PALABRA SEMAS DIFERENZA DE SIGNIFICADO

Σχετικά έγγραφα
Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

Procedementos operatorios de unións non soldadas

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

XEOMETRÍA NO ESPAZO. - Se dun vector se coñecen a orixe, o módulo, a dirección e o sentido, este está perfectamente determinado no espazo.

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

Lógica Proposicional

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

CASE: Projeto EDW Enterprise Data Warehouse

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

A circunferencia e o círculo

Expresións alxébricas

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

EXERCICIOS DE REFORZO: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS

NÚMEROS REAIS. Páxina 27 REFLEXIONA E RESOLVE. O paso de Z a Q. O paso de Q a Á

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

Ámbito Científico - Tecnolóxico ESA MÓDULO 4. Unidade Didáctica 5 USO E TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

1 La teoría de Jeans. t + (n v) = 0 (1) b) Navier-Stokes (conservación del impulso) c) Poisson

Volume dos corpos xeométricos

Corpos xeométricos. Obxectivos. Antes de empezar. 1. Poliedros... páx. 4 Definición Elementos dun poliedro

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Exame tipo. C. Problemas (Valoración: 5 puntos, 2,5 puntos cada problema)

1. O ESPAZO VECTORIAL DOS VECTORES LIBRES 1.1. DEFINICIÓN DE VECTOR LIBRE

EXERCICIOS DE REFORZO: DETERMINANTES., calcula a matriz X que verifica A X = A 1 B, sendo B =

VIII. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Ángulos, perpendicularidade de rectas e planos

Académico Introducción

Inecuacións. Obxectivos

S A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN /280 ng/µl

Química 2º Bacharelato Equilibrio químico 11/02/08

Reflexión e refracción. Coeficientes de Fresnel

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

Sistemas e Inecuacións

Interferencia por división da fronte

Ano 2018 FÍSICA. SOL:a...máx. 1,00 Un son grave ten baixa frecuencia, polo que a súa lonxitude de onda é maior.

1 Experimento aleatorio. Espazo de mostra. Sucesos

VII. RECTAS E PLANOS NO ESPAZO

Semellanza e trigonometría

Uso e transformación da enerxía

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Polinomios. Manexar as expresións alxébricas e calcular o seu valor numérico.

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

TEORÍA DE XEOMETRÍA. 1º ESO

IX. ESPAZO EUCLÍDEO TRIDIMENSIONAL: Aplicacións ao cálculo de distancias, áreas e volumes

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

UNIDADE. O léxico grego ÍNDICE DE CONTIDOS

Exercicios de Física 02a. Campo Eléctrico

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato O enlace químico 3 1

Código: 25 XUÑO 2014 PAU FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Expresións alxébricas

Resorte: estudio estático e dinámico.

Caderno de traballo. Proxecto EDA 2009 Descartes na aula. Departamento de Matemáticas CPI A Xunqueira Fene

Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico

Física P.A.U. GRAVITACIÓN 1 GRAVITACIÓN

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

MATEMÁTICAS. (Responder soamente a unha das opcións de cada bloque temático). BLOQUE 1 (ÁLXEBRA LINEAL) (Puntuación máxima 3 puntos)

EJERCICIOS DE VIBRACIONES Y ONDAS

Indución electromagnética

Investigacións a partir da lectura do libro El diablo de los números

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

Ámbito científico tecnolóxico. Números e álxebra. Unidade didáctica 1. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

Física e Química 4º ESO

PAAU (LOXSE) XUÑO 2005 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CC. SOCIAIS

a) Ao ceibar o resorte describe un MHS, polo tanto correspóndelle unha ecuación para a elongación:

Problemas xeométricos

CADERNO Nº 2 NOME: DATA: / / Os números reais

Química P.A.U. EQUILIBRIO QUÍMICO 1 EQUILIBRIO QUÍMICO

ÓPTICA- A LUZ Problemas PAAU

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS

Exercicios de Física 03b. Ondas

Física cuántica. Relatividade especial

Funcións e gráficas. Obxectivos. 1.Funcións reais páx. 4 Concepto de función Gráfico dunha función Dominio e percorrido Funcións definidas a anacos

Educación secundaria a distancia para persoas adultas. Natureza

Ventiladores helicoidales murales o tubulares, versión PL equipados con hélice de plástico y versión AL equipados con hélice de aluminio.

Física e química 4º ESO. As forzas 01/12/09 Nome:

U.D. 7: INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DA HIDRÁULICA

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Polinomios... páx. 4 Grao. Expresión en coeficientes Valor numérico dun polinomio

Profesor: Guillermo F. Cloos Física e química 1º Bacharelato Estrutura atómica 2 1

PRODUCIÓN DE LEITE NA UE

CADERNO Nº 11 NOME: DATA: / / Estatística. Representar e interpretar gráficos estatísticos, e saber cando é conveniente utilizar cada tipo.

