ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

Μέγεθος: px
Εμφάνιση ξεκινά από τη σελίδα:

Download "ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO"

Transcript

1 ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO Bloque 1. A base molecular e fisicoquímica da vida Explicar o concepto de bioelemento e indicar a súa importancia biolóxica. Traballar os distintos aspectos dos monosacáridos coa glucosa, ribosa e fructosa. Referente a isomería hai que explicar o concepto de C asimétrico e relacionalo coa diversidade de monosacáridos. Explicar o significado da nomenclatura α e β e D/L. Recoñecer e representar a estrutura xeral dun monosacárido. Recoñecer e representar o enlace O-glicosídico. Recoñecer as estruturas dos disacáridos e polisacáridos. Recoñecer as estruturas dos ácidos graxos e dos lípidos saponificables. Saber explicar o comportamento dos lípidos en medio acuoso. Na explicación dos esteroides centrarse no colesterol. Aprender a fórmula xeral dos aminoácidos. Recoñecer e representar o enlace peptídico. Recoñecer e representar o enlace fosfodiéster. Recoñecer as estruturas dos polinucleótidos. Non se esixirá o coñecemento dos distintos tipos de ARNr (28S, 23S, etc ). Bloque 2. A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular Interpretar a estrutura interna dunha célula eucariota e dunha célula procariota (tanto co microscopio óptico como co microscopio electrónico), identificando os orgánulos da primeira e describindo a función que desempeñan. Na membrana non se esixirá o coñecemento de modelos xa descartados sobre a súa estrutura da membrana. Ser breve na explicación da parede celular vexetal. Lembrar as diferenzas coa parede bacteriana.no papel das membranas nos fenómenos de transporte referirse brevemente ás distintas modalidades. Establecer con claridade as diferenzas entre citosol e citoplasma. Non é preciso coñecer a ultraestrutura dos cilios e flaxelos. Nos ribosomas non é preciso especificar os tipos de ARNr e proteínas. Facer fincapé na relación funcional entre retículo endoplasmático, aparato de Golgi e lisosomas. Nas mitocondrias e cloroplastos facer referencia á teoría endosimbióntica. Indicar as diferenzas entre cromatina e cromosomas. Explicar o cariotipo empregando os termos: haploide, diploide, cromosomas sexuais e homólogos. Na 1

2 estrutura do nucleosoma, non é necesario que se aprendan as distintas subclases de histonas. Breve descrición de cada unha das fases do ciclo celular. No apartado da importancia biolóxica da mitose e necesario lembrar o seu papel na reprodución das células e no mantemento das estirpes celulares. É interesante mencionar que as alteracións no control do ciclo celular poden desencadear a formación de tumores. Na profase I da meiose non é necesario desenvolver as subfases. Suliñar a importancia biolóxica da meiose na reprodución sexual e na evolución. Explicar o metabolismo desde un punto de vista global. Indicar o papel do poder redutor e do ATP nos procesos metabólicos. Diferenciar os mecanismos de síntese da materia orgánica respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos a eles asociados. Explicar o significado biolóxico da respiración celular indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto da rendibilidade enerxética, os produtos finais orixinados e o interese industrial destes últimos. No catabolismo e no anabolismo non é preciso aprender cantidades e ademais non é preciso aprender a estrutura dos metabolitos, nin o nome dos distintos encimas implicados nas reaccións. Hai que deixar clara a idea de que a enerxía liberada no catabolismo utilízase en diversos procesos como son o anabolismo, a xeración de calor ou o transporte activo. Utilizar esquemas xerais que ilustren estes aspectos. Explicar e localizar: glucólise, ciclo de Krebs, β oxidación, cadea respiratoria e fosforilación oxidativa. Compre recoñecer a) con que composto empeza e con cal remata, b) onde teñen lugar, c) que se xera (sen aprender a cuantitativa) e d) para que serven. Da gluconeoxénese e da lipoxénese hai que saber onde empezan e rematan, onde teñen lugar e que se consume (sen aprender cuantitativa). Diferenciar as fases da fotosíntese e localizalas no cloroplasto e no citoplasma bacteriano. Identificar os sustratos e os produtos que interveñen nas fases da fotosíntese e establecer o balance enerxético desta. Na fase luminosa da fotosíntese é esencial explicar o esquema en Z ubicándoo na membrana tilacoidal. Indicar que o NADPH e o ATP vanse utilizar na fase escura. Comentar que o ATP xérase por procesos quimiosmóticos ao igual que ocorre na mitocondria. Na fase luminosa da fotosíntese non é preciso aprender os transportadores electrónicos. 2

