USO DO DICIONARIO. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω

Μέγεθος: px
Εμφάνιση ξεκινά από τη σελίδα:

Download "USO DO DICIONARIO. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω"

Transcript

1 USO DO DICIONARIO 1. A mellor forma de usar correctamente un dicionario é estar familiarizado con el. Le a introdución ao dicionario (Observaciones para el uso del diccionario) e familiarízate coas abreviaturas que se empregan, que aparecen explicadas ao comezo. Busca o significado das abreviaturas que aparecen nas seguintes entradas: ἐκφύω ἵνα πολέμιος ἔνθα θεός ἵζω 2. O ENUNCIADO DE SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. Un substantivo enúnciase co nominativo singular, a terminación do xenitivo singular e o artigo: ψυχή -ῆς ἡ; θεός -οῦ ὁ; βιβλίον -ου τό, etc. Adóitase antepoñerlle á desinencia de xenitivo aquela parte da desinencia da palabra que se considere necesaria para a súa correcta declinación: σῶμα -ατος τό; φύλαξ - ακος ὁ; πόλις -εως ἡ, etc, chegando mesmo a aparecer a palabra enteira en caso xenitivo, ben por ser necesario: θρίξ τριχός ἡ, ben por comodidade: φλέψ φλεβός ἡ. Se un substantivo se declina unicamente en plural (pluralia tantum), atoparemos o seu enunciado en plural: Ἀθῆναι -ῶν αἱ. Se un substantivo presenta xénero masculino e feminino, atoparemos os dous artigos no seu enunciado: παῖς παιδός ἡ ὁ. Enunciado dos adxectivos 2-1-2: καλός -ή -όν 2-2: ἄδικος -ον 3-1-3: γλυκύς -εῖα -ύ Un adxectivo enúnciase cun nominativo singular de cada xénero e en grao positivo: 3-3: ἀληθῆς -ές καλός -ή -όν, ἀληθής -ές, etc. Nos adxectivos con comparativo e superlativo irregular, estes graos tamén veñen enunciados expresamente no dicionario: βελτίων -ον e βέλτιστος -η -ον de ἀγαθός -ή -όν; χείρων -ον e χείριστος -η -ον de κακός -ή -όν.

2 Nos artigos dos substantivos atopamos: Tras o enunciado do substantivo, atopamos en primeiro lugar, o significado máis xenérico e usado: πίθος -οὐ ὁ, tinaja; despois virán outros significado máis precisos. Tras un significado, podemos atopar, entre corchetes, datos que expliquen ese significado: πίθος -οὐ ὁ, tinaja [en gral. de barro y metida en tierra, para vino, aceite, etc], así como exemplos do seu uso entre parénteses: πίστις -ἐως, ἡ, confianza, fe (πίστιν φέρειν τινί, πίστιν ἔχειν περί τινος, creer a uno). Tras os significados, adoitan incluírse, se os hai, expresións feitas ou significados adverbiais: πούς ποδός ὁ, pie, pierna, garra...; κατὰ πόδα, παρὰ πόδα, al momento; κατὰ πόδας, corriendo; ἐπὶ πόδα, lentamente, paso a paso...; ἐκ ποδῶν, lejos, fuera... etc. Nalgúns substantivos inclúense, ao final, encabezados por F., as formas dialectais, de morfoloxía difícil ou raras desa palabra: πούς ποδός ὁ, pie, pierna, garra... F. dat. ποδί, ac.πόδα; gen. dat. du. ποδοῖν; dat. pl. ποσί, ép. poét. ποσσίν, πόδεσι y πόδεσσιν. En xeral, os artigos dos adxectivos son máis curtos cós dos substantivos, pero poden chegar a incluír todos os puntos vistos nos substantivos, aos que hai que engadir a posibilidade de incluír a dobre barra ( ) tras o seu significado: como adverbio: ὅμοιος -α -ον, semejante, igual... ADV. ὅμοιον ὅμοια ὁμοίως, igualmente, del mismo modo. como substantivo: ποσός -ή -όν, de algún tamaño, en alguna cantidad SUS. n. la cantidad, el tamaño. 3. O ENUNCIADO DOS PRONOMES. Os pronomes enúncianse co nominativo de cada un dos xéneros: ὅδε ἥδε τόδε, τίς τί, etc. Algunhas das formas pronominais poderemos atopalas expresamente (ταῦτα, τοῦ, ὑμᾶς, etc.), pero é conveniente coñecer ben os paradigmas. Nos artigos dos pronomes podemos atopar:

3 Nalgúns dicionarios, atopamos primeiro entre corchetes as formas de xenitivo: οὗτος αὕτη τοῦτο *gen. τούτου ταύτης τούτου+. A clasificación do pronome en VERSALIÑA: PRON. y ADJ. DEMOSTR. O seu significado máis xeral: οὗτος αὕτη τοῦτο: este, esta, esto. Construcións co significado xeral: οὗτος αὕτη τοῦτο (κατὰ τοῦτο τῆς ἀκροπόλιος, por esta parte de la ciudadela; εἰς τοῦθ ὕβρεως, a tal grado de insolencia). Separados con dobre barra ( ), outros valores desa mesma forma: τίς τί [xen. τίνος+ PRON. INTERR. quién? cuál? ADJ. Cuál, qué. ADV. τί cómo, por qué, para qué, cuánto. Expresións: en οὗτος αὕτη τοῦτο atopamos, entre outras, πρὸς ταῦτα, así pues; καὶ ταῦτα, y eso que, a pesar de que; ἐκ τούτου, a causa de esto, después de esto; πρὸς τούτοις, además; etc. Ao final do artigo podemos atopar explicadas algunhas formas pouco frecuentes, de morfoloxía difícil ou dialectais. Así en τίς τί atopamos: F. gen. ép. y jón. τέο, τεῦ, át. tamb. τοῦ, etc. 4. O ENUNCIADO DOS VERBOS. Os verbos enúncianse coa primeira persoa do singular do presente de indicativo. Con isto poderemos distinguir: verbos rematados en -ω (verbos temáticos): πτύω. verbos rematados en -μι (verbos atemáticos): τίθημι. Obteremos o tema de presente dun verbo quitando a desinencia -ω / -μι: παιδεύ-ω, γράφ-ω, γιγνώσκ-ω, etc. Nos atemáticos, atoparemos o tema de presente alongado en voz activa: τίθη-μι (tema τιθε-), δίδω-μι (tema διδο-), δάμνη-μι (tema δαμνα-), etc. Poderemos clasificar os verbos temáticos (-ω) en función do tema de presente: Vocálicos (tema de presente rematado en vogal):

