Tema 3 QUE É REAL? ALÉN DA FÍSICA A Metafísica é considerada a rama máis abstracta e difícil da Filosofía. A nivel cotiá un punto de vista é considerado metafísico cando parece tan complicado que queda fóra da nosa comprensión por ser difícil de entender. A orixe accidental da palabra: Termo grego metafísica = aquilo que vai despois da física. Pasou a formar parte do léxico filosófico cando o tratado de Aristóteles que hoxe coñecemos como Metafísica foi atopado sen título entre os seus papeis. Posto que na colección aristotélica ía tras a obra titulada Física, déuselle ese nome ( logo de ). O autor que ordenou as súas obras foi Andrónico de Rodas no s.i. a.c. O que vai despois da Física: Outro sentido máis filosófico da metafísica. Os 1º escritos filosóficos gregos = Sobre a natureza (physis), adoitan versar sobre o que hoxe é c.física pero tamén trataban sobre o significado último da natureza, do universo, é.d., sobre cuestións que lle concirnen a aquilo que ven despois do mundo físico. Textos: Trías: Cales son as cuestións metafísicas segundo este autor? Leibniz: Como define o autor o principio de razón suficiente? Tenta responder a última pregunta formulada polo autor. Craig: Cales son os dous tipos de investigación que leva a cabo a metafísica? QUE DI A CIENCIA SOBRE A REALIDADE? A Física contemporánea sostense sobre dúas teorías diferentes: α) Teoría da Relatividade: proporciona o cadro teórico para a comprensión do universo a escala máxima = macrouniverso (estrelas, galaxias, cúmulo de galaxias). Explicación: espazo de 4 dimensións, paradoxo dos xemelgos. β) Mecánica Cuántica: explica o universo en escalas mínimas: moléculas, átomos, partículas subatómicas = microuniverso. Explicación: principio de incerteza de Heisenberg O obxectivo final da ciencia é proporcionar unha única teoría que describa correctamente todo o universo.os científicos actuais describen o universo a través de dúas teorías parciais fundamentais:a teoría da relatividade xeral e a mecánica cuántica. Ámbalas dúas teorías constitúen o gran logro intelectual da primeira metade do século XX. A teoría da relatividade xeral describe a forza da gravidade e a estructura a gran escala do universo. A mecánica cuántica, pola contra, ocúpase de fenómenos a escala extremadamente pequenas.desafortunadamente sábese que estas dúas teorías son inconsistentes entre si: ambas non poden ser correctas ao mesmo tempo.un dos maiores esforzos da física actual é 1
buscar unha nova teoría que incorpore as dúas anteriores.pero aínda non se dispón de tal teoría. (S.Hawking,, Historia do tempo). MUDANZA E PERMANENCIA Un dos primeiros problemas que suscitou na Historia da Filosofía = problema da Permanencia e da Mudanza. Os primeiros filósofos gregos admiráronse de 2 características básicas do mundo: as mudanzas no mesmo pero ao mesmo tempo a continuidade de certas condicións que en aparencia son permanentes. Intentaron explicar ámbalas 2 cousas: os caracteres cambiantes e os permanentes da realidade. A solución aristotélica Explicar o cambio COMPOSICIÓN SUBSTANCIA HILEMORFISMO permítelle conciliar o permanente e todas as cousas o cambiante, a unidade e a multiplicidade dos seres Unión de (synoloi) por esencia e ser definible MATERIA sobre prioridade FORMA aspecto externo M.Primeira apeiron O común a toda especie M.Segunda: bronce, carne,osos aspectos das cousas sola/ ela é definible Conxunto de elementos físicos os distingue Ppo. gracias o cal os que constitúen os seres (carne, elementos físicos posúen e que de por si son indeterminados a mente unha determinada estru. intelixible Elemento pasivo, informe, a abstracción esencia (eidos), natureza desestructurado (physis) Ppo. caracteres individuais Coppo inintelixible sen a forma Ppo.dinamismo, de universalidade e especif. dos seres = especie Cppo de intelixibilidade e realización dos seres 2
CAMBIO = movemento = calquera modificación dunha cousa Establece 3 ppos explicativos Substrato: o que permanece materia Unha privación Forma Pto.partida Unha forma: o que se adquire Seres tenden a súa perfección Sentido finalístico, teleolóxico Pto.chegada Definición = paso da potencia ao acto realización das potencialidades dun ser / Parménides imposibilidade do cambio paso ser á nada da nada ao ser introduce conceptos ser en potencia (dynamis) posibilidade de chegar a ser aquelo cómo!! que se é por natureza * non todo pode ser calquera cousa Ex. ouruga ser en acto (entelechia): realización, termo dun proceso Son correlativos cada ser Posúe características = acto Posúe posibilidades que desenvolver = potencia Relacionalos con Materia Forma a materia posúe en potencia unha forma, que realizada no no cambio é o acto da súa potencia TEORÍA HILEMÓRFICA Explica a composición dos seres, a partir de materia e forma Supera así o dualismo platónico da Tª das Ideas e reconcilia o permanente co cambiante TEORÍA POTENCIA-ACTO Explica o devir dos seres como o paso da potencia ao acto Supera os argumentos sobre a imposibilidade do movemento de Parménides e Zenón 3