3 Explicar brevemente o Ciclo de Calvin. Débese aclarar que a fase escura ocorre fundamentalmente en presenza de luz. Saber que o encima que fixa o CO 2 (RUBISCO), é o encima máis abondoso da biosfera e que a partir do 3-fosfoglicerato inícianse unha serie de reaccións que rexeneran a ribulosa e interveñen na biosíntese de glícidos. Bloque 3. Xenética e evolución Comentar os experimentos que demostraron que o ADN é o portador da información xenética, facendo referencia á polémica que existía naqueles anos sobre a natureza do material hereditario. Explicar o modelo de Watson e Crick e a súa transcendencia para a Bioloxía. Comentar que de todos os modelos propostos para explicar a replicación do ADN (dispersivo, conservativo e semiconservativo), o experimento de Meselson e Stahl demostrou que o ADN replícase segundo o modelo semiconservativo. Explicar de forma moi simplificada o mecanismo xeral da replicación. Mencionar brevemente os encimas implicados: ADN polimerasas (non é necesario que se aprendan os distintos tipos de ADN polimerasas), helicasas, topoisomerasas, ligasas. Referirse brevemente aos fragmentos de Okazaki. Explicar con claridade o fluxo da información xenética nos seres vivos: o dogma central da Bioloxía Molecular. Explicar o concepto de xene desde un punto de vista mendeliano (unidade da herdanza) e molecular (unidade de transcrición). A estrutura dun xene débese explicar esquematicamente sinalando a presenza do promotor, lugar de inicio da transcrición, a presenza de exóns e intróns e os sinais que indican finalización da transcrición, diferenciando entre procariotas e eucariotas. Especificar as características do código xenético, mencionar a existencia dalgunhas excepcións ás mesmas (mitocondrias e ciliados). Explicar que o ARN sofre modificacións post-transcricionais sinalando a eliminación de intróns e empalme de exóns. Indicar onde ocorren estes procesos. Explicar brevemente a reversotranscrición. Explicar brevemente as 3 fases da tradución: iniciación, elongación e terminación. 3

4 Falar da importancia da regulación da expresión xénica. Indicar que en eucariotas, a regulación xénica é fundamental en procesos como o desenvolvemento e a diferenciación celular. Comentar como as hormonas poden intervir no control da expresión xénica. Explicar brevemente os tipos de mutacións e os axentes mutaxénicos. Na enxeñería xenética, ademais da PCR, explicar un experimento sinxelo de clonación no que interveñan o ADN que ten que ser clonado, as encimas de restrición, un plásmido e bacterias. Organismos transxénicos: comentar brevemente que son, como se obteñen e cales son as súas principais vantaxes e desvantaxes. Comentar sucintamente os avances da enxeñería xenética en diferentes campos. Explicar o concepto de xenómica e proteómica. Informar brevemente sobre os traballos desenrolados no Proxecto Xenoma Humano e as súas aplicacións. Describir sinteticamente os experimentos de Mendel e interpretar os seus resultados á luz dos coñecementos actuais sobre a natureza dos xenes e o comportamento dos cromosomas na meiose. Resolver problemas de xenética prestando especial atención á nomenclatura dos xenes implicados. Comentar brevemente as principais evidencias do proceso evolutivo. Identificar as achegas dos coñecementos actuais á teoría evolucionista de Darwin. Na xenética de poboacións explicar os conceptos de poboación como unidade evolutiva e de frecuencias xénicas (non será necesaria a expresión matemática da lei de Hardy-Weinberg, nin a resolución de problemas). Deixar ben claro o concepto de selección natural. A relación das mutacións (fonte de variabilidade) coa evolución podemos resumilo como segue: mutación > cambio > adaptación > selección natural. Indicar a importancia da mutación e da recombinación como motores da evolución. Explicar brevemente os factores que incrementan a biodiversidade e a súa influencia no proceso de especiación. 4

5 Bloque 4. O mundo dos microorganismos e súas aplicacións. Biotecnoloxía Breve referencia á clasificación dos microorganismos. Explicar as características estruturais e funcionais dos microorganismos, resaltando as súas relacións cos outros seres vivos, a súa función nos ciclos bioxeoquímicos, valorando as aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica e na mellora do medio natural, así como o poder patóxeno que poden ter nos seres vivos. Comentar brevemente o papel fundamental que desempeñan os microorganismos no recambio da materia e a enerxía na natureza (ciclos bioxeoquímicos do carbono e do nitróxeno) así como na loita contra pragas de insectos, contra as mareas negras e mais na depuración de augas residuais. Citar algunhas das enfermidades máis frecuentes causadas por bacterias (tuberculose, cólera, sífile e meninxite), fungos (candidiases e dermatomicoses en xeral) e virus (Herpesvirus, VIH, virus da gripe, xarampelo, rubeola). Sinalar brevemente que os microorganismos son tamén patóxenos doutras especies animais e tamén vexetais. Mencionar outros axentes infecciosos coma os prións. Aclarar as repercusións económicas e sociais das enfermidades causadas polos microorganismos. No concepto de antibiótico e modo de acción compre ser moi breve. Resaltar o problema da resistencia bacteriana aos antibióticos. Bloque 5. O sistema inmunitario. A inmunoloxía e as súas aplicacións Nas defensas inespecíficas mencionar as barreiras externas, as células fagocíticas e a resposta inflamatoria. Comentar o Sistema do Complemento e o interferón. No apartado de órganos e tecidos linfoides, facer unha breve descritiva da función dos órganos primarios e secundarios. Mencionar a orixe común dás células inmunocompetentes. Facer unha breve referencia a estrutura das inmunoglobulinas. Non se esixirán os distintos tipos. 5

6 Na cooperación celular, debido á complexidade das interaccións celulares, é aconsellable non afondar e cinguirse a un esquema sinxelo que ilustre a idea da cooperación entre células B e T. Diferenciar inmunidade natural e artificial, e soro e vacina, poñendo exemplos. É importante resaltar tanto a base biolóxica da SIDA como as medidas preventivas para evitar o contaxio. Explicar brevemente a relación entre cancro e inmunidade. Importancia do Complexo Maior de Histocompatibilidade (CMH) nos transplantes. Resaltar a importancia das compatibilidades dos grupos sanguíneos e o factor Rh nas transfusións. 6

BIOLOXÍA 2º Bacharelato Colegio Hijas de Cristo Rey Mª Asunción Martín Ossorio curso ª AVALIACIÓN

BIOLOXÍA 2º Bacharelato Colegio Hijas de Cristo Rey Mª Asunción Martín Ossorio curso ª AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN 1.- NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS: Con este apartado preténdese que os alumnos teñan unha idea dos niveis de complexidade da materia viva, dos tamaños relativos. 2.- BIOELEMENTOS,

Διαβάστε περισσότερα

FRASES. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados.