4 o Non contractos (temas de presente rematado en -ι- / -υ-): παιδεύω, χρί-ω, etc. o Contractos (temas de presente rematado en -α- / -ε- / -ο-): τιμά-ω, ποιέ-ω, δηλό-ω, etc. Consonánticos (tema de presente rematado en consoante): o Oclusiva Labial (tema de presente rematado en oclusiva labial ou -πτ-): γράφ-ω, κλέπτ-ω, etc. Dental (tema de presente rematado en oclusiva dental ou -ζ-): ψεύδ-ω, νομίζ-ω, etc. Gutural (tema de presente rematado en oclusiva gutural ou -ττ- / -σσ-): πλέκ-ω, πράττ-ω, etc. o Líquida / Nasal (tema de presente en -λ- / -ρ- / -μ- / -ν-): ἀγγέλλω, αἴρ-ω, νέμ-ω, τέμν-ω, etc. Os verbos media tantum ou depoñentes (verbos que carecen de forma activa) enúncianse coa primeira persoa do singular do presente de indicativo medio. Hai que ter en conta que, nos media tantum temáticos, a desinencia -μαι irá precedida da vogal temática -ο-: βούλ-ο-μαι ; non así nos media tantum atemáticos: δύνα-μαι. Enunciado de verbos Temáticos: -ω. Atemáticos: -μι. Media tantum: -μαι Podemos atopar no dicionario formas verbais que non se enuncian coa primeira persoa do presente de indicativo; son formas pertencentes a verbos defectivos ou impersoais: - Defectivos: εἴωθα, adoitar; ἔοικα, parecer; δέδια, temer; οἶδα, saber. - Impersoais: δεῖ, é preciso; δοκεῖ, parece ben; ἔνεστι, é posible; προσήκει, convén; χρή, cómpre. Nos artigos dos verbos atopamos: En primeiro lugar, atopamos o significado xeral da forma enunciada: ἐρείδω, apoyar. Máis adiante, poderemos atopar significados máis

5 precisos e en contextos máis concretos: ἐρείδω, apoyar, fijar, asegurar, clavar, etc. Despois, e entre corchetes, podemos atopar as distintas construcións dese verbo: ἐρείδω, apoyar [algo, ac.; en algo o contra algo, ἐπί, y dat. o gen., πρός y ac.]. Entre parénteses, podemos atopar exemplos explicativos: ἐρείδω, apoyar..., encallar (ἡ πρῷρα ἐρείσασα ἔμεινεν, la proa quedó encallada). Separados con dobre barra ( ), outros valores de voz ou intransitividade: ἐρείδω, apoyar... INTR. apoyarse, lanzarse... MED. apoyarse... PAS. estar apoyado, puesto, fijo... Ao final do artigo, podemos atopar explicadas algunhas formas, en xeral, pouco frecuentes, de morfoloxía difícil ou dialectais: ἐρείδω, apoyar... F. Impf. ép. ἔρειδον, fut. ἐρείσω, aor. ἤρεισα, etc. Para atopar unha forma verbal determinada é recomendable separala en morfemas (aumento, reduplicación, preverbio, vogal temática, desinencias, morfemas modais...), e, tras identificar o tema, reconstruír a forma na que se enuncia o verbo: Ex. ἐπελαμβάνετο ἐπ-ε-λαμβάν-ε-το ἐπι-λαμβάνω. Moitas formas de verbos compostos atópanse máis facilmente consultando as formas simples dos verbos respectivos: παρήσειν παρ - ήσειν ἥσειν: inf. fut. de ἵημι παρίημι. É frecuente atopar directamente as formas difíciles ou irregulares dalgúns verbos; especialmente, o infinitivo e a primeira persoa do singular dos aoristos radicais: τεκεῖν aor. inf. de τίκτω. 5. PREPOSICIÓNS No artigo dunha preposición podemos atopar: Valor adverbial. As preposicións foron, na súa orixe, adverbios que, aos poucos, se foron especializando como reforzo dos casos nos seus usos concretos; de aí que no artigo das preposicións atopemos en primeiro lugar este valor adverbial, que practicamente só se usa en textos de Homero; por exemplo: εἰς o ἐς ADV. dentro. Valor preposicional. Tras o signo, atopamos os valores como preposición. O emprego con cada caso está separado tamén por, e

6 atopamos entre parénteses exemplos dos significados dados; por exemplo: παρά ADV. al lado PREP. de gen. junto a a lo largo de, de la parte de (ὁ παρά τινος ἥκων, el que viene de parte de alguno, el mensajero)... PREP. de dat. junto a, con, en casa de (παρ ἑαυτῷ, en su casa...), etc. Hai que lembrar ademais que as preposicións adoitan tamén aparecer como prefixos ou preverbios na formación de substantivos e verbos derivados. Os compostos así formados aparecen no dicionario separados por un guión, que só está para que nos decatemos de que é derivado, pois nun texto o guión non se escribiría. Isto provoca unha serie de fenómenos: Se o preverbio remata en vogal e o substantivo ou verbo simple empeza tamén por vogal, o preverbio perderá a súa (coa excepción de πρό, ἀμφί, περί): βουλή -ῆς, ἡ ἐπι-βουλή -ῆς, ἡ; γίγνομαι ἐπι-γίγνομαι / βάλλω ἐπι-βάλλω, ἐλαύνω ἐπ-ελαύνω. Se un preverbio que, de resultas de perder esa vogal final, pasa a rematar en -τ- ou -π-, se xunta cunha forma básica que, en orixe tiña espírito áspero, prodúcese a aspiración das consoantes anteditas τ θ, π φ. ἐπί + ἕλκω ἐπ + ἕλκω ἐφ-έλκω. κατά + ἵζω κατ + ἵζω καθ-ίζω. No paradigma dun mesmo verbo pode suceder que esta elisión da vogal final do preverbio ocorra nuns tempos e non noutros, por efecto do aumento ou a reduplicación (que sempre se aplican xusto antes da raíz do que sería o verbo simple, despois do preverbio): Pres. λύω Impf. ἔλυον / Pres. κατα-λύω Impf. κατ-έ-λυον. Pres. ἔχω Fut. ἕξω / Pres. μετ-έχω Fut. μεθ-έξω. No caso da preposición ἐκ hai que ter en conta que esa é a forma ante consoante e que cando vai seguida de vogal muda en ἐξ. Ten o mesmo comportamento cando vai como preverbio. Pres. λύω Impf. ἔλυον / Pres. ἐκ-λύω Impf. ἐξ-έλυον. Os preverbios ἐν e σύν asimilan o -ν ante certas consoantes que eran iniciais nas palabras simples:

7 o ἐν, σύν ἐγ- συγ- (ante gutural κ-, γ-, χ-): ἐν + χειρίζω ἐγχειρίζω, συν + γράφω συγ-γράφω, pero imperfecto συν-εχείριζον, συν-έ-γραφον. o ἐν, σύν ἐμ- συμ- (ante labial π-, β-, μ-): ἐν + βάλλω ἐμβάλλω, συν + βάλλω συμ-βάλλω, pero imperfecto ἐν-έβαλλον, συν-έ-βαλλον. o σύν συλ- (ante λ-): συν + λαμβάνω συλ-λαμβάνω, pero imperfecto συν-ε-λάμβανον. o σύν συρ- (ante ρ-): συν + ράπτω συρ-ράπτω, pero imperfecto συν-έ-ραπτον. o σύν συ- (ante σ-): συν + σκευάζω συ-σκευάζω, pero imperfecto συν-ε-σκεύαζον. - o - O - o - En xeral, se non damos reconstruído o lema da palabra a partir da forma que temos no texto que esteamos a traducir, é conveniente ás veces buscalo directamente no dicionario, pois pode ser unha forma invariable (preposición, adverbio, interxección, conxunción, partícula) ou que, formando parte do paradigma dunha palabra variable, nos remita a ela: así por exemplo se temos no texto as palabras τριχί ou ἔβη non as imos atopar seguindo os anteriores criterios, pero se os buscamos así no dicionario veremos τριχός gen. de θρίξ e ἔβην aor. 2º intr. de βαίνω. Só teremos que buscar eses lemas.