SOLUCIONES DE LAS ACTIVIDADES Págs. 101 a 119

Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais

Código: 25 MODELO DE EXAME ABAU FÍSICA OPCIÓN A OPCIÓN B

Ámbito científico tecnolóxico. Movementos e forzas. Unidade didáctica 5. Módulo 3. Educación a distancia semipresencial

Exercicios de Física 04. Óptica

1. A INTEGRAL INDEFINIDA 1.1. DEFINICIÓN DE INTEGRAL INDEFINIDA 1.2. PROPRIEDADES

Transcript:

UNIDADE 6: SEMÁNTICA A semántica é a disciplina lingüística que se ocupa do estudo do significado dos signos e das relacións que estes manteñen entre si a través do seu significado. O significado de cada palabra está composto por un conxunto de trazos significativos mínimos que se denominan semas; é esta unidade a que permite diferenciar uns signos doutros: PALABRA SEMAS DIFERENZA DE SIGNIFICADO sofá Asento Con respaldo Con brazos Con patas poltrona Non baixo Non para unha persoa Asento Con respaldo Con brazos Baixo Para unha persoa Semas: para unha persoa baixo Significado denotativo e connotativo. A denotación é o significado obxectivo ou recto dunha palabra, sen ningún complemento valorativo, afectivo ou sentimental. Por exemplo, a palabra ondadas significa denotativamente sucesión continuada de ondas no mar, ou onda de gran tamaño. Cando as palabras se integran nas estruturas sociais e culturais das sociedades que as adoptan, á parte do significado recto con que se crean ou reciben, van adquirindo asociacións de significado adicionais de carácter subxectivo, cultural, ideolóxico, etc. Estas asociacións que entran a formar parte do significado das palabras reciben o nome de connotacións. A connotación, pois, é o significado valorativo que adquiren as palabras por asociación cun determinado sentimento, recordo ou experiencia. Para un surfeiro o concepto de ondada pode asociarse con deporte, oportunidade de acadar un reto, etc., mentres que para un mariñeiro pode significar perigo, día sen traballo. Relacións semánticas

Son as relacións entre os signos en función da identidade ou oposición dos seus significados. Podemos clasificalas en tres grupos: Identidade de significados Identidade de significantes Oposición de significados Sinonimia Polisemia Homonimia Antonimia Sinonimia Consiste en que para un mesmo significado temos significantes distintos. Existen dous tipos de sinónimos: Sinónimos absolutos ou totais: son aqueles que posúen exactamente o mesmo significado denotativo e connotativo, é dicir, que resultan intercambiables en todos os contextos. Non é frecuente que se atopen sinónimos totais, e tan só se recoñecen algúns nas terminoloxías científicas e técnicas, como altímetro /hipsómetro ou computadora / ordenador. Sinónimos parciais: son aqueles que: Presentan o mesmo significado nunha determinada acepción, non en todas, polo que non son intercambiables Bafo e alento son sinónimos na acepción de aire que se expira pola boca, pero non como vapor procedente da condensación. Por isto, non se podería intercambiar en todos os exemplos: Quedou sen alento polo esforzo Quedou sen *bafo polo esforzo Presentan diferenza dialectal Hórreo e canastro para referirse a construción destinada a gardar e secar o millo Parrocha, xoubiña e xouba para referirse á sardiña de pequeno tamaño. Pertencen a rexistros ou niveis de lingua diferentes Alopecia- calvicie Cabeza-cachola Presentan diferenzas de matiz ou intensidade Calor-bochorno-fogaxe Historicamente, a diglosia en Galicia provocou que os termos que entraron a través do castelán fixesen moitas veces esquecer os termos autenticamente galegos,ou que o seu significado se restrinxise a elementos máis específicos como por exemplo bágoa lágrima, beizo labio, billa - grifo, vasoira escoba, etc. Polisemia e homonimia Polisemia É a relación semántica de acordo coa cal a un mesmo significante lle corresponden varios significados, relacionados entre si dalgunha maneira. A polisemia explícase porque un mesmo significante vai adquirindo ao longo da historia ampliacións diferentes de significado. Un exemplo témolo no caso de ollo: órgano da vista - buraco da agulla - espazo aberto no arco dunha ponte - buraco nalgunha ferramentas - abertura que hai nos fechos para meter a chave - buraco na moa dos muíños - xema das patacas.