FRASES. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados. Índice de contidos: XUÑO 2001...1 SETEMBRO 01...2 XUÑO 02...2 SETEMBRO 02...3 XUÑO 03...3 SETEMBRO 03...4 XUÑO 04...4 SETEMBRO 04...5

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS TERMINOLOXÍA ( RELACIONAR PALABRAS ) SELECTIVIDADE

EXERCICIOS TERMINOLOXÍA ( RELACIONAR PALABRAS ) SELECTIVIDADE EXERCICIOS TERMINOLOXÍA ( RELACIONAR PALABRAS ) SELECTIVIDADE 2002: 1. microfilamentos, ATP, lisosomas, triacilglicéridos, linfocitos B, microtúbulos, encimas hidrolíticos, transporte activo, glicerol,

Διαβάστε περισσότερα

METABOLISMO. É a síntese de glicosa a partir de precursores non glicídicos (piruvato, lactato, aminoácidos, glicerol).

METABOLISMO. É a síntese de glicosa a partir de precursores non glicídicos (piruvato, lactato, aminoácidos, glicerol). 1.- a) Que é a gliconeoxénese? É a síntese de glicosa a partir de precursores non glicídicos (piruvato, lactato, aminoácidos, glicerol). b) Indica brevemente en que consiste a glicólise, o lugar da célula

Διαβάστε περισσότερα

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS Carmen Cid Manzano. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. A BIOLOXÍA (do grego «βιος» bios, vida, e «λóγος» logos, razoamento, estudo, ciencia) ten como obxecto de estudo aos

Διαβάστε περισσότερα

Curso A TEORÍA CELULAR. Tema 7. Bioloxía 2º Bacharelato

Curso A TEORÍA CELULAR. Tema 7. Bioloxía 2º Bacharelato Curso 2012-2013 A TEORÍA CELULAR Bioloxía 2º Bacharelato Temario CIUGA Niveis de organización dos seres vivos. Antes de empezar a falar da auga e sales minerais e das biomoléculas, é interesante explicar

Διαβάστε περισσότερα

Preguntas V e F (selectividade):

Preguntas V e F (selectividade): Preguntas V e F (selectividade): 2002 F- As vacinas proporcionan inmunidade artificial pasiva. F- Algúns xenes teñen intróns, exóns e axóns. F- A difusión pasiva non require transportadores. V- Os polisomas

Διαβάστε περισσότερα

8. Tampón fosfato, tampón bicarbonato. Substancias ANFÓTERAS 9. De que moléculas se trata? Como se chama o carbono nº 1?. Como se chama o enlace?

8. Tampón fosfato, tampón bicarbonato. Substancias ANFÓTERAS 9. De que moléculas se trata? Como se chama o carbono nº 1?. Como se chama o enlace? Repaso 1. Cales son os bioelementos primarios? Cales son os secundarios? Definición de oligoelementos. 2. Enlaces fortes? Enlaces débiles? 3. Estrutura da auga. Enlaces que se establecen entre as distintas

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 10: METABOLISMO

TEMA 10: METABOLISMO TEMA 10: METABOLISMO - Concepto de catabolismo e mecanismo xeral de obtención de enerxía (ATP, respiración, fermentación). Panorama xeral do catabolismo (glícidos, lípidos e aminoácidos). - Glicólise,

Διαβάστε περισσότερα

METABOLISMO DEFINICIÓN :

METABOLISMO DEFINICIÓN : 1 METABOLISMO DEFINICIÓN : É o conxunto de reaccións químicas que se producen no interior das células e que conducen á transformación dunhas moléculas noutras. As distintas reaccións químicas do metabolismo

Διαβάστε περισσότερα

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Procedementos operatorios de unións non soldadas Procedementos operatorios de unións non soldadas Técnicas de montaxe de instalacións Ciclo medio de montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas 1 de 28 Técnicas de roscado Unha rosca é unha hélice

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2016 BIOLOXÍA

PAU XUÑO 2016 BIOLOXÍA PAU XUÑO 2016 Código: 21 BIOLOXÍA Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2015 BIOLOXÍA

PAU XUÑO 2015 BIOLOXÍA PAU XUÑO 2015 Código: 21 BIOLOXÍA Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións (A e B). Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación

Διαβάστε περισσότερα

BIOLOXÍA Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración: 2,5 puntos

BIOLOXÍA Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración: 2,5 puntos 24 BILXÍA Pregunta brigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración: 2,5 puntos. a) A que grupo de biomoléculas pertencen as estructuras X, Y, Z representadas

Διαβάστε περισσότερα

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 1

2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 1 2º BAC BIOLOXÍA UNIDADES 1, 2, 3, 4 1 Nestas páxinas danse unhas indicacións sobre cada apartado do libro baseadas na información que o Grupo de traballo das PAAU proporciona na páxina web da CIUG (ciug.cesga.es).