TRABAJO PRÁCTICO N 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-Aoristo-Futuro

TRABAJO PRÁCTICO N 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-Aoristo-Futuro TRBJO PRÁCTICO 1: Revisión de verbos. Modo Indicativo-Infinitivo-Participio Presente-Imperfecto-oristo-Futuro 1- Completar el cuadro de desinencias verbales: 1 2 3 1 2 3 esinencias primarias esinencias

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS EXERCICIOS DE REFORZO RECTAS E PLANOS Dada a recta r z a) Determna a ecuacón mplícta do plano π que pasa polo punto P(,, ) e é perpendcular a r Calcula o punto de nterseccón de r a π b) Calcula o punto

Διαβάστε περισσότερα

GRAMÁTICA GRIEGA ARTÍCULO

GRAMÁTICA GRIEGA ARTÍCULO GRAMÁTICA GRIEGA ARTÍCULO Masculino Femenino Neutro N. ὁ οἱ ἡ αἱ τό τά Ac. τὁν τούς τήν τάς τό τά G. τοῦ τῶν τῆς τῶν τοῦ τῶν Dat. τῷ τοῖς τῇ ταῖς τῷ τοῖς DECLINACIÓN EN Α/Η (α/η) Primera declinación Αλφα

Διαβάστε περισσότερα

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral, Tema 3. Espazos métricos Topoloxía Xeral, 2017-18 Índice Métricas en R n Métricas no espazo de funcións Bólas e relacións métricas Definición Unha métrica nun conxunto M é unha aplicación d con valores

Διαβάστε περισσότερα

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Tema: Enerxía 01/0/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Nome: 1. Unha caixa de 150 kg descende dende o repouso por un plano inclinado por acción do seu peso. Se a compoñente tanxencial do peso é de 735

Διαβάστε περισσότερα

Tema de aoristo. Morfología y semántica

Tema de aoristo. Morfología y semántica Tema de aoristo Morfología y semántica El verbo politemático Cada verbo griego tiene 4 temas principales. La diferencia semántica entre ellos es el aspecto, no el tiempo. Semántica de los temas verbales

Διαβάστε περισσότερα

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 6ª QUINCENA A DECLINACIÓN ATEMÁTICA I TEMAS EN OCLUSIVA, NASAL E LÍQUIDA PRONOMES PERSOAIS E DEMOSTRATIVOS 1º.- INTRODUCIÓN Á DECLINACIÓN

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O? EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS Representa en R os puntos S(2, 2, 2) e T(,, ) 2 Debuxa os puntos M (, 0, 0), M 2 (0,, 0) e M (0, 0, ) e logo traza o vector OM sendo M(,, ) Cal é o vector de

Διαβάστε περισσότερα

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Procedementos operatorios de unións non soldadas Procedementos operatorios de unións non soldadas Técnicas de montaxe de instalacións Ciclo medio de montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas 1 de 28 Técnicas de roscado Unha rosca é unha hélice

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 010 MATEMÁTICAS II Código: 6 (O alumno/a deber responder só aos eercicios dunha das opcións. Punuación máima dos eercicios de cada opción: eercicio 1= 3 punos, eercicio = 3 punos, eercicio 3 =

Διαβάστε περισσότερα

ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ

ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ ΒΑΣΙΚH ΓΡΑΜΜΑΤΙΚH ΤΗΣ ΠΑΛΑΙΑΣ ἙΛΛΗΝΙΚHΣ ΓΛΩΣΣΑΣ - 9 - - 10 - 1. ALFABETO E NOCIÓNS FONÉTICAS 1.1. ALFABETO maiúsc. Α Β Γ Δ Ε Ζ Η Θ Ι Κ Λ Μ minúsc. α β γ δ ε ζ η θ ι κ λ μ nome alfa beta gamma delta épsilon

Διαβάστε περισσότερα

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos

μέλλων τελευτᾶν 0,25 puntos καὶ βουλόμενος 0,25 puntos τοὺς αὐτοῦ παῖδας ἐμπείρους εἶναι τῆς γεωργίας, 0,5 puntos Materia: GRIEGO II. EvAU CURSO 17/18 CRITERIOS ESPECÍFICOS DE CORRECCIÓN PROPUESTA A: EL LABRADOR Y SUS HIJOS 1.- Traducción íntegra del texto: (4 puntos). Se ponderará, ante todo: - La recta adecuación

Διαβάστε περισσότερα

LA CONJUGACIÓN EN GRIEGO ANTIGUO

LA CONJUGACIÓN EN GRIEGO ANTIGUO LA CONJUGACIÓN EN GRIEGO ANTIGUO El verbo griego se conjuga a partir de cuatro temas, independientes entre sí que son: - Tema de Presente - Tema de Futuro - Tema de Aoristo - Tema de Perfecto Cuando enunciamos

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA Maemáicas II EXERCICIOS DE ÁLXEBRA PAU GALICIA a) (Xuño ) Propiedades do produo de marices (só enuncialas) b) (Xuño ) Sexan M e N M + I, onde I denoa a mariz idenidade de orde n, calcule N e M 3 Son M

Διαβάστε περισσότερα

TEMA DE PRESENTE. *βάλ-y-ω > βάλλω, *θιλέ-y-ω > θιλέω, *πρακ-y-ω > πράηηω, etc. ὀθλι-ζκ-άν-ω, etc.

TEMA DE PRESENTE. *βάλ-y-ω > βάλλω, *θιλέ-y-ω > θιλέω, *πρακ-y-ω > πράηηω, etc. ὀθλι-ζκ-άν-ω, etc. TEMA DE PRESENTE. El tema de presente se considera el tema básico u originario del verbo griego. Aunque realmente esto no es exacto, pues aunque el resto de temas en muchas ocasiones, cuando se consideran

Διαβάστε περισσότερα

-νω. - νω. -σκω. - σκω

-νω. - νω. -σκω. - σκω TEMA DE PRESENTE -1- PRESENTES TEMÁTICOS ATEMÁTICOS RADICALES SUFIJADOS RADICALES SUFIJADOS SIN -νω SIN -ν -µι -ν -µαι CON - νω -σκω CON -νη-µι -ν -µαι - σκω - A) Temáticos radicales sin reduplicación

Διαβάστε περισσότερα

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE.

OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE. EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 11º QUINCENA OS PRONOMES RELATIVO INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS SINTAXE DA ORACIÓN DE RELATIVO. O INFINITIVO E A SÚA SINTAXE. 1º.-

Διαβάστε περισσότερα

UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN.

UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN. j UNIDADE 2. ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN. Pra'xi" 1: 1. Busca no dicionario os seguintes artigos e explica que queren dicir as abreviaturas e as formas de presentación: ἡµετέρος, α, ον ἀµπλακίσκω δύσφορος

Διαβάστε περισσότερα

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016 Tema 1. Espazos topolóxicos Topoloxía Xeral, 2016 Topoloxía e Espazo topolóxico Índice Topoloxía e Espazo topolóxico Exemplos de topoloxías Conxuntos pechados Topoloxías definidas por conxuntos pechados:

Διαβάστε περισσότερα

LA TERCERA DECLINACIÓN O DECLINACIÓN ATEMÁTICA

LA TERCERA DECLINACIÓN O DECLINACIÓN ATEMÁTICA LA TERCERA DECLINACIÓN O DECLINACIÓN ATEMÁTICA Comprende sustantivos de género masculino y femenino (animados) y neutro (inanimados). Esta declinación recibe el nombre de atemática porque entre la raíz

Διαβάστε περισσότερα

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento? Proposicional educción Natural Proposicional - 1 Justificación de la validez del razonamiento? os maneras diferentes de justificar Justificar que la veracidad de las hipótesis implica la veracidad de la

Διαβάστε περισσότερα

Lógica Proposicional

Lógica Proposicional Proposicional educción Natural Proposicional - 1 Justificación de la validez del razonamiento os maneras diferentes de justificar Justificar que la veracidad de las hipótesis implica la veracidad de la

Διαβάστε περισσότερα

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa TRIGONOMETRIA. Calcular las razones trigonométricas de 0º, º y 60º. Para calcular las razones trigonométricas de º, nos ayudamos de un triángulo rectángulo isósceles como el de la figura. cateto opuesto

Διαβάστε περισσότερα

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: CÁLCULO DIFERENCIAL. Deriva: a) y 7 6 + 5, b) y e, c) y e) y 7 ( 5 ), f) y ln, d) y ( 5 5 + 7) 8 n e ln, g) y, h) y n. Usando a derivada da función inversa, demostra que: a)

Διαβάστε περισσότερα

Filipenses 2:5-11. Filipenses

Filipenses 2:5-11. Filipenses Filipenses 2:5-11 Filipenses La ciudad de Filipos fue nombrada en honor de Felipe II de Macedonia, padre de Alejandro. Con una pequeña colonia judía aparentemente no tenía una sinagoga. El apóstol fundó

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II Código: 26 (O alumno/a debe responder só os exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

EL ARTÍCULO PRIMERA DECLINACIÓN FEMENINOS

EL ARTÍCULO PRIMERA DECLINACIÓN FEMENINOS EL ARTÍCULO Masculino Femenino Neutro Nominativo ὁ ἡ τό Acusativo τόν τήν τό Genitivo τοῦ τῆς τοῦ Dativo τῷ τῇ τῷ Nominativo οἱ αἱ τά Acusativo τούς τάς τά Genitivo τῶν τῶν τῶν Dativo τοῖς ταῖς τοῖς PRIMERA

Διαβάστε περισσότερα

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente - Concordar En términos generales, coincido con X por Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Uno tiende a concordar con X ya Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Comprendo

Διαβάστε περισσότερα

1 3ª declinación: sustantivos e adxectivos 2 Historia de Grecia: Época Clásica

1 3ª declinación: sustantivos e adxectivos 2 Historia de Grecia: Época Clásica 1 3ª declinación: sustantivos e adxectivos 2 Historia de Grecia: Época Clásica ΒΛΕΠΕ! Entraremos na segunda parte da Historia de grecia (a Época Clásica) a través dunha nova presentación: 1. Ἱστορία τῆς

Διαβάστε περισσότερα

A 1ª DECLINACIÓN. ADXECTIVOS DA 1º CLASE.

A 1ª DECLINACIÓN. ADXECTIVOS DA 1º CLASE. EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 3ª QUINCENA A 1ª DECLINACIÓN. ADXECTIVOS DA 1º CLASE. VERBO εἰµί E A ORACIÓN COPULATIVA 1º.- A PRIMEIRA DECLINACIÓN. A 1º declinación

Διαβάστε περισσότερα

DECLINACIÓN ATEMÁTICA (TERCERA DECLINACIÓN) Desinencias

DECLINACIÓN ATEMÁTICA (TERCERA DECLINACIÓN) Desinencias DECLINACIÓN ATEMÁTICA (TERCERA DECLINACIÓN) Desinencias M y F N M y F N N ς /alargamiento cero ες α V ς /alargamiento cero ες α A ν / α cero ας α G ος ων D ι σι (ν) Clasificación de los temas: - Temas

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS PROBLEMAS M.H.S.. 1. Dun resorte elástico de constante k = 500 N m -1 colga unha masa puntual de 5 kg. Estando o conxunto en equilibrio, desprázase

Διαβάστε περισσότερα

1.ª DECLINAÇÃO. Somente nomes femininos e masculinos, não há neutros. Os nomes femininos têm o

1.ª DECLINAÇÃO. Somente nomes femininos e masculinos, não há neutros. Os nomes femininos têm o 52 1.ª DECLINAÇÃO Somente nomes femininos e masculinos, não há neutros. Os nomes femininos têm o nominativo singular terminado em α (que pode ser puro ou impuro) ou η; já os masculinos os têm terminados

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II PAU Código: 6 XUÑO 01 MATEMÁTICAS II (Responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio = 3 puntos, exercicio 3= puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

2.-Relaciona grupos sintácticos que están en el mismo caso: γυπός πυραμίδων αἰθíοπες γῦπες μύρμηκι μάστιξι αἶγας κῆρυξ

2.-Relaciona grupos sintácticos que están en el mismo caso: γυπός πυραμίδων αἰθíοπες γῦπες μύρμηκι μάστιξι αἶγας κῆρυξ Ejercicios 3º declinación. Temas consonantes: (Temas en oclusivas) 1.-Siguiendo el modelo de la tercera declinación, completa el siguiente cuadro con la palabra: αἴξ, αἰγός 2.-Relaciona grupos sintácticos

Διαβάστε περισσότερα

Académico Introducción

Académico Introducción - Σε αυτήν την εργασία/διατριβή θα αναλύσω/εξετάσω/διερευνήσω/αξιολογήσω... general para un ensayo/tesis Για να απαντήσουμε αυτή την ερώτηση, θα επικεντρωθούμε πρώτα... Para introducir un área específica

Διαβάστε περισσότερα

VERBOS II: A idéia de tempo, em grego, refere-se à qualidade da ação e não propriamente ao tempo,