Tipos Substancial: cambio da substancia mesma, as propiedades esenciais;xeración e corrupción. Ex: papel cinza Accidental: cambio dunha propiedade 2ª dun ser: cualitativos (cor de pelo, coñecemento), cuantitativos, locativos Causas busca causas porque cto.científico é cto.das causas.1º filósofo en sistematizalas Mediante elas quere explicar todos os procesos da natureza Intrínsecas Material: substrato onde se produce o cambio(xonios).explica: de qué Formal: a esencia (Platón, pitagóricos) Explica: qué Extrínsecas Eficiente: o que orixina o cambio (Empédocles, Anaxógoras).Quén Final: aquelo para o que se produce o cambio. Explica: para qué. É a causa + importante interpretación teleolóxica do Universo/ mecanicismo de Demócrito A solución de Demócrito: A súa solución é materialista: os constituíntes últimos da realidade son os átomos = unidades físicas indivisibles; átomo = que non ten partes, que non pode ser dividido e tamén existe o baleiro Cada átomo ten unhas características en canto a forma, tamaño que son inalterables Os átomos están en continuo movemento polo baleiro. Chocan uns contra outros, sendo proxectados en diferentes direccións, formando combinacións diversas. Así, pódese describir a forma e o tamaño de cada átomo pero pode atribuírselle cada un deles un constante cambio de posición. Así, Os trazos inmutables dos átomos proporciona a explicación dos trazos permanentes do universo, e o movemento dos mesmos explicaría as alteracións que teñen lugar nun mundo, que na realidade, non experimenta mudanza ningunha. O mundo dos átomos é sempre o mesmo, pero a súa distribución e as súas posicións relativas poden ser alteradas sen cesar. Os cambios que percibimos non se producen, de feito, na realidade: son tan so recombinacións de átomos. O problema mente cuerpo Dúas realidades diferentes? Dadas as aparentes diferenzas entre os feitos físicos e mentais, e a súa aparente relación, a metafísica propuxo diversas teorías sobre a natureza da mente e do corpo e sobre a conexión que hai entre un e outra. 4
Solucións ao problema mente corpo Dualismo: corpo e mente son 2 tipos de entidade totalmente diferentes. As características básicas do corpo = propiedades xeométricas = tamaño, forma. Característica básica da mente = pensamento. Descartes. Materialismo: apóiase nas informacións sobra as bases neurolóxicas da nosa actividade mental achegadas pola ciencia. Sosteñen que os estados mentais = estados físicos do sist. nervioso central e polo tanto, mente = cerebro.d.amstrong, P.S.Churchland Epifenomenismo: Doutrina filosófica que propugna a primacía dos procesos físicos sobre a conciencia, a cal só é un fenómeno secundario que acompaña a aqueles.t.h.huxley Condutismo Lóxico: Para o condutismo lóxico a mente non existe propiamente e o cerebro é irrelevante para o estudo dos fenómenos psicolóxicos. Todo o mental redúcese á conduta e a disposicións para a conduta, non é nada máis aló da conduta. A mente é só a aptitude e disposición a facer un determinado tipo de cousas. Propugnan, en consecuencia, abandonar a linguaxe mentalista (é dicir, termos como desexo, crenza, sentimento ou propósito) das explicacións psicolóxicas, sendo substituído por unha linguaxe descritiva dos estímulos e respostas, así como das leis que gobernan a conduta. Así, por exemplo, a miña crenza de que vai chover consiste en feitos tales como que leve posto un impermeable e collo un paraugas cando saio á rúa. O condutismo levaba a unha rúa sen saída xa que era imposible non diferenciar os estados mentais das súas manifestacións condutuales; por exemplo, entre o estado subxectivo de dor e a conduta asociada a esa dor. Ademais, hai procesos mentais aos que non acompaña conduta algunha e estados mentais que parecen implicar outros estados mentais: se collo o paraugas é non só pola miña crenza en que vai chover senón tamén polo meu desexo de non mollarme, o cal supón á súa vez a crenza de que o paraugas