mm Tolerancias na centraxe de bifocais según a norma ANSI.Z80.1-2005 horizontal vertical Posición de cada segmento ±1 mm Diferencia entre centros dos segmentos ±2.5 mm ±1 mm Orientación do segmento 2 respecto da horizontal Orientación Obsérvese que nas bifocais astigmáticas ou prismaticas, a orientación relativa do segmento respecto do eixo do cilindro e/ou da dirección do prisma ven fixada de fábrica. Debe comprobarse que esta orientación é a correcta. Despois montarase a lente procurando que o bordo superior do segmento quede horizontal, xa que de non ser así: introduciremos un erro no ángulo do cilindro e/ou na dirección do prisma, e obteremos un resultado antiestético; incluso pequenas inclinacións dos segmentos son fácilmente detectables. Características da montura Son máis recomendables as armazóns metálicas que as plásticas, xa que as primeiras permiten pequenos axustes na altura do segmento. A armazón debe conservar todo o segmento (ou case) se éste é do tipo C, D ou redondo; en xeral é recomendable unha altura de segmento igual ou maior que 20mm, cunha parte inferior nasal ampla evitando as formas de aro tipo piloto (ou pera). 56

Centrado de lentes trifocais As persoas con presbicia avanzada que usen bifocais para visión próxima, non poden enfocar a distancias intermedias. Unha posible solución son as lentes trifocais, as cales posúen tres rexións para tres rangos de distancias: lonxana intermedia, e próxima ou de lectura As trifocais teñen vantaxes e desvantaxes semellantes ás bifocais. A adición da rexión intermedia é entre o 40% e o 70% da adición da rexión de lectura. (Jalie) 57

(Jalie) (Jalie) 58

Tipos de trifocais (Tunnacliffe) Centrado de trifocais É igual que nas bifocais: O centrado horizontal As tolerancias de centrado As características da montura (é máis importante ainda un tamaño vertical amplo) É diferente o centrado vertical: Nun centrado de propósito xeral dunha trifocal, o punto superior da rexión intermedia debe situarse sobre o bordo inferior da pupila na posición primaria de mirada. 59

Esta altura pode modificarse en función do uso da lente, especialmente se esta é ocupaciónal. (Tunnacliffe) 60

Centrado de lentes Progresivas O mercado en Europa estase decantando polas lentes progresivas para compensar a presbicia. Posúen unha rexion de visión de lonxe e outra próxima pero a transición entre as dúas é suave e progresiva sen cambios bruscos de potencia nen saltos de imaxe. A zona de transición só proporciona boa calidade de imaxe nunha rexión estreita ou corredor progresivo entre a zona de lonxe e a de cerca. Cara ós lados do corredor a lente presenta astigmatismos fortes. (Salvadó&Fransoy) Vantaxes frente a lentes multifocais: Posibilidade de enfocar a calquer distancia intermedia sen saltos de imaxe. Para un profano a lente é indistinguible dunha monofocal: non se producen reflexos entre as distintas zonas, millor estética. 61

(Tunnacliffe) Desvantaxes Zonas da lente con fortes astigmatismos, só válidos para visión periférica. Campos de visión reducidos principalmente no corredor, pero tamén na rexion de cerca. Necesidade dun período de adaptación ou aprendizaxe. 62

Marcas e centraxe As lentes progresivas presentan as seguintes marcas permanentes: dous circuliños ou similares afastados 34 mm a adición con dous ou tres díxitos baixo o circuliño temporal frecuentemente a marca modelo ou índice de refracción baixo o circuliño nasal Tamén presentan marcas delebles, que varían entre casas comerciais e modelos, pero soen incluir: Unha cruz de referencia para a montaxe. Zona de control da potencia de lonxe. Zona de control da potencia de cerca. Punto para control do efecto prismático (prisma de alixeiramento). Unha ou dúas liñas horizontais para facilitar a montaxe. 25 ( ) G1 200 12 30 63

Centraxe O punto de referencia de centraxe é o centro da cruz, que debe situarse no centro pupilar (punto de montaxe). Como en multifocais, non se poden obter efectos prismáticos por descentramento, débeos incorporar a lente xa de fábrica. As lentes están deseñadas para distancias de vértice e ángulos pantoscópicos determinados, que dependen do modelo e forman parte da información que os fabricantes proporcionan. Os ángulos pantoscópicos soen estar entre 10 e 12, e as distancias de vértice entre 12 e 16 mm. Por suposto estos valores deben ser respetados. A centraxe é sinxela, pero debe ser realizada con precisión. Nestas lentes é especialmente importante: adaptar a armazón ó usuario antes de facer as medidas faciais, centrar cada ollo independentemente, medindo a DNP e a altura de cada ollo, e comprobar o resultado. (INDO) 64