VERBOS II: A idéia de tempo, em grego, refere-se à qualidade da ação e não propriamente ao tempo, 43 VERBOS II: A idéia de tempo, em grego, refere-se à qualidade da ação e não propriamente ao tempo, como em português. No presente, por exemplo, temos uma ação durativa ou linear. É uma ação em progresso,

Διαβάστε περισσότερα

El tema de perfecto REDUPLICACIÓN

El tema de perfecto REDUPLICACIÓN 15 Tema de gramática El tema de perfecto 1.- El perfecto: un tema verbal con con dos tiempos. En realidad, del tema de perfecto derivan tres tiempos verbales (el perfecto, el pluscuamperfecto y el futuro

Διαβάστε περισσότερα

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119 Página 0. a) b) π 4 π x 0 4 π π / 0 π / x 0º 0 x π π. 0 rad 0 π π rad 0 4 π 0 π rad 0 π 0 π / 4. rad 4º 4 π π 0 π / rad 0º π π 0 π / rad 0º π 4. De izquierda a derecha: 4 80 π rad π / rad 0 Página 0. tg

Διαβάστε περισσότερα

Sistemas e Inecuacións

Sistemas e Inecuacións Sistemas e Inecuacións 1. Introdución 2. Sistemas lineais 2.1 Resolución gráfica 2.2 Resolución alxébrica 3. Método de Gauss 4. Sistemas de ecuacións non lineais 5. Inecuacións 5.1 Inecuacións de 1º e

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 8 - PRAGMA PROPOSICIONES COMPLETIVAS IAENUS 1

TEMA 8 - PRAGMA PROPOSICIONES COMPLETIVAS IAENUS 1 TEMA 8 - PRAGMA PROPOSICIONES COMPLETIVAS IAENUS 1 MORFOLOGIA DEL INFINITIVO El infinitivo es la forma nominal del verbo: es un sustantivo verbal φεύγω φεύγειν Yo huyo (huir) el huir el hecho de huir ἔχω

Διαβάστε περισσότερα

EL AORISTO. El aoristo, que equivale a nuestro pretérito indefinido, presenta varios tipos: Pasivos con -θη-. ἔλυθην (λύω)

EL AORISTO. El aoristo, que equivale a nuestro pretérito indefinido, presenta varios tipos: Pasivos con -θη-. ἔλυθην (λύω) EL AORISTO La conjugación del verbo griego se articula en cuatro temas verbales: tema de presente, tema de futuro, tema de aoristo y tema de perfecto. El aoristo, que equivale a nuestro pretérito indefinido,

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS. ) Clul os posiles vlores de,, pr que triz A verifique relión (A I), sendo I triz identidde de orde e triz nul de orde. ) Cl é soluión dun siste hooéneo

Διαβάστε περισσότερα

TEMA DE AORISTO. Estos grupos son los siguientes:

TEMA DE AORISTO. Estos grupos son los siguientes: TEMA DE AORISTO. El tema de aoristo indica el valor aspectual de acción puntual o indefinida (propiamente la palabra aoristo siginifica indefinido, sin delimitar ; cf.: horizonte ). A esta acción puntual

Διαβάστε περισσότερα

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08 Química º Bacharelato Equilibrio químico 11/0/08 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Nome: PROBLEMAS 1. Nun matraz de,00 litros introdúcense 0,0 10-3 mol de pentacloruro de fósforo sólido. Péchase, faise

Διαβάστε περισσότερα

Lección Sustantivos en -ο 1.2 Función de los casos

Lección Sustantivos en -ο 1.2 Función de los casos 7 Lección 1 1.1 Sustantivos en -ο. En griego los sustantivos se reparten en tres grupos (declinaciones); sustantivos que terminan en -ο, los que terminan en -α, y sustantivos sin terminación definida.

Διαβάστε περισσότερα

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS SEGUNDA DECLINACIÓN:

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS SEGUNDA DECLINACIÓN: EJERCICIOS E FLEXIÓ E SUSTTIOS Y JETIOS SEU ECLICIÓ: ἀγρός, οῦ ὁ campo Tema: ἀγρο/ε- (masculinos de la 2ª) ὁ οἱ τὸν τοὺς ἀδελφός, οῦ ὁ hermano Tema: ἀδελφο/ε- (masculinos de la 2ª) ὁ οἱ τὸν τοὺς ἄνθρωπος,

Διαβάστε περισσότερα

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA II

A DECLINACIÓN ATEMÁTICA II EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 7ª QUINCENA A DECLINACIÓN ATEMÁTICA II TEMAS EN SIGMA, IOTA, ÍPSILON E DITONGO ADXECTIVOS DA 2º CLASE 1º.- DECLINACIÓN ATEMÁTICA:

Διαβάστε περισσότερα

1ª Ev GRIEGO.notebook. Griego II. Unidad 1: Morfología

1ª Ev GRIEGO.notebook. Griego II. Unidad 1: Morfología Griego II Unidad 1: Morfología 1 CONTENIDOS: 1. El alfabeto griego 2. Reglas de transcripción 3. Las declinaciones y el artículo griego 4. El modo Indicativo: presente, imperfecto y aoristo 5. Las oraciones

Διαβάστε περισσότερα

Tempos e modos verbais da conxugación temática 2 A xustiza e a guerra na Antiga Grecia

Tempos e modos verbais da conxugación temática 2 A xustiza e a guerra na Antiga Grecia 1 Tempos e modos verbais da conxugación temática 2 A xustiza e a guerra na Antiga Grecia ΒΛΕΠΕ! Na presentación que veremos neste Tema trataremos da administración da xustiza en Atenas, así como da forma

Διαβάστε περισσότερα

Los Determinantes y los Pronombres

Los Determinantes y los Pronombres Los Determinantes y los Pronombres Englobamos dentro de los determinantes al artículo y a todos los adjetivos determinativos (demostrativos, posesivos, numerales, indefinidos, interrogativos y exclamativos).

Διαβάστε περισσότερα

VARIANTES DE LAS DECLINACIONES. EL FUTURO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (II).

VARIANTES DE LAS DECLINACIONES. EL FUTURO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (II). TEMA 10: VARIANTES DE LAS DECLINACIONES. EL FUTURO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (II). a) Morfología nominal: Formas irregulares y menos frecuentes. b) Morfología verbal: El tema de futuro. c) Sintaxis:

Διαβάστε περισσότερα

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL) L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro Condiciones de contorno. Fuerzas externas aplicadas sobre una cuerda. condición que nos describe un extremo libre en una cuerda tensa. Ecuación

Διαβάστε περισσότερα

Expresións alxébricas

Expresións alxébricas 5 Expresións alxébricas Obxectivos Crear expresións alxébricas a partir dun enunciado. Atopar o valor numérico dunha expresión alxébrica. Clasificar unha expresión alxébrica como monomio, binomio,... polinomio.