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS

EXERCICIOS DE REFORZO: RECTAS E PLANOS EXERCICIOS DE REFORZO RECTAS E PLANOS Dada a recta r z a) Determna a ecuacón mplícta do plano π que pasa polo punto P(,, ) e é perpendcular a r Calcula o punto de nterseccón de r a π b) Calcula o punto

Διαβάστε περισσότερα

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) CONVOCATORIA DE SETEMBRO Ano 2016 CRITERIOS DE AVALIACIÓN. BIOLOXÍA (Cód. 21)

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) CONVOCATORIA DE SETEMBRO Ano 2016 CRITERIOS DE AVALIACIÓN. BIOLOXÍA (Cód. 21) PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) CONVOCATORIA DE SETEMBRO Ano 2016 CRITERIOS DE AVALIACIÓN BIOLOXÍA (Cód. 21) OPCIÓN A 1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión). 1. Estableza a diferenza

Διαβάστε περισσότερα

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Tema: Enerxía 01/02/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Tema: Enerxía 01/0/06 DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Nome: 1. Unha caixa de 150 kg descende dende o repouso por un plano inclinado por acción do seu peso. Se a compoñente tanxencial do peso é de 735

Διαβάστε περισσότερα

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras

Bacharelato de adultos. Curso IES As Telleiras ER-0847/2007 Programación didáctica do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Bacharelato de adultos Curso 2009 2010 IES As Telleiras Membros do departamento que imparten as materias: Meizoso López, Mª José

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2014 BIOLOXÍA

PAU XUÑO 2014 BIOLOXÍA PAU XUÑO 2014 Código: 21 BIOLOXÍA Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación

Διαβάστε περισσότερα

Bioquímica Estructural y Metabólica. TEMA 12. Ciclo de Krebs

Bioquímica Estructural y Metabólica. TEMA 12. Ciclo de Krebs TEMA 12. Ciclo del ácido cítrico (ciclo de los ácidos tricarboxílicos o de Krebs). Importancia del ciclo de Krebs como encrucijada metabólica. Formación del ace7l- coenzima- A: el complejo piruvato deshidrogenasa.

Διαβάστε περισσότερα

CATABOLISMO DE GLÚCIDOS

CATABOLISMO DE GLÚCIDOS CATABOLISMO DE GLÚCIDOS FASE I FASE II FASE III PRINCIPALES RUTAS DE UTILIZACIÓN DE LA GLUCOSA Glucógeno-Almidón sacarosa (1) SE DEGRADA (5) SE ALMACENA (3) RUTA PENTOSA FOSFATO (4) (2) GLICÓLISIS Ribosa

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 1: LA MATERIA DE LA VIDA

TEMA 1: LA MATERIA DE LA VIDA TEMA 1: LA MATERIA DE LA VIDA La vida y sus niveles de organización. Bioelementos y biomoléculas. Biomoléculas inorgánicas: agua y sales minerales. Biomoléculas orgánicas: glúcidos, lípidos, proteínas

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 9. Como obteñen enerxía as células a partir do alimento

TEMA 9. Como obteñen enerxía as células a partir do alimento TEMA 9. Como obteñen enerxía as células a partir do alimento As células requiren unha provisión constante de enerxía que provén da presente nas unións químicas das moléculas alimentarias. As máis importantes

Διαβάστε περισσότερα

CATABOLISMO. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

CATABOLISMO. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. CATABOLISMO Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. Nos procesos catabólicos as moléculas orgánicas degrádanse, paso a paso, ata formar outras moléculas máis

Διαβάστε περισσότερα

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral,

Tema 3. Espazos métricos. Topoloxía Xeral, Tema 3. Espazos métricos Topoloxía Xeral, 2017-18 Índice Métricas en R n Métricas no espazo de funcións Bólas e relacións métricas Definición Unha métrica nun conxunto M é unha aplicación d con valores

Διαβάστε περισσότερα

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO CIENTÍFICO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE 4º DE ESO CURSO 2010-2011 Segundo o artigo 7º (Estrutura dos programas) da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O?

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS. 3. Cal é o vector de posición da orixe de coordenadas O? Cales son as coordenadas do punto O? EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: RECTAS E PLANOS Representa en R os puntos S(2, 2, 2) e T(,, ) 2 Debuxa os puntos M (, 0, 0), M 2 (0,, 0) e M (0, 0, ) e logo traza o vector OM sendo M(,, ) Cal é o vector de

Διαβάστε περισσότερα

BIOTECNOLOXÍA. Tema 17. Bioloxía 2º Bacharelato

BIOTECNOLOXÍA. Tema 17. Bioloxía 2º Bacharelato BIOTECNOLOXÍA Tema 17 Bioloxía 2º Bacharelato Temario CIUGA Tema 17 A xenómica e a proteómica. Proxecto Xenoma Humano. Enxeñaría xenética e aplicacións. Organismos modificados xenéticamente. Repercusions

Διαβάστε περισσότερα

14. A BASE MOLECULAR DA HERDANZA. Bioloxía 2º Bacharelato. Texto: Laura Gutiérrez Pelayo Ilustracións: Xulio Gutiérrez Roger

14. A BASE MOLECULAR DA HERDANZA. Bioloxía 2º Bacharelato. Texto: Laura Gutiérrez Pelayo Ilustracións: Xulio Gutiérrez Roger 14. BSE MOLEULR Bioloxía 2º Bacharelato D HERDNZ Texto: Laura Gutiérrez Pelayo Ilustracións: Xulio Gutiérrez Roger IUG REPLIIÓN DO DN. omentar que de tódolos modelos propostos para explicar a replicación

Διαβάστε περισσότερα

Exames de selectividade de Bioloxía

Exames de selectividade de Bioloxía Exames de selectividade de Bioloxía Anos 1998-2005 1 BIOLOXÍA.SETEMBRO-98. Pregunta Obligatoria. (2,5 puntos) Ciclo celular: La gráfica representa la variación en el contenido de ADN durante el ciclo celular.