Problemas derivados dunha centraxe deficiente Unha centraxe deficiente é a causa máis probable dunha inadaptación. Por iso vamos a estudar os posibles erros e as súas consecuencias: Altura excesiva das lentes: o usuario observa polo corredor en visión lonxana, polo tanto sufrirá: visión embazada (borrosa) de lonxe debido a unha potencia máis positiva do necesario, e campo horizontal de lonxe reducido. Solución: Se o erro é pequeno pódense axustar as plaquetas para baixar a armazón respecto dos ollos. Nótese que unha corrección de lonxe máis positiva do debido (miope infracorrexido ou hipermétrope sobrecorrexido) tamén produce visión borrosa de lonxe ainda que o centrado sexa o correcto. Altura insuficiente das lentes: A zona de visión próxima está moi baixa, o que produce: unha postura incómoda (a cabeza moi ergueita) para usar a zona de cerca, ou uso do corredor en visión próxima o que implica: un campo reducido en visión próxima, e unha distancia de lectura grande. 65

Solución: Se o erro é pequeno pódense axustar as plaquetas para subir a armazón. Alturas das lentes diferentes en cada ollo: Por exemplo cando os ollos están a diferentes alturas e as lentes se montan á mesma altura. Ademáis dos efectos monoculares descritos máis arriba, teremos: un desequilibrio prismático vertical e unha adición distinta para cada ollo no corredor, que causan unha incomodidade dificil de describir polo usuario. Solución: Se só unha lente está mal (e outra ben), reemprácese. Non se deben repartir os erros deixando unha lente alta e outra baixa respecto a cadanseu ollo. Centrado horizontal erróneo nun ollo: O eixo visual do ollo mal centrado pasa próximo ou a través dunha zona marxinal, reducindo o campo binocular intermedio. Ademáis aparecerán desequilibrios prismáticos. É posible que o usuario refira unha incomodidade indeterminada. 66

Solución: Determinar, coa montura ben axustada, a lente incorrectamente montada e sustituila. Modificar a posición das plaquetas para promediar o erro non aumenta o campo binocular. Esta opción só será aceptable para erros moi pequenos. Centrado horizontal erróneo nos dous ollos no mesmo senso: O usuario ve ben cara ó lado para o cal están desviadas as lentes; é dicir ten que xirar a cabeza. Solución: Desprazar a armazón horizontalmente se non resulta antiestético. Centrado horizontal erróneo nos dous ollos en senso oposto: Reducción de tódolos campos de visión, especialmente o intermedio. Desequilibrios prismáticos (horizontais na maioría dos casos). 67

Solución: Biselar correctamente dúas lentes novas. Rotación dunha lente: Efectos en correccións esféricas: desprazamentos laterais das zonas da lente próximas ó aro, e polo tanto perda de campo en visión media/próxima e próxima. Efectos a maiores en correccións astigmáticas: Ó igual que en monofocais, o astigmatismo queda mal compensado en visión lonxana e próxima, o que produce unha visión borrosa. En visión intermedia, o astigmatismo residual combínase co astigmatismo das zonas marxinais, podendo dar lugar a desprazamentos laterais do corredor; o que implicaría perda de campo binocular en visión intermedia. Nota: Unha prescripción errónea do astigmatismo en potencia ou en eixo conduce a efectos semellantes ainda que o centrado sexa correcto. Solución: Intentar rotar a lente dentro do aro, verificando despois a centraxe horizontal e vertical. 68

En resumo, o axuste das plaquetas só é válido se coloca cada cruz de centrado sobre o seu ollo. Características da montura Son semellantes ás necesarias para montar bifocais: Zona nasal ampla e bastante altura. A altura mínima entre o aro e a pupila depende do modelo de progresiva, pero soe estar comprendido entre 22 e 25 mm. (Salvadó&Fransoy) Polo que vimos anteriormente, son moi recomendables as monturas con plaquetas axustables (normalmente metálicas). Recomendacións na prescripción e no uso de progresivas Non se debe prescribir máis adición da necesaria para prolongar a vida útil das lentes, xa que se dificulta a adaptación. En lentes progresivas ou asféricas resulta máis necesario o uso de tratamentos antirreflectantes, especialmente en conducción nocturna. O óptico-optometrista debe instruir detalladamente ó présbita no uso destas lentes e advertille das dificultades de adaptación, tratando os seguintes puntos: Combinación de ollo e cabeza. 69

Uso do corredor. Presencia de aberracións laterais (borrosidades, ondulacións). Período de adaptación aproximado de 2 semáns. Uso gradual comenzando en situacións estáticas. Abandono total do bifocal ou progresivo anterior de menor adición. Inadaptacións Orixe das inadaptacións Considérase que só o 5% das persoas ás que se lle colocan progresivas, sofren inadaptacións. Do total de inadaptacións: o 60% é debido a unha mala centraxe o 30% é debido á prescrición o 10% é debido a outras causas (fisiolóxicas e psicolóxicas) Individuos propensos a presentar problemas de adaptación Persoas con problemas de convexencia, de mobilidade ocular ou de mobilidade da cabeza. Anisométropes. Usuarios de bifocais satisfeitos. Persoas moi nerviosas ou pouco adaptables. Persoas que teñen unha actitude negativa frente ás progresivas ou que actúan coaccionadas por un terceiro. 70