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a Física P.A.U. ELECTOMAGNETISMO 1 ELECTOMAGNETISMO INTODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. Calcúlase a resultante polo principio de superposición. Aplícase a 2ª lei

Διαβάστε περισσότερα

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::... Eletromagnetismo Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística Lista -.1 - Mostrar que a seguinte medida é invariante d 3 p p 0 onde: p 0 p + m (1)

Διαβάστε περισσότερα

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo. XEOMETRÍA NO ESPAZO Vectores fixos Dos puntos do espazo, A e B, determinan o vector fixo AB, sendo o punto A a orixe e o punto B o extremo, é dicir, un vector no espazo é calquera segmento orientado que

Διαβάστε περισσότερα

EL AORISTO ejercicios. 1 ἀόριστος

EL AORISTO ejercicios. 1 ἀόριστος EL AORISTO ejercicios 1 ἀόριστος VOZ ACTIVA Indictivo Impertivo Infinitivo Prticipio 1ª sing. ἔ-βαλ-ο-ν 2ª sing. ἔ-βαλ-ε-ς βάλ-ε 3ª sing. ἔ-βαλ-ε(ν) βαλέτω F βαλοῦσα βαλεῖν 1ª pl. ἐ-βάλ-ο-μεν 2ª pl. ἐ-βάλ-ε-τε

Διαβάστε περισσότερα

TAREAS DE VERANO. GRIEGO 1º BACHILLERATO

TAREAS DE VERANO. GRIEGO 1º BACHILLERATO TAREAS DE VERANO. GRIEGO 1º BACHILLERATO Contenidos que debes repasar y estudiar para el examen de recuperación de septiembre: Morfología nominal: artículos (página 26), declinaciones (primera, segunda

Διαβάστε περισσότερα

1ª y 2ª DECLINACIONES. PRESENTE INDICATIVO ACTIVO. CASOS. ORACIONES SIMPLES Y COMPUESTAS COORDINADAS.

1ª y 2ª DECLINACIONES. PRESENTE INDICATIVO ACTIVO. CASOS. ORACIONES SIMPLES Y COMPUESTAS COORDINADAS. TEMA 3: 1ª y 2ª DECLINACIONES. PRESENTE INDICATIVO ACTIVO. CASOS. ORACIONES SIMPLES Y COMPUESTAS COORDINADAS. a) Morfología nominal: 1ª (femeninos) y 2ª declinaciones (masculinos). b) Morfología verbal:

Διαβάστε περισσότερα

Grego I. Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Grego I. Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial Grego I Ensinanza Tipo de documento Bacharelato a distancia semipresencial

Διαβάστε περισσότερα

1ª y 2ª DECLINACIONES. ADJETIVOS. ADVERBIOS. PREPOSICIONES PRESENTE INDICATIVO MEDIO. CASOS. COMPLEMENTOS CIRCUNSTANCIALES.

1ª y 2ª DECLINACIONES. ADJETIVOS. ADVERBIOS. PREPOSICIONES PRESENTE INDICATIVO MEDIO. CASOS. COMPLEMENTOS CIRCUNSTANCIALES. TEMA 4: 1ª y 2ª DECLINACIONES. ADJETIVOS. ADVERBIOS. PREPOSICIONES PRESENTE INDICATIVO MEDIO. CASOS. COMPLEMENTOS CIRCUNSTANCIALES. a) Morfología nominal: 1ª declinación (masculinos) y 2ª (neutros). Adjetivos

Διαβάστε περισσότερα

Problemas resueltos del teorema de Bolzano

Problemas resueltos del teorema de Bolzano Problemas resueltos del teorema de Bolzano 1 S e a la fun ción: S e puede af irm a r que f (x) está acotada en el interva lo [1, 4 ]? P or no se r c ont i nua f (x ) e n x = 1, la f unció n no e s c ont

Διαβάστε περισσότερα

Signos de puntuación (Σημεία στίξης)

Signos de puntuación (Σημεία στίξης) Signos de puntuación (Σημεία στίξης) Κόμα, Τελεία. Ερωτηματικό ; Θαυμαστικό! Απόστροφο Παύλα - Διπλή τελεία : Παρένθεση ( ) A. Morales Ortiz-C. Martínez Campillo, Καλώςορίσατε στην Ελλάδα. Proyecto de

Διαβάστε περισσότερα

LA 3ª DECLINACIÓN (I). EL INFINITIVO. ORACIONES COMPLETIVAS. a) Morfología nominal: Introducción a la 3ª declinación. Temas en oclusiva.

LA 3ª DECLINACIÓN (I). EL INFINITIVO. ORACIONES COMPLETIVAS. a) Morfología nominal: Introducción a la 3ª declinación. Temas en oclusiva. TEMA 6: LA 3ª DECLINACIÓN (I). EL INFINITIVO. ORACIONES COMPLETIVAS. a) Morfología nominal: Introducción a la 3ª declinación. Temas en oclusiva. b) Morfología verbal: El infinitivo. c) Sintaxis: Oraciones

Διαβάστε περισσότερα

TEMA DE PERFECTO ELEMENTOS DEL TEMA DESINENCIAS REDUPLICACIÓN. PERFECTOS EN -κ PERFECTO ASPIRADO ALTERNANCIA VOCÁLICA PERFECTO MEDIO-PASIVO

TEMA DE PERFECTO ELEMENTOS DEL TEMA DESINENCIAS REDUPLICACIÓN. PERFECTOS EN -κ PERFECTO ASPIRADO ALTERNANCIA VOCÁLICA PERFECTO MEDIO-PASIVO TEMA DE PERFECTO -1- TEMA DE PERFECTO ELEMENTOS DEL TEMA DESINENCIAS REDUPLICACIÓN ALTERNANCIA VOCÁLICA PERFECTOS EN -κ PERFECTO ASPIRADO PERFECTO MEDIO-PASIVO 1.- Reduplicación: Consiste en anteponer

Διαβάστε περισσότερα

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος EL AORISTO ejercicios 3 ἀόριστος VOZ ACTIVA Indictivo Impertivo Infinitivo Prticipio 1ª sing. ἔ-βαλ-ο-ν 2ª sing. ἔ-βαλ-ε-ς βάλ-ε 3ª sing. ἔ-βαλ-ε(ν) βαλέτω F βαλοῦσα βαλεῖν 1ª pl. ἐ-βάλ-ο-μεν 2ª pl. ἐ-βάλ-ε-τε

Διαβάστε περισσότερα

A circunferencia e o círculo

A circunferencia e o círculo 10 A circunferencia e o círculo Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Identificar os diferentes elementos presentes na circunferencia e o círculo. Coñecer as posicións relativas de puntos, rectas e circunferencias.