manterame seco. Os estados mentais parecen resistirse a ser pura e simplemente eliminados.g.ryle Funcionalismo: compara a mente co software dun ordenador. A mente, coma o programa dun ordenador, reacciona aos imputs externos producindo como saídas outputs- determinados resultados: determinadas formas de conduta. O funcionalismo está asociado á investigación sobre a intelixencia artificial, iniciados por A.Turing. H.Putnam Os procesos mentais internos son estados funcionais do organismo cuxo órgano non é necesariamente o cerebro. Así, por exemplo, a dor non é un estado físico-químico do cerebro ou do sistema nervioso, senón un estado funcional do organismo tomado na súa totalidade. Deste xeito, os fenómenos mentais son estados funcionais do organismo e non é posible coñecelos estudando procesos parciais nos que están implicados, como os procesos cerebrais. O funcionalismo presupón que unha mesma función pode ser desempeñada por sistemas moi distintos, xa que a natureza dos seus compoñentes non é esencial para o correcto desempeño da súa función. Unha cousa é un reloxo ou un termostato pola función que realiza (dar a hora, desconectar a corrente cando se alcanza unha determinada temperatura) e tanto dá o material do que está feito. Do mesmo xeito, as crenzas e desexos son estados físicos de sistemas físicos que poden estar feitos de diferentes tipos de materiais. Algo é unha crenza ou un desexo en virtude do que fai e non en virtude dos materiais dos que o seu sistema está composto. Non é analizando o sistema senón a súa función como comprenderemos o proceso. Deste xeito, podemos atribuír estados mentais a seres extraterrestres cunha estrutura fisicoquímica moi diferente á nosa e as funcións mentais poderían moi ben ser desempeñadas por un soporte non orgánico, como un computador dixital. Calquera sistema pode ter mente a condición de que sexa capaz de realizar a función adecuada. Crise da Metafísica As teorías metafísicas intentan presentar un sistema xeral que explique as características máis fundamentais da realidade do mundo e de nós mesmos. Os metafísicos non se dan postos de acordo cal delas é a verdadeira ou se hai algunha máis verdadeira ca outra. 5
Os límites do noso coñecemento Debido a esta cuestión, algúns filósofos comezaron a pensar que había algo que non acababa de funcionar ben no propio enfoque metafísico. Que impide que ese tipo de investigación poida chegar a resultados satisfactorios? No século XVIII, HUME e KANT responderon esa pregunta mostrando certas limitacións da nosa capacidade de coñecer que fan imposible que haxa solucións satisfactorias para os problemas metafísicos. Empirismo e Metafísica Para Hume, as únicas ideas que teñen significado son aquelas que se corresponden con impresións sensibles: xa que poden ser contrastadas coa experiencia con conceptos matemáticos: porque expresan relacións entre ideas, relacións cuxa verdade comprendemos intuitivamente Ningún outro concepto pode ter significado porque non hai modo de decidir sobre a súa verdade. Por iso as nocións clave da metafísica: realidade, alma, materia, Deus; non teñen significado: non somos capaces de definilas en termos de nada do que coñecemos A crítica kantiana da metafísica: Segundo Kant, a dificultade que nos impide darlles resposta ás preguntas metafísicas radica en que non temos xeito de saber se o noso aparello mental é aplicable a algo que estea alén do ámbito da experiencia sensorial. Supoñamos que por debaixo das aparencias sensoriais (formas, cores, sons) hai unha realidade subxacente, do cal quere falar a metafísica. Pero non posuímos ningún concepto, ningunha intuición, ningún esquema mental dos que podamos dicir que sexan aplicables a esa realidade. A nosa capacidade de percibir está limitada a aquilo que podemos situar nun contexto espacial e temporal (obxectos empíricos); fóra dese contexto espacio-temporal somos incapaces de percibir nada Ademais aos nosos esquemas mentais e as nosas categorías son ppos.organizativos que poñen orde no percibido. Non os aprendemos senón que son innatos: son o noso modo de entender a realidade. Pero eses esquemas e esas categorías producen coñecemento tan só cando os aplicamos ao que percibimos no espazo e no tempo, é dicir, cando os aplicamos ás aparencias sensibles; por iso a Metafísica non nos pode dar coñecemento pois non podemos aplicar os nosos esquemas mentais aos seus conceptos pois deles non temos datos na experiencia (están alén da experiencia) 6