Διαβάστε περισσότερα

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO

AVALIACIÓN 3ª 2º BACHARELATO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2012 BIOLOXÍA

PAU XUÑO 2012 BIOLOXÍA PAU XUÑO 2012 Código: 21 BIOLOXÍA Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación

Διαβάστε περισσότερα

Tema 7. Glúcidos. Grados de oxidación del Carbono. BIOQUÍMICA-1º de Medicina Dpto. Biología Molecular Isabel Andrés. Alqueno.

Tema 7. Glúcidos. Grados de oxidación del Carbono. BIOQUÍMICA-1º de Medicina Dpto. Biología Molecular Isabel Andrés. Alqueno. Tema 7. Glúcidos. Funciones biológicas. Monosacáridos: nomenclatura y estereoisomería. Pentosas y hexosas. Disacáridos. Enlace glucídico. Polisacáridos de reserva: glucógeno y almidón. Polisacáridos estructurales:

Διαβάστε περισσότερα

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO

AVALIACIÓN 1ª 2º BACHARELATO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

METABOLISMO DE CARBOHIDRATOS

METABOLISMO DE CARBOHIDRATOS METABOLISMO DE CARBOHIDRATOS DEFINICIÓN CHO CH2OH H - C OH C = O CH2OH CH2OH D-GLICERALDEHÍDODO D-DIHIDROXIACETONADIHIDROXIACETONA IMPORTANCIA Nutrientes de mayor cantidad en los alimentos Principal fuente

Διαβάστε περισσότερα

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2010 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 010 MATEMÁTICAS II Código: 6 (O alumno/a deber responder só aos eercicios dunha das opcións. Punuación máima dos eercicios de cada opción: eercicio 1= 3 punos, eercicio = 3 punos, eercicio 3 =

Διαβάστε περισσότερα

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. ÁCIDOS NUCLEICOS Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. Os ácidos nucleicos foron descubertos por Freidrich Miescher en 1869. Este científico traballando con

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS

TEMA 6.- BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS IV: ÁCIDOS NUCLEICOS TEMA 6.- BIMLÉCULAS RGÁNICAS IV: ÁCIDS NUCLEICS A.- Características generales de los Ácidos Nucleicos B.- Nucleótidos y derivados nucleotídicos El esqueleto covalente de los ácidos nucleicos: el enlace

Διαβάστε περισσότερα

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

ÁCIDOS NUCLEICOS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. ÁCIDOS NUCLEICOS Carmen Cid Manzano. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. Os ácidos nucleicos foron descubertos por Freidrich Miescher en 1869. Este científico traballando con leucocitos e espermatozoides

Διαβάστε περισσότερα

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico 2012-2013 SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA I.E.S DO CASTRO - VIGO ÍNDICE 1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS 2.- METODOLOXíA. 3.- OBXECTIVOS, CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO LOGRO

Διαβάστε περισσότερα

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico 2010-2011 SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA I.E.S DO CASTRO - VIGO ÍNDICE 1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS 2.- METODOLOXÍA. 3.- OBXECTIVOS, CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO LOGRO

Διαβάστε περισσότερα

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía MUTACIÓNS Carmen Cid Manzano. Departamento Bioloxía e Xeoloxía . As mutacións foron descritas por primeira vez en 1901 por un dos descubridores de Mendel, o botánico alemán Hugo De Vries. Hugo de Vries

Διαβάστε περισσότερα

PROTEÍNAS. 8. Que é un aminoácido?

PROTEÍNAS. 8. Que é un aminoácido? PROTEÍNAS 1. Indique a natureza química, a función e ónde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: glicóxeno, fosfolípidos, colesterol e queratina 2. En relación ás seguintes macromoléculas:

Διαβάστε περισσότερα

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. PROTEÍNAS Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. CONCEPTO As proteínas pódense definir como polímeros formados pola unión, mediante enlaces peptídicos, de unidades

Διαβάστε περισσότερα

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía MUTACIÓNS Carmen Cid Manzano. Departamento Bioloxía e Xeoloxía . As mutacións foron descritas por primeira vez en 1901 por un dos descubridores de Mendel, o botánico alemán Hugo De Vries. Hugo de Vries

Διαβάστε περισσότερα

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

CURSO DE MICROBIOLOGÍA BÁSICA

CURSO DE MICROBIOLOGÍA BÁSICA Universidad Nacional Autónoma de éxico Facultad de Odontología Laboratorio de enética olecular CURSO DE ICROBIOLOÍA BÁSICA Diapositivas 2 Dra. Laurie Ann Ximénez-Fyvie tra. Adriana Patricia Rodríguez Hernández

Διαβάστε περισσότερα

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016

Tema 1. Espazos topolóxicos. Topoloxía Xeral, 2016 Tema 1. Espazos topolóxicos Topoloxía Xeral, 2016 Topoloxía e Espazo topolóxico Índice Topoloxía e Espazo topolóxico Exemplos de topoloxías Conxuntos pechados Topoloxías definidas por conxuntos pechados:

Διαβάστε περισσότερα

CICLO DEL ÁCIDO GLIOXILICO SÍNTESIS DE ÁCIDOS GRASOS SÍNTESIS DE TRIACILGLICÉRIDOS

CICLO DEL ÁCIDO GLIOXILICO SÍNTESIS DE ÁCIDOS GRASOS SÍNTESIS DE TRIACILGLICÉRIDOS CICLO DEL ÁCIDO GLIOXILICO SÍNTESIS DE ÁCIDOS GRASOS SÍNTESIS DE TRIACILGLICÉRIDOS Ciclo del ácido glioxílico Generalidades Rodeo de las reacciones de descarboxilación. Modificación del ciclo de Krebs.