Διαβάστε περισσότερα

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος

EL AORISTO ejercicios. ἀόριστος EL AORISTO ejercicios 2 ἀόριστος VOZ ACTIVA Indictivo Impertivo Infinitivo Prticipio 1ª sing. ἔ-βαλ-ο-ν 2ª sing. ἔ-βαλ-ε-ς βάλ-ε 3ª sing. ἔ-βαλ-ε(ν) βαλέτω F βαλοῦσα βαλεῖν 1ª pl. ἐ-βάλ-ο-μεν 2ª pl. ἐ-βάλ-ε-τε

Διαβάστε περισσότερα

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 9 1. Formato da proba Formato proba constará de vinte cuestións tipo test. s cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.5

Διαβάστε περισσότερα

1ª DECLINACIÓN Femeninas Singular Plural

1ª DECLINACIÓN Femeninas Singular Plural DECLINACIÓN DEL ARTÍCULO Masculino Femenino Neutro Nom. ὁ οἱ ἡ αἱ τό τά Ac. τόν τούς τήν τάς τό τά Gen. τοῦ τῶν τῆς τῶν τοῦ τῶν Dat. τῷ τοῖς τῇ ταῖς τῷ τοῖς CUADRO DE DESINENCIAS NOMINALES DECLINACIÓN

Διαβάστε περισσότερα

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ

ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ ΑΡΧΗ 1 ης ΣΕΛΙΔΑΣ KΕΝΤΡΙΚΗ ΕΠΙΤΡΟΠΗ ΕΙΔΙΚΩΝ ΜΑΘΗΜΑΤΩΝ ΠΑΡΑΣΚΕΥΗ 24 ΙΟΥΝΙΟΥ 2005 ΚΟΙΝΗ ΕΞΕΤΑΣΗ ΟΛΩΝ ΤΩΝ ΥΠΟΨΗΦΙΩΝ ΣΤΑ ΙΣΠΑΝΙΚΑ Α. Να αποδώσετε στο τετράδιό σας στην ελληνική γλώσσα το παρακάτω κείμενο,

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA PROBLEMAS DIOPTRIO PLANO 1. Un raio de luz de frecuencia 5 10 14 Hz incide, cun ángulo de incidencia de 30, sobre unha lámina de vidro de caras plano-paralelas de espesor

Διαβάστε περισσότερα

GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA

GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA GRAMÁTICA GRIEGA INDICE 1. Escritura del griego clásico 1A. Vocales, grupos vocálicos, signos diacríticos 3 1B. Consonantes 4 2. Fonética 2A. Acentos 5 2B. Fonética vocálica

Διαβάστε περισσότερα

AORISTOS. π δρα-ν del Presente ποδιδρ σκω huir βη-ν del Presente βα νω andar γνω-ν del Presente γιγν σκω conocer φυ-ν del Presente φ ω nacer

AORISTOS. π δρα-ν del Presente ποδιδρ σκω huir βη-ν del Presente βα νω andar γνω-ν del Presente γιγν σκω conocer φυ-ν del Presente φ ω nacer TEMA DE AORISTO -1- AORISTOS ATEMÁTICOS TEMÁTICOS NO CARACTERIZADOS CARACTERIZADOS AORISTOS EN Κ AORISTOS SIGMÁTICOS AORISTOS EN -ην y -θην 1- AORISTOS ATEMÁTICOS NO CARACTERIZADOS Estos aoristos tienden

Διαβάστε περισσότερα

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz: NÚMEROS COMPLEXOS Páxina 7 REFLEXIONA E RESOLVE Extraer fóra da raíz Saca fóra da raíz: a) b) 00 a) b) 00 0 Potencias de Calcula as sucesivas potencias de : a) ( ) ( ) ( ) b) ( ) c) ( ) 5 a) ( ) ( ) (

Διαβάστε περισσότερα

COMPARATIVOS Y SUPERLATIVOS. EL AORISTO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (I).

COMPARATIVOS Y SUPERLATIVOS. EL AORISTO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (I). TEMA 9: COMPARATIVOS Y SUPERLATIVOS. EL AORISTO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (I). a) Morfología nominal: Comparativos y superlativos. b) Morfología verbal: El tema de aoristo (sigmático y temático). c)

Διαβάστε περισσότερα

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109

PÁGINA 106 PÁGINA a) sen 30 = 1/2 b) cos 120 = 1/2. c) tg 135 = 1 d) cos 45 = PÁGINA 109 PÁGINA 0. La altura del árbol es de 8,5 cm.. BC m. CA 70 m. a) x b) y PÁGINA 0. tg a 0, Con calculadora: sß 0,9 t{ ««}. cos a 0, Con calculadora: st,8 { \ \ } PÁGINA 05. cos a 0,78 tg a 0,79. sen a 0,5

Διαβάστε περισσότερα

RECAPITULACIONES. MODOS SUBJUNTIVO, OPTATIVO E IMPERATIVO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (III).

RECAPITULACIONES. MODOS SUBJUNTIVO, OPTATIVO E IMPERATIVO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (III). TEMA 11: RECAPITULACIONES. MODOS SUBJUNTIVO, OPTATIVO E IMPERATIVO. ORACIONES CIRCUNSTANCIALES (III). a) Morfología nominal: Recapitulación. b) Morfología verbal: Los modos subjuntivo, optativo e imperativo.

Διαβάστε περισσότερα

O FUTURO E O AORISTO DE INDICATIVO. SINTAXE DA VOZ PASIVA. CONXUNCIÓNS COORDINANTES.

O FUTURO E O AORISTO DE INDICATIVO. SINTAXE DA VOZ PASIVA. CONXUNCIÓNS COORDINANTES. EPAPU OURENSE GREGO 1º BACHARELATO CURSO 2008-09 1 GREGO 1º BACHARELATO 8ª QUINCENA O FUTURO E O AORISTO DE INDICATIVO. SINTAXE DA VOZ PASIVA. CONXUNCIÓNS COORDINANTES. 1º.- O FUTURO DE INDICATIVO. Xa

Διαβάστε περισσότερα

La conjugación. Un verbo, para ser tal, necesita tener cinco accidentes gramaticales:

La conjugación. Un verbo, para ser tal, necesita tener cinco accidentes gramaticales: La conjugación Las formas verbales se dividen en formas personales y formas no personales. Las primeras presentan el accidente gramatical persona (1ª, 2ª o 3ª persona), y las segundas (infinitivos y participios)

Διαβάστε περισσότερα

La reduplicación es una característica fundamental del tema de Perfecto. La REDUPLICA-

La reduplicación es una característica fundamental del tema de Perfecto. La REDUPLICA- TEMA DE PERFECTO 1. MORFOLOGÍA 1.1. Características morfológicas 1.1.1. La Reduplicación La reduplicación es una característica fundamental del tema de Perfecto. La REDUPLICA- CIÓN se encuentra en todos

Διαβάστε περισσότερα

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS TERCERA DECLINACIÓN TEMAS EN CONSONANTE OCLUSIVA

EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS TERCERA DECLINACIÓN TEMAS EN CONSONANTE OCLUSIVA EJERCICIOS DE FLEXIÓN DE SUSTANTIOS Y ADJETIOS TERCERA DECLINACIÓN TEMAS EN CONSONANTE OCLUSIA Αἰθίοψ, Αἰθίοπος ὁ negro, etíope. Tema: Αἰθιοπ- (oclusiva labial) γύψ, γυπός ὁ buitre Tema: γυπ- (oclusiva