Aparece unha única entrada no diccionario na cal se dan os seus diferentes significados ou acepcións. Homonimia É unha relación semántica moi similar á polisemia, pois consiste nun mesmo significante que posúe significados distintos, coa diferenza de que na homonimia cada significante procede etimoloxicamente de palabras diferentes. Na homonimia, as palabras son orixinariamente distintas (en forma e significado) pero van evolucionando co paso do tempo ata que coinciden foneticamente; non manteñen relación semántica porque seguen a ser distintas significativamente. Por exemplo: pena é hoxe un significante que posúe dous significados (dor e rocha) que, en orixe, proveñen de dúas palabras distintas: Do latín POENA ( dor, castigo ) deriva a palabra pena. Do latín PENNA ( rocha ) deriva a palabra pena. Outro exemplo de homonimia atopámolo na palabra queixo: Do latín CAPSEU ( con forma de caixa ) deriva a palabra queixo (mandíbula inferior da cara) Do latín CASEU ( alimento sólido que se obtén como produto do leite callado ) deriva queixo (produto lácteo). Os homónimos poden ser homófonos ou homógrafos: Son homófonos cando soan igual pero se escriben de distinto xeito. Por exemplo: abano / habano. Son homógrafos cando se dá identidade na escrita pero non na pronuncia: por exemplo: besta /e/- besta /ε/ Nos dicionarios as voces homónimas considéranse palabras distintas e aparecen como entradas diferentes. POLISEMIA OCULU CAPSEU HOMONIMIA CASEU Ollo queixo Da cara da agulla da ponte... Antonimia É a relación que se establece entre dous signos pola oposición dos seus significados. Podemos establecer tres tipos diferentes: OPOSICIÓNS GRADUAIS (antonimia propiamente dita) OPOSICIÓNS COMPLEMENTARIAS OPOSICIÓNS RECÍPROCAS Entre ambos termos podemos atopar termos intermedios: Baleiro-cheo (mediado) Relación de oposición ou negación mutua: Calar-falar Vivo-morto Ambos termos implícanse mutuamente: Comprar-vender Alumno-profesor Relacións baseadas na inclusión ou subordinación: hiperonimia, hiponimia, cohiponimia

hiperonimia hiponimia cohiponimia Relación entre un signo de significado extenso ou xeral e outro de significado máis concreto ou específico incluído dentro del Relación inversa á anterior: un signo con significado concreto e outro cun significado máis xeral Relación entre os hipónimos dun mesmo hiperónimo Definición de palabras: Podemos utilizar tres tipos de definicións: FLOR (hiperónimo) Margarida hipónimos Caravel cohipónimos Rosa Definición antonímica Definición sinonímica Definición hiperonímica A unidade léxica explícase polo seu contrario: Solteiro: que non está casado Campos semánticos A unidade léxica remite a outras de igual significado e categoría: Importe: custo, prezo A unidade léxica remitese ao seu hiperónimo e engádense trazos específicos. É a definición ideal para os lexicógrafos: Vaso: (recipiente) de forma cilíndrica que serve para beber. Defínese como o conxunto de palabras que se reparten unha mesma área de significado (un mesmo sema). O campo semántico medios de transporte estaría formado por todos os elementos que teñan como trazo compartido tipos de vehículos que permiten ou facilitan o transporte. A partir desta característica común, os elementos que conforman o campo semántico distinguiríanse por trazos diferenciadores como acuático, aéreo, terrestre, tipo de propulsión, existencia de motor, existencia de rodas, etc. Ao se combinaren estes semas, poderiamos recoñecer os distintos elementos: coche, avión, barco, carro, etc. Cambios semánticos Todos os aspectos dunha lingua sofren transformacións ao longo da historia, pero probablemente é o ámbito do significado o que se vexa máis afectado polas transformacións. Os cambios semánticos poden manifestarse de diferentes formas: Creación de novas palabras Xorde unha nova realidade e créase unha palabra para darlle nome: neoloxismos (ecoloxismo) Perda de palabras Desaparece unha realidade e a palabra asociada a ela: arcaísmos (concela: cosmético usado na Idade Media) Cambios de significado Palabras que cambian o seu significado por outro novo: vilán (habitante dunha vila-persoa ruín) Ampliación de significado Palabras que engaden novas acepcións a un significado inicial: palabras polisémicas Como causas dos cambios semánticos temos as seguintes: 1. Causas históricas: a evolución da sociedade provoca, ben a aparición de novas palabras, ben a ampliación de significado de palabras xa existentes. Así a palabra PLUMA evoluciona no seu

significado de apéndice da pel das aves - pluma de ave para escribir - obxecto con depósito de tinta para escribir. 2. Causas psicolóxicas: certas asociacións mentais provocan que algunhas palabras cambien ou amplíen o seu significado. É o caso da metáfora e metonimia. Dente (da boca)-dente (de allo): metáfora baseada na similitude de forma Ribeiro (comarca)- viño desa comarca: metonimia 3. Causas sociais: as sociedades rexeitan certas realidade e as palabras a elas asociadas. Xorden así: Palabras tabú Eufemismos Disfemismos Palabra que se rexeita: cego Voz substitutoria da palabra tabú (termo meliorativo): invidente Busca asociar a certas voces connotacións negativas (termo pexorativo): carrilana (coche) 4. Causas lingüísticas: cambios derivados de asociacións que as palabras contraen entre si na fala. Un dos recursos que xera este tipo de cambios é a elipse mediante a cal un elemento gaña a significación da voz elidida: (tarxeta) postal-postal.