Διαβάστε περισσότερα

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía

MUTACIÓNS. Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía MUTACIÓNS Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía . As mutacións foron descritas por primeira vez en 1901 por un dos descubridores de Mendel, o botánico alemán

Διαβάστε περισσότερα

Departamento de Física e Química

Departamento de Física e Química Departamento de Física e Química Programación, curso 2014-2015 I.E.S.P. "Xosé Neira Vilas" Perillo-Oleiros, setembro de 2014 -1 Índice de contido 1.Materias que imparte o departamento...5 2.Profesorado

Διαβάστε περισσότερα

(CH 2 O) n H 2 O. ADP + P i NADP + Luz. Triosas fosfato. Clorofila CO 2 + H 2 O O 2 ATP + NADPH. Reacciones luminosas. Reacciones del carbono

(CH 2 O) n H 2 O. ADP + P i NADP + Luz. Triosas fosfato. Clorofila CO 2 + H 2 O O 2 ATP + NADPH. Reacciones luminosas. Reacciones del carbono 2 ADP NADP ( 2 ) n Luz lorofila Triosas 2 ATP NADP 2 2 Reacciones luminosas Reacciones del carbono Ribulosa-1,5- bis Inicio del ciclo 2 2 ADP arboxilación Regeneración 3-Fosfoglicerato ATP ATP Gliceraldehído-3-

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2011 MATEMÁTICAS II Código: 26 (O alumno/a debe responder só os exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. ENXEÑER ERÍA A XENÉTICA Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. Biotecnoloxía é a disciplina baseada na utilización de seres vivos ou os seus compoñentes, para

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS PROBLEMAS M.H.S.. 1. Dun resorte elástico de constante k = 500 N m -1 colga unha masa puntual de 5 kg. Estando o conxunto en equilibrio, desprázase

Διαβάστε περισσότερα

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::...

Eletromagnetismo. Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística. ...:: Solução ::... Eletromagnetismo Johny Carvalho Silva Universidade Federal do Rio Grande Instituto de Matemática, Física e Estatística Lista -.1 - Mostrar que a seguinte medida é invariante d 3 p p 0 onde: p 0 p + m (1)

Διαβάστε περισσότερα

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. ENXEÑER ERÍA A XENÉTICA Carmen Cid Manzano. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. A Biotecnoloxía é a disciplina baseada na utilización de seres vivos ou os seus compoñentes, para realizar determinados procesos

Διαβάστε περισσότερα

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema

ECOSISTEMAS. biotopo. Biotopo + biocenose biocenose. ecosistema ECOSISTEMAS biotopo ecosistema Biotopo + biocenose biocenose ECOSISTEMA formado pola interacción BIOTOPO conxunto de MEDIO FÍSICO FACTORES FISICOS E QUIMICOS Temperatura Ph Humidade Salinidade... BIOCENOSE

Διαβάστε περισσότερα

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

Digestión de los lípidos

Digestión de los lípidos Digestión de los lípidos El 90% de los lípidos de la dieta está conformado por triacilglicéridos. El 10% restante está compuesto por fosfolípidos, colesterol, ésteres de colesterol y ácidos grasos libres

Διαβάστε περισσότερα

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente

την..., επειδή... Se usa cuando se cree que el punto de vista del otro es válido, pero no se concuerda completamente - Concordar En términos generales, coincido con X por Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Uno tiende a concordar con X ya Se usa cuando se concuerda con el punto de vista de otro Comprendo

Διαβάστε περισσότερα

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 9 1. Formato da proba Formato proba constará de vinte cuestións tipo test. s cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.5

Διαβάστε περισσότερα

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA

EXERCICIOS DE ÁLXEBRA. PAU GALICIA Maemáicas II EXERCICIOS DE ÁLXEBRA PAU GALICIA a) (Xuño ) Propiedades do produo de marices (só enuncialas) b) (Xuño ) Sexan M e N M + I, onde I denoa a mariz idenidade de orde n, calcule N e M 3 Son M

Διαβάστε περισσότερα

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES

Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES Química P.A.U. ÁCIDOS E BASES 1 ÁCIDOS E BASES PROBLEMAS ÁCIDO/BASE DÉBIL 1. Unha disolución de amonuíaco de concentración 0,01 mol/dm³ está ionizada nun 4,2 %. a) Escribe a reacción de disociación e calcula

Διαβάστε περισσότερα

TEMA. Clasificación de proteínas Criterios de clasificación Unión de ligandos en proteínas funcionalmente activas

TEMA. Clasificación de proteínas Criterios de clasificación Unión de ligandos en proteínas funcionalmente activas TEMA Clasificación de proteínas Criterios de clasificación Unión de ligandos en proteínas funcionalmente activas Criterios de clasificación: COMPOSICIÓN HOMOPROTEÍNAS O PROTEÍNAS SIMPLES HETEROPROTEÍNAS

Διαβάστε περισσότερα

Académico Introducción

Académico Introducción - Σε αυτήν την εργασία/διατριβή θα αναλύσω/εξετάσω/διερευνήσω/αξιολογήσω... general para un ensayo/tesis Για να απαντήσουμε αυτή την ερώτηση, θα επικεντρωθούμε πρώτα... Para introducir un área específica

Διαβάστε περισσότερα

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x

ln x, d) y = (3x 5 5x 2 + 7) 8 x EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: CÁLCULO DIFERENCIAL. Deriva: a) y 7 6 + 5, b) y e, c) y e) y 7 ( 5 ), f) y ln, d) y ( 5 5 + 7) 8 n e ln, g) y, h) y n. Usando a derivada da función inversa, demostra que: a)