Διαβάστε περισσότερα

Expresións alxébricas

Expresións alxébricas Expresións alxébricas Contidos 1. Expresións alxébricas Que son? Como as obtemos? Valor numérico 2. Monomios Que son? Sumar e restar Multiplicar 3. Polinomios Que son? Sumar e restar Multiplicar por un

Διαβάστε περισσότερα

Tema 2 Solucións páx. 41

Tema 2 Solucións páx. 41 Tema 2 Solucións páx. 41 1) Cambia de número as seguintes formas do artigo, pero mantendo o caso e o xénero. Τόν... τούς Τοῦ... τῶν Ταῖς... τῇ Οἱ... ὁ Τῶν... τοῦ, τῆς, τοῦ Τά... τό 2) Fixándote nas desinencias

Διαβάστε περισσότερα

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos VIII. ESPZO EULÍDEO TRIDIMENSIONL: Áglos perpediclaridade de rectas e plaos.- Áglo qe forma dúas rectas O áglo de dúas rectas qe se corta se defie como o meor dos áglos qe forma o plao qe determia. O áglo

Διαβάστε περισσότερα

CAPÍTULO 6: EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Y RELATIVO

CAPÍTULO 6: EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Y RELATIVO CAPÍTULO 6: EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Y RELATIVO I. EL PRONOMBRE DEMOSTRATIVO Hay dos tipos de pronombres demostrativos: cercanos y lejanos. 1 Normalmente sirven para señalar la cercanía o lejanía de alguien/algo

Διαβάστε περισσότερα

Catálogodegrandespotencias

Catálogodegrandespotencias www.dimotor.com Catálogogranspotencias Índice Motores grans potencias 3 Motores asíncronos trifásicos Baja Tensión y Alta tensión.... 3 Serie Y2 Baja tensión 4 Motores asíncronos trifásicos Baja Tensión

Διαβάστε περισσότερα

Τ ο οριστ ικό άρθρο ΕΝΙΚΟΣ Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλ ητική Αρσενικός ο του το(ν) Θηλ υκός η της τη(ν) Ουδέτερο το του το ΠΛΗΘΥ ΝΤΙΚΟΣ

Τ ο οριστ ικό άρθρο ΕΝΙΚΟΣ Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλ ητική Αρσενικός ο του το(ν) Θηλ υκός η της τη(ν) Ουδέτερο το του το ΠΛΗΘΥ ΝΤΙΚΟΣ Apresentação Άρθρο και Ουσιαστικά Nic o las Pe lic ioni de OLI V EI RA 1 Modelo de declinação de artigos e substantivos (άρθρο και ουσιαστικά, em grego) apresentado pela universidade Thessaloniki. Só é

Διαβάστε περισσότερα

At IP Barão de Geraldo

At IP Barão de Geraldo Prédio Povo At 6.8 8.3 IP Barão de Geraldo Ajuda na leitura: A cada parada, duas próximas palavras Igreja Igreja 1 E Saulo consentia na sua morte. Naquele dia, levantou-se grande perseguição contra a igreja

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS INTRODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: a) Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. b) Calcúlase cada forza. c) Calcúlase a resultante polo principio

Διαβάστε περισσότερα

TEMA DE PERFECTO. 1.) La reduplicación. λύ-ω λε-λυ-

TEMA DE PERFECTO. 1.) La reduplicación. λύ-ω λε-λυ- TEMA DE. El valor fundamental del tema de perfecto no es indicar en general, a diferencia del castellano, pasado (no es pretérito ), sino que la acción que expresa el verbo está acabada. Desde este punto

Διαβάστε περισσότερα

Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλητική Αρσ. γλ υκοί γλ υκών γλ υκούς γλ υκοί Θηλ. γλ υκές γλ υκών γλ υκές γλ υκές Ουδ. γλ υκά γλ υκών γλ υκά γλ υκά

Ονομαστική Γενική Αιτιατική Κλητική Αρσ. γλ υκοί γλ υκών γλ υκούς γλ υκοί Θηλ. γλ υκές γλ υκών γλ υκές γλ υκές Ουδ. γλ υκά γλ υκών γλ υκά γλ υκά Επίθετα και Μετοχές Nic o las Pe lic ioni de OLI V EI RA 1 Apresentação Modelo de declinação de adjetivos e particípios (επίθετα και μετοχές, em grego) apresentado pela universidade Thessaloniki. Só é

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS TEMA 6.- BIMLÉCULAS RGÁNICAS IV: ÁCIDS NUCLEICS A.- Características generales de los Ácidos Nucleicos B.- Nucleótidos y derivados nucleotídicos El esqueleto covalente de los ácidos nucleicos: el enlace

Διαβάστε περισσότερα

EL ADJETIVO GRIEGO 2-1-2 2-2 3-1-3

EL ADJETIVO GRIEGO 2-1-2 2-2 3-1-3 EL ADJETIVO GRIEGO El adjetivo griego, al igual que el sustantivo, también se declina. El adjetivo griego tiene que concordar con el sustantivo en género, número y caso. En latín no podemos decir puer

Διαβάστε περισσότερα

UNIDAD. Los mitos. Heracles. n la presente unidad estudiarás la importancia del mito. Como resumen y ejemplo de esta

UNIDAD. Los mitos. Heracles. n la presente unidad estudiarás la importancia del mito. Como resumen y ejemplo de esta UNIDAD 2 Los mitos. Heracles E Ζεὺς πολέμιόν μ ἐγείνατο Ἥρᾳ. Ὕδραν φονεύσας μυρίων τ ἄλλων πόνων διῆλθον ἀγέλας κἀς νεκροὺς ἀφικόμην, Ἅιδου πυλωρὸν κύνα τρίκρανον ἐς φάος ὅπως πορεύσαιμ ἐντολαῖς Εὐρυσθέως.

Διαβάστε περισσότερα

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes 1.- Distancia entre dous puntos Se A e B son dous puntos do espazo, defínese a distancia entre A e B como o módulo

Διαβάστε περισσότερα

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS

INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS INICIACIÓN AO CÁLCULO DE DERIVADAS. APLICACIÓNS Páina 0 REFLEXIONA E RESOLVE Coller un autobús en marca Na gráfica seguinte, a liña vermella representa o movemento dun autobús que arranca da parada e vai,

Διαβάστε περισσότερα

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS UNIDADE 5 O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS 5.1 O morfema e a palabra. 5.2. As clases de palabras 5.3. As familias de palabras 5.4. Derivados patrimoniais e cultismos 5.5. Prefixos gregos 5.6. Sufixos

Διαβάστε περισσότερα

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á NÚMEROS REAIS Páxina 7 REFLEXIONA E RESOLVE O paso de Z a Q Di cales das seguintes ecuacións se poden resolver en Z e para cales é necesario o conxunto dos números racionais, Q. a) x 0 b) 7x c) x + d)

Διαβάστε περισσότερα