Διαβάστε περισσότερα

S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN. 260 280 260/280 ng/µl

S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA EXTRACCIÓN DO ADN EXTRACCIÓN DO ADN CUANTIFICACIÓN. 260 280 260/280 ng/µl CUANTIFICACIÖN 26/VI/2013 S1301005 A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA (PCR) NA INDUSTRIA ALIMENTARIA - ESPECTROFOTÓMETRO: Cuantificación da concentración do ADN extraido. Medimos a absorbancia a dúas lonxitudes

Διαβάστε περισσότερα

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL)

Métodos Matemáticos en Física L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro APL) L4F. CONDICIONES de CONTORNO+Fuerzas Externas (Cap. 3, libro Condiciones de contorno. Fuerzas externas aplicadas sobre una cuerda. condición que nos describe un extremo libre en una cuerda tensa. Ecuación

Διαβάστε περισσότερα

TEMA 3. Lípidos. Bioq. Juan Pablo Rodríguez

TEMA 3. Lípidos. Bioq. Juan Pablo Rodríguez TEMA 3 Lípidos Bioq. Juan Pablo Rodríguez Lípidos - Definición Bajo el término Lípidos se agrupan un gran número de compuestos, de estructura química variada, que tienen la propiedad común de ser solubles

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a

Física P.A.U. ELECTROMAGNETISMO 1 ELECTROMAGNETISMO. F = m a Física P.A.U. ELECTOMAGNETISMO 1 ELECTOMAGNETISMO INTODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. Calcúlase a resultante polo principio de superposición. Aplícase a 2ª lei

Διαβάστε περισσότερα

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias.

Estereoisomería. Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias. Química Orgánica 3 Estereoisomería Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais Julio Antonio Seijas Vázquez e M. Pilar Vázquez Tato Departamento de Química Orgánica Facultade de Ciencias Vicerreitoría

Διαβάστε περισσότερα

XII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega)

XII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) RC RB RI TOTAL PROBA TEÓRICA ACLARACIÓNS PREVIAS - O exame consta de 85 preguntas, cada unha cunha valoración de 1 punto. - As 5 últimas preguntas son para desempatar. - En cada pregunta só hai unha resposta

Διαβάστε περισσότερα

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa

TRIGONOMETRIA. hipotenusa L 2. hipotenusa TRIGONOMETRIA. Calcular las razones trigonométricas de 0º, º y 60º. Para calcular las razones trigonométricas de º, nos ayudamos de un triángulo rectángulo isósceles como el de la figura. cateto opuesto

Διαβάστε περισσότερα

Curso O ANABOLISMO. Tema 11. Bioloxía 2º Bacharelato

Curso O ANABOLISMO. Tema 11. Bioloxía 2º Bacharelato Curso 2012-2013 O ANABOLISMO Biooxía 2º Bachareato Temario CIUGA Esquema xera do anaboismo. Autótrofo e Heterótrofo. Importancia bioóxica da fotosíntese. Tipos de organismos fotosintéticos. A fase uminosa.

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS

Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS Física P.A.U. VIBRACIÓNS E ONDAS 1 VIBRACIÓNS E ONDAS INTRODUCIÓN MÉTODO 1. En xeral: a) Debúxanse as forzas que actúan sobre o sistema. b) Calcúlase cada forza. c) Calcúlase a resultante polo principio

Διαβάστε περισσότερα

AVALIACIÓN 2ª 2º BACHARELATO

AVALIACIÓN 2ª 2º BACHARELATO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E. BLANCO AMOR Vicente Risco 13-32001- OURENSE Tfno.:988219843 FAX:988219845 http://centros.edu.xunta.es/ieseduardoblancoamor/

Διαβάστε περισσότερα

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2012 MATEMÁTICAS II PAU Código: 6 XUÑO 01 MATEMÁTICAS II (Responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio = 3 puntos, exercicio 3= puntos, exercicio

Διαβάστε περισσότερα

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións

Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións Resistencia de Materiais. Tema 5. Relacións entre tensións e deformacións ARTURO NORBERTO FONTÁN PÉREZ Fotografía. Ponte Coalbrookdale (Gran Bretaña, 779). Van principal: 30.5 m. Contido. Tema 5. Relacións

Διαβάστε περισσότερα

As nanopartículas metálicas

As nanopartículas metálicas As nanopartículas metálicas Manolo R. Bermejo Ana M. González Noya Marcelino Maneiro Rosa Pedrido Departamento de Química Inorgánica Contido Introdución Qué son os NANOMATERIAIS INORGÁNICOS Qué son as

Διαβάστε περισσότερα

Tema 13. Xenética, meiose e bases moleculares da herdanza.

Tema 13. Xenética, meiose e bases moleculares da herdanza. Tema 13. Xenética, meiose e bases moleculares da herdanza. 1. OS beneficios da reprodución sexual (páx. 660) No reino animal, algúns vermes poden dividirse en 2 metades e cada unha rexenerar a outra metade.

Διαβάστε περισσότερα

CIENCIAS DA NATUREZA:

CIENCIAS DA NATUREZA: TRABALLOS DE RECUPERACIÓN PARA AS MATERIAS NON SUPERADAS 2º ESO ADAPTACIÓNS CURRICULARES CIENCIAS DA NATUREZA: 1. Pasa estas unidades: a) 108 km/h a m/s b) 25 m/s a km/h c) 60 ºC a K d) 698,34 m 2 a mm

Διαβάστε περισσότερα

Mecanismos de Patoxenicidade Bacteriana

Mecanismos de Patoxenicidade Bacteriana Microbioloxía Clínica 1 Mecanismos de Patoxenicidade Bacteriana Ángeles Muñoz Crego, Ysabel Santos Rodríguez, Rafael Seoane Prado Departamento Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Bioloxía Grao en

Διαβάστε περισσότερα

Palabra derivada de glicosa pois se pensaba que tódolos glícidos procedian desta. As biomoléculas máis abundantes da natureza

Palabra derivada de glicosa pois se pensaba que tódolos glícidos procedian desta. As biomoléculas máis abundantes da natureza Palabra derivada de glicosa pois se pensaba que tódolos glícidos procedian desta. As biomoléculas máis abundantes da natureza GLÍCIDOS : características xerais Biomoléculas formadas por C, H y O, en una

Διαβάστε περισσότερα

Curso A MATERIA VIVA. Tema 1. Bioloxía 2º Bacharelato

Curso A MATERIA VIVA. Tema 1. Bioloxía 2º Bacharelato Curso 2014 2015 A MATERA VVA Bioloxía 2º Bacharelato Temario CUGA Clasificación dos compoñentes químicos. Tipos de enlaces químicos presentes na materia viva: covalente, iónico, pontes de hidróxeno, forzas

Διαβάστε περισσότερα

UNIDAD 4: CARBOHIDRATOS

UNIDAD 4: CARBOHIDRATOS UNIVERSIDAD CENTRAL DE VENEZUELA FACULTAD DE CIENCIAS VETERINARIAS CATEDRA DE BIOQUIMICA UNIDAD 4: CARBOHIDRATOS Objetivo 2: Metabolismo Dra. Emma Rueda de Arvelo OBJETIVO ESPECÍFICO 2. EXPLICAR EL METABOLISMO

Διαβάστε περισσότερα

Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía

Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía Matemáticas para Bioloxía 4 Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía Rosana Rodríguez López Departamento de Análise Matemática Facultade de Matemáticas Grao en Bioloxía

Διαβάστε περισσότερα

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA

Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA Física P.A.U. ÓPTICA 1 ÓPTICA PROBLEMAS DIOPTRIO PLANO 1. Un raio de luz de frecuencia 5 10 14 Hz incide, cun ángulo de incidencia de 30, sobre unha lámina de vidro de caras plano-paralelas de espesor

Διαβάστε περισσότερα

ÁCIDOS ORGÁNICOS MAS COMUNES

ÁCIDOS ORGÁNICOS MAS COMUNES ÁCIDOS ORGÁNICOS MAS COMUNES Los nombres triviales de los ácidos carboxílicos se designan según la fuente natural de la que inicialmente se aislaron. Se clasificaron así: Nombres de los ácidos carboxílicos

Διαβάστε περισσότερα

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento?

Lógica Proposicional. Justificación de la validez del razonamiento? Proposicional educción Natural Proposicional - 1 Justificación de la validez del razonamiento? os maneras diferentes de justificar Justificar que la veracidad de las hipótesis implica la veracidad de la

Διαβάστε περισσότερα

A circunferencia e o círculo

A circunferencia e o círculo 10 A circunferencia e o círculo Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Identificar os diferentes elementos presentes na circunferencia e o círculo. Coñecer as posicións relativas de puntos, rectas e circunferencias.

Διαβάστε περισσότερα

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Rura s. prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral http://issga.xunta.es PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Curso de capacitación para o desempeñeo de nivel básico Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Διαβάστε περισσότερα

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz:

NÚMEROS COMPLEXOS. Páxina 147 REFLEXIONA E RESOLVE. Extraer fóra da raíz. Potencias de. Como se manexa k 1? Saca fóra da raíz: NÚMEROS COMPLEXOS Páxina 7 REFLEXIONA E RESOLVE Extraer fóra da raíz Saca fóra da raíz: a) b) 00 a) b) 00 0 Potencias de Calcula as sucesivas potencias de : a) ( ) ( ) ( ) b) ( ) c) ( ) 5 a) ( ) ( ) (

Διαβάστε περισσότερα

INFORME DE ACTIVIDADES E RESULTADOS DO PROXECTO VALOBER.GAL. OUTUBRO DE 2017.

INFORME DE ACTIVIDADES E RESULTADOS DO PROXECTO VALOBER.GAL. OUTUBRO DE 2017. INFORME DE ACTIVIDADES E RESULTADOS DO PROXECTO VALOBER.GAL. OUTUBRO DE 2017. ÍNDICE 1. Mostraxe do recurso 2. Illamento do ADN 3. Identificación poboacional baseada nas secuencias da rexión control do

Διαβάστε περισσότερα

Tema 1. Constitución molecular de la célula

Tema 1. Constitución molecular de la célula Inorgánicas Agua Sales minerales: Ca 3 (PO 4 ) 2, CaCO 3, SiO 2 Aniones: Cl -, (CO 3 ) 2-, (PO 4 ) 3-, (SO 4 ) 2-, (NO 3 ) - Cationes: K +, Na +, Mg 2+, Ca 2+ Gases: O 2, CO 2 Orgánicas Glúcidos Lípidos

Διαβάστε περισσότερα

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS

LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS LUGARES XEOMÉTRICOS. CÓNICAS Páxina REFLEXIONA E RESOLVE Cónicas abertas: parábolas e hipérboles Completa a seguinte táboa, na que a é o ángulo que forman as xeratrices co eixe, e, da cónica e b o ángulo

Διαβάστε περισσότερα